X&Q maio

Page 1

BIBLIOTECA do IES de PONTECESO Boletín nº 12

MAIO 2012

X&Q Breves de cultura

O día 23 de abril “Día Internacional do Libro”, o artista e poeta Nicanor Parra, creador da antipoesía , recibiu o Premio Cervantes 2012 na Universidade de Alcalá de Henares en mans do seu neto Cristóbal Ugarte, quen substituíu a súa ausencia debido a súa avanzada idade. Segundo estudos recentes, agrándase a revolución do libro dixital coa creación de novos contidos máis atractivos e novas formas de edición e distribución a través de toda unha serie de aparatos e dispositivos de lectura, de manexo sinxelo e uso cotián. Todo un proceso de evolución que ve xurdir un tipo de lector que se está habituando a ler libros deste xeito. Falece o debuxante e humorista gráfico Antonio Mingote, tamén membro da Real Academia Española. Especialista en plasmar en todo tipo de superficies e a través de variadas personaxes o devir da realidade de España. Este ano 2012 o “Día das Letras Galegas” estará adicado a Valentín Paz Andrade, xurista, galeguista, empresario e poeta. O pontevedrés (1898- 1987) destacou sempre polo seu forte compromiso con Galicia en diversos ámbitos como o político, empresarial e literario (promotor de xornais coma Galicia ou El pueblo Gallego, impulsor da multinacional galega Pescanova…) A compañía de teatro ceense “Talía” acaba de ser galardoada nos coñecidos premios Max de artes escénicas pola súa obra “Pelos na lingua”, un espectáculo de humor que invita á reflexión sobre o noso idioma.

Sandwich Cultural

DISTINCIÓN LEER.ES O mes de marzo deparounos unha grata sorpre‐ sa: o centro virtual Leer.es, dependente do Minis‐ terio de Educación, Cultura e Deporte concedeulle ao noso instituto o selo “Buena práctica Leer.es” na modalidade de Bibliotecas Escolares. Este selo quere premiar aquelas propostas didácti‐ cas encamiñadas ao desenvolvemento da compe‐ tencia en comunicación lingüística que empreguen a Rede para a súa difusión e que merezan ser destacadas.

A nosa biblioteca foi premiada polo Itinerario Lector de Centro, que é un conxun‐ to de lecturas recomendadas polos diferentes departamentos.

FEIRA DE LIBROS Este ano convocamos no centro a II Feira de Libros de

Ocasión con merecido éxito; un mercado que se conver‐ te máis nunha festa de intercambio de libros que nunha transacción eco‐ nómica: vendemos libros a 0’50, 1, 2 e moi excepcionalmente a 3 € coa intención de recadar cartos para unha ONG: Bubisher, que cum‐ pre co fermoso obxectivo de levarlle libros aos rapaces dos cam‐ pos de refuxiados saharauís grazas a un “bibliobús” ao que eles chaman o Bubisher, ou o paxaro que trae a boa sorte. Agora ademais teñen unha biblioteca fixa nun dos campamentos, en Smara, e teñen que enchela … coa nosa axuda e coa doutros 120 colexios galegos seguro que o conseguen.


Páxina 2

X&Q nº 12

Música O libro

O Concerto Na semana cultural tive mos a grande sorte de escoitar en directo a Gui‐ llerme Fernández e Xabier Díaz, integrantes do famo‐ so grupo galego Berrogüeto que a parte de ofrecernos as súas perlas musicais e bo humor, tiveron o detalle de doar tres cedés á biblio inzados de dozura e agarimo musi‐ cal.

Respecto ás novidades litera‐ rias, cómpre salientar o libro de Fernando Navarro, Acor‐ des Rotos, indis‐ pensable para coñecer a vida e a obra de emblemáticas figuras da música popular urbana coma Janis Joplin, Jimie Hendrix, Buddy Holly ou Charlie Parker, entre outros.

CINE

Nos cines

Na biblioteca Non é país para vellos. Irmáns Coen O filme comeza cando Llewelyn Moss atopa unha camioneta rodeada de varios homes mortos. Na parte traseira hai un cargamento de heroína e dous millóns de dólares. Decide non desaproveitar ese tesouro caído do ceo, mais non comprende que a partir dese intre se pro‐ ducirá unha reacción en cadea na que a violen‐ cia será a protagonista. Entre os actores prota‐ gonistas debemos destacar a Javier Bardem, o cal borda o papel dun asasino a soldo

Coma home‐ naxe á cantante americana de música Soul, Etta James, falecida en xa‐ neiro, recomen‐ dámosvos este cedé: Call my name… Quizais non vos soe moito o seu no‐ me pero unha vez que a escoitedes, non a esqueceredes.

O disco

.

