Fanzine Arteficial 2022

Page 1

ÍNDICE 301096581213141617183132343638 XVI Arteficial: III - IX - MMXXII Familiaficial 2021 Música: Gator, the Alligator Música: Espineli O inicio: primeiro concerto de Arteficial. Fran Fragueiro Música: Copa Turbo Música: Grand Sun Até sempre, Xaime! Música: Fillas de Cassandra Música: Unsafe Space Garden Exposición Artefical 2021 Música: Venga Venga No Arteficial recíclase Música e presentación de novela: Isaac Pedrouzo Escribe Carlos Conde SomosConvívioArteficial 4Páx. fanzine arteficial /// ano 2022

Claudio Manuel 5Páx.fanzine arteficial /// ano 2022

XVI Arteficial: III - IX - MMXXII Ooouuhh sisisi, se viene, se viene! Despois de 2 aniños sen podermos gozar ao cento por cento do noso marabilloso festival como acostumabamos a facelo no Barrio Xudeu, voltamos a tope e coas pilas carregadas! Voltamos a sentir ese ar tropical, medieval e erótico-festivo, eses espiritosos baixando polas nosas gorxas, a eses bailes chamánicos e á mellor romaríafestival de todo o país.

Este 3 de setembro, voltamos á Ribadavia viva e festivaleira, na súa faceta máis bonita e amábel, con xentes marabillosas, bandas marabillosas e mercadiños marabillosos, sempre acompañados/as, como boas galegas e galegos, dun bo xantar para que non todo nos caia en baleiro. No III de setembro do ano XVI do Imperio Arteficialense.

6Páx. fanzine arteficial /// ano 2022

7Páx.fanzine arteficial /// ano 2022

Gator, the Alligator (pt)“Gator, TheAlligator” é unha festa baseada na adrenalina e no acto rebelde de non pedir permiso para que suceda. Esta banda traerá ao noso festival unha montaña rusa de intensidade como só estes rapaces de Barcelos son capaces de Concrear.eles imos gozar da viaxe. Do seu epíteto do garaxe-rock. Da súa nova dimensión. Son tres os nomes dos seus traballos: “Mythical Super Bubble” , “Life is Boring” e “Sleep All Morning”. Neste enlace o seu Spotify 8Páx. fanzine arteficial /// ano 2022

Espineli (es)Espineli é o proxecto dunha novísima produtora madrileña chea de ideas frescas e ritmos dos que non se esquecen. Cargada de referencias da xeración Z (tamén somos fans da Banda do patio e dos Simpsons coma ela) transpórtanos cos seus sons bakalapop e techno-Nickelodeon a realidades da primeira Espinelixuventude.éamante das cousas inesperadas que rompen cando menos se espera. Neste enlace o seu Spotify 9Páx.fanzine arteficial /// ano 2022

de abrir o primeiro “ARTEFICIAL” era un luxo e á vez unha diana de miradas.

Unha iniciativa preciosa e moi agradable evocar o recordo. Grazas amigas/os de Arteficial! 10Páx. fanzine arteficial

O inicio: primeiro concerto de Arteficial. Fran Fragueiro

Anos despois regresei, nesta ocasión sen rastas e na Praza Maior, pero aínda que foi moi bo momento, non é comparable a romper o xeo e captar a atención dos meus amigos e veciños.

Era na vinoteca “O LAGAR” e rexentábaa MICHAEL ,o irmán da miña amiga BIBI, e iso produciume calma. Rompín o silencio antes de presentarme cunha canción de Pablo Milanés. Despois un grolo de auga e un saúdo acompañado dun agradecemento e a miña presentación.

/// ano 2022

Non era a miña primeira actuación, nin sequera era o mesmo ano no que entreguei as miñas letras á música... Pero si era a primeira oportunidade de ser recoñecido profeta na miña terra. Tremíanme os xeonllos e a miña aparencia tranquila e segura soamente era fachada. SARA pediume cantar un tema ao meu lado e accedín totalmente. Non era a primeira vez que a apadriñaba á guitarra e o resultado sempre fora moi Abonito.responsabilidade

Os meus rastas nun moño caían polos meus ombreiros e CÉSAR, un dos organizadores, recordo que me dixo que non se vían ben as camisetas que estaban á venda detrás de min, e recollín o pelo. A actuación sucedeuse sen ningún tipo de incidencia e ata gocei dalgún bis, que sempre encaixan moi ben. Ata a presenza da miña sobriña naquel entón con 2 anos... Alentábame a esforzarme cun sorriso incrustado no meu rostro.

11Páx.fanzine arteficial /// ano 2022

Copa Turbo (gal)CopaTurbo

nace no 2017 da man de Ales, Revillas e Manuelao, tres chavales da zona do baixo Ulla. Tras unha primeira etapa dun son Garaxe punk mais crudo, e de percorrer numerosas salas e festivais de dentro e fora da Galiza, a banda leva xa un tempo abrindo o camiño a unha nova etapa de experimentación en sons punk e post punk mais profundos. Ademais, aos tres membros orixinais engadiuse para este novo marco Juan Garrido para completar un directo potente, dos de suar e darte apertas cos teus colegas. Neste enlace o seu spotify arteficial ano

12Páx. fanzine

2022

///

///

13Páx.

