5 neira

Page 1

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 41

Comunicación e Diversidade Cultural: o proxecto europeo campUSCulturae Xosé A. Neira Cruz (Universidade de Santiago de Compostela)

Artigo recibido: 08/10/2014 Artigo aceptado: 15/11/2014 Artigo publicado: 10/12/2014

Resumo A Universidade de Santiago de Compostela, desde a súa Facultade de Ciencias da Comunicación, puxo en marcha en maio de 2011 o proxecto campUSCulturae, unha iniciativa a prol da diversidade cultural cofinanciada pola Culture Agency da UE cun orzamento total de algo máis de catro millóns de euros. Até maio de 2016, e en colaboración con cinco institucións universitarias e culturais doutros tantos países europeos, campUSCulturae pretende crear un espazo internacional sobre as minorías culturais do mundo atendendo a unha realidade triple: a necesidade de fomentar estratexias europeas de comunicación a favor das linguas e culturas minoritarias; a intención de abrir vías de inclusión para os grupos en risco de exclusión; e a conveniencia de facelo prestando especial atención ás audiencias comprendidas no tramo infantil-­‐xuvenil. Palavras-­‐chave: Minorías culturais; Audiencia infantil e xuvenil; Grupos en risco de exclusión; Multimedia Abstract The University of Santiago de Compostela, from his Faculty of Communication Sciences, started in May, 2011 the project campUSCulturae, a multimedia platform in favour of cultural diversity co-­‐financed by the EU Culture Agency with more than four million euros as total budget. Until May, 2016, and in collaboration with five European university and cultural institutions, campUSCulturae will try to create an international space on the cultural minorities of the world attending to a triple reality: the need to promote European strategies of communication in favour of the languages and minority cultures; the intention of opening routes of incorporation for the groups in risk of exclusion; and the convenience of doing it paying particular attention to the infantile-­‐juvenile audiences. Keywords: Cultural minorities; Infantile-­‐juvenile audience; Groups in risk of exclusion; Multimedia 1. Introdución campUSCulturae xorde da idea de crear un espazo internacional sobre as minorías culturais do mundo. O proxecto, cofinanciado pola Culture Agency da Comisión Europea con algo máis de catro millóns de euros , atende a unha triple realidad: a necesidade de apoiar estratexias europeas a prol das linguas e culturas minoritarias, a intención de abrir vías de inclusión para os grupos en risco de exclusión e a conveniencia de facelo a partir da literatura infantil e xuvenil. Esta decisión, clave no fundamento do proxecto, obedece a:


42 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2014

1. Unha vontade de visibilizar as literaturas infantís e xuvenís que, desde as culturas minoritarias, non contan cos resortes suficientes para afrontar a súa internacionalización con eficacia e efectividade; 2. Un desexo de crear un espazo europeo de encontro coa diversidade cultural del mundo, canalizada desde a literatura e a comunicación e ampliando a súa rede de impacto grazas a outras artes e co concurso e protagonismo imprescindible das novas tecnoloxías; 3. Unha necesidade de reforzar a inculturación dos máis novos nas súas linguas maternas; 4. Unha aposta para loitarcontra a exclusión e os prexuízos socioculturais nun momento no que, máis ca nunca, Europa é e debe ser un crisol de linguas e culturas, tanto das propias como das que chegan da man dos novos cidadáns que se incorporan aos nosos países pola vía da inmigración. En boa medida, os obstáculos que encontran no seu camiño de futuro as linguas e culturas minoritarias son o resultado de inercias relacionadas coas situacións sociais e políticas ás que estas foron condenadas, pero tamén teñen moito que ver coas prácticas que a economía de mercado e os hábitos de consumo impoñen y que conducen de vagar á homoxeneización cultural e, xa que logo, á supresión do elemento cultural diferencial. Os procesos de globalización mundial -­‐beneficiosos en ocasiones para visibilizar a diferencia e a pluralidade-­‐ agudizan, por outra banda, a primacía dos códigos lingüísticos maioritarios, agrandando as distancias entre culturas que se expresan en linguas con dimensión internacional e aquelas que perviven grazas ao esforzo e a creatividade dos seus cada vez máis escasos falantes e usuarios. Neste sentido, campUSCulturae aposta, na súa filosofía de base, por recuperar o concepto primixenio de globalización cultural como garante fundamental da visibilidade, do pluralismo, do respecto á diferencia e do deseño de novas estratexias culturais e comunicativas nas que todos e todas, independientemente da lingua na que nos expresemos, poidamos sentirnos recoñecidos sen exclusións. A necesidade de defender a utilización das linguas minoritarias desde a infancia está na base de campUSCulturae, seguindo moi de preto a preocupación da Unión Europea sobre o favorecemento do multilingüismo dos seus estados e pobos, fielmente recollida, entre outros documentos, na Constitución Europea (16 de decembro de 2004), no Tratado de Lisboa (13 de decembre de 2007), na Comunicación da Comisión Europea “Multilingüismo: una ventaja para Europa y un compromiso compartido” (17 de xullo de 2008) e na Resolución do Parlamento Europeo “Multilingualism: an asset for Europe and a shared commitment” (24 de marzo de 2009). 46 millóns de cidadáns europeos utilizan na actualidade algún código lingüístico minoritario. Falamos de linguas que afondan as súas raíces nos inicios da Europa multicultural (unha das principais e máis enriquecedoras cualidades da UE, entidade supranacional que precisamente se recoñece no lema “unidos na diversidad” ), que son un reflexo da nosa historia, que representan os nosos principais valores patrimoniais inmateriais e que, malia o seu indiscutible valor para vertebrar a identidade de Europa, seguen padecendo, en moitos casos, situacións de anormalidade, postergación, menosprezo ou clara discriminación. Algunhas linguas minoritarias europeas lograron superar parte destas dificultades e viven un estatuto de cooficialidad que, respectando a súa implantación nos respectivos territorios naturais, seguen confinándoas e dificultando a súa difusión e coñecemento. Europa está necesitada de espazos, lugares e puntos de encontro que permitan aos seus cidadáns reflexionar sobre a diversidad lingüística e cultural que se vive no seo da UE e alén das súas fronteiras. O proxecto campUSCulturae formula, neste sentido, a oportunidad de crear un espazo que permita desenvolver estratexias para frear os procesos establecidos contra as linguas e as culturas sometidas ás tiranías dunha sociedade na que a cantidade parece poder máis que a calidade e onde os medios de comunicación se rexen por criterios fundamentalmente económicos e de consumo de masas.


