{' '} {' '}
Limited time offer
SAVE % on your upgrade.

Page 1

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 190 | febreiro 2019

Histórico XII Santiago(é)Tapas O concurso contou con máis rutas, galardóns e locais participantes que nunca Casa dos Xacobes, na categoría tradicional, e O Ferro, na creativa, primeiros premios


O noso labor é o de aglutinar aos profesionais da Hostalaría de Santiago de Compostela e comarca.

a sóc i ate

WWW.SANTIAGOHOSTELERIA.NET


plano e correspóndese cos terreos situados entre a delimitación do ámbito do PE-1 (liña amarela) e o denominado perímetro da suspensión (liña azul).

PÁXINA 4

[Actualidade]

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

Máis control sobre os pisos turísticos Ata sempre, Carlos! P r e m i o s G a l i c i a Tu r i s m o 2 0 1 9 Un compostelán no Celler de C a n Ro c a X I I S a n t i a g o ( é ) Ta p a s 2 0 1 9 e I Santiago(é)Cóctel

https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

PÁXINA 10

[Na mesa con...] CASA DOS XACOBES

PÁXINA 14

[Novos socios] A l b e r g u e Fu e n t e S a l e t a Re s t a u r a n t e Pe r i q u i l l o Café Bar La Carrilana Re s t a u r a n t e A N o i e s a Ta p a r í a L ú a s Café Bar Sport Re s t a u r a n t e T i m Hotel Vía Aetcal Pe n s i ó n r e s t a u r a n t e P u m a r A Gramola Borriquita de Belem

[EDITORIAL] Con este exemplar de CompHostelería que tes entre as túas mans dicimos adeus a este proxecto editorial. Foron 190 números nos que a Asociación Hostalaría Compostela quixo achegar aos seus socios e socias, así como ao conxunto da cidadanía compostelá, as novas e entrevistas relacionadas co sector que máis lles podían interesar. O noso labor informativo continuará a partir de agora na páxina web santiagohosteleria.net, así como nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram. Despedímonos celebrando o éxito do XII Santiago(é)Tapas, concurso de tapas que no 2019 foi organizado pola nosa entidade, co apoio da Deputación de A Coruña, e promovido por Turismo de Santiago. Foi unha edición histórica na que reunimos o maior número de locais participantes, establecemos por primeira vez dúas categorías (tradicional e creativa) e puxemos en marcha o I Santiago(é) Cóctel. O certame, que naceu para dar resposta á demanda do sector da noite, foi moi ben acollido non só por bares e pubs, senón tamén por moitos restaurantes que decidiron competir coas súas tapas e cócteles. Nesta última CompHostelería temos tamén un recordo para o noso directivo e amigo, Carlos Tardáguila, que nos deixou en decembro. Ademais, dedicamos unhas páxinas á situación dos pisos turísticos na cidade. Nos últimos meses producíronse varios movementos que buscan rematar dunha vez por todas coa oferta ilegal e evitar a saturación en determinadas zonas. Desde a nosa Asociación apoiamos todas estas medidas de control para acabar cunha competencia que consideramos desleal. Moitas grazas por lernos durante todos estes anos. A Asociación Hostalaría Compostela seguirá ao voso carón agora a través da rede, traballando por un sector unido e forte e por unha cidade viva que poidan gozar turistas e composteláns.❚

Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela, Fotos de portada: La Diapo Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010

3


[ Ac t u a l i d a d e ]

MÁIS CONTROL SOBRE OS PISOS TURÍSTICOS

X

unta e Concello de Santiago están a traballar de maneira conxunta para lograr un maior control sobre os pisos turísticos da cidade. Ambas administracións crearon unha comisión técnica e política na que participan a directora xeral de Turismo, Nava Castro, por parte do Goberno autonómico; e os concelleiros de Turismo, Sindo Guinarte, e de Urbanismo, Mercedes Rosón, por parte municipal. Tal e como indicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa, a Xunta comprometeuse a non outorgar máis autorizacións unha vez que xa entrou en vigor a suspensión cautelar dos pisos turísticos decretada polo Concello. Por outra banda, seguirase traballando na tramitación da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM),

