Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
En asemblea comezamos a discutir cal sería un bo tema para seguir investigando na clase de Oscar. Xurdiron varias ideas pero a conversa centrouse na necesidade de mellorar a lectura para entender ben as historias, os libros ou calquera texto que teñamos diante. Así, despois de discutir entre todos e todas, propóñolles crear unha “Biblioteca de Aula” para comprobar se nos axudaría a mellorar esa lectura ou esa comprensión das cousas que lemos.
Parécelles boa idea e comezamos a investigar sobre o tema, analizando que sabemos sobre iso: Para organizar mellor o traballo, creamos uns grupos de investigación: Pilar, Laura, Lucas, Iago e Hugo organizáronse para escribir que é o que sabían sobre as bibliotecas do seguinte xeito: Empregaron algo parecido ao xogo do teléfono estragado, falaba unha persoa do grupo e o resto ía escribindo o que dicía. Laura comentou que nas bibliotecas hai silencio, hai mesas para ler os señores maiores, Pilar comentou que nas bibliotecas hai moitos libros, pódense alquilar libros (Juan Carlos apuntou que tamén nos videoClubs se poden alquilar películas) Lucas dixo que nas bibliotecas hai biblias Iago dixo que nas bibliotecas hai unha secretaria que manda calar, Hugo dixo que nas bibliotecas hai libros ordenados alfabeticamente. Leah, María, Isaac, Álex e Álex organizáronse do seguinte xeito, primeiro falaba alguén e logo os demais ían engadindo cousas que se lles ocorrían. Isaac dixo que unha biblioteca é un sitio moi grande onde hai moitos libros, hai que estar en silencio Álex comentou que se poden coller prestados os libros, hai unha persoa encargada da biblioteca María engadiu que é un lugar no que se pode estudar, para entrar tes que ter un carné senón tes que pagar,
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
Leah comentou que hai moitas seccións de libros, hai libros para todas as idades, Álex dixo que na biblioteca hai ordenadores para buscar onde están as seccións, os libros están clasificados por seccións. Ramón, Javi, Elba, Aldara e Pablo organizáronse dicindo que sabían da biblioteca cada un, ían por orde dicindo que é o que sabían. Ramón dixo que a biblioteca é un lugar no que hai moitos libros e películas nas estanterías (sabedes como se di estanterías en galego? .... Pregunto. David responde ferrocarís, Álex pensa que se di igual que en castelán, Pilar pensa que estantes, Ángela di mobles, María cree que ou Ángela ou Pilar poden ter razón, Iago tamén. Entón pídolle a Iago que colla un dicionario e busque a palabra estantería: atopou estante: Substantivo masculino. Moble con andeis ou pranchas horizontais que serven para colocar libros, etc...), a biblioteca está dividida por idades, de vinte para arriba, de quince para arriba e de tres anos para arriba. Javi comentou que tamén hai ordenadores para buscar películas ou libros, Elba dixo que na biblioteca hai que estar moi calado, senón rífanche pois hai xente que está lendo, Aldara contounos que a biblioteca é un local no que se gardan libros ordenados e clasificados para a súa consulta ou lectura Pablo comentou que para coller os libros ou películas da biblioteca precisas un carné, pero só chos prestan durante uns quince ou vinte días Natalia, David, Ángela, Nicolás, Juan Carlos organizáronse do seguinte xeito para analizar que é o que sabían sobre a biblioteca: Juan Carlos comentou ás bibliotecas vaise a sacar libros, Nico dixo que nas bibliotecas solo podemos sacar libros se temos carné, Ángela comentou que ao cabo de varios días, debemos devolver os libros, David dixo que no local da biblioteca gárdanse os libros clasificados para a súa consulta ou lectura, e nas bibliotecas hai ordenadores e películas, Natalia díxonos que nunha biblioteca hai secretarias que se ocupan das chamadas telefónicas e ordenar os libros. Laura, Álvaro, Rita, Cristian, Iago organizáronse do seguinte xeito: primeiro contaron que é o que sabían sobre a biblioteca e logo escribiron todo iso. cando imos á biblioteca imos a estudar ou ler, é onde se collen os libros prestados por un tempo determinado.