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 43

O feito de contar cunha materia prima que, malia a non ser coñecida en toda a súa dimensión nin fóra das fronteiras do particular, existe e revela, en moitas ocasións, trazos de excelencia e capacidade competitiva -­‐é dicir, as literaturas infantís e xuvenís no seu máis amplo concepto: libros, novas formas de edición, experiencias artísticas nacidas arredor do libro e da lectura, novas tecnoloxías ao servizo da palabra, etc.-­‐ debe ser aproveitada para, coas ferramentas, os apoios e as colaboracións necesarias, invertir procesos e sumar sinerxías. campUSCulturae está diseñado para ser o lugar no que cohabiten todos os libros para nenos e mozos editados desde as minorías del mundo, formando parte do proceso de renovación cultural mundial e aproveitando todos os recursos ao seu alcance para conseguir non só albergar un completo emoderno proxecto cultural, senón tamén canalizar en Europa -­‐ inicialmente a través das entidades colaboradoras deste proxecto, e á súa vez, de grupos cos que estas traballen-­‐ a difusión internacional de novos e innovadores programas experimentais que se estean a realizar no mundo en relación coas outras culturas, as dos grupos minoritarios. Ofrecerlles unha canle para o seu recoñecemento e para a coparticipación na dinámica social e cultural europea suporá unha forma valiosa de combater a exclusión e xerar riqueza, sen perder a idiosincrasia de cada comunidade, de cada lingua, de cada axente cultural. Axudar á engrenaxe internacional destes esforzos desde Europa forma parte da vocación de campUSCulturae, plataforma participativa e aberta, interxeracional, que supón unha confluencia de públicos de distintas idades coas culturas, literaturas, estratexias de comunicación e artes postas ao servizo do coñecemento, da creatividade e, en consecuencia, do entendemento mutuo. 2. Obxectivos Entre os obxectivos de campUSCulturae pódense sinalar os seguintes: 1. Achegar formas de entender a cultura, poñendo a disposición dos seus usuarios presenciais ou online-­‐ contidos e maneiras de expresión que, aínda sendo alleos aos nosos costumes outradicións, tamén poden servir para materializar as nosas inquedanzas culturais. No mundo actual, permeable á diferencia malia as tendencias de consumo establecidas, a recuperación da deostada torre de Babel -­‐como un espazo a favor de todos, tendo en conta que todos somos, ao mesmo tempo, cada un na súa individualidade-­‐ pode ser unha necesidade inmediata. Esa nova torre de Babel do século XXI, afastada de calquera asociación caótica premeditadamente incrustada no dito concepto, defendería a pervivencia do esencial que identifica e diferencia a cada grupo cultural. 2. Crear un espazo integrador de proxectos creativos e artísticos que xere un discurso global no que cada unha das minorías sexa quen de manter as súas particularidades grazas a un sistema de comunicación que permita aproximar as diferentes culturas aos distintos grupos sociais en igualdade de condicións, desenvolvendo un modelo de intercambio e interconexión mundial (nacional e/ou transnacional). Os novos circuítos de comunicación, sostidos principalmente polas innovacións tecnolóxicas, permiten, neste sentido, un achegamento que posibilita a participación activa e a formación de unidades funcionais a nivel mundial. Na actualidade existen novos conceptos, definicións e evidencias relacionadas coas variables culturais e unha das misións de campUSCulturae é a de facelas visibles e accesibles. 3. A investigación constitúe unha das fortalezas do proxecto que sustenta campUSCulturae. Unha das súas vocacións iniciais é a de crear e soster un espazo de formación, investigación e intercambio científico que permita profundizar no coñecemento das diferentes culturas, desenvolver novas metodoloxías e propiciar ferramentas que faciliten a inclusión social e maila erradicación da discriminación e a marxinación por razóns culturais e/ou sociais. Porque, sen dúbida, unha das razóns da exclusión é o descoñecemento. Aprender a coñecer mellor as razóns e as motivacións


