Mulleres galegas

Page 1

MULLERES GALEGAS DE HOXE Conmemoración do día 8 de marzo: Día internacional da Muller

Traballo realizado polo alumnado de 3º PDC no Ámbito Sociolingüístico.

IES Lamas de Castelo (2012-2013)


ACTRICES GALEGAS María Lago Caamaño


Luma Gómez ●

Luma Gómez.

Ferrol, 1951.

Actriz galega de longa e prolífica traxectoria profesional, tanto no teatro, coma no cine e na televisión.


Luma Gómez ●

Cofundadora de compañías teatrais: ‘Teatro Zoo’ de Madrid, ‘Teatro Andrómena’ de Santiago de Compostela,‘Teatro-Estudio’ de Ferrol, 'Teatro do Noroeste' de Ames...

Obras realizadas no teatro, na televisión e no cine: ‘Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)’, ‘Pratos combinados',‘A familia Pita’,'O bosque animado', 'Urxa'...


María Castro ●

María Castro

Vigo, 1981

Actriz galega de series, cine e teatro. Antes de ser actriz era ximnasta.


María Castro ●

Series: “Pratos combinados”, “SMS”, “Sin tetas no hay paraíso”... Teatro: “La ratonera” Cine: “La vida mancha”, “Días azules”, “Os mortos van ás présas”... Premios obtidos: Mellor intérprete feminina de ficción nacional e Mellor intérprete feminina do ano polo seu papel na serie “Sin tetas no hay paraíso”.


Cristina Castaño ●

María Castro

Lugo, 1978

Actriz galega de series e teatro.


Cristina Castaño ●

Series onde se deu a coñecer: “Pratos combinados” e “La que se avecina”. Outras series: “Al salir de clase”, Curtas e longametraxes: “Sen chumbo” e “Días azules” entre outras. Teatro: “Las manzanas del viernes” con Concha Velasco. Tamén traballou no musical “Fama”. Premios: Mellor actriz de reparto de comedia (La que se avecina)e Mellor actriz no Festival de Cans por “Sen chumbo”.


Sara Casasnovas ●

Sara Casasnovas.

Ourense, 1984.

Actriz galega de series, cine e teatro.


Sara Casasnovas ●

Algunhas series onde apareceu: “Amar en tiempos revueltos”, “Hospital central”, “El comisario”... Obras de teatro onde apareceu: “Romeo e Xulieta”, “La noche de la iguana”... Premios obtidos: ●

Mellor actriz revelación do 2008 (Amar en tiempos revueltos) Mellor actriz dos Premios FETEGA do 2008 (Romeo y Julieta)...


Mabel Rivera ●

Mabel Rivera.

Ferrol, 1952.

Actriz galega de series, cine e teatro. Licenciada en filoloxía inglesa.


Mabel Rivera ●

Cine: “Inevitable”, “7 pasos y medio”, “Mar adentro”, “El Orfanato”, “Inevitable”, “El bosque animado”... Televisión: “Pratos combinados”, “Familia”, “Cuéntame cómo pasó”... Teatro: “Agasallos de sombras”, “As alegres casadas”, “Xogos de damas”... Premios obtidos: Mellor actriz de reparto (“Mar adentro”), Mellor actriz (“Inventarios”), Mellor intérprete feminina protagonista (“Pratos combinados”)...


María Vázquez ●

María Vázquez.

Vigo, 1979.

Actriz galega de cine e televisión.


María Vázquez ●

Películas nas que aparece: “San Bernardo”, “A golpes”, “A mariñeira”, “Silencio roto”, “Deseo”, “O ano da carracha”, Mataharis”, “18 comidas”... Televisión: “Padre Casares”, “Ana y los siete”, “La vida de Rita”, “Hospital central”, “Al salir de clase”... Premios obtidos: Mellor intérprete feminina protagonista nos Premios Mestre Mateo do 2009 por “O club da calceta” e do 2010 por “Mar libre”.


María Pujalte ●

María Pujalte

A Coruña, 1966

Actriz galega de series, cine e teatro. Traballou como presentadora de televisión. Comprometida con Nunca máis.


