Skip to main content

"Waiting for God" (or not)

Page 1

“Waiting for God” (or not)


“Waiting for God” (or not)

1


2

“Waiting for God” (or not)


“Waiting for God (or not)” é a primeira exposición pública integral, con todo o que todo iso significa, de Suso ‘Leonardo’ Cortegoso, un dos artistas (con a minúsculo) máis peculiares da súa xeración (perdida). Actor, músico e pintor, entre outras cousas, SC expón, e exponse, nesta “performance primitiva”, en toda a súa dimensión creativa. O espazo acolle, de maneira destacada, unha mostra da obra plástica de SC, escolmada de entre as súas obsesións máis recorrentes, botando man, en parte, das coleccións de Diego Fernández, Sergio Fernández, Carlos ‘Roni’ Godoy, José Ángel ‘Janfri’ Regueiro, Manuel M. Romón e Óscar Suárez. Unha audioguía desvela, de paso, o que o artista ten que dicir sobre as súas pinturas. A vitrina “de autor” coa que se abre o percorrido polas “salas” do espazo expositivo, ilustra o periplo vital de SC a través dunha chea de obxectos intimamente vinculados á biografía do artista, biografía que o “storyteller” se encarga de destripar viva voce en 3 breves intervencións ó longo do tempo. Unha instalación de vídeo “privada” achéganos a diversos momentos “estelares” da traxectoria de SC como músico e como actor de cine, de televisión e de teatro. E, last but not least, as 3 intervencións musicais de SC, que se suceden con calculada descontinuidade, conforman un metadiscurso (para dicilo da maneira máis pedante posible) arredor do motivo da espera, e, ironicamente, do desespero. Manuel M. Romón


Chapter one Eu coñecín a Jesús a mediados de marzo de 1980. Daquela El tiña nove anos.

“Living with Jesus” By Tony Monroy

Era un neno de aspecto fráxil, moi delgado, pálido, cos ollos claros e saltóns. Levaba unhas gafas de montura metálica, algo máis grandes do que correspondía ó tamaño da súa cabeza. Padecía asma e iso notábase na súa cara. Jesús era bastante reservado, excepto cos amigos, ós que non dubidaba en rompernos a cabeza coas súas historias e paranoias. Era moi imaxinativo e tiña un gran sentido do humor. Afeccionado a ler cómics: “Conan el Bárbaro”, “Spiderman”, “Patrulla X”, etc... sobre todo da casa Marvel, os cales reinterpretaba noutra das súas afeccións, debuxar. Jesús debuxaba sobre calquera superficie que fora debuxable: pupitres, libros de texto, cadernos de exercicios, envoltorios de bocadillos, cachos de madeira... calquera cousa era boa para as súas viñetas. Chegou a crear personaxes propios. Lembro un especialmente inquedante chamado “El Gato”, que Jesús aseguraba que era real, e que vixiaba a miña casa polas noites dende os tellados veciños. Jesús criouse en Alcabre, e máis en concreto no colexio público Javier Sensat, nos pisos do Tripeiro, e na praia de Santa Baia. Salvo un par de viaxes a Paris e outra máis a Cádiz, foi onde pasou a infancia. Excursións dominicais a Vigo para ir ó cine, iso por suposto.

4

“Waiting for God” (or not)


Cabe destacar tamén, unha viaxe a Balaídos para ver a Miguel Ríos en “El Rock de una Noche de Verano”, que, polo visto, fora a rehostia, e que moi probablemente fixo agromar nel a semente do rock and roll. A partir de aí, Radio Futura, La Frontera, Rocío Jurado, Michael Jackson, La Pantoja, Bruce Springsteen, José Luis Rodriguez “El Puma” e, como non, os Rolling Stones, servíronlle para comezar a formar o seu criterio musical.