Grand Sund

(es)Aamizade e a unión de intereses, aliadas a unha actitude irreverente e xuvenil, fan posible a creación da banda portuguesa “Grand Sun” no ano 2016. Teñen unha brillante traxectoria, e encántanos o seu estilo así que estamos moi orgullosos/as de contar coa súa presenza nesta XVI edición do festival. A súa música está moi influenciada polos anos 60 e 70. Son unha banda de garaxe-rock, que oscila entre o pop psicodélico e unha actitude post-punk. Tamén cantan sobre o escapismo e o medo existencial: a intensidade está Nestepresente.enlace o seu Spotify fanzine arteficial ano 2022

Nesta XVI edición do Arteficial, quixemos adicarche estes pequenos alentos en lembranza a ti e todo o noso amor alá onde esteas, porque o que non é esquecido non morre nunca.

Xaime, querémoste! fanzine arteficial

Até sempre Xaime!

14Páx.

Ás veces cun leve suspiro, de súpeto e sen agardalo, vén Caronte recoller na súa pequena nao a algunhas das almas máis brillantes que nos entrega o Universo, esas almas que nos agasallan cun patrimonio inmaterial (e material, tamén) perenne, que non fina, que persiste, que será inmortal no noso pensamento.

Deste xeito, Xaime segue a formar parte do noso imaxinario colectivo e da nosa memoria consciente.

/// ano 2022

15Páx.fanzine arteficial /// ano 2022

2022

Fillas de Cassandra (gal)Fillasde Cassandra é un proxecto nado no 2021 como resultado do encontro causal entre Sara Faro e María Soa.

16Páx. fanzine arteficial ///

A súa é unha aposta pola mestura entre a herdanza das cantareiras e a música actual, da man do piano, a pandeireta (e outras formas de percusión), as harmonías vocais e a electrónica.

Na busca dunha voz e palabra propias, as súas letras exploran a realidade das mulleres dende unha conciencia sempre feminista. ano

Unsafe Space Garden (pt)Estegrupo formado en 2019 por seis artistas vainos levar de viaxe existencial a través dunha meditación guiada, utilizando como brúxula unha voz anxelical cargada de protesta existencial. Todo isto aderezado con humor, para axudar a liberarnos das nosas rixideces e poder camiñar canda eles. Queres buscar as respostas ás preguntas máis profundas da humanidade? Escoita a Unsafe Space Garden. Neste enlace o seu Spotify 17Páx.fanzine arteficial /// ano 2022

2021EXPO 18Páx. fanzine arteficial /// ano 2022

memoriaSomos 19Páx.fanzine arteficial /// ano 2022

Venga Venga

30Páx. fanzine arteficial /// ano 2022

do dúo artístico brasileiro Ricardo Don e Denny Azevedo, con sede en Lisboa desde xaneiro de 2019. Estiveron involucrados nos festivais rueiros máis importantes de São Paulo e outras cidades, creando festivais de arte e importantes intervencións urbanas como “Oasis fugaz” e BLOCÚ, o desfile de entroido que expresa a materia queer a través da Conperformance.3EPseditados e 3 remixes oficiais producidos, ademais de outras bandas sonoras e dj-sets, a súa música ofrece unha viaxe sonora a través de mitos e ritmos de todos os continentes, fusionando a súa investigación e proxecto musical autoral. A través de experiencias vocais, mesturando samples coas súas propias letras, Venga Venga conduce as súas interpretacións a unha experiencia sensible de catarse colectiva, outorgando ao público o rol de “intérprete colectivo” en lugar de simple testemuña. Neste enlace o seu Spotify

Proxecto(brasil)multidisciplinario

Por iso, o propósito é que nesta próxima edición (e en todas as vindeiras) centremos a nosa atención, como individuos, e como parte do colectivo que formamos, na reciclaxe dos residuos, porque isto está ao alcance de todas. Haberá espazos sinalizados para organizar os restos, illas de reciclaxe e lugares específicos onde deixar as cabichas e así manter o ambiente limpo e fresco todo o Arteficialdía. limpiño, Arteficial contentiño.

No Arteficial recíclase

31Páx.fanzine arteficial /// ano 2022

Tentamos que o noso sexa un festival limpo, que respecte o entorno no que vivimos e que nos fai tan felices sentir coidadiño e en paz.

Dende xa hai unhas cantas edicións, na organización vimos a sentir unha fonda necesidade e urxencia pola sostibilidade, e por facer un evento compatible e comprometido co medio.