María Pujalte ●

Cine: “Entre rojas”, “O lapis do carpinteiro”, “Sempre Xonxa”, “Interferencias”, “En la ciudad”... Series: “Periodistas”, “Siete vidas”, “Los misterios de Laura”, “Los quién”... Teatro: “O mozo que chegou de lonxe”, “Martes de carnaval”, “Yerma”, “La realidad”... Premios obtidos: Mellor intérprete feminina polo espetáculo de cabaret; Mellor actriz secundaria por “Periodistas”; Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual de 2011


Rosa Álvarez ● ●

Rosa Álvarez Carballeda de Avia, 1950. Actriz e directora de teatro. Co seu marido, o actor Ernesto Chao, fundou a compañía Lagarta Lagarta.


Rosa Álvarez ●

Televisión: “Escoba”, “Libro de familia”, “Avenida de Ámerica”, “Imos aló”, “Terra de Miranda”, “Mareas vivas”... Cine: “O trasto”, “Sempre Xonxa”, “A vida que che espera”, “Martes de carnaval”, ”Heroína”, “Trece badaladas”, “Os mortos van ás présas”...

Dirección de teatro: “Cásting”.

Premios gañados: Mellor actriz protagonista (“Fobias”); Mellor dirección (“O Segredo dos Hoffman”).


Susana Dans ●

Susana Dans.

A Coruña, 1965.

Actriz galega de teatro, cine e series. Tamén é cantora solista e fixo cabaret.


Susana Dans ●

Series: “Pratos combinados”, “A vida por diante. Teatro: Participou en máis de corenta obras doTeatro do Atlántico e do CDG. Cine: “O club da calceta”, “Divinas palabras”, “Martes de carnaval”, “Cabeza de boi”... Premios: María Casares en 2000, 2002, 2005 e 2008. Premio Mestre Mateo 2011 á mellor interpretación feminina protagonista por “Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde”.


ARTISTAS GALEGAS Daysi G端iracocha Caama単o


Rebeca Ponte

Naceu no ano 1976 en A Coruña. É unha artista plástica multidisciplinar e comisaria de proxectos culturais. Comisaria e creadora de proxectos culturais expositivos e festivais para diferentes institucións públicas e privadas. Estudou na escola de arte Place d’Italie-Paris e no Atelier Quimpcapoix, Paris, Francia. Ten estudos de fotografía e escultura. A súa formación musical vai do jazz á zanfona.


Exemplos das súas obras MÚSICA

No ano 2010 lanza o disco "On the Windowsill" baixo o nome artístico de CARDIGAN BRIDGE.

TALLERES

Rebeca Ponte confeccionou sempre os seus propios talleres pedagóxicos partindo dunha base multidisciplinar e activa, e coa premisa de que a arte cura.


Mónica Pan

Nace no ano 1974. Licenciada en Belas Artes e Deseño Gráfico pola facultade de Pontevedra despois de traballar como diseñadora, ilustradora e arte-creativa para a axencia de deseño 'Comunicación Gráfica' durante 7 anos. Na actualidade traballa no seu estudo de A Coruña onde combina proxectos de deseño gráfico, ilustración e arte para diferentes axencias, editoriais e particulares.


Exemplos das súas obras ILUSTRACIÓN TÉXTIL

Ilustracións que dan forma á primeira colección de camisetas en algodón branco.

CONTOS ILUSTRADOS

Pequeno avance dos protagonistas das novas ilustracións-fotográficas para a colección de contos infantís “ Peluches”.


Renata Otero

Naceu no ano 1971 en Barcelona.. Estudou na universidade de Barcelona e actualmente é profesora de Educación Plástica e Visual en Galicia. É unha creadora multidisciplinar: o seu traballo vai do diario, á crónica persoal, o autorretrato o a autobiografía. E desde disciplinas tan diversas como a pintura, a fotografía, a banda deseñada, o vídeo, a literatura, a performance, a escultura, a arte sonora ou a instalación.


Exemplos das súas obras DOS AÑOS DÁNDOLE VUELTAS (2003)

Formatos esféricos que versan sobre cuestións tan graves como a guerra contra Irak e o afundimento do Prestige.

ENTRE GATOS, ESPINAS Y LUBRIGANTES (2001)

A distorsión da perspectiva en ollo de peixe ou o punto de vista cenital sobre as escenas, funciona como recordatorio do persoal punto de vista da autora ante a realidade que a reflectía.