Tony Monroy

Ó longo da súa infancia, Jesús contacta coa arte, principalmente a través do debuxo, e, moi esporádicamente, con pseudo-sketches pseudo-teatrais nas festas do Nadal e fin de curso do colexio. Como tódolos artistas, tamén tivo unha época na que quería ser negro. Xa no último curso da EXB, implántanse as actividades extraescolares; unha delas é o karate. Como non podía ser doutro xeito, Jesús apúntase. Ó pouco tempo fai a metamorfose e convértese en Suso.

5


WALDO S. Cortegoso

Vouvos contar unha historia baseada en feitos reais, como din nas películas. Ocorreu nos EE.UU., e fala de John, o Home de Negro. Había tempo, anos, seica, que o Home de Negro non se emborrachaba. Caeran moitas follas de almanaque desde que deixara de beber e de tomar anfetaminas. Unha mañá, ou pode que fose pola tarde (pouco importa cando), o Home de Negro – John- saiu da cabana onde vivía coa idea de dar un paseo polo seu rancho –si, John tiña un rancho-, por aquilo de “estira-las pernas”, cando, de súpeto, topou con Waldo, unha avestruz de máis de dous metros de alto. Ten coidado con Waldo, John… Waldo –a avestruz- recordoulle a John –o Home de Negro- a Xesús diante de Paulo no camiño de Damasco. Cousas de Johnny. E da abstinencia, digo eu. O animal, chantado no medio do camiño, mirou fixamente o home cuns ollos húmidos, saltóns, de ollomol… de avestruz de máis de dous metros de alto. Ten coidado con Waldo, John…

6

“Waiting for God” (or not)


O Home de Negro –John, Johnnycolleu con determinación un pau e berroulle a Waldo algo así como que que lle ía ensinar de quen eran esas terras, pero a avestruz fíxose a xorda (ou pode que fose por lle leva-la contra) e arremeteu contra Jonhnny a todo gas sen pensalo dúas veces. Ten coidado con Waldo, John… O Home de Negro voou polo aire ata caer no chan, esmendrellado, e Waldo deu media volta e marchou sen inmutarse. Deixou atrás a Johnny, esparrado, humillado, e con tres costelas rotas. Ten coidado con Waldo, John… Levárono ó hospital entre espasmos e dores infernais; Johnny ía feito un cristo, rompera dúas costelas máis que Paulo de Tarso cando caeu do cabalo camiño de Damasco. O Home de Negro case morre atropelado nun duelo por unha puta avestruz chamada Waldo. Ten coidado con Waldo, John… E volta ó circo. Veña analxésicos, veña morfina, veña somníferos. Pobre John! O Home de Negro só quería vela luz, non as estrelas, e aproveitou, cando lle deron a alta, para darse ás anfetaminas. Normal… no seu caso. E como unha cousa leva a outra, porque non, xa postos, tamén á bebida. Pobre John! Tamén á bebida. Caíches outra vez, John… Ten coidado con Waldo, John… 7


Chapter Two Suso saía da adolescencia sendo un mozo de aspecto forte, “fibrado”, algo menos pálido, cos ollos claros, algo menos saltóns, e levaba unhas gafas de montura metálica dun tamaño perfecto. Xa non padecía asma, non se sabe se por practicar karate ou porque comezara a fumar. Transmitía unha sensación de seguridade, de autoconfianza, e era moderadamente extrovertido. Iso si, seguía rompéndonos a cabeza coas súas paridas e paranoias.

8

“Waiting for God” (or not)


Suso era o segundo de tres irmáns: Mary, El e Sergio. Fillos de Mary e Manolo, xente boa e traballadora. Manolo tiña unha pequena carpintería, na que Suso comeza a axudar no verán e nas fins de semana. Alí producía de xeito compulsivo “nunchakos” de madeira, coitelos de madeira, espadas de madeira de tódolos tamaños, e incluso armas de lume de madeira. O porqué desta fecunda produción armamentística debíase a que Suso seguía a ser un “frikie” dos cómics de maxia e espada, e continuaba pola senda do karate. Precisamente, a súa paixón polas artes marciais foi o que o levou a formar parte, durante algún tempo, dunha sociedade secreta chamada “Club Ninja de Alcabre”.


Se ben é certo que Alcabre seguía a ser o centro das vivencias cotiás, as viaxes dominicais a Vigo si que ían sufrir cambios. Xa non só ía ó cine, tamén comezaba a incorporarse á fauna dos bares.

Manuel M. Romón e José Jamardo

Sen lugar a dúbidas, o seu primeiro bar de cabeceira sería o Lucky Luke Saloon, onde vai coñecer persoas amantes da música, do cine, xente vinculada ó teatro, e que pouco a pouco van ir aportando riqueza cultural e novas amizades a un Suso en plena eclosión. O cambio nótase a simple vista: o seu peiteado, baseado ata daquela nun Chuck Norris con moito volume, vese substituído por un fantástico tupé digno dos propios Stray Cats; as zapatillas, ou “espáis”, por unhas botas texanas; as camisas, de cadros; un pano no pescozo, e cando quixo darse conta, era un rocker en toda regra.

10

“Waiting for God” (or not)


Cada vez máis rock and roll, blues e country. Aínda que non era difícil escoitalo cantar “Ese barco velero cargado de sueños cruzó la bahía...”.

“Cóctel Cortegoso” Vídeo

Stephen King, Lovecraft, García Márquez, comezan a cruzarse cos cómics da Marvel para saciar o seu apetito literario. Os Monty Python, os westerns de John Wayne. Programas de radio nocturnos: “ El que avisa no es traidor, es avisador”. Isto todo converte a Suso nun interlocutor de excepción, co que te podes escarallar de risa, emocionar ou enredar en apaixonadas discusións, chegando a querer matalo por terco, que o é! 11


SON UN CRENTE Manuel M. Romón

12

Creo que son un crente. Teño unha alma inocente. Eu son un crente.

Creo que son un crente. Teño uha alma inocente. Eu son un crente.

Creo no credo do sol poñente. No vudú, nos santeiros. Nas misas pagadas. Nos zombis, nas Parcas. Nos mortos que andan Na Santa Compaña.

Creo no sexo dos anxos. Nos trucos dos magos. Nos cintos con cravos. Nos circos de lume. Na Cruz do Caídos Do monte do Castro

Creo que son un crente. Eu son un crente.

Creo que son un crente. Eu son un crente.

Creo na Pascua florida. Nas bulas dos papas. Na xustiza divina. Nos deuses do Olimpo. Nos catro xinetes Da Apocalipse.

Creo nos burros que voan. No home elefante. Nas caras de Bélmez. Na trompa de Eustaquio. Nas mulleres panteira E no monstro do lago.

“Waiting for God” (or not)


Creo que son un crente. Teño unha alma inocente. Eu son un crente. Creo na pomba da paz. No ocaso dos deuses. Nos cascos azuis. Nas cruces vermellas. Nas bandeiras brancas E nos brotes verdes Creo que son un crente. Eu son un crente. Creo nos Dez Mandamentos. Nos superheroes. Nos superpoderes. No día da raza. No ollo da agulla Polo que pasa o camelo. Creo que son un crente. Teño unha alma inocente. Eu son un crente. Creo nas amazonas. En condesas descalzas. En virxes preñadas. Na nai que me fixo. No po do que veño E no soño eterno. Creo que son un crente. Eu son un crente. Ou non, ou non. Creo que son un crente. Teño unha alma inocente. Eu son un crente. Ou non, ou non. Ou non, ou non.


Chapter three Suso continúa o seu proceso de maduración: de profesión carpinteiro, non sempre con ilusión polo oficio, pero carpinteiro. Traballando non hai moito tempo libre, pero sempre queda algo para o karate, para os amigos e para algo novo, os “sketches” audiovisuais. O que comeza coma un xogo, a modo de divertimento, vaise tornando nun novo xeito de expresión cultural cada vez máis elaborado. Ós vintecinco casa polo rito springstinián, e ó pouco tempo nace o seu fillo Diego. Pero isto non significa un punto e á parte. A vida continúa máis ou menos coma sempre: mobles, algunha espada de madeira, libros, cómics, Bruce Springsteen, sketches, máis sketches e un Ford Fiesta cun cinceiro rebordante.


Aquí é cando marcha a vivir a “La Casa de la Mano” con tres compañeiros amantes… do mundo do cine. Chega “The Last Patrol”, unha mediametraxe musical de factura viguesa, na que Suso interpreta a Logan, un tipo duro coma El. Isto dá partida á súa vida actoral.


Como actor: televisión, teatro ou cine. Dende “Los Hermanos Lupano” son innumerables os proxectos teatrais nos que participa, tanto como actor, como de actor e autor. Na televisión, dende “Fíos” ata “Libro de Familia”, onde Suso interpreta a Álvaro, un ghicho ruín que sempre conseguía sobresaltarme cando pasaba pola galega facendo “zapping”.

16

“Waiting for God” (or not) “Waiting for God” (or not)


Innumerables curtametraxes sen ánimo de lucro, nas que Suso -agora Suso Cortegoso-, sempre está disposto a participar. A guitarra entra en escena. As súas composicións, sempre irreverentes e ácidas, coas cales consegue arrincar risas ou transmitir amargura, conforman os “bolos” músico-cómicos que Suso Cortegoso vai levando de bar en bar. Acompañado ou acompañando, en dúos, tríos, cuartetos ou en solitario. Sempre ensaiando, sempre compoñendo, traballando e traballando. Moitas veces con dous ou tres espectáculos ó mesmo tempo, gozando e facendo gozar. E así é como este Leonardo, ás veces da Vinci, ás veces Dantés, vai engrosando o seu currículo con diferentes xeitos de expresión artística. Agora presenta un relicario e os seus cadros nesta exposición chea da esencia de Jesús, Suso, Cortegoso ou Susiño. Exposición que, por certo... “Eu non quería facer... foi Manolo”. To be continued... © Tony Monroy

17


MOITOS RIOS DE DIOS Jimmy Cliff

Many rivers to cross But I can´t seeem to find my way over Wandering I am lost As I travel along de white clifs of Dover Many rivers to cross And it´s only my will that keeps me alive I´ve been licked, washed up for years And I merely survive because of my pride And this loneliness won´t leave me alone It´s scuh a drag to be on your own My woman left me and she didn´t say why Well I guess, I have to cry Many rivers to cross But just where to begin, I’m playing for time There are times I find myself thinking Of committing some dreadful crime I’ve got many rivers to cross But I can’t seem to find my way over Wandering I am lost As I travel along the white cliffs of Dover

18

“Waiting for God” (or not)


A Madriña e Suso Cortegoso na Sede

19


20

“Waiting for God” (or not)


“Waiting for God” (or not) by SUSO CORTEGOSO

“O CATÁLOGO” https://susocortegoso.bandcamp.com/album/waiting-for-god-or-not (formato para invidentes)


22

“Rúa”

Carboncillo e tinta chinesa sobre cartolina 60 x 35 cm

“Waiting for God” (or not)


23

“A Pata de Mono”

Acrílica sobre cartón pluma e tablex 100 x 70 cm

“Waiting for God” (or not)


24

“Caligari”

Acrílica sobre cartón pluma 74 x 61 cm

“Waiting for God” (or not)


25

“Bosque”

Acrílica sobre cartón pluma (74 x 49) / 72,5 x 45 cm

“Waiting for God” (or not)


26

“Lady Macbeth”

Acrílica sobre tablex 66 x 43,5 cm

“Waiting for God” (or not)


27

“Distancia partida”

Acrílica sobre cartón pluma 72 x 42 cm

“Waiting for God” (or not)


28

“Fillos da Madeira”

Acrílica sobre aglomerado con melanina 89 x 49 cm

“Waiting for God” (or not)


29

“Xerusalén, o destino”

Témpera e acuarela sobre cartón 28 x 28 cm

“Waiting for God” (or not)


30

“O taller de Xosé”

Acrílica sobre cartón lenzo 42 x 29 cm

“Waiting for God” (or not)


31

“Alúgase este baixo”

Acrílica sobre cartón pluma 80 x 70 cm

“Waiting for God” (or not)


32

“The Duke”

Acrílica sobre madeira (pino) 50 x 25 cm

“Waiting for God” (or not)


33

“Simio axexante”

Acrílica sobre cartón pluma 47 x 153 cm

“Waiting for God” (or not)


34

“Ghost Riders in the Sky” Acrílica sobre cartón pluma 80 x 40 cm

“Waiting for God” (or not)


35

“Joker”

Témpera e acrílica sobre cartón pluma 103 x 56 cm

“Waiting for God” (or not)


36

“Keith Richards”

Acrílica sobre cartón industrial 72 x 42 cm

“Waiting for God” (or not)


37

“Jagger”

Acrílica sobre cartón pluma 40 x 70 cm

“Waiting for God” (or not)


38

“Luz embalada”

Acrílica sobre forespán 77 x 58 cm

“Waiting for God” (or not)


39

“Moai Batman”

Acrílica sobre poliuretano 28 x 55 cm

“Waiting for God” (or not)


40

“Elvis”

Técnica mixta 29,5 x 41,5 cm

“Waiting for God” (or not)


41

“Elvis aínda” Técnica mixta 29,5 x 41,5 cm

“Waiting for God” (or not)


A Thing called

Suso Cortegoso


A Madriña Informa: É para nós un pracer iniciar está colección de catálogos Madriñentos cunha historia tan real como falsa e ao mesmo tempo tan emotiva como frívola. Por iso, a nosa signora non dubidou nin un momento en abrir as portas da súa casa á produtora Ephemera, que traía da súa man este homiño called Cortegoso e a súa secta Monromoniana, da que dende hoxe xa somos fervorosos acólitos. Anyway, anyhow... Cando en Maio 2016 inauguramos A Sede en Vigo, PO foron moitos/as os que preguntaron... para que? Daquela nós xa sabiamos ben o que buscabamos, cal era o noso obxectivo, pero o que non sabiamos era o que ía pasar (a bóla de cristal comprámola máis tarde, si). Aínda así, xa había tempo que Cortegoso estaba no noso punto de mira, e Romón nin che conto. E dito e feito. Que os astros os aliñaran na lonxitude de onda da nosa Madriña era cousa de tempo, e se algo sabemos é ser pacientes. Sabemos esperar e tamén sabemos que o tempo - believe it or not- está do noso lado. Como diría Mr. Chance, fertilizamos, sementamos e sentamos á espera da chegada da chuvia, por outra parte algo ben doado no noso país. O resto, o da colleita, xa é historia e para mostra aquí tedes un vestido XL da Tarara. By the way... Non hai dúbida, “Waiting for God (or not)” foi un luxo e un dos highlights da nova Madriña Revisited na súa Sede. E por se fora pouco rimos coma gañáns, bebimos coma cosacos e perdimos pasta a esgalla, pódese pedir máis? A que non? Pois iso, Smile e count to ten & then Smile again. O dito, un pracer e unha honra a partes iguais. That´s why A Madriña dixit muito obrigado chavalada. Esta é a vosa casa, pero mellor devolvédenos as chaves. See ya´ soon bro´s. Na r/ Churruca 12, ent. en Vigo, PO en Marzo 2021 A Madriña Bless You All


Imaxes do catálogo Fixas. Rafael Ojea Movidas. Eduardo Berea En movemento. José Jamardo Deseño gráfico e maquetaxe. TH (Les E)

A Madriña “Informa”

Do obxectivo / amadrinha.es Do subxectivo / amadrinha-asociados.blogspot.com Impreso no mes de Abril 2021 en Churruca 12, ent. Vigo, PO ISBN e Dep. Ilegal Nin consta nin falta que fai


2

A Madriña Informa: “Waiting for God” (or not) © 2019 A Sede en Churruca 12 ent. Vigo, PO “Waiting for God” (or not)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
"Waiting for God" (or not) by amadrinha.asociados - Issuu