11 de decembro - Barrios

Page 1

Entrevista a Teresa Barge, alcaldesa da Bola [páx. 16]

TEMA DO MES P.2-3 Facemos balance de 2014, e do que nos agarda en 2015

VERÍN

Páx.4

O vandalismo cébase co parque infantil da rúa Carmen Estévez

ALLARIZ

Páx.11

‘In-House’, elixido mellor xardín do FIXA 2014

Nova ponte sobre o Limia [páx. 10]

CELANOVA Páx.14 O centro de saúde contará cunha matrona en xaneiro

DEPORTES

Páx.18

Victorias para Iván Feijoo (BTT) e as atletas do EDC Verín

Os concellos preparan o Nadal [páx. 20-21]

A ponte sobre o río Limia en Xinzo foi ensanchada e conta agora con dous carrís e beirarrúas. /M.REJO.

Obradoiro de elaboración de estrelas con materiais naturais na Praza de Abastos de Allariz./P.L

Número: 8 - Ano: IX - Decembro 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Decembro de 2014

ESPECIAL BALANCE 2014

As autoridades fan balance do ano

4 A recuperación económica é un dos desexos máis nomeados para 2015 entre os representantes políticos e sociais de Ourense. Os alcaldes de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova adiantan algúns proxectos concretos para os seus municipios. Tamén coñecemos a valoración do subdelegado do Goberno, do delegado da Xunta en Ourense, do bispo de Ourense e do responsable da Cruz Vermella. Redacción A piques de despedir o 2014, os alcaldes de Allariz, Celanova, Verín e Xinzo, xunto a outros representantes políticos e sociais da provincia fan balance deste ano e achégannos os seus desexos para o próximo.

tando un 80% dos residuos que producimos. Agardamos, tamén, un novo impulso local consolidados os referentes nos que Allariz ten destacado como a produción de carne de boi e as súas xornadas, o mercado da Reserva da Biosfera ou a comercialización dos nosos produtos; así como tamén agardamos que todos os veciños e veciñas poidamos gozar da ampliación dos vestiarios e ximnasio da piscina municipal”.

FRANCISCO GARCÍA, ALCALDE DE ALLARIZ

Que balance fai deste 2014 no que á súa xestión como alcalde de Allariz se refire? F.G.: “Da actividade municipal destacaría o espírito da revolta do 89 que segue vivo, apostando por un concello ao servizo do pobo, centrado, neste momento, na dinamización económica, na xeración de emprego e na calidade dos servizos públicos dos que son bo exemplo, no 2014, o novo colexio de educación infantil e a capacidade de atracción turística que Allariz segue mantendo”. Que agarda do 2015? F.G.: “Agardamos conquerir un cambio importante no tratamento de lixo para facer de Allariz un concello modelo aprovei-

JOSÉ LUIS FERRO, ALCALDE DE CELANOVA

Que balance fai deste 2014 no que á súa xestión como alcalde de Celanova se refire? J.L.F.: “Conseguimos que este ano fose un ano de calma política; isto supuxo que a nosa dedicación en canto a xestión dos problemas dos nosos veciños fose total. En colaboración con outras administracións logramos importantes melloras en infraestruturas básicas para o noso Concello, así como dous obradoiros de xestión turística e cultural que están xa supondo que teñamos un grupo de

mozos e mozas que coñecen totalmente o noso patrimonio e que pronto estarán traballando e vivindo dos nosos recursos turísticos. Tamen houbo xestións que polo de agora non deron froitos, a pesar de que traballamos moito para lograr a implantación dunha empresa que lograse minorar a sangría do desemprego que nos afecta a todos e tamén para conseguir que a iniciativa privada cubrise o baleiro hoteleiro da nosa vila, non o conseguimos. A nivel económico, no que é o Concello, a casa de todos, estou moderadamente satisfeito, continuamos sen ter déficit, non tivemos que acollernos a ningun plan de pago a provedores e rebaixamos o gasto corrente. Mantivemos os servizos que prestamos aos nosos veciños e estamos rematando nestes días o proceso de contratación de cinco persoas que nos axudarán a mellorar aínda máis eses servizos”. Que desexa do 2015? J.L.F.: “Queda moito camiño por andar pero imos pola boa senda, seguiremos traballando para alcanzar as metas que non logramos conquerir este ano. Quero transmitirlle aos meus veciños que temos un proxecto de futuro para Celanova, sabemos que podemos vivir e mellorar economicamente grazas ao turismo e á cultura. Ofrezo traballo e dedicación e sobre todo serenidade e estabilidade”.

JUAN MANUEL JIMÉNEZ MORÁN, ALCALDE DE VERÍN

Que balance fai deste 2014 no que á súa xestión á fronte da alcaldía de Verín se refire? J.M.J.M.: “O 2014 foi un ano no que se executaron importantes infraestruturas no noso municipio, como a ampliación en máis de 70.500 metros cadrados do parque empresarial de Pazos, traslado da subestación de Fenosa-Gas Natural, realización dunha nova sala de exposicións e oficina de turismo, reforma do albergue de peregrinos, revalorización do patrimonio turístico e natural a través do PCT ‘Puertas de Galicia’ e AECT Eurocidade, así como o inicio da construción do Centro das Artes de Verín. Todo isto sen esquecer o apartado social, onde se incrementou un 15 % o gasto social no orzamento para este ano, ademais de promover actuacións destinadas á infancia, persoas maiores e colectivos desfavorecidos”. Que desexa do 2015? J.M.J.M.: “No ano 2015

poremos en funcionamento outros proxectos relevantes para os nosos veciños, como o inicio da construción da escola infantil a partir de xaneiro, xeriátrico, Centro de Formación TurísticoTermal e de Investigación da Auga Transfronteirizo, nova fase de ampliación do polígono de Pazos, impulsar o patrimonio termal coa revalorización de Caldeliñas e Cabreiroá, así como pechar os últimos puntos para compartir a sanidade entre Chaves e Verín, e existencia dun transporte que una o barrio sur e norte da Eurocidade”.

ANTONIO PÉREZ, ALCALDE DE XINZO

Que balance fai deste 2014 no que á súa xestión á fronte da alcaldía de Xinzo se refire? A.P.: “Para nós foi un ano complicado porque tivemos que afrontar un pago a provedores onde o 50% das achegas do Estado estaban retidas, 900.000 euros menos de ingresos, e tamén polo motivo da crise en xeral que se notou na

falta de ingresos por taxas. Hoxe témolo superado. Con todo, houbo moitas inversión a un nivel impensable, a pesar da etapa de crise e de recursos menores noutras admnistracións”. Que desexa do 2015? A.P.: “Espero que a crise sexa menos gravosa, pois a pesar de que os datos macroeconómicos van ben, de momento non se notou nas entidades locais e nos cidadáns de a pé. A ver se 2015 é o ano da recuperación e os petos dos comerciantes e dos veciños o notan”.

ROBERTO CASTRO, SUBDELEGADO DO GOBERNO EN OURENSE

Que balance fai deste 2014 no que á súa xestión se refire? R.C.: “Neste 2014 que remata, como subdelegado do Goberno considero que o balance é positivo, fuxindo –iso si- de calquera triunfalismo. As diferentes unidades da Administración Periférica do Estado na provincia de Ourense (Avogacía do Estado, Defensa, Axencia


ESPECIAL BALANCE 2014

Tributaria, Facenda, Catastro, Tráfico, INSS, Tesourería X. da S.Social, SEPE, Inspección Provincial de Traballo e Inmigración, Dirección Provincial de MUFACE, Dirección Provincial do INE, Xefatura Provincial de Inspección e Telecomunicacións, Unidade de Estradas do Estado, Fondo de Garantía Salarial- FOGASA, Centro Penitenciario, Confederacion Hidrográfica Miño-Sil, Observatorio Meteorolóxico de Ourense) teñen cumplido os seus cometidos. Mención especial merecen as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Garda Civil e Policía Nacional), que co seu bo facer, a súa profesionalidade e entrega vocacional, seguen mantendo a provincia segura, como mostran os índices de criminalidade. Particularmente significativa é a colaboración entre os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, coas Policías Locais –nomeadamente a de Ourense- e tamén coa Unidade de Policía Nacional, Adscrita á Xunta de Galicia (Policía Autonómica)”. Que desexa do 2015? R.C.: “Manter a mesma liña que, en esencia, tenta o mellor servizo á cidadanía. Agardase que as organizacións sindicais e os diversos colectivos sociais sigan a propiciar a defensa dos intereses das persoas e colectivos, con riguroso respecto pola cidadanía, no que se refire a manifestacións, concentracións, etc. sen entorpecer a vida cidadá, nin moito menos provocar destrozos en bens públicos e/ou privados. Asemade, as medidas que está a impulsar o Goberno do Estado permitirán que a economía repunte, e a situación dos cidadáns mellore”.

Que balance fai deste 2014 para o Bispado de Ourense? L.L.: “Puidéronse acadar algunhas metas das propostas para este curso; sen embargo, temos moito camiño por diante. Logramos que o Papa nos concedese un Ano Xubilar Mariano para a nosa Diocese; púidose abrir ao culto o santuario dos Remedios; abriuse o V Centenario do nacemento de Santa Teresa; déuselle un forte impulso á pastoral familiar coa creación da Escola de Pais. Cubríronse algúns obxectivos de Cáritas diocesana; déuselle un bo empurrón ás obras de restauración da Catedral... Pero sería bo para todos poder contar máis coas institucións para manter en mellores condicións o noso patrimonio histórico-artístico”. Que desexa do 2015? L.L.: “Entre mans temos o gran proxecto de Ourense en misión con María e o comezo da Visita Pastoral á Diocese. Agardo que esta sexa unha ocasión para a revitalización das nosas comunidades. A principios deste ano imos celebrar un Congreso sobre a Vida Consagrada. Pido a Deus que os actos programados con motivo do Ano Xubilar Mariano, no santuario dos Milagres, sexan moi participados e agardo que a novena deste ano 2015

Redacción

JOSÉ LUIS SANTOSASCARZA, PRESIDENTE PROVINCIAL DE CRUZ VERMELLA

ROGELIO MARTÍNEZ, DELEGADO DA XUNTA EN OURENSE

Que balance fai deste 2014 no que a súa xestión se refire? R.M.: “Un ano máis desde a Delegación da Xunta intentamos aplicar a política de austeridade na administración para poder gastar máis na atención dos cidadáns. Cómpre salientar o esforzo que fixemos para manter os servizos sociais e para executar o maior número s de infraestruturas que beneficiasen directamente aos cidadáns”. Que desexa do 2015? R.M: “Desexo que sexa pródigo e nel se materialicen as expectativas persoais e as ilusións compartidas por todos os ourensáns. A Xunta traballará para achegar a todos as oportunidades de progreso e benestar. Ademais, agardo que o 2015 sexa o ano no que se conclúan os proxectos iniciados tempo atrás e que contribuirán a que esta provincia poda ollar á recuperación”.

2014, mes a mes

sexa predicada polos bispos de Galicia e do Norte de Portugal. Desexaría poder abrir algún centro de culto nos barrios da nosa cidade para levar a cabo de mellor maneira a labor evanxelizadora da Igrexa, e poñer as bases de varios centros de atención pastoral nalgúns lugares da Diocese”. MONSEÑOR LEONARDO LEMOS, BISPO DE OURENSE

BARRIOS Decembro de 2014

Que balance fai deste 2014 para Cruz Vermella? J.l.S-A.: “O 2014 foi un ano no que Cruz Vermella seguiu traballando de forma intensa con colectivos en situación de vulnerabilidade. Un labor que se realizou a través de 40 proxectos levados a cabo grazas ao traballo do voluntariado de cada unha das asembleas comarcais de Cruz Vermella, aínda que centrou especialmente os seus esforzos en axudar a persoas maiores, infancia e familias afectadas pola crise. Neste sentido destacan xunto coas intervencións na área de emprego, as axudas económicas e entregas de produtos de hixiene e alimentación”. Que desexa do 2015? J.l.S-A.: “Espero que a situación socio-económica vaia mudando e se traduza en novas oportunidades para as persoas coas que o voluntariado de Cruz Vermella traballa cada día fortalecendo as súas competencias persoais e laborais. A nosa misión é acompañar a estas persoas que necesitan un apoio, ata que saian da situación na que se atopan e poidan continuar camiñando por si mesmas. Algo que facemos grazas á solidariedade do voluntariado, dos socios e dos colaboradores, que precisamos sigan aumentando”.