Menchu Lamas

Menchu Lamas Pérez é unha pintora galega que naceu en Vigo en 1954. Está casada co pintor Antón Patiño Pérez. Deuse a coñecer en 1976 nas mostras colectivas da Praza da Princesa, en Vigo elogo integrouse no Grupo Atlántica nos anos 80, grupo que pretendía revitalizar as artes plásticas en Galicia. A súa obra é moi colorista, con algunhas influencias de Picasso.


Exemplos das súas obras A MULLER DA ARPA

Óleo sobre lenzo


María Xosé Ares Rodríguez

Naceu no 1963 en Lugo. Estudou a Licenciatura en Belas Artes na Universidade de Vigo (1998) e Arquitectura Técnica na Universidade de A Coruña (1987). Actualmente exerce de profesora de Artes Plásticas no I.E.S Johan Carballeira, Bueu, Pontevedra.


Exemplos das súas obras ESPAZO PROTEXIDO

As illas Cíes arróupanse na pel dos andamios que as protexen das inclemencias do tempo, máis tamén as ameazan como se de coitelos se trataran, desexosos de ferir nas rochas ata que brote o frío cemento.

DESOLACIÓN

Naquel terrible verán de 2006 Galiza estaba ardendo por todos os costados, e a impotencia e a indignación da cidadanía había que expresala dalgunha maneira.


Paula López Vallejo

Nace no ano 1983 en Lugo. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, pertence á Xeración do 80. Coñécese polo pseudónimo de Paulova. Na súa obra utiliza diferentes medios para representar a idea do cotián, a propia experiencia e a ironía, buscando sempre o guiño co espectador por medio do popular. Algunha das súas obras son recreacións dos vellos cadros de punto de cruz cos que as nosas nais e avoas decoraban as casas.


Exemplos das súas obras EL BAÑO

A MEDIA LUZ

Instalación sonora. (2012).Técnica mixta.

Óleo sobre papel. (2011) Pretende representar a técnica do punto de cruz sobre madeira.


MULLERES CIENTÍFICAS Pablo Fernández Caamaño


Inmaculada Paz Andrade Pontevedra, 1928.

Doutora en Física e catedrática en Física aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. ●

Ampliou os seus estudos en Manchester e en Marsella, e en introduciu a microcalorimetría en España no ano1964. ●


Inmaculada Paz Andrade Creou e dirixe o Grupo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais (Proxecto THOR), un sistema experto para predicir os incendios forestais. ●

Realizou traballos sobre termodinámica aplicada, estudos calorimétricos e determinacións da calor específica de sólidos e líquidos. ●

É profesora emérita da USC desde 1999.


INMACULADA PAZ ANDRADE Premios recibidos: Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física (1992) ●Premio Galicia de Investigación Antonio Casares y Rodrigo (1999) ●Insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela (2000) ●Medalla Castelao (2008) ●Premio María Wonenburguer (2010) ●


María Wonenburguer Oleiros (A Coruña), 1927

Licenciada en Matemáticas Universidade de Madrid (1950) ●

na

Estudou e investigou durante anos en EE.UU. e Canadá para especializarse en álxebra. ●

Matemática alxebrista cuxos logros son recoñecidos pola comunidade científica internacional. ●

Traballou como investigadora no CSIC e logo retornou para Canadá. ●

Nos anos 80 volta a Galicia e segue residindo en Oleiros. ●


María Wonenburguer Na década dos 90, celebrouse un Congreso de Matemáticas en Santiago, ó que acudiron alxebristas de diferentes países e ela non estivo presente. Os asistentes, que non daban crédito ante a súa ausencia, preguntábanse por qué unha científica da súa categoría e coa mesma nacionalidade cós os anfitrións non acudía a aquel congreso. A resposta era simple: ninguén a invitara! A partir de aí as miradas volvéronse cara a ela e chegaron os recoñecementos públicos. ●

No 2007 a Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia creou o Premio María Wonenburguer para mulleres destacadas na ciencia e a tecnoloxía. ●

No 2010 foi investida Honoris Causa pola Universidade da Coruña.

