__MAIN_TEXT__

Page 1

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 188 | setembro-outubro 2019

PALABRA DE BUGALLO O alcalde avánzanos os cambios previstos en materia turística


O noso labor ĂŠ o de aglutinar aos profesionais da HostalarĂ­a de Santiago de Compostela e comarca.

a sĂłc i ate

www.santiagohosteleria.net


PÁXINA 4

[Entrevista] Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago

[Actualidade] Concello e Hostelería crean unha comisión de traballo

PÁXINA 8

Máis control da Lei Antitabaco nas terrazas Nova feira de viños en Compostela V Gala Showcooking de Tapas por Galicia Recollida de aceite vexetal usado con Compostela Inserta

[Na barra con] PÁXINA 12

O Gato Negro

PÁXINA 14

[Novos socios] Pub Fonte Sequelo Restaurante Larada Café Bar Lucille Os sobriños do pai

[EDITORIAL] Neste novo número de CompHostelería adentrámonos no Pazo de Raxoi. Recentemente un novo Goberno local ocupa os seus despachos e cremos necesario que coñezades de primeira man cales son as súas intencións no que se refire á hostalaría e o turismo. Para iso, falamos co alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, nunha entrevista na que asegura que resolver os problemas dos pisos turísticos e do excursionismo – que enche a cidade, pero apenas reporta beneficios - é unha das súas prioridades. Alegrámonos das súas intencións e esperamos que as súas verbas se transformen en feitos tan pronto como sexa posible. Nesa loita por lograr un turismo de maior calidade, que sexa positivo tanto para o sector como para o resto da cidadanía, poderán contar sempre co apoio da Asociación Hostelería Compostela. Este verán, a nosa directiva acordou co Concello a creación dunha comisión de traballo na que, en conxunto cos responsables de Turismo e Urbanismo de Raxoi, abordaremos estas e outras cuestións de vital interese. Entre outras: un novo regulamento das terrazas, a fin da moratoria na apertura de novos hoteis da Zona Vella ou a organización de eventos que axuden a desestacionalizar – como a feira de viño que aprobou o Pleno por iniciativa do BNG. De todos estes temas, así como das nosas seccións habituais dedicadas aos nosos socios, falamos nas seguintes páxinas da revista. Moitas grazas por lernos! E se tendes algunha suxerencia para tratar nos próximos números, podedes escribirnos a comunicación@santiagohosteleria.org ❚

Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010

3


Bugallo, no seu despacho en Raxoi. Foto: Ivรกn Barreiro

4


Entrevista

[ Entrevista] “Santiago ten que recuperar a referencia gastronómica cun evento que poña en valor a calidade da nosa hostalaría” Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago

Oito anos despois do seu anterior mandato, Xosé Sánchez Bugallo afronta o seu regreso á alcaldía con dous retos importantes: reformular o noso turismo e preparar a cidade para o inminente Ano Santo 2021. Para elo, contará como aliado co concelleiro Sindo Guinarte, ao que xa se lle encargou a elaboración dun novo Plan Estratéxico. Tamén ten anunciada a creación dunha Dirección Xeral de Turismo, que terá a máxima responsabilidade técnica na área, e para a que podería recuperar a Iñaki Gaztelumendi, ex xerente de Incolsa. O alcalde nin confirma nin desminte o seu regreso, pero si que sinala a necesidade de reforzar a empresa municipal de turismo, redefinindo os seus

papeis e sen descartar incorporar novos socios e actores.

Cales son os obxectivos principais que se marca este Goberno en materia de turismo? O turismo é un sector primordial nunha cidade como Santiago. Supón ao redor do 20% do PIB. Ademais é, xunto coa Administración autonómica, a principal fonte de emprego. Pero nos últimos anos empezaron a desenvolverse algúns aspectos que xeran unha certa dificultade na convivencia coa cidadanía. Por exemplo, na proliferación masiva e descontrolada de pisos turísticos, que ten uns efectos moi potentes tanto en relación co sec-

tor turístico como na subida de prezos de alugueres, limitacións temporais ou pisos que se retiran do mercado. Como consecuencia, estase a producir a expulsión de poboación tradicional que non pode vivir en Santiago. Por iso, nós cremos que é prioritario redefinir o modelo turístico da cidade.