44 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2014

doutras linguas e culturas, as menos difundidas, axudará a entender aos pobos que as sustentan, colaborando na caída de barreiras preexistentes, prexuízos e preconceptos, e establecendo vías para experimentar os contrastes que conforman o que coñecemos como diversidade. O coñecemento destes contrastes supón, ao noso entender, un dos fundamentos básicos para a integración. É neste ámbito, o do coñecemento, seguido do recoñecemento, onde a tarefa de investigación promovida desde campUSCulturae adquire todo o seu sentido e razón de ser.

3. Bases estratéxicas A seguir sintetizaremos as bases estratéxicas fundamentais que vertebran o proxecto: 1. Creación dun espazo de referencia a nivel mundial relacionado con todos os aspectos que interveñen no proceso de creación literaria para as minorías culturais, tendo en conta aos distintos axentes (escritores, ilustradores, editores, mediadores, comunicadores, institucións, etc.) e as estratexias de promoción e difusión aplicables ás industrias culturais relacionadas coas linguas minoritarias. 2. Difusión dun sistema xerador e coordinador de actividades que sirvan de complemento e retroalimentación con outros centros xa existentes no mundo. 3. Establecemento dun centro de referencia do sistema documental e de creación artística especializado nas literaturas infantís e xuvenís en situación de minoría no mundo. 4. Desenvolvementode dinámicas de valorización do patrimonio bibliográfico destas disciplinas. 5. Vertebración dun espazo lúdico-­‐educativo de creación e innovación directamente relacionado co uso das TIC. 6. Construción dunha rede de cooperación internacional en materia cultural e social que ofreza os elementos necesarios para a integración. 7. Ubicación dun punto de encontro de experiencias relacionadas coas literaturas minoritarias que supoña, ademais dunha plataforma para a súa unificación, un apoio fundamental para a súa internacionalización. 8. Creación dun centro multimedia para a promoción e difusión das linguas e culturas que producen literatura en situación de minoría. O proxecto campUSCulturae está dotado, a tal fin, das ferramentas multimedia necesarias (arquivo virtual, radio e televisión dixitais, foros de consulta, etc.). 4. Ámbitos de traballo Os ámbitos de incidencia do traballo que campUSCulturae se propón levar a cabo artéllanse nun labor coordinado desde os distintos servizos da Universidade de Santiago de Compostela, tendo á Facultade de Ciencias de la Comunicación como eixo coordinador e imbricando a actividade de profesionais doutras facultades (Ciencias da Educación, Filoloxía eHumanidades, fundamentalmente) e doutros departamentos universitarios (Área TIC, Biblioteca Xeral, Área de Cultura, Proxectos Europeos, Vicerreitoría de Internacionalización, etc.), así como dos grupos de traballo achegados polas institucións europeas coorganizadoras do proxecto campUSCulturae. O labor desenvolvido desde estas áreas concrétase nos seguintes puntos: 1. Procura, promoción, difusión e estudo dos libros para a infancia e a xuventude publicados en todo o mundo en linguas e culturas que vivan situacións de minoría, conflicto ou dificultade para existir en condicións de igualdade con respecto aos códigos lingüísticos e culturais maioritarios. 2. Clasificación das obras en función do tratamento que nelas se realice atendendo, fundamentalmente, a contidos relacionados coa vivencia da minoría lingüística, cultural, étnica, sexual, de xénero, relixiosa, etc.