En xuño do 2012 púxoselle o seu nome a unha zona verde en Oleiros, no seu concello. ●


TARSY CARBALLAS ●

Taboada (Lugo), 1934.

Licenciada en Farmacia e Química, e Doutora en Química. ●

Formouse na Universidade de Santiago e logo na de Nancy (Francia). ●

Foi a primeira muller académica de Farmacia no Estado Español. ●

Ingresou na Real Academia Galega de Farmacia. ●


TARSY CARBALLAS Primeira muller en formar parte da xunta de goberno da Sociedade Internacional de Ciencias do Solo. ●

Comezou a traballar na década de 1960 no CSIC, investigando en edafoloxía e mantén na actualidade un campo de investigación sobre solucións para recuperar o solo das áreas afectadas por incendios. ●

Ten máis de duascentas publicacións e unha ducia de libros.

No 2009 recibiu a Medalla Castelao pola súa contribución á cultura galega. ●

No 2012 recibiu o Premio María Wonenburguer.


REBECA SANTISO E MARÍA TAMAYO Son coruñesas, de 30 e 35 anos.

Licenciadas en Bioloxía pola Universidade da Coruña. ●

Traballan como investigadoras no Laboratorio de Xenética do Centro Oncolóxico de Galicia. ●

A súa investigación céntrase na relación entre a infertilidade e a fragmentación do ADN dos espermatozoides. ●


REBECA SANTISO E MARÍA TAMAYO Foron premiadas no 2010 e no 2011 pola Universidade de Oxford e a Sociedade Europea de Mutaxénese Ambiental que se celebrou en Oslo. ●

O seu traballo consistiu en deseñar un sistema “máis rápido, sinxelo e barato” cós existentes para detectar anomalías dos espermatozoides que poden causar a infertilidade. ●

Neste proxecto colabora o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, a Universidade Autónoma de Madrid e o Instituto Valenciano de Infertilidade. ●


REBECA ATENCIA ●

Serantes, Ferrol, 1977. Estudou Veterinaria na Universidade Complutense de Madrid e vive e traballa en África. Responsable e coordinadora do Centro de Recuperación de Chimpacés de Tchimpounga (no Congo), creado pola mítica Jane Goodall, a primeira “Dama dos chimpancés”. Dirixe o centro de recuperación e traballa como veterinaria ao coidado dos chimpancés, na súa maior parte bebés que quedaron orfos ou foron feridos.


MULLERES DEPORTISTAS Eloy Veloso Lago


Chus Lago


Chus Lago escalando o Everest.

María Jesús Lago Rey, máis coñecida como Chus Lago, nada en Vigo no ano 1964, é unha alpinista e escritora galega, a única que ascendeu o Everest sen osíxeno artificial. O 26 de maio de 1999 acada o cumio do Everest. É a primeira galega en facelo, e a terceira muller do mundo en conseguilo.


Ver贸nica Boquete


Verónica Boquete Giadáns, nada no1987 en Santiago de Compostela, é unha destacada futbolista galega que xoga como dianteira.

Dianteira, internacional coa selección española. Na Liga Española militou no RCD Espanyol de Barcelona dende 2008, co que acadou dous campionatos de Copa en 2009 e 2010, e do que foi máxima goleadora. En 2010 disputou a liga de verán nos Estados Unidos, no Buffalo Bulls. En 2011 fichou para competir na liga de verán co Philadelphia Independence.


Ana Buceta ●

Naceu en Moaña no 1992. É unha xogadora completa, xa que pode xogar tanto de mediocentro como de interior zurda (posición na cal foi elixida a mellor xogadora a tempada pasada) ou tamén como mediapunta.


Actualmente é xogadora galega do Levante, na Primeira División. Ana Buceta xa entrou nas últimas convocatorias da selección española absoluta para realizar concentracións, a finais do ano pasado. Naquelas listas entraba a tamén galega Mari Paz Vilas. Buceta asinou esta tempada co Levante procedente do equipo da Federación Viguesa de Peñas Recreativas El Olivo.


Melina e Camila Alonso ●

Melina e Camila Alonso son dúas irmás ferrolás, representantes do Triatlón Ferrol. Melina logrou a pasada tempada a medalla de bronce no Mundial de Duatlón, un 4º posto no Triatlón Internacional de Palermo e un 16º na Copa de Europa de Holten. Camila proclamouse Campiona de España e de Galicia Junior en Duatlón e logrou un gran 2º posto nas Series Nacionais Junior de Madrid.