Comezábamos o ano no periódico Barrios entrevistando á edil ‘díscola’ de Celanova, Monse Álvarez, que explicaba a súa saída do PP e a súa nova etapa como concelleira non adscrita. En febreiro xulgábase o crime do chofer de Verín nan Audiencia Provincial, e pouco despois coñecíase a sentenza que declaraba culpables á ex muller da vítima, Bernardino Pousa, á súa filla, á ex parella desta e ao sicario portugués autor material do asasinato. No número de marzo anunciábase a construción dunha rotonda en Xinzo, no cruce entre a estrada Xinzo-Bande, a pista da Armada e a OU-1112, considerado un punto negro. En abril presentábase a Agrupación Europea de Coooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín, un novo paso na colaboración e xestión conxunta de servizos entre ambas localidades. En maio, facíamonos eco das declaracións da directora xeral de Turis-

mo a raíz da polémica polas obras de rehabilitación do Castelo de Monterrei, afirmando que o 83% do recinto seguiría sendo visitable trala reforma e a súa conversión en Parador. En xuño o Concello de Verín aprobaba a adxudicación da construción do Centro Cultural e das Artes. No mes de xullo, a manifestación en defensa do xulgado de Xinzo era imaxe de portada do periódico Barrios, mentres que en agosto, eran as mil alegacións contra a planta asfáltica de Parada de Ribeira, Xinzo, as que ocupaban parte da nosa portada. No mes de setembro recollíamos a visita histórica dos Reis de España, Felipe VI e Letizia, a un colexio ourensán, o Ben-Cho-Shey do Pereiro de Aguiar. En outubro, a ministra de Fomento e o presidente da Xunta visitaban as obras do AVE na nosa provincia, en concreto o túnel do Espiño na Gudiña. E en novembro, entrevistábamos ao presidente da CHMS, Francisco Marín, que nos informaba das iniciativas para reducir a contaminación no río Limia.

Don Felipe e Dona Letizia cos escolares do Ben-Cho-Shey.

Manifestación en defensa dos xulgados en Xinzo.


BARRIOS Decembro de 2014

EN BREVE

4 O PSOE de Vilardevós, contra o tenente-alcalde O PSOE de Vilardevós denuncia que o actual tenente-alcalde popular do seu Concello “segue facendo traballos para a institución local a través da súa empresa, esta vez colocando postes de tendido eléctrico en pobos co seu camión- grúa”, aseguran. Os socialistas critican tamén a súa política de persoal, “que no caso da axuda a domicilio faise a dedo, é a segunda vez que contrata a súa irmá no programa de axuda a domicilio non atendendo aos principios de igualdade mérito e capacidade, como sería de esperar”. Insisten en que esta política de persoal reiterada levou a que o alcalde e o tenente-alcalde estén investigados e imputados no xulgado de Verín.

4 Novo servizo de ofertas de emprego na web do Concello de Verín Co obxecto de potenciar a función de intermediación entre os demandantes de emprego e o mercado laboral, os departamentos de Desenvolvemento Local e Orientación Laboral do Concello de Verín acaban de pór en funcionamento un novo servizo de ofertas de emprego na web municipal (www.verin.es). Na mesma, os interesados poderán atopar información sobre ofertas públicas de emprego, do sector privado, formativas ou bolsas, entre outras cuestións. Este novo servizo tamén oferta a posibilidade de suscribirse ao envío de devanditas ofertas.

VERÍN E COMARCA

O vandalismo cébase co parque infantil da piscina climatizada de Verín 4 A instalación aínda non estaba rematada e foi queimada na noite do 6 de decembro. Redacción O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, amosou o seu gran malestar polo acto vandálico que queimou o novo parque infantil que se está a construír nas inmediacións da piscina climatizada, na praza Carmen Estévez. “Estou indignado, porque aínda que todos os fines de semanas hai estragos, nunca se chegou ata este nivel, é bochornoso. Por iso pido colaboración cidadá para que se poida coller dunha vez a estes vándalos, e cando teñan que abonar do seu peto estes desperfectos non os volverán facer, xa que isto

non é por roubar senón por facer dano e perxudicar a todos os veciños e veciñas”, asegurou o rexedor. Tamén recordou que “se as persoas que fan isto son de Verín que saiban que eles o están pagando, porque a reparación destes desperfectos sae do orzamento xeral do Concello, é dicir, do peto de todos os verineses”. O incendio provocado tivo lugar durante a noite do sábado 6 de decembro e obrigou a intervir a efectivos da Policía Local e do Consorcio contra Incendios e Salvamento da comarca de Verín, que impediron que as lapas se estenderan ao pavillón de deportes anexo. Os danos causados obriga-

ron a substituír o material danado por un novo, en concreto o chan e o valado externo. A empresa adxudicataria traballa xa para arranxar os desperfectos e que a área infantil poida ser aberta oa público. Ademais da remodelación do anterior parque infantil, o proxecto contemplaba a construción de novos xogos, así como a adecuación da área traseira da piscina climatizada.

“Cando os vándalos teñan que abonar os desperfectos non o volverán facer”, afirma o rexedor

Os vándalos queimaron parte do novo parque infantil verinés, obrigando a intervir a Policía Local e Consorcio de Bombeiros para evitar que as lapas se estenderan./CEDIDA.

Momento da xornada de traballo./RAMSÉS

A AECT ChavesVerín, exemplo da cooperación sanitaria

Redacción A sede da AECT Eurocidade Chaves-Verín acolleu a realización do Workshop “Asistencia Sanitaria no Contexto Transfronteirizo: Custos e Oportunidades”, destinado a sentar estratexias conxuntas en materia de asistencia sanitaria transfronteiriza, a través da realización dunha xornada de traballo en dous niveis

(político e técnico) cos actores principais da UE, Galicia e Norte de Portugal. A xornada articulouse en torno a tres paneis: no primeiro foron analizados os impactos da aplicación da Directiva Europea; no segundo, a mobilidade transfronteiriza do persoal sanitario; e no terceiro abordáronse “case-studies” de asistencia sanitaria transfronteiriza.


VERÍN E COMARCA

A Carta Erasmus de Educación Superior Europea para o IES García Barbón O IES García Barbón de Verín vén de recibir a concesión da Carta Erasmus de Educación Superior. Este documento lexitima a este centro, no que se imparte o Ciclo Superior de Administración e Finanzas, como un Centro de Educación Superior recoñecido a nivel internacional. Europa certifica así a calidade das actividades de colaboración transnacional que o García Barbón pode desenvolver no marco do programa Erasmus + ata o ano 2020. Do mesmo xeito, ábrense as portas a alumnado e profesorado do centro para solicitar e participar en novas experiencias de mobilidade de persoal, vinculadas coa aprendizaxe e a colaboración en materia de innovación e boas prácticas educativas

a nivel europeo. Por último, engádese unha importante oportunidade para que o alumnado do centro complete a súa

formación realizando prácticas profesionais en empresas doutros países membros da Unión Europea.

4 Actividades extraescolares O 19 de decembro o IES García Barbón de Verín levará a cabo unha mañá de actividades extraescolares, coincidindo co derradeiro día lectivo do 1º trimestre e a entrega de cualificacións da maioría dos grupos. Ofreceráselle ao alumnado una serie de actividades na que calquera poderá participar. Con antelación instalarase una mesa de rexistro no vestíbulo do centro durante as horas de recreo para que poidan ver a oferta de actividades e apuntarse a aquelas que máis lles interese. A lista de actividades incluirá as seguintes: - Fútbol 7 (celebrarase esa mañá unha liguiña entre equipos de alumnos que conduza a seleccionar o equipo que se enfrentará ao combinado de profesores). -Brilé, baloncesto, tiro con arco a cargo do Club escolar Arqueiros de Verín. -Obradoiro de adornos de Nadal, obradoiro de papiroflexia, obradoiro de ebru, pintura turca sobre auga. -Ping-pong, pádel, karaoke no salón de actos do centro . Ao final da mañá haberá unha entrega de premios simbólica.

BARRIOS Decembro de 2014

EN BREVE

4 Nova edición do Club da Calceta ‘Tecendo Soños’ Dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal de Verín iniciouse, o 4 de decembro, a segunda edición do Club da Calceta ‘Tecendo Soños’, destinado a converterse nun lugar de encontro entre as persoas interesadas en compartir estar labor tradicional. Esta iniciativa, que terá lugar no edificio municipal do Lavadoiro (Escola de Familia), estará dividida en dous grupos: un ás 16 e outro ás 18 horas. A mesma está aberta a todas as persoas interesadas na aprendizaxe da calceta, sen límite de idade ou sexo, que busquen compartir o seu tempo de lecer nesta actividade, que nos últimos meses está a estenderse como unha alternativa lúdica por diversas cidades do país. Para a mesma, de carácter gratuíto, será necesario que cada participante aporte os materiais que precise para desenvolvela. [+ info no 988 41 47 76]

4 Diego Lourenzo, candidato a alcaldía de Verín polo BNG

Asistentes ás Xornadas de Información Académica do IES García Barbón.

Éxito das Xornadas de Orientación para o emprego Baixo o lema “Constrúe o teu futuro” tiveron lugar no instituto García Barbón as Xornadas de Información Académica e Orientación para o emprego, que acadaron unha forte repercusión na comarca de Verín. O centro organizador quere dar as grazas a todas as persoas que colaboraron e felicitar ao alumnado polo seu excelente comportamento e activa participación.

Diego Lourenzo Moura vén de ser presentado como o candidato do BNG á alcaldía de Verín para as vindeiras eleccións municipais de 2015. Técnico superior en Administración e Finanzas, titulado pola Universidade de Vigo en Administración e dirección de empresa, e moi activo nos movementos estudantís, Diego é concelleiro en Verín dende 2011, forma parte do Consello Nacional do BNG dende 2013 e ata fai unhas semanas era responsable de Galiza Nova na comarca de Monterrei e membro da súa Dirección Nacional. Agora, afronta o reto de optar á alcadía con “ilusión e con moitas gañas de traballar polo benestar dos veciños de Verín”. Coñecedor da responsabilidade que asume, ponse á disposición de todos os seus veciños para que lle transmitan “as súas necesidades, iniciativas e inquedanzas”, apostando firmemente por unha xestión municipal para as maiorías sociais .


BARRIOS Decembro de 2014

VERÍN E COMARCA

A Xunta renovará o abastecemento das Vendas da Barreira, no Concello de Riós

IV Pleno Infantil en Verín 153 alumnos de 6º de Primaria dos colexios Princesa de España, Amaro Refojo e María Inmaculada e de 1º de ESO do centro Apostólico Mercedario participaron no IV Pleno Infantil celebrado o 28 de novembro na Casa da Cultura de Verín. Nesta sesión plenaria especial, que tivo como alcalde infantil a Miguel Quintas de 6º de Primaria do Princesa de España, e no que tamén estivo presente o rexedor municipal Jiménez Morán, os nenos familiarizáronse coas regras do xogo democrático, a liberdade de expresión e o sistema de debate.

4 Esta actuación, que executará Augas de Galicia, requerirá unha inversión de 150.000 euros. Redacción

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, xunto aos escolares que participaron no pleno infantil./CEDIDA.

Cooperación xuvenil transfronteiriza O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou na xornada “Espazo xuvenil transfronteirizo” con motivo do remate do proxecto Eurocidade II, que se desenvolveu no período 2011-2014, cunha achega de 156.000 euros da Xunta; e que permitiu apoiar 15 eventos destinados aos máis novos da Eurocidade, 217 mozos beneficiáronse de accións de intercambios xuvenís, 306 participaron en accións de formación conxuntas e 2.622 mozos gozaron dos servizos xestionados conxuntamente.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o alcalde de Verín, Jiménez Morán, e o vice-presidente da Câmara Municipal de Chaves, Carlos Augusto Castanheira participaron na clausura desta xornada./CEDIDA.

A Xunta vén de licitar o contrato de obras para a renovación da rede de abastecemento nas Vendas da Barreira, no Concello de Riós. Augas de Galicia, departamento da Consellería de Medio Ambiente, destinará un orzamento de 150.000 euros para a execución desta actuación hidráulica cuxo prazo é de tres meses. As obras consistirán na renovación da rede de abastecemento, para o que se dividirá en dúas redes de distribución diferenciadas. A primeira discorre no lado oeste da autovía A-52, para o que se substituirá a actual rede por unha nova de polieteno nunha lonxitude total de máis dun quilómetro, en dous tramos diferen-

ciados, ademais das válvulas necesarias. A segunda das redes de distribución instalarase na parte este do núcleo, ao longo dunha lonxitude de case medio quilómetro. Os traballos rematarán coa reposición dos firmes afectados por estas obras. Presentación de ofertas As empresas interesadas en presentar as súas ofertas a este contrato de obra pública dispoñen de prazo ata o 9 de xaneiro de 2015.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas para realizar estas obras poden facelo ata o 9 de xaneiro de 2015


PUBLICIDADE

BARRIOS Decembro de 2014


BARRIOS Decembro de 2014

VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

Alumnos de Verín visitan a Biblioteca Municipal

Os cativos do CPR María Inmaculada gozaron moito da súa visita á biblioteca./CEDIDA

Cincuenta alumnos de 1º de Primaria do CPR Plurilingüe María Inmaculada visitaron a Biblioteca Pública Municipal de Verín, para coñecer de preto o servizo bibliotecario, así como as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan na mesma ao longo do ano. Esta iniciativa está destinada a fomentar a lectura nos nenos, xerar o hábito de acudir á biblioteca e propiciar a labor de voluntariado.

O edil Aldo Fernández e o alcalde Xan Jardón. /P.L.