Por iso elaborarán un novo Plan Estratéxico de Turismo? Si, hai que elaborar un novo Plan. O que temos neste momento non responde ás necesidades da cidade. Temos que apostar por un turismo cultural, de congresos, gastronómico… Fronte a un tipo de turismo máis pasivo, de menos valor engadido. De feito,

5


Entrevista

vemos como por un lado aumenta o número de turistas que veñen á cidade. Pero por outro lado, baixa o prezo medio da habitación e a taxa de ocupación. Está claro que hai elementos que non están funcionando. Por unha banda, os pisos turísticos e, por outra, o excursionismo.

Falando de excursionistas, o anterior Goberno local propoñía establecer unha taxa turística para eles. Estaría de acordo? É que a taxa turística sería para turistas, non para excursionistas. Xustamente un dos grandes problemas que ten Santiago é que do número de visitantes da nosa cidade, entre un 5 e un 10% son peregrinos, sobre un 20% son turistas e un 70% son excursionistas. Entón, hoxe en día tal e como están os sistemas de funcionamento das taxas turísticas, se podería cobrar aos que pernoctan en Santiago nun hotel ou nun piso legalizado. Todos aqueles que utilicen pisos non legais ou que sexan excursionistas, non contribuirían. Polo tanto, isto require dunha reflexión moito máis profunda.

O anterior Goberno tamén estableceu unha moratoria de apertura de novos hoteis na Zona Vella. Continuarán con ela? Nós non estamos a favor do mantemento da moratoria. Sobre

6

todo, porque iso poida supoñer unha proliferación indiscriminada e incontrolada de pisos turísticos. Imos encargar estudos sobre o tema, pero é probable que teñamos que tomar decisións urxentes porque eses estudos vanse demorar meses e non teño claro que dispoñamos desa marxe de manobra.

“Resolver os problemas dos pisos turísticos e do excursionismo é unha prioridade”

Que solución propoñen para mellorar o sistema de licenzas municipais? Salvo na Cidade Histórica no que si temos un problema moi serio que intentamos atallar, no resto da cidade a maior parte das licenzas obtéñense por declaracións responsables. O establecemento abre sen esperar a que se tramite a licenza, a non ser que haxa que facer obras importantes. Pero na Zona

Vella é intorelable que haxa que esperar ata incluso un ano ou dous. É máis, calquera prazo por riba de tres meses paréceme inaceptable. Ese é o noso compromiso e o noso obxectivo. Lóxicamente non é un obxectivo que se consiga dun día para outro. Temos que poñer en marcha a Oficina da Cidade Histórica con capacidade para dar solución a este problema.

E que ocorrerá coas actuacións en directo nos locais de hostalaría? Nós estamos obrigados a cumprir a lei. O que non podemos facer é modificar un decreto da Xunta a través dun convenio municipal. Independentemente de que nos guste ou non nos guste. Os establecementos de hostalaría teñen que estar correctamente insonorizados con arreglo á actividade que exerzan e as licenzas de que dispoñan. Por moito que defendamos a música, non é aceptable que un local de hostalaría que non cumpra eses requisitos organice actuacións nun horario que sexa incompatible co descanso da veciñanza. Polo tanto, a nosa idea é facilitar determinado tipo de actuacións en horario non nocturno, ser máis restrictivos a partir das dez da noite e que a partir das doce da noite só poidan facelo aqueles que cumpran coa insonorización e autorización.


Entrevista É certo que se van a recuperar as figuras dos ‘chaquetas vermellas’ para informar aos turistas a pé de rúa do que ofrece a cidade e atender as súas demandas? Si, iso imos facelo. Témolo dentro do programa para o Ano Santo.

Queda menos de ano e medio para o 2021, estamos a tempo de prepararnos para a chegada masiva de turistas? Si, a Xunta elaborou un Plan Estratéxico. Vai máis avanzada que nós. Nós temos que elaborar o noso Plan, que inclúe a habilitación de áreas de estacionamento, atención aos que están

paseando pola rúa, seguridade, limpeza… Todo iso é competencia municipal e o Concello terá que esforzarse en coordinación coas Forzas e Seguridade do Estado e coa Comunidade Autónoma. Pense que as cifras coas que operamos é que para o ano 2021 van vir 10 millóns de persoas. En temporada alta

O alcalde afirma que recuperarán a figura dos ‘chaquetas vermellas’ para o Ano Santo 2021. Foto: Iván Barreiro

7


prevense recibir un promedio de 600 autobuses diarios nas fins de semana. Temos que ver como os acollemos, a onde van… E teremos días de 100.000 vehículos diarios.