Ana Peleteiro Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta xuvenil galega, plusmarquista nacional na súa categoría na modalidade de triplo salto. Foi elixida mellor atleta española xuvenil do ano 2011 pola Real Federación Española de Atletismo.


Ana Peleteiro Palmarés: ●

Campioa de España cadete en pista cuberta, en triplo salto e salto de lonxitude (Oviedo, 2010) Campioa de España xuvenil ó aire libre, en triplo salto (Granollers, 2011) Campioa de España xuvenil en pista cuberta, en triplo salto (Zaragoza, 2011) Medalla de bronce no Campionato Mundial Xuvenil, en triplo salto (Lille, 2011) Medalla de ouro no Festival Olímpico da Mocidade Europea, en triplo salto (Trebisonda, 2011) Campioa do Mundo Xuvenil, en triplo salto (Barcelona, 2012)


Sofía Toro Sofía Toro PrietoPuga, nada na Coruña en agosto de 1990, é unha regatista galega do Real Club Naútico da Coruña. ●

A Xunta de Galicia acaba de nomeala como mellor deportista feminina do 2012. ●


Tamara Echegoyen Sofía Toro

Ángela Pumariega

Compite na modalidade de match race, onde forma equipo coa patrona Támara Echegoyen e Ángela Pumariega, coas que foi campioa olímpica nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, nesta modalidade, con barcos da clase Elliott 6m. Ademais a tripulación, foi campioa de España en 2010 e 2011, así como campioa iberoamericana en 2010 e campioa de Europa en 2011.


ESCRITORAS GALEGAS Raquel Santamarina Pérez


AN ALFAYA ●

Naceu en Vigo o 2 de marzo de 1964. Escritora galega especializada en literatura infantil e xuvenil. Participou en obras colectivas con outros autores/as


LIBROS E PREMIOS RECIBIDOS

Gañou moitos dos premios de maior recoñecemento da literatura infantil e xuvenil: Premio Lazarillo, premio Xosé Neira Vilas, premio Merlín, forma parte da lista do IBBY no 2008 por A sombra descalza.


ROSA ANEIROS ●

Naceu en MeirásValdoviño en 1976. En 1999 presentou a súa primeira obra, Eu de maior quero ser. Participou en moitas obras colectivas con outros autores/as. Xornalista de profesión, traballo no Consello da Cultura Galega.


LIBROS E PREMIOS RECIBIDOS

Gañou moitos premios pola súa obra narrativa: Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Fundación Caixa Galicia, Fervenzas Literarias, The White Ravens e Premio Xerais.


MARICA CAMPO ●

Naceu en Val do Mao, o 24 de febreiro de 1948. Escribe obras narrativas, poesía, obras de teatros, libros de literatura infantil e xuvenil, e bastantes obras colectivas.


LIBROS E PREMIOS RECIBIDOS

A obra narrativa Abracadabras gañou dous premios: a III Edición do Arume de Poesía e o da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Literatura Infantil e Xuvenil. Memoria para Xoana gañou outro, o de Narrativa do Concello de Vilalba.


IOLANDA ZÚÑIGA ●

Naceu en Vigo en 1975. Escribe obras narrativas e tamén poesía. Debido á súa idade non ten aínda moita obra publicada pero xa conseguiu o Premio Xerais.


LIBROS E PREMIOS RECIBIDOS

Gañou o Premio Xerais en 2010 co libro Periferia, co que conseguiu tamén mención como finalista do xurado do Premio da Crítica Galicia de Creación literaria no 2011.


FINA CASALDERREY ●

Naceu en Xeve (Pontevedra), en 1951. Desde os 19 anos traballou como profesora en secudaria ata a súa xubilación no 2011. Escribe obras infantís e xuvenís. Nos últimos tempos está traballando en varios proxectos de cine e literatura. No 2013 acaba de ser elixida como membro na RAG.


LIBROS E PREMIOS RECIBIDOS

O misterio dos fillos da lúa levou o premio Nacional de literatura infantil e xuvenil. O estanque dos parrulos pobres levou o premio de Edebé de Literatura infantil e xuvenil. A lagoa das nenas mudas, outorgáronlle o premio de Frei Martín Sarmiento.