Vilar de Santos levará aos xulgados a Fenosa 4 Se non reintegra 33.478 euros cobrados indebidamente entre 2009 e 2012. P. Lodeiro O Concello de Vilar de Santos reclama a Gas Natural Fenosa 33.478 euros polos cobros indebidos da enerxía reactiva entre os anos 2009 e 2012. Se unha vez que remate o prazo de alegacións (este mesmo mes de decembro) a empresa que subministra a enerxía eléctrica a este municipio non realiza este pago, o Concello acudirá á vía xudicial. O seu alcalde, Xan Jardón, confía en que os xulgados lle dean a razón a Vilar de Santos, ao igual que ten sucedido en outubro pasado co Concello de Coles, que obtivo unha sentenza favorable que recoñece que a subministradora eléctrica ten que devolverlle os cinco anos de facturación indebida ao Concello, e non só o último, como ten acontecido no caso de Vilar de Santos. Fenosa devolveu xa a este consistorio o importe dos últimos 12 meses reclamados, un total de 10.433 euros. Con todo, Jardón denunciaba ao mesmo tempo a “deixadez, ineficacia e inacción das institucións, nomeadamente a Xunta e de Consumo”. “Queremos manifestar a falta de respecto co Concello de

A compañía xa devolveu o correspondente ao último ano, 10.433 euros

Vilar de Santos, somos administración e nos toca lidiar cunha multinacional”, opinaba. Non saben nada do expediente sancionador Segundo explicaba o político de Compromiso por Galicia, a última información que teñen do Instituto Galego de Consumo é de marzo pasado, cando este departamento dependente da Administración autonómica abrira expediente sancionador á compañía eléctrica. “Nada máis” desde aquela, asegura Jardón, e iso que o expediente fora aberto a instancias do Concello de Vilar de Santos. As reclamacións deste pequeno municipio ourensán tampouco tiveron sorte no Parlamento galego. O político galeguista solicitara comparecer na Cámara galega para dar contad un problema que afecta a outros 150 concellos galegos. Con todo, ningún dos cinco grupos políticos que conforman o hemiciclo solicitou a súa comparecencia, como así lle trasladou a Mesa do Parlamento a Jardón no mes de maio. O último organismo ao que acudiu Vilar de Santos coa súa reclamación foi a Comisión Nacional de Enerxía (actual Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia), quen lles remitiu á Comunidade Autónoma para coñecer o informe no que se baseaba Gas Natural Fenosa para devolver só un dos cinco anos de cobros indebidos na factura eléctrica.


XINZO E COMARCA

BARRIOS Decembro de 2014

Rogelio Martínez visita as obras do paseo que unirá Calvos de Randín e Os Blancos 4 A Xunta aportou 43.000 euros. Redacción

O alcalde de Xinzo e o delegado da Xunta participaron na entrega de diplomas./CEDIDA.

Diplomas para as alumnas do curso de alfabetización dixital O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, participaron no acto de entrega dos diplomas ás 17 mulleres que participaron nun curso de alfabetización dixital que se impartiu durante cinco días na aula Cemit de Xinzo da Limia. A actividade enmarcase dentro do Proxecto Rede Emprende en Igualdade, que puxo en marcha este ano a Secretaría Xeral da Igualdade, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería e Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega, que ofreceu a súa a rede de aulas Cemit. Na provincia de Ourense, ademais de en Xinzo, celebrouse tamén curso de alfabetización dixital no concello de Celanova. Ás mulleres participantes nestes cursos ofréceselles formación e asesoramento en asuntos relacionados co emprego da Internet e as redes sociais; novas tecnoloxías e emprendemento; procura de emprego; as TICs como ferramentas transversais de aforro de tempo; creación de empresas e igualdade de xénero.

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou as obras de acondicionamento do paseo que unirá Calvos de Randín e Os Blancos, cuxa execución finánciase ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, a través da cal a Xunta achegou 43.000 euros para este proxecto. As melloras consisten no acondicionamento do sendeiro existente para crear un paseo municipal que una os dous concellos co obxectivo de dinamizar a zona. O paseo contará con sinais informativas da ruta e da fauna e flora, mobiliario urbano, así como unha área de descanso e

O alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, con Rogelio Martínez, durante a súa visita ás obras./CEDIDA. outra de xogos. Orde de infraestruturas A Orde de axudas para Infraestruturas de uso público, principalmente dirixida a concellos con menos de

30.000 habitantes, repartiu este ano 576.000 euros entre 18 municipios ourensáns, co fin de que melloren instalacións deportivas e culturais ou prazas, paseos e parques infantís.


10

BARRIOS Decembro de 2014

XINZO E COMARCA

Amigos da Terra denuncia danos nas árbores da OU-1114

CxG critica a construción dunha pista de pádel en Porqueira

4 Durante o arranxo desta estrada que comunica Vilar de Santos e Rairiz da Veiga con Bande. Redacción Amigos da Terra vén de denunciar os danos producidos nas árbores sitas ao longo da estrada OU-1114, que comunica Vilar de Santos e Rairiz da Veiga con Bande. Fai unha semanas a Deputación comezou o arranxo da mesma, “explanando os laterais, destruindo as paredes de pedra e talando polo pé árbores centenarias,

principalmente carballos do país”, denuncia a asociación ecoloxista, porque “ao longo dos seus 10 quilómetros atravesa unha boa parte da ZEPA da Limia, pasa a carón do monumento natural ‘Carballa da Rocha’ e por humedais de vital importancia. Tamén atravesa a Reserva da Biosfera (Allariz-A Bola-Vilar de SantosRairiz da Veiga) e segue o mesmo trazado ca calzada romana Vía XVIII”, lem-

bran dende este colectivo. Amigos da Terra considera que estas actuacións “poden supor a perda da catalogación como Reserva da Biosfera da UNESCO”. Por iso, van solicitar á Deputación a paralización inmediata das obras e que o arranxo da OU1114 sexa “compatible coa protección dos valores naturais, etnográficos e culturais. Algo posible e imprescindible”.

Redacción

Imaxe da ponte unha vez ampliada./CEDIDA.

Aberta ao tráfico unha nova ponte sobre o Limia 4 Foi ancheada para que conte con dous carrís e beirarrúas. Redacción

Aspecto das marxes da OU-1114 trala tala./CEDIDA.

Este 1 de decembro entrou en servizo a nova ponte sobre o río Limia, a altura do parque do Toural, que fora ancheada. A ponte conta agora con dous carrís e beirarrúas de 1,25 metros, e facilitará o transito de vehículos que fan a ruta desde a A-52 á zona da Baixa Limia, o que representa un paso importante para continuar coas obras da circunvalación

desde a N-525 ata a estrada de Bande cuxo proxecto redacta a Consellería de Medio Ambiente. A actuación enmárcase no proxecto da Confederación Hidrográfica Miño-Sil de mellora do dominio público hidráulico no río Limia ao seu paso por Xinzo. Neste proxecto tamén se inclúe a substitución da pasarela peonil fronte ás piscinas da vila, e a reposición de noiros. En total, 837.347 euros de investimento.

Compromiso por Galicia tacha de “despropósito” que a Deputación achegue máis de 5.000 euros á construción dunha pista de pádel en Porqueira. Pérez Bouza, coordenador en Ourense da organización galeguista, e considera que “esta surrealista decisión é obra de dous políticos mediocres, que sempre quixeron ser pijos, pero que só representan ao máis casposo da política ourensá”, en alusión ao presidente da Deputación, Manuel Baltar, e á alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez. Para el, esta subvención demostra que hai representantes institucionais que “non se enteran do que está pasando” e apoian o gasto de diñeiro público nunha pista de pádel nun dos concellos “máis endebedados, coa poboación máis envellecida, que ten un nivel de servizos pésimo e no que moitos veciños pasan serias dificultades”.


ALLARIZ E COMARCA

Licor de malta de cebada e lúpulo con orixe en Allariz A empresa Dama Alaricana vén de presentar na Praza de Abastos da vila ourensá “Four Malts”, o primeiro licor do mundo de malta de cebada e lúpulo. A bebida, de 25 graos de alcol, satisfai tanto o gusto tanto dos amantes da cervexa artesanal como daqueles que buscan sabores diferentes nos licores. Está dispoñible en tendas gourmet, en locais de hostalería e na web da empresa.

4 O 16 de decembro coñeceranse as propostas seleccionadas para 2015. Redacción

Presentación na Praza de Abastos de Allariz do licor de malta de cebada e lúpulo. O seu sabor especial é froito dunha base de destilado de cebada e millo, máis a utilización na maceración de até catro maltas diferentes, ás que se engade lúpulo en flor./CEDIDA.

Premiados polo Colexio de Xoieiros de Galicia coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, na Gala da Xoiería Galega celebrada en Allariz. Resultaron gañadores do III Concurso de Deseño San Eloi, Sonia María Vizcaíno Ínsua (primeiro premio) Alejandro Calvo Filgueira (segundo premio), e Raúl Dinize Kinga Haudek (terceiros premios)./RAMSÉS.

O alcalde de Maceda critica as “escusas” da Xunta para ter pechado o centro de día 4 A Consellería de Traballo e Benestar aseguraba que non había usuarios. Redacción O alcalde de Maceda, Xabier Oviedo, denunciou as “escusas da Xunta de Galicia para manter pechado o centro de día da localidade, o segundo máis grande de Galicia”. Oviedo mostrouse enfadado coas declaracións realizadas pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, nas que indicou que “non hai usuarios suficientes” para reabrir a instalación. “É unha falta de respecto para os veciños de

11

‘In-house’ foi o mellor xardín do FIXA 2014

Os xoieiros galegos entregaron os seus premios en Allariz Allariz acolleu a Gala da Xoiería Galega que se celebra en conmemoración de San Eloi –patrón do sector-, na que os xoieiros recoñeceron coa Medalla do Colexio Oficial ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que recolleu no seu nome a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez. O Colexio Oficial de Xoiaría distinguiu aos mellores profesionais coas seguetas de ouro (a Salgado Nespereira), e de prata a María Isabel Franjo González, Antonio González Fernández e a José Antonio Veiga López.

BARRIOS Decembro de 2014

Maceda dar datos sen contrastar. Temos máis de 30 persoas que veñen de forma regular ao Concello para preguntar polo estado do centro, que leva demasiado tempo pechado”, afirmou o político de Compromiso por Galicia. “É imposible que non haxa usuarios, xa que desde o Concello asistimos 20 persoas en Dependencia e moitas máis na Axuda no Fogar”, argumentou. O alcalde tamén indicou que o centro de día de Maceda foi concibido como centro comar-

cal, polo que a súa apertura “atraería xente de concellos limítrofes”. Segundo Oviedo, o edificio que foi construído en “tempo récord, 8 meses”, leva xa catro anos de “parálise total”. Abandono do edificio Para el, a apertura deste centro facilitaría “o asentamento de poboación no rural” a través do coidado dos maiores. Oviedo denunciou o estado de “abandono total” do edificio que ten propiciado vandalismo no seu interior.

4 Primarias en CxG Maceda Compromiso por Galicia celebrará eleccións primarias para elexir cabeza de lista para as eleccións municipais en Maceda. A elección celebraráse o sábado día 20 de decembro e na mesma poderan participar todos os veciños que o desexen, co único requisito de ser maiores de 16 anos e non estar en contra dos principios e valores que defende este partido. Ademais, calquera veciño que simpatice con CxG pode ser candidato, sen necesidade de avais previos e coas únicas condicións de ter máis de 18 anos, residir en Maceda e comunicarllo formalmente ao partido antes do venres 12, data na que finaliza o prazo para a presentación de candidaturas.

O xardín denominado ‘In-house’, do coreano Takyung Kim”, foi elixido, con 40% dos votos dos visitantes, como o mellor da edición 2014 do Festival de Xardíns de Allariz. ‘GEA’, do equipo alacantino Unomas1, integrado por Gonzalo Montoya Abadía, Miriam Montoya Abadía e Paloma Hierro García, quedou en segunda posición na votación popular, mentres que ‘Hai luz verde ao final do túnel’, creado por Bea García, Patrizia Giannatasio, Araceli Abalde e Carlos García, foi o terceiro máis votado. O público que pasou polo recinto ao carón do río Arnoia entre maio e novembro deste ano tamén salientou a proposta creada polo CEIP Padre Feijoo. Por este motivo, o Concello de Allariz anunciou que esta iniciativa continuará anualmente, aínda que fóra do concurso, facendo deste un elemento didáctico. Este resultado da votación popular do FIXA 2014 foi dado a coñecer polo alcalde da vila, Francisco García, que fixo balance desta quinta edición. Recadáronse preto de 30.000 euros pola venda de entradas, “o que supón un número importante de visitas que converten ao Festival nun lugar de referencia con capacidade de atracción. Unha mostra da

gran aceptación e a valoración positiva que fan deste proxecto tanto os veciños como os visitantes”, apuntaba o rexedor.A creatividade e a posta en valor da xardinería e o paisaxismo son os aspectos máis valorados polo público que se achega anualmente ata os xardíns. VI FIXA Tras rematar o prazo de recepción de propostas de xardíns para a edición de 2015, foron 43 as candidaturas recibidas. Chegan desde distintos puntos do mapa galego e estatal (como País Vasco, Cataluña, Madrid ou Andalucía), así como da xeografía europea (Austria, Holanda, Italia, Portugal, Francia ou Austria) e incluso traspasando fronteiras ata Paraguay. O rexedor alaricano destacaba, ademais, a calidade e variedade de propostas. O vindeiro 16 de decembro reunirase o xurado, presidido polo paisaxista Francisco Caldeira Cabral, e no que colabora a Asociación Española de Paisaxistas, para escoller dez propostas que integrarán a sexta edición do FIXA, que terá como lema “A música nos xardíns”. As outras dúas parcelas serán ocupadas polo gañador da edición 2014 e polo xardín do colexio de Allariz.

O CEIP Padre Feijoo voltará ter un xardín no FIXA 2015

O xardín do CEIP Padre Feijoo foi moi valorado polo público do FIXA 2014. /ARQUIVO.


