Page 1

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 186 | maio-xuño 2019

A CABRA, PROTAGONISTA DA FESTA DO BANQUETE

Organizamos unhas xornadas gastronómicas e un gran xantar popular


O noso labor ĂŠ o de aglutinar aos profesionais da HostalarĂ­a de Santiago de Compostela e comarca.

a sĂłc i ate

www.santiagohosteleria.net


PÁXINA 4

[Entrevista]

[EDITORIAL]

C h e c h é Re a l ,

Este 2019 será un bo ano en canto a turismo de congresos. Así se destacou na reunión do Consello Municipal de Turismo que se celebrou en abril. Unha nova que celebramos no noso sector como unha oportunidade para seguir avanzando no camiño da desestacionalización.

Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de H o s t e l e r í a e Tu r i s m o d e L u g o

[Actualidade] •  Xornadas Gastronómicas da Festa do Banquete

PÁXINA 8

•  Festa Gastronómica das Uñas •  Alegacións ao Anteproxecto de Lei de residuos de Galicia •  Entrega dos diplomas SICTED •  Reunión do Consello Municipal de Turismo

PÁXINA 12

[Toda unha vida] JESÚS GUTIÉRREZ, Re s t a u r a n t e Q u i t a p e n a s

PÁXINA 14

[Novos socios] María Castaña Arcadia Gaia Casa da Corredoira A Cantina 3

Neste senso, outra medida importante é a celebración de eventos que logren atraer visitantes á nosa cidade fóra dos meses de temporada alta. Con este obxectivo, así como o de promocionar a gastronomía e a restauración santiaguesa, a nosa Asociación colaborou unha vez máis na organización da Festa das Uñas de San Lázaro e nas Xornadas Gastronómicas da Cabra da Festa do Banquete de Conxo. Dúas citas que cumpren ademais o reto de dinamizar a vida compostelá pero que precisan dunha aposta máis valente para chegar a ser realmente influíntes no noso turismo. O traballo conxunto entre o sector e a administración continúa sendo vital para poder sacar adiante iniciativas coma estas. Así o opina tamén o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Cheché Real, ao que entrevistamos neste número e que destaca o éxito da súa marca ‘E para comer, Lugo’. Unha unión pola que tamén avogamos á hora de lexislar. Por iso, agardamos que a Xunta teña en conta ás alegacións ao Anteproxecto de Lei de Residuos de Galicia que presentou a nosa Asociación e que podedes ler en páxinas interiores desta revista. Moitas grazas por lernos! ❚ Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010

3


4


Entrevista

[ Entrevista] “Estamos tratando de poñer Lugo no escaparate turístico internacional” Cheché Real, presidente da APEHL José Francisco Rela Castro – Cheché Real para todos no sector – é directivo do Clúster do Turismo de Galicia e presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), unha entidade que abrangue actualmente entre 600 e 700 socios. Satisfeito coa evolución turística da zona nos últimos tempos, é especialmente reseñable a marca ‘E para comer, Lugo’, coa que promocionan as virtudes da gastronomía e a hostalaría lucense non só por toda España, senón tamén máis aló das nosas fronteiras.

Que balance xeral fai da situación do sector da hostalaría actualmente na provincia de Lugo? Estamos nun momento bo. Hai que ter en conta que partimos de

moi abaixo en canto á presenza de viaxeiros e turistas na provincia. Pero desde fai uns oito anos, está crecendo dunha maneira importante. Especialmente na Ribeira Sacra, a Mariña lucense, a zona de Ancares-Courel ou a Terra Chá. E evidentemente, Lugo capital con todo o seu patrimonio. Cada ano hai máis turistas.

A que achaca este incremento de visitantes nos últimos anos? En primeiro lugar, á declaración de Patrimonio da Humanidade da Muralla de Lugo. Despois, da Catedral de Mondoñedo, da Catedral de Lugo... e aos Camiños de Santiago que pasan pola zona. E logo, a toda a promoción que se está facendo tanto desde a Xunta de Galicia como da Deputación de Lugo e, así mesmo, desde os

“E para comer, Lugo é unha marca gastronómica e turística que di moito e non minte absolutamente en nada”

5


Entrevista

concellos da provincia. E tamén á promoción que, entre outras ‘formiguiñas’, facemos desde a APEHL.

