Boletín Nadal 2012

Page 1

Para todos Para refrescar a memoria: Este libro de Xosé Manuel Pereiro recén saído do prelo, no X aniversario da catástrofe do Prestige, para non esquecermos nunca o que nese fatídico tempo ocorreu.

Uns agasallos especiais Recomendamos estes materiais por se queredes facer algún agasallo especial ou mercalo vós para alguén. Tedes banda deseñada, libros de cociña e literatura, música para cantar cos nenos pequenos, algunha película que lle vai encantar ás avoas... algo de todo. Tédelos todos na biblioteca!!! Banda deseñada:

Para aprendermos máis como son os adolescentes: Este libro de Villegas e Kant que combina textos informativos e ilustracións moi variadas. Para reler a obra de Celso Emilio Ferreiro, agora que remata a conmemoración do seu centenario (ano 2012) e que vimos de participar na actividade “Recitando Celso Emilio”:

Cociña:

Cine:

Desexámosvos unhas boas vacacións para estar coa familia, viaxar, facer e recibir agasallos... pero tamén para ler, escoitar música, ver películas...

Música:


Algo fantástico Segunda parte dunha longa historia, a do mundo estraño e complexo, o do profesor Basilius Hoffman, famoso arqueólogo, lingüista, historiador, e, sobre todo, explorador de mundos ocultos, que serve de guía ao seu sobriño Peter nunha viaxe na que as lendas e os mitos de moi diferentes culturas conflúen cara a unha asombrosa revelación que marcará o destino da humanidade.

Túneles, de Roderick Gordon y Brian Williams. Conta a historia de Will, un rapaz de 14 anos que comparte con seu pai, o Dr. Burrows (especialista en arqueoloxía e conservador do museo de Highfield), a afección de escavar e encontrar tesouros. A súa peculiar afección levaraos a descubrir unhas esferas luminosas dun material descoñecido, túneles que non constan nos mapas, e portas subterráneas que ocultan un misterioso mundo baixo o chan de Londres.

The Abominables: Para os que teñades un inglés fluído, esta nova versión do ieti, o abominábel home das neves, que secuestra a Agatha Farlingham, filla dun conde inglés.

Historias que engaiolan Intocable: Dúas versións da mesma historia (en libro e en DVD). A historia de dous homes á marxe da sociedade: Philippe porque debido as súas dores, non se le pode nin tocar; Abdel, pola súa condición de inmigrante ás veces fóra da lei. Reflexión sobre a amizade que os une despois de que unha desgraza os puxera en contacto e cada un dálle ao outro o que precisa, sempre cun fondo vitalista, cunha peculiar interpretación da vida, celebrando cada instante. Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea de Annabel Pitcher. Narra na voz de Jamie, un neno de 10 anos, a historia dunha traxedia que destroza unha familia despois dun ataque terrorista e como cada un tenta refacer a súa vida. Impacta, conmove pero tamén está chea de humor e esperanza.

Aínda que sexa un clásico da literatura universal, seguen impactando as aventuras que Homero narraba na Odisea. Aqui vos deixamos unha versión da mesma contada por Manuel Yruela Guerrero.

Grandes e pequenos mundos Se che gusta a astronomía aquí tes dous libros que non debes perder: unha enciclopedia e unha novela. Coa Space A Children's Encyclopedia poderás informarte de como é o espazo, curiosidades sobre as distintas exploracións espaciais, como viven nas naves os astronautas, como é a Vía Láctea...

Coa novela O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, verás a atracción que a protagonista sente polos astros, por Xúpiter en especial, aínda que logo a historia dá un forte xiro e lévanos ao mundo das redes sociais e os seus perigos. E do ceo baixamos á terra e chantamos ben os pés nela para gozar de En vías de extinción de María Reimóndez, e coas Tonas de laranxa, novela de autoría compartida entre pai e filla, coa que acaban de recoller o Premio Xerais 2012.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.