12

BARRIOS Decembro de 2014

TECNOLOXÍA especial

AVANZA A LIBERACIÓN DO DIVIDENDO DIXITAL

A data de cese definitivo das frecuencias de televisión afectadas polo Dividendo Dixital está prevista para o vindeiro 31 de decembro de 2014 A liberación do Dividendo Dixital consiste na reordenación dalgunhas canles da TDT, para cumplir co mandato da Comisión Europea de liberar as frecuencias radioeléctricas da banda de 800 MHz, co fin de que poida ser utilizada por tecnoloxías móbiles LTE/4G. Este proceso, que se desenvolve de xeito harmonizado a nivel europeo fixando como data límite o 1 de xaneiro de 2015, regulouse en España a través do Real Decreto 805/2014, de 19 de setembro, polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da TDT e se regulan determinados aspectos para a liberación do Dividendo Dixital. Como consecuencia, aquelas canles de TDT que empregan no momento actual frecuencias ubicadas na banda a liberar (790862MHz) deben de reubicarse noutras frecuencias. Por iso, para manter a continuidade da recepción das canles, será preciso facer as adaptacións técnicas precisas nos centros emisores por parte dos radiodifuso-

res e operadores involucrados (emisións simultáneas ou reaxuste). Ademais, os cidadáns terán que resintonizar os seus receptores; e aqueles que viven en comunidades de propietarios con instalación colectiva (xeralmente edificios de tres ou máis vivendas), previo á resintonización deberán porse en contacto cun instalador de telecomunicacións. Mentres, os cidadáns que reciben a través da TDT@ SAT non se verán afectados por estes cambios. En Galicia, o Dividendo Dixital afecta a todos os fogares xa que as canles de TVE deben de ser trasladadas ás novas frecuencias na nosa comunidade, sendo preciso adaptar as antenas e resintonizar en varios momentos do proceso. Ademais, as canles estatais privadas serán reubicadas en distintas frecuencias, sendo necesario resintonizar en varios momentos do proceso, e adaptar as antenas para recuperar a sintonía dalgunha delas. Por último, as canles autonómicas (TVG

Mapa do cambio de frecuencias en Galicia. e V televisión) mudarán de frecuencia únicamente nas seguintes zonas: no norte e oeste da provincia de A Coruña (color violeta no mapa), nalgunhas zonas do sur da provincia de Lugo e en toda a provincia de Ourense (color verde). Plan de comunicación e información aos cidadáns O pasado 15 de outubro activouse un plan de co-

Así quedarán as canles de televisión a partir do 1 de xaneiro de 2015.

municación do Goberno do Estado para informar aos cidadáns do proceso, a través de anuncios en prensa, radio e televisión, así como folletos para facilitar aos concellos. Aínda que a data de cese das canles a liberar se establece de xeito xeral o 31 de decembro de 2014, nalgunhas zonas concretas pode variar por razóns técnicas, ou de coordinación entre distintos axentes (ra-

diodifusores, operadores e administracións públicas). Este proceso está a ser supervisado e dirixido pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Sociedade da Información. En calquera caso, en datas próximas ao cese previsto para cada centro emisor intensificarase a comunicación a nivel local, detallando o horario de cese, ou dos cortes para reaxuste, segundo aplique; as poboacións afectadas, canles que cesan e novas frecuencia que se activan; e a hora a partir da cal os cidadáns poden resintonizar os receptores para adaptar a lista de canles á situación consolidada final. Aos efectos de reforzar a información específica das actuacións na rede do múltiple autonómico de

Galicia (no que se emiten TVG, TVG2 e V televisión), e consecuentes necesidades de adaptación de antenas e resintonización por parte dos cidadáns, os radiodifusores informarán mediante as súas propias canles (spots, programas ou banner informativos), e as súas páxinas web. Así mesmo, estarán dispoñibles os centros de soportes habituais da TDT en Galicia. Por unha banda, a Oficina da TDT da Xunta de Galicia para información xeral, coordinación e apoio a cidadáns e concellos (http://www.tdtgalicia. es e 981 572 154). Pola outra, o Centro de Xestión e Atención de rede de RETEGAL (CEXAR) centrada en incidencias no acceso ás canles (http://www. retegal.es e 901 100 424).

OS CIDADÁNS TAMÉN PODEN CONSULTAR A INFORMACIÓN DE APOIO DISPOÑIBLE NA WEB http://www.televisiondigital.gob.es E INFORMARSE A TRAVÉS DOS TELÉFONOS DE ATENCIÓN AO USUARIO 901 20 10 04 e 954 30 77 96


especial TECNOLOXÍA

BARRIOS Decembro de 2014

13

4FASES DE DESENVOLVEMENTO DO DIVIDENDO DIXITAL · FASE 1 - RESINTONIZACIÓN O pasado día 26 de outubro de 2014 produciuse unha reordenación de canles que obrigou aos cidadáns que perderon a sintonía dalgunha das canles a resintonizar os seus receptores. Este proceso non afectou ás canles autonómicas (TVG, TVG2 e V televisión), senón unicamente ás estatais e, nalgunhas zonas, puido perderse o acceso á canle Teledeporte aínda a pesar de resintonizar. Para recuperar a sintonía haberá que agardar a facer as adaptacións de antena segundo o definido na fase 2.

· FASE 2 - ANTENIZACIÓN Se non o fixo xa, debe de solicitar á maior brevidade posible a adaptación da instalación de antena colectiva do seu edificio, xa que as actuais frecuencias polas que recibe as canles de TDT deben de ser abandonadas en data 31 de decembro de 2014. => Aquelas personas que viven en vivendas unifamiliares ou con instalación de tipo individual non terán que facer ningunha adaptación nesta fase. => Esta adaptación únicamente afecta ás comunidades de propietarios e edificios de 3 ou máis vivendas que conten con instalación de tipo colectiva. Os administradores das comunidades de propietarios deberán de contactar cun instalador rexistrado para contratar as adaptacións de antena. Para facilitar a adaptación das antenas por parte dos usuarios, os radiodifusores activaron a emisión simultánea das súas canles nas novas frecuencias e máis nas actuais, naquelas estacións que dan cobertura a un número significativo de instalacións de tipo colectiva. Ademais, o Goberno estableceu un plan de axudas dotado con 290 millóns de euros: oscilan entre 150 e 500 euros e para acceder a elas será preceptivo achegar factura dun instalador rexistrado. Aínda resta por adaptar un número elevado de antenas no que queda de mes.

· FASE 3 - CESE DAS FRECUENCIAS A LIBERAR A data de cese definitivo das frecuencias afectadas polo Dividendo Dixital está prevista para o 31 de decembro, momento a partir do cal: A. Cesarán as emisións simultáneas habilitadas polos radiodifusores. B. Nas restantes estacións onde non hai emisións simultáneas, estase procedendo ao reaxuste dos equipos emisores na data planificada para o cese. C. A partir do cese das canles, todos os cidadáns deben de resintonizar e reorganizar os receptores para deixar a lista de canles adaptada á situación consolidada final. Como consecuencia do anterior: => aqueles cidadáns que viven en edificios con instalación de tipo colectiva (tanto con amplificación monocanle como centralita programable): a. que adaptaron as súas instalacións de antena con anterioridade á data de cese deberán resintonizar os seus receptores e reordenar a lista de canles para a situación consolidada final. b. que non teñan adaptadas as súas instalacións de antena deixarán de recibir as canles afectadas sen antenizar. => aqueles cidadáns que viven en edificios con instalación de tipo individual (ou banda ancha) deberán resintonizar os seus receptores e reordenar a lista de canles para a situación consolidada final.

AXUDAS PARA A INSTALACIÓN DA RECEPCIÓN DA TDT VÍA SATÉLITE A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, adxudicou, no exercicio 2014, máis de 200 subvencións para a adquisición de equipamentos para a recepción da TDT a través do satélite. Estas axudas van destinadas a familias sen cobertura que vivan nas zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia, e acadaron un investimento subvencionado total de 59.795 euros. As axuda foron tramitadas directamente a través de empresas instaladoras de telecomunicacións autorizadas, que colaboran coa Xunta de Galicia, realizando as xestións para os interesados. A subvención consiste no desconto na factura, por parte das empresas colaboradoras, de ata 300 euros no material subministrado, incluído o IVE. Neste material inclúese todo o necesario para a recepción do servizo, antenas, cables, conectores e o receptor de TDT a través de satélite. O Plan de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS) en Galicia, é unha iniciativa coordinada pola Consellería de Medio Ru-

ral e do Mar, a través de Agader, co respaldo e a colaboración económica do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que achega o 50% do financiamento deste proxecto. O 50% restante é sufragado pola Xunta de Galicia, neste caso a través dos orzamentos da Secretaría Xeral de Medios. Para ter acceso a estas axudas é necesario que as familias que as soliciten non teñan acceso a Televisión Dixital Terrestre e que residan nos concellos do interior de Lugo e de Ourense clasificados de primeiro nivel dentro do PDRS. En que consiste o SatTDT O servizo de TDT por satélite (Sat-TDT) é un servizo que permite disfrutar de xeito gratuíto das canles de TDT nas vivendas onde non chega o sinal terrestre ou o sinal non ten a calidade axeitada para a correcta recepción. Dentro desta iniciativa son subvencionables as novas instalacións do servizo de TDT a través de satélite, podéndose solicitar un máximo dun equipamento por usuario e vivenda.

Ademais, co fin de non discriminar ás familias que xa teñan instalado pola súa conta un equipo para a recepción deste servizo, estas poderán solicitar subvención para un segundo receptor na súa vivenda. A Xunta prevé prorrogar este plan ata o ano 2015, o que suporá un investimento total de máis de 400.000 euros e beneficiará arredor de 900 familias de 78 concellos do interior das provincias de Ourense e Lugo. Inicio da Convocatoria O pasado ano, por Resolución da Secretaría Xeral de Medios, iniciouse o procedemento para a selección das entidades colaboradoras na xestión das subvencións para a adquisición e instalación de equipamentos de televisión dixital terrestre por satélite en vivendas e edificacións situadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia. Aínda que só se subvenciona o equipamento e non a man de obra da instalación, a empresa colaboradora deberá realizar a instalación e tramitar a ac-

tivación do servizo, deixándoo plenamente operativo. Dito equipamento consiste, no caso dunha instalación completa, en antena parabólica de recepción cos seus complementos, cableado, toma de usuario e receptor de TDT por satélite capaz de recibir as canles da televisión dixital terrestre, tanto a Televisión de Galicia como todas as de ámbito nacional, privadas e públicas. O 28 de maio de 2013 publicouse a Resolución da Secretaría Xeral de Medios pola que se daba publicida-

de á relación de entidades que obtiveron a calidade de entidade colaboradora na xestión destas subvencións, resultando inicialmente 19 empresas colaboradoras seleccionadas. Na actualidade son 20 as empresas colaboradoras (8 delas na provincia de Ourense), de-

bido á incorporación posterior dunha nova empresa, xa que para facilitar unha maior competencia e de atención aos interesados, este proceso queda aberto á incorporación de novas entidades colaboradoras que cumpran cos requisitos da convocatoria. A convocatoria oficial das axudas e a apertura do prazo realizouse o pasado 29 de abril, a través da publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución da Secretaría Xeral de Medios pola que se convocan, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións dirixidas a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia para o ano 2014.

Toda a información deste proceso está publicada no enderezo de Internet http://medios.xunta.es, no apartado Axudas e Subvencións, e tamén a través do teléfono habilitado ao efecto Na Secretaría Xeral de Medios: 981 54 42 34, así como No enderezo de correo electrónico xestión.sxm@xunta. es.


14

BARRIOS Decembro de 2014

EN BREVE

4 Campañas solidarias Coincidindo coas datas do Nadal dúas entidades de Celanova promoven senllas campañas de recepción de productos solidarios co fin de que todas as familias, independentemente da súa situación social temporal, poidan gozar destas festas. Por unha banda Cáritas Parroquial ten previsto levar a cabo a recollida de alimentos, mentres que a asemblea local da Cruz Vermella tamén realizará unha recollida de xoguetes co mesmo fin de promover un reparto entre as familias con menos recursos. O Concello de Celanova pide cun bando a colaboración dos veciños con estes dous colectivos.

4 Compostaxe doméstica

A Bola, Sarreaus, Calvos de Randín, Baltar, Os Blancos, Trasmiras e outros 14 concellos da provincia participan na “Campaña de Compostaxe Doméstica 2014” organizada pola Deputación e Sogama. A campaña consiste na entrega de composteiros aos veciños participantes, que reciben formación e aos que se lles fai un seguimento para comprobar en cada lugar que se esta a realizar adecuadamente o proceso, e en caso contrario poder emendar os problemas.

CELANOVA E COMARCA

Celanova contará con matrona desde xaneiro 4 Ao igual que o centro de saúde de Xinzo.

4 A través dunha moción para o seu debate en pleno.

Redacción As usuarias da Limia, Terra de Celanova e Baixa Limia contarán desde o próximo mes de xaneiro cunha matrona para atender directamente desde os centros de saúde de Xinzo de Limia e Celanova, tanto as consultas como os cursos de atención ao parto e ao postparto das mulleres dos 26 concellos destas tres comarcas. Mediante esta medida a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense ten por obxectivo fomentar a accesibilidade das mais de 6.200 mulleres en idade fértil, con domicilio nestas tres bisbarras, a unha asistencia especializada de enfermería obstétrico xinecolóxica, desde o punto máis próximo ao seu domicilio, facilitando así o seguimento e continuidade destes coidados, que ata a data se viñan prestando desde Ourense. A nova profesional desenvolverá a asistencia sanitaria de Atención ao Parto e a Muller Puérpera, ou postparto, así como todos aqueles programas preventivos e de educación sanitaria, destinados ás futuras ou novas nais, referentes á lactancia e primeiros coidados no recen nado.