Foi na década dos 60 cando se creou a marca ‘E para comer, Lugo’, pero é agora cando, tras ‘rescatala’ na Asociación, ten unha maior repercusión, aparecendo incluso en eventos como a Volta Ciclista a España. Por que diría que funciona? Porque é unha marca gastronómica e turística que di moito. E non minte absolutamente en nada. Na provincia de Lugo cómese marabillosamente. Facela rodar e dala a coñecer está dando resultados magníficos. O importante é que a xente que se achega á provincia atraída por esta marca atopa que é unha realidade.

A unión entre os diferentes actores relacionados co turismo é básica para lograr bos resultados en proxectos coma este. Diría que en Lugo dáse esa unión no sector? A unión do sector é básica e importantísima. E aquí cada día é maior. E hai que subliñalo. Nós somos unha asociación pequena e con fondos propios sería imposible promocionar a marca ‘E para comer, Lugo’. Pero todos os establecementos de hostalaría se implican en dinfundila nos seus locais, nas cartas dos menús… Temos a axuda das distintas administracións. O importante é que todos sexamos unha piña para promocionala. 6

Que outros obxectivos vos marcades desde a APEHL?

vos e melloras para os diferentes sectores.

Seguir crecendo como asociación e dar cada vez máis servizos aos nosos asociados. Ese é o primeiro

Que relación ten a vosa entidade co resto de asociacións galegas? Hai colaboración?

“Nun mundo tan globalizado o asociacionismo é imprescindible para ser unha cadea de transmisión coa Administración” obxectivo, xunto coa unión do sector. E, por outro lado, temos a central en Lugo, unha delegación en Monforte de Lemos e queremos tratar de abrir outra na zona da Mariña.

Por que é beneficioso para os hostaleiros formar parte das Asociacións? Non só para os hostaleiros. Para todos. Nun mundo tan globalizado coma este é imprescindible que a xente dos diferentes sectores estean asociados. Igual que nós estamos asociados á Confederación de Empresarios de Lugo, á Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos e á Confederación Española de Hostelería (que agora é Hostelería de España). O asociacionismo é importante no mundo no que vivimos para tratar de conseguir obxecti-

Si, evidentemente todas as asociacions provinciais e as asociacions de Compostela, Ferrol, etc. colaboramos conxuntamente a través do Clúster de Turismo de Galicia. Estamos agora a crear unha nova confederación galega de hostalaría na que imos estar todas as provincias que temos asociados. Do que se trata é de que todo este asociacionismo provincial se transforme nun asociacionismo autonómico e nacional. É importante tratar de ver as dificultades e os retos que nos poñemos e que, cada mes e medio ou dous meses, ter xuntanzas para falar entre nós das cuestións sobre hostalaría e turismo que nos afectan a todos en conxunto. E ser así unha cadea de transmisión coas administracións.

En Santiago levamos tempo falando sobre a conveniencia ou non de establecer unha taxa turística. Dáse tamén en Lugo ese debate? Que opinión tendes na APEHL? En Lugo non hai ese debate e é lóxico que non o haxa porque nós partíamos dunha cota moi baixa. Santiago evidentemente é a meta dos Camiños, está nunha promoción turística internacionalmente moi importante – da


Entrevista cal nós nos temos que aproveitar. Pero nós non debemos neste momento ter ese debate. Hai outras cousas moitísimo máis importantes de cara a saír adiante co sector.

