Xustificacion teorica traballo por proxectos

Page 1

APRENDER CON PROXECTOS DE TRABALLO EN EDUCACIÓN PRIMARIA O traballo por proxectos baséase nunha concepción constuctivista do aprendizaxe, na que a intervención pedagóxica vai encamiñada a promover o aprendizaxe significativo dos nenos e nenas dunha maneira intencional e reflexiva. Plantexa o coñecemento coma unha elaboración activa por parte dos nenos e nenas e non como a simple recepción pasiva dunha serie de datos. Contempla os contidos como experiencias que se viven. O traballo por proxectos permite: • Incluir actividades e contidos encamiñados a identificar os coñecementos que os nosos alumnos e alumnas teñen no momento actual e aqueles que é preciso adquirir. • Planificar estratexias de búsqueda de información (manexo de bibliografía, materiais audiovisuais...) e ollar os seus resultados, e o que os fai aínda máis interesantes xunguidos a actividade natural do neno ou nena a a súa vida diaria. Desta maneira dase un contido real e tanxible a idea de “aprender a aprender” • Desenvolver a participación creativa e cooperativa. Isto facilita a interacción entre nenos e nenas e supón novas ventaxas. o Foméntase a colaboración entre compañeiros en lugar da competición o Enriquécense as aprendizaxes, xa que podemos beneficiarnos dos coñecementos dun compañeiro ou compañeira, contrastar as nosas hipóteses... Sabemos que as interaccións entre as e os educandos son unha ferramenta de aprendizaxe, por iso outro aspecto importante é o aprendizaxe colaborativo e cooperativo. No traballo por proxectos o outro é alguén que tamén marca o meu aprendizaxe. Eu só ou sola non chego ao mesmo sitito que chego en cooperación cos demáis, en grupo. Cando traballamos nun proxecto, a información que eu aporto enriquécese continuamente co que os demáis aportan, incluso a veces contradise, dando lugar ao diálogo e a verificar, a comprobar, a buscar a postura máis axeitada. É un diálogo continuo e un aprendizaxe que se vai construíndo co saber, sentir, crer, facer... dos e das demáis. Nos proxectos todo se constrúe coa aportación de todos e de todas. Incluso o mesmo dossier, no que recollemos como se levou a cabo o proxecto. Sería moi positivo intentar que as familias se sintan involucradas coma os seus fillos e fillas no transcurso de cada proxecto, pois sorprenderanse e percibirán o importante que é ensinar a investigar, que os seus fillos e fillas busquen e aprendan por eles mesmos, e como isto é unha lección para eles, pois tirarán deles para buscar inforación, demandaranlles axuda, empuxaranos a investigar con eles... O traballo por proxectos fai que sexa moi complexo limitar os contidos ao que marcan as editoriais ou a administración educativa a través destas, pois cando se parte relamente dos intereses dos nenos e nenas, cando se abren os ollos e oídos para retomar o que expresan, o que senten e lles interesa, aparecen outros moitos contidos diferentes a estes, incluso estes a veces nin sequera aparecen e prefiren falar, saber e construir sobre


estrelas, os xogos, os antepasados. Con respecto ao que se van a atopar ao relacionarse co seu entorno, establecer os mesmos contidos para todos e todas pode ser un erro, xa que os ambientes e entornos poden cambiar moito duns nenos a outros. Para uns nenos e nenas do mundo rural traballar sobre e cos animais, non lles resultará tan novedoso coma para algúns nenos e nenas de cidade. Os seus intereses seguramente serán distintos e distintos terán que ser os contidos se queremos respectar unha ensinanza personalizada e que resposte aos seus intereses. Pode ser que os contidos propostos polo ministerio deban ser traballados, pero moitos destes contidos non precisan ser repetidos durante anos e anos como ven acontecendo, senón que poden ser traballados puntualmente en diferentes momentos da clase, e así dar paso e tempo a investigar sobre o que realmente interese aos nosos alumnos e alumnas. Os proxectos son unha concepción global da educación que rompe cun currículo pechado e que se interroga a cerca de como se aprende. É unha concepción que se basea en escoitar ao suxeito, no fomento do desexo de aprender e no traballo colaborativo entre os distintos axentes educativos. Incita a empregar múltiples linguaxes: oral, escrita, corporal, plástica, matemática... e pon en xogo moitas capacidades: conversar, argumentar, consensuar, sintetizar, elexir, optar, planificar, seleccionar e non repetir, comprender... ALGUNHAS CLAVES IMPORTANTES: 1. unha concepción do neno e da nena que entende que o neno e a nena PENSA, é crítico/a, reflexivo/a, pensante, capaz de crear hipóteses... Non ten que ocultar/calar os seus saberes, porque as nosas actividades de aula, levan ao neno/ nena a poñer en xogo o que sabe, o que cree,... as súas hipóteses, os seus coñecementos, as súas creencias, etc. 2. unha concepción da educación que non busca soamente que o alumno/a adquira mecanicamente uns contidos, senon axudarlle a organizar o pensamento, a relacionar. É decir, Ensinar a pensar. Trátase de que o neno e a nena vaian creando procedementos precisos, que lle permitan aprender de xeito autónomo. 3. unha concepción da lecto-escritura na que o obxecto de traballo sexan as prácticas sociais de lectura e escritura, que se desenvolvan na vida diaria. As vandas deseñadas, a noticia xornalistica, a biografía, oa anuncios, os refráns, as recetas, a carta, o xornal... están presentes na aula para ser interpretados e escritos. 4. Un cambio de actitude por parte do mestre/a. O seu labor principal no é transmitir coñecementos senon encauzar, orientar, guiar, provocar conflitos... que posibiliten a construción do aprendizaxe. O mestre/a proporciona información e estimula para que o neno ou nena definan e constrúan o seu propio saber.


