

Logo de case unha década de andadura, o festival Arteficial vaise definindo cada vez máis sobre a idea de proxecto que a asociación tiña nos seus comezos.
O festival sempre apostou polas actividades culturais que ano tras ano complementaban o apartado musical, obradoiros culturais que sempre versaron sobre a arte e todos os seus procesos. Isto posibilitou unha gran variedade de inicativas: musicoterapia, risoterapia, graffiti, banda deseñada, escultura, fotografía… que edición tras edición aportaron valor engadido e un selo de identidade ao noso festival.
No presente ano 2015, para medrar como asociación e ter un papel máis activo, decidimos levar a cabo unha programación máis continua no tempo para, deste xeito, non saturar demasiado o festival, e máis ben centrarse na parte musical. Con isto expandimos o noso festival en datas, facendo a primeira edición do Colchoneta Film Festival no mes de abril, onde o cine social foi protagonista na capital do Ribeiro.
Aínda así, isto non quere dicir que nesta nova edición o Arteficial só esté compos-
to de música, xa que haberá actividades coma un mercado, no que se poderán ver novos creadores e iniciativas parellas, exposicións de fotografía da man da Asociación de Fotógrafos do Ribeiro e outros artistas, e todo isto nun novo marco incomparable para o desenvolvemento da nosa iniciativa: a praza da Madalena no centro do casco antigo da vila.
Así chegamos á nosa 9ª edición máis consolidados ca nunca tanto a nivel de festival coma de asociación, dirixíndonos cada vez a un público máis homoxéneo e fomentando a cultura máis vangardista dentro da nosa comarca.
Ademais dun novo marco para o noso festival eliximos unha nova data: o 5 de setembro, acompañando o programa das festas patronais da vila de Ribadavia, en novo formato, romaría diúrna con música ao vivo dende aproximadamente as 12 da mañá do sábado ata o solpor.
Nesta edición contamos con 9 bandas: Puma Punku, Jupiter Lion, Betunizer, Avecrem, Trilitrate, Músculo!, Cova, A Jigsaw e por último e máis destacada, a bilbaína Ainara Legardon.



AJigsaw é unha banda de blues-folk portuguesa formada en Coimbra polo trío: João Rui, Jorri e Susana Ribeiro. O seu son é caracteristicamente multi-instrumentista, podendo escoitar nas súas atmosferas unha guitarra e unha harmónica, un banxo e un contrabaixo ou unhas castañolas, un bombo tradicional ou un violín.
A inspiración para o nome A Jigsaw vén da canción Jigsaw You, dos belgas dEUS; e en canto ás influencias que se poden percibir na súa música, nomes como Johnny Cash, Bob Dylan, Leonard Cohen ou Nick Cave.
A banda xorde en 1999 e en 2004, ligada á editora Rewind Music, co EP From Underskin. En 2008 co singre “Lion’s Eyes Louder”, do seu primeiro álbum “Letters From The Boatman”, chegan
ao máis alto da listas A3-30 da radio portuguesa Antena 3, sendo invitados para unha actuación en directo no programa de conmemoración dos 14 anos desta. En 2009 editan o álbum conceptual Like The Wolf.
En 2011, lanzan o álbum
Drunken Sailors & Happy Pirates, xerando a atención internacional, ao ser nomeados po revistas como a francesa Les Inrockuptibles, ou The Guardian e Ruta66, en España. En 2012, tocan no Festival para Xente Sentada ao lado de bandas como Tindersticks.

“ ”
En 2011, lanzan o álbum
Drunken Sailors & Happy Pirates, xerando a atención internacional, ao ser nomeados por revistas como a francesa Les Inrockuptibles, ou The Guardian e Ruta66, en España

A xefa. Entendeu a historia antes que ninguén, e comezou a auto-editarse a comezos de século. 4 discos máis tarde, co-editou os seus dous últimos discos con Aloud Music para editar “We once wished” (2011) e “Every minute” (2014), sen dúbida os seus discos máis eléctricos e viscerais. Armada cunha banda de nivel estratosférico (Rubén Martínez de Tokyo Sex Destruction ao baixo, Héctor Bardisa de FlyingPigMatanza á batería e Hannot Mintegia de Audience á guitarra), os seus vivos en festivais como o FIB, Primavera Sound, Monkey Week... deixaron un regueiro de bocas abertas e fixeron medrar o respecto e admiración que se sinte por ela. Poucas figuras na escena internacional conseguen transmitir tanto como Ainara
LeGardon ao vivo. Experiencias case místicas nas que Ainara cautiva ó público a través das súas cancións, os seus xestos, a súa personalidade e unha enerxía que produce calafríos. Compositora de bandas sonoras xunto ao realizador Álvaro Sanz, comparte a súa carreira en solitario con proxectos que van dende a improvisación (Archipiel), á música experimental, colaboracións con colectivos ou participación en orquestras.