Por exemplo, a estacionalización? Si, a estacionalización é un problema. É moi difícil pero hai que tratar de que cada vez teña menos repercusión. Hai que encher os momentos baixos dalgunha maneira. En Lugo, por exemplo, estase captando un turismo de congresos importante. Por outro lado, ata hai pouco había moi pouca presenza de turismo estranxeiro. Hoxe hai mercados que están empezando como o chino ou o ruso. Coa axuda das administracións, como digo, estamos tratando de poñernos no escaparate turístico internacional e facer cousas entre todos para que se note a desestacionalización.

supoñen tres aeroportos. E pola dificultade de que nos tres aeroportos haxa voos como é debido e compañías como é debido. E así estamos, que temos tres pero como é popular, o mellor aeroporto de Galicia é o de Porto. Non temos un forte, con diversidade de destinos, etc. Nós o que podemos facer é pedirlles contas á Administración pero teñen que ser eles os que poñan as cartas sobre a mesa e busquen unha solución.

En nada chega o 2021, Ano Santo que será moi importante non só para Santiago, senón

para toda Galicia. Como pode influír no sector hostaleiro de Lugo? En primeiro lugar para darnos a coñecer internacionalmente. E tamén nacionalmente. Santiago é unha marca importantísima e nós, coa axuda de todo o sector galego do turismo e da hostalaría, témonos que apoiar uns a outros para que cada vez haxa menos diferenzas entre as catro provincias. O 2021 vai ser un punto e seguido do que debe seguir sendo a promoción a todos os niveis de Galicia como destino turístico.

Que opina da situación do sistema aeroportuario galego, con tres aeroportos en A Coruña, Santiago e Vigo? Primeiro teño que dicir que en Lugo non temos un aeroporto pero temos un magnífico aeródromo, o de Rozas, que se está utilizando agora de novo cos drons. Isto é importantísimo para a provincia e para toda Galicia. E con respecto ao tema aeroportuario, a min paréceme excesivo. Sobre todo polo mantemento que 7


[ Ac t u a l i d a d e ] 16 RESTAURANTES PARTICIPAN NAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA FESTA DO BANQUETE

A

Asociación Hostelería Compostela organiza, por segundo ano consecutivo, xunto co Concello de Santiago, as Xornadas Gastronómicas da cabra ao abeiro da Festa do Banquete de

diferenciado non só de Conxo senón de diferentes barrios da cidade. Neste xantar, ademais de cabra tamén se servirá outras elaboracións como polbo, churrasco, empanadas, polo… Tamén estarán Conxo. dispoñibles diferentes tipos de bebidas. Un total de 16 restaurantes participan nesta actividade que ten por Por outro lado, a sede da nosa Asociación acolleu a segunda edición obxectivo poñer en valor este produto, que se degustou aquel 2 de do curso de ‘Elaboración de receitas de cabra’, que xa se celebrara marzo de 1856 e forma parte da gastronomía dos barrios do sur de na primeira edición da Festa do Banquete o ano pasado. O curso foi Compostela. A listaxe de restaurantes participantes son a Pulpería impartido vez polo profesor David Rodríguez Cebeiro e tivo lugar os Fuentes, Paz Nogueira, Los Caracoles, O Muiñeiro, A Nave de Vidán, días 24, 25, 26, 29 e 30 de abril. Don Quijote, Pazo de Altamira, Sexto II, María Castaña, Mesón de A iniciativa complétase con varias degustacións de cabra. A primeira Lázaro, San Jaime, Pampín, Caney, Amoado, A celebrouse o 17 de abril na Nave 5 da Praza de Ostrería e Frebas. Estes locais, que se atopan por Abastos, na que asistiron o alcalde de Santiago, A NOSA ASOCIACIÓN todo Santiago, prepararán pratos ou tapas especiais Martiño Noriega, a concelleira de Turismo, Marta ORGANIZA UN GRAN con cabra os días 2, 3, 4 e 5 de maio. Lois, e os candidatos á alcaldía do PP, Agustín XANTAR POPULAR Ademais, a nosa Asociación tamén é a responsable Hernández, e do BNG, Goretti Sanmartín, entre O 5 DE MAIO NA dun gran xantar popular que se celebrará o domingo outros. A seguinte degustación foi na Bodegilla de CARBALLEIRA DE día 5 na carballeira de Conxo. En total, espéranse Santa Marta o venres 26 de abril, e a última terá CONXO repartir máis de 800 degustacións de diferentes lugar o venres 3 de maio ao mediodía no mercado elaboracións de cabra como produto tradicional e La Galiciana.