Tamén hai turistas que chegan en avión. Na súa anterior etapa como alcalde, xa tiñamos tres aeroportos competindo entre si en Galicia e perdendo contra Oporto. E a día de hoxe, seguimos igual… Seguimos peor. Porque se consolidou o modelo. Oporto xa é o gran aeroporto do noroeste peninsular. Hai dez anos os tres aeroportos galegos sumabamos máis que el, pero hoxe pasounos moito por diante. Ten unha variedade de oferta contra o que ningún galego pode competir.

Pero cal é a política do Goberno local con respecto a Lavacolla? Poderían volver as subvencións a compañías de baixo custo? Cada un defende o seu. É dicir, non habendo unha estancia superior que fixe un criterio de país, cada un ten que pelexar polo seu. Nós, polo tanto, non podemos descartar ningún medio que estea ao noso alcance, legal por suposto, para apostar polo noso aeroporto. Máis aínda cando no 2021 prevemos a chegada do AVE a Santiago.

8

Pero a Estación Intermodal non estará lista para o 2021, non si? Non, non estará rematada para o 2021. Pero se queremos sacar adiante un proxecto solvente, temos que aprobar que estea en obras. Non é algo que me guste pero se hai oportunidade de empezar, non serei eu o que as atrase.

Porque non importa só o que ocorra no Ano Santo. Tamén o que veña despois…

resultado similar. Temos algunhas ideas ao respecto que non queremos facer públicas pero esperamos que ao longo do ano que vén se poidan desenvolver. Santiago ten que recuperar a referencia gastronómica cun evento que poña en valor a calidade da nosa hostalaría e, á vez, sirva de acicate para que o sector siga mellorando.

“Apostaremos por un turismo cultural, de congresos e gastronómico”

Claro. Sobre todo porque iniciamos unha década na que teremos tres anos santos. Por tanto, temos que prepararnos para facer fronte a todos estes retos. O AVE é unha peza fundamental. A estación actual de Santiago claramente non reúne as condicións nin para o día a día nin moito menos para un Ano Santo. Polo tanto, eu prefiriría que xa estivera feita. Non é o caso. E por iso estamos traballando para, canto Que valoración fai en xeral do antes, poñela en marcha.

noso sector hostaleiro? Dicía antes que queren apostar polo turismo gastronómico. De que xeito? O Forum Gastronómico non o imos poder recuperar porque os de A Coruña non van facer o idiota como fixo o Goberno municipal de Santiago no 2012 deixándoo marchar. E iso que tiña unha repercusión nacional e internacional. Polo tanto, temos que buscar algo que consiga un

Penso que ten un nivel excelente. Nestes anos nos que a cidade perdeu posicións en moitos ámbitos, en hostalaría foi un pouco mellor que no resto grazas ao dinamismo dos profesionais. Nese sentido, creo que é moi importante que o sector traballe en conxunto e que aposte pola calidade, a especialización e por poñer en valor elementos como a nosa gastronomía. ❚


[ Ac t u a l i d a d e ] CONCELLO E HOSTELERÍA CREAN UNHA COMISIÓN DE TRABALLO PARA ABORDAR OS PROBLEMAS DO SECTOR

B

oa parte da directiva da Asociación Hostelería Compostela mantivo unha primeira reunión co novo alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, o pasado mes de xullo no Pazo de Raxoi. Xa en agosto, o xerente da nosa entidade, Ramón García, reuniuse tamén coa concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón. Tras estes encontros, acordouse crear unha comisión de traballo neste mes de setembro que abordará todos os asuntos que afectan ao sector da hostalaría e o turismo en Santiago. Entre outros temas, estudiarase a eliminación da moratoria na apertura de novos hoteis na Zona Vella e a posibilidade de establecer unha nova normativa de terrazas máis homoxénea e que poida resolver cuestións complexas como a convivencia entre turistas e veciñanza no espazo público. Tamén se implicará na organización de eventos como o concurso Santiago(é)Tapas. Ademais, o rexedor compostelán comprometeuse a establecer unha ordenanza que regule os pisos turísticos antes de que finalice este ano. ❚

O alcalde e o Sindo Guinarte recibiron á nosa directiva no Pazo de Raxoi.

Mercedes Rosón, co xerente de Hostelería Compostela, Ramón García.

