XAIME VARELA SIEIRO

Page 1

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 43

Galego en Londres: unha experiencia comunicativa nas redes sociais para a comunidade migrante no Reino Unido Xaime Varela Sieiro (IE Cañ ada Blanch - Londres) Resume Reino Unido é un dos destinos preferentes da emigración dende Galicia neste contexto de crise económica que estamos inmersos. Unha das ferramentas empregadas para visualizar a galeguidade no exterior é a través das redes sociais. Na primeira parte do artigo faise unha contextualización do espazo virtual da comunidade galega en Londres é arredores, describindo páxinas web, blogues, facebook (grupos, páxinas e perfis) e contas de twitter vencelladas á diáspora galega. A segunda parte centráse no proxecto de dinamización educativa e cultura Fala Londres do IE Cañada Blanch a través do seu blogue, perfil en facebook e conta en twitter. Palabras chave: galegos na diáspora, redes sociais, sentimento de comunidade Abstract UK is one of the preferred destination of emigration from Galicia in this economic crisis we are immersed.One of the tools used to analyze the community of Galician emigrants abroad (known as "galeguidade")is through social networks. The first part of this article is devoted to a contextualization of the virtual space of the Galician community in London and surrounding areas, describing web pages, blogs, Facebook (groups, pages and profiles)and Twitter accounts related to the Galician emigration.The second partfocuses on the design of an educational and cultural revitalization project, named "Fala Londres" (London Speak) carried out by the Cañada Blanch high school educative community through its blog, Facebook profile and Twitter account. Keywords: Galicians abroad, social networks, sense of community 1. Introdución As redes sociais como instrumento de comunicació n entre as comunidades migrantes permiten, sen dú bida, moitas posibilidades que está n empezando a ser exploradas de xeito interesante dende hai xa algú ns anos. Un dos paı́ses que está recibindo o maior nú mero de galegas e galegos é o Reino Unido, e sobre todo a sú a capital. Ao respecto, nun artigo da web de Cadernos de comunicació n e aná lise revé lase que entre o 2008 e o 2012 solicitaron o nú mero da seguridade social inglesa uns 115.000 españ ois e no que vai de 2013 é o segundo paı́s emisor de emigrantes laborais, por detrá s de Polonia. Unha aná lise pormenorizada da situació n elaborouna Duarte Romero na entrada “4 datos para facer unha radiografı́a da emigració n do Estado Españ ol ao UK” na web Galiza no UK, xestionada por el mesmo. Para esta ocasió n, presentaremos a nosa experiencia traballando coa comunidade galega no Reino Unido a travé s das redes sociais e tamé n como se visualiza Galicia neste paı́s a travé s das mesmas. Na actualidade, a pouco que nos deteñ amos en buscar informació n sobre a galeguidade no Reino Unido, decataré monos de que a sú a presenza no espazo virtual é moi ampla. Daquela imos facer un breve repaso para presentar a situació n.


44 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 2. Recursos en internet 2.1. Páxinas web • Galiza no UK, creada en maio do 2012 en Birmingham por Duarte Romero como parte dun proxecto académico, inclúe moita información de interese para preparar a viaxe a este país así como un taboleiro colaborativo de traballo con información fornecida por outras/os galegas/os xa instalados no Reino Unido. • Centro galego de Londres leva bastante tempo sen actualizarse e apenas ofrece información relevante. • Grupo de Traballo Galego (GTL), formado entre Londres e Lancaster ao redor da “histórica” Teresa Barro con profesionais do ámbito da comunicación, intenta ofrecer unha perspectiva reflexiva e crítica sobre Galicia. Ben é verdade que nesta quinta etapa do grupo afirman abandonar “agora a referencia a Londres, como afirmación de universalidade e de que Galicia está en calquera parte do mundo onde haxa galegos. Esteamos dentro ou fóra, todos somos galeguía e todos temos algo que achegar. Por iso, rexeitamos a grande división que percibimos entre a Galicia de fóra e a de dentro e aspiramos a que desapareza. 2.2. Blogues Amais do blogue que xestionamos e do que falaremos logo, Fala Londres, existen numerosos e interesantes blogues particulares de galegas/os en Londres. Non obstante, tan só nos imos referir a blogues de interese xeral para a comunidade. • Galego no UK é un blogue en galego con variada, útil e interesante información sobre este país. O seu equipo de redacción así se presenta: “Chegamos ao Reino Unido na busca dunha oportunidade, movidos pola necesidade e desexo de traballar dignamente… A situación de crise económica, político-sindical e social do noso país fixo que tivésemos que probar sorte lonxe da casa. Somos… Galegos en U.K.”

