Barrios 187

Page 1

[Páx. 4]

ELECCIÓNS Páx.5 ALLARIZ Páx.11 OURENSE Páx.7 VERÍN Páx.8

Valcárcel e Seoane continúan á fronte dos Concellos de Barbadás e Verín

O Salón do Vehículo Clásico celébrase en Expourense os días 24 e 25 de xuño

Pepe Viyuela será un dos protagonistas do FIC, co espectáculo “Encerrona”

Encontros con autores literarios no 2º FLAZ o 30 de xuño e 1 de xullo

Jácome 23-27

[Páxs. 2-3]

DEPORTES Páx.13

“Cohete”, do Skoda Fabia RS Rally2, vence na 56ª edición do Rally de Ourense

Ourense en festas

[Páx. 6]

Número: 187 - Ano: XVI - 22 de xuño de 2023 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Gonzalo Jácome continúa como alcalde de Ourense, dado que DO foi a lista máis votada no 28M. // As Festas de Ourense 2023 inclúen gran diversidade de actividades.
O apelido Baltar deixará de gobernar a Deputación de Ourense tras 33 anos

Jácome logra gobernar catro anos máis

4 Un pacto "in extremis" co Partido Popular dalle a alcaldía ao líder de Democracia Ourensana.

Redacción

O sábado, 17 de xuño, conformouse a corporación municipal de Ourense e con ela elexiuse ao alcalde da cidade para o vindeiros catros anos.

Media hora antes do pleno, palpábase un ambiente enrarezido na praza Maior. As terrazas estaban ateigadas de xente expectante polo que ía acontecer no Salón de Plenos a partir das 12 do mediodía. Nunha delas, os socialistas, con cara de poucos amigos, sabedores de que tiñan a partida perdida. Nin rastro de PP, DO e BNG. Ao carón do Museo Arqueolóxico un grupo de turistas despistados que non sabían se mirar cara un museo pechado desde fai anos ou cara unha

Casa Consistorial que se xogaba o devir dos próximos catro anos.

Pola entrada noroeste da praza Maior, un grupo de gaiteiros escoltaban aos concelleiros de Democracia Ourensana, con Jácome

á cabeza; con paso firme achegáronse ata o concello. Na porta, un veciño pediulle a Jácome entrar para ver o pleno ao que este replicou: "que che dean un pase os do PP". Subiron todos e foron colocándose nas súas cadeiras. Medraba o ambiente coa aparición dos populares; Pumar acompañaba ao que fora alcalde de Ourense, Manuel Cabezas, a quen lle indicou onde debía de sentar. A pesar de ser o alcalde durante 12 anos, despois de tantos alonxado da política local a desorientación reflexábase na súa faciana, como se reflexaba a tensión do momento e era clara cando nin tan sequera saudou aos representantes de Democracia Ourensana.

Uns minutos despois, os socialistas levantáronse da terraza e con paso lento marcharon cara o Concello. Polo arco da porta nobre apareceu Paco Rodríguez quen, como Cabezas, fora antano alcalde e leva uns anos afastado da polí-

Paco Rodríguez sentou no seu banco e ao cruzar a mirada con Cabezas levantou as cellas en sinal de que non se puido facer nada

tica. Sentou no seu banco e ao cruzar a mirada con Cabezas levantou as cellas en sinal de que non se puido facer nada. Logo decidiu ir a saudalo persoalmente, dándolle a man e un gran abrazo a Pepe Araújo. Como os populares, os socialistas nin miraron a Jácome.

Os últimos en chegar foron os catro edís do BNG, que dobraron a súa representación con respecto a fai catro anos. Taciturno, Luís Seara saudou a Paco e ocupa o seu asento, ven-

do como a oportunidade de desaloxar a Jácome do Concello e ao PP da Deputación esmorecía.

O pleno

Unha vez que estaban os 27 concelleiros (10 de DO, 7 de PP, 6 de PSOE e 4 de BNG) deu comezo o pleno. Conformouse a mesa de idade que colocou a Paco Rodríguez como o de máis idade e á nacionalista Erea Blanco como a máis nova de toda a corporación. Tras varios trámites, como xurar ou prometer o cargo

de concelleiros, chegou o momento máis decisivo: a elección do alcalde. A pesar do pacto entre PP e DO, que o apuntaba como alcalde, Gonzalo Jácome estaba nervioso por se algún dos concelleiros do PP non facía caso ás directrices da cúpula do partido en Galicia e cambiabanno último momento o seu voto (horas antes, Cabezas dixera que os seus compañeiros íanse votar a si mesmos, o que lle aseguraría a Alcaldía a Jácome). Un a un, os concelleiros foron deixando o seu voto na urna. Rematada a votación, Paco Rodríguez foi o encargado de decir o nome do candidato elexido en cada papeleta. A maioría apuntaba nunha folla o número de votos de cada candidato. Previamente, Seara (BNG) renunciaba á súa candidatura nunha declaración de intencións de que o seu voto e os dos seus com-

pañeiros irían para o candidato socialista. Comezou o reconto e soaban os nomes de Jácome, Cabezas e Paco. Finalmente, o secretario do pleno indicaba que Jácome tivo 10 votos, os mesmos que Paco Rodríguez; Cabezas contabilizou seis. Sen unha maioría absoluta, a lista máis votada foi a gañadora e Gonzalo Pérez Jácome será o alcalde de Ourense durante os próximos catro anos. Trala tensión do reconto comezaron os abrazos nas fila de Democracia Ourensana. Os primeiros en facelo foron Jácome e o seu segundo de abordo: Armando Ojea. Despois, o alcalde lanzou bicos ao público asistente antes de achegarse á mesa presidencial onde o espera Paco Rodríguez para darlle o bastón de mando. Levantouno ao ceo e mirouno como quen mira a un botín que foi difícil de conquistar. Durante o seu discurso revelou que, pola tensión das negociacións das últimas horas, non preparara nada para dicir, pero si que destacou a honra que lle supuña ser o alcalde da cidade. Tamén desvelou que para el o obxectivo principal “é que en Ourense se viva mellor” e advertiu que non poden -el e os seus concelleiros- perder “a razón pola que estamos aquí”. Rematado o pleno, os gaiteiros tocaron o himno galego. Despois, vencedores e vencidos saíron á praza Maior, uns para festexar a vitoria e outros para censurar o acontecido no pleno facía uns minutos.

Jácome tivo 10 votos, os mesmos que Paco Rodríguez; Cabezas contabilizou seis. Sen unha maioría absoluta, a lista máis votada foi a gañadora e Gonzalo Pérez Jácome será o alcalde de Ourense os próximos catro anos

2 Barrios 22 de xuño 2023 ELECCIÓNS 28M / OURENSE
Jácome, pechando o puño, ao saberse reelexido alcalde de Ourense. /RAMSÉS. Jácome diante de Paco e coa atenda mirada de Cabezas ao fondo. /RAMSÉS.

Jácome relata as negociacións mantidas cos partidos para poder ser investido alcalde

4 Explica as reunións con PSOE e PP ata chegar ao acordo final cos populares.

R.T.

Días despois da investidura e cos nervios xa calmados, o reelexido alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, relataba en rolda de prensa as reunións mantidas con PSOE e PP de cara a pactar un acordo que o levara novamente a ser alcalde.

No Salón de Plenos do Concello de Ourense e armado cun rotulador e uns folios, o rexedor foi explicando paso a paso como foron as negociacións cos distintos partidos políticos. Primeiro, aclarou o complicado dunhas negociacións na que os outros partidos tiñan disputas internas, xa que as persoas que representaban aos partidos no ámbito local pensaban diferente de como o facían os que representaban ao partido na provincia e en Santiago (os políticos locais querían fulminar a Jácome, mentres que no resto da provincia e en Galicia, Jácome era un mal menor se lograban facerse coa Deputación Provincial).

Jácome asegurou que o odio que teñen BNG e PSOE á súa persoa fixo que perderan tanto o Concello como a Deputación e quedaran sen nada "como hai catro anos", recordaba.

"O BNG sempre dixo que non querían nin ao PP nin a Jácome e ao final quedaron os dous", denunciaba o alcalde.

Reunións

Trala aclaración, o rexedor foi contando como foran as negociacións. Comenzaron cunha mensaxe de WhatsApp a Luis Seara (BNG) para reunirse, pero este derivouno ao seu cuarto na lista, polo que descartou seguir coa conversa cos nacionalistas. "Contactamos con eles

Presentados os candidatos a Congreso e Senado

4 BNG, PP e PSOE veñen de

para o 23J.

Redacción

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asistiu este mércores á presentación das candidaturas do seu partido para o Congreso e o Senado pola provincia de Ourense nas vindeiras eleccións xerais.

Jácome foi explicando nunha pizarra como avanzaron as negociacións con BNG, PSOE e PP nos días previos á súa investidura. /RAMSÉS.

e déronnos largas", aseguraba. Para Jácome, os do BNG foron "villanos", ademais de "tontos" caendo "no xogo de trileiros do PP", acusándoos de que goberne o PP os vindeiros catros anos.

Toda vez descartada a opción nacionalista, o PSOE aproximouse a DO catro días despois das eleccións, sendo o secretario de Organización del PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, o que convoca a Jácome nun descampado do Concello de Ames (A Coruña) ás 11 da noite. Na mesma, Lage Tuñas asegurou que os socialistas non podían ter concello e Deputación e que elixían quedarse coa segunda a cambio de darlle apoio a Jácome no Concello. Lage, quen dixo que non podía trascender o falado nesa ocasión, citouno novamente no aparcadoiro da Cidade da Cultura un día pola tarde, onde a xente o recoñeceu, algo que sorprendeu ao agora rexedor ourensán. Lage quería pechar xa un acordo, pero Jácome non se fiaba ao ter que contar

coa complicidade do BNG. Deste xeito chegábase ao venres, un día antes da investidura. Sen acordo en firme co PSOE, Jácome reuniuse co PP en Vilar de Astrés para tentar chegar a un acordo xa que era a vía máis factible debido ao "entendemento" entre as dúas partes. Porén, durante a reunión os populares dixéronlle da intención de facer alcalde a Paco Rodríguez, cousa que a sentiu coma un farol. "O PP non lle ía dar os votos ao PSOE a poucas semanas das eleccións xerais", teorizaba Gonzalo Jácome.