ASISTIMOS Á V GALA SHOWCOOKING DE TAPAS POR GALICIA

O

Hostal dos Reis Católicos acolleu en xullo a V Gala Showcooking De Tapas por Galicia, que reuniu aos representantes das sete grandes cidades galegas que foron previamente gañadores dos concursos locais de tapas que se celebraron durante o pasado ano. A iniciativa, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo, busca recoñecer a calidade e innovación do sector hostaleiro galego e a súa implicación na promoción turística das cidades. A final do certame deste ano contou coa participación de Pablo Fuentes, gañador do Tapéate Ferrol (Ferrol); Nelssy Soriano, do Concurso de Tapas Picadillo (A Coruña); Tomás Rubio, gañador de Santiago(é)Tapas (Santiago de Compostela); Rubén González, gañador de Pontedetapas (Pontevedra); Pedro Méndez, gañador do concurso de Tapas Petisquiño (Vigo); Paco Gómez, gañador do Concurso de Pinchos Sabores de Ourense (Ourense) e Alejandro Méndez e Alejandro Ares, gañadores do Concurso de Tapas de Lugo (Lugo). O acto consistiu nun evento de cociña en directo, no que os aspirantes elaboraron as súas propostas ante os asistentes. Estas foron sometidas á valoración dun xurado de profesionais relacionados co turismo e a enogastronomía, que decidiron premiar a proposta de Ourense. Tamén se outorgou un premio na categoría de xurado popular, conformado polo público asistente á gala, que foi para o petisco de Lugo. ❚

Cociñeiros das sete cidades galegas participantes na gala.

Co presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

A vicepresidenta da nosa Asociación, Rita Sobrado; a nosa presidenta, Sara Santos; e o presidente da Asociación Provincial de Hostelería de Lugo, Cheché Real. 9


[ Ac t u a l i d a d e ] APOIAMOS A INICIATIVA DO BNG PARA CELEBRAR UNHA FEIRA DE VIÑOS EN COMPOSTELA

O

Pleno da Corporación celebrado o pasado 29 de xullo aprobou unha moción do BNG que insta ao Concello a organizar en Santiago un evento para promocionar os viños galegos con Denominación de Orixe, co obxectivo de enriquecer o turismo gastronómico. Votaron a favor CA e BNG, e abstivéronse PSdeG-PSOE e PP. Este proxecto foi presentado en rolda de prensa pola portavoz municipal do BNG acompañada polo xerente da Asociación Hostelería Compostela, Ramón García. “Con esta iniciativa queremos dar a coñecer, promover e difundir os viños galegos”, explicou Goretti Sanmartín. “Enmárcase no recoñecemento ao que significaron os viños na cultura galega e á economía, coa comercialización e exportación xa desde o medievo, e tamén o recoñecemento á súa calidade”, afirmou. Este evento é necesario “para desestacionalizar o turismo, máis alá Goretti Sanmartín e Ramón García das datas de verán, cun apartado de promoción dentro da propia hostalaría para que se ofrezan máis os viños presentaron este proxecto. galegos”. ‘A Porta dos viños’ é o nome desta iniciativa para celebrar na segunda quincena de outubro, “cunha feira que pode consistir nunha entrada simbólica pola Porta de Mazarelos, como era antigamente, con dous bois cargados con pipotes de viño” das denominacións de orixe recoñecidas: Ribeiro, Valdeorras, Monterrei, Rías Baixas e Ribeira Sacra “do conxunto do país e Santiago exerce así como capital de Galiza, igual que hai eventos para a promoción dos entroidos galegos”. Isto compleméntase con obradoiros de cata, xornadas de difusión dos viños, exposicións de libros e fotografías relacionadas coas denominacións de orixe, fomento das rutas de enoturismo “e coa colocación de expositores das distintas adegas para que amosen os seus produtos e facer intercambio comercial para que tivese rendibilidade”. Trataríase, pois, de realizar unha feira dos viños galegos, en que Santiago de Compostela servise de anfitrioa¡Espacio á variedade e calidade da riqueza vitivinícola no noso país. Terrazas: común! Vocación de permanencia Pola súa parte, Ramón García indicou que desde Hostelería CompostelaDisfrutar apoian esta iniciativa para asin propia sector.tus “Entendemos de un ocio saludable tenerpromoción que respirarda cidade e do Con amigos, que crear unha humo de tabaco es tu derecho. Sin embargo, en algunas pareja de o en familia, feira do viño galego é un evento importante que falta neste país e o sitioterrazas idóneo se para facelo é Santiago de Compostela, pola súa condición capital; aínda que non é un permite fumar de manera contraria a la norma, ¡Respira! y poniendo en peligro la salud de clientes y trabajadores. lugar produtor de viño mais ten a súa importancia non só en tradicións senón tamén na economía e desenvolvemento local”, destacou. Según la Ley 28/2005 sólo impulsar está permitido fumar en espacios aire libre Deste xeito, avanzou que a asociación se ofrece “a colaborar en todo o que a administración solicite para este evento para que teña alvocación de permanencia”, Para que se permita fumar es indispensable que el aire circule sinalou, “para que quede sinalada no calendario esa data para que as adegas veñan a Santiago, exhiban os seus produtos e poidan facer actividades de cata e co tempo libremente y que no pueda darse acumulación de contaminantes. Se considera espacio al aire libre: vaia medrando”. La superficie cerrada no debe suponer más del 50% “todo espacio no cubierto o todo espacio que estando Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social