Actualidade Mural do Banquete na carballeira de Conxo. Foto: Concello de Santiago

8


[ Ac t u a l i d a d e ] FESTA GASTRONÓMICA DAS UÑAS DE SAN LÁZARO

Presentación da Festa das Uñas na sede de Hostelería Compostela.

D

o 5 ao 8 de abril celebrouse a Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro, na que un ano máis, volveron a colaborar a Asociación Hostelería Compostela e Turismo de Santiago. As uñas de San Lázaro, que adoitan acompañarse de bertóns, patacas e chourizo, puideron tomarse en 21 locais participantes, moitos deles situados neste barrio pero tamén en restaurantes doutras zonas da cidade. Os restaurantes participantes do Barrio de San Lázaro foron: A Calzada, A Casa da Viña, As Fontiñas, Brasería A Grella, Doña Ana, La Bodeguilla de San Lázaro, La Brasería de Tere, La Finca, Mesón de Lázaro, O

Labrador, O Muiñeiro, O Tangueiro, Pedra Santa e Susos. Os restaurantes participantes doutros barrios foron: A Nave de Vidán, Don Quijote, O Bo Xantar, Ruta Jacobea, San Paio, Taberna da Feira e Ultreia. Entre todas as persoas que acudiron a tomar un prato de uñas, sorteouse unha cea para dúas persoas no Restaurante El Bordón e unha noite para dúas persoas con almorzo incluído no Gran Hotel Los Abetos. Ademais de eventos musicais, organizados pola Asociación Festa da Uña – “Orde da Uña”, a festa veciñal incluíu diversos oficios relixiosos e unha tradicional poxa de uñas e outras pezas do porco ofrecidas ao santo que tivo lugar o pasado 8 de abril..❚

9


[ Ac t u a l i d a d e ] ENTREGA DAS DISTINCIÓNS DE CALIDADE TURÍSTICA SICTED

A

Actualidade

presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, foi a encargada - xunto co alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a concelleira de Turismo, Marta Lois, e a secretaria xeral da Cámara de Comercio, Rosa Mary Cordeso – de entregar a súa distinción aos 60 establecementos e servizos turísticos da cidade que superaron as avaliacións de calidade do SICTED nos últimos meses do 2018. O acto de entrega tivo lugar no Centro Abanca – Obra Social. O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) é un proxecto que naceu da man da Secretaría General de Turismo e da FEMP en 2001. Na actualidade, hai 190 destinos de toda España que traballan no mesmo, cun total de 5.583 empresas distinguidas. En Galicia, ademais de Santiago de Compostela, están: Baiona, Ferrol, Guitiriz, Rías Baixas, Sanxenxo, Terras de Compostela, Terras de Pontevedra NorteDeza Tabeirós. Santiago de Compostela foi un dos nove destinos piloto que comezaron a traballar no proxecto, cun dobre obxectivo: aumentar a satisfacción dos visitantes e a calidade de vida das persoas residentes. Como resultado daquel traballo, en decembro do ano 2004 distinguíronse na nosa cidade os primeiros 37 estabelecementos/servizos.

Foto: Concello de Santiago Turismo de Santiago continuou traballando como ente xestor do proxecto ata 2011, contando durante todo este tempo coa colaboración de distintas asociacións da cidade. A finais de 2017, e a petición do sector turístico, Santiago de Compostela, como destino, adheriuse de novo ao proxecto, sendo de novo Turismo de Santiago o seu ente xestor, contando coa colaboración da Xunta de Galicia, co obxectivo de consolidar a cidade como

destino turístico internacional cara o Ano Santo 2021. En 2019 preténdese aumentar o número de empresas adheridas ao proxecto, sen esquecer que esas 60 empresas distinguidas deberán darlle continuidade ao sistema implantado, sempre na procura da mellora da calidade do seu establecemento e, por extensión, da cidade. ❚