O BNG pide unha “app” para avisar de danos nas rúas Redacción

Os centros de saúde de Xinzo (na imaxe) e Celanova ofertarán servizo de matrona a partir de xaneiro./ARQUIVO. Seguimento integral do parto e embarazo Dentro da carteira de servizos da nova profesional estará a preparación ao parto, asumindo directamente nestes centros tanto as consultas como os cursos, ademais dos coidados postparto, o que inclúe o seguimento que se realiza, no centro de saúde ou a domicilio, de atención inicial ao recen nado e a nova nai, co obxectivo de valorar a saúde de ambos. Dentro destas funcións tamén están incluídas a promoción da lactancia materna, o seguimento ou controis das distintas curas; a derivación outros servizos de referencia, para o seguimento enfermidades metabólicas, vacinacións, control do desenvolvemen-

to infantil, planificación familiar ou atención temperá. Estes programas asistenciais e preventivos combínaranse coas consultas ordinarias e a participación nas distintas campañas especiais, de vacinación, educación sanitaria, ou das distintas patoloxías que afecten á muller ou ao recen nado. A integración desta especialista en ambos centros de saúde permitirá tamén unha maior coordinación co resto dos profesionais e unidades xa existentes.

A matrona atenderá unha poboación de máis de 6.200 mulleres en idade fértil

O BNG de Celanova solicita que o Concello poña a disposición dos veciños unha aplicación para móbiles para pór en coñecemento do consistorio moitas das incidencias que ocorran no municipio. Esta “app” permitiría sacar fotografías e xeorreferencialas, é dicir, os veciños poderán enviar o lugar exacto no que se atopa o dano. Así, o obxectivo desta nova tecnoloxía é que o Concello poida solucionar os problemas con maior rapidez, explica o portavoz municipal nacionalista, Leopoldo Rodríguez. “Os veciños poderán informar sobre a necesidade de facer un rebaixe nunha beirarrúa, dunha papeleira que caeu, un colector que está roto ou sobre unha mangueira que está a malgastar a auga”, afirma o portavoz municipal do BNG Lembra Rodríguez que esta proposta está baseada nas novas tecnoloxías e aúna os requisitos de empragabilidade, efectividade e transparencia, e caracterízase pola súa in-

mediatez e gratuidade para o usuario. Deste xeito, e segundo os nacionalistas, a cidadanía implicaríase na xestión activa do municipio colaborando co concello para que este reaccione de maneira rápida e eficaz, solucionando a incidencia. Emigrante retornados Doutra banda, o BNG levará unha moción a pleno para afrontar os problemas coa Axencia Tributaria que padecen os emigrantes retornados. Queren, ao igual que xa fixeron na Deputación e noutros concellos, que a corporación celanovesa debata sobre este tema e lograr un acordo para demandar ao Goberno central que “proceda á modificación lexistativa para fixar un mesmo réxime do IRPF para as rendas procedentes de pensións, con independencia de se estas proceden dun estado ou de varios”.

Coa aplicación, a cidadanía implicaríase na xestión activa do municipio, din os nacionalistas


especial DEPUTACIÓN

BARRIOS Decembro de 2014

Manuel Baltar presenta en Bruxelas o proxecto da “Axencia da Enerxía” para dar servizos aos concellos O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar presentoulle en Bruxelas ao comisario de Enerxía e Clima da Comisión Europea, Miguel Arias Cañete, a iniciativa que porá en marcha na provincia de Ourense, destinando inicialmente para a súa creación un orzamento de 512.000 euros en 2015: a Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente. Será un organismo que terá como obxectivo dar servizo aos pequenos e medianos concellos no que atinxe ao subministro de equipamento e aforro e eficiencia enerxética. Este modelo, a modo de “central de compras enerxética”, “podería ser perfectamente exportable aos gobernos intermedios da Unión Europea e o seu traballo ‘en rede’ posibilitaría -segundo lle explicou Manuel Baltar a Arias Cañeteun considerable aforro para os gobernos locais europeos á hora de negociar tarifas eléctricas e subministracións e na realización de infraestruturas enerxéticas, así como na eficiencia e na prestación de servizos aos cidadáns”. Miguel Arias Cañete avalou a idoneidade do proxecto afirmando que “encaixa perfectamente nas liñas de acción prioritarias da UE dentro dos ámbitos da enerxía, o medio ambiente e a sostibilidade”.

Dentro da filosofía de “goberno verde e provincia medioambiental” que a Deputación de Ourense promove coas estratexias que leva a cabo en materia medioambiental, a optimización e sostibilidade enerxética son liñas prioritarias de actuación para o goberno que preside Manuel Baltar, polo cal a Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente é un instrumento de planificación e xestión enerxética ao servizo dos concellos que ten a finalidade implantar un modelo sostible no ámbito enerxético nos municipios da provincia de Ourense. Asamblea das provincias Na súa viaxe a Bruxelas, Manuel Baltar participou no “I Cumio europeo de gobernos locais intermedios”, un encontro organizado polo Comité das Rexións e a rede Partenalia no que o presidente provincial ratificou coa súa sinatura a Carta da Gobernanza Multinivel. Baltar propuxo neste plenario a creación da “Asamblea europea das provincias”, un organismo no que estarían representados os municipios dos estados membros da UE a través dos seus correspondentes gobernos locais intermedios, e que permitiría “dar voz á provincia e aos pequenos e medianos concellos”, afirmou Manuel

Manuel Baltar e Miguel Arias Cañete, en Bruxelas. Baltar. O presidente da Deputación de Ourense trasladoulle esta proposta ao presidente do Comité da Rexións, Michel Lebrun, no encontro que ambos os dous mantiveron e no que falaron das principais necesidades de xestión que teñen os pequenos municipios da UE. Entre elas, comentaron necesidades como as de mellorar os ámbitos tecnolóxico, de servizos sociais e de infraestruturas, e para elo, concordaron en que a xestión coodinada de servizos –un modelo que xa ben desenvolvendo con éxito a Deputación de Ourense en ámbitos como o do medio ambiente e os servizos so-

ciais- resultará de máxima eficacia “realizando unha ampla estratexia de traballo en rede entre os gobernos intermedios de Europa”, afirmou o presidente provincial. Modelo de xestión Manuel Baltar expuxo o seu modelo de xestión ao fronte da Deputación de Ourense, un modelo que situou en menos de tres anos á institución provincial na vangarda de moitos indicadores de xestión administrativa, ética e económica e que o presidente Baltar presentou aos responsables institucionais de gobernos intermedios de países como Alemaña, Francia, Bélxica,

Reino Unido ou Croacia. Baltar destacou as liñas de xestión do Plan OURENSE 92, as estratexias levadas a cabo para incrementar a cooperación e servizos cos concellos, os proxectos desenvolvidos no ámbito da e-administración e da denominada “provincia intelixente” e os avances que ten dado a Deputación de Ourense en materia de rexeneración democrática e en participación cidadá, liderando importantes indicadores de transparencia e converténdose nun dos gobernos intermedios “máis transparentes” de España, recoñecido así por Transparencia Internacional.

15

Axudas de 800.000 euros para os concellos A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de axudas para municipios por importe de 800.000€, dentro dos programas de cooperación cos concellos para a execución de infraestruturas culturais e deportivas e para parques, xardíns e zonas verdes. Os beneficiarios para infraestruturas deportivas (300.000€) serán 41 concellos; as axudas para infraestruturas culturais (300.000€) serán para 34 concellos, o mesmo número de municipios que para a execución de parques, xardíns e zonas verdes (200.000€). Asemade, a Xunta de Goberno aprobou unha declaración no Día Internacional contra a Corrupción na que deixa constancia “da importancia que ten o desenvolvemento de iniciativas que contribúan a loitar contra calquera tipo de corrupción, ben sexa no ámbito social, político ou económico, pois desterrar estas prácticas e levar a cabo labores preventivos e de concienciación social contribuirán a reforzar o carácter democrático da nosa sociedade e a credibilidade das nosas institucións”. “A xestión pública debe estar sempre presidida pola transparencia, o rigor e a eficacia”.

Pleno xuvenil e xornada de portas abertas na Deputación de Ourense A Deputación de Ourense celebrou o 9 de decembro un “pleno xuvenil”, dentro das actividades programadas na 2ª Semana Escolar da Provincia, organizadas pola institución provincial para conmemorar o aniversario da existencia da división do Estado español nas actuais provincias. Na sesión plenaria participaron, xunto co presidente da institución provincial, Manuel Baltar, 40 alumnos de Secundaria do IES Cosme López Rodríguez da Rúa. Na sesión plenaria, os te-

mas que máis interese suscitaron entre os estudantes e sobre os que preguntaron ao presidente provincial foron os relativos á educación, o funcionamento e a historia da Deputación; temas de actualidade como a corrupción e mesmo referidos á política, para coñecer o sistema de elección dos deputados provinciais. Xornada de portas abertas Dentro destas actividades tamén se celebrou o 30 de novembro a segunda xornada de portas abertas da

Deputación de Ourense, na que participou Manuel Baltar explicándolles aos visitantes a historia da institución e a súa organización, así como as peculiaridades e a evolución do edificio que alberga o goberno provincial, a estrutura organizativa da Deputación e os servizos que presta a concellos e cidadáns. Este ano a Deputación agasallou aos visitantes cun libro que recolle a historia dos 180 anos da provincia, titulado A historia provincial e o seu goberno.

Alumnado do IES Cosme López Rodríguez da Rúa, xunto ao presidente da Deputación, Manuel Baltar, participaron na sesión plenaria xuvenil./ALBERTE PAZ.


16

BARRIOS Decembro de 2014

CELANOVA E COMARCA

ENTREVISTA A TERESA BARGE – ALCALDESA DA BOLA

“Esteamos onde esteamos, sempre contribuiremos ao avance dos dereitos civís… E non entramos en debates ideolóxicos”

4 A alcaldesa da Bola explícanos o seu paso do BNG ao PP, e os proxectos de futuro do seu Concello. Silvia Nieto A alcaldesa da Bola, Teresa Barge (que deixou as filas nacionalistas a mediados de novembro), vén de ser presentada como candidata do PP no seu Concello para as vindeiras eleccións municipais. O seu paso do BNG ao Partido Popular é, segundo ela, froito da “reflexión” durante máis dun ano co seu grupo de goberno e da “comunicación fluida” cos veciños. Cando decidides unirvos ao Partido Popular? Teresa Barge: “É froito da reflexión dun ano e pico. Estamos nun momento de grandes cambios tanto dende o punto de vista económico como social, polo que non se pode permanecer fixo a algo que está fóra de contexto. É algo que se foi consensuando; como sabedes este é un concello de portas abertas, a través da relación cos veciños, fluída e diaria, e houbo un longo proceso de análise, reflexión e finalmente de decisión. É unha decisión nosa, nin motivada por ninguén nin por culpa de ningúen. Miramos para o futuro dende a nosa perspectiva e dende o que consideramos mellor”. É preciso estar baixo as siglas dalgún dos grandes partidos para gobernar un concello como o da Bola? T.B.: “Nós continuamos sendo independentes ata que se convoquen as vindeiras eleccións municipais. O que si adiantamos é que de cara a ese proceso electoral imos presentarnos baixo as siglas do PP, se esa decisión é refrendada polos veciños entenderemos que foi a co-

Teresa Barge é alcaldesa da Bola dende o ano 2003./S.NIETO

A fixación de poboación activa, o equipamento do mercado municipal e un servizo de transporte público que comunique a Bola coa provincia son tres dos obxectivos do goberno de Barge rrecta e se non é así temos claro que teremos cometido un erro, retirarémonos á nosa casa e seguiremos sendo cidadáns de a pé, que é o que realmente somos. Non se pasou de extremo a extremo, senón que se pecha un ciclo por consenso. Nós somos unha candidatura na que todo o mundo sabe que hai varias sensibilidades, pero que nos caracterizamos pola unidade e o traballo en beneficio da xestión municipal. A política local dos pequenos concellos, e non quero dicir que sexan menos importantes, ten máis de local e de xestión que de política”. Ideoloxicamente consi-

Sobre o seu paso do BNG ao PP, Teresa Barge asegura que “é unha decisión nosa, nin motivada por ninguén nin por culpa de ninguén. Miramos para o futuro dende o que consideramos mellor”

derádesvos máis preto da dereita? T.B.: “Nós non estamos no debate ideolóxico, senón que lemos nas siglas os proxectos municipais. Nós imos defender sempre, esteamos onde esteamos, o avance dos dereitos civís, a educación e a sanidade públicas, a igualdade de oportunidades e por supostísimo de xénero, a lingua e a cultura galegas… E non entramos en debates ideolóxicos. Non damos un salto ideolóxico tan grande, porque nos identificamos cun modus vivendi moderado e aberto onde prima o respecto a todas as formas de pensar”. Na comarca de Celanova goberna o Partido Popular, é complicado ser a excepción? T.B.: “Non. Eu tiven a sorte de que sempre tive-

mos moita complicidade cos veciños e comunicación fluída. Nós centrámonos máis na práctica, na dirección do Concello, no aproveitamento dos propios recursos e dos apoios doutras administración”. Os cinco edís do BNG que abandonaron o partido contigo, continuarán no PP? T.B.: “Si, acá o equipo é o mesmo, os que traballamos pola xestión diaria, e mantemos a mesma liña de cohesión e entendemento. Non hai discrepancias, é algo que levamos pensando dende fai meses entre todos e é unha decisión consensuada e madurada”. Só Dolores Martínez decidiu manterse no BNG. T.B.: “Dolores decide manterse no BNG e manifestou fai meses que non ía participar nas candidaturas de cara ás próximas elec-

cións municipais por motivos de índole persoal”. E que lugar ocupará José Antonio Dapía na candidatura do PP da Bola para as municipais? T.B.: “Nós de momento mantémonos como independentes, é o calendario dos partidos o que vai facendo que te vaias pronunciando de cara ás eleccións. As relacións entre os concelleiros, dunha e outra ideoloxía, sempre foron cordiais e respetuosas, e así van seguir”. Como están vivindo os veciños estes cambios? T.B.: “Vemos absoluta normalidade. O noso interese e a nosa vocación é manter as relacións continuas cos veciños, coñecendo o que eles opinan. Seguimos sendo os mesmos, que esteamos baixo unhas ou outras siglas pode parecer paradóxico pero, insisto, desde o punto de vista pragmático, a nosa prioridade son os veciños”. Como viviu a Bola estes anos de crise?