Intocable. Olivier Nakache e Eric Toledano. Philippe é un home rico que pertence á clase social alta. Porén, a súa vida cambiará para sempre o día no que ten un aparatoso accidente de parapente que o deixa en cadeira de rodas. Agora non pode facer nada por si mesmo, así que terá que contratar a un asistente para que lle axude a des‐ prazarse e a coidar del na casa. Esa persoa que que‐ da ao seu cargo é Driss, un rapaz de cor necesitado de cartos que procede dun barrio marxinal e que acaba de saír do cárcere. Philippe e Driss atoparán un no outro a ilusión que lles fai falta nas súas vi‐ das. Separados son febles e fráxiles; xuntos son intocables.

Críticas literarias O novelista francés Eric Orsenna converte a lingua e o mar en protagonistas da súa obra “La isla de las palabras”, un rela‐ to orixinal que nos amosa case inconscientemente que cada lingua é un prezado tesouro ao que debemos dar vida cada día, coidán‐ doo e loitando por conservalo. Nel os irmáns Juana e Tomás come‐ zan as súas vacacións viaxando nun cruceiro rumbo a América. Unha inesperada tempestade provoca o naufraxio do barco e o vento airado arrebátalles todas as súas palabras deixándoos mu‐ dos. Cando recobran a conciencia, atópanse nunha praia na Illa das palabras onde coñecen ao señor Enrique quen lles axudará a recu‐ perar a súa linguaxe: visitarán tendas de palabras para poetas, para namorados, para amantes dos animais ou das etimoloxías; coñece‐ rán á “nomeadora”, a muller máis vella da illa que rescata do es‐ quecemento palabras case desaparecidas; irán a cidade das pala‐ bras coas súas tribos de nomes, adxectivos, verbos… e, finalmente, chegarán á fábrica onde recuperarán definitivamente a súa habili‐ dade para empregar a gramática.

Contos por palabras, Agustín Fernández Paz Agustín Fernández Paz escribe un orixi‐ nal conxunto de oito contos breves, de temática variada, pero que teñen algo en común: todos os relatos están baseados en anuncios por pala‐ bras que aparecen na prensa. Partindo de frases tan habituais nestes anuncios como “¿desexa vostede atopar parella?” ou “Urxe manicura”, o autor demostra a súa gran capacidade creativa e o seu gusto por trocar o normal e cotiá en algo máxico e fantástico. Animádevos e veredes como os contos primeiro provocan curiosida‐ de, logo sorprenden e, por último, fan que te divirtas un anaco.


Páxina3

Día dos namorados Para celebrar o Día de San Valentín, a Biblioteca e o Departamento de Normalización organizaron o I Concurso de Cartas de Amor e Des‐ amor. Nesta ligazón, http://biblioaponte.blogspot.com.es/2012/03/cartas ‐premiadas.html, podedes ter acceso ás fermosas cartas gañadoras do concurso, escritas por Hilda Romero (1.º ESO A), Eva Vázquez de (2.º BACH. B), Uxía Varela (2.º BACH. B) e Zaira Tasende (3.º ESO B). De esquerda a dereita: Hilda, Zaira, Uxía e Eva

E con Paula a de música Que de Asturias vén Cando goza de Vivaldi Todos pensan “Que, que, que!” Mari Carmen , a de ciencias Sempre está coa bata branca Moitas veces en vez de mestra Parece unha pediatra. Emma de galego estanos sempre dicindo Non faledes castelán Falade o voso galego Que ben bonito é A de “caste” que é Gelines Éche moi faladoriña Como lle quites un tema tes para unha temporadiña Ó de “mate” que é Platero Non lle tomas nin un pelo Sumas, restas e quebrados Xa nos ten moi mareados Somos “vaianimalada” E hoxe vimos animar Con risiñas e palmadas Este vello festival

O Entroido no instituto Polo Entroido este ano pensouse que ademais dunha festa de cor e máscaras choqueiras poderíaselle dar unha nota un pouco máis “cultural” ao evento e a tal efecto convocouse un concurso de disfraces e coplas no que os participan‐ tes deberían compoñer unha canción que fixera referencia ao disfrace que levaban. Velaquí tedes a copla gañadora deste I Concurso de Coplas de Entroi‐ do. Foi elaborada polo seguinte alumnado de 2º B de ESO: Andrea Espasandín, Paula Blanco, Lucía Collazo, June Carabel, Elisa Figueroa, Natalia Aguiar, An‐ drea Calvo e Miguel Pose. Parabéns a todos os participantes e que renda o exemplo para a vindeira edi‐ ción do concurso. Que non só de disfraces vive o home …

Os flamantes gañadores

O 8 de marzo celébrase o Día Inter‐ nacional da Muller. Como cada ano, as profesoras e conserxes do instituto caracterizáronse de mulleres que, dun xeito ou doutro, deixaron a súa pega‐ da neste mundo de homes. Desta volta a exposición está formada por quince mulleres e aínda a podedes ver no corredor que leva á biblioteca e na páxina web do centro. Descubrire‐ des a escritoras, científicas, deportistas, artistas, empresa‐ rias, activistas políticas, xornalistas e mesmo as primeiras mulleres que casaron en Galicia.