Xiro

Horas despois, o PSOE chamouno comunicándolle que BNG quería "un cambio no Concello, polo que votaría ao PSOE", polo que Jácome suxeriulle aos socialistas que se abstivesen, xa que, de facelo, "os votos de BNG e PP non daban para facer alcalde a Paco" e poderían seguir co acordo. "Pero estes dixeron que son un partido serio e que non se poden non votar a eles

mesmos", revelaba.

Ás oito da mañá do día da investidura, Jácome chamou ao PSOE sen recibir resposta, polo que tiña vía libre para firmar un acordo co PP. "A pesar de que sabía que era un farol que o PP apoiaría ao PSOE eu quería ter pechada a investidura", afirmaba. O PP mandoulle unha proposta cunhas cláusulas coas que non estaba de acordo e, minutos despois, chegaba a proposta sen esas cláusulas. "Tanto PP coma nós estabamos desexosos de pechar o acordo. A decisión estaba tomada". O resto xa é historia.

Jácome pechou o acordo definitivo co PP a mesma mañá da sesión de investidura, tras realizar unha chamada ao

PSOE sen recibir resposta

Noa Presas encabeza a lista do BNG ao Congreso.“É ben coñecida polo seu traballo como deputada no Parlamento galego a favor de Ourense, onde é unha referencia indiscutible polo seu rigor, pola súa paixón e polo seu compromiso coa xente de Ourense”, indicou Pontón. Como número dous da candidatura sitúase Eugenio Quintas, concelleiro en Verín e médico no Hospital comarcal. E completan a lista Alba Feixó e Artai Gavilanes. Pola súa banda, a dos candidatos ao Senado está formada por Cristina Cid, Xurxo Rodríguez e Xosé Carballido

PP

O Partido Popular tamén fixo públicos os seus candidatos ás Cortes Xerais. Para representar a Ourense no Congre-

so, os populares escolleron a Ana Vázquez, Rosa Quintana, Celso Delgado e Miguel Ángel Michinel; e para o Senado, a Carmen Leyte, Luís Menor e Rosa Sánchez Gándara. Desde o PP sinalan que se trata de “personas que contan cunha extensa traxectoria política, así como unha contrastada experiencia na xestión pública e no sector privado, candidatos que enriquecen o proxecto que preside Alberto Núñez Feijóo".

PSOE

Pola súa banda, catro nomes moi coñecidos integran a candidatura do PSOE para o Congreso en Ourense, trátase de Marga Martín, Noela Blanco, Alfredo Laudelino García e e José Ramón Fernández Morgade. E tamén a candidatura socialista ao Senado conta con tres figuras coñecidas: Rafael Villarino, Miguel Bautista e María Alida Iglesias.

Noa Presas, Ana Vázquez e Marga Martín encabezan as listas de BNG, PP e PSOE para o Congreso

3 Barrios 22 de xuño 2023
ELECCIÓNS 28M / 23J
Presentación das candidaturas do BNG./RAMSÉS.
facer públicas as súas candidaturas

O Concello constitúe a Xunta de Goberno Local

O apelido Baltar deixará de gobernar na Deputación

4 José Manuel Baltar Blanco renuncia ao ente provincial tras 11 anos presidíndoo.

R.T.

Redacción

O salón de plenos acolleu a sesión extraordinaria de constitución da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense para o novo mandato municipal. Estará formada polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que a preside, e catro concelleiras e concelleiros do Goberno municipal. Xunto a Jácome conformarán a mesma: Armando Ojea Bouzo, Antonio Fernández Martín, Ana Fernández Nieto e Aníbal Pereira Nóvoa. O secretario da Xunta de Goberno Local será Armando Ojea e o seu substituto, nos casos de ausencia, enfermidade ou abstención, será Antonio Fernández Martín.

Periodicidade

Esta primeira sesión incluíu dous puntos na súa orde do día: a constitución da Xunta de Goberno Local e a posta en coñecemento do decreto da Alcaldía de 19 de xuño relativa, entre outros aspectos, á súa periodicidade e horario de

celebración. As sesión ordinarias serán semanalmente, os luns, ás 8.30 horas.

A Xunta de Goberno Local é o órgano que, baixo a presidencia do Alcalde, colabora de forma colexiada na función de dirección política que a este lle corresponde e exerce as funcións executivas e administrativas que se sinalan na Lei de Bases de Réxime Local, as demais que expresamente lle atribúan as leis e todas aquelas que, por delegación, lle transfira o alcalde.

A Xunta de Goberno Local estará conformada polo alcalde, Pérez Jácome, e os concelleiros Armando Ojea, Antonio Fernández, Ana Fernández e Aníbal Pereira

José Manuel puxo fin a 33 anos do apelido Baltar gobernando na Deputación Provincial de Ourense. E fíxoo mediante un comunicado e un audio enviados nunha nota de prensa, lonxe da pomposidade do seu pai hai 11 anos cando reuniu na sede da Deputación Provincial a todos os medios de comunicación para anunciar a súa retirada da vida política. Baltar Blanco fixo efectiva a súa renuncia ao non coller a súa acta como concelleiro de Esgos (para presidir a Deputación é preciso ser concelleiro nalgún dos concellos da provincia), polo que nin tan sequera formará parte da corporación provincial.

Chaves

Este desenlace de Baltar na Deputación provincial pódese explicar con varias chaves: audios, exceso de velocidade e perda da maioría absoluta, foron minando o poder e credibiliade de Manuel Baltar.

Antes da campaña electoral saían á luz varias multas de varios coches do parque móbil da Deputación. En concreto, unha delas era por un exceso de velocidade que, máis aló de conlevar unha sanción, pola gravidade dos feitos, o expresidente da Deputación será xulgado polo penal, xa que foi pillado a 215 km/h na autovía

A-52 na provincia de Zamora en dirección Madrid. Esta velocidade, ao exceder en máis de 80 km o límite permitido en autovía, pasa a ser un delito penal; ademais, días máis tarde, desvelouse que nese mesmo traxecto fora captado á altura de Allariz a unha

velocidade de 173 km/h, polo que a súa excusa de "despiste" perdía credibilidade. A boa nova para el foi que o avogado puido retrasar o xuízo rápido para despois das eleccións municipais. Xunto a estes dous excesos, houbo máis casos de multas por unha condución inapropiada dos vehículos oficiais da Deputación. Dúas multas máis interpostas á muller e á filla do que fora o xefe do parque móbil (a segunda é funcionaria da Deputación ourensá), e outra a maiores da que asegurou a imposibilidade de averguar quen conducía o coche e resultando que Balta ía de copiloto foron mermanda cada día máis ao presidente popular.

Pero é que se cada vez estaba máis cuestionado, o xornal eldiario.es sacaba uns audios no que o irmán de Baltar -José Luis, como o pai- falaba de mordidas en obras contratadas pola Deputación.

Pero a puntiña foi, sen

clos "teñen un principio e un final" e descartou que Baltar seguira por moito tempo a presidir o PP da provincia de Ourense. Ademais, agradeceu a súa "xenerosidade" decidindo deixar "paso a outros compañeiros". Polo tanto, será presidente provincial ata o próximo congreso ao que non se presentará para a súa reelección.

Manuel Cabezas

A renuncia de Baltar desvelouna o candidato do PP á alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, ao tempo que chegaba a todas as redaccións a nota de prensa da renuncia de Baltar. Cabezas asegurou ter mantido unha conversa telefónica con el na que llelo fixo saber. O ex alcalde de Ourense quixo dedicarlle boas palabras ó dicir que "hónralle" a decisión, desde "o persoal e o político".

dúbida algunha, a perda da maioría absoluta nas eleccións municipais do 28 de maio. Con 12 deputados, o Partido Popular non lograba unha maioría que podería deixar respirar a Baltar e vía como perigaba seriamente o Goberno provincial despois de 40 anos.

Explicacións No comunicado enviado, o ata agora presidente da Deputación aseguraba que esta decisión a tomaba para "facilitar que a Deputación provincial teña un presidente ou presidenta do Partido Popular". Tamén incidía en que a configuración das corporacións non é "cuestión de nomes senón de siglas e de proxectos".

Alfonso Rueda

Días despois da renuncia de Baltar a continuar na Deputación, o presidente da Xunta de Galicia, o popular Alfonso Rueda, declarou que todos os ci-

A saga Baltar

A saga dos Baltar gobernou durante 33 anos na Deputación Provincial de Ourense -22 con Baltar Pumar e 11 máis con Baltar Blanco-. Uns anos nos que dominaron a provinca de principio a fin incluso enfrontándose ao seu propio partido en Santiago. A suposta morte de Jesucristo foi aos 33 anos, cabe a posiblidade de que os Baltar resuciten na vida política?

4 Barrios 22 de xuño 2023 ELECCIÓNS
OURENSE
28M /
Alfonso Rueda declarou que todos os ciclos “teñen un principio e un final”
Entre Baltar pai e fillo gobernaron na Deputaciòn durante 33 anos
Manuel Baltar durante un mitin da campaña electoral.
4 Para o novo mandato municipal, que se reunirá todos os luns ás 8.30 horas.
Ojea, Fernández, Nieto e Pereira, os catro concelleiros que xunto con Jácome conformarán a Xunta de Goberno Local.

Barbadás e Verín manteñen o mesmo alcalde

4 Valcárcel e Seoane continúan catro anos máis.

Redacción

Os concellos de Barbadás e Verín non varían o seu organigrama na corporación municipal e terán durante os próximos catro anos un alcalde do PSOE: Xosé Carlos Valcárcel e Gerardo Seoane, por Barbadás e Verín, respectivamente.

Verín

Se fai catro anos a corporación municipal de Verín estaba confeccionada por oito concelleiros

do PSOE, cinco do BNG e catro do PP, as eleccións municipais de 2023 deixaron o mesmo panorama en cuanto ao número de concelleiros de cada partido. Iso si, tanto PSOE coma PP perderon votos, mentres que o BNG gañou varias decenas deles. Pola súa banda, VOX era a outra formación que se presentou no 28M; se ben non conseguiu representación si que o votaron 219 veciños, o que supón o 3,25% da intención de voto.

Días antes do pleno de investidura, PSOE e BNG firmaban un novo acordo (o terceiro) polo que cogobernarán a vila do Támega durante catro anos máis. O bipartito volverá marcar os designios de Verín con Gerardo Seoane como alcalde e Diego Lourenzo como tenente de alcalde. Durante a investidura non houbo sorpresas e Seoane seguirá co bastón de mando durante catro anos máis. Na oposición seguirá un Partido Popular que agora

ten en Lara da Silva como cabeza visible, logo de deixar a política Juan Manuel Jiménez Morán.