cubierto esté rodeado lateralmente por un máximo de dos paredes, muros o paramentos.” (Art. 2.2)

del espacio de la terraza.

Es indiferente el tipo de material (paredes o muros de ladrillo, lonas, plásticos, pantallas de cristal o mamparas de cualquier tipo).

MÁIS CONTROL DA LEI ANTITABACO NAS TERRAZAS HOSTALEIRAS EJEMPLOS

A

ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social en funcións, María Luisa Carcedo, propuxo hai unhas semanas regular dunha maneira máis restritiva o consumo de tabaco nas terrazas dos establecementos hostaleiros e incluír na nova normativa os denominados ‘ vapeadores’. Carcedo chamou a atención sobre que, nalgúns casos, non se cumpre a Lei Antitabaco “con precisión”. Por iso, mentres no se modifique o texto vixente, o seu Ministerio remitiu ás comunidades autónomas infografías de como se debe interpretar a permisividade ou non no caso das terrazas. ❚

PERMITIDO

NO PERMITIDO

Tipo 4

Retranqueadas en el interior con 3 paramentos y techo

Tipo 2

Tipo 1

Con jardineras o mamparas de escasa altura ( 1 metro máximo)

Totalmente abiertas

Tipo 5

Exteriores con 3 paramentos y techo

Tipo 3

Exteriores con 2 paramentos y techo ( con circulación de aire)

>50%

Tipo 6

Tipo 7

Exteriores completamente cubiertas con 4 paramentos y techo

Terrazas con paramentos continuos y discontinuos y techo (área cubierta > al 50% con columnas y sin circulación de aire)

Es tu derecho ¡Actúa!

10

Las competencias de inspección y control corresponden a las comunidades autónomas, por lo que la ciudadanía debe dirigirse a aquella donde se encuentre la terraza. Estas procederán a una inspección y valoración de las instalaciones y en su caso impondrán la sanción correspondiente. Link webs CCAA: http://www.mscbs.gob.es/ciudadanos/proteccionSalud/tabaco/Como_Denunciar.htm

Existen otras entidades como organizaciones de consumidores o de no fumadores que también pueden ayudarte: www.ocu.org/incumplimiento-ley-tabaco https://www.facua.org/

Por ejemplo, en Nofumadores.org, tienes información general sobre el proceso, datos de contacto por regiones y provincias y


