I Concurso de creación escrita

Page 1

I Concurso de creación escrita “A muller da miña vida” Biblioteca IES Lamas de Castelo - EDLG Modalidade: poesía (Categoría: Alumnado)

Modalidade: poesía (Categoría: Profesorado e PAS)

A miña deusa, a miña avoa As miñas irmás non son as gañadoras, porque o meu corazón miña avoa roubou.

Non foi onte Unha voz soou forte, con ansias festeiras. Inqueda ledicia reinaba nas humildes meixelas. Corazón sinxelo, ás xentes aberto.

Agora está enferma pero axiña se recupera, sen ela choraría soa ata chegar a tolear.

Dunha nube esperta Tras un longo sono. Abre os olliños pechos No seu modesto trono.

Ela coidoume, ela é unha santa, unha deusa pra min sen dúbida fai falta.

E a dozura creada dá vida a un corpo. Esa man fría, fala calada.

Aprendeume o necesario, acordouse dos aniversarios, doume unha educación e unha vida xunta ela.

Unha voz soa feble, con leves laios responde.

Non é só miña avoa, senón unha amiga que garda os meus segredos no seu vermello peto. Aquí acabouse o meu poema, espero que vos gustase, pois todo isto é o que eu sinto de verdade. Por: Deportivista

Esa voz xa non soa. Por: Habelas hainas

Imaxe: "Großmutter mit Enklekind", (Avoa con neta) de Max Rentel (1850–1911), Óleo sobre táboa. (Detalle) Casa de Subastas de Düsseldorf. Licencia: Dominio Público via Wikimedia Commons http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Max_Rentel_Gro%C3%9Fmutter_mit_Enklein.jpg


I Concurso de creación escrita “A muller da miña vida” Biblioteca IES Lamas de Castelo - EDLG Modalidade: relato (Categoría: Alumnado) A muller da miña vida “Ás veces pensamos demasiado e sentimos mui pouco. Meu avó sempre me di que as persoas que realmente queren formar parte da nosa vida farán o imposible por estar nela. Un día de inverno nos que non hai nada que facer, púxenme a pensar nos verdadeiros praceres da vida, e con isto non me refiro a ter moitos cartos e vivir cunha economía estupenda, senón que me refiro ás persoas que están contigo día a día, apoiándote e dándoche consellos, dicíndoche que a vida non é fácil, senón que hai que loitar para seguir adiante cos problemas e que así conseguirás a túa recompensa. Esa persoa na que eu me centro máis é en miña nai, unha persoa que loita para vivir o día a día e que loita polos soños e polo benestar das persoas que formamos parte da súa vida. Ela sempre me di que se queres algo de verdade vai por el sen mirar atrás, porque ese tempo que perdas coas persoas que de verdade non che aprecian non o recuperarás xamais. Esta é a razón pola cal eu máis aprecio á miña nai, aínda que outra razón moi importante é que grazas a ela eu estou neste mundo, afrontando os problemas e celebrando as alegrías. Por todas esas cousas que a unha persoa non lle poidan parecer importantes, xa que teñen outras prioridades, é polo que eu máis valoro a miña nai, a muller da miña vida.” Pseudónimo: Flor

Imaxe: "Macedonia”, foto de Dennis Jarvis, de Halifax, Canada. Licencia CC BY-SA 2.0 via Wikimedia Commons - http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Macedonia-02820_(10905557624).jpg


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.