Os votos de PSOE e BNG sumaron 13 a favor de Gerardo Seoane, superando claramente a maioría absoluta (están en nove); Lara da Silva contabilizou catro.

Xunto a Seoane, serán concelleiros por parte do PSOE: Rosario Rodríguez Delgado, José Luís Martín Domínguez, Julio Viéitez Pardelas, Cándida Couñago Lara, Manuel

Lorenzo Feijoó, Vicente González Pérez e María Isabel González Fernández. A Lourenzo, acompañarán por parte do BNG: Samanta Barreira Vivian, Eugenio Quintas Albores, Purificación Caldelas Rodríguez e Abelardo Meiriño Vieites. E con Lara da Silva, estarán nas filas populares: Aitor Álvarez, Sonia Árias e Beatriz Blanco.

Barbadás Xosé Carlos Valcárcel reditará alcaldía no mandato 2023-27, e o fará novamente cunha maioría simple (como xa o fixera nos catro anos anteriores). Estas eleccións foron un calco das eleccións co PSOE con sete concelleiros; o PP con seis; o BNG con dous; DO cun concelleiro; e Partido Galego cun concelleiro (fai catro anos o seu cabeza de lista, Ramón Padrón, ía por Compromiso por Galicia logrando un concelleiro como nesta ocasión).

Valcárcel enfróntase a este mandato "cun profundo sentimento" de responsabilidade e compromiso. O rexedor sinalou que o seu obxectivo principal será esforzarse "por mellorar a calidade de vida dos veciños", baseándose na "honestidade e na lealdade aos seus principios e aos cidadáns". Subliñou que a honestidade e a transparencia serán os pilares do seu goberno e reafirmou enfáticamente que todos os concelleiros

e concelleiras socialistas de Barbadás son incorruptibles.

Un dos elementos estratéxicos que o alcalde reelexido destacou foi o desexo de abordar “os desafíos colectivos a través da unidade”, promovendo “acordos que beneficien ao municipio de Barbadás”. A súa intención é construír un goberno que represente a diversidade do concello e se centre no que é común entre todos os seus cidadáns.

Valcárcel lembrou os difíciles tempos pasados durante a pandemia de COVID-19, homenaxeando a aqueles que xa non están entre nós e agradecendo aos veciños que colaboraron para suavizar as dificultades durante a crise sanitaria. Expresou a súa confianza na capacidade de resilencia e superación da poboación de Barbadás e comprometeuse a continuar traballando incansablemente para lograr un futuro máis xusto e próspero para todos.

En Verín reedítase o pacto entre PSOE e BNG con Diego Lourenzo como tenente de alcalde, e en Barbadás, os socialistas continuarán gobernando en minoría

5 Barrios 22 de xuño 2023
ELECCIÓNS 28M / BARBADÁS E VERÍN Concelleiros socialistas para este mandato 2023-2027 no Concello de Barbadás.

Xogos de auga na Alameda do Cruceiro

Redacción

O Concello de Ourense puxo en funcionamento os Xogos de Auga no parque da Alameda do Cruceiro. O horario de funcionamento será ininterrompido de 10.00 a 21.00 horas, todos os días da semana, até o 15 de setembro.

Ademais de activar este recurso acuático para a cidadanía, o Concello desenvolverá, nos meses de xullo e agosto, actividades de dinamización infantil: xogos populares, xogos de auga, xogos con esponxas de auga, obradoiros de globoflexia, obradoiros de pompas de xabón, etc. Realizaranse de luns a venres en horario de 19.00 a 20.00 horas en función da afluencia de público e sempre que a climatoloxía o permita.

Probas de calidade da auga

Entre as 8.15 e as 9.00 horas, e entre as 16:00 e 16:30 horas, realizaranse revisións diarias do estado da instalación, cunha análise diaria dos parámetros de calidade da auga do circuíto segundo a normativa actual, así como rexistro de todos os datos no libro de autocontrol. Tamén se realizarán tarefas de limpeza de filtros e da zona de chorros. No intervalo de maior afluencia de usuarios, haberá persoal destinado a levar o control do recinto e a asistencia aos usuarios. Tamén se realizará a asistencia e auxilio a posibles feridos seguindo o protocolo de seguridade. O persoal de asistencia será persoal cualificado con formación en animación sociodeportiva, monitores de lecer e tempo libre, e socorrismo.

Concertos, maxia, danza, actividades infantís e mercado medieval nas Festas de Ourense

4 Ampla programación nun formato reducido.

Redacción

As Festas de Ourense concentraranse en cinco días nos que se ofrecerán una ampla programación. Este anos discorrerán entre os días 21 e 25 de xullo e traerán á cidade das Burgas concertos, maxia, danza, actividades infantís e o xa tradicional mercado medieval; as atraccións estarán emprazadas no parque do Barbaña, de 17.00 a 2.00 horas.

Ofértanse grandes orquestras na Alameda, espectáculos de maxia diarios nas Mercedes, xogos de auga para a rapazada no Posío, mercado medieval e concertos de Heredeiros da Crus, Maikel Delacalle e Lil Cake e Los Rebeldes, entre outras; rematando, como non, co espectáculo pirotécnico nas marxes do río Miño, que terá lugar o domingo, 25 de xullo a medianoite.

O Mercado Medieval volverá ocupar as rúas do casco histórico da cidade do 21 ao 25 no que estarán presentes postos de artesanía e gastronomía, entre outros, ademais de numerosas actividades durante todos os días.

Unha das novidades será a celebración dunha "Gala de baile" que discorrerá o sábado 24, ás 19.30 horas, na rúa do Progreso.

Concertos

O inicio das festas coincide co final do curso escolar. Por ese motivo, o Concello de Ourense pro-

gramou para o primeiro día das festas un concerto dun DJ para a mocidade; será na praza Maior a partir das 23 horas.

Heredeiros da Crus que ía a actuar en Ourense duranta o Samaín tivo que cancelar o concerto debido á enfermidade dun dos seus integrantes; recuperado dese percance, o grupo galego reaparece nos escenarios actuando o venres, 23 de xuño, na rúa Pardo de Cela (23.30 horas). Pola súa banda, Los Rebeldes tocarán o sábado 24 (23.00 horas) na rúa do Progreso -Alameda- e, ao día se-

guinte, domingo 25, tamén no Progreso será o turno de Maikel Delacalle e Lil Cake (22.00 horas)

As orquestras terán unha presenza destacada nestas festas, xa que actuarán unha delas cada día na rúa do Progreso. O día 21 dará o pistoletazo de saída a orquestra Tekila que actuará ás 20 horas; o Combo Dominicano, ás 20.30 horas do xoves 22, a orquestra Fórmula, o venres 23 ás 20.30 horas e ás 01.30; o sábado 24, a orquestra Cinema (01.00 horas); e o domingo 25, ás 20.00 horas, a orquestra Horizon.

Para os máis pequenos, organizaranse do venres 23 ao domingo 25, xogos de auga no Xardín do Posío en horario de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Ademais, as atraccións estarán emprazadas no Parque do Barbaña.

Maxia na rúa

Seguindo co público infantil terá o seu protagonismo co "Ourense é maxia na rúa" que se celebrará do xoves 22 ao domingo 25 de xuño. Estos eventos de maxia terán lugar no parque das Mercedes, agás o "Desafío de maxia" e a "Gala de maxia" que serán na praza Maior o venres 23 e o sábado 24, respectivamente.

Así, o xoves 22 chegarán

Los Rebeldes actuarán na rúa Progreso o sábado, 24 de xuño, ás 23 horas

as actuacións de Roberto Lolo (12.00 e 18.00 horas) e Fernando Espí (13.00 e 19.00 horas); o venres 23, o mago Paco (12.00 e 18.00 horas), José Rivera (13.00 e 19.00 horas) e “Desafío de Maxia” (20h, praza Maior); o sábado 24, Mago Deimi (12.00 e 18.00 horas) e Nano Arranz (13.00 e 19.00 horas), e a “Gala de macia” que terá lugar na praza Maior ás 20 horas; e o domingo 25, actuarán Nano Arranz (12.00 h) e Mago Deimi (13.00 horas).

Os xogos de auga estarán abertos ata o 15 de setembro.

O Mercado Medieval volverá ocupar as rúas do casco histórico do 21 ao 25 de xuño

Do xoves ao domingo o parque das Mercedes acollerá espectáculos de maxia e a “Gala de Maxia” terá lugar na praza Maior o sábado ás 20 horas Os máis cativos gozarán de xogos de auga no xardín do Posío do venres ao domingo, de 12 a 14 e de 17 a 21 h

6 Barrios 22 de xuño 2023 OURENSE
Armando Ojea e Gonzalo Jácome presentando as Festas de Ourense 2023. /RAMSÉS. Posto do mercado medieval sito no casco histórico./R.T.

O Salón do Vehículo Clásico cólase no calendario de Expourense

Redacción

Afundación acolle “A Nosa Arte”

4 Unha escolma da colección de arte do Parlamento de Galicia.

Redacción

A exposición itinerante integrada por unha escolma das máis de 300 pezas que conforman a colección de arte do Parlamento de Galicia poderá visitarse na sede Afundación de Ourense (praza Maior, 4) entre o 21 de xuño e o 21 de xullo, e do 1 de setembro ao 21 de outubro.

A exposición, titulada A Nosa Arte”, recala en Ourense logo de estar aberta anteriormente en Vigo e Ferrol nos últimos meses.

Os comisarios da mostra: a catedrática emérita de Historia da Arte e arquiveira-bibliotecaria da Academia, María Victoria Carballo-Calero; e os académicos da sección de Arqueoloxía e Museoloxía

Felipe-Senén López Gómez e José Carlos Valle Pérez, foron os encargados de realizar a escolma das obras.

Á inauguración acudi-

ron, entre outros, o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Itinerante “A Nosa Arte” enmárcase na programación cultural do Parlamento de Galicia np que se quere dar a coñecer a colección de arte da Cámara galega e achegar o poder lexislativo galego á cidadanía.