[ Ac t u a l i d a d e ] PEQUENOS XESTOS QUE MARCAN DIFERENCIAS

A

lgunha vez pensaches coma establecemento hostaleiro a quen lle entrego o aceite da cociña que a lei obriga a xestionar? Sabes se compres coa normativa legal ou incorres en responsabilidade? Que destino se lle dá ao residuo e que se fai co beneficio obtido? Compostela Inserta EIL, S.L. é unha empresa de inserción laboral sita en Santiago de Compostela, que está promovida pola Asociación Plataforma Polo Emprego. Dita empresa, entre os seus servizos (limpezas, portes….), dedícase á recollida de aceite vexetal usado con todas as garantías establecidas pola lei, e de xeito gratuíto. A empresa está sita no eido da Economía Social, xa que é una Empresa de inserción laboral, polo tanto, trátase dunha entidade sen ánimo de lucro, onde todos os beneficios que xera a mesma, se reinvisten na propia empresa, principalmente para fomentar a contratación de mais persoal ou para a mellora dos medios de traballo da empresa. Imposición que lle establece a Lei e controlada pola Xunta de Galicia con carácter anual. Ademais, a empresa está sensibilizada co medio ambiente, e conta cunha Responsabilidade Social na que tenta concienciar a toda a sociedade para que se involucre na Economía Circular (Residuos que se converten de novo en produtos) e darlle así outro uso ao aceite vexetal usado (converténdoo en biodiesel). Na actualidade, Compostela Inserta é a empresa de recollida de aceite de referencia na cidade, única empresa cun convenio de colaboración co Concello de Santiago e coa Asociación de Hostalaría de Santiago de Compostela. No eido da hostalería, os establecementos teñen que coñecer a normativa legal que os obriga a darlle un destino final ao aceite vexetal usado e dar cumprimento práctico con ela. A xestión incorrecta ou fraudulenta é obxecto de infracción. No noso día a día, atopámonos con establecementos hostaleiros que non colaboran coa iniciativa social levada a cabo por Compostela Inserta, considerando que estos pequenos xestos, marcan unha gran diferencia, colaborando na inserción sociolaboral de persoas en Compostela. A correcta xestión deste residuo conleva varios beneficios se o realizas con Compostela Inserta: EMPREGO: xeras postos de traballo e contribúes a inclusión social das persoas. Empregamos o beneficio total da empresa na posta en marcha e creación de novos postos de traballo. É un xesto solidario e de responsabilidade social. A nosa política antepón as persoas ao capital. AFORRAS: Redúcense os custos dunha mala xestión de residuos (elimínase un residuo altamente contaminante da rede de sumidoiros); facilita a reutilización da auga depurada; non obstrúe as tubaxes; diminúe a proliferación de organismos prexudiciais para a saúde e os malos olores; abarata a depuración das augas residuais, o que implica menores custes á cidadanía en xeral no seu pago de impostos. COIDAS O MEDIO AMBIENTE: Obtense combustibles mais ecolóxicos coma o biodiesel, preservando a biodiversidade de mares e océanos e favorecendo a conservación do medio ambiente ao evitar o consumo de combustibles coma a gasolina ou o gasoil. Para Compostela Inserta, cun xesto tan simple como a contratación da recollida de aceite vexetal usado, xérase un gran beneficio, tanto social, coa creación de emprego, como medioambiental, dándolle un uso final a un residuo que é altamente contaminante. Cun litro de aceite, contamínanse 1000 litros de auga. ❚ Colaboras? Infórmate: 981 58 05 06

11


Pilar Costoya e Manuel Vidal. Foto: Ivรกn Barreiro. 12


[Na barra con ….] Manuel Vidal de O Gato Negro

Como se sobrevive tanto tempo? É unha profesión moi bonita, pero moi dura. Aquí sabes a hora á que comezas, pero non á que rematas. Non hai un final. Tamén coñeces a moita xente. Tenche que gustar. Trátase de sacrificio, gusto, paciencia, bo humor. De onde ven o nome? Conta a avoa, a miña sogra, que foi porque entrou un gato negro, que estivo un día enteiro aquí. O nome naceu espontáneamente entre todos. Traballas coa túa muller (Pilar Costoya), que é ademáis descendente dos fundadores. Si, casamos no ano 1981. Seguimos a mesma escola da sogra e da avoa

–Elena García e María Martínez- . Temos dous espellos nos que mirarnos. Dúas personas moi traballadoras. A avoa, Elena García, con vintasete anos quedou viúva, nos anos trinta do século XX, ao fronte dun local de hostalaría. Na época chamaba a atención unha muller na hostalaría e tivo que enfrentarse, poñerse nos seus trece e botar a máis dun cliente á rúa. Como é traballar en parella? As discusións son todas polo traballo porque son esixente. Pero logo fora do traballo nada de discusións, todo perfecto (sorrí). Para min hai un “eslogan”: O cliente entra como cliente, pero sae como amigo. Como foi evolucionando o local? Foi de menos a máis. Aquí hai xente de oitenta anos que viña cando era estudante. Traen a os seus fillos e netos. Aumentamos moito o traballo porque funcionamos polo boca a boca, o Camiño de Santiago, a antiga ruta Paris-Dakar… Nós mantemos a tradición, a limpeza e coidamos o restaurante. Conservamos a súa esencia coma o mobiliario e a barra, que ten cen anos. Que tipo de clientela frecuenta o local? Que é o que máis lle gusta? Aumentaron moito os estranxeiros. Alemáns, ingleses, italianos, franceses, xaponeses. Ademais, veñen xa preparados. Os xaponeses veñen co móbil e saben o que van pedir. Aos italianos gústalles moito o pulpo.

Á xente en xeral gústalle compartir, este é un local para alternar. As nosas especialidades son o fígado, chocos en tinta, empanadas (xouba, bonito, congrio, pulpo…) que facemos na casa, caldo, ameixas. Todo feito artesanalmente.

