Novas

Page 1

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 189

Novas

Eventos

LUSOCOM 2016 – Cabo Verde

O Iº Congresso Cabo-­‐verdiano de Ciências da Comunicação supón o primeiro evento científico organizado pola Associação Cabo-­‐verdiana das Ciências da Comunicação – MEDIACOM. Este congreso ten como lema “Caminhos de Comunicação” , e celebrase entre os días 5 e 7 de decembro do 2013 na cidade de Praia (Cabo Verde). Neste congreso participan destacados membros da comunidade científica pertencentes ao ámbito lusófono. Entre as sesións programadas destaca a titulada “Ciências da Comunicação e a Construção do Espaço Lusófono do Conhecimiento” e na que participarán os representantes das asociacións de comunicación de: Cabo Verde (MEDIACOM), Silvino Lopes Évora; Portugal (SOPCOM), Moisés de Lemos Martins; Galiza (AGACOM), Margarita Ledo Andión; Mozambique (CEC), Eduardo Namburete e Brasil (INTERCOM), José Carlos Marques. Asemade, o Congreso será o marco do lanzamento de varios libros individuais e colectivos (de varios autores cabo-­‐verdianos e estranxeiros) entre eles “As Ciências de Comunicação em Cabo Verde” , editado por INTERCOM. XIV Congreso IBERCOM en Sao Paulo. Comunicaçao, Cultura e Mídias Sociais Do 29 de marzo ao 2 de abril de 2015 Promover o pensamento comunicacional do espazo ibero-­‐americano, afortalar a integración da pesquisa así como proxectala a nivel internacional son os obxectivos do XIV IBERCOM, promovido pola Assibercom (Associaçao Ibero-­‐Americana de Comunicaçao), a Escola de Comunicaçoes e Artes da Universidade de Sao Paulo e a Socicom (Federaçao Brasileira das Associaçoes Científicas e Acadêmicas de Comunicaçao). Para a conferencia inaugural, o Congreso contará coa presenza do profesor Jesús Martín Barbero quen, so o título “Comunicación:del desarrollo y la innovación a la mutación cultural” vainos confrontar coa crebas que se manifestan arestora nisto que coñecemos por “Comunicación”. Os Medios Sociais como Espazo de Cultura e/ou Espazo de Poder entrarán, asimesmo, a seren debatidos en diferentes plenarias dende novas problemáticas e diferentes prácticas e as sesións de traballo distribúnse en 12 Divisións Temáticas que abranxen o ámbito da Epistemoloxía, a Economía Política, a Cidadanía, a Educomunicación, as Identidades, a Cultura Dixital, o Discurso, a Recepción, a Comunicación organizacional, a Audiovisual, o Xornalismo e a Historia. Orientado cara o universo da pesquisa, da docencia, e da formación nas diversas áreas que constitúen o campo dos estudos de Comunicación, o Congreso quere continuar a contribuír para a institucionalización do devandito campo e por iso fai un esforzo non soamente de actualización dos obxectos que lle son propios como de preocupación polos emerxentes. Creada no 1986, precisamente en Sao Paulo, a Assibercom contou no seu I Congreso coa coordinación do profesor José Marques de Melo e da profesora María Immacolata Vasallo, actual presidenta, e de maneira sistemática desenvolveu estas citas científicas por toda a xeografía ibero-­‐americana. De Chile a México, de Argentina a Bolivia, de Porto a Madeira, de Barcelona e Sevilla a Santiago de Compostela, que sediou o XIII Congreso en maio de 2013. www. assibercom.org


190 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2014


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.