CASE MEDIO CENTO DE CONGRESOS EN 2019

O

Consello Municipal de Turismo, órgano participativo que reúne a representantes da Administración, do sector turístico e diversas entidades da cidade para o diálogo, a participación e o asesoramento da toma de decisións da política turística municipal, reuniuse o pasado mes de abril no Auditorio de Galicia. Na xuntanza, ademais de analizar os principais datos turísticos do 2018, apuntouse que a cidade vivirá un gran ano grazas a celebración de 48 congresos con pernoctacións incluídas. En

10

concreto, haberá seis grandes congresos con máis de 1.000 participantes (tres deles terán máis de 2.000), que xerarán máis de 30.000 pernoctacións na cidade. Como exemplo, cabe destacar os seguintes congresos que se celebrarán neste 2019: Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria, Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia, Congreso da Sociedade Española de Neumoloxía e Ciruxía Torácica. Entre os congresos internacionais destacan o Congreso da SIEF, a Conferencia da “Regional Studies


[ Ac t u a l i d a d e ] Association” e o IPA International Meeting. Segundo a International Congress and Convention Association (ICCA), Compostela lidera o turismo de congresos entre as Cidades Patrimonio, xa que un 35% dos congresos estatais celébranse en Santiago, reunindo o 45% das persoas que neles participan. En canto ás previsións do aeroporto, dende Turismo de Santiago apuntouse que, na temporada de verán, as diferentes compañías que operan no aeroporto da cidade ofertarán máis de 2.200.000 prazas, un 11% máis que na temporada de verán do ano pasado. O aeroporto contará con catorce rutas internacionais directas, tres delas con voos diarios: Londres, Dublín e Xenebra.❚

Turistas en Praterías. Foto: Iván Barreiro

ALEGACIÓNS AO ANTEPROXECTO DE LEI DE RESIDUOS DE GALICIA

A

nosa Asociación presentou alegacións ao artigo 40 deste anteproxecto, referido á forma de regular a redución de desperdicio alimentario nos locais de hostalaría. Preocúpanos a posibilidade da obrigatoriedade de ofertar a entrega das fraccións sobrantes de alimentos aos clientes porque, se ben desde o colectivo de hostalaría apoiamos firmemente o consumo responsable, cremos que a obrigatoriedade por lei de entrega supón un incremento do risco potencial de intoxicación alimentaria, ao romper a cadea de custodia de conservación, se unha vez retirado do establecemento non se conservara a comida en condicións óptimas para evitar o crecemento bacteriano. Desde a Asociación entendemos que é necesario protexer aos hostaleiros mediante a limitación da súa responsabilidade.

Por tanto entendemos que: 1.- A posibilidade da oferta de entrega de sobras non debe ter carácter vinculante para os establecementos, se non quedaran garantidas as condicións posteriores de conservación por parte do cliente. 2.- A regulación debe ter unha cláusula de exoneración do empresario hostaleiro unha vez que a comida sexa retirada do establecemento. 3.- A claúsula deberá quedar limitada a produtos cociñados non perecedoiros, debendo ser consumidos en todo caso no prazo máximo de 6 horas. 4.- Deberá regularse o tipo de recipiente para a retirada, o cal deberá ser dun só uso e fornecido en todo caso polos establecementos de restauración, previo abono dos mesmos.❚

11


“Unha das cousas más importantes é que che guste a hostalaría. Entón o trato coa xente é agradable”