Raxoi aprobou unha moratoria na concesión de autorizacións para estes pisos un procedemento “máis lento, farragoso e complexo”, pero que “outorga maior seguridade xurídica”. Corresponderá ao 4

Goberno autonómico, lembrou, a tramitación turística, establecendo “un sistema de supervisión e control máis efectivo”. Foi no Pleno do pasado 19 de decembro cando se aprobou unha moratoria na concesión de autorizacións para pisos de uso turístico. Trátase dunha medida cautelar mentres se tramita unha modificación do PXOM para regular esta materia. “O noso obxectivo non é eliminar os pisos turísticos, que é unha oferta que chegou para quedarse e que responde a unha demanda do mercado, pero o que si queremos é regular e limitar, porque o que non podemos permitir é que un fenómeno conxuntural nos arrase co modelo de cidade”, indicou Sánchez Bugallo, para quen “o problema non son os 641 establecementos recoñecidos a día de hoxe pola Xunta, senón un número moi superior que funciona de forma irregular”, ademais do “incremento exponencial das demandas de autorizacións para pisos turísticos”. Sánchez Bugallo afirmou que, á hora de afrontar esta cuestión, hai que realizar unha reflexión sobre a planta hoteleira de Santiago de Compostela, que “xa ten unha oferta moi elevada”. Así, cifrou nunhas 13.000 as prazas hoteleiras de Santiago (incluíndo hoteis, pensións e pisos turísticos

regulares), “unha oferta enorme para unha cidade de 90.000 habitantes, e se incluímos outra serie de servizos de albergue ou

Xunta e Concello crearon unha comisión para abordar a problemática de xeito conxunto residencia a través de institucións e os pisos de aluguer turístico irregulares, a cifra podería roldar as 20.000 prazas”. Sobre as cuestións a regular na modificación do PXOM, o alcalde apostou por “preservar con carácter xeral que nas áreas residenciais se manteña o uso residencial permanente”. Tamén considera necesario “fixar un número máximo de autorizacións, a nivel xeral e por zonas, e mesmo fixar topes de utilización dunha residencia como vivenda de uso turístico”. As zonas con suspensión de aloxamentos turísticos poden consultarse nesta páxina web: xeoportal. santiagodecompostela.gal/visores/ AloxamentosTuristicos/


O ámbito territorial xenérico afectado pola suspensión é o que se define no seguinte plano e correspóndese cos terreos situados entre a delimitación do ámbito do PE-1 (liña amarela) e o denominado perímetro da suspensión (liña azul).

Sen aluguer por habitacións A Xunta amousouse moi O 2020 arrancou cunha resolución alegacións presentadas por parte da Avogacía do Estado. satisfeita por esta decisión do Tribunal Supremo dando e indicou que co fin de a razón ao Goberno galego e ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia Esta decisión dá plena vixencia á seguir mellorando a súa anulando a sentenza emitida o normativa galega sobre o alugueiro ordenación, o Executivo vén pasado mes de outubro na que turístico. En base a isto, tanto de introducir melloras na invalidaba a prohibición da Xunta as vivendas turísticas como as transparencia e publicidade de alugar pisos turísticos por vivendas de uso turístico deben destas vivendas ao tempo habitacións. sempre comercializarse pola que intensificará o seu totalidade da vivenda e non por labor de inspección, Agora o Alto Tribunal atende as estancias, como reclama a Comisión garantindo a seguridade e reclamacións formuladas desde Nacional dos Mercados e da un marco de convivencia e Galicia e anula o fallo emitido. Competencia (CNMC). impedindo o intrusismo. Ao mesmo tempo, desestima as

5


[ Ac t u a l i d a d e ] ATA SEMPRE, CARLOS!