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
Seguimos traballando na investigación e intentamos darlle resposta á pregunta de que queremos saber. En asemblea, Javi quería saber se a nosa biblioteca de aula disporía de dicionarios, e se se poderían traer de casa. E tamén quería saber se poremos unha especie de código en cada libro para asegurarse de se ese libro foi lido ou non. Aldara quere saber se na nosa biblioteca haberá que estar calados e caladas, e tamén quere saber se se poden traer películas para poder velas. Elba contounos que quería saber se os libros da nosa biblioteca se porán por seccións. Pablo quere saber se vai haber moitos libros na biblioteca. Tamén quere saber se na nosa biblioteca se poderían ter delegados, uns cinco ou así, un por grupo. Para poder ordenar e clasificar os libros dentro dos grupos. Ramón quere saber quen inventou a biblioteca, tamén lle gustaría saber se vai haber revistas na biblioteca de aula, tamén se pregunta se se poderían facer uns carnés de aula para coller libros ou películas. Por último, Ramón pregúntase se poderiamos poñer unha especie de contrasinal na porta para poder entrar na biblioteca da aula. Álex pregúntase que tipo de libros pode haber na nosa biblioteca para saber que tipo de libros se poden traer. Isaac quere saber que tipo de sección haberá na biblioteca par poder clasificar as seccións. Ten pensado ir á biblioteca, pero non sabe se poderá ir. María contounos que lle gustaría saber como podemos facer un carné, pois nas bibliotecas hai que ter un carné para coller libros. Ademais, María trouxo xa dous libros para a biblioteca de aula, por se fan falta para a súa elaboración. María ten pensado ir á biblioteca de Vigo para sacar ideas para a nosa biblioteca. Leah pregúntase canto tempo podemos levar os libros para casa, para que ningún neno ou nena o teña moito tempo na casa. Leah tamén trouxo dous libros que están agardando na aula por se se precisan para a biblioteca. Iago quere saber porque se chama biblioteca. Laura tamén se pregunta quen foi o que a inventou. Lucas quere saber porque se emprega un carné na biblioteca. Pilar quere saber porque imos facer na aula unha biblioteca.
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
Hugo quere saber en que ano se inauguraron as primeiras bibliotecas. Ademais teñen pensado buscar información do seguinte xeito: Pilar e Hugo teñen pensado ir á biblioteca de Vigo para coller ideas e buscar información para dar resposta ao que queren saber. Laura e Iago, coa axuda de persoas maiores, teñen pensado empregar internet para atopar respostas ás súas preguntas. Natalia e o seu grupo pensaron nuns carnés para a clase con un deseño similar ao seguinte:
David e o seu grupo tamén pensaron que sería bo para a biblioteca ter unha lista coas persoas que se levan os libros para casa. Ángela quere saber que se pode encontrar nunha biblioteca. Nicolás quere saber como se organiza unha secretaria de biblioteca. Juan Carlos quere saber como son as características dunha biblioteca. Laura quería saber como se pode facer o carné da nosa biblioteca. Tamén quere saber se os libros se van a colocar por temas. Álvaro quere saber quen inventou a biblioteca e tamén como se ordenan os libros dentro dunha biblioteca. Rita quere saber que tipos de libros hai nunha biblioteca. Cristian quere saber quen inventou os libros e tamén por que se inventaron. Iago quere saber se cada biblioteca é diferente ou son todas iguais, é dicir, que tipo de bibliotecas hai. A Iago tamén lle gustaría saber se os libros das bibliotecas están en tódolos idiomas, e tamén se pregunta como se estuda nunha biblioteca. Para responder as súas preguntas, este grupo ten pensado investigar a través de internet, coa axuda de persoas maiores. En posteriores sesións comeza a chegar distinto tipo de material a aula: fotocopias de enciclopedias, textos e debuxos de internet, libros, fotografías e debuxos feitos por eles e elas mesmos.... Todo o material vaise deixando nunha zona da aula, a que os nenos e nenas se achegan par ver, comentar, manipular, etc. Comeza o proceso de investigación propiamente dito e así, en grupos de traballo, cada persoa vai elaborando o material que considera de interese para a nosa investigación.
