Page 1

PLAN LECTOR Curso 2011/12

IES PONTECESO


INTRODUCIÓN Tras anos traballando nas aulas decatámonos das claras deficiencias que moito do noso alumnado presenta á hora da comprensión lectora e expresión escrita Estas eivas poden provocar un aumento da falta de interese e abocar aos rapaces ao fracaso escolar que tentaremos evitar do seguinte xeito: .

a) Crear estímulos positivos que reforcen o gusto pola lectura. Esta tarefa debería integrar a toda a comunidade escolar e na que a familia ten un papel importante. Teríamos que tomar medidas para: 1. Practicar a lectura compartida 2. Crear espazos e situacións para familiarizarse cos libros 3. Usar a Biblioteca escolar 4. Facer partícipe á familia da lectura 5. Ofertar e facer publicidade dos recursos que ofrece a biblioteca á toda a comunidade escolar de forma atractiva.

b) Ensinar aos alumnos que a lectura é fundamental no proceso de aprendizaxe: para informarnos, aprender, gozar e opinar. c) O centro escolar e a biblioteca deben perseguir a idea de formar LECTORES COMPETENTES: que buscan información para decidir, valoran e seleccionan, saben interpretar o que len, reformulan e transforman contidos; escriben para expresar e comunicar. O profesorado debe dar resposta aos diferentes niveis e intereses lectores. Como responsables da súa educación temos que: 1. Dar sentido e obxecto ao feito de ler e escribir 2. Unir propósitos didácticos e comunicativos 3. Aumentar os tempos de lectura individual e en grupo.


OBXECTIVOS

1. Estimular o hábito da lectura, espertando a necesidade de ler desde as idades máis temperás (1º ciclo da ESO), e aproveitando que normalmente a esas idades aínda no están tan condicionados por outros estímulos externos como os ofrecidos por Internet. 2. Descubrir no alumnado a sensibilidade literaria, cultivar o gusto e pracer de ler, compensando a falta de estímulos familiares, sociais ou persoais. 3. Favorecer a relación íntima e persoal do alumno co libro. 4. Favorecer que os rapaces medren como lectores, descubrindo con eles os diferentes tipos de lectura: silenciosa, oral, individual e colectiva. 5. Favorecer a comprensión lectora mediante técnicas de traballo persoal e na aula, potenciando o uso dos diferentes tipos de dicionarios nas distintas áreas. 6. Implicar a todo o profesorado nas actividades, campañas ou experiencias programadas para potenciar o hábito lector nos nosos alumnos.

PROGRAMA DE MEDIDAS E ACTIVIDADES. 1. Actividades relacionadas coa lectura na aula.

BIBLIOTECA DE AULA. No primeiro ciclo da ESO os alumnos contarán coa súa propia biblioteca na aula. A biblioteca do centro abastecerá de materiais ás aulas, e tentará


ofertar unha ampla gama de títulos e temas para que os rapaces podan atopar sempre algún volume que lles resulte útil ou atractivo. Estas bibliotecas serán renovadas periodicamente e atendendo tamén aos gustos do alumnado , a parte de tentar integrar textos de carácter formativo ou divulgativo. Todos os profesores promocionarán o uso da biblioteca nas súas materias, podendo sempre contar coa biblioteca para adquirir novo material que podan necesitar.

HORA DE LER. Cada grupo disporá de 25 minutos de lectura silenciosa na aula cada día. Trátase de crear un tempo de lectura no que o propio alumno fai a súa elección. Todo o grupo máis o profesor len en silencio. O horario farase tendo en conta aos profesores que se impliquen no proxecto. A experiencia que comezou o ano pasado con bastantes bos resultados nos primeiros cursos da ESO tentarémola estender ao 3º curso a ESO para normalizar a actividade.

2. Programa de lecturas anuais. (ILC) Os Departamentos didácticos presentarán as lectura obrigatorias e voluntarias que o alumnado ten que ler cada curso e o alumnado fará exposicións orais sobre o lido. 3. Os alumnos participarán cos seus artigos nas diferentes publicacións do IES: X&Q, Londras e Arroaces, Mariantella, Blog da biblioteca (biblioaponte.blogspot.com) , etc

4. Biblioteca: PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN . O equipo da biblioteca, en coordinación co Departamento de Normalización Lingüística e demais departamentos didácticos: -

Programará encontros con escritores para animar á lectura da súa obra.


-

Organizará actividades de todo tipo arredor de celebracións específicas (Día da Poesía, Día da Paz, Día da Muller, etc) para fomentar a expresión escrita e a lectura (lecturas dramatizadas, lectura de poemas, etc)

-

Elaborará boletíns de orientación a lectura periodicamente.

-

Fomentará cada curso a creación de CLUBS DE LECTURA.

-

Convocará concursos literarios de poesía, relato curto, microrrelato.

-

Estimulará a creación de documentos audiovisuais en colaboración co departamento de TICs para facer recomendacións literarias, elaborar textos para curtas, anuncios…

Este programa de actividades implica a colaboración do profesorado e buscará tamén e sempre que se poida a participación das familias.

Plan Lector 2011-12  

Plan lector do IES Ponteceso

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you