T.B.: “Con dificultades, con dureza, pero tamén con confianza e coa vista posta no futuro, de continuar cos proxectos. Porque este concello se preocupou de facer moita xestión municipal e sempre apostamos por manter edificios e servizos que crean emprego, como é a residencia de maiores”. Que proxectos tendes previstos a medio prazo? T.B.: “A liña principal é a fixación de poboación activa, e para iso estanse recuperando moitas casas antigas. Mostra disto é que temos xa 13 familias novas asentadas neste ano na Bola con nenos na galescola. En canto a servizos e proxectos, unha das nosas prioridades é o equipamento do mercado municipal de cara a entrar na transformación dos productos do sector primario. Cremos que hai que seguir avanzando para que a xente que vive acá teña os ingresos axeitados, e que non se perdan os dividendos na comercialización externa. Tamén é moi importante a posta en marcha dun transporte público que lle permita aos veciños da Bola moverse por todo o concello, así como dentro da comarca e a provincia”. Que valoración fas desta segunda edición das xornadas medioambientais? T.B.: “Foron seguidas con moito afán dende que comezaron o día 6 de novembro, e compatibilizáronse con excursións a explotacións e cooperativas. Sempre houbo unha vinculación directa co sector primario e isto os maiores acólleno con ilusión porque buscamos que teñan un relevo xeracional. Ademais, mantemos todo o ano no Concello a nosa intención de colaborar, asesorar e apoiar calquera proxecto que teña unha base sólida para o futuro, e imos a seguilo facendo sempre”.


OURENSE PROVINCIA

Tendes actividades previstas para Nadal? T.B.: “Dende o punto de vista cultural vanse presentar varias actividades con nenos, mozos e maiores. E teremos, como non, actividades na nosa residencia de maiores, da que estamos moi orgullosos porque foi un obxectivo a consolidar no concello”. A residencia é un dos proxectos estrela do teu goberno. T.B.: “É unha gran conquista, porque nunca pagaremos o que debemos aos nosos avós e pais que foron os que levantaron este país. E á vez que os podemos atender conseguimos a profesionalización da muller co coidado dos nosos maiores, e isto é un deber e é unha porta aberta de cara a fixar poboación e crear emprego”. Ser alcaldesa é algo vocacional? T.B.: “Si, eu non sabería facer outra cousa. Mentras teña o apoio dos veciños e vexa que estamos seguindo a ruta que eles nos mandan, dende a atención e o apoio, seguiremos traballando por e para eles. Teño a sorte de ter un bo traballo, cando desgraciadamente moita xente non o ten e debo responder facéndoo o mellor posible para que os demais tamén poidan telo. Confésoche que a min encántame que sexa luns.”. Envialle unha mensaxe aos veciños. T.B.: “Para nós é un pracer traballar na Bola e para nós a xestión municipal é unha prioridade sempre, imos a estar sempre traballando cos nosos veciños dentro do interés xeral. En canto aos temas políticos, modestamente, creo que a corrupción é un escándalo impensable co que hai que acabar de raíz, respondendo ante a lei e activando os mecanismos precisos para que non volva pasar nunca máis. Pero unha vez superado iso, entendo que os partidos tiñan que centrarse menos nesa linguaxe agresiva. As formas e a educación non impiden que cada un marque o seu camiño político, hai que atopar puntos de encontro para atallar os grandes problemas sociais que son inmensos neste momento”.

O PP presenta aos seus candidatos na zona de Celanova 4 As sorpresas: os candidatos na Bola e Cortegada, Teresa Barge e Avelino de Francisco. Redacción O Partido Popular vai completando a súa lista de candidatos ás eleccións municipais de 2015, e o 29 de novembro, facía unha presentación pública no claustro do Mosteiro de Celanova dos seus candidatos na Xunta Electoral de Zona de Ourense - Celanova. As maiores sorpresas foron a candidata na Bola,

María Teresa Barge, actual alcaldesa da localidade polo BNG, e o candidato en Cortegada, Avelino de Francisco, que é o actual rexedor (independente dentro da lista do PSOE). Ademais, estréase como candidato o actual alcalde de Celanova José Luis Fe-

rro e repiten como candidatos os alcaldes da Merca, Manuel Jorge Vela; Cartelle, Carmen Leyte; Gomesende, Pura Rodríguez; Pontedeva, Juan Carlos González; Quintela de Leirado, José Antonio Pérez; Ramirás, María Pilar Otilia López.

Repiten os candidatos da Merca, Cartelle, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado e Ramirás, e estréase o de Celanova

BARRIOS Decembro de 2014

4 Jiménez repite como presidente en Verín Juan Manuel Jiménez Morán repetirá como presidente do PP en Verín, ao recibir o apoio do 100% dos votos emitidos polos compromisarios participantes no Congreso Local. Jiménez agradeceu o unánime apoio recibido á súa candidatura, e sinalou que “hoxe é un día de falar do pasado, presente e do futuro. De futuro porque hoxe sairá un novo comité que agardo siga traballando de modo incansable como se fixo ata o de agora, escoitando, transmitindo ideas, plasmándoas no papel pero, sobre todo, facéndoas realidade”.

4 Juan Carlos Rodríguez, elixido en Ramirás

Candidatos do PP na zona de Celanova xunto ao presidente provincial do partido, Manuel Baltar, e ao secretario xeral, Rosendo Fernández, e o membro do Comité Executivo do PPdeG, Xesús Vázquez./CEDIDA.

A candidatura de Juan Carlos Rodríguez Matías acadou o 100% dos votos dos compromisarios no Congreso Local do PP de Ramirás. O recén elixido presidente local sinalou que o seu proxecto político en Ramirás baséase “fundamentalmente na continuidade, con tres aspectos fundamentais: a cercanía cos veciños, a humildade e o traballo constante para poder canalizar todas as preocupacións que nos transmiten os veciños”.

17

Verín e Baños de Molgas reciben fondos da Deputación para termalismo Redacción Verín e Baños de Molgas son dous dos nove concellos da provincia que asinaron coa Deputación convenios de colaboración por un importe total de 442.975 euros para a realización de obras de infraestruturas termais nos citados municipios. En concreto, Verín recibirá da Administración provincial 21.556 euros para o proxecto de adecuación e mellora da fonte e do seu contorno nas inmediacións do balneario de Cabreiroá. O Concello verinés deberá poñer outros 20.226 euros para a realización desta obra. Pola súa banda, o Concello de Baños de Molgas recibe 32.880 euros da Deputación e pon outros 17,012 euros para a realizacaión de pozas termais no parque do Muíño. Estas obras teñen como obxectivo, segundo destacou o presidente Manuel Baltar mellorar contornas, estradas, fontes, captacións e, en xeral, todas as infraestruturas relacionadas cos servizos de termalismo de que dispoñen os concellos que subscriben estes acordos.

Concurso escolar da Constitución

Foto de familia dos premiaos no Concurso escolar da Coonstitución xunto ás autoridades, no acto organizado pola Subdelegación do Goberno no Auditorio de Ourense./P. LODEIRO.

O Auditorio de Ourense foi escenario o 6 de decembro do acto institucional que conmemora o 36º aniversario da Constitución española. Organizado pola Subdelegación do Goberno de Ourense, o acto incluiu a entrega de galardóns do Concurso da Constitución, no que participaron estudantes de centros educativos da provincia, e que este ano chegaba á súa 31ª edición. Recibiron premio os traballos –debuxos ou redaccións –de varias ducias de rapaces, desde Educación Infantil a Bacharelato, que versaban sobre o título 2 da Carta Magna, “De la Corona”.


18

BARRIOS Decembro de 2014

DEPORTES

Axudas da Deputación a deportistas individuais 4 A dotación da subvención é de 25.000 euros. Redacción

Iván Feijoo tras unha das probas./CEDIDA

Iván Feijoo vence en Dumbría 4 Dentro do calendario de ciclocross. Redacción O cadete do Club Ciclista Maceda non se cansa de gañar e esta vez fíxoo en Dumbría, nunha proba do calendario do Galego de ciclocross. Iván controlaba a carreira desde a primeira volta o que lle fixo lograr a vitoria dun xeito holgado. Con este novo triunfo, Feijoo continúa unha marcha triunfal esta tempada que o leva a dominar, tamén, a Copa de España de ciclocross. O seu compañeiro de equipo, Abel Franco, acompañábao no podio a rematar terceiro a carreira, o que era o primeiro podio para este ciclista nesta disciplina. Na categoría feminina júnior, Xiana Conde era a terceira en chegar a meta o que a facía subir, unha vez máis, ao caixón das mellores. Outras actuacións Outras destacadas actua-

cións dos do CC Maceda foron as de Raúl Fernández, na categoría raíña, elite sub23, sendo quinto en meta e segundo entre os sub23. Na proba de Escolas, Marco Nube remataba en segunda posición. Copa de España O 23 de novembro o cadete do CC Maceda, Iván Feijoo, logrou a quinta vitoria da Copa de España de ciclocross en Navia. Este resultado non fai máis que reforzar o seu liderato na clasificación xeral. O ourensán vencía nunha emocionante e moi disputada carreira. Pola súa banda, Xiana Conde era quinta en júnior e mantense cuarta na xeral. Raú González remataba sexto en elite sub23 e 24º na absoluta.

Iván Feijoo domina a Copa Galicia de ciclocross

A Deputación de Ourense convocou as “Axudas a deportistas ourensáns cualificados 2014”, cunha dotación de 25.000 euros. Ata o próximo 2 de xaneiro atópase aberto o prazo de solicitudes da convocatoria de concesión de subvencións por parte da Deputación de Ourense a “Deportistas cualificados”, correspondente a 2014, que poderán solicitar os deportistas de disciplinas individuais que reúnan os requisitos establecidos na indicada convocatoria. As bases foron publicadas no Boletín Oficial da provincia número 276, do 1 de decembro actual, cunha

dotación económica global de 25.000 euros e cunha contía máxima por cada beneficiario de 3.000 euros. 54 beneficiarios Na pasada edición beneficiaronse da convocatoria 54

4 Na 19ª edición da proba do colexio do Pereiro de Aguiar. O equipo alevín feminino do EDC Verín Atletismo vence no Cross Guillelme Brown. O conxunto alevín feminino do EDC Verín acadou a victoria na competición por equipos do tradicional cross Guillelme Brown de Ourense que este ano chegou a súa 19ª edición. Con este resultado, o

Na pasada edición repartíronse becas a 54 deportistas

Becados dunha edición anterior das axudas da Deputación./ARQUIVO

As alevín do EDC Verín gañan no Guillelme Brown

Redacción

deportistas ourensáns distribuidos en catro grupos en funcións das súas categorías e nivel deportivo. Esta iniciativa da Deputación de Ourense cumpre 26 anos. O obxecto destas bases é a regulación da convocatoria

de subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais, coa finalidade de fomentar a práctica deportiva e incentivar aos deportistas ourensáns cualificados mediante o recoñecemento da súa traxectoria e rendemento deportivo.

EDC Verín Atletismo métese de cheo na preparación da tempada invernal de cross ou carreiras de campo

a través. As atletas verinesas participaron neste cross onde o equipo alevín feminino impúxose a formacións como o Club Ourense Atletismo, BenCho-Shey ou o propio Guillelme Brown. O equipo alevín está conformado por Gisela Dapía, Naiara Parada, Sofía Rodríguez, Nuria Mariño, Erea López e Daenerys Carreño, que conseguiron avantaxar ás segundas por unha diferenza de 11 puntos.

As alevíns participantes no Guillelme Brown./CEDIDA

O Verín Futsal perde ante o Ourense 2 a 6 Redacción

No partido da 12ª xornada da Liga Galega Sur de fútbol sala enfrontábanse no derbi ourensán o Verín Futsal ante o Ourense Sala no pavillón municipal de Verín. Cun gran ambiente nas gradas -recordando os partidos do antigo Estreliña- o conxunto capitalino venceu claramente ao equipo local por 2 goles a 6. Con este resultado o Verín é sétimo con 20 puntos, mentres que o Ourense marcha líder con 29.


