Biblioteca de cuartos de Primaria 2013

Page 15

Oscar Rúa

Traballamos a Lingua

Adriana, Daniel, Nuria, Héctor e Jimena organizáronse do seguinte xeito: Puxéronse de acordo e comezaron a dicir cousas mentres os demais escoitaban e escribían, logo foron todos dando ideas. Adriana contounos que a biblioteca é un sitio onde podes atopar películas, libros e ordenadores. Tamén podes estudar en silencio e ler libros. Daniel dixo que na biblioteca tamén te podes levar libros para casa, pero sempre teñen un prazo de devolución. Nuria contou que la biblioteca hai que estar en silencio. Marta, Sara, Alan, Petros e Iago organizáronse do seguinte xeito: tiveron algún problemiñas de coordinación para comezar, logo unha persoa ditaba e os demais escribían. Marta comentou que nas bibliotecas pódense coller libros ou tamén lelos alí, pódeste facer socio cun carné. Sara dixo que tamén se podían empregar os ordenadores, para facer o carné tes que darlle unha foto cos teus datos. Alan comentou que nalgunhas bibliotecas veñen contacontos a contarlle contos aos nenos. Sara, Silvia, Zoe, Gael e Víctor organizáronse do seguinte xeito: primeiro comezaron a pensar e dicir que é o que sabían. Logo unha persoa falaba e os demais copaban. Silvia contounos que é un lugar onde hai dende ordenadores ata libros con moita información. Sara contou que nunha biblioteca se poden facer moitas cousas, como por exemplo: ler, xogar, aprender e moitas cousas máis. Víctor explicou que se precisa un carné para poder levar libros a casa, pero solo se os devolves en quince días. Sara, Elena, Pablo, Germán e Noa organizáronse do seguinte xeito: primeiro puxéronse a falar e asignáronse números para ordenarse. Logo foron copiando as ideas de cada un o resto dos membros do grupo. Germán contou que é un sitio onde podes buscar información en libros ou en internet. Se non devolves os libros a tempo, múltante. Pablo indicou que hai que estar caladiños. Ás veces hai contacontos. Hai libros de moitas coleccións Elena dixo que nunha biblioteca se pode estudar. Precisas un carné para entrar. Hai incluso dicionarios. Sara contou que hai salas con categorías de anos. Tamén se fan obras de teatro. Noa escribiu que se poden pedir libros prestados un pequeno tempo. hai libros de diferentes anos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.