2. 3. Facebook • Grupo Galegos morriñentos en Londres creado no 2008 por xente do ámbito da comunicación e da arte son o grupo histórico da nosa comunidade no UK no ámbito das redes sociais. Contan con preto de 1000 amizades. Sinalan que “o noso obxectivo é celebrar a nosa galeguidade en Londres. Pra iso, cada tanto xuntámonos pra facer un magosto, unha queimada, unha romaría, un campionato de ferriños, un acto en defensa da nosa lingua, unha viaxe... O que nos pete! Somos un grupo aberto, de idades, profesións e gustos variados, con moito apego a Galicia pero tamén a Londres e ao mundo” Despois de 5 anos converteuse nun espazo fundamental da comunidade galega de Londres como punto de encontro no que solucionar todo tipo de dú bidas, buscar axuda a problemas, atopar un cuarto ou, simplemente, compartir experiencias. • Perfil Galego en Londres (vid. infra) que xestionamos dende a área de galego do IE Cañada Blanch, conta con preto de 3000 amizades. • Perfil Galego en Birmingham, asociado ao centro de estudos galegos da universidade de Birmingham está xestionado pola súa lectora. Difunde as súas actividades e tamén información de relevo para as súas amizades. • Perfil Galego en Oxford conta con preto de 400 amizades e está xestionado polo lector de galego do John Rutherford Centre for Galician Studies do Queen’s College. Difunde fundamentalmente as súas actividades de promoción da lingua e cultura galega nesa cidade. • Perfil Centro Galego en Bangor, con case 250 amizades e asociado a esa universidade na que hai un lectorado de galego.


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 45 • Páxina GalizanoUK con preto de 400 gústames é a páxina da web do mesmo nome. • Grupo Galegos en UK ten aproximadamente un ano e unhas 300 amizades. Preséntase así “para todos os galegos que estamos nas illas británicas para axudarnos entre nós en todo o que poidamos. Porque queiras ou non temos unha forma de ser propia que só outro galego comprendería, polo tanto ninguén mellor que outro compatriota para axudarnos a dar o salto ás illas” • Grupo Galegos en Cambridge ten algo máis de un ano e con preto de 50 amizades. A súa presentación é como segue: “This group is open to ALL backgrounds and languages. Everybody welcome to make Galician friends!” • Grupo Galegos en Manchester é bastante recente e conta aínda só cunha ducia de amizades. • Grupo Galegos en Glasgow é tamén recente e coma o anterior ten unha ducia de amigos. Preséntase así: “Grupo para os galegos que viven en Glasgow e arredores” • Grupo Galegas morriñentas nas Midlands, variante do londiniense, é un grupo creado hai pouco e conta cunha vintena de amizades xa. A súa tarxeta de presentación “Un punto de encontro para todos os galegos e galegas vivindo nas Midlands (Inglaterra)” • Grupo Galeg@s pola soberanía no UK/Ireland é o máis recente. Preséntase como un “Grupo dirigido a Galeg@s na diaspora, actualmente residentes no UK ou Ireland, que acreditam na Sobería da Galiza e usariam este grupo como ferramenta de achegamento e ponto de encontro e discussom com outras pessoas com as mesmas inquedanças nacionais para com a nossa terra”. • Páxina do Grupo de Traballo Galego (GTL) ten algo máis do centenar de gústames e serve fundamentalmente para difundir os artigos da súa web. Este ano, polo de agora, amósase pouco activa. • Páxina do Centro Galego de Londres que ten preto de 400 gústames e ofrece información fundamentalmente do seu restaurante. A súa descrición é nidia ao respecto: “Restaurante Galego de Londres onde hai unha calidade de producto tradicional e un servizo amigable. Vive as túas festas con nós e desfaite da morriña do teu fogar. Rompe ca pana en Londres!” • Grupo do Centro Gallego de Londres ten 145 amizades e escasa actividade en canto a publicacións. A descrición deste grupo faise en inglés e castelán, excluíndo o galego como tamén no propio nome. Nela sinálase con claridade a quen vai dirixido e o carácter do mesmo: “For anyone who danced/played instrument(s), played footie, etc. or just simply belonged (either by force through parents or voluntarily) to El Centro Gallego London and/or attended the end of month fiestas...or still do! • Grupo Celtistas en Londres integrado por máis dunha trintena de seareiros “ca intención de reunir a todos aqueles que seguimos ao Celta en London” • O perfil LondonGap MTaibo é parte dunha iniciativa empresarial privada dunha compostelá. Neste perfil baléiranse ofertas laborais e bolsas de estudos de interese para españois. • O perfil O Furancho do Ramón é o de creación máis recente. Responde a outra iniciativa empresarial centrada na gastronomía galega e no lecer e dirixida en boa medida á galeguidade de Londres. Ten carácter itinerante pois cada sesión-comida é nun enderezo distinto que confirman a través das redes sociais horas antes. Xa teñen preto de 400 amigos e como ben indican “Isto é un furancho. O address só o saben os amigos da casa”. 2.4. Twitter Amais da conta @galegoenlondres que xestionamos, é de moito interese a asociada ao blogue Galego no UK, a saber, @galegonouk; do mesmo xeito a asociada a web Galiza no Uk,