A exposición estará aberta na sede de Afundación en Ourense (praza Maior, 4) ata o 21 de xullo, e do 1 de setembro ao 21 de outubro

Expourense estrea o Salón do Vehículo Clásico, a gran novidade no calendario feiral do recinto ourensán para este 2023. A primeira edición desta cita celebrarase o sábado 24 e domingo 25 de xuño e ten o obxectivo de converterse nun gran punto de encontro para os afeccionados aos vehículos clásicos. Ademais, será unha oportunidade para coñecer as últimas tendencias e novidades do sector, así como para establecer contactos e realizar negocios, xa que o salón conta cunha área de compra-venda de clásicos.

Clubs

Esta primeira edición contará coa presenza de 20 expositores especializados no sector do clásico e entre as que se atopan tanto compravendas

como empresas de recambios, accesorios, compoñentes, pintura, miniaturas, etc. A maiores, participan unha quincena de clubs de clásicos (tanto coches como motos coa presenza de varios clubs de "Vespa") de toda Galicia e mesmo a nivel nacional. A área expositiva inclúe ademais a participación de máis de 120 vehículos clásicos (matriculados até 1993, é dicir, cun mínimo de 30 anos de antigüidade) entre os que se poden atopar coches, motos, camións ou autobuses. Estes vehículos de exposición están cedidos por coleccionistas privados, restauradores, mecánicos, clubs e particulares. Entre os vehículos desta exposición poderá verse o mítico Alpinche cedido pola Fundación Estanislao Reverter ou os autobuses de pasaxeiros da empresa Autocares Cuíña. Contará ademais cun aparcadoiro reservado

Campaña da AECC Redacción

con máis de 50 prazas nos que poderán aparcar aqueles visitantes que acudan cun clásico (até completar aforamento e mellor con reserva previa a través da web do salón -www.salonvehiculoclasico.com-) para que o público poida observalo e interactuar con el.

Organizado por Expourense, esta primeira edición do Salón do Vehículo Clásico terá un horario, tanto o sábado como o domingo, de 11.00 a 20.30 horas. A entrada para o público ten un custo de 5 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos.

O horario será, tanto o sábado como o domingo, de 11:00 a 20:30 horas

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) pon en marcha unha campaña de sensibilización e prevención do cancro de pel, coa colaboración do Concello de Ourense e a empresa concesionaria do servizo de transporte público de Ourense, Urbanos de OurenseAvanza. O presidente da AECC Ourense, Germán Rodríguez Sáa, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o xerente da empresa, José María Díaz participaron na presentación desta iniciativa na parada de autobús da praza do Bispo Cesáreo. Rodríguez Sáa explicou que a campaña quere contribuír á prevención do tumor que máis se detecta cada ano en España, o cancro de pel que, segundo explicou, medra cada ano en aproximadamente un 10%. Porén, afirmou, é “o máis previsible, polo que imos redundar na información que damos todos os anos, que a través dunha boa protección solar e a auto diagnose, podemos acadar liñas de prevención importantes”. Para isto, dixo, “hai que informar e comunicar” utilizando neste caso os autobuses urbanos de Ourense “para seguir diminuíndo as diagnoses e aumentando a prevención”. O alcalde, Gonzalo Jácome, agradeceu a colaboración da empresa Urbanos de Ourense, e destacou o traballo que realiza AECC: “é impresionante o labor admirable que fan, neste caso de información e prevención”.

7 Barrios 22 de xuño 2023 OURENSE
4 Esta fin de semana celebra a súa primeira edición.
Presentación do salón do Vehículo Clásico. Santalices na inauguración de “A nosa Arte”./R.T.

Álex Araújo crea o Premio Especial do Público 2023

Pepe Viyuela será un dos protagonistas do FIC

4 Como actividade inaugural do festival, proxectarase o documental “Un viaje hacia nosotros”.

Redacción

O Festival Internacional de Cine de Verín FIC Vía XIV que este ano celebra a súa oitava edición contará co humorista Pepe Viyuela como un dos personaxes máis destacados deste ano.

Humor absurdo e cinema para a reflexión serán os eixos sobre os que se vertebre a visita de Pepe Viyuela ao FIC de Verín.

Deste xeito, Viyuela únese aos nomes como os de ntonio Durán “Morris”, Mabel Rivera, Luis Zahera ou Serxio Pazos, artistas que visitaron Verín durante a semana de celebración do FIC Vía XIV nalgunha das súas anteriores edicións. O humorista é un artista polifacético cunha marcada impronta humorística, ben coñecido polo gran público grazas á súa participación en míticos programas de televisión como Un, dos tres ou No te rías que es peor.

Porén, aínda que o seu papel como humorista na pequena pantalla sexa o máis recoñocible, o actor

O actor ofrecerá un pase do seu aclamado espectáculo “Encerrona”, que se basea en achegar ao público unha reflexión sobre o cotiá desde a perspectiva do pallaso

natural de Logroño conta cunha dilatada traxectoria nas táboas e tamén no eido audiovisual (cinema, documentais e series), principalmente como actor pero tamén en calidade de guionista, entre outras facetas. A súa traxectoria é moi ampla e posúe un Premio Ondas polo seu papel na serie Aída.

Actividades

A organización do FIC Vía XIV convidou a este polifacético actor que será o protagonista de dúas actividades. Así, durante a xornada inaugural do certame, o venres 8 de setembro, a organización do festival vai proxectar o documental Un viaje hacia nosotros, un traballo con tintes biográficos guionizado polo propio actor e dirixido por Luis Cintora. Un traballo de algo máis

dunha hora 70 minutos no que Viyuela leva a cabo pescudas sobre o pasado da súa familia seguindo o rastro do seu avó Gervasio, que loitou na Guerra Civil Española. "Un viaje hacia nosotros" amosa a realidade dos refuxiados españois no ano 1939, que non difire moito -tal e como detalla a sinopse do documental- da que hoxe viven milleiros de persoas en todo o mundo. Tras o pase do documental, celebrarase un coloquio no Auditorio no que está previsto que participe o propio Viyuela. Ao día seguinte, o sábado 9, o actor ofrecerá un pase do seu aclamado espectáculo "Encerrona", que se basea en achegar ao público unha reflexión sobre o cotiá desde a perspectiva do pallaso.

Redacción

O artista verinés Álex Araújo Álvarez, elixido pola organización do FIC Vía XIV para crear a peza que recoñecerá o Premio Especial do Público 2023. Cada ano, os responsables do certame encargan a un creador local a elaboración do galardón co obxectivo de contribuír a visibilizar “o talento artístico existente na vila, especialmente o emerxente”. A peza deste ano destaca pola súa grande orixinalidade ao reproducir unha testa de dragón con vistosas cores, feita a partir do cráneo dun porco, idea coa que o artista pon en valor o seu recoñecido carácter animalista. “Artista integral, cunha especial paixón pola pintura e pola escultura, e firme defensor dos animais e dos seus dereitos”, como se define a si mesmo o verinés Alex Araújo Álvarez, de 29 anos

O Premio Especial do Público entrégase á curta mellor valorada polos asistentes ao festival a través das súas puntuacións, polo que “posúe un gran valor simbólico”, relata Carlos Montero, director do certame.

Cada ano, os responsables do festival de curtas, que neste 2023 se vai desenvolver na vila do Támega entre o 8 e o 17 de setembro, elixen a un creador local para que elabore esta peza coa finalidade de “contribuir a visibilizar o talento artístico existente na localidade, especialmente o emerxente”, indica Montero.

Cráneos de porco

xeito, fíxose con cráneos de porcos mortos -aos que someteu a un exhaustivo proceso de desinfección e limpeza- co obxectivo de “dar unha segunda vida a estes órganos, que un día pertenceron a animais vivos” e está a transformalos en testas de dragón.

Cun traballo minucioso, delicado e moi paciente, de xeito manual e moldeándoos con arxila, Araújo dalle unha nova forma a estes cráneos e revísteos de vistosas cores negras e douradas para reproducir a forma dun dragón.

O dragón

participacion no proxecto “Verín, territorio Bansky”, ao abeiro do cal se rehabilitaron 23 espazos degradados, principalmente muros emprazados no casco vello da vila (pero tamén noutros lugares), con facsímiles das obras máis representativas do famoso artista británico, coñecido pola súas impactantes creacións de arte efímera. O resultado final posibilitou que diferentes recunchos de Verín luzan agora con vistosos e coloridos murais.

Pepe Viyuela nunha actuación do seu espectáculo “Encerrona”.

En relación á creación que está a ultimar para o Premio Especial do Público do FIC 2023, Alex Araújo afirma que nace da paixón que sente polos animais. Deste

“O dragón foi sempre e seguirá sendo inspiración de multitude de relatos literarios, moitos dos cales foron levados ao cinema, e tamén centrou guions de relevantes filmes do xénero fantástico e de ciencia ficción como pode ser o caso de Dragones y Mazmorras ou La Historia Interminable, polo que a idea de Araújo casa á perfección coa dun festival coma o noso, que pretende poñer en valor a maxia do cine como canle de expresión artística ente a sociedade”, destaca o director do FIC Vía XIV.

Bansky

A escolla de Araújo prodúcese despois da grande aceptación que tivo a súa

“Foi un proxecto fundamental para impulsar a miña carreira artística”, sinala Araújo, quen considera que estes murais contribuíron a eliminar “o feísmo existente nalgúns puntos concretos da localidade”.

8 Barrios 22 de xuño 2023
VERÍN
Álex Araújo creando o premio para este FIC.
4 Cada ano, os responsables do certame encargan a un creador local a elaboración do galardón.
O Premio Especial do Público entrégase á curta mellor valorada polos asistentes ao festival
O premio reproducir unha testa de dragón feita a partir do cráneo dun porco

Presentación da campaña “Eu merco en Verín”.

“Eu merco en Verín”, nova campaña de Aever

4 Inchables e xogos terán cabida o día 30 de xuño.

Redacción

A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) volve lanzar unha nova campaña para dinamizar as vendas no comercio local. Durante a campaña

“Eu merco en Verín”, que deu comezo o día 19 de xuño, os establecementos asociados entregarán polas compras realizadas os tiquets para poder acceder as actividades, para os máis cativos, do día 30 de xuño.

Deste xeito, o citado día 30 Aever levará ás rúas de capital do Támega inchables, xogos interactivos e xogos desenchufables; serán un total de 14 estacións por todo Verín. Ademais contarase con pasarrúas que amenizarán coa súa música as rúas da vila.