O

pasado Nadal tivemos que lamentar a perda dun dos membros da Xunta Directiva da Asociación Hostalaría Compostela, Carlos Tardáguila, falecido o 25 de decembro de

2019. Apenas un mes antes, o 25 de novembro, celebrouse unha comida homenaxe no restaurante Don Quijote á que asistiron familiares, amigos e decenas de compañeiros do sector, así como a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. Salmantino de nacemento, Carlos levaba moitos anos vivindo en Santiago. Traballou nos hoteis Compostela, Gelmírez e San Lorenzo, que dirixía desde 1999 ata a súa xubilación o ano pasado.

PREMIOS GALICIA DE TURISMO 2019

O

Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia entregaron en decembro os primeiros Premios Galicia de Turismo, nunha gala celebrada en A Coruña. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, foi o encargado de facer a entrega dos premios aos embaixadores nacional, que recibiu unha emocionada Luz Casal, e internacional, na figura de Hong- jo Chun, o embaixador da República de Corea en España. Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia, fixo o recoñecemento honorífico como Pioneiros aos irmáns Paco e Moncho Vilas, de Casa Vilas, “polo seu papel no desenvolvemento dunha cociña galega de calidade recoñecida internacionalmente”. Tamén foron premiados o Concello de Ribadavia (Premio Escenario), o Camiño dos Faros (Premio Sustentabilidade) e o proxecto de restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago (Premio Patrimonio). A presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, entregou o Premio Promoción ao Consorcio de Turismo da Riberia Sacra. Por último, o Premio Evento foi para o Resurrection Fest e o Premio Vangarda recaeu na axencia especializada no Camiño de Santiago Pilgrim Travel.

UN COMPOSTELÁN NO CELLER DE CAN ROCA

O

barman compostelán José Manuel Mera logrou en decembro unha das dez prazas para formarse durante catro meses nun dos mellores restaurantes do mundo: o Celler de Can Roca. Mera, de 32 anos, tívose que enfrentar a varias duras probas para amosar as súas habilidades na preparación e no servizo dunha mesa. Finalmente foi o escollido entre varios candidatos de toda España para recibir a beca BBVA que lle permitirá traballar no famoso establecemento con tres estrelas na Guía Michelin. A esta fase final chegaron trinta aspirantes de cociña e sala dos máis de 400 candidatos que se presentaron inicialmente.

6


[ Ac t u a l i d a d e ] MANITAS CROCANTES’ (CASA DOS XACOBES) E ‘CRIOLLO MARINO’ (O FERRO), GAÑADORAS DO XII SANTIAGO(É)TAPAS

O

pasado 17 de decembro puxemos punto e final ao XII Santiago(é)Tapas cunha gala celebrada no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) á que asistiron unha nutrida representación da hostalaría compostelá; así como o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Turismo, e outros membros da Corporación municipal. Despedimos desta maneira unha edición de récord, que superou o número de locais participantes nos anos anteriores (77), repartiu máis premios que nunca e contou por primeira vez con 8 rutas ou é(tapas) para percorrer por toda a cidade. O XII Santiago(é)Tapas foi organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña, e promovido por Turismo de Santiago. O principal patrocinador foi Mahou e tamén contou co apoio de Cash Record, Coca Cola, Finca Viñoa e Aceites Abril, o aceite oficial do concurso; así como o festival de cine Cineuropa, a Asociación de Celíacos de Galicia, o movemento Slow Food e Utimaq. En total, durante os quince días que durou o concurso repartíronse máis de 30.000 tapas das 109 propostas que competían. Ademais, de xeito paralelo, celebrouse o I Santiago(é)Cóctel, un certame de cócteles organizado pola Asociación Hostalaría Compostela na que se disputaron os premios 25 novas creacións. Tamén por primeira vez establecéronse dúas modalidades de tapas: tradicional e creativa. Así como dúas categorías de cócteles: clásico e creativo. Co fin de fomentar o uso de produtos autóctonos e de proximidade, fixouse como requisito imprescindible para participar que as tapas incluísen na súa elaboración, cando menos, un produto pertencente a algunha das denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas de Galicia. No caso dos cócteles foi imprescindible que incluísen na súa elaboración, cando menos, un produto galego. Todos os establecementos inscritos optaron aos premios do público outorgados a partir das votacións dos consumidores emitidas durante os días de celebración dos concursos Santiago(é) Tapas e Santiago(é)Cóctel, do 14 de novembro ao 1 de decembro. Ademais, un xurado profesional seleccionou doce tapas finalistas dos premios Santiago(é)Tapas, que competiron de novo na final que se celebrou do 6 ao 8 de decembro. A elección das tapas gañadoras fíxose mediante a ponderación da valoración do xurado profesional e a puntuación media obtida dos votos populares.

