OS NOSOS LEONARDOS
Ramón Verea e a máquina de calcular Datos biográficos
Nacido en Curantes (A Estrada) en 1833, Ramón Silvestre Verea García pasa gran parte da súa vida en Nova York, a onde chega por primeira vez en 1865, para asentarse alí definitivamente en 1875 despois dunha década en Cuba. Tras unha breve estancia en Guatemala, pasa os últimos anos da súa vida en Bos Aires, onde morre no ano 1899.
As súas actividades principais foron as de escritor, xornalista e editor. Autor de dúas novelas, La Cruz de Piedra e La mujer con dos maridos, dirixirá en Cuba o xornal Progreso e en Nova York El Cronista. Alí posteriormente faise coa propiedade dunha imprenta, El Polígloto, onde realiza traballos por encargo, e funda e dirixe a revista El Progreso, título co que tamén funda un xornal en Bos Aires en 1897.
A elección do título non é casual. Librepensador, progresista, republicano e anticlerical, considera que igrexa e monarquía son atrancos para o desenvolvemento dun país do mesmo xeito que o avance da ciencia e a explotación dos inventos contribúen ao seu desenvolvemento. De todos estes temas tratará nos seus artigos na revista El Progreso, como xa anuncia na súa cabeceira: Mecánica,Inventos, Política, Religión.
Aínda que non se consideraba inventor e o seu interese polo mecánica era un hobby, exerceu como viaxante de maquinaria en Cuba e máis tarde en Nova York, onde establece a Agencia Industrial para la compra de maquinaria y efectos de moderna invención. Tamén inventa un dobrador de xornais, que non pode construír por falta de cartos.
“T emos
sobrados médicos e avogados, algúns pintores e moitos literatos e poetas. Os enxeñeiros son moi escasos e educados case todos en países estranxeiros”
Obras de Ramón Verea NOVELA La cruz de piedra. Cuba, [ca. 1860] La mujer con dos maridos. Cuba, [ca. 1860] RECOMPILACIÓNS DE ARTIGOS Contra el altar y el trono: artículos varios publicados en El Progreso de 1884-85 . Nova York : Imprenta El Polígloto, 1890 La religión universal. A Habana; Bos Aires, 1891
ENSAIO Catecismo librepensador o Cartas a un campesino. [ca. 1890] La religión al alcance de todos. [ca. 1890] En defensa de España. Cuestiones de Cuba y Venezuela. América para los americanos. Guatemala, 1896
A máquina de calcular
Patentada en EEUU en 1878 co número 207.918, a máquina de calcular de Ramón Verea é a primeira que ademais de sumar e restar, multiplica e divide. Ese mesmo ano gañou a medalla de ouro na Exposición Mundial de Inventos celebrada en Matanzas, Cuba.
Baseada na calculadora patentada en 1872 por Edmund D. Barbour, supón un avance significativo: mentres as máquinas anteriores facían as multiplicacións a base de sumas repetidas, a de Verea fai multiplicacións directas, admitindo números de ata 9 cifras no multiplicando, de 6 no multiplicador e de ata 15 no produto.
Non se fabricou nin se explotou comercialmente, pero serviu de base para Prototipo da máquina de calcular, actualmente conservada na sede de IBM como parte da colección de aparatos de cálculo históricos, comenzada por Thomas J. Watson nos anos 30 do século pasado.
inventos posteriores, como a Millonaire do suízo Otto Steiger (1892), a primeira calculadora de multiplicación directa con éxito comercial. Foi fabricada en serie entre 1895 e 1935.
O prototipo, enviado á oficina de patentes de EEUU xunto coa solicitude, estaba fabricado en ferro e aceiro; pesaba case 23 kg e medía 35 cm de longo por 30 de ancho e 20 de alto. Actualmente consérvase en Nova York na sede de IBM dentro da súa colección de aparatos de cálculo históricos.
III DIA DA CIENCIA EN GALEGO