“Nós mantemos a tradición” E como cres que cambiou a hostalaría de Compostela desde que comenzastes a traballar? Santiago evolucionou, creceu, foise espallando cara a outras áreas con respecto á concentración de estudantes no Franco dos anos setenta. O Xacobeo 93 –cuxo logo por certo naceu en O Gato Negro, según Manuel- marcou un antes e un despois. Foi cambiando o sistema de traballo e os locais, fixéronse mais modernos. Que consello daríades á xuventude? Que pense que é un traballo sacrificado, pero bonito. Ser responsable e serio, porque ás veces alárgase o horario. Días libres, os xustos; aínda que hai que pechar un día e ter vacacións.

Na barra con ...

A

piques de cumprir cen anos, O Gato Negro é un dos restaurantes mais lonxevos e emblemáticos de Compostela. Son moitos os turistas que non queren marchar da nosa cidade sen visitalo –Internet contribuiu a espallar a súa fama- e mesmo os composteláns fan cola para poder comer aquí. O local non acepta reservas e Manuel Vidal, un dos seus propietarios, conta que moitas mañás antes de abrir xa ten xente agardando, desexosa de entrar. Eles atenden coa máxima celeridade e profesionalidade, cualidades aprendidas tras case un século de experiencia transmitida a través de cinco xeracións, dende que un día se paseara un gato negro que serviu para bautizarlles.

Que vos aportou pertencer á Asociación Hostalaría Compostela? Estamos encantados coa xestión que fixeron estos anos. ❚ 13


[ No v o s FONTE SEQUELO Rúa de Xelmírez, s/n (Santiago) 638 622 268 Facebook: fontesequelopub

Con máis de 30 anos de historia ás súas costas, o pub Fonte Sequelo é todo un clásico da noite compostelá. Situado en plena Zona Vella, moi preto da Catedral, este local de copas, que foi totalmente reformado, conta cunha decoración moi actual. Aqueles que o visitan gozan con música de todo tipo, unha moi boa compañía e un trato excelente. E, por suposto, o que nunca falta é a diversión. Se queres coñecelos, abren de mércores a sábados, e en vésperas de festivos, desde as 23:30 horas.

OS SOBRIÑOS DO PAI Rúa da Fonte de San Miguel, 7 (Santiago) 981 583 566 sobrinosdelpadre@hotmail.com

A pensión Sobriños do Pai atópase no corazón da zona vella compostelá, a 50 metros da igrexa de San Martiño Pinario e a 300 metros da Catedral de Santiago. Por iso desde a súa galería gozarás dunhas espectaculares vistas da basílica. Un establecemento moi coidado e con todos os servizos (WIFI, calefacción, televisión, secador de pelo, etc.) para que os seus hóspedes pasen unhas noites moi agradables. A pensión ocupa o piso superior de ‘Los sobrinos del padre. La casa del buen pulpo’, un dos locais de restauración máis antigos da cidade.

14


socios] BAR LUCILLE San Agostiño 1 Santiago de Compostela 688 91 74 50 Facebook: Pub Lucille

RESTAURANTE LARADA Varsovia, 10 Santiago de Compostela 608759325

Novos Socios

Martín é o responsable do bar Lucille, que abriu o pasado mes de febreiro para ofrecer aos seus clientes as mellores noites de blues, rock e funky. Para acompañar á mellor música, atoparemos unha ampla variedade de coctelería, bebidas premium e carta de xenebra, ron e whisky. Ten terraza para gozar dos últimos días de verán e deste outono. Abre de 22:00 a 03:00.

Desde 2007 este restaurante de comida caseira leva ofrecendo almorzos, menú do día, petiscos e, o que máis lles gusta aos clientes segundo Mónica, a súa propietaria, pizzas caseiras, tostas de queixo de cabra e croquetas. Poderemos gozar da súa comida e da súa terraza de luns a venres de 07:30 a 00:00 e os sábados desde as 10:00.

15


Banco de Sabadell, S.A., Avda. Óscar Esplá, 37, 03007 Alicante, Inscrito en el Registro Mercantil de Alicante, tomo 4070, folio 1, hoja A-156980. NIF A08000143. Condiciones revisables en función de la evolución del mercado. Serán de aplicación las que estén en vigor en el banco en el momento de la formalización. Documento publicitario. Fecha de emisión: Junio 2019

Una cosa es decir que trabajamos en PRO de su negocio. Otra es hacerlo:

Cuenta Expansión

1 /6

Negocios PRO

Este número es indicativo del riesgo del producto, siendo 1/6 indicativo de menor riesgo y 6/6 de mayor riesgo.