PUBLICIDADE

BARRIOS Decembro de 2014

19


20

BARRIOS Decembro de 2014

OCIO E CULTURA

Chega o Nadal a Xinzo de Limia

EN BREVE

4 Os comerciantes de Verín sortean 1.000 euros Para incentivar as compras navideñas, a asociación de comerciantes de Verín AEVER organiza un sorteo de 1.000 euros. Ata o 3 de xaneiro, os que merquen ou consuman nun dos máis de 150 establecementos asociados, por un importe superior a 10 euros, participarán no sorteo, que terá lugar durante o espectáculo “El show de los muñecos”, que se celebrará o 3 de xaneiro, ás 18 horas, no pavillón de Deportes. O gañador poderá gastar os 1.000 euros, en polo menos cinco comercios asociados.

4 A “A Máscara”, na Fundación Vicente Risco Do 12 de decembro ao 11 de xaneiro a Fundación Vicente Risco acolle a exposición “A máscara”, coordinada por Jesús Costa. A mostra aborda a arte do disfraz ou da construción dunha alma, a fachada que nos oculta ou descobre, a incerteza das liñas fisiognómica.

4 Cartel do Entroido de Xinzo Xinzo de Limia vén de facer público o cartel que promocionará o seu Entroido en 2015. A gañadora foi Katharina Ogea Cid, de Celanova, que estuda Belas Artes en Salamanca. Tamén Verín está a punto de dar a coñecer a creación vencedora do seu concurso de cartaces.

4 Ata mediados de xaneiro o Concello organiza actividades para pequenos e maiores. Redacción

Momento da presentación das actividades de Nadal de Verín./CEDIDA.

Verín vive o Nadal

4 Co Belén da Viruca, así como exposicións, obradoiros e xogos infantís. Redacción Co seu alumeado de Nadal xa aceso, o Concello de Verín, xunto a diversos colectivos do municipio, entre eles AEVER, ten preparadas multitude de actividades para estas festas. Unha delas é o tradicional Belén da Viruca, que conta con 150 metros cadrados e está sito no Salón Parroquial. Este belén permanecerá aberto ao público do 12 de decembro ao 11 de xaneiro. Pola súa banda, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra ‘O Nadal nas Artes’ (do 19 de decembro ao 5 de xaneiro), que presenta obras creadas polo alumnado da Escola de Artes e Oficios. O día 20, ás 12, será o turno do Concerto de Nadal na Casa da Cultura, a cargo dos estudantes do Conservatorio Elemental de Música. E ás 20 horas, no pavillón municipal, celebrarase a Gala IV Aniversario da Asociación Cultural Candaira, con cantos tradicionais das comarcas de Verín, A Limia e Conso-Frieiras. O 30 de decembro celebrarase o Torneo Interparroquial Solidario de Fútbol Sala no complexo deportivo de A Granxa. E o 4 de xaneiro, a partir das 18 horas, a Casa da Cultura acollerá a actuación “A cantar con María Fumaça”, de Uxía cos músicos Santiago Cribeiro e Héctor Lorenzo.

Actividades infantís Na Biblioteca Municipal, o 19 de decembro e o 2 de xaneiro, ás 18 horas, terán lugar dúas actividades de contacontos a cargo de Sarabela Teatro. A primeira será “Superhéroes” e a segunda “Iopu Iei”, e ambas precisan de inscrición no 988 41 47 76. Xa o 26 de decembro, a partir das 16.30 horas, chegará o Carteiro Real á praza do Concello. E o 29, o pavillón municipal acollerá o espectáculo infantil “Sueño de azúcar. Pinocho se despierta”, e o 3 de xaneiro o “Show de los Muñecos”, os dous a partir das 18 horas. Así mesmo, o 31 a patir das 10, no CEIP Amaro Refojo adiántase o ano novo co cotillón infantil de Noitevella. E o 5 de xaneiro chegará a visita dos Reis Magos, que percorrerán as rúas de Verín dende as 18 horas. Por último, o día 6, ás 20 horas, na igrexa da Mercé celebrarase o XXI Concerto de Reis. E para os avós O día 20, ás 16 horas, na residencia de anciáns Santa María celebrarase un concerto con temas clásicos e populares do Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música. Xa o 28, recibirán a actuación da Coral de Verín, para enchelos de cantos sacros e panxoliñas. E o 4 de xaneiro recibirán os cantos de aguinaldo por parte da Coral do Centro Sociocomunitario. Por último, o día 5, a par-

tir das 16.15, recibirán a visita dos Reis Magos. Solidariedade para Valeria O sábado 27 de decembro, ás 18 horas, terá lugar no pavillón municipal, o espectáculo musical “Non temos medo”, no que se recadarán fondos para doar á familia de Valeria de Dios, que precisa un caro tratamento de rehabilitación neurolóxica. Sétimo ‘Ludonadal’ Por sétimo ano consecutivo Verín contará co “Ludonadal”, no CEIP Amaro Refojo, do 20 de decembro ao 7 de xaneiro, de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Esta iniciativa, dirixida a nenos de entre os 3 e 10 anos, ten por obxecto incentivar o comercio tradicional, facilitar a conciliación dos pais e proporcionar aos cativos un espazo de lecer durante o seu tempo libre. Para que os cativos poidan participar nas actividades os pais deben presentar o ticket de compra dalgún dos establecementos da AEVER, ou abonar o tempo ou día utilizado.

O “Ludonadal” estará en funcionamento do 20 de decembro ao 7 de xaneiro, para nenos de entre 3 e 10 anos

O Concello de Xinzo ten previsto un amplo abano de actividades para celebrar o Nadal durante case un mes. Para os pequenos O 23 de decembro, na Casa da Cultura, de 11 a 13 horas, terá lugar un obradoiro de cociña para cativos. O domingo 28 o auditorio acollerá o espectáculo “Espantallo, amigo”; e o 4 de xaneiro, “Feliciano”; ambos ás 18 horas. Ademais, o 29 de decembro os nenos limiáns visitarán Pazolandia, no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense. Xa o 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán Xinzo para estar con pequenos e maiores. Visitarán o Centro Sociocomunitario, o Centro de Día e a Residencia de Terceira Idade Santa Mariña; e darán un paseo polas rúas repartindo caramelos aos cativos da localidade. Para os maiores O sábado 13 de decembro preséntase no Auditorio Ángel Cocho ás 19 horas o libro “Carlos Casares, Compromiso con

Galicia”, de Denís Vicente Rodríguez. O día 19, ás 20 horas, a nova publicación de Fernando Méndez. E o 16 de xaneiro, tamén ás 8 do serán, “KM 11. Estación Clandestina” do xornalista Manuel Dobaño. Tamén no auditorio, o 18 de decembro, ás 20 horas, celebrarase o Festival de Nadal a cargo da Escola Municipal de Teatro; o día 21 a cargo da Academia de Baile Danzón; e o 9 de xaneiro da man da Escola de Gaitas e Percusión. Tamén o 21 de decembro haberá un concerto da Coral Antioquía e o 27 da Coral Santa Mariña; ambos serán ás 20 horas na Igrexa Nova. Xa o 3 de xaneiro, a Agrupación Musical da Limia ofrecerá un concerto de Aninovo na Igrexa Nova dende as 20.15 horas. Pola súa banda, os días 19 e 22 de decembro a aula CEMIT acollerá, de 16 a 20 horas, o programa Actívate (dentro do II Plan de Galego de Inclusión Social). E os días 26 e 29, o auditorio será escenario de monólogos teatrais. Ademais, do 15 de decembro ao 15 de xaneiro permanecerá aberta ao público na Casa da Cultura a exposición “Cor, pincelada e expresión” de Alicia Larsson.

Os Reis Magos na súa visita a Xinzo en xaneiro de 2014.


OCIO E CULTURA

De Nadal en Celanova 4 Actividades infantís, exposicións, concertos e un concurso de pinchos son parte das iniciativas navideñas do Concello. Redacción Do 11 de decembro, coincidindo co acendido da iluminación navideña, ao 6 de xaneiro o Concello de Celanova organiza numerosas actividades para toda a familia para festexar o Nadal. Actividades infantís A primeira das actividades será unha videoconferencia con Papá Noel, que establecerán dende a aula municipal de informática os nenos (de 3 a 5 anos) dos colexios Sagrado Corazón e Curros Enríquez. O mércores 17 celebrarase a festa de Nadal da Escola Infantil Municipal Para toda a familia O 11 de decembro ás 19.30 horas na Casa dos Poetas terá lugar a presentación do libro “¿Por qué caen las manzanas?” de Juanjo Lamelas. O sábado 13 de decembro, dende as 9 horas comezará a expedición en vehículos 4X4, de Celanova a Castro Leboreiro pola Mota Grande, dentro do obradoiro de emprego “San Rosendo. Segue o camiño”. O martes 16 inaugúrase a exposición “Nimbos de luz” de Díaz Castro. E o venres 19 proxectarase o

documental do celanovés Bruno Nieto “Mil sorrisos e un perdón” (ás 20.30 horas no Auditorio Municipal) Xa o sábado 20 comezan as xornadas ONG, e ese mesmo día pola tarde terá lugar o Festival Provincial de Panxoliñas na Igrexa Parroquial. E o 27 de decembro, ás 19 horas, un Concerto Didáctico de Nadal da Escola Municipal de Música. Concurso de pinchos Os días 26, 27 e 28 de decembro bares e tabernas de Celanova e Banda participarán no Concurso de Pinchos de Nadal. Fin de ano e Reis O 31 de decembro a partir da media noite o Centro Social acollerá o Baile de Fin de Ano para todos os veciños, amenizado por unha orquesta. O luns 5 de xaneiro dende as 6 da tarde terá lugar a cabalgata de Reis durante a cal os Magos de Oriente percorrerán a vila repartindo caramelos entre os cativos e recollendo as súas peticións. Por último, o día 6 celebrarase ás 12 da mañá un belén vivinte na Igrexa Parroquial.

BARRIOS Decembro de 2014

21

Actividades navideñas para toda a familia en Allariz 4 Concertos, humor e xogos son algunhas das propostas. Redacción O Concello de Allariz ten preparado un amplo abano de actividades para este Nadal. Maiores e pequenos poderán gozar do 14 de decembro ao 5 de xaneiro, de concertos, monólogos, actividades para os cativos e a Cabalgata de Reis, entre outras. Dentro desta programación, inclúese a oferta lúdica para os máis pequenos como o Nadal Parc, que comezará o 26 de decembro. Unha iniciativa ubicada no pavillón do IES que acolle xogos, inchables e un espazo para as novas tecnoloxías. Pero, como novidade, este ano, os días 3 e 4 de xaneiro, o Nadal

Parc trasládase ata a piscina municipal, onde os nenos menores de 12 anos terán a posibilidade de xogar con inchables acuáticos. Ademais, por segundo ano, a Policía Local organiza un circuito de seguridade vial para que os nenos coñezan as normas viais cando van en bicicleta. Así mesmo, os máis deportistas poderán participar na carreira popular A Derradeira Solidaria “1 dorsal por 1 kg de comida”. Casa da Mocidade Con motivo das vacacións escolares, a Casa da Mocidade amplía o seu horario entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro para dar servizo a mozos e nenos, que poderán gozar de xogos e torneos.

A concelleira de Promoción Económica, Cristina Cid, e a de Cultura, Teresa Devesa, durante a presentación das actividades de Nadal./CEDIDA.

Ampla selección de roupa xuvenil ata a talla 70.

Moda ao grande en Komodamoda A nova tempada outonoinverno de Komodamoda, vén chea de cor, con moito estilo e gran comodidade para vestir a todas as súas clientas, que queren estar á última independentemente da talla que necesiten. En Komodamoda poden atopar unha ampla selección de roupa xuvenil até a talla 70. As pezas vaqueiras son como sempre un imprescindible, pero ademais do vaqueiro hai que engadir os pantalóns estampados que veñen con moita forza e dan un toque de cor aos días grises que estan por vir. Unha tempada máis imponse o estampado animal que ben combinado pódeche dar un toque sofisticado ou informal segundo a ocasión. Outro dos imprescindibles que podes atopar en Komodamoda é unha am-

pla coleccion en pezas de algodón 100%, como son as súas camisetas con moita cor e xuvenís ou os vestidos que se levan con media ou legging e unha bota alta, que é algo que nunca debe faltar no armario. En Komodamoda sábeno moi ben xa que teñen desde hai varios anos boas botas de fabricación nacional e en pel con deseños e gran calidade e o máis importante en cana ancha, que dan até 60cm na pantorrilla e alcanzan o numero 43. As cazadoras en polipel en varias cores e a prezos alcanzables tamén están nos estantes de Komodamoda e acompañan a chaquetóns, abrigos e o último, que son as capas en pano, xunto aos ponchos. Todo en tallas amplas xa que abranguen desde a 46 ata a 70. Non deixes de visitar Komodamoda, na rúa Cabeza de Manzaneda. Sorprenderaste!