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
Pilar, Laura, Hugo, Iago e Lucas comezaron a súa investigación: Comezaron a súa investigación buscando que significaba a palabra biblioteca: é unha palabra que ven do latín, pero que antes xa se empregaba na cultura grega. A palabra actual, está composta por “biblio = libro” e “Teca = armario ou caixa” é dicir, fai referencia ao lugar no que son gardados os libros. En referencia a quen inventou as bibliotecas, este grupo contounos que antigamente as bibliotecas naceron nos templos de cidades de Mesopotamia. Alí, as bibliotecas servían para gardar os libros e anotar todas as cousas que acontecían nas cidades (coma os xornais de agora), aínda que fundamentalmente falaban de cousas sobre relixión. Leah, María, Isaac, Álex e Álex comezaron tamén a súa investigación: Comezaron a pensar como podería ser un carné para a nosa biblioteca. Eles cren que debería ter unha foto, o nome e apelidos e o curso ao que pertence. Contáronnos que unha biblioteca pública é un centro local de lectura e información que lles facilita aos usuarios o acceso a información e ao coñecemento a través de diferentes materias e tecnoloxías. Tamén discutiron sobre o tempo axeitado que nos podemos levar un libro para ler en casa. Consideran que quince días sería un bo tempo para poder ler calquer libro. As seccións que cren interesantes para que haxa nunha biblioteca son: historia, natureza, contos, bandas deseñadas, relatos curtos, poesía, coñecemento, francés, matemáticas... Nestas sección debe haber libros relacionados con estes temas. Tamén nos contaron que seccións se poden atopar de verdade nas diferentes bibliotecas. En asemblea propoñémoslle a este grupo que de todas as seccións, libros e categorías que investigaron sobre clasificación das bibliotecas, cal cren eles e elas que sería a máis axeitada para a nosa. Ramón, Pablo, Aldara, Elba e Javier comezaron a súa investigación explicando quen inventou a biblioteca. Eles atoparon na súa investigación que as bibliotecas apareceron cando apareceu a escritura, fai uns cinco mil anos. Todo o que se comezaba a escribir se ía gardando, e así comezaron a aparecer os primeiros lugares para almacenar os materiais escritos (as actuais bibliotecas). Tamén coinciden co grupo anterior en comprobar que a palabra biblioteca vén dos gregos. Na actualidade este grupo contounos que o concepto de biblioteca significa máis cousas que gardar libros. É moito máis.
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
Iago, Cristian, Rita, Álvaro e Laura comezaron o seu traballo discutindo como se fai un carné: primeiro éntrase na biblioteca e solicítase facer un carné, despois entrégase o DNI e unha foto e cúbrense os datos nunha ficha. Se todo é correcto imprímeno e entrégancho. Continuaron contándonos que nunha biblioteca hai estes tipos de libros: novelas, teatro, libros de historia, infantiles, películas, bandas deseñadas, historias de arte, historias sobre o pasado, presente e futuro... Logo contáronnos como que os libros ordénanse por orde alfabético, e este orde está escrito nunhas fichas que hai nunhas caixas que che indican onde están os libros. Juan Carlos, Nicolás, Ángela, David e Natalia comezaron a súa investigación e contáronnos que se pode encontrar nunha biblioteca: obras de ficción, libros de lectura, películas de cine, música, tamén fontes de información en diferentes soportes. Continuaron investigando sobre cales son as características dunha biblioteca e contaron que as bibliotecas dispoñen dunha amplia colección de documentos. Ademais tamén hai unha secretaria, que se encarga de prestar toda a axuda que lle faga falta as persoas que visitan a biblioteca. Seguimos traballando sobre a biblioteca e comezamos a redistribuír os espazos da aula, para acondicionala ás necesidades que requiría o noso traballo. Os nenos e nenas encargáronse de facer unha clasificación de todos os libros que tiñamos na aula e propuxeron traer eles libros de casa para aumentar así o número de exemplares. Estes libros, devolveríanse ao finalizar o curso. Na seguinte sesión, en asemblea, acordamos elaborar un deseño dun tablón no que aparecese a información precisa para poderse levar o libro para casa. No tablón, cada neno e nena escribiu o seu nome, o título do libro que levan para ler, de quen é ese libro, e unha vez rematada a lectura do mesmo, unha valoración. Para esta valoración optaron por estrelas, nas que unha estrela sería un libro que nos custou ler. Dúas estrelas asignaríaselle aos libros que nos gustaron, pero que nalgunhas partes non entendemos moito a historia. Tres estrelas levarían os libros que nos gustaron e por último, catro, para os libros que nos gustasen moitísimo. Ao rematar esta actividade, o taboleiro quedou completado do seguinte xeito:
Oscar RĂşa
Traballamos a Lingua
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
En cuarto B tamén se propón a idea de crear unha biblioteca de aula.
Parécelles boa idea e comezamos a investigar sobre o tema, analizando que sabemos sobre iso: Para organizar mellor o traballo, creamos uns grupos de investigación:
Pablo, Teresa, Erea, Fernando,Ángel organizáronse do seguinte xeito: o que fixeron en primeiro lugar foi falar do que sabían, mentres os demais falaban, unha persoa anotaba. Cando non se lle ocorrían máis cousas sobre ese tema, paraban e escribían todos e todas. Pablo contounos que unha biblioteca é un espazo cerrado onde hai libros, eses libros están ordenados por: temas, idiomas, idade, ou por orde alfabético do libro. Unha biblioteca é un espazo público onde te podes levar libros e despois traelos. A xente se quere ler ou analizar cousas poden ter ordenador. Para levar os libros hai que ter un carné da biblioteca e despois
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
traelos. Nalgunhas bibliotecas, pola tarde, teñen contacontos que entreteñen aos máis pequenos. Pablo comentou que el non sabe como é unha biblioteca, por iso tivo un pouco de dificultades para comezar este traballo. Erea explicou que as únicas persoas do grupo que teñen carné da biblioteca son Tersa e ela mesma. Hugo, Ricardo, Gaia, Lía e Mara organizáronse do seguinte xeito: primeiro estiveron pensando que sabían, logo organizárono e ao final, escribírono. Ricardo contounos que eles saben que nunha biblioteca se poden alquilar vídeos e películas durante un tempo permitido, tamén buscar información no ordenador. Hugo dixo que os libros estaban clasificados de libros para os máis pequenos a libros para os máis maiores ou por orde do alfabeto, nunha zona están os libros de castelán e noutra os de Galego. Gaia contou que na biblioteca rógase estar en silencio, non se poden levar animais e non se pode comer. Lía dixo que non se pode ter o teléfono encendido ou telo en silencio. Se te chaman tes que saír fora a falar ou non contestar. Neste grupo teñen carné da biblioteca Hugo máis Gaia.