Poderase participar nesta actividade conseguindo os tiquets ao realizar compras nos establecementos asociados. Os tiquets canxearanse na carpa de Aever situada na praza do Concello e aberta unha hora antes da apertura dos xogos.

Colaboracións estratéxicas da DO Monterrei

4 Abanca e Expourense son os seus colaboradores.

Redacción

Horario

Os que queiran participar nas actividaden en horario de mañá (de 11:00 a 13:30 horas) deberán entregar tres tiquets máis 5 euros. Os que vaian pola tarde (17:30 a 20:30 horas) será igual: tres tiquets máis 5 euros.

Para os que queiran gozar dos inchables durante todo o día (de 11:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 horas) entregarán tres tiquets de compar e abonar sete euros (canxearanse por unha pulseira vermella que é a da dereito a usar os xogos durante todo o horario).

Na paxina web da asociación disporán dunha aplicación para facer a reserva e compra das entradas.

O horario dos xogos será de 11 a 13.30 h e de 17.30 a 20.30 horas

A Denominación de Orixe Monterrei vén de renovar sendos convenios de colaboración -con Abanca e Expourense- para reactivar o sector.

A DO reforza, un ano máis con Abanca o seu compromiso para reactivar o sector, esencial para a economía da provincia de Ourense, e así responder aos seus desafíos de futuro.

O acordo foi asinado en Verín pola directora de zona de Abanca en Ourense este, María José López Rubal, e o presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Monterrei, Jonatás Gago García. O convenio establece unha serie de fórmulas de crédito deseñadas e elaboradas especificamente para os viticultores que reflicte o seu compromiso coa sostibilidade.

O documento tamén recolle unha serie de produtos e servizos que

permitirán poñer en marcha novos proxectos e mellorar a competitividade dos actuais. Ademais, para que isto sexa posible, Abanca ofrece unha serie de préstamos persoais con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e intereses moi competitivos. Tamén especifican unha serie de liñas para potenciar o desenvolvemento de actividades sostibles, solucións como o leasing mobiliario e diferentes alternativas de financiamento co ICO e as SGR nacionais, entre outras.

Abanca pon a disposición dos viticultores a cercanía e experiencia da súa unidade especializada Abanca Agro, que conta con xestores propios formados especificamente nas necesidades do campo e coa capacidade de crear produtos específicos para subsanar situacións ou necesidades imprevistas.

Expourense Outro dos convenios firmados recentemente foi o que une a DO con Expourense, e que se fai por oitavo ano consecutivo. Así, os viños de Monterrei

estarán presentes en todas as feiras e eventos ao longo de todo o ano incluída Xantar (que se celebra do 2 ao 5 de novembro).

Coa firma do convenio, ambos os organismos tamén poderán desenvolver misións comerciais que teñan como obxectivo a promoción dos viños e a enogastronomía en xeral, tanto en territorio nacional como no estranxeiro.

Cartel

Xa está convocado o concurso para seleccionar o cartel da 16ª Feira do Viño Monterrei -do 11 ao 13 de agosto-. A data límite está prevista paro o 30 de xuño ás 14 horas. Os carteis (formato único será de 43x63 cm -en posición vertical-) que se remitan ao concurso, enviaranse en soporte informático en arquivo .jpg ou .png en alta resolución (mínimo 300 ppp), á dirección mail infocrdomonterrei@gmail.com ou se poderán entregar na sede do Consello Regulador (rúa Castelao, 10 Baixo. Verín). Concederase un único premio de 600 euros ao cartel gañador.

Portas abertas Monterrei realizou unhas xornadas de portas abertas onde se visitaron varias adegas ademais de realizar unha cata baixo a luz das estrelas. As xornadas remataron cun túnel do viño.

Está convocado, ata o 30 de xuño, o concurso para seleccionar o cartel da 16ª Feira do Viño Monterrei

9 Barrios 22 de xuño 2023 VERÍN
Cata nocturna da DO Monterrei. O presidente da DO, Jonatás Gago, firmando xunto a Rogelio Martínez, o convenio con Expourense.

4 Piscina

Xa deu inicio a tempada da piscina municipal. O horario durante o mes de xuño, será de 16:00 a 21:00 h. Nos meses de xullo, agosto e setembro (ata o día 3), o horario de apertura será de 12:00 a 15:00 h e de 16:00 a 21:00 horas. Os empadroados en Barbadás poderán mercar o abono ou a través da aplicación do Gimnasio virtual (opción Alta de Cuotas) ou na web barbadas.provis.es/.

4 Bos días cole

Ata o 7 de xullo , estará habilitado o procedemento de admisión do programa de conciliación “Bos Días Cole”, para o curso 2023/2024, para os centros docentes CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro. Máis información en barbadás.es.

4 Campamento na praia

Aberto o prazo de inscrición -ata o 29 de xuñopara o Campamento na praia que terá lugar os días 30 e 31 de agosto e 1 de setembro en Boiro (A Coruña) nas instalacións do Campamento Xuvenil Espiñeira. Poderán apuntarse -de balde- nenos e nenas de 8 a 12 anos (están ofertadas 35 prazas).

Bases e información en barbadás.es.

Exhibición de seguridade e emerxencia

Redacción

Tres centros educativos de Barbadás, o CEIP O Ruxidoiro, CEIP Filomena Dato e o CPR Luis Vives, acolleron unha emocionante exhibición titulada “Medios de Seguridade e Emerxencias”, o pasdo venres, 2 de xuño.

Ademáis dos nenos, na exhibición tamén asistiron concelleiros de Barbadás, a tenente alcalde, Victoria Morenza; o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; e o subdelegado do Goberno, Emilio González.

Varios corpos de segu-

San Bieito mellora a rede de abastecemento

4 Cunha inversión de 33.000 euros.

Redacción

A baixa presión da auga en San Bieito será cousa do pasado grazas a un investimento de 33.000 euros que vai realizar o Concello de Barbadás desde a concellería de Urbanismo e Infraestructuras, pilotada pola tenente alcalde, Victoria Morenza. As queixas dos veciños -algún deles se deran de baixa do servizo de augas- teñen resposta grazas a esta renovación da rede, o que garantirá unha presión constante na auga.

Presión mínima

“Estas melloras representan un paso importante para a mellora dos servizos públicos locais, asegurando un subministro de auga fiable e eficiente para todos os residentes de San Bieito”, procalaman desde o concello.

A inversión será de 33.000 euros, financiada con cargo á liña 2 do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia, e fará realidade un proxecto

ridade e emerxencias participaron nesta exhibición, incluíndo a Garda Civil, a Policía Nacional, as Ambulancias “As Burgas”, os bombeiros de San Cibrao, Protección Civil e Policía local de Barbadás.

Estes expertos profesionais no ámbito da seguridade e emerxencias compartiron os seus coñecementos

Nova maquinaria para o coidado de parques e xardíns

Redacción

Nova maquinaria específica para o coidado de parques e xardíns, ademais de mellorar as podas, vai ser adquirida polo Concello de Barbadás.

A caseta albergará dúas electrobombas.

que contempla a construción dunha nova caseta que albergará un sistema de bombeo capaz de manter unha presión mínima de servizo de 3 bares en calquera punto da rede. Isto garantirá un abastecemento constante e fiable de auga potable para todas as vivendas da zona.

A caseta, que se proxecta adosada ao depósito existente, albergará dúas electrobombas verticais de 1.15 Kw e un tanque de expansión de aceiro de 700 litros e 10 atmósferas.

A alimentación das bombas realizarase mediante unha acometida en subterráneo desde un poste existente fronte ao depósito regulador, garan-

e experiencias, e mostraron as últimas equipacións utilizadas para garantir a seguridade cidadá.

Os asistentes tiveron a oportunidade de observar de preto as motos do Seprona, un dron da Garda Civil, os técnicos en Búsqueda e Localización de Artefactos Explosivos (TEBYL), os cans adestra-

tindo así unha integración suave coa paisaxe local. No mesmo proxecto tamén se contempla a reposición do firme necesario para a instalación da tubaxe.

Alén diso, tamén se instalará unha chave de desaugue e unha boca de rego para permitir o baleirado e a limpeza da rede en caso de avaría. Ambas irán aloxadas dentro de cadanseu pozo de formigón en masa con tapa de aceiro.

Desde o concello son consciente da importancia de preservar e coidar os espazos verdes do municipio, por iso a adquisición desta nova maquinaria especializada. Este investimento "permitirá optimizar as tarefas de poda e mantemento, proporcionando un servizo de calidade á veciñanza e creando entornos agradables para o seu desfrute" aseveran fontes municipais.

Maquinaria

facilitará os traballos en altura, como a poda de árbores e setos, axilizando as tarefas dos operarios municipais e garantindo unha intervención segura e eficiente. Esta acción permitirá un mantemento axeitado dos parques e xardíns. Desde o concello de Barbadás aseguran que se continúa "a traballar na mellora constante dos servizos e infraestruturas municipais, co obxectivo de ofrecer unha mellor calidade de vida á súa comunidade".

dos, así como as motos e o furgón de transporte de presos.

O elemento máis espectacular foi a presenza do helicóptero de salvamento. Esta xornada foi deseñada co obxectivo de mostrar á cidadanía dunha forma práctica e directa o traballo vital que estas organizacións realizan cada día.

Dentro da nova maquinaria adquirida destacan un tractor rozador e unha plataforma elevadora. O tractor rozador será utilizado para a sega e roza da herba nos parques e xardíns municipais, permitindo obter mellores resultados en comparación coas máquinas tradicionais. Pola súa banda, a plataforma elevadora

"A adquisición desta nova maquinaria é un paso importante neste compromiso, permitindo contar con ferramentas especializadas para o coidado e mantemento dos espazos verdes do concello", conclúen.

Unha plataforma elevadora facilitará os traballos en altura, como a poda de árbores e setos

10 Barrios 22 de xuño 2023 BARBADÁS
A obra garantirá unha presión constante na auga
O helicóptero foi o que máis expectación creou entre os escolares.
EN BREVE
4 Entre elas, un tractor rozador.
As novas adquisición mellorarán os traballos nas zonas verdes de Barbadás.

O verán é para os mozos en

Allariz

4 A Casa da Mocidade conta cunha gran programación.

Redacción

A programación de verán da Casa da Mocidade do Concello de Allariz arrancará o próximo 30 de xuño entendéndose ata o mes de setembro. Un ano máis a Área de Mocidade organiza actividades para os mozos alaricanos durante os meses de verán.

