ALMANAQUE DE VERSOS

Page 17

V. PREFIXOS DE NEGACIÓN OS CÓBADOS NO BARANDAL ATOPAMOS esta madrugada na gaiola do Mar unha illa perdida Armaremos de novo a gaiola Vai a saír o Sol improvisado e desorientado Xa temos tantas estrelas e tantas lúas sumisas que non caben no barco nin na noite Xuntaremos paxaros sen xeografía pra xogar coas distancias das súas ás amplexadoras E os adeuses das nubes mudos e irremediabeis E armaremos unha rede de ronseis pra recobrar as saudades coa súa viaxe feita polos oceános do noso corazón. Letra: Manoel Antonio. De catro a catro Música: Emilio Cao Maite Dono .Corazón de Brief

VOCABULARIO: PREFIXOS DE NEGACIÓN 1. Hai palabras no texto que están formadas por prefixos de negación. Subliña ditas palabras. 2. Podes colocarlle algúns prefixos de negación a outras palabras do poema? Como quedan? 3. Repasa ditos prefixos de negación ( a-, i-, in-, im-, des-, ...) e escribe palabras que estean formadas por ditos prefixos. COMPRENSIÓN 4. Que pasa cando as nubes nos din adeus? E cando nos saúdan calorosamente? 5. Como será unha viaxe feita polos océanos do corazón?

17


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
ALMANAQUE DE VERSOS by ceip alexandreboveda - Issuu