#pactoculturasustentable

Isaac Pedrouzo (gal)Ourensano

2022

dende 1981 e habitual en Arteficial dende xa hai moitos anos, pódese dicir que Isaac pincha na casa cando visita o noso festival. Artista multidisciplinar destacando as súas facetas de escritor, trapalleiro, columnista, Dj, guionista, Torgaleiro e tulleito. Retirado hai algún tempo das cabinas de pinchadiscos, déixase ver en ocasións contadas amenizando eventos de índole exclusiva. Experto en verbenas de todo tipo. Isaac non ten Spotify de artista pero atopamos este enlace ao programa Radio Patio onde podedes botar unhas risas na súa compaña: spotify fanzine arteficial ano

///

32Páx.

Ademais, este ano no Arteficial Isaac presenta a súa novela “Tulleito”. Sobre ela: “Isaac non elixiu mexar sentado. Nin ser a persoa que é. De como ocorreu todo iso vai unha novela que fala dun neno perdido no mundo, madurar a empuxóns, namorarse cando uno non o espera e atopar o camiño entre golpes, resbalóns, traballos fugaces e bicos roubados. Unha historia chea de humor, verdade e tenrura que retrata unha época, un lugar e unha idade na que todo se vive ao dobre de velocidade e intensidade. Isaac non elixiu ser un tulleito”. Tulleito,a: adj. Persoa torpe, distraída, con tendencia a perder o equilibrio e/ ou equivocarse. A primeira novela de Isaac Pedrouzo, tras os dous volumes de relatos que tan ben foron acollidos polos lectores (1000 exemplares vendidos de ‘Todo ten unha historia’), Tulleito confírmao como unha das novas voces da literatura actual galega. Aquí vos deixamos un enlace onde podedes mercar a mesma.

33Páx.fanzine arteficial /// ano 2022

Escribe Carlos Conde (arteficialeiro)Paraquecadainstante sexa único ParaIrrepetíbelqueo todo signifique o todo e o todo a nada A Abarcarinmensidadeainmensidade do infinito Do espazo Do tempo Da Sernadaenon ser ERespirarAmarViverSentirqueéa vida se non? Un lugar no que mudar de pel? Coma un lagarto Coma unha serpe Coma unha bolboreta Coma a árbore que en outono se desprende das súas follas para volver a Quizaisflorecer é necesario caer para logo erguerse outra vez 34Páx. fanzine arteficial /// ano 2022

Como as palabras

lévaas o vento, e nunca mellor dito, velaquí unha lista de “temazos” dalgunhas das mellores bandas que pasaron polo noso festival. 35Páx.fanzine arteficial /// ano 2022

36Páx.

Convívio

Este ano quixemos levar un pouco máis lonxe esta curiosidade e forxar alianzas fortes e reais entre festivais e colectivos portugueses e galegos. Así naceu o Convívio: unha xornada de convivencia na que se atopen creadores/ as, promotores/as, artistas, colectivos e diferentes axentes da cultura tanto da Galiza como de Portugal. Neste encontro falamos das necesidades da realidade e do potencial dos eventos que estamos a levar a cabo pero tamén queremos que o convívio se convirta nun lugar onde compartir información, no que coñecernos e no que establecer diálogos que leven a un enriquecemento das comunidades ás que Estepertencemos.encontro

///

tivo lugar o 9 de abril de 2022 en diferentes espazos de Ribadavia. Aquí vos deixamos o enlace do vídeo da actividade e a fotiño da familia bonita que se formou no evento. Longa vída o Convívio! fanzine arteficial ano 2022

Vós que nos coñecedes sabedes que desde Arteficial levamos tempo coa ollada posta en Portugal. Esta curiosidade por coñecer o que acontece do outro lado da raia levounos a descubrir unha chea de bandas, artistas e colectivos portugueses cos que forxamos lazos que nos levaron a diferentes lugares (Lisboa, Braga, Leiria, Lamego...).

37Páx.fanzine arteficial /// ano 2022

38Páx. fanzine arteficial /// ano 2022

/// ano 2022

Somos arteficial

ARTEFICIAL é unha asociación sen ánimo de lucro formada por un grupo de mozas e mozos da comarca do Ribeiro que nace co obxectivo de potenciar novas actividades e mesturar diversas formas de expresión cultural dende unha postura contemporánea e innovadora, atendendo así á demanda da xuventude en xeral.

Instagram: festivalarteficial

A que no adicamos maiormente? A ir a cantos máis concertos mellor, festivais, exposicións de calquera tipo, cine, ceas no Papuxa… E todo isto para inspirarnos e organizar a nosa actividade estrela: O FESTIVAL ARTEFICIAL, un festival musical e interdisciplinar en pleno conxunto histórico de Ribadavia. Dende hai uns anos a figura dos socios e socias do festival é moi importante para a supervivencia do mesmo. Se queres máis info de como facerte socia podes contactar connosco nas nosas redes.

Facebook: festivalarteficialribadavia arteficial

39Páx.fanzine

AMÚSICANONPODENONSERGRAZAS!

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.