Programación

A primeira das actividades chegará o 30 de xuño, venres, cun campionato de ping pong a partir das 19 horas.

No mes de xullo, o día 5, mércores, "Cultivando a autoestima" é un obradoiro que terá lugar ás 12 horas -de balde- e que servirá para o crecemento persoal e reforzamento do autoconcepto. O mércores 19, para rapaces de 9 a 18 está programada unha excursión ao Aquapark de Cerceda (o prezo estará entre os 10 e os 13 euros). E do 26 ao 29 de xullo, o que queira poderá continuar o camiño iniciado o ano pasado (coas etapas 4, 5 e 6) e proseguirase desde Burela ao Vicedo; a actividade que terá un prezo de entre 80 e 100 euros incluirá un bautizo de surf.

O mes de agosto comezará cun obradoiro de billarda que darase do 1 ao 4 de agosto a partir das 19.30 horas e será de balde. Os días 23 e 24 realizarase unha excursión ás fragas do Eume na que se

Encontros con autores literarios no 2º FLAZ de Allariz

aprenderá a manexar o pádel surf; o prezo será de 60 a 80 euros.

E en setembro coa data e hora por confirmar realizaranse unhas xornadas de manexo e control de drons.

Ademais, os días 13 de xullo e 10 de agosto (21.30 horas) "Asalto ao castelo" será un xogo de estratexia, por equipos, que realizarase polo Casco Vello. E os días 14 de xullo, 18 de agosto e 8 de setembro (ás 21.30 horas) Bruno Gómez -mellor cocteleiro de Galicia e Gerson Iglesias, xefe de cociña de Oca Vila de Allariz ofrecerán un obradoiro de coctelería sen alcol e nutrición.

Reserva e información

Todas as actividades con pernocta fóra débense reservar antes do 5 de xullo. Para información e inscrición nas actividades facilitase o correo mocidade@allariz.gal, e o telefono 988 680 434 ou na mesma Casa da Mocidade.

4 Acollerá un mercado independente de edición e ilustración.

Redacción

O FLAZ (Festival Literario de Allariz) chega á súa segunda edición no 2023 co ánimo de afianzarse como evento cultural de referencia na axenda cultural, non só galega, senón tamén do resto da península. Os días 30 de xuño e 1 de xullo a comunidade lectora poderá gozar dun festín literario coa presenza en Allariz de autoras e autores de referencia na narrativa galega e española actual: Marta Sanz, Belén Gopegui, Blanca Riestra e Javier Peña. Tamén, nesta segunda edición do festival, e coa intención de abranguer outros campos vinculados ao sector do libro alén da escrita, o que fora editor de Debate, Constantino Bértolo, e o responsable da editora galega Rinoceronte, Moisés Barcia, participan nun encontro sobre edición e mercado. O 2º FLAZ foi presentado no Concello de Allariz coa participación da alcaldesa, Cristina Cid; a concelleira de Promoción Económica, María López; e o responsable de contidos da libraría Aira das Letras e director do fes-

tival, César Lorenzo. Este ano, ademais, celébrase un mercado de edición e ilustración independente.

Na presentación desta segunda edición tanto a alcaldesa Cristina Cid como o responsable de contidos da libraría Aira das Letras, César Lorenzo, resaltaron que un dos obxectivos do festival, ademais de crear un espazo de encontro directo entre autoras e autores de referencia e comunidade lectora, quérese contribuír ao carácter de centro e destino cultural do Concello de Allariz, impactando tamén na economía local.

Encontros

César Lorenzo, director do FLAZ, destacou o conxunto de voces de referencia que se van dar cita en Allariz, xunto á incorporación na súa programación doutros axentes que forman parte do mundo do libro xunto aos autores. É o caso dos editores Constantino Bértolo e Moisés Barcia, que protagonizan o primeiro encontro do FLAZ 2023 o venres 30 (12 horas) baixo o título “Editar contra o mercado”. Os encontros cos autores terán lugar na sala de exposicóns da Fábrica, no paseo da Alameda.

Ola & Flora Redacción

A praza do matadoiro acollerá a 2ª edición de Ola & Flora Allariz (Mercado de floricultura e cerámica) o vindeiro sábado, 1 de xullo.

"Novela literaria: un pleonasmo ou unha rara avis?" é o título do encontro que manterán, tamén o venres 30 (18:30 horas), Marta Sanz e Blanca Riestra.

"Do personaxe colectivo na era dourada do eu” falarán o sábado 1 de xullo (12:00 horas) Belén Gopegui e Javier Peña.

Os encontro do FLAZ pecharase na tarde do sábado 1 de xullo (18:30 horas) cun coloquio conxunto co título “Escribir e editar: unha relación de comenencia?”.

Ademais, o Festival Literario de Allariz suma ao programa a celebración dunha feira de auto-edición durante as tardes do venres 30 de xuño (de 16h a 20h) e sábado 1 de xullo (de 12h a 20h) no paseo da Alameda, para promover e apoiar proxectos de ilustración e edición independentes.

Os encontros terán lugar na Sala de Exposicións A Fábrica o venres 30 de xuño e o sábado 1 de xullo

A concelleira de Promoción Económica, Matía López sinalou que o obxectivo “é consolidar un mercado de verán no que se concentrarán máis dunha ducia de expositores do sector da flor cortada e a cerámica”.

As produtoras alaricanas, representadas por María José, sinalaban que o mercado pretende ser “un lugar de encontro no que coñecer diferentes proxectos de floricultura artesanal”. Ademais, revelaba que dun tempo a esta parte “está habendo un crecente interese nas flores cultivadas dun xeito sostible, sen abuso de pesticidas e producidas localmente”, abandonando “prácticas como por exemplo o uso da contaminante espuma floral”. Por outra banda, afimaba a tendencia sobre “o emprego de bases cerámicas de autor para arranxos florais”, motivo polo que pensan que flores e cerámica “combinan á perfección”. Pra rematar, María José deixaba unha reflexión: “certo é que o tradicional oficio da olería mantense moi vivo ata os nosos días, sendo unha dos faceres máis ancestrais. Mostra de que sabe evolucionar cos tempos ofrecendo pezas útiles e ao tempo verdadeiras xoias ornamentais”.

Horario

O horario do mercado será de 10:00 a 14:00 horas e de 16.00 a 20.30, paralelamente organizaranse varias actividades gratuítas coma un obradoiro de iniciación ao torno e de Ikebanas, previa inscrición en ola. flora.allariz@gmail.com. Tamén haberá mostra en vivo de Olería.

Ao longo do día haberá sorteos para todas a as persoas que acudan a mercar flores ou cerámica.

11 Barrios 22 de xuño 2023 ALLARIZ
Presentación do 2º FLAZ de Allariz. Cartel do verán na mocidade de Allariz.
Obradoiros de crecemento persoal e billadar, ou excursións ao Aquapark e ás fragas do Eume son algunhas propostas

Socorristas

Redacción

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, informou que o Goberno galego destina máis de 290.000 euros á contratación de 81 persoas sen emprego de 52 concellos da provincia de Ourense para desenvolver durante a campaña de verán labores de vixilancia e seguridade en praias e outros espazos naturais ou en instalacións acuáticas.

“O obxectivo da actuación -manifestou o delegado territorial- é proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción no mercado de traballo”.

O delegado da Xunta explicou que poderán ser beneficiarios deste programa, os concellos e as mancomunidades de concellos, os consorcios locais e as entidades locais menores, sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.

A contía que percibirán as entidades beneficiarias irá destinada a sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, cos importes máximos recollidos na convocatoria de axudas.

Desempregados Os traballadores e traballadoras a contratar deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

O delegado territorial subliñou que este tipo de iniciativas forman parte da prioridade da Xunta de incrementar as oportunidades laborais das galegas e galegos, sobre todo, daqueles que teñen máis dificultades para acceder ao mercado laboral.

A subministración eléctrica mellorará no Pereiro

4

Redacción

UFD, a empresa de distribución eléctrica de Naturgy, investirá ao redor de 500.000 euros en actuacións e obras de mellora da rede de Baixa e Media Tensión no Concello do Pereiro de Aguiar. A distribuidora realizará actuacións nas instalacións eléctricas de O Roupeiro e A Derrasa, que se unen aos traballos de dixitalización da rede de distribución.

Actualmente, UFD está tamén traballando na posta en servizo da renovación do parque de media tensión da subestación de San Cibrao das Viñas, cuxa reforma permitirá mellorar a calidade e a fiabilidade da

subministración eléctrica aos municipios de San Cibrao das Viñas e O Pereiro de Aguiar.

O delegado de UFD en Ourense, Pablo Carreira, e o alcalde do Pereiro de Aguiar, Luís Menor, reuníronse para analizar a situación actual da rede de distribución no municipio, e seguir colaborando na

mellora continua da calidade e garantía de subministración. Carreira destacou a "total colaboración por parte do Concello do Pereiro para levar a cabo todas as actuacións previstas no municipio, que redundarán na mellora da calidade de servizo de todos os seus".

A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración eléctrica e mellorar a rede de distribución, especialmente en zonas rurais, contribuíndo ao desenvolvemento económico destes territorios e mellorar as súas condicións de vida.

Rebulir recupera A Verbena do Rella

4 Será este sábado, 24 de xuño, en Vilavidal (Ramirás).

Redacción

O Colectivo Rebulir organizará este sábado 24 de xuño "A Verbena do Rella". Esta actividade nacía no 2022 como continuidade da Noite de Fiadeiro, unha celebración que como indican os organizadores "morreu de éxito" no ano 2019 cando se cumprían 13 edicións da mesma. Neste 2023 reinvéntase a iniciativa programando actividades para todos os públicos e incorporando grupos de primeiro nivel do panorama da música folk e tradicional galega. Deste xeito, a praza de San Andrés en Vilavidal (Ramirás) engalanarase para ocasión, e desde as 16:30 horas acollerá un obradoiro de baile tradicional a cargo de Alexandre Sotelino, para logo dar paso a xogos e animacións de rúa; e chegar as 20 horas cun encontro infantil e xuvenil no que participan todos os grupos da Escola de Rebulir e tamén da Asociación Lembranza-Solpor de Celanova e da Asociación Brisas do Quenllo de Tordoia (A Coruña). O prato forte será chegado o serán, cando empece a verbena en si, para iso convidouse a grupos afamados que levarán aos asistentes ata a madrugada a ritmo de pasodobres, rumbas, muiñeiras ou xotas. Así, o cartel conta con nomes de prestixio como "Os Me-

lidaos", "Tanto nos Ten", "Bouba" e "Os da Pedra Alta". Nunha festa desta índole non pode faltar a vertente gastronómica, e para iso, a organización ten habilitada unha zona gastronómica con venda de produtos locais.