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 45

3. Elaboración e disposición das bases de datos e documentación cruzadas máis importante sobre o binomio minoría e literatura infantil e xuvenil. 4. Creación de novas ferramentas tecnolóxicas que faciliten o acceso -­‐dentro e fóra do proxecto campUSCulturae-­‐ aos arquivos catalogados, informatizados e dixitalizados. 5. Recompilación, recuperación e conservación dopatrimonio bibliográfico sobre e para as minorías: obras únicas realizadas nos máis variados e inesperados soportes en todo o mundo. 6. Organización de actividades de debate, formación e investigación. 7. Creación dun espazo de encontro e intercambio cultural, literario e de produción artística. 8. Indagación en novas formas de coñecemento que garantan a inclusión social. 9. Deseño de actividades transversais e interdisciplinares cuxo punto de partida sexa a palabra. 5. Destinatarios Nun primeiro estadio poderíanse individualizar os seguintes segmentos interesados no traballo realizado desde campUSCulturae: 1. Comunidad científica, expertos e estudosos: grupo híbrido integrado polos profesionais interesados na literatura infantil e xuvenil e por aqueles que desenvolven o seu traballo no ámbito do estudo das minorías lingüísticas e culturais; 2. Comunidade cultural, entendida como a integrada por todos os profesionais relacionados coa creación, edición e difusión do libro infantil e xuvenil e da lectura. 3. Comunidade escolar, na que se integrarán todas as actividades e accións directamente orientadas aos públicos infantil e xuvenil (nenos e nenas, adolescentes, educadores e familias). 6. Áreas de actuación Paralelamente á delimitación anterior, será necesario ter en conta a existencia de dous planos de acción aos que campUSCulturae debe atender: o europeo e o mundial. Contemplamos, nestes dous niveis, todos os contidos e actividades que se poidan formular dirixidos ás comunidades interesadas en colaborar dentro dun tecido limitado a un espazo ou en relación cun ámbito máis amplo e xeral que, contextualmente, poden supoñer un reforzo se temos en conta a ubicación do proxecto. Nesta dirección sitúanse os esforzos relativos a: 1. A vertebración dunha rede de colaboracións coas referidas comunidades vinculadas á promoción do libro infantil e xuvenil: bibliotecas, editoriais, colectivos e asociacións de escritores e ilustradores, etc.; 2. A promoción da lectura e do libro como base fundamental para dotar dos elementos necesarios para o seu desenvolvemento aos países con menos recursos, de maneira que se garanta unha conciencia de superación que axude a combater a pobreza e a exclusión social; 3. A construción dunha Biblioteca Internacional da Diversidade Cultural –inaugurada oficialmente o pasado 13 de maio de 2014 en dependencias da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela-­‐ dirixida á definida como comunidade escolar, convenientemente dinamizada y dinamizadora, á súa vez, de iniciativas a prol do coñecemento da diversidade lingüística e cultural europea xerada desde códigos e linguas alternativos aos maioritariamente imperantes; 4. A promoción, a través das vías anteriormente referidas, do libro e da cultura de Galicia nos foros e institucións internacionales cos que campUSCulturae mantén contactos ou intercambios de traballo.


46 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2014

7. Accións transversais Unha das particularidades de campUSCulturae especialmente valoradas pola Culture Agency no momento de conceder o seu apoio ao proxecto a través do programa “Culture” foi o encaixe de accións transversais no eixo central de contenidos propostos, deseñando un conxunto de sinerxías que, ademais de permitir plasmar tematicamente a complexidade das cuestións abordadas, multiplican a incidencia do investimento dedicada. Este tecido de relacións pode resumirse nos seguintes puntos: 1. Organización, clasificación e estudo do fondo plurilingüístico e multicultural da Biblioteca Internacional campUSCulturae da Diversidade Cultural. Para atender a este punto é necesario: 1.1. Establecer os contactos coas entidades interesadas, fundamentalmente as editoriais, que achegan os volumes que entran a formar parte da colección. A participación en feiras internacionais do sector e o intercambio coas organizacións e institucións coas que campUSCulturae traballa a nivel nacional e internacional propician o establecemento deste fluxo de materiais e documentación que permita contar, na medida do posible, con máis dun exemplar de cada libro publicado nas linguas e culturas minoritarias do mundo. Os exemplares adquiridos serven para organizar: -­‐O fondo para investigadores de CampUSCulturae -­‐ A biblioteca de acceso directo para nenos, profesores e familias. -­‐ Exposiciones temáticas de libros, que se poidan manter sen privar aos usuarios da biblioteca da consulta deses fondos. 1.2. Construír, de forma gradual, un fondo bibliográfico en expansión que naza desde as literaturas máis accesibles e que chegue a abranguer a totalidade das producidas nas linguas e culturas minoritarias europeas. No tocante a isto imponse por parte da Biblioteca Internacional campUSCulturae da Diversidade Cultural -­‐e en colaboración con outras entidades e expertos no tema-­‐ a delimitación precisa das minorías lingüísticas e culturais obxecto de atención, tendo en conta, por exemplo, que algunhas linguas estatais -­‐caso do albanés, croata, esloveno, eslovaco ou turco-­‐ viven situacións de minoría en territorios que non forman parte das fronteiras dos seus estados naturales. Aotempo que se van constituíndo algunhas das coleccións previstas para a primeira fase de dotación desta biblioteca, comezarán a abrirse liñas de busca para establecer os contactos necesarios que posibiliten a ampliación paulatina dos fondos con doazóns procedentes doutras partes do mundo, até chegar a abranguer a totalidade das literaturas publicadas en códigos minorizados, obxectivo este que, por suposto, reborda os límites temporais establecidos para campUSCulturae por parte da Culture Agency ao nacer esta biblioteca coa vocación de permanencia e sostibilidade que a UE demanda ás entidades beneficiarias do seu apoio. É necesario ter en conta a dificultade de adquisición da totalidade dos fondos históricos das literaturas referidas. Como alternativa procúrase o establecemento de acordos con institucións que os posúan para conseguir copias dixitais desas obras de referencia. Como xa se ten indicado, o acceso aos fondos da Biblioteca Internacional campUSCulturae pode realizarse a través dunha dobre vía: a virtual –mediante o portal online-­‐ e a presencial –na sede física da biblioteca, situada en dependencias independizadas dentro do edificio central da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. 1.3. Organización e mantemento de actividades e servizos dirixidos tanto á comunidade científica como á comunidade cultural, para o cal se procedeu a:


