
Casablanca, Le Cahier Marocain
Ramón Trigo
A Madriña
A Sede de A Madriña Asociados / r / Churruca n.12 ent. Vigo, PO Do 27 de Decembro 2023 ao 20 de Xaneiro 2024 presenta
“Casablanca, Le Cahier Marocain”
RAMON TRIGO

Datos obxectivos. Do 7 ao 14 de febreiro do 2023 A Madriña transustancia ao artista Ramón Trigo en Casablanca (a outra). A cidade e o home mistúranse nunha confluencia total con precedentes. Os superpoderes da nosa signora e o Lobby “M5” fixeron o resto. Resumo, un éxito unha vez mais.
Addenda. O presente item ten por obxecto documentar unha mínima parte do que foi aquelo, do que aconteceu despois e o mellor -sempre- o que aínda está por vir. Inshalá.
A Madriña Edit@
Casablanca (a outra)
Xaneiro 2024
“Colonial vs Arab”
O 29 de agosto 2022 A Madriña aterra en Casablanca, a outra. Os nosos axentes xa están alí hai tempo pero aínda que o presentiamos ninguén o sabía. Do Paul a Hay Hassani e da Medina ao Hyatt, a cidade espera a chegada do axente special. Do Marché Central ao Derb Galleb reina a inquedanza. Desde o Stad Mohamed V ao centro neurálxico en Gauthier percíbese unha calma tensa mentres as ordes esperan nun sobre lacrado na terraza do Café Sardegna. O obxectivo é incerto pero as instrucións son claras e precisas. Un intenso cheiro a garrapiñadas asolaga a esquina; a terra treme.
Do mundo colonial ao mundo árabe. Da chilaba ao traxe de liño. Humidade relativa e da outra. Do Hipódromo á casa do outeiro un vago rumor das ondas imposibles observa o solpor. Cegado polo murmurio da luz, nalgures escóitase como a brisa asolaga a beirarúa co seu arrecendo de buganville. Xunta unha casa abandoada, un neno descalzo chama e unha muller no chan estende a súa mán con mirada lonxana. A rapaza no seu colo non se move; ninguén para, ninguén mira. A porta está pechada e o ferruxe impide abrila. Entornando os ollos aínda podes escoitar a Edith Piaff no gramófono mentras o almuecín chama á oración. Alguén estende a súa alfombra fronte ao Starbucks. Queima o sol, o aire abrasa. Si, un poema.
Á noitiña e baixo un chapeu negro de á ancha un home percura sinais entre os restos da cidade que foi. A cidade inabarcable, a cidade que transita, a cidade que te transforma. Casablanca, a outra.
“Alá é grande, pero alá non é como acá” Nenu dixit

(Colección particular / Paradero descoñecido)







Acuarela sobre papel
30 x 40 cm
(Colección particular)



“L´Espace du Professeur” Acuarela sobre papel
(Colección particular)






(Colección Particular)


22 x 30 cm
(Colección Particular)

(Colección

“Quema el sol, el aire abrasa”
Acuarela e collage sobre papel
22 x 30 cm

“Un calendario y procedimiento claros” Acuarela e collage sobre papel
22 x 30 cm

Deseño expositivo. Ramón Trigo Producción executiva. A Madriña Asociados
Deseño e Maquetación Catálogo. EB+
A Madriña Informa:



“Casablanca, Le Cahier Marocain”

Impreso en Casablanca, Xaneiro 2024
A Madriña Bless You All © 2023-24
Ramon Trigo ® 2023-24




