Titerentroido 2019

Page 1

TITERENTROIDO 2019 1, 2, 3 e 5 de marzo


Programación Organiza: Viravolta títeres en colaboración co Concello de Lalín e a Asociación de Amigos do Museo Galego da Marioneta Espazos: Salón Teatro e Museo Ramón Mª Aller Ulloa Días: 1, 2, 3 e 5 de marzo


Como en anos anteriores os días 1, 2, 3 e 5 de marzo os títeres chegan ó entroido de Lalín coa súa irreverencia e as súas cousas do demo. Este titerentroido O Demo deixouse retratar polos artistas de ASPADEZA. Desde os seus debuxos convidan a todos a compartir este tempo de teatro no Museo Ramón Mª Aller e no Salón teatro. O demo trae no seu garfo a Fantoches Baj; Luz, micro y punto; Marionetas Trécola e Títeres Cachirulo con distintas linguaxes escénicas e técnicas. Espectáculos íntimos de pequeno formato dirixidos ó público infantil pero cunha poderosa carga evocadora nos adultos. Chegan os títeres e berran... Viva o Titerentroido!!!!!

Retratos do Demo elaborados por ASPADEZA


Compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio Vilariño no ano 2006. O seu campo de interese céntrase no teatro de monicreques entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta máis tradicional dos títeres de luva e variña ata unha progresiva apertura a outras formas máis contemporáneas do teatro de obxectos ou a utilización do kamishibai xaponés. Recibe o Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na categoría de adultos por Auga que non vas beber (2009). Recibe o premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil por Fábula Galénica (2010) e Os Golfiños e o xigante (2016) Auga que non vas beber e Fábula Galénica están publicadas pola Xunta e Baía Edicións. Xunto a Iván Suárez recibe o premio de Banda Deseñada Castelao por Titoán (2012), publicado pola Deputación da Coruña, Demo Editorial e a libraría Komic.

AUGA QUE NON VAS BEBER… (Premio Barriga Verde 2009 de textos para monicreques na modalidade de adultos)

AUGA QUE NON VAS BEBER... é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como A Saia da Carolina, O sermón do padre Damián ou O cura está malo entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica. A posta en escena está inspirada na figura teatral do cego con monifates, tan presente en Galicia no século XIX, da que se rescata a relación que se establece entre actores e títeres de luva e na que o narrador é tamén actor e manipulador dos personaxes.

AUGA QUE NON VAS BEBER...é unha comedia musical vivaz na que a participación do público, a modo do teatro de rúa, é fundamental. https://www.facebook.com/fantochesbaj.galiza/ https://urdime.gal/project/fantoches-baj/ https://urdime.gal/project/auga-que-non-vas-beber/ Tfno.: 699 06 64 49 (Inacio Vilariño)


Luz, micro y punto... É unha compañía asturiana creada en 2013 por Chantal Franco, Patricia Lorenzo e Verónica Rodríguez. Creadoras e intérpretes que centran o seu traballo na experimentación e creación de historias visuais e sonoras enmarcadas no teatro de sombras. Na parte visual Patricia e Chantal, utilizan tecnoloxía analóxica e distintos formatos para a posta en escena que van desde o teatro de sombras máis clásico ó máis experimental, sempre creando imaxes en directo de xeito poético e artesán. A alma vertebral destas imaxes é a música creada e interpretada por Verónica específicamente para cada peza. No ano 2017 reciben o premio Fetén a mellor proposta plástica.

On el funambulista On é unha marioneta coa súa sombra que te levará a descubrir paisaxes sonoras e inesperados avatares. Poderás viaxar ao seu interior e acompañalo na busca do seu equilibrio. On o funambulista é un teatro de Sombras analóxico e artesán, que utiliza como linguaxe narrativa a imaxe proxectada e a música en directo. A súa peculiaridade é poder ver durante o espectáculo, a montaxe de cada unha das escenas que compoñen a historia. Decorados feitos a man, materiais dun só uso para cada función e melodías interpretadas por un acordeón, un piano e un metalofono que acompañan a On na súa viaxe. https://luzmicroypunto.wordpress.com/onelfunambulista-2/ https://www.luzmicroypunto.com/ @: luzmicroypunto@gmail.com Tf.: 627 09 60 58 (Patricia) – 677 45 36 76 (Chantal)


Marionetas Trécola Defínense como amantes dos títeres e obxectos como protagonistas da dramaturxia que aposta pola creación de espectáculos dende o seu comenzo, cunha clara filosofía de autoprodución. Marionetas Trécola fúndase no ano 1981 por Fernanda Cabrera e Rafael Vázquez, recuperando a tradición dos títeres e as marionetas de fíos para Galicia. Desde os inicios foi unha compañía que traballou por elevar a categoría artística dos títeres como ferramenta dentro da dramaturxia. Tras vinte anos de traxectoria falece Fernanda Cabrera. O seu fillo continúa co traballo escénico desta veterana compañía. Realizan traballos escenográficos, de iluminación, efectos especiais, dirección...

Tolitates Un persoeiro que irá atopando situacións e personaxes absurdas que loitan polo protagonismo nas táboas dun teatro. Un gran elenco informal e tolambrón que mostra pouco siso e seriedade no modo de actuar e provoca no público a gargallada continúa sen precisar media palabra. Mestura de obxectos, marionetas de fíos, bunraku e guiñol nun escenario cheo de segredos que ocultan ó titiriteiro.

http://marionetastrecola.com/ @: marionetastrecola@yahoo.es Tfno.: 657 70 49 29 (Isabel)


Títeres Cachirulo Creada en 1985 realizou máis de 35 montaxes combinando textos clásicos con autorías propias, dunha gran variedade técnica - marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa-. Conta cun importante traballo de creación e investigación con mestres do teatro de monicreques Francisco Peralta (España), Yang Feng (China), Guaira Castela (Arxentina) ou Chris Geris, da compañía belga Plansjet. En 1997 abre a Sala Yago en Santiago de Compostela, que permanece en funcionamento ata o 2007, galardoada co Premio Max das Artes Escénicas 2003 na categoría de Teatro Alternativo. Fundadores e editores da desaparecida revista Bululú. Funda a Asociación Cultural Barriga Verde, que xestiona e dirixe o Festival Internacional de Teatro de Monicreques Galicreques. Xunto a AGADIC crea o Premio Barriga Verde de Textos de Teatro de Monicreques, de carácter anual en dúas modalidades, infantil e adultos. Carmen Domech, integrante da compañía, ten diversas publicacións no ámbito da animación á lectura. Actualmente organiza a programación estable de teatro de monicreques na Fundación SGAE de Santiago de Compostela.

BRANCANEVES E OS 7 Recreación da historia de Brancaneves con teatro e marionetas de mesa talladas en madeira. A historia desenvólvese ao redor dunha gran lareira na que un vello rei que lembra as aventuras da súa pequena filla Brancaneves e os encontros que tivo cos misteriosos sete personaxes do bosque.

http://www.titerescachirulo.com/ @: cachirulo@titerescachirulo.com Tfnos.: 981 80 12 37 - 605 88 08 58 (Jorge Rey)


TITERENTROIDO 2019 Patrocina ● Concello de Lalín @: cultura@lalin.gal Tf. : 986 78 40 04 http://www.lalin.gal/ Organiza ● Viravolta títeres @: info@viravolta.es Tf. : 635 17 51 43 (Xulio Balado)- 645 13 70 31 (Anxo García) http://www.viravoltatiteres.com/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.