MARIA XOSÉ QUEIZAN ●

Naceu en Vigo en 1939. É escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante do movemento feminista en España. Escribe poesía, obras narrativas, fai teatro (gañou o premio de Premio Álvaro Cunqueiro con Antígona, a forza do sangue); fixo un guión para unha película, a cal levou un premio, Premio Xunta de Galicia.


LIBROS ESCRITOS


TERESA GONZÁLEZ COSTA •

Naceu no Grove (Pontevedra) en 1975. Licenciouse en Filoloxía Inglesa e Filoxía Italiana. En 2009 publicou a obra de teatro Sempre quixen bailar un tango, coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro. Tamén escribe literatura infantil-xuvenil e xa conta co Premio Merlín.


OBRAS ESCRITAS


MULLERES NA MÚSICA GALEGA Marcos Rodríguez Caamaño


MARÍA DO CEO


CARACTERÍSTICAS • María do Ceo está considerada unha fadista tradicional, tanto no estilo, como na interpretación. •

María do Ceo cando canta transmite melancolía, dozura, paixón, tenrura, ten unha maneira de cantar elegante e contida, chea de matices, porque realmente ela é: Corpo de muller e alma de fado.

• María do Ceo, non só canta fado, tamén canta boleros cun dramatismo que nos recorda á gran Chavela Vargas. Discografía: “Fado con Outro Acento” “Celme Encantado” “No Bico un Cantar”


UGÍA PEDREIRA


CARACTERÍSTICAS • Ugía Pedreira naceu en Foz e o seu repertorio abarca folk, ska, electrónica, latina ou boleros. ●

Comezou sendo coñecida na música galega polo folk e cara ós anos noventa foi recoñecida polo rock. Dirixe o centro referencia do folk en Galiza (aCentralFolque) onde naceron proxectos como os de Nordestinas, Marful, Ecléctica Ensemble e outras máis. Con Fred Martins, cantante brasileiro, publicou Acrobata e tamén ten incursións na poesía con Noente Paradise.


MERCEDES PEÓN


CARACTERÍSTICAS Mercedes Peón nace en Oza dos Ríos en 1967. É unha cantante e instrumentista galega folk. Fíxose moi popular como presentadora do programa de entretemento Luar, onde deu a coñecer moitas persoas que se dedican ao folclore en Galicia. As súas primeiras gravacións foron colaboracións con outros artistas galegos como Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez ou os Diplomáticos de Monte Alto. Hoxe é unha das músicas galegas con maior recoñecemento internacional. Conseguiu o premio da revista Folkworld ao mellor disco no 2000. En Galicia, concedéuselle o Premio Nacional de Música no 2008. No ano 2011, The Guardian Revieuw dixo que “era unha das artistas máis autenticamente orixinais da escena musical española” DISCOGRAFÍA: “Isué” (2000) “Ajrú” (2003) “Sihá” (2007) “Sós” (2010)


CRISTINA PATO E ROSA CEDRÓN


CARACTERÍSTICAS Rosa Cedrón naceu en Monforte de Lemos (Lugo) no 1972. É unha cantante galega e intérprete de violonchelo. Coñecida por ser a voz durante nove anos do grupo Luar na Lubre. No ano 2005 deixa o grupo e a partir dese momento dedícase á súa carreira en solitario e publica o seu primeiro disco, titulado “Entre dous mares” (2007). Cristina Pato naceu en Ourense en 1980. É unha recoñecida gaiteira, compositora e pianista galega. Foi a primeira muller galega en gravar un disco en solitario como gaiteira en Galiza e España, titulado “Tolemia” (1999). Logo virían “Xilento” e moitos outros traballos. Pasouse logo á música clásica e ao jazz. Xuntas, chamándose Soas, publicaron no 2010 o disco “Muller”, un proxecto onde combinan o piano de Cristina coa voz de Rosa.


