Preguntas Semana 3

Page 1

SEMANA 3

PARA O EQUIPO DA BIBLIOTECA, POÑER EN MARCHA ESTE MARATÓN CULTURAL SUPÓN UN RETO. CADA SEMANA ESFORZÁMONOS EN POÑER PREGUNTAS QUE POIDAN RESULTARVOS INTERESANTES E QUE VOS OBRIGUEN A CONSULTAR OS NOSOS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS E MAIS OS RECURSOS DA REDE. PERO, ÁS VECES, SENTÍMONOS FRUSTRADOS AO VER COMO ALGÚNS “PARTICIPANTES” SE DEDICAN A AGOCHAR OS LIBROS E AS REVISTAS, IMPEDINDO ASÍ QUE OS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS POIDAN PARTICIPAR EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS NESTE XOGO; PORQUE O MARATÓN NON É MÁIS CA UN XOGO. DE PERSISTIR A ACTITUDE DALGÚNS E DALGUNHAS EN AGOCHAR OS LIBROS, VERÉMONOS NA OBRIGA DE CANCELAR O MARATÓN. POR ISO VOS PEDIMOS QUE XOGUEDES LIMPO. MOITAS GRAZAS. O EQUIPO DA BIBLIOTECA

NOME DO GRUPO:______________________________ 1.

Visita a páxina web do instituto. Nela infórmase que a biblioteca está a organizar a II Feira do Libro. A que ONG irán destinados os cartos que se recaden? Como se titula a entrada do día 16 de abril de 2012 do blog desta ONG? Resposta:

2.

En que ano nos sitúa a voz en off no inicio da obra teatral “Unha primavera para Aldara” de Teresa Moure? Resposta:

3.

Vai á sección de dicionarios en inglés. No dicionario VOX Chambers busca a palabra “actually”. Copia o exemplo que aparece na segunda entrada e tradúceo. Resposta:

4.

En que ano naceu o autor da obra de teatro con etiqueta

T MIH tre

?

Resposta: 5.

De que importante empresa galega actual foi impulsor o escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas e que cargo chegou a ocupar nela? Resposta:

6.

No blog de inglés (http://inglesnaponte.blogspot.com.es/). What is the moral lesson of “The Sheperd Boy who cried “wolf”? Resposta:


SEMANA 3 7.

No apartado de Recursos da web do Departamento de Lingua Castelá, nos enlaces de Literatura, aparece unha Antoloxía Poética Multimedia, que presenta unha selección de poemas. A que xénero pertencen os “anónimos”? Resposta:

8.

Que cita de Camões aparece no apartado “Triste Stephen” do poemario “Con pólvora e magnolias” de Ferrín? Resposta:

9.

Consulta o libro con etiqueta

65 CHO fab

. Cal é o seu título? Na súa páxina 70 aparece unha mensaxe

resaltada en cor gris. Que di?

Resposta: 10. Visita o blog do Departamento de Música. Cando se publicou a entrada titulada “A terra das mil orquestras”? Con que data sinalada coincidiu? Resposta: 11. Onde naceu a autora de “Herba moura”? Resposta: 12. Visita a páxina web da Consellería de Cultura e Educación (http://www.edu.xunta.es), sitúate na icona FP, preme para acceder e unha vez aí localiza o apartado “Coñece a FP”. Pincha en “Que título se obtén?” e determina cal é o título que se obtén superando un Ciclo Formativo de grao medio. Resposta: 13. De que material está feito o asento para peche de válvulas con altas presións de aire comprimido?

Búscao pola páxina 52 do tomo 2 do libro con etiqueta

62 MAN

.

Resposta: 14. Do 10 ao 13 de abril, celebrouse no noso centro a XII Semana Cultural. Que obradoiros realizaron os departamentos de Debuxo e Tecnoloxía para o alumnado de 1º de ESO? Resposta: 15. Na Sección de Música da biblioteca busca o libro que na súa portada ten a seguinte aclaración: “Todos los compositores, sus biografías y sus obras”. Escribe o título completo que aparece na portada, tal e como está, e o nome do seu autor. Resposta:


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.