“ ”
Ainara cautiva ó público a través das súas cancións, os seus xestos, a súa personalidade e unha enerxía que produce calafríos

David naceu en Baltimore e emigrou a Galicia despois dunha lesión de boneca que o obrigou a retirarse do baloncesto profesional. A fórmula negrata e un acento moi do este encontraron o seu sitio en Piñor, Ourense. Nesta cidade abre o garito El pueblo, centro de reunión de antisistemas e dexenerados varios que tiran a súa vida á merda.
Juanjo é top, xente chunga de Hospitalet e os seus polígonos industriais. Pura raza da Avinguda Carrilet e as properas paradas, brillos guais nas bambas e móbiles como bates de béisbol. Agora traballa de teleoperador e vive cos seus pais.
Vese que de cando en vez quedan para tocar e se pelexan cada dous por tres
porque comparten noiva. Ademais nunca ensaian e van aos bolos en metros diferentes.
Chámanse Avecrem

“ ”
Vese que de cando en vez quedan para tocar e se pelexan cada dous por tres porque comparten noiva

Oparticular estilo dos Betunizer apenas deixa espazo para a dúbida. Con tres discos na súa breve pero intensa traxectoria, os valencianos xa conseguiron labrarse un futuro máis alá da escena underground da súa cidade. O seu post-hardcore con trazas de punk de guitarras afiadas, ritmos únicos e retrousos repetidos ata a catarse preséntase en directo coa potencia axeitada: toda. A banda conta con apenas 6 anos de existencia; non obstante, a experiencia dos seus membros, cunha longa lista de bandas na que tocan ou tocaron (Colo, Jupiter Lion, A Veces Ciclón, Estratexia Lo Capto, Orquestra do Cabalo Gañador, Mentat, Rastre-
jo, Zener...), esténdese moito máis alá. Os seus máis de 300 concertos a nivel nacional e internacional son a proba irrefutable do valor da súa representación ao vivo.

Os seus máis de 300 concertos a nivel nacional e internacional son a proba irrefutable do valor da súa representación ao vivo

Abanda xurde can-
do varios excompoñentes de bandas referentes no Ribeiro deciden reavivar un oco que levaba anos valeiro dentro da escena underground máis agresiva.
Nun primeiro momento a banda está formada por Manuel Araujo (Scronfill) á voz, Hugo Mojón (Ánima) guitarra e coros, Rubén Martínez “Potax” (Trut69) á batería e Carlos Conde (Scronfill) ao baixo. Dan o seu primeiro concerto no Localarte (espazo para bandas locais) do Arteficial 2013.
Logo de que dous dos seus compoñentes tiveran que deixar a banda por motivos persoais, entran nela para comezar unha nova etapa David Martinez “Kabrax” (Proxecto Barullo, Trut 69) ao baixo e nas tarefas de produción, e Paio Xosé
(Ánima, Johnny Cat & Poor Dogs) á batería.
O son de Cova explora dende os sons máis melódicos e accesibles coas súas composicións vocais a pasaxes máis progresivas, sombrías e contundentes grazas aos riffs de guitarra e a súa demoledora sección rítmica.
Agora, despois dun tempo pechados no local e no estudio, presentarán no Arteficial 2015 os seus novos temas: Cpricornio, Seres Libres, La Danza de los Enanos e Olvido, como única proposta local

“ ”
Agora despois dun tempo pechados no local e no estudio presentarán no Arteficial 2015 os seus novos temas

Aínda que son de Valencia e viven no presente (mesmo ás veces no futuro), Jupiter Lion poderían encaixar perfectamente na Alemaña dos anos 70, cando bandas como Neu, Can ou Faust daban forma ao krautrock ou a tamén chamada komische musik. Cósmico é, de feito, un concepto que lles encaixa como unha luva: os seus desenvolvementos instrumentais hipnotizan a partir de sintetizadores repetitivos, estruturas en espiral e ritmos que se expanden cara a dimensións descoñecidas. Iso é precisamente o que acontece en “Brighter”, o seu último traballo, cuxas cancións crecen imparables mentres absorben polo camiño elementos da electrónica experimental, o rock progresivo, o minimal techno ou o transo
Jupiter Lion son José Guerrero (baixo, tamén en Betunizer e La Orquesta del
Caballo Ganador), Gonzo In Veigas (baterías) e Sais (sintetizadores, voces e programación). Dende o seu debut homónimo, publicado tamén en BCore en 2012, veñen demostrando a solidez dunha linguaxe que se sustenta na compenetración dos tres membros do grupo. Jupiter Lion non recorren a trucos doados ou a loops que lles permitan avanzar con seguridade. Ao contrario: buscan a combustión lenta, o dominio dos seus instrumentos e activar todos os sentidos do público sen artificios de ningún tipo.