Obxectivos

A Verbena do Rella nace con dous obxectivos: por un lado recuperar o espazo público como lugar de convivencia interxeracional, e volver ás verbenas nas que o importante era a música e non o espectáculo. Por outra banda, quérese poñer en valor a figura de Manuel "O Rella", un gaiteiro nado no Concello de Cartelle, pero que tivo a súa residencia en Ramirás, e quen animou canta festa e romaría había na contorna. Manuel faleceu nos anos 90, e descansa no cemiterio de Santa Baia, pero son moitos os veciños e veciñas que o recordan con agarimo. Rebulir segue apostando por facer do rural un espazo vivo, onde a tradición cobre sentido e contribúa a manter a identidade propia.

12 Barrios 22 de xuño 2023
PROVINCIA
Reunión no Concello do Pereiro.
UFD (de Naturgy) investirá 500.000 euros.
A praza de San Andrés en Vilavidal será o lugar de celebración de todas as actividades
A Verbena do Rella de 2022.

4 O piloto do Skoda Fabia RS Rally2 foi o

Rally de Ourense.

R.T.

A 56ª edición do Rally de Ourense tivo un dominador de principio a fin.

José Antonio “Cohete” Suárez e Alberto Iglesias (o seu copiloto), con un Skoda Fabia RS Rally2, lograron a vitoria desta edición do Rally de Ourense -única proba en Galicia do nacional- onde foron os dominadores desde o primeiro tramo.

Na segunda posición acabarían Iván Ares e José Antonio Pintor, con Hyundai i20N Rally2, grazas ao pinchazo no penúltimo tramo de Diego Ruiloba e Ángel Luis Vela no seu Citroën C3 Rally2. Deste xeito, tras "Cohete"

Suárez subirían ao podio Iván Ares -segundo a un minuto e 13 segundosDiego Ruiloba, a 15 segundos de Ares. Cuartos serían Javier Pardo e Adrián Pérez de copiloto, e quintos Joan Solans e Rodrigo Sanjuan de copiloto (ambos con Hyundai i20N Rally).

Trofeos Javier Pardo, ademais da cuarta posición, logrou o Trofeo José Luis Outeiriño, ao mellor ourensán.

O trofeo Escudería Ourense foi para Joan Vinyes ao volante do Suzuki Swift Rally 5Sport e con Jordi Mercader de copiloto.

Xurés Bike Tour

Espectacular proba ciclista a do Xurés Bike Tour celebrada en tres etapas durante dous días. A primeira etapa celebrouse por Bande e a súa contorna cun percorrido de 38 quilómetros e un desnivel de 970 metros; a segunda foi unha cronoescalada en Lobios de nove quilómetros e 300 metros de desnivel; e a terceira foi a etapa longa con saída e chegada en Muíños, onde os participantes tiveron que percorrer 60 km cun desnivel de 1.500 metros ademais de superar catro altos (Xermeade, Moure Salas, Mourela e Pitoes das Junias).

Participaron ao redor de 200 ciclistas provintes de varias provincias españolas e de Portugal.

4 Ourense Envialia

O Ourense Envialia de Primeira división de fútbol sala vén de anunciar a fichaxe da porteira brasileira Sara Soares, Soares será a substituta de Vanessa Barberá, inquilina do portería do Envialia nas últimas tempadas e que este anos desenfúndase as luvas. A internacional brasileira chega procedente do Melilla, equipo onde militou as última cinco tempadas.

4 Arenteiro

O cambio de categoría -de 2ª RFEF a 1ª RFEF- do Arenteiro fai que a súa directiva realice movementos de cara ao vindeiro curso. O club do Carballiño xa deu as primeiras baixas de cara a confeccionar un equipo o máis competitivo posible. Así, xa anunaciaron as baixas de Adrià Rojas, Rafa Mella, Álex Conde, Mario García, David Álvarez, Martín Lamelas e Daniel Pereiro.

4 Ourense CF

O Ourense CF de cara a reforzar a súa plantilla e non pasar os apuros desta tempada deu de baixa aos xogadores: Tiago, Capelete, Sampayo, Isra e Carmelo. Agora tocará facer unhas fichaxes que ilusionen aos afeccionados.

Ximnasia

Rítmica

Redacción

A fin de semana pasado tivo lugar o Campionato de Galicia escolar celebrado no Paco Paz. Os clubs pavillonistas presentabanse con 12 equipos e máis de 80 ximnastas de diferentes categorías. O equipo sénior do Escola Pavillón alzouse co título. Na mesma categoría, o Club Ximnasia Pavillón tamén obtivo o quinto

posto cun gran exercicio. Por suparte, o equipo alevín lograba unha gran sexta praza de 26 participantes na súa categoría.

Copa Deputación O domingo tivo lugar a fase final de Copa Deputación de Ourense e os clubs Pavillón obtiveron marabillosos resultados. Dos 13 ouros posibles o Pavillón obtivo 11, 6 en conxunto e 5 en individual. Tamén lograron 6 pratas e un bronce.

Trail Oira - Santomé

O Circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” celebrou este ano unha novidosa carreira: o trail Oira - Santomé. Unha proba que deu comezo en Oira e que os atletas tiveron que subir ata o Castro de Santomé para logo baixar novamente ata Oira. A pesar da dureza da proba todos os participantes acabaron encantados despous de participar nunha proba totalmente distinta ás anteriores e gozar dunhas vistas e un percorrido moi chamativo.

A seguinte citá ía ser a carreira do centro, pero a organización, por causas alleas, tivo que suspendela. Deste xeito, a seguinte terá lugar no mes de setembro na zona da universidade -As Lagoas-.

4 Trofeo Pedro Escudero

O trofeo Pedro Escudero non defraudou e creou gran expectación entre os asistentes ao evento.

Por parte do club anfitrión, o CN Pabellón Ourense o máis destacado foi o récord galego establecido nos 4x100 libres mixto cun tiempo de 3:48,29 minutos. Ademais, en categoría masculina, o nadador do Pabellón, José Moure, rematou na terceira posición individual do campionato.

13 Barrios 22 de xuño 2023 DEPORTES
Atletas facendo o percorrido do trail de Oira - Santomé. /RAMSÉS.
Un "Cohete" de principio a fin
vencedor da 56ª edición do
“Cohete” Suárez no tramo urbano. /I. OSORIO. Ciclistas nunha das etapas. /RAMSÉS.
EN BREVE

14 Barrios 22 de xuño 2023

4AXENDA

Musica

- Xoves 22 de xuño

- 20.30 h - Combo Dominicano - Ourense (rúa Progreso).

- Venres 23 de xuño

- 20.30h - Orquestra La Fórmula - Ourense (rúa Progreso).

- Venres 23 de xuño

- 23.30h - Herdeiros da Crus - Ourense (rúa Pardo de Cela).

- Sábado 24 de xuño23.00 h - Los Rebeldes

- Ourense (rúa Progreso).

- Sábado 24 de xuño

- 01.00 h - Orquestra Cinema - Ourense (rúa Progreso).

- Domingo 25 de xuño

- 20h - Orquestra Horizon

- Ourense (rúa Progreso).

- Domingo 25 de xuño

- 22h - Lil Cake e Maikel

Delacalle - Ourense (rúa Progreso).

Deportes

- Domingo 25 de xuño

- 9:00 horas - V edición da andaina solidaria Ruta

Porta do Canón do SilXunqueira de Esadanedo.

Exposicións

- Ata o 25 de xuñoEscoitar cos ollos, arte e loucura - CC Marcos

Valcárcel.

- Ata o 25 de xuñoNo interior do abandono - CC Marcos Valcárcel.

Outros

- Do 21 ao 25 de xuño

- de 11 a 23 horas -Mercado Medieva Festas do Corpus - Casco Histórico

Ourense.

- Do 22 ao 25 de xuño

- mañá e tarde - Maxia na rúa - parque das Mercedes e praza Maio de Ourense.

- Do 23 ao 25 de xuñomañá e tarde - Xogos de auga - Ourense (xardín do Posío).

- Sábado 24 de xuño - 19.30 h - “Catro pasos por e para Ourense - Ourense (rúa Progreso).

- Venres 30 de xuño19.30 horas - Conferencias: “A muller romana na Gallaecia” e “Exeria, a primeira escritora hispana” - CC Marcos Valcárcel.

Teatro

- Venres 23 de xuño20 h - Trío Guarneri Praga - Teatro Principal. www.periodicobarrios.com

AXENDA / ARTIGOS / SOCIEDADE

As Visitas Teatralizadas percorrerán puntos emblemáticos da provincia

Redacción

A provincia de Ourense acollerá entre xullo e novembro o que será a primeira edición das Visitas Teatralizadas da Provincia de Ourense, un proxecto organizado pola asociación cultural Platea Lúa e que contará co patrocinio da Deputación.

Esta iniciativa percorrerá 25 puntos de interese turístico de 25 concellos diferentes da provincia, nunha andaina enfocada aos ourensáns e turistas que comezará o sábado 1 de xullo no Mosteiro de San Pedro de Rocas e que se pechará o sábado 11 de novembro no Pazo de Vilamarín. Cada visita teatralizada terá de 30 a 50 prazas e nelas os integrantes de Platea Lúa caracterizaranse segundo o espazo e a época, en lugares como o Castelo de Ribadavia, o Couto Mixto, o Castelo de Monterrei, a Torre da Pena ou o Pazo de Trasalba.

Éxito

A deputada en funcións, Patricia Torres, presentou as visitas acompañada polo presidente de Platea Lúa, Jose Ramón Novoa. Torres resaltou as repercusións deste proxecto, enmarcándoo na potencia “patrimonial, cultural e paisaxística” da provincia: “Son 25 visitas teatralizadas pero poderían ser 200 ou 300, tendo en conta a riqueza que atesoura Ourense”.

A deputada en funcións avanzou “o éxito completo” dunha iniciativa da que “tamén gozarán os visitantes chegados doutras provincias e a través do AVE, e que seguro terá novas edicións ao longo de todo o

ano, percorrendo máis lugares e contribuíndo a seguir desestacionalizando o turismo”.