46 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 isto, @GalizaNoUK ou @GTGalego asociada ao Grupo de Traballo Galego e na que se presentan como “Emigrantes galegos no Reino Unido agrupados na 5ª etapa do Grupo de Traballo Galego. O GTG pretende contribuír a unha Galicia dona de si, activa e resolutiva”. E, tamén nesta rede social, podemos seguir o Centro Galego de Gales, en Bangor, @CEG_Gales que se presenta desta maneira “Desde 2006 traballamos no campo da docencia e da investigación pola divulgación da cultura e lingua galegas en Gales, no Reino Unido, no mundo: e en Galicia.” E tamén por este medio podemos seguir a Confederación de empresarios de Galicia+Igape nesta cidade en, @pexga_londres 3. Fala Londres E agora presentaremos o proxecto que xestionamos: Fala Londres. EQ un proxecto de dinamizació n, acció n e intervenció n educativa e cultural en galego e, fundamentalmente para a comunidade galega, xurdido en setembro do 2010 dende a á rea de galego do IE Cañ ada Blanch de Londres, un centro integrado de educació n españ ola no exterior. A á rea de galego foi provista dun docente en 1992 tras ser creada por mor dun convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Educació n (BOE nú m. 139, de 11 de xuñ o de 1991). Este convenio ten como finalidade a introdució n dos estudos de lingua galega en centros españ ois no estranxeiro e foi actualizado na Resolució n de 14 de outubro de 1999, publicada no BOE nú m. 268, de 9 de novembro de 1999. Con todo, as xestió ns comezaran xa en 1988 tal e como se recolle nesta nova de La Voz de Galicia (10-06-1988), onde amais se expoñ en as razó ns: “El 73 por ciento de los padres de alumnos del colegio español bilingüe emplazado en la londinense barriada de Portobello han apostado por que sus hijos aprendan también la lengua autóctona de Galicia el próximo curso,según informan fuentes del centro, donde el 90 por ciento del alumnado es de origen gallego” Pois ben, 25 anos despois o perfil do alumnado mudou considerablemente en funció n dos cambios normais de tipo xeracional sendo cada vez menor o alumnado de parellas de orixe galega. Aı́nda ası́, segundo os datos do Proxecto Educativo do Centro é a terceira lingua falada nel. Daquela dende o ano 1992 hai aulas de galego en todos os niveis educativos do mesmo. En setembro de 2010 comezamos a nosa xeira neste centro e tamé n o proxecto Fala Londres. Este basé ase en dous piares: o educativo no propio centro e o cultural. Para ambos os dous quixemos involucrar non só a comunidade educativa senó n tamé n toda a comunidade galega en Londres, coincidindo cun perı́odo de emigració n importante de xente nova galega e, xeralmente, moi cualificada. EQ un proxecto que busca a implicació n real da comunidade galega en Londres a travé s de dú as direcció ns: cara a fó ra en tanto que lle mostramos as nosas prá cticas educativas ademais de difundir noticias e informació ns culturais relevantes; e cara a dentro, en tanto que esa mesma comunidade participa no propio proceso educativo ben visibilizá ndose cada semana no centro educativo ofrecendo diversas actividades (charlas, conferencias, obradoiros, concertos, etc.) ou ben apoiando ou colaborando no proceso a travé s da interacció n nas redes sociais. Nestes tres ú ltimos anos pasaron polas nosas aulas de xeito altruı́sta 160 galegas/os dos á mbitos má is diversos. Con isto pretendemos non só mellorar a competencia lingü ı́stica do noso alumnado senó n tamé n prestixiar a nosa cultura e a nosa lingua vehiculando calquera tipo de contidos nela con referentes altamente cualificados. Precisamente desta implicació n escola-rú a naceu, por exemplo, o noso logo creado polo deseñ ador Ivá n Mato despois dun obradoiro de deseñ o grá fico co alumnado de 2ºESO; ou a primeira curta, Portobello, porque me peta! grazas á axuda na realizació n de Carlos Abeijó n. Para levar a cabo isto, usamos tres ferramentas:


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 47 3. 1. O blogue Fala Londres Aberto en setembro de 2010 conta con 320 entradas, má is de 70.000 visitas e preto de 40 subscritores. Nel presentamos as distintas actividades realizadas co alumnado de primaria, secundaria e bacharelato nestes tres ú ltimos anos, case todas vencelladas con aplicació ns da web2.0. Entre elas, sempre hai unha microentrevista a cada galega/o de Londres que cada semana nos visita para compartir connosco os seus coñ ecementos e/ou experiencias. Tamé n hai algunha entrada relacionada con eventos de interese para a comunidade galega de Londres ou iniciativas e propostas para que colaboren nelas. Neste punto citaremos tres exemplos de actividades colaborativas: a realizació n dun wikidicionario de galinglish, a confecció n dunha guı́a da hostaları́a galega en Londres ou a creació n de vı́deo-poemas para celebrar o aniversario do poeta Celso Emilio Ferreiro. Nos tres casos foron iniciativas xurdidas dende o centro escolar e que traspasaron o mesmo cara comunidade galega de Londres co gallo de participase nelas on line. 3. 2. O perfil facebook: Galego en Londres Este perfil naceu tamé n en setembro do 2010 e, nestes momentos, estamos chegando á s 3000 amizades, o 90% galegos que viven no Reino Unido e, sobre todo, nas beiras do Tá mesis. EQ , sen dú bida, a parte comunicativa por excelencia do proxecto e a que nos permite un contacto má is estreito e diario coa comunidade. Os usos que lle damos son moi diversos como se pode comprobar no muro que é pú blico: • Realización ou presentación de actividades que fai o alumnado de galego. Non en poucas ocasións nas actividades didácticas que fai o alumnado colabora incluso toda a comunidade aconsellándoos nos correctos usos lingüísticos. • Publicidade das entradas do blogue Fala Londres • Comunicación de novas, sobre todo de tipo cultural, que cremos de interese para toda a comunidade a fin de que non perdan o contacto co sistema cultural orixinario. Neste sentido, por exemplo, todas as fines de semana temos unha saúda musical cun vídeo de música galega. • Voceiro de actividades ou eventos nos que participan ou realizan galegas/os de Galicia ou galegas/os de Londres ao longo deste país aínda que especialmente na capital. Esta parte está resultando de moito interese se temos en conta que no perfil hai máis dunha centena de creadoras/res galegas/os que traballan nesta cidade. • Presentación para toda a comunidade virtual do traballo de tantas/os artistas e creativas/os que fan as súas producións en Londres. Ao mesmo tempo, tentamos fornecerlle a cada nova amizade suxestións doutras do mesmo eido instaladas xa neste país. • Espazo de encontro, de toma de contacto; un espazo tamén para compartir experiencias ou para pedir axuda. Cremos que esta se está a converter nunha das utilidades fundamentais. Daquela é bastante frecuente que no noso muro se publiquen información relativas a temas moi diversos, dende propios do ocio ata laborais ou de aluguer de cuartos; tamén que se pida información sobre aspectos da vida cotiá ou se busque resolver dúbidas e problemas. Con todo, aínda son máis numerosas as mensaxes privadas que recibimos cada día sobre eses mesmos temas ou sobre outras cuestións para a inserción laboral neste país. Lamentablemente non temos a capacidade de axuda en moitos temas mais si tentamos sempre responder e informar na medida dos nosos coñecementos. 3. 3. A conta twitter: @galegoenlondres Má is recente que as anteriores, as sú as propias caracterı́sticas outó rgalle certos matices diferenciais con respecto á conta facebook. Contamos con menor nú mero de seguidores, uns 700 e deles, quizais só o 30% vivan no Reino Unido. Esta conta tamé n nos serve de voceiro de todo tipo de actividades se ben non ten esa capacidade de espazo de encontro que nos


48 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 proporciona o facebook. Agora ben, presenta como vantaxe a posibilidade de seguir outras persoas, espazos ou webs que nos fornecen de informació n interesante. 4. Conclusións Despois do visto quizais non sexa arriscado afirmar que no espazo virtual está n os novos puntos de encontro das comunidades migrantes contemporá neas. Neles acadamos non só respostas que antes se procuraban en espazos fı́sicos senó n tamé n o sentimento de comunidade. Tocante a estes lugares virtuais de comunicació n galegos no Reino Unido destacariamos o seu nú mero, variedade, a ampla actividade e os distintos enfoques nos seus obxectivos; e sempre dende o altruı́smo. E para rematar, o compromiso coa nosa cultura e coa nosa lingua xa que comparten o uso da lingua galega como sinal de identidade.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.