ANUBÍA


CARACTERÍSTICAS Anubía é un grupo musical formado en 1998 por seis mulleres pandeireteiras -Eva, Maite, Ana, Teresa, Patricia e Isabel- que combinan nas súas cancións tradición e modernidade. Cantan coas súas voces os segredos máis profundos da música oral da Galiza. Nos seus discos hai temas con influencias árabes e pop, xunto á tradición galega. Forman parte do grande éxito que veñen tendo nos últimos anos grandes grupos de pandeireteiras como Leilía, Malvela, Faltriqueira e tantas outras.


SÉS e AID


CARACTERÍSTICAS •Sés(María Xosé Silvar) e Aid (Aida Alonso Iglesias) son dúas

músicas moi distintas e moi innovadoras no panorama musical dos últimos tempos.

Sés é unha cantautora coruñesa que publicou o seu disco Admirando a condición no 201. Nel mestura ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e cunha actitude enérxica. Aid é unha rapeira viguesa, cantante e compositora de música urbana que tamén se atreveu a rapear poemas galegos, tal e como podemos ver no seu libro-disco Rapoemas do 2012, no que actualiza a obra de Rosalía, Curros, Cunqueiro, Manuel Antonio...


MULLERES POLร TICAS Zoe Gonzรกlez Cambeiro


Olaia Fernández Davila Castrelos (Vigo), 1954

Iniciou o seu traballo político nos anos setenta no sindicalismo nacionalista de Vigo (secretaria de zona da INTG e responsábel nacional da secretaría da Muller). ●

Foi deputada no Parlamento de Galicia polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) desde o 1993 ao 2003. Desenvolveu a súa actividade en temas relacionados co emprego, a sanidade, o comercio e os servizos sociais. ●

Dentro do BNG, foi membro do Consello Nacional desta formación política desde a 1995 ao 2003. Foi membro tamén da Executiva Nacional desta formación onde desenvolveu a responsabilidade da secretaría de Acción Social. Nas eleccións municipais do ano 2003 foi elixida concelleira en Vigo. ●

Actualmente é deputada no Congreso dos deputados en Madrid polo BNG porque foi elixida no 2004 e reelixida no 2008 e no 2011. ●


Rosa Quintana Carballo Venezuela, 1959

Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Bioloxía coa tese Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado. ●

A súa traxectoria profesional sempre tivo relación co traballo que hoxe desenvolve, pois desde o ano 1987 comezou a traballar de funcionaria na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. ●

En marzo do 2009 foi nomeada Conselleira do Mar polo goberno do Partido Popular (PP) e, desde xaneiro de 2012, é a Conselleira do Medio Rural e do Mar. ●


Ana Miranda Paz Cuntis (Pontevedra), 1971

Estudou Dereito en Santiago e Alemaña e especializouse en Dereito Europeo.

Política e xurista experta en Dereito comunitario e cunha longa experiencia no Parlamento Europeo desde o ano 1999 como asistente parlamentaria do eurodeputado Camilo Nogueira. ●

Actualmente é deputada no Parlamento Europeo polo BNG desde xaneiro de 2012. Forma parte do grupo parlamentario Alianza Libre Europea- Os verdes. As súas prioridades son a participación da negociación dos fondos europeos 2014-2020, o sector naval, o sector agropecuario e o resto de actividades dos denominados sectores produtivos. ●


Marisol Piñeiro Martinez Carnota, 1968

Diplomada en maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela, especialidade filoloxía inglesa. Foi mestra de educación de adultos na Academia CeCee. ●

Foi coordinadora de iniciativas comunitarias de creación de emprego (EUROFORM, NOW I e NOW II, HORIZON e INTEGRA) no Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia. ●

Foi concelleira do PP en Carnota nas lexislaturas desde 1999 ata 2007 e na de 2007 foi tenente de alcalde. Na actualidade continúa a ser concelleira. ●

Membro da Xunta Directiva do PP da Coruña, na actualidade é deputada no Parlamento de Galicia polo PP. ●


Yolanda Díaz Pérez Fene (Comarca de Ferrol), 1971

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago.