Jesús Gutiérrez, diante do Quitapenas. Foto: Iván Barreiro 12


[ To d a u n h a v i d a ] JESÚS GUTIÉRREZ RESTAURANTE QUITAPENAS moi contenta e logo eran os mellores clientes que tiñas no local. Recordo que tampouco tivemos grandes queixas que non puideramos resolver falando. Por que no barrio de Sar? É un bo barrio para ter un negocio de hostalaría? Porque naquela época había moita xente; talleres, que nos daban traballo de bocadillos, cervexas, cafés, tortillas… Por que cres que gustaba o Quitapenas? Os clientes son os que marcan a pauta. Eu dáballes o que me pedían: caza, lamprea, anguía, chuletón, carne roxa moi boa, arroces, centola… Íamos a Praza de Abastos todos os días. Para ti que é o mellor e o peor da hostalaría? Unha das cousas máis importantes é que che guste un pouquiño. Entón o trato coa xente é agradable. O peor é estar ata moi tarde. Os meus fillos xa non se quixeron embarcar. A miña muller morreu e ao final xa me sentía cansado, pero se tivera algún fillo alí eu aínda seguiría. Era feliz co que facía. Como cres que cambiou a hostalaría en Compostela desde que comezaches ata que te xubilaches? Antes a xente non requiría tanta atención e gastaba máis. Agora a xente móvese moitísimo e funcionan máis as racións e o menú do día. Tamén hai cociñeiros novos cunha cociña máis elaborada e non excesivamente cara, que son o futuro. Ademais segue habendo restaurantes tradicionais que continúan funcionando. Que consello darías aos novos que comezan na hostalaría? Que sexan constantes, que non se desanimen nunca. Hai meses malos, pero hai que mirar o final do ano. E ser honrados, innovar, ter pratos novos para que a xente vaia probando. Como te axudou a Asociación? Sigo sendo socio, levo moitos anos. Axudáronme coa xestión, nóminas. É un sitio onde te podes apoiar, preguntar cousas. Eu sentíame moi a gusto.

Toda unha vida

J

esús Gutiérrez é o protagonista da nosa sección ‘Toda unha vida’ deste número de CompHostelería. Como toda unha vida pasou el á fronte do Quitapenas, un local lonxevo do barrio de Sar do que conserva moi bos recordos e ao que lle desexa moita sorte na súa nova andaina. Por que decidiches abrir un local? Era unha alternativa. Eu estivera en Suiza 20 meses, volvín para facer a mili, e non tiña ganas de volver marchar do país. Xurdiu un traspaso dunha renta antiga –o Quitapenas orixinal existe desde 1952-, axudáronme meus pais e foinos ben. Collimos épocas boas. Cóntanos a evolución do Quitapenas Comecei na hostalaría no ano 1976. Cheguei solteiro e collín un bar pequeniño que era o antigo Quitapenas, que está dúas casas mais abaixo do actual restaurante. Despois casei coa miña compañeira, Rosa, e botamos moitos anos no antigo Quitapenas. Alí naceron os nosos tres fillos. Logo compramos a casa - onde actualmente está situado o restaurante Quitapenas, que aínda funciona baixo outra dirección-. Arriba habilitamos para vivenda e abaixo, para restaurante. Durante un par de anos tivemos ambos locais porque tiñamos un pouco de medo de que non resultara ben o restaurante. Pero grazas a José Luis Iglesias - cociñeiro actualmente en activo - que se ofreceu para botar unha man, púxome o negocio a andar. Fomos collendo unha boa clientela. Entón, que tipo de clientela pasaba polo Quitapenas? Ao principio tiñamos amigos, xente que nos coñecía. Viña moita xente nova pola carne, especialmente o chuletón, e logo empezamos traballar a demanda do cliente: mariscos, peixes, arroces, comidas de tempada… Despois tivemos xente de empresa; construtores, políticos, laboratorios farmacéuticos, médicos… Tes algunha anécdota especial que recordes? Soñaba de noite cousas como que non saía adiante porque a inversión fora moi grande (Jesús sorrí con alivio). Tamén había xente que te sorprendía, que non parecía

13


[ No v o s MARÍA CASTAÑA Rúa da Raíña, 19 (Santiago) 981 560 137 Facebook: RTE Maria Castaña

Vinte anos leva xa o María Castaña dando de comer a turistas e composteláns. O veterano restaurante non se esquece da veciñanza nas súas propostas culinarias. As súas especialidades son o peixe e o marisco fresco que adquiren cada día no Mercado de Abastos. Aínda que na carta non faltan outras opcións como rixóns ou croca. E de sobremesa? Dous clásicos que levan dúas décadas triunfando: o tiramisú con castañas e o flan de queixo do Cebreiro. Tamén contan cunha moi boa carta de viños, con especial presenza das DO. Abren todos os días de 10:00 a 16:00 e de 20:00 a 00:00 h. Na Ramallosa, en Teo, teñen un segundo local tamén chamado María Castaña.