As propostas gañadoras foron: Premio ao cóctel clásico Santiago(é)Cóctel 2019, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros, para ‘Expreso Martini’, de A Carrilana. Premio ao cóctel creativo Santiago(é)Cóctel 2019, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros, para ‘A kind of magic’, de Pub Atlántico. Premio Maridaxe Mahou Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, 500 euros en producto e un showcooking nun evento Mahou, para ‘Empanada líquida de bonito de Burela’, de Lume. Premio Tapa do Público na categoría tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 700 euros, para ‘Manitas crocantes’, de Casa dos Xacobes. Premio Tapa do Público na categoría creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 700 euros, para ‘Lacón con grelos’, de Artesana. Segundo Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 500 euros, para ‘Coci-Dillo’, de Xuntanza. Segundo Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 500 euros, para ‘Mexillón viaxeiro’, de A Viaxe. Primeiro Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 1.000 euros, para ‘Criollo marino’, de O Ferro. Primeiro Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 1.000 euros, para ‘Manitas crocantes’, de Casa dos Xacobes. Ademais destes galardóns, os chefs dos dez locais que participaron na final do concurso recibiron como agasallo unha chaquetilla oficial do XII Santiago(é)Tapas. Estes foron: A Maceta, A Viaxe, ACDC, Artesana, Bar Suso, Casa dos Xacobes, La Bodeguilla de Santa Marta, Lume, O Ferro e Xuntanza. A tapa da Casa dos Xacobes, ‘Manitas Crocantes’, representará a Santiago no concurso ‘De tapas por Galicia’, organizado por Turismo de Galicia, xa que foi a que maior puntuación obtivo unha vez ponderados os votos do público e do xurado profesional.

7


O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela (no centro), acompañados doutros membros da Corporación e do noso xerente Ramón García.

8

O actor Federico Pérez conduciu a gala no salón de actos do CGAC.

Aceites Abril fixo entrega o premio do público á tapa tradicional a Casa dos Xacobes.

O segundo premio Santiago(é)Tapas á tapa tradicional foi para Xuntanza. Entregou Finca Viñoa.

A Viaxe recibiu o segundo premio Santiago(é) Tapas á tapa creativa de mans do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte.

Flavia Ramil, xerente de Turismo de Santiago, entregou o premio do público á tapa creativa a ArteSana.

O premio Maridaxe Mahou foi para a tapa de Lume.


Os 10 finalistas coas cas chaquetillas oficiais do concurso e o xerente de Utimaq.

Cash Record entregou o premio ao cóctel clásico á Carrilana.

A nosa presidenta, Sara Santos, cos gañadores do primeiro premio Santiago(é)Tapas á tapa creativa, de O Ferro.

O pub Atlántico recollendo o galardón de cóctel creativo de mans do representante de Cash Record.

Casa dos Xacobes tamén recolleu o primeiro premio Santiago(é)Tapas á tapa tradicional de mans do alcalde.

9


Megu, cos seus premios do XII Santiago(ĂŠ)Tapas. Foto: La Diapo

10


[Na mesa con ….] CASA DOS XACOBES

Como vos sentides ante estos premios? Estamos encantados, é un impulso tremendo, case non o cremos aínda. En que consistía a vosa tapa? Cocemos as manitas, logo as desosamos, trenzámolas, facemos un rulo con elas, cortamos en franxas, rebozamos con fariña, con pan de cea e con pan xaponés. Logo fritimos. Despois poñemos pan tipo bao. Tamén poñemos mazá raiada con mostaza. Ao final queda como un pequeno bocadiño. É unha tapa moi traballada. Leva un día facela. Estivemos meses dándolle voltas.