Jenny, Pablo, Iago, Catalina, Paula organizáronse do seguinte xeito: primeiro foron pensando cada unha delas e deles que era unha biblioteca, logo foron pensando que había dentro e ían copiando. Cando copiaban o que unha persoa dicía, logo ditaba a seguinte e así sucesivamente. Paula dixo que a biblioteca é un sitio pechado, non solo hai libros, tamén hai películas, ordenadores, puzzles, invitacións. Na biblioteca hai que falar baixo. Catalina dixo que os libros estaban ordenados por orde alfabético ou por idades. Na biblioteca os bibliotecarios axudan a saber onde está cada cousa. Iago contou que na biblioteca se pode estudar pois é un sitio tranquilo. Ás veces van contacontos. Pablo sabía que na biblioteca hai cámaras de seguridade. Cando levas un libro para casa tes un tempo para devolvelo. Jenny dixo que se rompes ou estropeas un libro tes que pagalo. Hai moitos tipos de libros: de medo, de fantasía, de graza, de amor, de tristeza, de series... Pablo nunca foi a unha biblioteca, por iso non tiña nin idea de como comezar este traballo. As demais persoas do grupo asumiron o traballo nesta primeira fase. Sagar, Jose, Noel, Alba, María organizáronse do seguinte xeito: unha persoa falaba e as demais copiábano no papel, e así un por un. Saben que nunha biblioteca hai moitísimos libros. Cando entras tes que estar calado pois senón bótante fóra. Tamén hai ordenadores e solo tes un tempo para utilizalos. Tes que pagar ás persoas do mostrador se queres levar un libro ou os que queiras excepto se tes carné, que non tes que pagar.
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
Alba comentou que neste primeiro comezo do traballo custoulles un pouco chegar a acordos para comezar. Paloma, Luís, Ángel, Lucio, Lucía organizáronse do mesmo xeito: ían por turnos dicindo frases e copiábanas no papel. Luís contou que saben que nunha biblioteca hai libros e vídeos, Paloma explicou a bibliotecaria, según como sexa o libro, déixacho uns días ou outros para lelos, tamén solo se pode entrar con carné. Lucía dixo que nunha biblioteca os libros están clasificados por orden alfabético, por números, etc.nunha biblioteca tamén se poden ler libros. Hai moitas bibliotecas na cidade de Vigo. Ángel dixo que nunha biblioteca non se pode berrar nin xogar ao bruto. Lucio dixo que nunha biblioteca hai seccións por cada estantería. Paloma comentou que no seu grupo tamén custou comezar a traballar pois houbo persoas que se despistaron un pouco. Nesta primeira parte do traballo foron ela e máis Luís as persoas que levaron a carga do traballo. En asemblea continuamos o noso traballo falando sobre que queremos saber. Por que nas bibliotecas hai libros, por que se inventou a biblioteca, cal foi a primeira biblioteca de España e como se chamaba, seguen funcionando as bibliotecas de antes como as de agora, por que lle puxeron o nome de biblioteca. Cal é a biblioteca máis antiga do mundo, para que se inventaron as bibliotecas. Onde se inventou a primeira biblioteca. Cantas bibliotecas hai en Galicia. Cantas bibliotecas hai aproximandamente no mundo. Como se sabe onde buscar os libros dentro dunha biblioteca. Cantas bibliotecas hai en España. Cantos libros pode haber na biblioteca de Redondela. Canto diñeiro aproximadamente perde unha biblioteca en mercar libros. Como poderiamos facer unha biblioteca, poderiamos ir a unha para ver o seu sistema de almacenamento. Poderiamos facer nós un carné para a nosa biblioteca. Poderiamos adaptar a nosa biblioteca para que poda acceder calquer persoa. Poderíase donar algún libro á biblioteca. Que pasaría se te quedas un libro máis tempo do debido. Pódese entrar nunha biblioteca varias veces no mesmo día. Como se pode organizar se temos moitos libros, que pasaría se non houbese bibliotecas. Cantas bibliotecas hai na cidade de Vigo. Por que nas bibliotecas non se poden mercar libros. Como conseguen os libros as bibliotecas. Por que hai moitas cousas e non solo libros. Cales son as regras ou normas das bibliotecas. Por que nas bibliotecas hai que estar en silencio. Para dar resposta a estas preguntas, Jenny ten pensado ir á biblioteca e facerlle unha enquisa a un bibliotecario ou bibliotecaria e tamén pode preguntarlle a súa nai, pois foi moitas veces á biblioteca. Paula ten pensado pedirlle axuda a algún familiar dos que xa teñan ido a biblioteca. Catalina vai preguntar tamén en casa, a ver se sabe alguén algo sobre as bibliotecas. Pablo vai preguntarlle a súa avoa a ver se lle pode