Pola súa banda, dende a asociación cultural Platea Lúa, Jose Ramón Novoa, invitou a todos, “ourensáns e visitantes”, a que “nos acompañen en visitas teatralizadas que resaltan o potencial turístico da nosa provincia”.

Roteiro

O roteiro de visitas componse das seguintes visitas: Mosteiro de San Pedro de Rocas, sábado 1 de xullo; Mosteiro de Xunqueira de Ambía, venres 7 de xullo; Castelo de Ribadavia, venres 21 de xullo; Rúas de Pazos de Arenteiro, sábado 22 de xullo; Couto Mixto en Calvos de Randín, martes 25 de xullo; Mosteiro de Montederramo, sábado 29 de xullo; Ínsua dos Poetas, domingo 30 de xullo; Rúas de Lobios, venres 11 de agosto; Santa Comba de Bande, sábado 12 de agosto; Castelo do Bolo, sábado 19 de agosto; Rúas de Allariz, venres 25 de agosto; Mosteiro de San Clodio en Leiro, sábado 26 de agosto; Casco Vello de Ourense, venres 1

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA Xaxún intermitente

O xaxún pode desempeñar un papel importante, nalgunhas persoas, na prevención de diversas enfermidades, en particular as relacionadas coa inflamación. Os organismos inflamados teñen máis probabilidades de enfermar. A investigación demostrou que o xaxún axuda a reducir a inflamación.

O termo xaxún intermitente consiste nunha privación voluntaria de alimentos, na que as persoas permanecen durante un longo período de tempo, sen ou con pouca inxesta de nutrientes e durante outro período cun consumo normal de alimentos.

debe realizarse durante uns días, pero de forma continua. Non debe verse nunha dieta de adelgazamento, senón como unha estratexia que potencia a dieta para adelgazar.

de setembro; Castelo de Castro Caldelas, sábado 9 de setembro; Vilanova dos Infantes, sábado 16 de setembro; Rúas e Fornos de Cea, venres 22 de setembro;

Mosteiro de Melón, sábado 23 de setembro; Rúas de Castrelo de Miño, sábado 30 de setembro; Mosteiro de Santa Cristina en Parada de Sil, venres 6 de outubro; Torre da Pena en Xinzo, sábado 7 de outubro; Castelo de Monterrei, sábado 14 de outubro; Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, venres 20 de outubro; Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, sábado 21 de outubro; Pazo de Trasalba en Amoeiro, sábado 28 de outubro; Pazo de Vilamarín, sábado 11 de novembro.

Comezarán o sábado, 1 de xullo, no Mosteiro de San Pedro de Rocas e rematarán o sábado, 11 de novembro, no Pazo de Vilamarín

Hai dous tipos de xaxún: metabólico e fisiológico. Metabolic require 12 horas sen comer nada que suba a insulina. O fisiológico é cando as persoas pasan polo menos 12 horas sen comer nada que teña calorías, podendo beber auga, té e café sen azucre. O máis común é o que adopta o protocolo de 16 horas sen comer: cea até as 20:00 e logo volve comer ás 12:00 do día seguinte. Algúns autores defenden que o xaxún

IES García Barbón de Verín

Redacción

O IES García-Barbón de Verín amplía a oferta formativa coa incorporación de novos ciclos en Dual de Automoción, Aceites e viños e Hixene bucodental.

O centro conta actualmente con ensinanzas de Bacharelato, Educación Secundaria de Adultos, ciclos formativos das seguintes familias profesionais: sanitaria, administrativa, instalación e mantemento e automoción, sección delegada da Escola Oficial de Idiomas e Aula Mentor.

Ata agora o centro contaba cos CB Mantemento de Vehículos, CB Servizos Administrativos, CM Coidados Auxiliares de

Un dos erros máis comúns na práctica do xaxún son as inxestas compulsivas durante o período de consumo. É conveniente manter a dieta saudable no resto de comidas. Así, aumentarás a restrición calórica, potenciarás a perda de peso e beneficiaraste dos efectos do xaxún intermitente sobre a saúde. Sempre é bo involucrar a supervisión médica e tamén se debe facer unha análise clínico antes de unirse. Non é un milagre que funcione para todos e que solucionará a situación de sobrepeso e obesidade. Pode ser moi saudable para moitas persoas, pero non todos se senten ben con esta práctica. Entre os beneficios que pode promover, destacamos o control da presión arterial, a diminución da graxa corporal, a redución dos depósitos de graxa no fígado e a redución da aterosclerosis.

Enfermaría, CM Xestión Administrativa, CM Mantemento Electromecánico, CM Electromecánica de Vehículos e CS Administración e Finanzas. De cara o vindeiro curso amplíase a oferta co ciclo formativo de grado medio de Aceites e Viños, e os ciclos superiores de Hixiene bucodental e Automoción, que se implantan na modalidade dual, en colaboración con diversas empresas da contorna nas que o alumnado se formará e traballará durante dous cursos.

O período de solicitude de prazas para ciclos medios ou superiores estará aberto do 23 de xuño ao 5 de xullo ás 13 h, a través do seguinte enlace: https:// www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/.

A matrícula para Bacharelato será entre o 23 de xuño e o 7 xullo, e realizarase no propio centro.

Patricia Torres e Jose Ramón Novoa presentando as Visitas Teatralizadas.
4 As actuacións terán lugar en 25 puntos entre xullo e novembro.

ARTIGOS / CLASIFICADOS

22 de xuño 2023

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 685 969 546. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco

Nº187 - Ano: XVI - 22 de xuño de 2023 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.

Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190.

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS Cegoñas na Fervenza de Férveda

"Antes de anoitecer na Fervenza de Férveda, cando os paxariños bican as pingas deitadas no aire e os raíños do sol debullanse nas polas dos carballos, a Vella anicase entre as penas e olla coma unha meniña namorada, o estalar da auga adobiada polas xemas do solpor, acolleitas pola súa bondade nos camiños do río, que baixa paseniño cara a Escuadro para dar de beber as cegoñas.

A Maleniña, a cegoña que non pode voar, a naí de tódalas cegoñas do val, gústalle pasear por alí, co seu Tapletán cando el volve de guiar os cativos a África do Norte, chega tan canso o coitado!

Dende a ponte ata o muíño camiñan falando do tempo que levan suspirando un polo outro, os primeiros bicos na Fervenza do Toxa, os primeiros fillos cando ela aínda podía voar, e Tapletán susúrralle "estás máis fermosa cada lúa, medras coma unha fervenza coas augas de abril e floreces coma as cerdeiras de Abades e Maril. Cada vez que bato as miñas ás, mando no vento un bico para ti. Se algún día me faltases morreríame, coma morre a auga encorada cando non pode, ceibe, decorrer. Prefiro morrer mirando aos teus ollos que mil anos vivir sen verte!

As veces a Maleniña tor-

ce o pescozo e bate o peteiro. Nos ollos, unha néboa cúbrelle as meniñas, aquel tiro desgraciado, aquel ruxir, aquel estrondo, fura no seu maxín e o lembrarse trémelle a á mancada, coma se quixera erguerse. Tapletán dase de conta e acariñaa co seu pico, coa dozura da mel e o agarimo dun pai, sabe que é tan so un intre, despois volverá a risa aos ollos e a ledicia as suas lixeiras patas de deusa das aves e raíña dos ceos, aínda privada de voar sempre maxestosa e grácil.

Nas leiras bulen as anduriñas e as merlas camiñan detras dos sementadores e dos arados para picar algún gran ou merendar unha miñoca dos terróns levantados. Na igrexa todo se volveu silencio, os santos tapados e as velliñas rezando baixiño o Via Crucis, catorce pasos da dor da ovella inocente, levada ao matadoiro pola maldade dos homes.

Arturo non é moito de ir a misa, máis ao seu xeito ten fe. O Cristo mancado, desprezado, abatido, humillado, asasinado e resucitado, atraeno e revolveo por dentro, a imaxe sangrante, esgotado, cargado cunha cruz que o canga e debilita. E esa mirada escrutadora, cargada de preguntas sen resposta, unha Semana Santa de recollemento aprendendo a vivir, sen

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

certezas ou pola certeza da fe pensa mentres reza, no agasallo da Malena a cegoña que salvou, ou mellor a cegoña que o salvou.

Mentres, paseo eu tamen os camiños das fervenzas acórdome de ti, papá. Os meus pensamentos achegasen máis aos teus, imos acurtando as congostras, camiñamos moi pretos, sinto que pronto volveremonos xuntar, volveremos celebrar coma antes de que te foras. Pareceume moi cedo papá, pero sei que te querías ir; dixechesmo e entendino, tiñas que xuntarte coa mamá!

Non esquezo os teus ollos de mel tapados pola néboa da tristura cando me pasaches a man pola testa e dixeches "por moi lonxe que me vaia, sempre estarei dentro de tí, agora quedanme uns pasos non sei cantos".

Cando che dixen que tiña medo á morte; botacheste a rir mentres dicías, "Chiquito non te preocupes pola morte, ocupate máis ben de vivir e deixate de Andrómenas que cando cumpra os cen anos terasme que sacar nunha cadeira, para a eira de Cándido a tomar a raeira". Nesto ultimo mentichesme papá!

Alugo piso no Couto. Amoblado e con calefacción. Teléfono 672 089 349.

Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000€. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel.

TRABALLO

Ofrécese señora cualificada para o coidade de maiores no período de verán (a partir do 15 de xullo) Tel. 663 043 561.

Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo coidando maiores.

620 66 07 62. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358.

Tel. 641 440 921.

Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo limpando. Tel. 641 440 921.

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513.

Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173

Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes.

Tel.: 606 422 543

Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561

Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745

611

Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico.

VENDAS

Vendo arado de vertedera seminovo, maquinaria agrícola, ferramentas de labranza e utensilios aptos para uso agrícola. Todo en bo estado e a prezo económico. Teléfono: 615 097 515

Vendo garrafóns e botellas de cristal. Tel: 672 089 349. Vendo moble de entrada con cristal. Tel: 672 089 349.

Vendo lámparas de bronce. Tel: 672 089 349. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635

Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522

Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897.

Vendo Televisión marca Samsung 32 polgadas. Seminova. Prezo: 125 euros. Tlf.: 666 303 635 (tamén atendo WhatsApp

15
Barrios
Barrios 22 de xuño 2023

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.