Concurso cartas de amor

Page 1

I CONCURSONCURSO de CARTAS de AMOR e DESAMOR

Poema de Darío Xohán Cabana

CARTAS PREMIADAS Biblioteca e Equipo de Dinamización Lingüística IES de PONTECESO Curso 2011/12


Página 2

1º PREMIO MODALIDADE A


Página 3

Mesmo coa luz do sol dándome de cheo en toda a cara sigo a ver a escuridade, esa que se iniciou coa túa partida, e que dende aquela non me abandonou, incluso sendo verán sinto o frío daquel xaneiro no que ti e eu deixamos de ser nós. Recordo como rematou, como se consumiu aquel sentimento que denominabamos amor, como cada célula do meu limitado corpo se foi infectando dunha dose letal de dor, propagándose como un cancro de nostalxia e amargura que arrasou todo canto atopas. O meu inte‐ rior murchou, como fai a rosa no outono ou a larva para converterse en bolboreta, quizais no meu caso se fixo de forma inversa. O paso do tempo non me alivia, os sentimentos son os mesmos e o baleiro de cada día faise máis fondo, escuro e oco. Sen querelo convertícheste nunha necesidade vital, como respirar, como esa necesidade extrema de aire, que dende xa fai moito entra no meu corpo e sae del aínda máis tóxico, contaminándose do putrefacto do meu interior, sendo a túa presenza máis necesaria que o aire que só prolonga a agonía de vivir sen ti. Es plancto cósmico prescindible para este Universo cada día máis infinito, pero para o finito do meu ser ti es o eixo que me sostén, que terma de min sen deixar‐ me caer. Fun minguando como as fases da lúa, fun perdendo a cor e volvéndome máis miúda, mesmo semello un reflexo do pasado, unha sombra decaída sen vitalidade e sen vida, e malia iso a dor alíviame, demóstrame que existiches, que te quixen sen límites. A pesares da dor que iniciaches no meu interior pídoche un último favor, non me esquezas, non esquezas os momentos vividos ao meu carón, a area da praia, os bicos e a paixón. Non me esquezas cando peches os ollos e sintas o vento na caluga, as mans xeadas co frío e a néboa madrugadora rozándoche os beizos con amargura. Eu non te esquecerei mentres me queden forzas para recordar, e entón lembrarei aqueles espertares nosos, o teu brazo rodeándome pola mañá, a luz entrando polos cristais e a choiva pegándose aos cristais.

EVA VÁZQUEZ 2º Bacharelato B

I CONCURSO de CARTAS DE AMOR e DESAMOR


Página 4

2º PREMIO MODALIDADE B


Página 5

Ti, a forza que pode chegar a ter un pronome. Recoñécete culpable, culpable da miña tensión respiratoria, das miñas apresuradas palpita‐ cións, do encabuxar de bolboretas no meu bandullo, dos suores arre‐ piantes que percorren o meu corpo... Ti, a multiplicación de tanto me‐ nos por menos. Era o momento axeitado, sorríchesme, arroupáchesme entre os teus aloumiños e deixeime levar pola maxia que nos envolvía. Si, bicáchesme e fixeches que se me esgotase a respiración co impacto dos nosos beizos. Pura maxia: os paseos, os segredos, os sorrisos, as olladas inquedantes... A marabilla de ver como o Sol se recolle no seu niño e se ergue polas mañás e a desgraza de ver como todo torna escu‐ ro, negro, gris... arrepiante. O primeiro reflexo antes dos meus soños e agora, dos meus pesadelos. Agora si, culpable. Esta vez das falsas esperanzas, das pro‐ mesas incumpridas, dos “quérote” que nin ti mesmo crías. Un pronome que me mata nada máis escoitalo, un impulso para retroceder e non avanzar, unha ilusión por borrar da memoria todos os bos, agora falsos, momentos. Ollar como foxes e me deixas soa, sen forzas e sen alento. Ti, o sufrimento que me mata, o medo a non lembrarme do que era sentirte ao meu carón e que soubeses todo de min. Choro, choro de pena por crer que nesta vida tamén existen os espellismos. Querido ti, grazas por facerme ver que non só existen os impo‐ sibles, senón que detrás de cada un deles hai unha esperanza baleira.

UXÍA VARELA 2º Bacharelato B I CONCURSO de CARTAS de AMOR e DESAMOR


Página 6

1º PREMIO MODALIDADE B Ponteceso, 14 de febreiro 2012.

Bo día amor! Como estás? Eu hoxe erguinme tristeira. Non durmín moi ben

e sei que soñei contigo pero xa non me lembro do que pasaba. Mentres almorzaba fóiseme a mente ao verán pasado. Lémbralo? Unha tarde de sol que saímos coas bicicletas e fomos parar á ponte do río Pequeno. Facía calor e pasamos media tarde tratando de pillar un cabaliño do demo. Recordas o que me dixe‐ ches? Eu si, todo. Igual que lembro o día que fomos cazar grilos e meu avó ensinounos como sacalos do burato. Que divertido! Canto nos rimos! Tamén nos parecía entretido tratar de xustificar por que tal ou cal prado levaba ese nome “Agra da Cancela”. Agra si era pero cancela non tiña ningunha. Entre nós hai algunha? O verán rematou e de ti quedoume unha antiga pluma e un tinteiro. Marcha‐ ches estudar tan lonxe e eu aquí. Canto te boto de menos! Canta morriña me deixa‐ ches! Xa sei, xa sei que me queres moito e eu a ti tamén pero... cando chegue de novo o verán?

Hoxe ... erguinme tristeira.

Quérote moito. Bicos

Hilda Romero 1º ESO A


Página 7

2º PREMIO MODALIDADE B Xoves, 9 de febreiro de 2012

Querida amiga:

Si, acababa de chegar. Outra tarde de inverno, como todas as demais. Nada cambiaba. O vento sopraba como de costume, o meu can durmía na alfombra do corre‐ dor, as teclas do meu ordenador non paraban de soar... Todo coma sempre. E que non podía faltar nesa ordinaria tarde? As miñas ganas de chorar... Ese nó na gorxa que me acompaña dende a última vez que o mirei aos ollos, esa última vez, en que sen ceibar palabra lle dixen que o amaba. Dende aquel día sucederon moitas cousas. Nada era igual con respecto a el. Case non volvemos a falarnos e as poucas veces que o fixemos, as nosas conversas non eran aptas para ser escoitadas en horario infantil. Cada letra que me enviaba e vía re‐ flectida na pantalla do meu ordenador, cravábaseme na alma como un afiado puñal, que me ía mancando pouquiño a pouco. Cada vez que me ignoraba sentíame máis e máis pequena. Non podía seguir soportándoo. Estaba claro, el xa non me quería. Son como un xoguete esnaquizado, que xa non lle serve. E eu que? Só esperar a que o seu recordo se borre da miña mente, o seu aroma desapareza da miña pel, o seu sabor se esvaeza dos meus beizos…

ZAIRA TASENDE 3º

ESO B

I CONCURSO de CARTAS de AMOR e DESAMOR


biblioaponte.blogspot.comÂ


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.