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
axudar. Iago tentará buscar información a través de libros que traerá a clase para ensinarlle as súas compañeiras e compañeiros de grupo. Sagar ten pensado buscar en libros ou preguntarlle a seu pai. Jose intentará buscar información a través de seus pais, e tamén pensa ir a unha biblioteca para ver se lle pode servir de algo. Noel vai preguntarlle a seu pais ou seu avó a ver se lle din algo. María vai ir a unha biblioteca, alí ten pensado coller algún libro para buscar información. Lucio pensa que seu pai saberá algo sobre o tema, preguntaralle como eran as bibliotecas antes e buscará información. Lucía vai ir a unha biblioteca, observaraa, buscará en libros, preguntará a familiares e recollerá toda esa información para traerlla ao seu grupo. Ángel pensa preguntarlle a seu curmán pois este sempre vai á biblioteca. Luís vai buscar información coa axuda de súa nai. Paloma ten pensado quedar con algunha persoa do seu grupo para investigar xuntos, se non é posible recorrerá a seu pai ou súa nai. Erea pensa ir á biblioteca, xunto con Teresa, que forma parte do seu grupo, para ollar como é unha biblioteca. Teresa, ademais, pediralle axuda ao seu avó, pois a el gústalle moito ir ás bibliotecas. Pablo, como non sabe onde hai algunha biblioteca, vai pedir axuda en casa, preguntándolle ao seu pai, súa nai ou súa irmá. Ángel vai ir á biblioteca, e senón pode ser, tamén vai preguntarlle ao seu curmán, ou preguntarlle aos seus pais. Fernando intentará ir a unha biblioteca con papá ou mamá. Se non tiveran tempo, buscarán información en casa. Mara vai buscar información en casa coa axuda de seus familiares. Lía vai buscar información con quen estea en casa, logo tamén ten pensado preguntarlle a súa avoa ou a xente da súa familia. Ricardo pensa ir a unha biblioteca para buscar libros, e tamén preguntar na casa, a seus pais e avós. Gaia buscará información coa axuda de alguén maior en casa, e pensa ir á biblioteca tamén. Hugo vai tódolos venres a unha biblioteca, así que pensa traer información de alí, facéndolle unha enquisa á persoa que traballa na biblioteca. Comeza o traballo de investigación e cada grupo vai dando resposta as súas preguntas, posteriormente, en asemblea, comentamos a información que cada grupo considera máis relevante. Así: Hugo, Gaia, Lía, Mara e Ricardo contáronnos que coas preguntas que tiñan, distribuíronas para poder facer unha investigación máis específica, así cada persoa se encargaría dunha sección. En relación a primeira biblioteca de España foi unha de Córdoba Como conseguen as bibliotecas os libros e as películas? Algúns libros mércanos cos cartos que lles dan as institucións, outros conséguennos a través de doazóns, e do mesmo xeito as películas. Seguen funcionando as bibliotecas de agora como as de antes? Non son iguais, contounos o grupo, pois as de antes non estaban informatizadas e tiñan moi poucos libros, os libros eran diferentes aos de agora, tiñan a portada de pel de animais (por exemplo de pel de cordeiro) e as páxinas eran escritas con pluma. Antes, cando entrabas nunha biblioteca,
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
