O REP2 levará a Javier Gurruchaga e La Orquesta Mondragón a Celanova o 22 de xullo
[Páx. 6]
TEMA Páx.2 VERÍN Páx.8 OURENSE Páx.4 BARBADÁS Páx.7
Pelexa de BNG, PSOE e PP, polo cuarto deputado nestas eleccións xerais
O C.U. de Amencer reunirá a centos de rapaces do 31 de xullo ao 10 de agosto
“Os xoves son cultura”, en xullo e agosto no parque dos Patos da Valenzá
Presidente da Deputación
O FIC Vía XIV de Verín presenta o seu cartel “retrofuturista” desta edición
“Las Impresentables” logran no maratón de Cartelle un botín de 7.000 euros
Folla de ruta [Páx. 8]
DEPORTES Páx.11 [Páxs.
Cartel da Feira do Viño de Monterrei
Número: 189 - Ano: XVI - 21 de xullo de 2023 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
O popular Luis Menor é o novo presidente da Deputación de Ourense. // Jácome presenta os seus proxectos para este mandato. // Chega a XVI Feira do Viño de Monterrei.
3]
[Páx. 2]
Gonzalo Jácome mostra a "folla de ruta" do Concello para os vindeiros catro anos
4 A mobilidade será un dos piares do seu proxecto.
Días despois de ser investido como alcalde da cidade de Ourense durante os vindeiros catro anos, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou en rolda de prensa o que será a súa "folla de ruta" neste mandato 20232027. A mesma pivotará sobre catro pedras angulares: a renovación dos servizos, as infraestruturas, o Plan de Urbanismo e a reorganización interna que son os principais obxectivos xunto á mobilidade, un dos piares fundamentais do seu proxecto.
Pérez Jácome asegurou que nos vindeiros catro anos veranse os froitos do "impresionante" traballo realizado nos catro anteriores, xa que se materializarán "actuacións moi interesantes para a cidadanía".
Servizos
Segundo avanzou o alcalde, despois do verán sairán a concurso os pregos para adxudicar a xestión dos “tres grandes servizos municipais”, que son abastecemento e saneamento de auga, limpeza e recollida de residuos (che-
BNG, PSOE e PP, na procura do cuarto deputado
municipal é que se utilice menos os vehículos privados pola cidade.
Plan de Urbanismo
Redacción
garán novos contedores de lixo -3.500 unidades desde agosto, a razón de 40 por semana-), e autobuses urbanos, cuxas bases están “totalmente rematadas”.
Mobilidade
En canto á mobilidade, e unha vez que están aparecendo nas estradas ourensáns os novos autobuses urbanos, antes do Nadal estarán en funcionamento as novas rutas. E rematará o plan establecido cos autobuses cunha terceira
Renovación dos servizos, gratuidade dos autobuses, mobilidade vertical e reorganización do Concello son algunhas das directrices do novo mandato
fase que será a aprobación dunha nova ordenanza que fará de Ourense a primeira cidade de España con autobuses gratuítos.
O outro gran proxecto de calado é a mobilidade vertical; rematadas as pasarelas mecánicas de Concordia, son moitas as obras que se están a realizar en distintos barrios da cidade para dar un maior servizo a eses veciños que teñen que superar cada día un desnivel importante para saír e chegar as súas casas.
Para rematar coa mobilidade, Jácome pretende dotar á cidade dun servizo de mobilidade con 1.000 bicicletas e patinetes eléctricos.
Con todos estos servizos o obxectivo do Goberno
O rexedor anunciou que o Plan de Urbanismo incorporará “cambios de calado”, entre os que está permitir máis edificacións no rural e eliminar a situación de “fóra de ordenación” de moitas vivendas na cidade. Tamén avanzou a construción de piscinas na Ponte -parque de Canedo-, que comezará despois do verán e “cambiará o barrio para sempre”, así como en Barrocás e Covadonga, cuxos proxectos xa están rematados. Tamén se emprenderán as humanizacións de rúas como Bonhome, Doutor Flémming, avenida de Portugal ou Alejandro Pedrosa.
Concello
Outros dos eidos nos que versará este novo mandato estará en levar a cabo importantes cambios na organización e funcionamento interno do Concello. Entre eles, destaca a elaboración dunha nova RPT (Relación de Postos de Traballo) que eliminará os “postos estanco” e a “falacia da especialización”, como indicaba Pérez Jácome. Será unha RPT “moito máis simple e operativa”, que clasificará os postos de traballo nunha vintena de categorías no canto das 230 que existen na actualidade, co reto de converter o Concello “no que mellor funcione de toda España”.
Paralelamente, o goberno local activará unha reorganización interna do Concello para acadar unha maior eficacia e eficiencia, que terá como punto clave a elaboración dunha nova relación de postos de traballo (RPT).
Este domingo, 23 de xullo, Ourense volve ás urnas para elexir aos Deputados que representarán aos ourensáns en Madrid. A provincia elixe catro deputados entre 11 formacións que se presentan nestes comicios. Dos catro deputados, tres parecen que xa teñen unha clara cor; todo apunta a que o Partido Popular ten asegurados dous deputados e o Partido Socialista, un. O que está en xogo é o cuarto parlamentario, que nas enquisas o deixan aberto a tres formacións.
PP, PSOE e BNG son, a priori, as forzas que se disputarán este cuarto deputado; o resto de forzas non teñen posibilidades de lograr representación algunha.
Por iso, nos últimos días de campaña electoral, redobraron esforzos as tres formacións para convencer ao electorado de que a súa proposta é a mellor para os intereses de Ourense.
Parece claro que as populares Ana Vázquez e Rosa Quintana teñan asegurada a súa presenza na Cámara Baixa do parlamento español. O terceiro da lista é un Celso Delgado que tamén ten as súas posibilidades de acompañalas durante os próximos catro anos en Madrid. Mentres Vázquez e Delgado repiten como candidatos, Quintana o fai por primeira vez logo de ser conselleira do Mar con Feijoo, polo que parece claro que, de proclamarse presidente do Goberno o líder popular, a ex conselleira ten moitas papeletas de formar parte do novo goberno que se puidera coformar.
No PSOE, Marga Martín é a única que parece ter asegurada a súa elección, polo que os socialis-
tas buscar o segundo deputado. De logralo, esta sería Noela Blanco.
Pola súa banda, o BNG irrumpe coa posibilidade de lograr representación en Madrid por mediación de Noa Presas. Por iso, a súa portavoz nacional, Ana Pontón, apareceu moito en campaña por Ourense polo que se xoga o BNG con ese deputado.
23X
Con todo, este domingo, 23 de xullo, será o día no que se despexe a incógnita do cuarto deputado. Na provincia haberá 539 mesas nos 92 concellos que a comprenden. O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, recordou que unha das tarefas que se realiza dende a Subdelegación é a de proveer de máis de 4 millóns e medio de papeletas das 11 candidaturas que se presentan ao Congreso dos Deputados e 462.000 papeletas das candidaturas ao Senado a tódolos concellos da provincia. Poderán exercer o seu dereito a voto 355.771 cidadáns, 103.000 residentes no extranxeiro votarán por primeira vez sen necesidade de voto rogado.
O número de solicitudes de voto por correo tamén aumentou significativamente con respecto ás eleccións xerais de 2019. Con data 7 de xullo, 15.500 cidadáns da provincia pediron o voto por correo. Máis de 6.000 persoas máis que nas anteriores eleccións nas que uns 9.000 ourensáns fixeron uso desta opción.
2 Barrios 21 de xullo 2023 TEMA DA SEMANA
O alcalde de Ourense desvelou a “folla de ruta” do seu mandato 2023-2027. /RAMSÉS
4 É o único que non ten asegurada ningunha formación.
Noa Presas, candidata do BNG ao Congreso.
R. Torres
O parque de Angelita Paradela, no barrio de Barrocás, conta con elementos acuáticos.
Luis Menor, alcalde do Pereiro, elexido presidente da Deputación Provincial de Ourense
4 No discurso de investidura prometeu diálogo e cooperación con todos os concellos.
R. Torres
Cando Luis Menor colleu o bastón de mando da Deputación puxo fin a máis de 30 anos do apelido Baltar ao fronte da institución provincial. Foi nun acto no que estiveron presentes, entre outras autoridades, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e varios conselleiros da Xunta, entre outros.
No discurso de investidura, Menor anunciou as liñas por onde ían ir o seu mandato 2023-27 ao fronte do ente provincial.