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 47

1.3.1. A construción dunha rede de colaboradores internacional, dispostos a reforzar e contribuir co seu asesoramento, axuda e intermediación lingüística, así como coa achega de materiais de estudo e reflexión sobre o obxecto do noso proxecto; 1.3.2. O desenvolvemento desde a Biblioteca Internacional campUSCulturae de diversas liñas de traballo encamiñadas á organización de seminarios de expertos, cursos de formación para docentes e bibliotecarios, grupos de investigación internacionais e a convocatoria de cando menos un congreso anual no que se analizan aspectos vinculados á evolución dos contidos relacionados coa creación desde as minorías culturais. Para levar a cabo estas actividades campUSCulturae conta coa colaboración de todas as entidades coorganizadoras a fin de crear unha rede europea estable de puntos de información, formación e divulgación sobre a literatura, as minorías lingüísticas e os grupos culturais en perigo de exclusión ou marxinación; 1.3.3. A posta en marcha dunha liña de publicacións –virtuais e impresas-­‐ que periodicamente acheguen desde campUSCulturae contidos relacionados coas literaturas infantís e xuvenís estudadas. Neste apartado, e aínda que non corresponda ao proxecto a publicación de libros de creación, si podería asumir a promoción de políticas de coedición entre editoriais de linguas minoritarias ou buscar a incentivación da tradución ás linguas maioritarias, posibilitando, propiciando ou, se cabe, xestionando o desenvolvemento de apoios á tradución e á promoción e a venda de dereitos de edición de obras procedentes de culturas minoritarias, canalizando a realización de servizos de axencia literaria -­‐sen ánimo de lucro-­‐ para as minorías culturais; 1.3.4. A elaboración das listas anuais de libros destacados por parte da Biblioteca Internacional campUSCulturae a partir da selección proposta por unha comisión internacional. Ditas seleccións propiciarían a divulgación e promoción destas obras e a súa posible tradución a outras linguas minoritarias e maioritarias grazas ao establecemento de liñas de colaboración con editoriais de todo o mundo. Dese xeito acadaríase un fin de dobre impacto: facilitar mutuamente a tarefa de selección e facer visible a campUSCulturae no contexto das institucións internacionais que traballan a prol da difusión dos contidos culturais das minorías; 1.3.5. O desenvolvemento dunha liña anual de publicacións de campUSCulturae, prestando particular atención ao fomento da crítica e do estudo científico. 1.4. Articulación dunha política estratéxica de apoio á promoción do libro e da lectura dirixida á comunidade escolar, que se concretaría nas seguintes iniciativas: 1.4.1. Fomento da oralidade literaria: actividades dirixidas a nenos/as, adolescentes e adultos nas que o libro se poña en contacto con outras artes (música, danza, artes plásticas, teatro, cinema, etc.). 1.4.2. Promoción e apoio a experiencias de integración artística que partan de ou teñan como punto de referencia a creación desde culturas minoritarias. Deste modo, preténdense propiciar intercambios creativos arredor do libro que abran vías para a súa proxección en ámbitos como o das artes escénicas e musicais, as artes plásticas e o audiovisual.