tiñas uns archivos para buscar os libros. Se vos preguntades como se facía para atopar un libro, podías facelo buscando polo nome do autor, o nome do título ou a editorial, que estaban ordenados alfabeticamente. Pablo, Ángel, Fernando, Teresa e Erea contáronnos que cada membro do grupo elixiron preguntas para investigar. Como é o carné da biblioteca? Este permíteche poder levar calquera cousa que estea permitido levar para casa. Para saber que o levaches, ao introducir o número de carné no ordenador da secretaria sae o historial de todo o que fixeches na biblioteca. Hai que ter coidado pois o carné, nalgunhas bibliotecas caduca, e hai que renovalo. Como poderiamos facer nós unha biblioteca? Traendo libros da nosa casa e facendo un carné con foto, nome e apelido. Pódense donar libros nunha biblioteca? Si pois a biblioteca precisa moitos moitos libros para a xente que quere ler. Pódese entrar máis dunha vez na biblioteca? Se tes carné pois si, e se non o tes, pois tamén. Lucía, Luís, Ángel, Lucio e Paloma contáronnos que tentaban responder ás preguntas mediante votación, elixindo a información todos e todas as do grupo. Así, a primeira pregunta sobre a que traballaron foi cantas bibliotecas hai en España. Contáronnos que eles investigaron que exactamente en España hai catro mil setecentas corenta. Canto diñeiro perde aproximadamente unha biblioteca por mercar libros? Unha biblioteca destina a mercar libros uns corenta e pico mil euros. Cantas bibliotecas hai aproximadamente no mundo? Hai moitísimas bibliotecas, dependendo do país, uns teñen máis e outros menos. Cantos libros pode haber na biblioteca de Redondela? Depende do tamaño da biblioteca. Alba, María, Noel, Jose e Sagar contáronnos que despois de analizar a información que cada quen quedou en traer, puxéronse a traballar coa información que tiñan, que estaba relacionada coa pregunta acerca de que biblioteca é a máis antiga do mundo. Este grupo contounos que a primeira biblioteca atopouse no antigo Exipto. Pablo, Iago, Catalina, Paula e Jenny contáronnos que se repartiron as preguntas para buscar a información. Logo, en grupo decidiron que información lles resultaba interesante para a investigación e cal non. En relación a por que hai moitas cousas e non solo libros dentro dunha biblioteca, este grupo contounos que é para que os nenos e nenas pequenas non se aburran. Que pasaría se non houbese bibliotecas? Pois que a xente non sabería moitas cousas sobre o mundo que os rodea. Cantas bibliotecas hai en Vigo? Hai dezaoito bibliotecas.
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
Por que nas bibliotecas non se poden mercar libros? Porque se se puidesen mercar libros, as bibliotecas quedarían sen libros. Por que hai que estar en silencio? Para que non haxa barullo e poder ler. Seguimos traballando sobre a biblioteca e comezamos a redistribuír os espazos da aula, para acondicionala ás necesidades que requiría o noso traballo. Os nenos e nenas desta clase encargáronse tamén de facer a clasificación de todos os libros que tiñamos na aula e propuxeron traer eles libros de casa para aumentar así o número de exemplares. Estes libros, devolveríanse ao finalizar o curso. Na seguinte sesión, en asemblea, acordamos elaborar un deseño dun tablón no que aparecese a información precisa para poderse levar o libro para casa. No tablón, cada neno e nena escribiu o seu nome, o título do libro que levan para ler, de quen é ese libro, e unha vez rematada a lectura do mesmo, unha valoración. Para esta valoración optaron por estrelas, nas que unha estrela sería un libro que nos custou ler. Dúas estrelas asignaríaselle aos libros que nos gustaron, pero que nalgunhas partes non entendemos moito a historia. Tres estrelas levarían os libros que nos gustaron e por último, catro, para os libros que nos gustasen moitísimo. Ao rematar esta actividade, o taboleiro quedou completado do seguinte xeito:
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
Propóñolles tamén aos nenos e nenas de Cuarto A crear unha “Biblioteca de Aula” para comprobar se nos axudaría a mellorar esa lectura ou esa comprensión das cousas que lemos.
Parécelles boa idea e comezamos a investigar sobre o tema, analizando que sabemos sobre iso: Para organizar mellor o traballo, creamos uns grupos de investigación:
Lucía, Elías, Lucía, Miguel e Lara organizáronse do seguinte xeito: comezaron discutindo un pouco para saber que podían escribir e logo chegaron a un acordo. Elías contounos que a biblioteca é un lugar para estudar ou para ler, polo tanto non se pode facer ruído. Lucía dixo que na biblioteca podes tomar prestados algúns libros coa condición de devolvelos.