Buscan a combustión lenta, o dominio dos seus instrumentos e activar todos os sentidos do público sen artificios de ningún tipo

Músculo! fórmanse
en Valga (Pontevedra) en xaneiro de 2012. En marzo dese mesmo ano quedan semifinalistas no concurso
“Proyecto Demo” do festival de Benicassim e Radio3 coa súa primeira maqueta.
En xuño dese mesmo ano publican o seu primeiro EP
“Selección Natural” con moi boa acollida por parte da crítica. Sen deixar de dar concertos en todo ese periodo, publican o seu segundo traballo “Vivac” cargado de ritmo e melodías brilantes.
Deron o seu primeiro espectáculo ao vivo en febreiro do 2012 e dende entón a banda foi medrando e experimentando nos seus numerosos concertos.
Tocaron en festivais coma o Lets Festival (BCN), Festival do Norte o Matadero (MAD) entre outros; e foron teloneiros de bandas coma Is Tropical, Cansei de Ser Sexy o Schwarz.
Este verán participarán en festivais tan importantes coma o BBK Live! en Bilbao ou Low en Benidorm.

“ ”
Deron o seu primeiro espectáculo ao vivo en febreiro do 2012 e dende entón a banda foi medrando e experimentando nos seus numerosos concertos

Moito, e moi ben, leva falándose durante este último ano sobre Puma Pumku. Un nome tras o que se refuxian Amadeo Varela, Guillermo Cavero -Pamper-, Francisco Varela, Óscar Raña -Polbo- e Álvaro Dosil -Coque-. Cinco amigos que, tras tocar en diversas formacións, uniron os seus camiños a través dunha persoal visión da psicodelia, o dream pop, o space rock e a música experimental. Todos os elementos que agora coexisten en “Is It In You?” encontrábanse xa dalgún xeito no seu primeiro Ep, unha maqueta de nome homónimo (Puma Pumku, 2013) que facía presaxiar as dotes alquimistas da banda á hora de traballar os sons, coidar os matices e crear atmosferas tan desconcertantes como adictivas. A principios de 2014, mentres se curten con concertos por toda Galicia e Portugal, gravan o seu primeiro álbum con Roberto Mallo e Rodrigo Caamaño (Triangulo de Amor Bizarro),
encaixando así as pezas dun crebacabezas que soa á vez clásico e moderno, salpicado de guitarras que se entrelazan e voces que falan de mundos que non están neste. Os sons resultantes poden por momentos recordarnos a Deerhunter ou Brian Jonestwon Masacre, bandas referentes para os mozos galegos, xunto a indispensables como Pink Floyd, Neu!, Can ou King Crimson. “Is It In You?” é unha declaración de intencións que destila enerxía, ambición e inquietude, porque a experimentación está no ADN destes rapaces, cuxa xuventude é a antesala de algo máis grande que está por vir.

“Is It In You?” é unha declaración de intencións que destila enerxía, ambición e inquietude, porque a experimentación está no ADN destes rapaces “ ”

Trilitrate é un proxecto que abrangue música acústica e videocreación en tempo real; trátase dunha composición colectiva que ten como fin crear algo persoal e inédito. Esta formación crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros na música acústica.
Desdebuxan as liñas existentes entre a composición e a improvisación; revelando influencias de estilos tan alonxados entre si como poden ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o post-rock ou o noise. Interpretan ademáis música étnica orixinal dentro dun universo propio. Esta atmósfera complétase mediante estímulos visuais xerados en tempo real.
Trilitrate formouse en Vigo no ano 2012 pola violinista Ele-
na Vázquez (Orquestra Vigo 430, Suelen Estar Quartet), por Marcos Padrón ó acordeón (Orquestra de Música Espontanea de Galicia) e por Rubén Abad na guitarra (Cró!, Es Un Árbol, Guerrera).
Nese mesmo ano realizaron a súa primeira gravación.
No 2013 incorpórase a videoartista Laura Iturralde, coincidindo coa segunda grabación do grupo (Faláchesme na Man) que están presentando actualmente.

Desdebuxan as liñas existentes entre a composición e a improvisación