Día da muller


X&Q nº 12

A Semana Cultural Esta semana da cultura no IES de Ponteceso correspondeu un ano máis a un esfor‐ zo por parte de toda a comunidade educativa que entende as actividades culturais como parte imprescindible da formación das persoas. Falamos dunha morea de actividades que intentaremos describir neste pequeno curruncho e que consistiron principalmente en char‐ las, concertos , cine e obradoiros. No apartado de CHARLAS tivemos as visitas de numerosos persoeiros e importantes figuras da ciencia e a cultura do noso país sen esquecer a valiosísima información con respecto aos seus estudos universitarios que algúns dos nosos ex alumnos aporta‐ ron aos que están a piques de iniciar unha andaina universitaria. Así pois puidemos gozar da presenza do noso querido Ángel Carracedo, que un ano máis tivo a deferencia de vir falar cos alumnos de bacharelato sobre o cam‐ po científico no que desenvolve o seu labor profesional, a xenómica. Moi interesante tamén foi a charla que

José Antonio Argibay ofreceu ante alumnado dos ciclos sobre o grupo de Emerxencias Galicia 112 ao que per‐ tence. Impresionante sen dúbida a conferencia do Lama Gueshe Tenzin Tamding pola singularidade dunha charla que versou sobre as cinco áreas maiores do coñecemento bu‐ dista. María Arochena , produtora da galardoada película de animación “Arrugas” falounos das reviravoltas que leva a actividade da produción cinematográfica. A profesora Mª José Santé deu unha charla sobre nutrición na que nos falou dos nu‐

relatou aspectos da súa experiencia profesional . A ONG “Implicadas polo Desenvolvemento” falaron do seu proxecto a prol da erradicación da pobreza e a mellora das condi‐ cións de vida das mulleres no 3º mundo. O escritor Luis Rei presentou

O lama Geshe Tenzin

a súa última novela : “Cita en Fiste‐ rra” e a Garda Civil faloulle aos alum‐ nos de 3º e 4º de ESO sobre o acoso escolar.

Ángel Carracedo

trientes . Isabel Risco, actriz, . Luís Rei Núñez

En canto aos OBRADOIROS, temos que dicir que foron moi ben valora‐ dos pola rapazada . Foi un auténtico despregue de imaxinación e partici‐ pación por boa parte do profesorado do centro que fixo as delicias do alumnado … e falamos literalmente, ou acaso non chuparon os dedos os participantes do obradoiro de cociña en inglés? Pero vaiamos por partes. O alumnado de 1º e 2º de ESO gozou traballando co feltro e facendo relo‐ xos grazas aos departamentos de debuxo e tecnoloxía. Tamén ficaron abraiados coa mostra de “Matemáticas máxicas” que prepa‐

E por fin rematamos este relato falando dos CONCERTOS, CINE e TEATRO que gozamos. Viñeron”darnos a nota” Xabier Díaz e Guiller‐ me Fernández, compoñentes do grupo folk Berrogüeto. Ademais de compartiren connos‐ co uns momentos musicais marabillosos, aga‐ salláronnos cuns CDs coa súa música que está á vosa disposición na biblioteca. O Dúo ucraíno Roxolana sorprendeu a todos pola voz da solista e pola súa profesionalidade. Tivemos tamén unha mostra de cine árabe explicado polo palestino Sami Ashor. E xa por parte dos nosos alumnos, tivemos un magnífi‐ co concerto de Músicas do Mundo ante o

rou Antón Pastur e bailaron nunha bonita actividade dedicada ás Danzas do Mundo e impartida por Carlos Conde, profesor de EF en Cabana. Os de 2º tamén tiveron a oportunidade de elaborar carteiras con Mª José e Nacho e recibiron a visita dun grupo de redeiras de Malpica da asociación “O Fieital”. A rapazada de 3º de ESO contou coa presenza dun ex alumno, Hadrián Suárez, que lles preparou un obradoiro de habilidades sociais moi interesante e foron, xunto cos rapa‐ ces de 4º que non foron á excursión, dos poucos afortunados que cociña‐ ron en inglés canda a nosa profesora irlandesa. Para o estresadísimo alum‐ nado de Bacharelato houbo unhas sesións de Ioga e Taichi impartidas

María Arochena

por Juan Lista e Miguel Anxo Martí‐ nez respectivamente. Quen da máis?

alumnado da ESO, amenizado con textos e proxeccións preparadas polo EDNL . Por outra banda, os alumnos Abraham Cousi‐ llas e Sergio Haz deron unha clase sobre os instrumentos que eles tocan: a batería e a guitarra. E, por último ,falarvos dunha activi‐ dade realizada por alumnos e alumnas da ESO ante uns visitantes moi especiais: Os pequerre‐ chos do CRA de Ponteceso, que gozaron das interpretacións dalgunhas das fábulas de Esopo en inglés. Non deixedes de visitar as exposicións que son resultado dos obradoiros, como os “instant books” que están colgados na biblioteca ou os reloxos que decoran a feira de libros.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.