48 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2014

1.4.3. Deseño de exposicións itinerantes sobre o libro, a ilustración e a diversidade cultural que, partindo de campUSCulturae, poidan chegar a todos os coorganizadores do proxecto e entidades adscritas. 1.4.4. Elaboración de materiales didácticos destinados ao traballo nas aulas. 1.4.5. Creación dunha colección de obras orixinais de ilustradores, co fin de dotar ao proxecto dun fondo artístico único. Ilustradores de todo o mundo participarán nesta iniciativa doando temporalmente ao proxecto un orixinal da súa autoría que, debidamente clasificado e conservado, dará lugar á creación do Museo Internacional da Ilustración, iniciativa que permitirá, cando o volume de ilustracións dispoñibles así o permita, mover diversas exposicións simultaneamente. 1.4.6. Creación dun centro de documentación sobre as relacións culturais entre os grupos sociais ameazados pola pobreza e a exclusión social 2. Creación e desenvolvemento do Centro da Creatividade, no cal se darán a man tecnoloxía e innovación con tradición e identidad, conceptos clave á hora de entender este espazo fundamental no proxecto campUSCulturae do que xa naceron froitos tan senlleiros como os festivais son[UT]opías celebrados en 2013 e 2014. Tomando as literaturas como eixo das actividades programadas tratarase de: 2.1. Establecer unha relación/fusión con outras artes: música, arte contemporánea, teatro, fotografía, vídeo creación, etc. 2.2. Fomentar a apertura a novas formas de expresión. 2.3. Potenciar a utilización das novas tecnoloxías como modo universal de integración.

8. Actividades Unha das vocacións principais do proxecto campUSCulturae é a de chegar á sociedade como un produto tanxible, recoñecible e aproveitable de primeira mano. A obriga de tender pontes desde a Universidade á cidadanía, rompendo guetos elitistas ancorados en concepcións en boa medida merecidamente criticadas desde as bases, adquiere en campUSCulturae carta de natureza, pois ao longo de todo o proceso académico e investigador sobre o que se sustenta este proxecto está o home e a muller da rúa coas súas necesidades culturais inmediatas e, dunha forma especialmente destacada, ese segmento da poboación aínda tan pouco tido en conta desde a Universidade como é o do público infantil e xuvenil. A posta en funcionamento dunha batería de actividades con vida continuada desde 2011 até 2016 permitirá trasladar fóra dos muros da Academia a percepción dun traballo realizado por e para todos, con efectos lúdicos e creativos inmediatos, ao tempo que ofrece un amplo abano de experiencias de campo obxectivables desde os marcadores establecidos en cada ámbito e subárea de campUSCulturae. Eis algunhas das proposas xa desenvolvidas até a data actual: 8.1. Congresos internacionais: -­‐ Congreso Internacional “Ilustrando a diversidade”, Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compotela, 20-­‐23 de febreiro de 2012 -­‐ Congreso Internacional “NOSoutros: arte, comunicación e integración social”, Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compotela, 3-­‐6 de decembro de 2012 -­‐ Congreso Internacional “Verbal stories and children minority cultures”.Museo Nacional de Islancia, Reykjavik, 24-­‐25 de abril de 2013 -­‐ Congreso “Tecnoloxías de atención á diversidade na Educación. Inclusión e Cultural Dixital”,Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compotela,8-­‐9 de novembro de 2013, organizado en colaboración coa asociación sociopedagoxica TADEGA.


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 49

-­‐ Congreso Internacional “Editando para minorías en la era digital”, Auditorio de NovaGalicia Banco, Santiago de Compostela, 3-­‐6 de abril de 2014 -­‐ Congreso Internacional “The role of Universities in the promotion process of the European cities and regions”. Facultade de Estudos Internacionais da Universidade de Lodz (Polonia), 29-­‐ 30 de maio de 2014 8.2. Seminarios -­‐ Radio intercultural e comunitaria.Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compotela, 15 de outubro de 2012 -­‐ A Comunicación como virus.Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compotela, 3-­‐5 de maio de 2013 8.3. Curso de verán -­‐ O corpo a debate. Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, 29 de xullo-­‐ 1 de agosto de 2013 8.4. Exposicións -­‐ ilustraMundos, Colexio de Fonseca, febreiro-­‐maio de 2012 -­‐ ARTEfactos. Dinamitando prexuízos desde a integración social. Colexio de Fonseca, febreiro de 2013 -­‐ Enclave Diversa: coleccionando mundos de ficción. Colexio de Fonseca, 15 de setembro-­‐30 de novembro de 2013. -­‐ Palabras pintadas. Colexio de Fonseca, febrero de 2014. -­‐ IMPRIMATUR.Un percorrido pola historia do libro no centenario de Julio Cortázar. Colexio de Fonseca, 3 de abril-­‐30 de maio de 2014 -­‐ Todos os mundos O Mundo. Biblioteca Internacional campUSCulturae da Diversidade Cultural, 13 de maio-­‐15 de setembro de 2014 -­‐ Un mar… 50 miradas. Claustro de Fonseca, 30 de maio-­‐30 de agosto de 2014 -­‐ European Fairytales. Facultade de Estudos Internacionais da Universidade de Lodz (Polonia), abril-­‐maio de 2014. -­‐ López Navalón: 150 anos de atención á diversidade. Claustro alto de Fonseca, xuño de 2014 -­‐ Cutura xitana:pasado e presente. Biblioteca Internacional d Diversidade Cultural, 26 de setembro-­‐26 de novembro de 2014 Todas estas exposición teñen continuidade virtual estable no apartado dedicado ao Museo da Ilustración existente na web de campUSCulturae http//campusculturae.com 8.5. Festivais -­‐ Día Internacional da Televisión a favor da Infancia. Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, 9 de decembro de 2012 -­‐ Lugo, unha cidade de conto. Praza Maior de Lugo, 19-­‐20 de xullo de 2013. SONUTOPIAS 2013.Auditorio de Novagalicia Banco e Praza das Praterías, 26-­‐30 de xuñode 2013 -­‐ Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Auditorio de Novagalicia Banco, 21 de novembro de 2013 -­‐ Día Mundial da Radio. Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, 13 de febreiro de 2014 -­‐ SONUTOPIAS 2014.Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, Auditorio de Galicia, 26-­‐31 de xullo de 2014.


50 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2014

8.6. Obradoiros e conferencias -­‐ Obradoiro de libros depregables, a cargo Álvaro Gutiérrez Baños e Fernando Ferrero. Comedor de Fonseca, 10 de novembro de 2013 -­‐ Obradoiro A arte de encadernar, a cargo de Carmen Villalba e Rosa Iglesias, do Obradoiro Penumbra, Premio Nacional de Encadernación do Ministerio de Cultura.Biblioteca Internacional da Diversidade Cultural,3-­‐6 de abril de 2014. -­‐ Obradoiro A arte de imprimir, a cargo de Antonio Piñeiro, director de Edicións do Bourel. Comedor de Fonseca, 3-­‐6 April 2014. -­‐ Obradoiro Desque son libro, a cargo do ilustrador e deseñador gráfico Pep Carrió.Biblioteca Internacional da Diversidade Cultural, 13 de maio de 2014. -­‐ Obradoiros de integración a través da danza “Espazo integrado 1 e 2”, a cargo da coreógrafa Carlota Pérez e do actor Miguel Gendre. Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, outubro de 2012-­‐maio de 2013; novembro de 2013-­‐maio de 2014, concluidos coa performance “Onde reside a tenrura”, presentada no Xardín de Fonseca o 2 de xullo de 2013. -­‐ Conferencia “As marabillas do mundo de Alicia”, a cargo de Fátima López Doval, directora do Centro de Educación Especial López Navalón. -­‐ Conferencia “Carlos Casares, tradutor e coleccionista de Principiños”, a cargo de Yolanda Galanes e Ana Luna, profesoras da Universidade de Vigo.Sala de xuntas da Vicerreitoría de Cultura, 15 de novembro de 2013 -­‐ Conferencias “Tintín e os seus mundos”, a cargo de Pedro Rey e Fernando Castillo.Sala de prensa de Fonseca, 29 de novembro de 2013. 8.7. Radio campUSCulturae online Emisora universitaria sobre diversidade cultural que emite ininterrompidamente desde o 13 de febreiro de 2014 coa colaboración duns 50 membros da Universidade de Santiago de Compostela (alumnus, profesores e personal non docente) e o mantemento dunha grella de programación composta por 20 programas. 8.8. Arquivo de voces do mundo Iniciativa a prol do entendemento intercultural desenvolvida desde febreiro de 2014 cos internos do Centro Penitenciario de Teixeiro 8.9. Ondas de liberdade Obradoiro de radio e programa radiofónico piloto desenvolvido desde febreiro até xullo de 2014 cos internos do Centro Penitenciario de Teixeiro 8.10. Caleidoscopio Escaparate virtual de iniciativas a prol das minorías lingüísticas e culturais do mundo, dispoñible na web de campUSCulturae 9. Participación das entidades coorganizadoras A implicación dos socios europeos –coorganizadores coa Universidade de Santiago de Compostela deste proxecto transnacional-­‐ é fundamental á hora de concebir campUSCulturae. Por este motivo, quixemos que a configuración deste equipo respondese á idea fundamental de diversidade e encontro que está na base desta iniciativa. Entidades públicas e privadas, pequenas e grandes instituciones dedicadas ao libro e á cultura, estudosos, expertos en minorías e diversidade cultural ou grandes centros de investigación e difusión colaboran coa Universidade de Santiago de Compostela, entidade coordinadora de campUSCulturae, achegando o mellor que saben facer e corresponsabilizándose da parte que se lles encomenda.


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 51

Deste xeito, contamos cos seguientes ámbitos de traballo a cargo das entidades que se citan a continuación: 1. Minority Studies Society STUDII ROMANI, de Bulgaria, organización non gobernamental creada en Sofía en 1991 cuxo ámbito de acción se focaliza no apoio, promoción, difusión e estudo dos grupos culturais minoritarios europeos, especialmente dos que pertencen á etnia xitana. 2. Vigdís Finnbogadóttir Institute of Foreign Languages, da Universidade de Islandia, centro de estudo sobre a diversidade lingüística do mundo fundado en 2001 pola ex-­‐ presidenta de Islandia, Vigdís Finnbogadóttir, actual embaixadora de boa vontade de UNESCO para as linguas do mundo. 3. A Universidad de Lodz, unha das principais institucións educativas de Polonia, cun amplo traballo de investigación e estudo desenvolvido sobre as minorías culturais, habida conta do feito de ser Lodz unha cidade encrucillada de identidades culturais diversas, pola convivencia histórica de polacos, xudeos, alemáns e rusos no seu tecido urbano. 4. CHE Consult GmbH, consultora alemana especializada desde 2001 no traballo con institucións educativas, institutos de investigación e grupos científicos que procuran estratexias de trabajo acordes cos novos retos do actual marco universitario europeo. 5. A Associação Cultural e Pedagógica “Ponte nas... ondas!”, entidade sen ánimo de lucro portuguesa que ten creado unha rede de colaboración entre centros educativos do sur de Galicia e do norte de Portugal a través da utilización da radio e da televisión con fins educativos. Entre outras iniciativas encargouse de poñer en marcha a candidatura da tradición oral galego-­‐portuguesa á declaración UNESCO de patrimonio inmaterial da Humanidad. A investigación e maila asesoría sobre minorías étnicas, culturais e sociais (a cargo de Studii Romani e da Universidade de Lodz) e sobre diversidade lingüística (da mano do Vigdís Finnbogadóttir Institute); a importancia da oralidade, da escola e do uso dos medios de comunicación con fins pedagóxicos na recuperación e promoción das culturas locais (canalizada a través da colaboración de Ponte… nas ondas!) e a consultoría en temas pedagóxicos e internacionais (facilitada por CHE Consult) forman parte da engrenaxe de campUSCulturae, baixo a coordinación xeral da Universidade de Santiago de Compostela, responsable da autoría, o diseño e a produción de contidos, da relación directa coa Culture Agency da Comisión Europea, da xestión da financiación e da internacionalización e diseminación do proxecto. O grupo estuda actualmente a súa ampliación coa posible incorporación de institucións italianas e eslovacas que teñen manifestado o seu interese en vencellarse a campUSCulturae. 10. Conclusión Deste xeito, desde seis institucións culturais de Europa, con seis olladas diferentes e confluíntes que representan distintas formas de construír o ser europeo multilingüe e multicultural, diverso e único a un tempo, campUSCulturae está a dar os seus primeiros froitos nunha aposta a prol dun futuro plural, solidario, tolerante e lector que os nenos e as nenas de hoxe, os adultos de mañá, están en condicións de aprender a entender como propio e inseparable da maneira de concibirmos a Europa unida da que todos formamos parte –en diversidade-­‐ y que cumpriría contribuír a construir, mantener e ampliar coa achega indiscutible das minorías culturais sobre as que este continente asenta boa parte do sentido da súa identidade.


52 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2014

Referencias “Multilingüismo: una ventaja para Europa y un compromiso compartido”. Comunicación de la Comisión Europea http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-­‐ //EP//TEXT+TA+P6-­‐TA-­‐2009-­‐0162+0+DOC+XML+V0//es Álvarez Pousa, L. (1999) A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na Sociedade da Información. Vigo: Edicións Xerais de Galicia Constitución Europea http://www.unizar.es/derecho/doc/ConstitucionEuropea.pdf Early, J. (2005) “Patrimonio y diversidad cultural, ciudadanos y Estado en la era de la globalización”, en Diversidad cultural: el valor de la diferencia. Santiago de Chile: LOM Ediciones, pp. 79-­‐90 Europeo “Multilingualism: an asset for Europe and a shared commitment”. Resolución del Parlamento Europeo Fontcuberta, M. de (2005) “Comunicación e identidad cultural”, en Diversidad cultural: el valor de la diferencia. Santiago de Chile: LOM Ediciones, pp. 183-­‐191 Neira Cruz, X.A. e Irene García García (2011) campUSCulturae. Un espazo internacional para as minorías e a diversidade cultural. Santiago de Compostela: Unidixital, 92 p. Subercaseaux, B. (2005) “Diversidad cultural: el otro y el nosotros”, en Diversidad cultural: el valor de la diferencia. Santiago de Chile: LOM Ediciones, pp. 45-­‐50 Tratado de Lisboa. Diario Oficial C 306 de 17 de diciembre de 2007 http://eur-­‐ lex.eu/es/treaties/dat/12007L/htm/12007L.html


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.