“Especial 25 anos da AGG” · xaneiro 2015 · nº 14
“25 ANOS DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS”
Unha das primeiras reunións da Xunta Xestora da AGG, presidida por Ricardo Portela
■■ A Orixe.
P
ara atopar as orixes da Asociación de Gaiteiros Galegos temos que remontarmos ben atrás no tempo, cando aló polos anos 70 comezaron a se reunir en Ortigueira gaiteiros e artesáns coa común preocupación de unificar criterios deste gremio de profesionais. Foron estas xuntanzas as que permitiron poñer en común coñecementos, pezas, e mesmo acadar acordos que marcaron a situación actual da gaita. Alí decidiuse, por exemplo, igualar as medidas das buxas das gaitas entre todos os artesáns, para permitir que se puidesen intercambiar os punteiros. Malia a estes encontros tem-
peráns, o mundo da gaita tardou en se dotar dunha representación con estrutura legal. Logo de Ortigueira, as xuntanzas comezáronse a facer no Museo Terra de Melide, e é aí onde xurde a primeira Xunta Xestora Fundacional, con Antonio Xosé Castro, Xosé Vicente Ferreirós, Xosé Fernández Costas, Xosé Álvarez Marías, Ricardo Santos, Xosé Domingos Fuciños, Xoan Domínguez Silvar e Xoán Xosé Fernández na que actuaría como presidente provisorio o finado e emblemático gaiteiro de Viascón, Ricardo Portela. As primeiras actuacións desta Xunta Xestora Fundacional foron dirixidas a estructurar o que hoxe é a Asociación de Gaiteiros Ga-
legos. Creáronse vocalías nas distintas vilas e cidades galegas e comezouse unha campaña de implantación que logrou que se acadara a cifra de cento cincuenta socios, entre gaiteiros, percusionistas, artesáns, musicólogos, investigadores e xente en xeral vinculada ao mundo da cultura galega. Así botaba a andar a única asociación de músicos tradicionais que na actualidade conta con implantación en todo o país. A AGG constitúese legalmente o 28 de maio de 1988 durante unha reunión desta Xunta Xestora presidida polo mestre Ricardo Portela, coa elaboración dos estatutos e na que se levanta a Acta Fundacional, pero é o 26 de febreiro de 1986 cando se
4
convoca en Asamblea Xeral Extraordinaria aos 150 socios que naquel entón había, e na que se elixe a primeira Xunta Directiva da AGG. Está Xunta Directiva estaría constituida por Xosé Vicente Ferreirós (presidente), Xan Xosé López González (tesoureiro) e Xosé Domingos Fuciños (secretario). A Asociación de Gaiteiros Galegos nace como consecuencia das inquedanzas de persoas que cren na necesidade de se agruparen para traballar en prol dun instrumento que é a seña de identidade musical do noso pobo, a gaita. Pero pronto se convertirá nunha organización que ten como obxectivo recuperar, promover e divulgar non só a música de gaita, senón todo o abano da música tradicional, incluíndo tanto canto, como baile, como tocadores de tambor, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento, converténdose nun colectivo fundamental para a conservación da cultura tradicional do pobo galego, coa realización de actividades de formación e difusión, publicación de traballos e material didáctico, colaboracións e asesoramento das administracións e institucións, etc.
■■ O Percorrido.
N
os primeiros anos da Asociación de Gaiteiros Galegos, a labor fundamental da organización foi poñer en común criterios e propostas para a recuperación e dignificación da riqueza cultural da
Algúns dos membros da Directiva da AGG, presentes e pasados