Nadal2015

Page 1

De todo un pouco Ledicia Costas: Un animal chamado néboa No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.Un animal chamado néboa é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico.

Novidades musicais Dous cantores ben coñecidos en Galicia, Xabier Díaz e Davide Salvado, apostan unha vez máis pola música tradicional. - Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre preséntanos o seu disco The tambourine man, unha homenaxe á voz e á percusión.

NADAL 2015

Montse Fajardo: Un cesto de mazás Neste libro recóllese a memoria de moitas persoas detidas, fusiladas, asasinadas en cunetas, escondidas durante anos en tobos de cortes ou ocos de cociña, humilladas... e unha longa lista de vítimas do Golpe de Estado de 1936, da Guerra Civil e dos anos de Ditadura de Franco por toda Galicia.

Marcos Calveiro: Fontán. Novela histórica gañadora do Premio Narrativa Breve Repsol que retrata a peripecia vital do matemático e topógrafo que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia no século XIX, a Carta Xeométrica de Galicia.

- Davide Salvado volve cun novo disco en solitario, Lobos.

O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES Lamas de Castelo deséxanvos unhas felices vacacións.


Para os máis novos

(Re)lendo a Xosé Neira Vilas

Son moitos os títulos que Neira Vilas escribiu dirixidos aos máis pequenos: Memorias dun neno labrego, O cabaliño de buxo, Cartas a Lelo, Espantallo amigo, A marela Taravela, Contos vellos pra rapaces novos, De cando o Suso foi carteiro, Chegan forasteiros e O xardín de Irene.

Para os maiores Xosé Neira Vilas escribiu moitos outros títulos de narrativa como poden ser Xente no rodicio, Camiño bretemoso, Historias de emigrantes, A muller de ferro, Remuíño de sombras, Aqueles anos do Moncho, Querido Tomás, Tempo novo, Charamuscas (inclúe Lar, Nai e Pan), Contos de tres mundos, O home de pau, Relatos mariñeiros e, entre os últimos, Esperando o leiteiro.

Xosé Neira Vilas (Gres, 1928-2015) Alguén dixo que todos somos, ou fomos, da aldea. Que temos residido nela, ou nela están os nosos ancestros. Nas nosas vilas e cidades queda moito do mundo rural. Algúns volven a el de escapada, ou nas vacacións, e ademais sempre levan no subconsciente algún tóponimo, o nome dunha leira, ou dun avó, unha festa, unha comida... Nesta novela, feita de lóstregos múltiples, hai recendos, paisaxes, chiar de paxaros, ademais de historias, unhas alegres e outras non tanto, e hai toda unha atmosfera que a natureza puxo á nosa disposición. E tamén atoparemos situacións cheas de vida e, ás veces, de morte; aconteceres de onte e de hoxe que nos trasladan a un mundo próximo e afastado, ó mesmo tempo real e máxico.

Tamén algúns poemarios, entre os que destacamos Dende lonxe, Inquedo latexar e Dende Gres. Máis alá da literatura de ficción, Neira Vilas déixanos unha inmensa obra ensaística onde relata as crónicas da emigración galega, que tan ben coñeceu, especialmente en Arxentina e Cuba, xunto coa súa compañeira, Anisia Miranda.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.