Este ano teredes que representarnos no concurso “De Tapas por Galicia”. Como o vedes? Ben porque estamos moi seguros da nosa tapa. Síntome moi cómoda, en conxunto é moi rica. No restaurante traballas co teu fillo. Que vos animou a presentarvos ao concurso? Para que a xente nos coñecera porque estamos na Algalia de Abaixo, unha rúa pouco transitada. Durante o concurso viño moita xente que non viñera antes. O noso obxectivo era darnos a coñecer. Vendimos moitísimas tapas, polo que o balance xeral é moi bo. Levades co local desde marzo de 2019, por que decidistes abrir? Eu levaba moitos anos na hostalaría como traballadora e o meu fillo tamén é cociñeiro. Trala miña última experiencia laboral decidinme a montar o meu propio negocio. O meu fillo tamén quería montar un negocio, así que creamos un negocio familiar. Temos formas de cociñar

diferentes, pero ben... A miña filla é deseñadora gráfica e creounos toda a identidade corporativa. Co meu fillo teño moita confianza e a confianza é o que ten, que as veces discutimos (risas), pero sempre arranxamos. É boa experiencia. Cal é a vosa especialidade? Intentamos facer a cociña que nos gusta. Gústame traballar con produtos de tempada, galegos, verduras… O meu fillo ten unha formación máis internacional porque estivo traballando en Tailandia. Intentamos mesturar cociña asiática con galega, con tradicional, con produto de tempada. Queremos facer cociña accesible. Por 20 euros na carta comes. Tamén temos menú do día. As sobremesas son máis tradicionais. É cociña fusión.

Na mesa con ...

M

egu Ramil é unha das propietarias do restaurante familiar Casa dos Xacobes, un dos grandes vencedores do Santiago(é)Tapas 2019, que coas súas “Manitas Crocantes” conseguiu dous premios: Tapa do Público na Categoría Tradicional e o Primeiro Premio na Categoría Tradicional. Ademais, o seu petisco representará a Santiago no concurso ‘De tapas por Galicia’, organizado por Turismo de Galicia. Todo un éxito para un local con apenas un ano de vida, que se presentara por primeira vez ao concurso.

Cal é o balance deste primeiro ano? Bo. Cando empezas é complicado, tralo verán recuperamos e despois do Santiago(é)Tapas, mellor.

A tapa gañadora do Santiago(é)Tapas 2019. Foto: La diapo

É unha tapa que triunfou tanto entre o público como entre o xurado... Si, gustaba a todo o mundo que viña. De feito, estamos pensando poñela na carta.

11


[ No v o s Albergue Fuente Saleta Bonete de Abaixo s/n, Arzúa 981501853 https://www.facebook.com/albergue.fuentesaleta

O Albergue Fuente Saleta abriu a súas portas en maio de 2019 de forma ininterrompida durante todo o ano. Podemos atopalo en Arzúa. Dispón de 40 cómodas habitacións, bar, terraza e cafetería onde ofrece almorzos, pratos do día, bocadillos e racións. Para maior comodidade dos clientes, tamén teñen lavandería, wifi e parking para deixar o coche.

A Gramola Plaza de Cervantes, 10 baixo, Santiago 606139537 https://www.facebook.com/pg/Agramolacafe

A Gramola é un café que leva soando en Compostela dende 2004. Na Plaza de Cervantes ofrece actuacións, principalmente foliadas de música tradicional galega. Podemos acompañar a música con café, copas e cervexa dende as 08:00 ata as 03:00 todos os días da semana.Posúe dúas terrazas.