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
Adriana, Daniel, Nuria, Héctor e Jimena organizáronse do seguinte xeito: Puxéronse de acordo e comezaron a dicir cousas mentres os demais escoitaban e escribían, logo foron todos dando ideas. Adriana contounos que a biblioteca é un sitio onde podes atopar películas, libros e ordenadores. Tamén podes estudar en silencio e ler libros. Daniel dixo que na biblioteca tamén te podes levar libros para casa, pero sempre teñen un prazo de devolución. Nuria contou que la biblioteca hai que estar en silencio. Marta, Sara, Alan, Petros e Iago organizáronse do seguinte xeito: tiveron algún problemiñas de coordinación para comezar, logo unha persoa ditaba e os demais escribían. Marta comentou que nas bibliotecas pódense coller libros ou tamén lelos alí, pódeste facer socio cun carné. Sara dixo que tamén se podían empregar os ordenadores, para facer o carné tes que darlle unha foto cos teus datos. Alan comentou que nalgunhas bibliotecas veñen contacontos a contarlle contos aos nenos. Sara, Silvia, Zoe, Gael e Víctor organizáronse do seguinte xeito: primeiro comezaron a pensar e dicir que é o que sabían. Logo unha persoa falaba e os demais copaban. Silvia contounos que é un lugar onde hai dende ordenadores ata libros con moita información. Sara contou que nunha biblioteca se poden facer moitas cousas, como por exemplo: ler, xogar, aprender e moitas cousas máis. Víctor explicou que se precisa un carné para poder levar libros a casa, pero solo se os devolves en quince días. Sara, Elena, Pablo, Germán e Noa organizáronse do seguinte xeito: primeiro puxéronse a falar e asignáronse números para ordenarse. Logo foron copiando as ideas de cada un o resto dos membros do grupo. Germán contou que é un sitio onde podes buscar información en libros ou en internet. Se non devolves os libros a tempo, múltante. Pablo indicou que hai que estar caladiños. Ás veces hai contacontos. Hai libros de moitas coleccións Elena dixo que nunha biblioteca se pode estudar. Precisas un carné para entrar. Hai incluso dicionarios. Sara contou que hai salas con categorías de anos. Tamén se fan obras de teatro. Noa escribiu que se poden pedir libros prestados un pequeno tempo. hai libros de diferentes anos.
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
Continuamos o noso traballo de investigación, en asemblea comentamos as nosas primeiras investigacións, así: Germán, Pablo, Elena, Sara e Noa estiveron falando de como organizarse, comezando coas preguntas que máis lles interesaba investigar. Germán quere saber se se prestan libros de anos moi antigos, se se poden mercar libros nas bibliotecas, se teñen todas as coleccións, se na maioría das bibliotecas hai ordenadores, se se precisa carné para mercar libros, se hai encerados. Lara, Lucía, Elías, Lucía e Miguel queren saber cal é o prazo mínimo de devolución dun libro e cantos libros pode haber nunha biblioteca. Dani, Adriana, Nuria, Héctor e Jimena queren saber como se crea unha biblioteca, por que se crea unha biblioteca, de onde ven o nome de biblioteca, quen inventou a biblioteca Marta, Sara, Petros, Iago e Alan queren saber cantos días se poden levar libros para casa, onde está a biblioteca máis grande do mundo, cantos libros pode chegar a ter unha biblioteca, cantas salas pode ter unha biblioteca Víctor, Zoe, Sara, Gael e Silvia queren saber cantos libros poden haber nunha biblioteca, cantas bibliotecas pode haber en Vigo, cal é a biblioteca máis coñecida do mundo, como se chaman todas as bibliotecas de Vigo, cal foi a persoa que inventou as bibliotecas
Este grupo comezou elaborando as súas preguntas do seguinte xeito: Investigaron sobre cantas bibliotecas hai en Vigo, de entre toda a información que trouxeron, quedáronse con que hai 53 bibliotecas en Vigo, entre elas as privada, as das universidades, as públicas, as dos museos...
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
Posteriormente continuaron investigando sobre cantos libros pode haber nunha biblioteca, así Gael contounos que na Biblioteca Nacional de España hai vinte e oito millóns de libros, pero seguirán investigando sobre esta pregunta. En relación á pregunta de cal é a biblioteca máis coñecida do mundo, este grupo pensa que é a Biblioteca de Alexandría, pois buscaron en internet e foi sobre a que atoparon máis información, ademais de contarnos que foi unha das máis antigas. Quen inventou as bibliotecas? Este grupo supón que foi Ptolomeo I, pois según a súa información este personaxe foi quen mandou construír a primeira biblioteca.
Este grupo organizouse comezando pola seguinte pregunta: Préstanse libros antigos na biblioteca? Según a información coa que traballaron, contáronnos que algunhas bibliotecas teñen libros antigos pero outras non. Por exemplo, a Biblioteca do Vaticano hai máis dun millón seis centos mil libros, dos cales oitocentos mil foron impresos no século quince. Pódense mercar libros nunha biblioteca? Si, pero solo os libros que traen outras persoas das súas casas, é dicir, libros de segunda man. Hai libros de tódalas coleccións nas bibliotecas? Según este grupo de investigadores e investigadoras, non. As bibliotecas máis grandes poden chegar a ter moitas coleccións, pero non todas. Por exemplo, a biblioteca de Alexandría (que era a máis grande do mundo) o malo foi que a queimaron. Nas bibliotecas hai ordenadores? Algunhas bibliotecas teñen ordenadores para poder localizar os libros máis rapidamente ou ter conexión a internet para buscar información. Precisas ter un carné para entrar nunha biblioteca? Para entrar nunha biblioteca non fai falla carné, pero se queres levar un libro para túa casa, si que o precisas, por se non o devolves.