ARCADIA Ferando de Casas Novoa, 37 (Santiago) 653 346 055 cafeteriarestaurantearcadia@gmail.com

Especializados en cociña tradicional galega, a cafetería e restaurante Arcadia abre de luns a venres de xeito ininterrumpido de 8:00 a 21:00 horas. Ademais da súa carta, teñen un menú do día de 10 euros que inclúe dous pratos a escoller, bebida e sobremesa ou café. Dispoñen dun comedor grande e outro privado. As fins de semanas acollen aniversarios, reunións de empresa, ceas baile… As súas salas están dispoñibles para calquera tipo de evento que queiras organizar.

14


socios] GAIA CASA DA CORREDOIRA Aldea Bayuca, 79 (Pazos, La Esclavitud – Padrón) 981 193 247 www.gaiamedieval.com

A CANTINA 3 Rúa das Ameas Nave 5 Local 88-89 Praza de Abastos (Santiago) 672428724 Instagram @abastosacantina3

Con tan só 6 meses de vida na Praza de Abastos, Gabriel, responsable de Cantina 3, confesa a súa ledicia pola boa acollida que o local está a recibir. En pleno corazón de Compostela e a prezos moi asequibles, nesta casa tradicional de comida galega poderemos degustar as súas carnes (churrasco ao forno, entrecot de vaca), pescados ao forno, pementos, queixos, embutidos, empanadas de atún caseiras ou arroces con marisco, acompañados por suposto dunha selección de viños. De sobremesa, café feito cunha cafeteira especial, cremoso e arábigo 100%. Tamén aceptan comidas por encarga. Os sábados é o momento de probar a súa variedade de vermús ou calquera das súas bebidas con tapa. Está aberto de luns a sábado de 10:00 a 17:00, e xoves, venres e sábado ata as 00:00.

Novos Socios

Este restaurante de aire medieval abriu a súas portas en 2017, cunha deliciosa oferta de bacallau, arroces e carnes á grella, coa peculiaridade de que as súas carnes son de crianza “propia”, especial para hostalaría. De luns a venres poderemos gozar do seu menú por só 12 euros, ademais das tapas e da súa ampla carta de viños. E agora co bo tempo, é o momento perfecto para aproveitar a súa terraza con finca, onde celebran eventos como comunións e vodas. O seu horario é de 12:00 a 17:00 e de 20:00 a 00:00, tódolos días agás os mércores pola tarde.

15


Gaiás secreto Gaiás secreto Secret Gaiás Visitas comentadas para achegarse á arquitectura, á historia e aos espazos naturais

Visitas comentadas para acercarse a la arquitectura, a la historia y a los espacios naturales

Guided visits to explore its architecture, history and natural spaces

*Inclúe acceso a zonas restrinxidas ao público

*Incluye acceso a zonas restringidas al público

*Includes access to spaces restricted to the public

Sábados / En Semana Santa, xullo e agosto, tamén xoves e venres / Ás 11. 30 horas

Sábados / En Semana Santa, julio y agosto, también jueves y viernes / A las 11.30 horas

Saturdays / Easter, July and August, also Thursdays and Fridays / 11.30 a.m.

Máis información en cidadedacultura.gal

Más información en cidadedacultura.gal

More information at cidadedacultura.gal

Profile for Alberto Seoane

CompHostelería Nº 186  

A CABRA, PROTAGONISTA DA FESTA DO BANQUETE | Organizamos unhas xornadas gastronómicas e un gran xantar popular

CompHostelería Nº 186  

A CABRA, PROTAGONISTA DA FESTA DO BANQUETE | Organizamos unhas xornadas gastronómicas e un gran xantar popular

Advertisement