O cuco, cuco, cuqueiro, o cuco, cuco, cucón. Madrugón e cantareiro cantareiro e madrugón Polas mañás ben cediño o cuco canta cu-cu ¡Como o teño por veciño eu trato o cuco de tu! Letra : Manoel María Música: Suso Vaamonde Suso Vaamonde Lembranzas VOCABULARIO: SUFIXOS 1. Subliña os sufixos en madrugón e cantareiro. Que tipo de sufixos son? 2. Enumera outras palabras que conteñan este tipo de sufixos. 3. Cambia os adxectivos referidos ao cuco por outros con os mesmos prefixos. 4. Fíxate: de cuco> cuqueiro, cucón; inventa outras palabras para referirse a outros animais. EXPRESIÓN ORAL: A PERSOA DO TEXTO 5. 6. 7. 8.
En que persoa está escrito o texto? Narra o que aquí se conta en 3ª persoa. Eu trato ao cuco de tu: que indica ese trato? Que outras formas de trato coñeces?
COMPETENCIAS BÁSICAS: A FICHA 9. En internet podes atopar imaxes moi interesantes do cuco así como información sobre el e mesmo podes escoitar o seu canto. 10. Elabora unha pequena ficha sobre a clase de animal, estado de conservación, hábitat, ... EXPRESIÓN ESCRITA 11. Escolle unha palabra ( pode ser deste texto ou non, pode ser outro animal) e constrúe un poema a base de repeticións (case obsesivamente). Inventa palabras con prefixos e sufixos relacionadas coa escollida. 12. Imaxina que tes que escribir sobre un animal silencioso ( como se escribiras en voz baixa).
104