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
Este grupo comezou dándolle resposta a como se creou unha biblioteca. Según este grupo, creouse no antigo Exipto, pola necesidade de gardar textos e documentos ligados a actividades relixiosas, políticas, económicas e administrativas. A continuación, contaron por que se creou unha biblioteca: pensa que os escribáns e sacerdotes dos templos tiñan a vontade de reunir o coñecemento social do seu tempo e poñelo a disposición do pobo. De onde vén o nome de Biblioteca? Esta palabra ven do idioma Grego: Biblio, que significaba libro e teca, que era algo así como un depósito ou unha caixa. Quen inventou pois a biblioteca? Según este grupo, Benjamín Franklin inventou a primeira biblioteca pública.
Este grupo comezou contándonos cantos libros hai na biblioteca hai na Biblioteca Nacional de España: Nesta biblioteca BNE que ten máis de trescentos anos, garda máis de vinte e oito millóns de publicacións dende o ano 1503 ata a actualidade. Entre estas publicacións hai trinta mil manuscritas e moitos obxectos antigos. Esta biblioteca componse na actualidade de dous edificios (No principal, chamado histórico, atópase a sede da Biblioteca Nacional). O prazo mínimo é de dez días cara abaixo para entregar un libro, e o prazo máximo é de quince días par entregalos. Poden levarse para casa tres libros por persoa, pero segues tendo que entregalos neses quince libros. Falando un pouco da historia das bibliotecas, este grupo contounos que unha biblioteca é o lugar no que se gardan os libros, naceron nos tempos das cidades mesopotámicas. Os libros eran escritos en taboas de bulleiro. No antigo Exipto a escritura recollíase en rolos de papiro. En tempos medievais, as bibliotecas existían solo nos mosteiros, ata a creación das
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
universidades primeiro, e da imprenta despois, que se crean bibliotecas universitarias. No renacemento aparece un novo modelo de biblioteca, as bibliotecas reais e da alta nobreza. Na idade contemporánea, as revolucións Francesa e Americana estenderon por Europa e América a idea da educación para todos e a mediados do século dezanove aparecen as bibliotecas públicas. Algunhas das bibliotecas máis famosas do mundo, según este grupo son: a de Alexandría, a de Santo Domingo de Silos, San Millán de la Cogolla, A do Museo Británico, a do Congreso de Estados Unidos e algunha máis.
Este grupo contounos que investigaron cantos días se poden levar os libros para casa, que son quince días, se precisas telos máis tempo debes pasar pola biblioteca para renovar o préstamo. Tamén investigaron onde está a biblioteca máis grande do mundo, que é según este grupo, unha biblioteca que está en Washington. Tamén estiveron investigando cantos libros pode chegar a ter unha biblioteca. Según o grupo, na biblioteca máis grande que atoparon hai vinte e dous millóns cento corenta e nove mil seiscentos cincuenta e seis libros. Tamén cantas salas pode ter unha biblioteca, que pensan que pode ter unhas sete salas diferentes adicadas a varias cousas. Seguimos traballando sobre a biblioteca e comezamos a redistribuír os espazos da aula, para acondicionala ás necesidades que requiría o noso traballo. Os nenos e nenas, igual que os anteriores grupos de cuarto, encargáronse de facer unha clasificación de todos os libros que tiñamos na aula e propuxeron traer eles libros de casa para aumentar así o número de exemplares. Estes libros, devolveríanse ao finalizar o curso. Na seguinte sesión, en asemblea, acordamos elaborar un deseño dun tablón no que aparecese a información precisa para poderse levar o libro para casa. No tablón, cada neno e nena escribiu o seu nome, o título do libro que levan para ler, de quen é ese libro, e unha vez rematada a lectura do mesmo, unha valoración. Para esta valoración optaron por estrelas, nas que unha estrela sería un libro que nos custou ler. Dúas estrelas asignaríaselle aos libros que nos gustaron,
Oscar Rúa
Traballamos a Lingua
pero que nalgunhas partes non entendemos moito a historia. Tres estrelas levarían os libros que nos gustaron e por último, catro, para os libros que nos gustasen moitísimo. Ao rematar esta actividade, o taboleiro quedou completado do seguinte xeito: