Revista ch 5 (173)

Page 15

[Na mesa con ….] Rahid Jaber Martínez no Restaurante Caney

Se nos sentamos na mesa do Caney, que imos atopar? Imos atopar un establecemento diferente, que abrangue moitos tipos de clientes, veciños e turistas; no que o ambiente é moi agradable, como dunha familia. Temos varias zonas, para os que queren picar algo cun viño, ata os que queren algo máis elaborado ou algo máis íntimo nun dos nosos reservados. Falades dun ‘Concepto Caney’. En que consiste? ‘Caney’ é unha palabra latinoamericana. É o punto de reunión das tribus indíxenas cando se reúnen para comer e pasan unha boa sobremesa. Iso é o ‘Concepto Caney’, un centro social onde a xente está a gusto para comer, gozar e pasar un tempo interesante. É un punto de encontro. Que destacarías dentro da súa carta? A nosa non é unha carta fixa. Hai pratos que varían pero onde se mesturan conceptos tradicionais, como un bacallau á portuguesa ou unha pescada, con conceptos innovadores, como os raviolis de

salmón con queixo do Cebreiro. Sempre estamos en continua evolución. E iso é gracias a un equipo de cociña que sempre está aí. Canta xente fai posible que o Caney funcione? Moita. Non só os cociñeiros ou os camareiros. O importante é o traballo en común, o equipo que vai desde a limpadora ata a persoa que atende as reservas. Hai que rañar moito o peto para comer aquí? Para nada! Temos variedade de prezos. Desde un tapeo, pasando por un menú de 20 euros ata algo máis elaborado. Seguimos tamén organizando xornadas gastronómicas, como as do cocido, de arroces, mexicanas, árabes… Funcionan moi ben para romper un pouco a monotonía dos clientes que veñen todos os días. ‘Prohibido facer lume’ foi a tapa que presentéchedes ao Santiago(é)Tapas e foivos moi ben! O público premiouna como o petisco con máis ‘chispa’ ou orixinalidade. Por que credes que foi? Iso habería que preguntarllo ao público (Sorrí). A tapa foi feita con cariño, pensando moito en que a execución fora rápida e, sobre todo, buscando sorprender. Concursos así están moi ben porque fomentan o movemento na restauración da cidade. E con Santiago(é) Tapas todos aprendemos.

Que relación ten o Caney co hotel Araguaney? Funcionan independentemente pero tamén teñen sinerxias. Forman os dous parte dunha mesma familia pero Caney é un restaurante de rúa que está situado debaixo dun hotel. Non é un restaurante que traballa só coa clientela do hotel como poden ser os doutros establecementos, situados por exemplo nunha sexta planta. Iso ao cliente de Santiago botaríao para atrás. Ter un acceso independente facilítanos moito as cousas. Que precisa, en xeral, a hostalaría en Santiago? Viaxar. Hai moitos restaurantes que son moi bos pero necesitan renovarse. Viaxando podes incorporar aos teus pratos cousas novas. Sempre hai que intentar crecer, coñecer outros tipos de cociña e innovar. Como hotel, estades satisfeitos co turismo que temos en Compostela? É certo que no 2016 as cifras de visitantes foron maiores que o ano anterior pero aínda queda moito que facer. Mellorouse con respecto a fai cinco anos? Non. Aínda non estamos como estabamos. Nunca vai ser igual pero temos que mellorar. E para iso todos temos que intentar ir no mesmo camiño. Nese senso, falta unión no sector. Ademais aquí cremos que Santiago é coñecido en todo o mundo. E non é así. Falta tamén esa parte de promoción fóra. ❚

Na mesa con ...

N

este número de CompHostelería sentámonos á mesa no Caney, o restaurante dun dos hoteis con máis sona da cidade, o Eurostarts Araguaney, e un dos gañadores da pasada edición do Santiago(é)Tapas. Alí charlamos co seu xerente, Rahid Jaber Martínez.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.