É unha dirixente política que pertence á federación galega de Esquerda Unida (EU) da que é coordinadora dende 2005. ●

Nas eleccións municipais de 2007, foi a cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol e foi tenente alcalde deste concello no breve período de 2007-2008. ●

Nas eleccións autonómicas do 2012, foi candidata de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) xunto con Xosé Manuel Beiras de ANOVA e foi elixida deputada no Parlamento Galego. ●


Pilar Rojo Nogueira A Coruña, 1960

É Licenciada en Arquitectura pola Escola Técnica de Arquitectura da Coruña e está especializada en edificación e urbanismo. ●

Traballou como profesional liberal neste eido ata 1998, ano no que obtivo o título de funcionaria de carreira do Corpo de Arquitectos de Facenda Pública. ●

Forma parte do comité Executivo do Partido Popular e é membro de Comité Executivo Rexional. Desde o ano 2001 foi elixida deputada do PP de Pontevedra e reelixida en varias lexislaturas. ●

Desde o 2003 pasou por varias Consellerías da xunta de Galicia e desde 2009 ocupa o posto de Presidenta do Parlamento de Galicia. ●


Manuela López Besteiro Castroverde (Lugo), 1941

Mestra e Licenciada en Pedagoxía foi profesora de infantil e bacharelato e é actualmente inspectora de educación. ●

Foi deputada no Parlamento de Galicia polo Partido Popular desde 1990 ata o 2009 e desempeñou distintos cargos de responsabilidade no goberno autonómico ao longo deses anos, destacando o feito de ser Conselleira de Familia, Muller e Xuventude durante as lexislaturas presididas por Manuel Fraga. ●

A Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao no 2012.


Ana Pastor Julián Cubillos (Zamora), 1957

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca e funcionaria do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria. ●

Foi xefa do servizo de Planificación Sanitaria da delegación pontevedresa da Consellería de Sanidade e Servizos Socias da Xunta de Galicia, xerente de Atención Primaria na provincia de Pontevedra e logo directora provincial do Servicio Galego de Saúde, SERGAS. ●

Desde o ano 1996, co triunfo do PP no goberno central, foi nomeada directora xeral de MUFACE. ●

Entre o 2002 e 2004 foi Ministra de Sanidade e Consumo e na actualidade é Ministra de Fomento no goberno de Rajoy. ●


Laura Seara Sobrado Allariz (Ourense), 1971

Licenciada en Dereito, conta cun mestrado en Calidade de Servizos.

Foi Secretaria de Organización das Mocidades Socialistas e deputada do Partido Socialista de Galicia (PSdeG) no Parlamento de Galicia dende 2001 ao 2009. ●

Foi directora do Instituto da Muller (do goberno de España) e de aí pasou á Secretaría de Estado de Igualdade, subtituíndo a Bibiana Aído, e no que permaneceu ata a derrota socialista do 2011. ●

Actualmente é deputada no Congreso dos Deputados polo PSdG.


Foto tomada en febreiro do 2012, cando nun momento “histórico” houbo maioría de mulleres na Cámara Galega (38 mulleres, 37 homes). Na actualidade a proporción xa cambiou (29 mulleres, 46 homes). Deputadas do PP (21) e do BNG (6) posaron xuntas coa Presidenta do Parlamento Galego. Faltan na foto as 11 deputadas do PSdG que non quixeron facelo por discreparen da maneira en que se fixeran unhas listas paritarias en número pero non en importancia dos cargos.


MULLERES ANÓNIMAS Queremos render unha homenaxe a todas as mulleres anónimas que nos fan posible a vida día a día e sen as que a nosa vida sería moito máis difícil:

Nais, avoas, irmás...


Mariscadoras e labregas


Vendedoras e amas de casa


Bibliografía: A maior parte das imaxes e das informacións foron tiradas de bibliografía consultada na biblioteca do centro ou da rede cun fin exclusivamente educativo. Algunhas das páxinas e buscadores máis usados foron: https://www.google.es/ ●http://gl.wikipedia.org/wiki/Galipedia ●http://kiosko.net/es/geo/Galicia.html ●

http://www.culturagalega.org/avg/entidades_detalle.php?Cod_cmpna=308 ●http://www.stegsindicato.org/UserFiles/Files/pdfs/recursos_didacticos/cientificas_galegas.pdf ●http://www.aelg.org/ ●

http://bvg.udc.es/ ●http://www.xerais.es/ ●http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/default.aspx ●http://mudega.es/ ●http://culturagalega.org/album/detalle_especial.php?id=198 ●


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.