Deste xeito, o alcalde do Pereiro anunciou que visitará a todos os alcaldes da provincia asegurando ter “o despacho
Menor pediu a todos os deputados provinciais -sen importar as siglas ás que pertenzan- “apoio e implicación”
máis grande do mundo, de 7.273 quilómetros cadrados -en alusión á superficie da provincia-”, tamén asegurou asumir “en primeira persoa as funcións de cooperación”.
O novo presidente quixo agradecer “de corazón a todos cantos confiaron na miña persoa” para “coller un bastón de mando que representa aos 92 concellos e aos máis de 304.000 habitantes da nosa provincia”, ao tempo que o vía coma un reto que asume “coa máxima responsabilidade e esixencia que sempre me marquei na miña traxecto-
ria profesional e de servizo público”.
Estilo propio
Tamén tivo palabras hacia o seu antecesor, Manuel Baltar, de quen dixo deixar unha institución “económicamente saneada” e que deixou “proxectos que non son inventos, porque non se trata de inventar”.
Porén, tamén advertiu do comezo dunha nova etapa cun “estilo propio, como fixen sempre alí onde estiven”. A primeira medida significativa desa nova etapa foi a de designar a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, como portavoz do grupo de Goberno, en detrimento de Plácido Álvarez (alcalde de Muíños) que viña exercendo dita portavocía ata o de agora. A pesar diso, tanto Álvarez, como César Fernández, alcalde de Ribadavia, serán portavoces adxuntos.
Continuando co discurso, Luis Menor apostou pola “consolidación de obxectivos” e a “atención de novos desafíos”. Fixo un repaso dos puntos fortes da provincia enumerando o termalismo, o sector primario, o viño, a
gastronomía, o turismo e a chegada do AVE como porta de entrada da alta velocidade a Galicia. Entre os temas a tratar con máis preocupación salientou o despoboamento e o envellecemento, ademsis do cambio climático e a loita contra os lumes (cabe recordar que foi director xeral de Emerxencias).
Tamén se autodefiniu como dialogante e pediu a todos os deputados provinciais -sen importar as siglas ás que pertenzan“apoio e implicación”
para este mandato, “máis aló das discrepancias ideolóxicas” para chegar a acordos “que nos esixe a sociedade”. Por iso, aseverou que visitará “aos alcaldes nos seus concello” para coñecer “de primeira man as súas necesidades”, xa que para el, ao papel da Deputación “é atender as necesidades de concellos con menos de 20.000 habitantes”, en Ourense son todos menos o da capital. “Temos que pór a súa disposición todos os recursos económicos, medios materiais, persoais e técnicos aos que non teñen acceso”, certificou.
Ourense Luis Menor tampouco se esqueceu da capital ofrecendo diálogo cos máximos responsables da cidade. Para elo, pretende fixar liñas de colaboración en proxectos estratéxicos
que beneficien á capital e ao resto da provincia.
Mandato Luis Menor gobenará en minoría; soamente cos votos dos deputados populares, doce, que se quedaron a un da maioría absoluta. Isto é posible grazas ao pacto que firmaron xunto a Democracia Ourensana no que se permite votar, tanto no concello como na deputación á lista máis votada. Deste xeito, na votación para elexir ao presidente, Luis Menor logrou os votos dos 12 deputados populares; mentres que Armando Ojea logrou tres (o del e os dos seus compañeiros de formación: Gonzalo Jácome e Rafa Cachafeiro). Pola súa banda, o candidato socialista, Álvaro Vila (alcalde de Taboadela) acadou 10 votos (os sete do PSOE e os tres do BNG).
A presidencia é un reto que asume “coa máxima responsabilidade e esixencia que sempre me marquei na miña traxectoria profesional e de servizo público”
3 Barrios 21 de xullo 2023 TEMA DA SEMANA
Luis Menor tras proclamarse presidente da Deputación de Ourense. /RAMSÉS.
A corporación entrante da Deputación de Ourense. /RAMSÉS.
Manuel Baltar felicitando a Luis Menor. /RAMSÉS.
O Campamento Urbano de Amencer reunirá a centos de rapaces
4 Celébrase do 31 de xullo ao 10 de agosto.
Redacción
Xura de bandeira e homenaxe ao Zamora 8
4 O alcalde recibiu no Concello ao subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas Preckler.
Redacción
O Concello de Ourense co-organizará a xura de bandeira para a cidadanía que o Ministerio de Defensa desenvolverá na cidade. Será na praza da Biblioteca Nós, o día 23 de setembro, e servirá coma homenaxe ao rexemento Zamora número 8.
O alcalde, Gonzalo Jácome, e o tenente de alcalde, Armando Ojea, reuníronse no Concello co subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas Preckler, e o comandante José Manuel Zapata, para avanzar nos preparativos.
Actividades
A xura de bandeira desenvolverase no marco
dunha programación máis ampla de actividades, que comezará a véspera, o 22 de setembro, cun concerto de música a cargo da Banda de Música Militar da Coruña e da banda de cornetas, tambores e gaitas da Brigada Galicia.
A xura de bandeira para persoal civil está prevista para as 19.00 horas do 23 de setembro. As persoas interesadas en xurar bandeira ou renovar o seu xuramento, poden contactar coa Subdelegación de
Defensa en Ourense, nos teléfonos 988.510.417, 988.510.514, e no correo electrónico dd.ourense@ oc.mde.es.
Homenaxe
Outra actividade será a descuberta o dunha placa na honra do Rexemento Zamora 8, a modo de homenaxe no propio lugar onde estivo emprazado, xa que este ano 2023 se cumpren 80 anos desde que chegou á cidade de Ourense.
A xura de bandeira terá lugar o 23 de setembro
Os interesados poden contactar coa Subdelegación de Defensa no mail dd.ourense@oc.mde.es
Xa está todo listo para que o vindeiro 31 de xullo de comezo a 36ª edición do Campamento Urbano de Amencer; un evento que reunirá ata o 10 de agosto a centos de rapaces e que está organizado pola Asociación Xuvenil Amencer coa colaboración da Concellería de Xuventude do Concello de Ourense.
“Un clásico de verán”, en palabras da concelleira Tamara Silva, dirixido a todos os nenos e nenas entre 8 e 16 anos que ten o dobre obxectivo de servir como espazo de encontro, de educación e de socialización no tempo de
lecer, pero tamén de descubrir a cidade.
Será o 36º verán ininterrompido de actividades no Campamento Urbano Infantil -de 8 a 16 anos, durante as mañás e as tardese do Campamento Urbano Xuvenil -para maiores de 15 anos, durante a noite-.
Nove días dunha intensa actividade, con base no colexio Salesianos, pero que temén contarán con excursións e farán alguha visita.
Xulio César Iglesias, director da Asociación Xuvenil Amencer, recordaba, na presentación do evento, que "o modelo funciona", logo de 36 anos.
Participación
Sen ir máis lonxe, o ano
pasado participaron 600 rapaces. Aínda que non son números como os de antes da pandemia, si que demostran o éxito desta fórmula. O campamento e aberto (poden participar todos os rapaces e rapazas que o desexen), gratuíto (sen custe económico) e libre (para participar os días que se poida). En canto aos voluntarios, imprescindibles no CU, soen repetir doutras edicións.
Malia que xa se superan as 300 persoas anotadas, as inscricións seguen abertas a través do espazo web www.amencer.org -tamén de forma presencial, por se alguén o precisase-.
O campamento de Amencer presentouse no Concello de Ourense.
4 Barrios 21 de xullo 2023
CIDADE
Jácome, Peckler, Zapata e Ojea, no Concello de Ourense.
“Visión cero” en Galicia para reducir ao mínimo as vítimas de accidentes de tráfico e acadar unha mobilidade segura
4 Mediante o Plan de Seguridade Viaria 2022-2025.
Redacción
A Xunta ten como piar esencial das intervencións no ámbito da seguridade viaria acadar unha mobilidade segura e sostible no entorno das estradas.
O Goberno galego está a priorizar a seguridade dos peóns e ciclistas con máis de 250 quilómetros de sendas executados nos últimos seis anos nas marxes das estradas autonómicas.
A rede de sendas executadas vaise estender máis alá das estradas porque, a través dos investimentos dos fondos Next Generation, estanse a impulsar nas contornas das grandes cidades eixes de mobilidade sostible. Así, acometeranse itinerarios na cidade de Ourense para conectala de norte a sur, ao unir a intermodal coa Ponte Vella e completando a senda do Barbaña. Tamén se construirá un gran itinerario peonil e ciclista en Santiago de Compostela, unindo O Milladoiro coa intermodal, os hospitais e San Caetano; ou en Pontevedra, conectando con Marín a través da mellora integral na estrada autonómica PO546.
A todo isto, cómpre sumar unha liña de acción novidosa que se está a desenvolver e que pretende
“Visión cero” busca diminuír o 25% do número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías, e en usuarios vulnerables como os peóns, ciclistas ou motoristas
mellorar a seguridade de 1.100 paradas de autobús situadas en estradas autonómicas cun investimento previsto de arredor de 35 millóns de euros.
“Visión Cero”
O novo Plan de seguridad vial de Galicia 20222025 busca no horizonte, mediantes as medidas que desenvolverá o plan, a redución ao mínimo posible das vítimas en accidentes de tráfico nas estradas galegas, de maneira que nos aproximemos a un obxectivo final de cero vítimas de accidentes de tráfico.
O novo plan contou coa colaboración das administracións implicadas e coa participación de diversos axentes sociais, que aportaron a súas suxerencias, ademais de someter a consulta e participación pública para que toda a sociedade puidera facer aportacións.
A “Visión Cero” está presente como obxectivo deste Plan de Seguridade Viaria. De acordo ás tendencias globais na materia, perséguese alcanzar a
eliminación de falecidos e feridos graves provocados polos sinistros de tráfico no ano 2050. Con este horizonte, o Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025 establece un ambicioso obxectivo de redución da sinistralidade, do que se fará seguimento anual.
Metas
Entre todas elas, o programa recolle dúas metas estratéxicas. Por unha banda, busca diminuír o 25% do número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías, con respecto a 2019. Pola outra, intentar reducir o 25% dos falecidos e feridos graves en usuarios vulnerables como os peóns, ciclistas ou motoristas.
Co fin de acadar estes obxectivos, o Goberno galego ten en marcha distintas accións específicas que abarcan todos os ámbitos que afectan á seguridade viaria como son a mellora das infraestruturas, a promoción da educación e formación viaria, o bo estado
do vehículo ou a priorización da seguridade viaria no lugar de traballo.
Seguridade
Unha das actuacións que ten en marcha a Xunta de Galicia é a eliminación de tramos de concentración de accidentes. Para isto, o Executivo ten asegurado un orzamento de máis de 20 millóns de euros para continuar progresando nestas intervencións nos vindeiros anos. Galicia é a única Comunidade Autónoma que conseguiu que os fondos europeos FEDER financien este tipo de actuacións. Grazas ás obras levadas a cabo no marco desta estratexia de supresión de concentración de accidentes (que conta cun investimento de 16,8 millóns de euros) permitiu reducir un 60% a sinistralidade nestes puntos.
Un total de 119 interseccións, a construción de 24 novas rotondas ou a mellora de 138 pasos de peóns foron as intervencións en todos os treitos identificados como de concentra-
ción de accidentes. Cabe destacar, tamén, as obras específicas de eliminación de obstáculos en estradas, que teñen por obxectivo conseguir estradas “que perdoan” os erros dos condutores e dar unha segunda oportunidade de volver á calzada.
Conservación
A conservación das estradas autonómicas tamén é unha liña de acción fundamental para a Xunta. Desde o ano 2016 ten en marcha o Plan de reforzos de firme cunha partida anual duns 20 millóns de euros de media, e que serve para avanzar na mellora e conservación das vías da súa titularidade. Isto supón, que en seis anos o Goberno galego investiu máis de 115 millóns de euros para mellorar os firmes das estradas autonómicas, garantindo a súa conservación e reforzando a seguridade viaria e a comodidade nos desprazamentos dos usuarios. Ademais, unha partida específica de 4,1 millóns de euros puxo en marcha un programa pioneiros que conta cun sistema de inspección e xestión de obras de paso, muros e noiros.
Concienciación
Todo isto se consegue coa suma de esforzos de todos, tanto as Administracións públicas como os cidadáns. Actuacións e iniciativas de concienciación son esenciais.
Co obxectivo de promover os hábitos seguros nas estradas, activouse unha campaña de conciencia-
ción que lle recorda aos peóns e aos condutores a fraxilidade dos usuarios vulnerables nas vías.
A campaña, desenvolvida con anterioridade, utiliza como recurso unhas figuras con estética de Sargadelos coas que se mostra aos cidadáns que os peóns ou ciclistas son usuarios fráxiles nas estradas.
A iniciativa lémbralle, entre outras recomendacións, aos peóns a importancia de facerse ver con prendas reflectoras; de camiñar pola esquerda da estrada sempre que non exista senda ou beirarrúa; ou de escoller o lugar máis seguro para cruzar.
Campañas de concienciación para fomentar as actitudes responsables nas estradas, tanto entre os condutores como entre os peóns ou os ciclistas foron promovidas polo Goberno autonómico. Algunhas delas desenvolvéronse con éxito, como iniciativas para sensibilizar da necesidade de evitar distraccións como o móbil na condución; ou de deixar sempre metro e medio de distancia con respecto aos ciclistas. Cos nenos buscáronse actividades divulgativas e de concienciación como foi a campaña ‘O corazón está do teu lado’, na que se aprendeu a empregar as sendas peonís, camiñar polo lado do corazón, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía.
O Goberno galego está a priorizar a seguridade dos peóns e ciclistas con máis de 250 quilómetros de sendas executados nos últimos seis anos nas marxes das estradas autonómicas
5 Barrios 21 de xullo 2023 SOCIEDADE
Un total de 119 interseccións, a construción de 24 novas rotondas ou a mellora de 138 pasos de peóns foron as intervencións en todos os treitos identificados como de concentración de accidentes.
Xoldra de Aguiar
Redacción
O vindeiro 30 de xullo, xoves, celébrase no campo dos Gozos (O Pereiro de aguiar) a “Xoldra de Aguiar”. Trátase dun evento destinado a un público familiar.
A sesión vermú (12.30 horas) contará con Os do fuelle, un grupo de acordeonistas de Maceda. Durante a hora de xantar haberá unha pulpeira.
Os máis cativos terán actuacións e animacións da man de A run run con xogos, enredos e música.
O prezo da entrada (a adquirir na web ataquilla. com) será de 15 euros, sendo de balde para os cativos de 0 a 10 anos. Cinco euros de cada entrada irán destinados ao Banco de Alimentos do Pereiro (mercarese produtos alimenticios en establecementos do concello). O aforo ao recinto podería superar os 2.000 asistentes.
Concertos Xa pola tarde chegan dous concertos; o primeiro deles correrá a cargo de Brinkadelia Troupe -sobre ás 18.30 h- para cederlle o escenario a Lamatumbá, que actuará sobre ás 22 h.
Animación á lectura
Redacción
Comezou o programa de animación á lectura ‘Ler conta moito’ en Ourense. O programa desenvolverase a través das bibliotecas públicas municipais da Ponte, San Francisco e A Carballeira durante os meses de xullo e de agosto. Está dirixido ao público infantil -entre 2 e 12 anos-, pero está aberto a persoas de todas as idades. As actividades son de balde e comezarán ás 11.00 horas.
Este venres día 21 e o xoves 27 terá lugar na biblioteca da Ponte; o venres 28 en San Francisco. En agosto os mércores 9 e 23 será na Carballeira.
Atraccións e música nas Festas da Ponte 2023
4 Terán lugar do 22 ao 25 de xullo.
Redacción
O REP2 levará a Javier Gurruchaga e La Orquesta Mondragón a Celanova
4 Revólver tamén actuará no mes de agosto no mosteiro.
R.T.
O ciclo Rock Entre Pedra e Poesía (REP2) continúa este ano tralo éxito do concerto de Miguel Ríos, o ano pasado, no Claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova.
Este ano haberá dúas datas con grupos cunha dilatada traxectoria no mundo do Rock patrio.
As citas serán o sábado, 22 de xullo (Mad Mission e Javier Gurruchaga e La Orquesta Mondragón, e o domingo, 20 de agosto (Escuchando elefantes e Revólver).
O prezo das entradas é de 24 euros para unha xornada ou un bono de 40 euros que inclúe as dúas actuacións. As entradas están á venda na web ataquilla.com. Cada concerto terá un aforo dun máximo de 800 persoas.
O REP2 é unha iniciatica de Escena Sonora -organizadora del ciclo- na que colaboran o Concello de Celanova, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense. Durante a presentación, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Ga-
briel Alén, sinalou que iniciativas como estas "patrocinadas por Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Concello de Celanova, teñen como principal obxectivo, que a través da música de sempre, se resalten espazos de incalculable valor patrimonial e cultural como ten a provincia de Ourense".
Xullo
Este 22 de xullo, sábado, o claustro acollerá unha velada musical na que participarán Javier Gurruchaga e La Orquesta Mondragón, e Mad Mission. Con apertura de portas ás 20 horas, será a partir das 21 horas cando os ourensáns de Mad Mission baixarán o telón desta xornada co seu estilo que toma como referencia a música negra dos anos 60 e 70, dando como resultado unha mestura de funk, rock e soul.
Tralos ourensáns chega un dos artistas máis consagrados do panorama nacional. Javier Gurruchaga, coa Orquesta Mondragón, comezarán a tocar en torno ás 22 horas. Máis de 40 anos na música contemplan a este irreverente artista que deixa en cada actuación humor, parodia,
cabaret, blues e, por suposto, moito rock and roll. Un monstruo dos escenarios que nestas máis de catro décadas deixou cancións imborrables como Lolita, El huevo de Colón, Ellos las prefieren gordas, Caperucita feroz, Corazón de neón (todas elas moi recordadas por todos os que imos cumprindo anos dunha maneira demasiado acelerada); e cancións máis recentes: No dispares más, Qué viene Trump!.
Agosto
E para o domingo, 20 de agosto, chegarán as actuacións de Escuchando elefantes (20 horas) e Revólver (21 horas) coa incofundible voz de Carlos Goñi e que conta no seu repertorio Si es tan solo amor, El Dorado ou Faro de Lisboa.
Gurruchaga e La Orquesta Mondragón, e Mad Mission actuarán o sábado 22 de xullo. Entradas en ataquilla.com
O Concello de Ourense organiza por segundo ano consecutivo as Festas da Ponte (ao non contar cunha comisión que as levase a cabo), que se desenvolverán do sábado 22 até o martes, 25 de xullo. Serán catro días de actividades, segundo avanzou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen subliña a presenza de “orquestras top” e festas para a mocidade, atraccións de feira e remate con tirada de fogos artificiais. Neste escenario, subliña o rexedor que “non iamos deixar que neste barrio tan importante de Ourense, o barrio por excelencia, quedase sen festexos".
Polo que, o Concello de Ourense "vainas facer e ímolas facer ao grande. O ano pasado foron unhas boas festas e este ano van ser moito mellores”, asegura Pérez Jácome.
Mesma filosofía
Explica Pérez Jácome que mantense a filosofía de que Ourense "teña
grandes festexos, moitos focalizados no centro da cidade, como é o Halloween, o San Martiño, o Nadal ou as Festas de Ourense de fin de curso", para despois ter "catro grandes festas seguindo os puntos cardinais de Ourense, que son norte (A Ponte) sur (Barrocás), leste (O Couto) e oeste (San Francisco), e a maiores, as dos barrios, como recentemente foron as de Santa Cruz Arrabaldo”.
Catro días
Serán un total de catro días de festas que darán comezo o sábado, 22 de xullo coa macro-discoteca Éxtasis (festa da Xuventude) e o grupo Tattoo. O domingo 23, as actuación serán do grupo JB Son e La Banda de ayer. Para o luns 24 terá lugar unha nova festa da Xuventude coa Disco-Móbil A Gramola e a actuación dunha -en palabras do alcalde- das orquestras Top5 a nivel nacional: La Misión. E rematarán as festas da Ponte o martes, 25 de xullo, co grupo Horizon, a orquestra Marbella e a gran tirada de fogos artificiais.
As orquestras non faltarán nas festas da Ponte 2023.
“Music Camp”
Redacción
O complexo do Corgo, en Muíños, acollerá este verán a 5ª edición do campamento xuvenil “Music Camp”. A iniciativa terá lugar entre o 31 de xullo e o 6 de agosto. O campamento está deseñado para rapaces de entre 13 e 17 anos con
experiencia demostrable na música. O campamento tamén ofrece kaiak, piragüismo e outras actividades acuáticas, ademais de veladas diarias, xogos nocturnos, festas de disfraces ou campionatos. Esta edición conta con 50 prazas. Inscricións e máis información na web www.lacasadelamusica. es ou no teléfono 647 041 924.
6 Barrios 21 de xullo 2023 OCIO
Puga, Alén, Pérez e Frieira presentando o REP2 /RAMSÉS.
En verán, "Os
Redacción
Todos os xoves de xullo e agosto a Concellería de Cultura do Concello de Barbadás organiza "Os xoves son cultura", actividades lúdicas dirixidas a todos os públicos que amenizarán o solpor de cada xoves (desde as 21 horas). A programación contará con actividades teatrais, musicais, circenses ou cómicas.
En caso de que que a meteoroloxía fora adversa poderanse desprazar ao patio do CEIP Filomena Dato ou ao auditorio da Casa da Cultura Manuel María.
O programa cultural “Os xoves son cultura”, organizado pola Concellería de Cultura, conta coa colaboración da Concellería de Igualdade, a Escola de Música de Barbadás, a Rede de Auditorios de Ourense e a Agrupación de Protección Civil de Barbadás. Este programa foi elaborado pola Concellería de Igualdade, coa colaboración da de Igualdade, a Escola de Música de Barbadás, a Rede de Auditorios de Ourense e
a Agrupación de Protección Civil de Barbadás.
Programación
Este xoves, Brañas Folk ofreceu o concerto "Godaxe", e para o vindeiro xoves, 27 de xullo, será o turno da actuación de Circo La Troupe Malabo con "Karpaty". O 3 de agosto actuará En mala hora e o día 10 Circo no Alto chegará co espectáculo "Ser de corda". O xoves día 17 La Finestra actuará coa súa obra "Royal Circ"; o teatro será o protagonista da man de Ghazafelhos coa obra "As minas do rei Salomón" o día 24, e rematará a programación o día 31 de agosto coa proxección da película "Pinocho".
O vindeira cita dos “Xoves son Cultura” será o día 27 de xullo coa actuación de Circo La Troupe Malabo con “Karpaty”
Barbadás actualiza o seu rueiro co Catastro
4 Garante a precisión e actualización do rueiro municipal.
Redacción
O Concello de Barbadás ven desenvolvendo, de forma ininterrompida, desde o ano 2008, unha serie de traballos encamiñados á actualización e mantemento do rueiro municipal. Esta iniciativa, na que traballou con gran implicación a concelleira, Victoria Morenza, e levada a cabo con éxito grazas á colaboración de diferentes departamentos municipais, como o de Padrón e Urbanismo, sitúa ao concello como un dos primeiros da provincia en depurar e coordinar o rueiro coa Dirección Xeral do Catastro.
Novas vías
No inicio deste proceso, realizouse un labor exhaustivo de creación de novas vías debido ao crecemento do municipio, así como a numeración dos inmobles que se atopan fronte a estas rúas en todo o termo municipal. Ademais, renumeráronse diversas rúas como consecuencia dese crecemento urbano, o que requiriu unha actuación necesaria para a correcta identificación das mesmas.
Como resultado, elaboráronse os primeiros
planos do rueiro municipal, que non só proporcionaron servizo aos diferentes departamentos do concello, senón tamén ao Instituto Nacional de Estatística e ao Catastro.
Actualización
Unha vez consolidado este avance, no ano 2019 procedeuse á actualización do rueiro na zona norte do municipio, a cal experimentou un notorio crecemento poboacional.
“Esta fase permitiu adaptalo ás necesidades cambiantes da comunidade e garantir a súa precisión e funcionalidade”, explica Morenza.
En 2022, retomáronse os traballos co obxectivo de completar a actualización no resto do concello.
A concelleira destaca que o resultado "é un rueiro plenamente actualizado ata maio de 2023, que reflicte fielmente a estrutura viaria e as súas denominacións no municipio de Barbadás”.
A fase final deste proxecto consiste na coordinación do rueiro coa Dirección Xeral do Catastro, mediante a implementación dun novo formato de intercambio capaz de corrixir e actualizar a base de datos catastral de acordo cos datos proporcionados polo propio Concello.
Goberno Redacción
Esto permitirá que os cidadáns poidan consultar, a través da Sede Electrónica do Catastro, non só a localización e referencia catastral das súas propiedades, senón tamén a dirección tributaria correcta e coherente cos datos municipais.
Ademais, según subliña Morenza “esta iniciativa tamén será de grande axuda para Correos, pois permitirá evitar erros nas direccións postais do municipio, o que redundará nun mellor servizo para todos os cidadáns”.
O Concello de Barbadás lidera este proxecto pioneiro na provincia, que garante a precisión e actualización do rueiro municipal, así como a súa coordinación coa base de datos catastral. Desde o Goberno local, con esta actuación, reafirma "o compromiso do Concello coa modernización e mellora dos servizos ofrecidos á cidadanía".
O pleno do Concello de Barbadás xa configurou ao Goberno local. O alcalde socialista, Xosé Carlos Valcárcel, incorpora ao edil de Democracia Ourensana, Daniel Rey, dentro do goberno. Rey encargarase da área de Emerxencias e Intervencións Públicas, Disciplina Medioambiental e Gardería Forestal. As demais áreas delegadas son para concelleiros do PSOE; así Coordinación de Urbanismo, Vías e Obras, Servizos Públicos, Parques e Xardíns, delégase na Tenente de Alcalde, Victoria Morenza; Educación e Comercio (segunda Tenente de Alcalde) para Margarita Pérez; Deportes e Mocidade para Cristian Rodríguez; Promoción Económica, Turismo, Recursos Humanos e Formación para José Manuel Morgade; Servizos Sociais, Saúde e lgualdade para María Elisabeth González; e Cultura e Participación Veciñal para Ana Belén Peleteiro. Este goberno contará con tres dedicacións exclusivas (Victoria Morenza -2.600 euros brutos ao mes-, Daniel Rey e Elisabet González -que percibirán 1.800 cada un-) e unha parcial (Margarita Pérez con 1.350 euros ao mes).
Rotonda Redacción
A Xunta adxudicou por 435.048 euros a execución das obras da nova rotonda na intersección da estrada autonómica OU-540, no seu punto quilométrico 4,2 coa autovía A-52, no Concello de Barbadás.
Esta intervención de mellora da seguridade viaria conta cun prazo de execución de 4 meses e agárdase que se inicien os traballos a finais de xullo.
Estas actuacións non implican exprociacións, xa que as obras están incluídas dentro da franxa de dominio público.
7 Barrios 21 de
2023
xullo
BARBADÁS Realizouse
un labor exhaustivo de creación de novas vías debido ao crecemento do municipio
Cartel de “Os Xoves son Cultura”.
xoves son cultura"
4 Durante xullo e agosto no parque dos Patos.
A fase final deste proxecto consiste na coordinación do rueiro coa Dirección Xeral do Catastro.
Cartel e convenio para a Feira da DO Monterrei
4 Celébrase os días 11, 12 e 13 de agosto.
Redacción
A falta de poucas semanas para que se celebre en Verín a Feira do Viño da DO Monterrei xa se coñece o cartel anunciador,
ademais de terse firmado un convenio co Concello. En canto ao cartel da 16ª edición a proposta seleccionado foi a de Francisco Rodríguez Salgado (dun total de 62 traballos
Cartel retrofuturista para o FIC Vía XIV
4 Pon en valor a imaxinación e a liberdade de pensamento.
Redacción
O FIC 2023, que se celebrará na vila do Támega entre o 8 e o 17 de setembro, xa conta con cartel ilustrador. Un traballo cuxa idea conceptual parte de Jorge Godás, está inspirado na película británica Brazil, de Terry Gilliam. O director do Festival de Curtas, Carlos Montero, asegura que "a gráfica do cartel baséase nun estilo retrofuturista que combina elementos do pasado con visións e conceptos do futuro", no que pretende ser unha sátira da dependencia tecnolóxica que se vive na actualidade.
Imaxe corporativa
O FIC estrea este ano imaxe corporativa.
Con esta nova imaxe, preténdese expresar graficamente o obxectivo da Asociación Cultural Vía
XIV por facer do FIC un verdadeiro contedor cultural que programe actividades relacionadas co audiovisual en Verín en diferentes meses do ano.
Aever
Ademais, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever, apoiará de novo o desenvolvemento do FIC Vía XIV propoñendo, como en anos anteriores, a posta en marcha dun concurso que inste aos seus establecementos da vila a decorar os seus escaparates con motivos relacionados coa sétima arte. Os tres mellores escaparates serán premiados con 150, 75 e 50 euros. Ademais, Aever sorteará entradas para o espectáculo "Encerrona" que o actor Pepe Viyuela ofrecerá no Auditorio o 9 de setembro, as 20:00 h.
presentados). Rodríguez (que se presentaba por vez primeira a un concurso destas características) presentou a obra baixo o lema “Sabores de Monterrei, onde o viño e a tradición se xuntan en cada copa”.
Convenio
Concello de Verín -por parte do alcalde, Gerardo Seoane- e Denominación de Orixe -da man do seu presidente, Jonatás Gagofirmaron un convenio de colaboración para a feira deste ano. Este convenio recolle as cuestións que
abonará cada entidade, repetindo deste xeito unha firma que xa se realizou en anos anteriores. Devandito convenio de colaboración refírese a aspectos como montaxe do recinto feiral, actuacións musicais ou publicidade, entre outros.
Outras actividades
Ademais da feira de agosto, a DO Monterrei realiza, durante todo o ano, un labor de promoción encomiable. Nestas datas participaron na ‘Experiencia Verema Santander’ con máis de 80 participantes.
O presidente da DO, Jonatás Gago, explicaba que se trata dunha "excelente oportunidade de mostrar o noso produto tanto ao consumidor final como ao
secto da distribución, hostalaría ou restauración". Esta mesma semana, os branco e tintos de Monterrei participaron no Túnel do Viño de Lugo.
8 Barrios 21 de xullo 2023 VERÍN
Presentación do cartel da Feira do Viño de Monterrei.
Jorge Godás é o autor do cartel do FIC 2023.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convoca un total de 24 liñas de axudas e programas
de apoio
4 Están dirixidas a particulares, concellos e promotores privados cunha dotación global de ao redor de 140 millóns de euros.
Redacción
A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convoca este ano un total de 24 liñas de axudas e programas de apoio. Estas van dirixidas a particulares, concellos e promotores privados cunha dotación global de ao redor de 140 millóns de euros. Deste total, 11 teñen actualmente o prazo de solicitude aberto (as de mellora da eficiencia enerxética, compra en centros históricos e de vivenda protexida, ou o aval bancario para mozos, entre outras) e seis, aínda están pendentes de convocarse.
A aposta da Xunta en materia de vivenda é tal que, por exemplo, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incrementa en 30 millóns de euros, ata chegar a 66,4 millóns, os fondos destinados á actual convocatoria de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios de tipo residencial. Todo isto ocorre despois de que en 2022, no marco da súa primeira convocatoria, saldárase cunha execución do 100% (22,8 millóns de euros) e unha notable demanda. Coa ampliación orzamentaria a Xunta busca responder á altísima demanda que está espertando esta segunda convocatoria
A Xunta destina 8,4 millóns de euros en axudas para a construción de vivendas para alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes
do programa.
En concreto, o programa a nivel de edificio está destinado a apoiar a particulares, comunidades de veciños ou cooperativas propietarias de inmobles construídos antes do ano 2000 na execución de diferentes actuacións sobre a envolvente de edificios e construcións unifamiliares —como a renovación de fachadas e cubertas—, así como á substitución de equipos de calefacción e auga quente por outros que non utilicen enerxía fósil para lograr reducir os consumos en, como mínimo, un 30%.
A subvención a percibir poderá chegar ata os 26.750 euros se se trata dunha vivenda unifamiliar e ata os 23.500 euros se esta forma parte dun edificio colectivo residencial.
En determinadas situacións de vulnerabilidade poderase cubrir incluso o 100% do custo das obras.
E cómpre lembrar que, en total, os propietarios de vivendas e edificios residenciais teñen á súa dispo-
sición máis de 73 millóns de euros en axudas a través de tres tipos de programas —edificio, vivenda e libro do edificio— dirixidos a financiar obras e reformas que melloren a eficiencia enerxética dos seus fogares. Un orzamento que, se estima, permitirá intervir sobre un total de 15.800 vivendas galegas.
Tamén este ano, as axudas para comprar vivendas en centros históricos chegan á súa quinta convocatoria e, a mesma, pode ofrecer axudas de ata 15.000 euros; o prazo de solicitude remata o 2 de outubro.
Novidades
Este ano, a Xunta de Galicia destina 8,4 millóns de euros en axudas para a construción de vivendas para alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes. Un programa novidoso financiado con fondos europeos do Next Generation e que se convoca por primeira vez. As vivendas resultantes deberán destinarse a alugueiro
durante un período mínimo de 50 anos. No caso de vivendas promovidas por empresas privadas, estas pasarán a ser de titularidade pública unha vez que remate o período de concesión do solo.
As subvencións poderán aplicarse tanto a vivendas de nova construción como á rehabilitación de edificios cun uso distinto ao residencial e que se vaian destinar a alugueiro social. O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 6 de outubro. En canto á contía das axudas, os promotores públicos e privados poderán optar a 700 euros por metro cadrado, cun límite máximo de 50.000 euros por cada vivenda.
As vivendas resultantes adxudicaranse a persoas que vaian ter o seu domicilio habitual e permanente nelas, que estean inscritas no Rexistro de Demandantes de Galicia para o acceso ás vivendas protexidas de réxime xeral e cuxos ingresos familiares non excedan de 4,5 veces o Indicador público de renda
de efectos múltiples en 14 pagas —24.318,84 euros-. Outra das novidades deste ano é a liña de axudas para o fomento de aloxamentos temporais, de modelos cohousing, de vivendas interxeneracionais e modalidades similares cunha contía de 6,8 millóns de euros para as anualidades que van de 2023 a 2026.
Ata o vindeiro 2 de novembro, salvo esgotamento do crédito dispoñible, os interesados en optar a estas axudas —dirixidas a entidades privadas e empresas que desexen promover inmobles destinados aos usos previstos na convocatoria— poderán presentar as súas solicitudes.
As subvencións poderán destinarse tanto a inmobles de nova construción como á rehabilitación
doutros xa existentes e, estes, deberán dedicarse a alugueiro durante un prazo de, polo menos, 20 anos.
Mozos
Nos últimos tres anos, a Xunta axudou a 600 mozos galegos menores de 35 anos -máis da metade o ano pasado- a comprar a súa vivenda habitual en concellos de menos de 10.000 habitantes, mediante unha liña de incentivos que mantén este ano dotándoa con 1,55 millóns de euros. Os que queiran presentar as súas solicitudes para poder beneficiarse das axudas teñen ata o vindeiro 31 de outubro.
Os incentivos previstos poden chegar ata un máximo de 10.800 euros por inmoble, sempre que non supere o 20% do prezo de compra e a vivenda estea localizada nalgún dos 257 municipios galegos de menos de 10.000 habitantes -o 82% do total-. Outra liña de axudas para mozos que está aberta ata o 30 de novembro é o programa de avais públicos dirixido a mozos menores de 36 anos para facilitarlles a compra da súa primeira vivenda (sendo a súa residencia habitual e permanente durante o período do aval). O orzamento desta convocatoria chega aos 5 millóns de euros e busca facilitar o acceso da mocidade galega ao seu primeiro fogar en propiedade a través da concesión de avais hipotecarios que poderán chegar ata o 20% do prezo de adquisición do inmoble por parte do IGVS.
Axudas á mocidade menor de 35 anos para comprar vivenda habitual en concellos de menos de 10.000 habitantes están abertas ata o 31 de outubro
9 Barrios 21 de xullo 2023 ECONOMÍA
As axudas para comprar vivendas en centros históricos poden chegar ata 15.000 euros
Nova campaña de Aever para o fomento do comercio local de Verín
4
Redacción
Unha nova campaña para fomentar as compras nos comercios de Verín está prevista para agosto. Santos Álvarez e Xosé Ángel Rodicio, presidente e xerente de Aever, respectivamente, ademais da concelleira de Comerco, María Isabel González, presentaron a campaña que ten por lema "Móllate polo comercio".
Nunha época, a estival, na que as vendas para o sector comercial é das mellores, a Asociación de Empresarios de Verín (Aever) queren agradecer a confianza dos clientes con actividades que se desenvolverán o vindeiro venres, 4 de agosto. Ese día instalaranse tres tobogáns de auga en función da idade. A "Zona Extrem" será un mega tobogán de 14 metros de altura, 40 de longo e 10 de ancho (para xóvenes e maiores); este estará ubicado na praza Maior. A Zona Media será un tobogán de
7 metros de altura, por 24 de longo e 7 de ancho (ubicado na praza do Concello será apto para xóvenes). E a Zona Peques contará con dous tobogáns instalados na praza da Merced (un de 4,5 metros de alto e outro máis pequeno de 10 metros de longo). Con estas tres zonas de tobogán búscase atraer ao público de todas as idades.
Festa da espuma
Ademais, na praza Maior, haberá nunha zona acotada un inchable (de 12x12 metros) onde se fará a Festa da Espuma. Por idades, distribuíranse en catro horarios. Os peques de 3 a 10 anos participarán de 17:30 a 18:30 horas e de 19:30 a 20:30 horas; de 11 anos en adiante no horario de 18:30 a 19:30; e para xóvenes e adultos de 20:30 a 21:30 horas.
Tiquets
Para poder participar nestas actividades teñen que conseguir os tiquets
A “Batucada Verín” traerá unha batalla de batucadas
4 Terá lugar os días 28 e 29 de xullo con actividades para todos os públicos.
Redacción
realizando compras nos establecementos asociados. Os mesmos canxearanse na carpa de Aever situada na praza Maior. Os interesados deberán entregar 10 tiquets máis 2 euros, que se canxearán por unha pulseira e terá acceso a todas actividades, tanto tobogáns coma festa "Holi-espuma" durante toda a tarde.
A carpa estará aberta unha hora antes do inicio das actividades. Na paxina web da asociación disporán dunha aplicación para facer a reserva e compra das entradas.
Milleiros de persoas reuniranse arredor da música, o baile e a diversión que traerá consigo a "Batucada Verín 2023" prevista para os días 28 e 29 de xullo. O programa oficial da festa inclúe actividades para todos os públicos e gustos, desde desfiles infantís e concertos ata festa da espuma; ademais, este ano, como novidade, unha batalla de batucadas.
A presentación da programación oficial correu a cargo da concelleira de Cultura, Festexos e Turismo, Samanta Barreira, xunto a Javier M. Quintas, xerente da empresa verinesa Elogo Delivery, patrocinadora do evento.
Programa
O venres pola maña dará comezo, ás 11.00 horas, as actividadades co desfile infantil da ludoteca municipal, coa temática do mar e o mundo mariño; partirá do Colexio Amaro Refojo e pasará pola praza do Concello ata chegar á praza García Barbón.
Pola tarde, de 16:30 a 19:00 horas, a festa trasladarase á praia fluvial do río Támega, onde haberá inchables e animación musical. A continuación, ás 19:30 horas, haberá un concerto infantil da man de Gramola Gominola, unha banda de auténtico
Rock&Roll en galego para público cativo.
Como remate da primeira xornada, a noite estará amenizada pola discoteca móbil Enjoy, que porá música e ambiente na praza García Barbón desde as 23:00 ata as 2:30 horas.
Xa o sábado 29, a festa continuará coa xa tradicional festa da espuma, que se celebrará na praza García Barbón de 17:00 a 19:00 horas, coa música de Discomóbil A Gramola. Este ano implementaranse dúas zonas de espuma diferenciadas, unha máis ampla para o público adulto e outra para o infantil.
E o prato forte chegará ás 19.00 horas, momento no que comezará o desfile de batucadas, con saída
na García Barbón e cuxo percorrido o levará polas rúas da Cruz, a Mercé, Laureano Peláez e Irmáns Moreno. Será nesta última onde se realizará unha batalla de batucadas; participarán a Banda de Gaitas e as batucadas Latexo, Os Queimatasas e Bloquinho de Xérmolos. O broche final da festa correspóndelle a Discomóbil A Gramola, que actuará na García Barbón desde as 23:30 ata as 2:30 horas.
O desfile será o sábado 29 ás 19 h para, despois, celebrar a batalla de batucadas
10 Barrios 21 de xullo 2023 VERÍN
Samanta Barreira e Javier M. Quintas presentaron a Batucada Verín.
"Móllate polo comercio" é o seu lema.
Instalaranse catro tobogáns de distintos tamaños en función das idades O horario da festa da espuma será de 17.30 a 21.30 horas
Presentación da campaña “Móllate polo Comercio”.
Un dos podios do Concurso Territorial de Doma Clási-
A Doma Clásica ten tirón en Ourense
4 O Concurso Territorial contou cunha gran participación.
Redacción
Moi alta foi a participación no Concurso Territorial de Doma Clásica, celebrado no Club Ecuestre de Vilamarín, e que serviu de clasificatorio para o Campionato de Galicia 2023 e das probas da Liga Sureste.
Participantes
Foron preto de 100 as saídas a pista de binomios de clubs hípicos de toda Galicia. Destacaron xinetes e amazonas de Vilamarín, Allariz, Coles, CDEO, Juan Oliveira de Lalín, MP Aitor Manso de Xinzo, Centro Ecuestre Rías Baixas de Vigo, Finca La Abrigosa, etc.
Todos eles mostraron unha grande técnica e deleitaron cuns grandes
exercicios a todos o público presente neste concurso territorial.
Vencedores Marina Rivero con Monterrey CDEO (Club Deportivo Ecuestre de Ourense) foi a vencedora en Rider 1, sendo Clara Cofán a gañadora en Rider 2 (tamén con Monterrey do CDEO).
Pola súa banda, Martiño Blanco Guzmán con Cómica -do Club Ecuestre Vilamarín- fíxose coa primeira posición en Rider 3.
Foi unha gran xornada que deixou con moi bo sabor de boca tanto a participantes como a público en xeral, demostrando que a hípica goza de boa saúda na nosa provincia.
4 Vencen na terceira edición do maratón de fútbol sala feminino.
Redacción
O Concello de Cartelle volveu ser o epicentro do fútbol sala feminino coa disputa do 3ª Maratón de Fútbol Sala que tivo lugar do 7 ao 9 de xullo. O polideportivo Piño Vilachá acolleu este maratón no que participaron unha vintena de equipos provintes de Galicia, Cantabria, Castela e León, Madrid e Portugal.
Corenta e oito horas de fútbol sala de gran calibre que deixou enfrontamentos moi vibrantes que contaron con nume-
roso público nas bancadas. Unha fase de grupos deu paso ás eliminatorias que comezaron cos oitavos de final e cuartos ata chegar a semifinais e a gran final.
Las Impresentables
Las Impresentables e o Cidade das Burgas chegaron á final por méritos propios. Porén no partido definitivo a maior calidade das primeiras impúxose ao ímpetu das ourensás que nada puideron facer ante un equipo conformado por xogadoras internacionais, que se levaron os 7.000 euros de
premio para as campioas do torneo (o premio máis grande dun torneo feminino desta disciplina deportiva).
Na terceira posición rematou un Segolada que
venceu a La Fundación. As de Segovia participan esta tempada na Segunda división coa firme intención de ascender a Primeira.
Premios
En canto aos premios individuais, Jimena (Segosala) foi a mellor xogadora do torneo; Kiko (Cidade das Burgas foi a máxima goleadora); e Ana Lastra (Cidade das Burgas) a mellor porteira. Torneo Internacional Como cada verán o Piño Vilachá ademais do maratón acolle un torneo internacional, tamén de fútbol sala feminino. Nesta ocasión a cita terá lugar a fin de semana do 26 e 27 de agosto e os equipos participantes serán o Cidade das Burgas, Ourense Envialia, Futsi e Benfica.
Os días 26 e 27 de agosto Cartelle acolle o 3º Torneo Internacional de fútbol sala feminino
11 Barrios 21 de xullo 2023 DEPORTES
ca celebrado no Club Ecuestre de Vilamarín.
"Las Impresentables" logran en Cartelle un botín de 7.000 euros
“Las Impresentables” festexando a vitoria en Cartelle. /RAMSÉS.
A final disputárona “Las Impresentables” e o Cidade das Burgas. /RAMSÉS.
12 Barrios 21 de xullo 2023 PUBLICIDADE
Ciclo de música “Mar aberto, concertos na fin da terra”
4 Durante este mes de xullo a música estará moi presente no litoral galego.
Redacción
A Xunta de Galicia presenta o ciclo de música “Mar Aberto. Concertos na fin da terra”, unha experiencia máxica que está a ter como escenarios algúns dos recunchos máis bonitos e impresionantes da costa galega.
Trátase dun ciclo de concertos íntimos con capacidade limitada e unhas proposta artísticas deseñadas para cada espazo, e que permiten gozar de actuacións únicas e irrepetibles.
Un arsenal militar, a luz dun imponente faro, unhas impresionantes vistas sobre a ría ou unha espectacular posta do sol sobre o Atlántico, son algúns do momentos que se viven neste “Mar Aberto”.
En definitiva, unha fusión perfecta entre patrimonio, paisaxe, cultura, gastronomía e música:
unha experiencia inesquecible para os cinco sentidos.
Nestes eventos, o compromiso coa contorna é unha prioridade e, por iso, cada detalle do festival está pensado para reducir o impacto ambiental e facilitar a accesibilidade
Durante a presentación do evento, Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, explicou que este ciclo de concertos Festival Mar Aberto - Festival Mar Aberto, que conta coa colaboración da productora Jarabe, é unha continuación dos Concertos na Fin do Mundo,
concibidos como unha experiencia musical e turística diferente no marco da celebración do Xacobeo 21-22. Para esta edi-
ción contase con catro localizacións diferentes que teñen como referente próximo un faro da costa galega ou espazo de beleza singular. “Son concertos de formato intimista en contornas singulares, o que os converte en eventos moi especiais, únicos”, indicou a directora de Turismo de Galicia.
Ciclo
Co obxectivo de facer un ciclo de concertos en espazos singulares e coa sostibilidade como elemento transversal, celébranse estos catro concertos durante este mes de xullo. O primeiro deles tivo lugar no Arsenal Militar de Ferrol, os pasados 7 e 8 de xullo coa actuación de Amaro Ferreiro,
Julieta Venegas, Eva B e Alice Wonder, entre outros. Para a fin de semana do 14 e 15 de xullo terán lugar no Faro Cabo Silleiro (Baiona), onde actuarán Ses, Monopolius Dop e Russ dj (o venres 14) e Lynn Milanés, Catuxa Salom e Rapariga dj (o sábado 15).
Os días 21 e 22 de xullo no Faro Punta da Barca (Muxía) actuarán Fillas de Cassandra, Freedonia e Señora dj (o día 21), e Mísia, Cora Velasco e Rapariga dj (o sábado, 22 de xullo).
E para rematar este ciclo, a derradeira fin de semana de xullo, os días 28 e 29 de xullo actuarán no Faro de Corrubedo (Ribeira), The Gift, Sheila Patricia e Señora dj (o venres día 28), e Blanca Paloma, Allova e Rapariga dj (o sábado, 29 de xullo). As entradas son de balde, e pódense facer as reservas en www.woutick.es.
Mobilidade e sustentabilidade
Mar Aberto é un festival único que permite gozar da música, a natureza, a paisaxe e o patrimonio nalgúns dos recunchos máis bonitos da costa galega, lugares incriblemente máxicos.
Nestes eventos, o compromiso coa contorna é unha prioridade e, por iso, cada detalle do festival está pensado para reducir o impacto ambiental e facilitar a accesibilidade; a colaboración de todos é imprescindible para logralo.
A derradeira fin de semana de xullo actuarán no Faro de Corrubedo (Ribeira), The Gift, Sheila Patricia e Señora dj (o venres día 28), e Blanca Paloma, Allova e Rapariga dj (o sábado, 29 de xullo)
13 Barrios 21 de xullo 2023 OCIO
Cartel do ciclo “Mar Aberto. Concertos na fin da terra”.
A presentación do ciclo tivo lugar no peirao de Curuxeiras (O Ferrol) e contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
As reservas, de balde, en www. woutick.es
14 Barrios 21 de xullo 2023
4AXENDA
Musica
- Sábado 22 de xullo
- 21.00 h Mad Mission22 h Javier Gurruchaga e La Orquesta Mondragón
- Mosteiro San Salvador (Celanova).
- Luns 24 de xullo21.30 horas - Cuarteto Par de Par - xardíns do Museo do Coiro de Allariz.
- Luns 24 de xullo24.00 horas - O Sonoro
Maxín - xardíns do Museo do Coiro de Allariz.
Teatro
- Visitas Teatralizasrúas de Pazos de Arenteiro, sábado 22 de xullo; Couto Mixto en Calvos de Randín, martes 25 de xullo; Mosteiro de Montederramo, sábado 29 de xullo; Ínsua dos Poetas, domingo 30 de xullo.
Deportes
- Sábado 29 de xulloCopa Deputación hípica (andadura e trote) - Sandiás.
- Sábado 29 de xullo
- Gran Premio Astrot de hípica - Sandiás.
- Do 31 de xullo ao 4 de agosto - Campus de fútbol mixto Concello de Allariz - Allariz.
Exposicións
- Ata o 24 de xullo
- “Tres xeracións, tres miradas” de Joaquín
Moldes, Sandra Moldes e Raisa Paz - Centro Cultural Marcos Valcárcel.
- Ata o 28 de xulloexposición de debuxos de Elvira Camba - Casa da Cultura (Allariz).
- Ata o 20 de agosto“O esplendor das flores” de Rosa Elvira Caamaño
- Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Outros
- Días 28 e 29 de xullo
- todo o día - Batucada
Verín 2023 - Verín.
- Domingo 30 de xullo
- 20.30 horas - Festival de Danza e Movemento
- Praza do Matadoiro de Allariz.
- Domingo 30 de xullo
- a partir das 12 horasXoldra de Aguiar - Campo dos Gozos (O Pereiro de Aguiar).
- Domingo 30 de xullo
- 20.30 horas - Festival de Danza e Movemento
- Praza do Matadoiro de Allariz.
www.periodicobarrios.com
AXENDA / OCIO
O Principal presenta a súa
axenda ata final de ano
4 Unha aposta variada con teatro, música, danza, cinema, poesía ou humor.
Redacción
O vicepresidente segundo provincial, César Fernández; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e a directora do teatro, Olga Mojón, presentaron a programación semestral do Teatro Principal de Ourense, unha aposta variada con teatro, música, danza, cinema, poesía ou humor.
Olga Mojón foi a encargada de presentar o conxunto de actuacións xa programadas, que inclúe obras de teatro de primeiro nivel, xunto a concertos e citas plenamente consolidadas como o OUFF, as proxeccións do Cineclube Padre Feijóo, o Festival de Blues, Voces Femeninas, o Festival Internacional de Teatro de Ourense ou o programa familiar “Nadal en
familia”.
Oferta
A programación do segundo semestre de 2023 comeza o 14 de setembro coa obra “La isla del aire”, coa icónica Nuria Espert. Ademias, outros eventos a ter en conta nestes seis meses de 2023 serán: 4º Festival de Poesía “Imos ter máis que palabras” (16 de setembro); “Made in Galiza”, de Sarabela Teatro (21, 22 e 23 de setembro -estrea-); concerto de Kammer Philharmonie (29 de setembro); “La tarara” (21 de outubro); concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia (25 de outubro); concerto de “Óyeme bien” (27 de outubro); “Berro”, espectáculo de Nova Galega (28 de outubro); “Meixeverso”, monólogo de Pablo Meixe (4 de novembro); “Búho”, montaxe da Titzina Teatro (5
de novembro); concerto de Je Veux Vivre (18 de novembro); “Constante”, adaptación de Calderón de la Barca (19 de novembro); “Ay, Carmela” (25 de novembro); “Hamelin”, adaptación de Redrum Teatro ao galego do texto de Juan Mayorga (1 de decembro); concerto da Real Filharmonía de Galicia (15 de decembro); Chicago Mass Choir: A spiritual celebration to B.B. King (20 de decembro); ou o concerto de Nadal da European Sinfónica Orquesta (22 de decembro).
programación dará comezo o 14 de setembro coa obra “La isla del aire”, con Nuria Espert
Ruth Vidal gaña o Certame de Artes Plásticas da Deputación
4 Presentáronse 276 obras procedentes de 12 países.
Redacción
A arousá Ruth Vidal Suárez resultou gañadora da 17ª edición do certame de artes plásticas da Deputación de Ourense para novos creadores coa súa obra “Lugar de lugares”, un traballo que mistura pintura e instalación e que reflexiona sobre a paisaxe, tanto natural como artificial. Ruth Vidal, que recibirá un premio de 5.000 euros, impúxose nunha edición á que se presentaron 276 obras procedentes de 12 países distintos.
Este carácter internacional do certame permitiu a presentación de traballos procedentes de Arxentina, Cuba, China, Colombia, Chipre, Francia, Italia, Kazajistán ou Suíza, ademais de gran parte da xeografía española. Os artistas deben ser menores de 35 anos.
madrileño Jorge Fernández Valdés, pola súa obra “Ensamble pictórico 8 sobre prisma de mármol negro”, que combina pintura e escultura; mentres que o terceiro premio, con 2.000 euros de dotación, recaeu en Nerea Cordeiro Cerviño, pola peza “Ciudades Telaraña”, un traballo onde combina o debuxo coa instalación adaptada ao espazo expositivo.
Verónica Vicente co vídeo “(Des)Vestirse” e Andrés Rivas Rodís coa pintura “El discurso del rostro” resultaron galardoados con dous accésits dotados con 1.000 euros cada un deles.
Exposición
Fernández, Mojón e Sutil presentando a programación do Principal.
Festa do Chuletón en Melias
Redacción
Melias ofrece un evento gastronómico que promete satisfacer todo padal que se precie. A Festa do Chuletón terá lugar o luns, 14 de agos-
to, a partir das 21.30 horas en Santa María de Melias, Pereiro de Aguiar. Ademais da experiencia gastronómica, tamén haberá espazo para os máis pequenos, xa que desde as 14.30 horas, os xogos infantís estarán presentes.
Menú
Os suculentos chuletóns (de 650 gramos que
se pode compartir) virán acompañado dunha deliciosa empanada, pementos, ensalada, pan, veu e auga. O prezo do menú será de 30 euros, e o menú infantil (churrasco, empanada, pan, refresco e auga) ten un prezo de 12 euros.
Inscrición
A data límite para inscribirse na Festa do Chu-
O segundo premio do certame, dotado con 3.000 euros, foi para o
letón é o xoves, 10 de agosto. Pódese reservar lugar e adquirir os tiquets a través de Whatsapp ao número 676 014 590 (o pagamento pódese facer por bizum indicando nome, menú e comensais). Tamén se poden mercar directamente no Local Social da Asociación Santa Maria de Melias.
Ademais dos premiados, o xurado fixo una selección dun total de trinta obras entre as 276 presentadas para conformar una exposición, que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel a partires de mediados de setembro, data na que se fará entrega oficial dos premios.
A
Os membros do xurado da edición deste ano.
OCIO / CLASIFICADOS
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 685 969 546. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco
Nº189 - Ano: XVI - 21 de xullo de 2023 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.
Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190.
“O circo do silencio” fará parada en Verín
4 O "Scape Room" estivo presente en Xinzo.
Redacción
O Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades organiza para a 12ª edición FalaRedes -programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta- o O circo do silencio, un "scape room" que visitou Xinzo de Limia e que achegarase a Verín o 15 de agosto. Trátase dunha actividade dirixida especialmente á mocidade desde as 11:00 horas ata as 21:00 e en quendas de cada 45 minutos.
A trama "O circo do silencio" é un “scape room” ou sala de fuxida ambientada nunha carpa circense instalada na rúa. Está pensada para catro xogadores por quenda, que terán que resolver en equipo unha serie de
enigmas para completaren a misión final.
A actividade parte da historia dun circo máxico que perdeu todas as palabras que lle permitían falar cos animais e crear espectáculos incribles. Os participantes interpretarán un grupo de detectives contratados para investigaren este roubo. Así, terán que atopar pistas, resolver enigmas, descifrar códigos e xogar coa lingua para recuperar as palabras e devolverllas ao circo.
Presentación
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do “scape room” O circo do silencio, unha actividade dirixida especialmente á mocidade que pasará por 10 concellos galegos dentro da pro-
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
INMOBILIARIA
gramación do FalaRedes 2023, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta. García recalcou que “a sala de fuxida ou scape room é un formato moi de moda entre a infancia e a mocidade, polo que pensamos que resultará atractiva para estas idades", ademais "axudará a xente nova a reflexionar sobre o uso, o presente e o futuro do galego”, incidiu o secretario xeral.
“O circo do silencio” estará instalado na Alameda de Verín o martes, 15 de agosto, de 11 a 21 horas
Alugo piso no Couto. Amoblado e con calefacción. Teléfono 672 089 349.
Presentación de
do silencio” que estará en Verín o 15 de agosto.
Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000€. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029.
Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.
Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel.
TRABALLO
Ofrécese señora cualificada para o coidade de maiores no período de verán (a partir do 15 de xullo) Tel. 663 043 561.
Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo coidando maiores.
620 66 07 62. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358.
Tel. 641 440 921.
Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo limpando. Tel. 641 440 921.
Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513.
Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173
Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543
Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043
561
Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745
611
Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico.
VENDAS
Vendo arado de vertedera seminovo, maquinaria agrícola, ferramentas de labranza e utensilios aptos para uso agrícola. Todo en bo estado e a prezo económico. Teléfono: 615 097 515
Vendo garrafóns e botellas de cristal. Tel: 672 089 349. Vendo moble de entrada con cristal. Tel: 672 089 349.
Vendo lámparas de bronce. Tel: 672 089 349. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635
Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522
Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897.
Vendo Televisión marca Samsung 32 polgadas. Seminova. Prezo: 125 euros. Tlf.: 666 303 635 (tamén atendo WhatsApp
15 Barrios 21 de xullo 2023
“O circo
Barrios 21 de xullo 2023