22

BARRIOS Decembro de 2014

4AXENDA Exposicións - Ata o 27 de decembro “Imaxes do Alén” - Centro Sociocultural O Picouto - Ata o 11 de xaneiro - A Máscara - Fundación Vicente Risco de Allariz Música - 20 de decembro – Concerto do XXV aniversario da Banda de gaitas de Xinzo de Limia - 20h - Auditorio de Ourense Teatro - 28 de novembro - Perseguindo un sono - 20.30 horas - Casa da Cultura de Verín Espectáculos - 12 de decembro - Contos de Papá Noel - de 18 a 19.30 h - Biblioteca Municipal de Verín - Do 19 ao 21 de decembro - Festival Internacional Rebulir - Ramirás Feiras - Todos os xoves - Celanova - 11 de decembro - Verín - 13 de decembro - Paderne de Allariz - 14 de decembro - Xinzo de Limia - 15 de decembro - Allariz - 18 de decembro - Cualedro e Cartelle - 20 de decembro - Maceda - 23 de decembro - Rairiz de Veiga e Verín - 24 de decembro - Xunqueira de Ambía - 26 de decembro - A Merca - 27 de decembro - Xinzo de Limia - 1 de xaneiro - Allariz - 2 de xaneiro - Baños de Molgas e Calvos de Randín - 3 de xaneiro - Porqueira e Verín - 4 de xaneiro - Cartelle, sandiás e Maceda - 5 de xaneiro - Cualedro - 6 de xaneiro - Sarreaus - 7 de xaneiro - Vilardevós - 8 de xaneiro - Baltar - 9 de xaneiro - Oímbra, Vilar de Barrio e Xunqueira de Espadañedo

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Aquel Nadal coa candea Daquela, os rapaces do barrio, nas entrañas do fermoso Verín antigo, esperabamos a chegada do Nadal con ansia. As candeas facíanse notar na rúa, ao carón dos portóns das casas, a primeira hora, entre a néboa. Eran datas de ledicia, xoldra e reunión cos veciños, sentíase algo especial. A chegada dos ausentes, por mor do traballo, enchía de esperanza e vitalidade o barrio, apurarando a tope os poucos días que traían para estar entre os seus. Aquel Nadal de antano, inesquecíbel para todos nós, era doutro xeito, outra forma de vivir e gozar. No meu lar, a candea ardía no patio, co avó pendente dun lume purificador, que, coa maxia dos antergos, convertíase no mellor aliado dun fogar acolledor. Non hai mellor abrigo que a familia ao carón dunha mesa chea de cariño e amor. A infatigable avoa dáballe xeito á receita con sabiduría, para agradar unha prole numerosa, que con infinito entusiasmo, seguía con orgullo as pautas da tradición ancestral de sentir a Noite Boa como a

noite máis entrañable. O bacallau coas patacas outra vez deu que falar… non podía estar máis rico! Coido que os avós foron e serán parte fundamental destas estrolas familiares, que non deberiamos esquecer xamais. Agora, despois dos anos, lémbrome daquelas miradas do avó, que con medio sorriso, mestura de nostalxia e ledicia, cumpría co seu gusto de ternos a todos, outro ano máis ao seu carón, e ao mesmo tempo dando a lección primordial do que debe ser a familia e o respecto. Entre grolo e grolo a noite fundíase entre sorrisos e anécdotas que xurdían de súpeto. Os rapaces iniciabamos a noble costume de brindar, e con permiso especial, por un día, mollabamos o dediño nunha pinga de viño, e cumpriamos coa obriga como Deus manda. Rulaban os doces de todos os xeitos, onde non faltaba o roscón fresco e esponxoso, e como non, o turrón de chocolate. Coa barriga chea comenzaba o folclore e as panxoliñas brotaban sen parar, unha tras da outra, facéndonos por un intre tocar o ceo.

4CARTAS AO DIRECTOR

Discriminación no medio rural Escribo para dar a coñecer a discriminación que temos no medio rural principalmente en Porqueira. Como xa saben vostedes van cambiar o sinal do TDT e algunhas canles aínda non emiten pola nova frecuencia. Eu cambiei hai pouco a antena e incluso lle puxen un amplificador pero non recibo sinal. Pero non só eu, tamen outros veciños e veciñas. Os tecnicos veñen, cobran e estáfannos a min e a outros veciños e veciñas. Chamamos á Xunta

e nos din, ou cortamos a árbore ou nos aguantamos e non nos dan solución. Nós queremos unha boa cobertura de TDT como de internet; fixemos presión á Xunta e á Deputación pero non nos fan caso e incluso falamos ca alcaldesa que nos di que é zona de sombra ,a quen cres? E os antenistas tómannos o pelo; a min visitaronme dous e din cousas distintas, e cóbrannos. Pedimos unha subvención para unha antena parabólica e non nola deron porque, supostamente, temos boa

O avó, despois de escoitar as cantigas máis modernas, arrincaba emocionado en solitario coas súas, aquelas que cando era neno escoitou, fermosas e centenarias letras do Nadal en Vilardevós, que con gusto transmitiunos á súa maneira e que, hoxe, tamén nós cantamos cos nosos fillos, para que esta divina tradición non se esqueza co tempo. “De quen son estos Palacios, feitos de palma e oliva? Uns son do Rei do ceo e outros da Virxe María… e outros son destes señores que por moitos anos vivan!”. Ben seguro que os que agora estades a ler estas letras, tamén tedes unha particular historia de Nadal, coas lembranzas e costumes dos avós. Coido que mirar atrás para lembrar non é tempo perdido, porque a candea que prenderon os vellos non deixará xamais de quentar os nosos corazóns e sinalar con orgullo o camiño, o mellor camiño... Bon Nadal para todos! Miguel A. Prieto “Chita”

cobertura de TDT. Por iso queremos unha solución e querémola xa porque nos están dañando fisica e moralmente por iso pido que non nos enganen e que non discriminen o rural. Fontes consultadas din que teñen problemas coa sinal de TDT. Agora veñen eleccións municipais, pois é o momento de decidir que futuro queremos para Porqueira e levantar un concello a piques de desaparecer. Queremos mellorar o sinal do TDT e imos recoller firmas e negociar coas autoridades pertinente. Animo e adiante. Araceli Losada

9º Festival Internacional Rebulir en Ramirás 4 Do 19 ao 21 de decembro. Redacción Ramirás volverá ser o epicentro da convivencia intercultural do 19 ao 21 de decembro. E iso porque se celebra a novena edición do FIR (Festival Internacional Rebulir, de Música Étnica e Tradicional) da man da Asociación Cultural Rebulir. Como en edicións anteriores, este certame acolle a grupos chegados de diferentes países. Durante eses días haberá múltiples actividades que, acorde a filosofía da asociación, serán todas de carácter gratuito e abertas a todo o público. Este ano participarán os grupos: Colectivo Rebulir (Ramirás - Ourense); Escola Xirondiña (Pontedeva - Ourense); A Pontevella (Teo - A Coruña); Aires de AListe (Zamora); Grupo Xinglar (Zaragoza); G.F. de Corroios (Setubal); Ballet Jammu (Dakar) e Grupo folk Puntada sen Fío. A programación comezará coa presentación e apertura do festival no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Xa ás 13 horas, en Ramirás, haberá animación. Para rematar o día, ás 22 horas actuará o grupo de Aragón no programa da TVG,

Luar. Durante o venres chegarán a Ramirás todos os grupos participantes. Durante a mañá do sábado os integrantes dos grupos visitarán a cidade de Ourense e as termas. Ás 17.30h comezará a recepción dos grupos, e ás 18.45h está prevista unha degustación de produtos típicos de Aragón, Portugal, Zamora, Galicia e Senegal. Ás 19 horas comezará a gala do festival no polideportivo do Picouto, presentado por Miguel Ferreiro e que terá ao presentador Xosé Manuel Piñeiro coma padriño. O último día, domingo 21, ás 00.30h farase unha Jam Sesion Intercultural (con conxuro da queimada) na Cafetería América de Celanova, onde se despedirá e clausurará o Festival Rebulir 2014. Exposición A novidade deste ano será que do 13 ao 27 de decembro o Centro Sociocultural O Picouto acollerá a exposición “Imaxes do Alén”. Esta mostra recollerá fotografías dos lugares de procedencia dos colectivos participantes, coa finalidade de achegar o visitante á orixe e procedencia das diferentes culturas.

Cartel do Festival Rebulir 2014.


CLASIFICADOS

BARRIOS Decembro de 2014

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@ periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz Nº8 - Ano: IX - Decembro 2014 - Difusión: 15.000 exemplares Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Compro terreo, máximo 5001000 m2 preto de Ourense, máximo 10 kms aprox. Non importa que teña edificación de calquera tipo. Prezo ata 3.500 euros. Tel. 636 32 95 24. Alugo piso zona O Couto. Reformado. Tel: 677 494 645. Alúgase praza de garaxe en Edificio Malingre, avda de Portugal, 4. Tel. 679 446 301. Alúgase praza de garaxe pechada na rúa Pena Trevinca, 40. Por 50 euros/mes. Tel. 649 255 033. Vendo piso na avenida de Portugal (zona Couto) a 5 minutos do centro de Ourense. Ascensor e calefacción central. Opción de praza de garaxe. Teléfonos: 988 22 39 32 / 657 402 184. Alúgase piso na zona do Couto. 23 dormitorios, cociña, baño, adega (30 m). Amoblado. Moi soleado. Tel. 677 49 46 45. Alugo local económico e acondicionado de 15 m xunto parada do autobus. Tel. 627 203 131. Véndese fábrica de embutidos en funcionamento con clientela. Tel. 667 95 93 41. Véndese casa con finca na estrada de Santiago Tel. 637 00 59 10. Alugo oficinas na rúa Progreso ao lado dos Xulgados. Prezo a convir. Tel. 637 00 59 10. Alúgase praza para moto no garaxe do edificio Mercadona da avenida de Santiago. Tel. 988 21 29 00. Urxe vender piso a 10 minutos de Vigo, equipado, renovado. Tel. 636 422 497. Urxe vender piso en praza España -Vigo-. Bo prezo. 3 habitacións, garaxe e trasteiro. Tel. 639 816 209. Alúgase praza de garaxe pechada, con pequena adega. En Faustino Santalices (edificio Servipel). Tel. 988 22 21 79. Véndese piso en rúa Carlos Maside (O Couto). Tres habitacións, calefacción e amplia bodega. Totalmente reformado. Prezo económico. Tel: 677 494 645. Alúgase praza de garaxe ao lado praza do Couto. 45 € Tel: 606 03 57 81.

VENDAS

Vendo un ciclomotor, unha presa pequena para sidra e un canón nebulizador. Tel. 686 54 00 87. Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cristal dobre Climalit. medidas: 52cms de alto por 115cms de largo.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44 Véndense apéndices Durvan a 10 euros novos sen desprecintar. Tel. 988 60 70 75. Vendo rodas de coche. 185/80/ R14. Tel. 663 376 002. Cómprase cinta de andar eléctrica. Tel. 698 157 448 (whatsapp). Zona Verín. Vendo bicicleta de muller. Tel. 637 00 59 10. Vendo sofá 3x2, enfriador de botellas, apeiros de labranza para decorar, unha caldeira de gas cidade. Tel. 637 00 59 10 Vendo secadora sen apenas uso. Económica. Tel. 988 25 43 86.

Vendo manequíns en perfecto estado, modernos, con pelo esculpido. A 150 euros cada un e tres xuntos 400 euros. Tel. 988 25 43 59.

Vendo ventá de ferro con cristais de 1 x 1,4 5m. 30 euros. Tel. 686 54 00 87. Vendo postes de pedra para viña. Tel. 686 54 00 87 Véndese leña de carballo. Tel. 630 521 448. Véndese colchón antiescaras por 40 € e coxín de latex (antiescaras) de 25 € e 20 €. Tel 606 03 57 81. Véndense cinco rodas de Ford Escort 18560R14 en bo estado, e varias ferramentas de albanelería. Tel. 663 376 002.

EMPREGO Ofrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, organización de trasteiros. Chamar tardes. Tel. 618 806 516. Señora de 50 anos con curso de formación en bebés ou nenos maiores dun ano ofrécese en Xinzo para coidar nenos desde un ano de vida ata tempo a convir polo empregador, instruíndoos a través de xogos, lectura e diálogo infantil. Tamén levalos á escola. Tel. 611 353 009 ou jonimia64@gmail.com Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 521 448. Ofrécese modista para particulares. Bo prezo. Calidade e puntualidade. Tel. 988 255 302. Ofrécese mozo para traballar do que sexa (principalmente de camareiro). Tel. 609 919 362. Ofrécese piano e voz para eventos e clases particulares de piano, linguaxe musical e canto. Contacto: 663 733179; duopianovoz@gmail.com; e Facebook. + info en: www.youtube.com/ user/duopianovoz Ofrécese decorador estilo graffiti (para persianas, exterior, interior, debuxos infantís, paisaxes, caricaturas, etc). Tel. 697 202 979. Necesítanse auxiliares de axuda a domicilio para traballar en decembro en Verín. Tel. 687 023 641. Dánse clases a domicilio durante o curso 2014-15. Especialidade en matemáticas xerais.Todas as etapas. Tamén outras materias. Ampla experiencia. Económico. Con CAP.Tel 636 6195 89. clasesadomicilio2014@hotmail.com

CONTACTOS Ofrécese mozo de 34 anos para mulleres de 45 a 65 anos. Tamén para despedidas de solteira e estriptis. Tel. 662 281 312.

4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Decembro de 2014


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.