MOTIVACIÓN A motivación é o motor do proxecto, a nosa labor trata de combinar os contidos do currículo coa motivación plantexada. Ésta pode xurdir de diversas maneiras: noticias, algunha lectura, a propia observación das relacións e xogos dos nenos e nenas, diálogos entre eles/as... pero a dificultade coa que nos podemos atopar é como manter a motivación. Para que algo sexa motivable ten que ser interesante, ten que existir algo novidoso para amprender e eles/as teranse que sentir capaces para aprendelo. FORMULACIÓN DE PREGUNTAS E RECOLLIDA DE IDEAS PREVIAS O interese polo novo proxecto fai plantearse aos nenos e nenas novas cuestións. Para axudarlles neste proceso é importante que nós coñezcamos o que saben (coñecementos previos) xa que nos vai a permitir crear situacións de aprendizaxe onde eles e elas sintan que son capaces de resolver estas situacións. En moitas ocasións os coñecementos previos recollidos son erróneos, pero é de vital importancia entender que non debemos correxir o erro, senón centrarnos en propiciar situacións que permitan aos propios nenos e nenas modificalos. BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN E REFLEXIÓN Despois da formulación de preguntas viría a búsqueda de información coas aportacións de todos e todas (nenos, nenas, mestres, mestras e mesmo as familias). Unha vez que temos a informaicón comezamos a xerar direfentes hipóteses para intentar resolver a situación de aprendizaxe (poñendo en relación os coñecementos que xa temos coa nova información). Este proceso pódese facer de forma individual ou en grupo (sendo este segundo xeito favorecedor de novos aprendizaxes, entendendo que non se trata de que o que máis sabe ensine aos demáis, senón que entre todos e todas resolvamos as hipóteses e por tanto construamos entre todos e todas aprendizaxe.

AVALIACIÓN O propio proxecto fai que a avaliación do mesmo sexa continua. A avaliación do proceso permite a retroalimentación do mesmo, aparecen novos coñecementos e por tanto novas propostas que amosan que o proceso está vivo e aberto. Posiblemente unha das cousas máis importantes é establecer momentos para concretar que, como, quen e cando avaliar, así adquire especial importancia a coordinación coas aulas implicadas no proxecto, xa que é no intercambio cos e coas compañeiras onde podemos realmente avaliar tanto a marcha do proxecto como a nosa propia actuación. Poderíase facer un pouco máis de fincapé na avaliación final dos alumnos e alumnas tendo en conta os items xerais dun proxecto, por exemplo: • Busca e aporta información • Participa de forma activa nas actividades propostas • Fai propostas de actividades relacionadas co proxecto • Faise preguntas sobre o proxecto que estamos a traballar • Apoia as propostas doustros e doutras compañeiras e compañeiros


• • • • • • •

É capaz de traballar en pequeno grupo, pedindo axuda cando a precisa e ofrecéndolla aos demáis Anticipa os pasos que terá que dar para realizar a tarefa Ampliou o seu coñecemento sobre o tema Imcorporou o vocabulario específico do proxecto ao seu vocabulario habitual Transmite a outras persoas o que aprendeu no proxecto Respecta as normas de uso dos espacios da aula Atópase motivado ou motivada polo proxecto

CONCLUSIÓNS • Esta forma de traballar fomenta a relación das informacións para pasar a formar parte da experiencia, sendo eles e elas mesmas parte activa do proceso. • Foméntase a idea de que todos e todas somos capaces de aportar, facendo as cousas cada quen ao seu xeito, sempre respectando a capacidade e o ritmo de cada persoa • Esta metodoloxía favorece a integración na aula dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais, xa que esta forma de traballar respecta o principio de individualidade da ensinanza • Cambia o rol do mestre ou mestra que pasa de ser un mero transmisor de coñecementos conceptuais a un guía ou instrumento de axuda para que os nenos e nenas consigan aprendizaxes significativos que podan aplicar en situación da vida diaria • Valora e aposta du xeito claro polo traballo en equipo, a coordinación entre os distintos axentes educativos chegando ao conxunto ou totalidade do centro • E intenta que o traballo volte a ser unha fonte de disfrute, tanto para nenos, nenas, mestres, mestras, familias...


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.