Bonificamos su cuota de asociado

Banco de Sabadell, S.A. se encuentra adherido al Fondo Español de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito. La cantidad máxima garantizada actualmente por el mencionado fondo es de 100.000 euros por depositante.

------------------------------------------------------------------------------------------

10%

+

de su cuota de asociado máximo 50 euros.*

Gratis Servicio Kelvin Retail, información sobre el comportamiento de su negocio.1

+

0 comisiones de administración y mantenimiento.2

+

Gratis Tarjetas de crédito y débito gratuitas, sin cuota de emisión ni mantenimiento, válido para una tarjeta de débito y una de crédito por titular en caso de persona física y por autorizado en caso de que el titular sea una persona jurídica.

-----------------------------------------------------------------------------------------Y muchas más ventajas. La Cuenta Expansión Negocios PRO es la cuenta pensada para que despachos profesionales, autónomos, comercios y pequeñas empresas se hagan grandes.

Llámenos al 900 500 170, identifíquese como miembro de su colectivo, organicemos una reunión y empecemos a trabajar.

-----------------------------------------------------------------------------------------*Abonamos el 10% de la cuota de asociado con un máximo de 50 euros por cuenta para cuotas domiciliadas en una cuenta de la gama Expansión, para nuevos clientes de captación. La bonificación se realizará un único año para las cuotas domiciliadas durante los 12 primeros meses, contando como primer mes el de la apertura de la cuenta. El pago se realizará en cuenta el mes siguiente de los 12 primeros meses. 1. Contará con un servicio periódico de información actualizada sobre el comportamiento de su comercio, sus clientes y su sector, para ayudarle en la toma de decisiones. También le ofrecemos el TPV en condiciones preferentes. 2. Rentabilidad: 0% TAE. Servicio no financiero de asistencia jurídica telefónica y portal web exclusivo, cuota anual del servicio gratuita el primer año. Coste anual a partir del segundo año de 40 euros + IVA, salvo en el caso de colectivos profesionales con convenio Banco Sabadell, en cuyo caso la cuota anual del servicio es de 20 euros + IVA. CRISTALWARE CONSULTING SERVICES S.L.U. es la entidad encargada del servicio de orientación jurídica telefónica y PEOPLE VALUE, S.L. es la entidad encargada del servicio de descuentos y beneficios. Los citados servicios serán prestados de acuerdo con las condiciones que dichas entidades tengan establecidas en cada momento, sin intervención ni responsabilidad alguna de Banco de Sabadell, S.A. El banco es ajeno a cualquier incidencia y/o circunstancia derivada o relacionada con la prestación de los servicios, los cuales, en todo caso, están sujetos a que se mantengan vigentes los acuerdos suscritos entre el banco y las indicadas entidades. El servicio de orientación jurídica telefónica no abarcará las cuestiones o posibles incidencias de la actividad del cliente que puedan afectar a sus relaciones con empresas del grupo Banco Sabadell, filiales o participadas. Las excelentes condiciones arriba mencionadas de la Cuenta Expansión Negocios PRO se mantendrán mientras se cumpla el requisito establecido en el contrato. Debe haber un ingreso mínimo de 700 euros mensuales. Este requisito es de cumplimiento mensual y si al segundo mes no se cumple, automáticamente la Cuenta Expansión Negocios PRO pasará a ser una Cuenta Profesional. Se excluyen los ingresos procedentes de cuentas abiertas en el grupo Banco Sabadell a nombre del mismo titular. Oferta válida desde Octubre 2018.

bancosabadell.com

Captura el código QR y conoce nuestra news ‘Professional Informa’

AHEEEHAPEIALCIENCGDGFPLAIPAHEEEHA BNFFFNBPFPIDELBOFGMDIDMPBPBNFFFNB AAGEMLFNEMAFBMFPJBBLLFMIOHIOFHBIB HFEDIJFICDFIDDJDKJOIFOGHHAOAFDILP ABAMNMFBACGOHHOFHEAPJHEKICCJBADFC EJDLHAFBMGEOOODHMBIDIBLBMOIONKFIJ MFFFFFEPDEODMBACFDDIMIOIAHFHAEMOG APBBBPAPIIFFIHMIDOIGCFHEEHEEGJHJG HHHHHHHPHHHHPHPPPHPHHHPHPPPHHHHPP

Profile for Alberto Seoane

CompHostelería 188  

Palabra de Bugallo.

CompHostelería 188  

Palabra de Bugallo.

Advertisement