Borriquita de Belém San Paio de Antealtares, 22, Santiago 653 47 15 51 https://www.facebook.com/pg/ borriquitadebelemcompostela

Aberto dende 1971, é un clásico de Compostela, ubicado no corazón da Cidade Vella. Famoso pola música en directo (jazz, flamenco, blues, rock, e os mojitos), con tres ou catro concertos semanais. Tamén podes gozar da súa terraza. Aberto dende as 20:00 ata 02:30 horas. 12


socios] A Carrilana San Paio de Antealtares, 16, Santiago 669 85 27 68 https://www.facebook.com/pg/A-Carrilana https://www.instagram.com/carrilanacompostela

A Carrilana é un pub aberto en xuño do 2019 que dende entón ofrece novidosas ofertas como brunchs, pokes, zumes ou cafés especiais, ademais de tapas e cócteles.Ten música en directo e terraza. Abertos de 10:00 a 02:30 horas. Venres e sábado ata as 04:00 h.

A Noiesa Calle del Franco 40, Santiago 881 307 238

Abriu en xullo de 2019 como casa de comidas de raíces galegas modernas. Teñen polbo á plancha, arroz con bogavante, tostas, sarténs e cociña de tempada. Abren de 12:30 a 16:00 e de 19:30 a 23:30 horas (Martes pechado).

Novos Socios

https://www.instagram.com/anoiesantiago

Tapería Lúas Rúa San Pedro, 24, Santiago 881 82 08 88 https://www.facebook.com/pg/Tapería-LuaS https://www.instagram.com/luastaperia

Esta nova tapería chegou en setembro de 2019 á rúa de San Pedro para ofrecer “mar de boa calidade”, polbo, pescados e mesmo ensaladas. Dispoñen de terraza e espazo para nenos. O seu horario é de 10:00 a 16:00 e pola noite ata as 00:00 horas. As fins de semana abren ás 12:00 h.

13


[ No v o s Tim Bar Rúa Nova de Abaixo, 7, Santiago 698130015 https://www.instagram.com/taperia_tim

Outro local de recente apertura na Rúa Nova de Abaixo. O máis destacado é a súa gran variedade de cervexas, con tapa de tortilla de acompañamento. Ten terraza e as mascotas son benvidas.Abre de luns a venres de 11:00 a 02:00 horas, os sábados dende as 18:00 e os domingos pecha.

Hotel Vía Aetcal Rúa das Casas Reais 20, Santiago 981 117 575 https://hotelviaaetcal.com

O establecemento conta con cafetería, buffet para almorzos, wifi gratuíto en todo o hotel, espazo wellness , servizo de habitacións, lavandería e parking público a 200 m.

Pensión Restaurante Pumar Rúa das Galeras, 28, Santiago 981563521

Restaurante e pensión con máis de trinta anos de antigüedade. O seu menú está enfocado ao peregrino. Ofrecen almorzos e ceas.

14


socios] Sport Bar Rúa República Arxentina, 35, Santiago 881819772

Leva casi corenta anos na República Arxentina. Hoxe con nova xerencia. Tal como o seu nome indica, a súa especialidade é o futbol e os deportes en xeral, acompañados dunha boa bebida. Abren ás 19:00 e pechan ás 00:00 horas, excepto venres e sábado, que abren a súas portas ás 19:45 ata a 01:00 da mañá.

Periquillo Rúa de San Lázaro, 59, Santiago 881945101

Local aberto todos os días da semana desde as 7:00 horas ata ás doce da noite onde poderemos almorzar, comer ou cear. A súa é unha cociña caseira na que destacan o cocido galego e as uñas de San Lázaro, prato típico do barrio no que se ubica. Tamén ten moito éxito o seu ‘Pulpo al Periquillo’. Ofrecen menú do día por 10 euros con bebida, sobremesa e café incluídos.

Novos Socios

danaypabloperiquillo@gmail.com

15


Profile for Alberto Seoane

CompHostelería 190  

Histórico XII SAntiago(é)Tapas

CompHostelería 190  

Histórico XII SAntiago(é)Tapas

Advertisement