Xornal21 nº 34

Page 32

32 Xornal 21

Tomiño

Decembro de 2010

Pablo Baquero será o candidato de CDT á Alcaldía de Tomiño Na actualidade é Concelleiro Sanidade e Benestar Social. Pablo Baquero Álvarez, actual Concelleiro de Sanidade e Benestar Social do Concello de Tomiño, foi elixido Candidato de Centristas de Tomiño ás eleccións municipais do próximo mes de maio, tal e como se acordou por unanimidade recentemente na asemblea deste partido independente. Pablo Baquero de 36 anos e asesor fiscal de profesión é o responsable da actual política social local, representante municipal nos Consellos Escolares e coordinador de infraestruturas e investimentos de CdT. Baquero amosou a súa satisfacción polo nomeamento, agradecendo a todos os afiliados e afiliadas, a confianza depositada e mostrándose ilusionado ante esta nova etapa e este novo reto, establecendo como obxectivo para as próximas eleccións o aumentar o

Pasa a ser tamén o voceiro do grupo municipal. /R.

número de concelleiros que actualmente ten CdT na corporación municipal. Como eixos principais da súa futura xestión defendeu ante a mesma Asemblea o Saneamento, o Emprego

Lámpadas led no alumeado de Nadal en Tomiño

Destaca a decoración da Casa do Concello. /Beti Rey

O sábado 18 de decembro é a data prevista do acendido do alumeado de Nadal de Tomiño. Os operarios da empresa adxudicataria deste servizo ultimaban nos últimos días toda a montaxe dos arcos de luz nos que empregaron lámpadas led de baixo consumo. Ás rúas de

acceso á Praza do Seixo locen xa os distintos motivos navideños que lucirán ata o próximo 6 de xaneiro. Chama a atención a fermosa iluminación da fachada do concello, e do entorno da praza con árbores de Nadal e estrelas na rotonda que regula o tráfico na zona.

e o Benestar Social. En canto ao Saneamento, segundo a súa opinión, a pesar dos importantes investimentos realizados nesta lexislatura, é necesario redobrar os esforzos

Alumnado do IES de Tomiño participou en charlas sobre educación vial Helena Rodríguez, da Delegación da DGT en Pontevedra, e de tres axentes da Policía Municipal de Tomiño foron os encargados nas últimas semanas de impartir unha serie de charlas sobre educación vial aos máis de 300 alumnos do IES de Tomiño que cursan 3º da ESO Nesta iniciativa, organizada pola Concellería de Seguridade, Tráfico e Transporte, os técnicos abordaron dos perigos da condución de ciclomotores e da importancia que ten a precaución e o cumprimento das normas de circulación nun municipio como o de Tomiño, no que a dispersión xeográfica fai imprescindibles os desprazamentos en vehículo entre os diferentes núcleos. As charlas contaron tamén con apoio audiovisual e, ao remate, fíxose entrega á dirección do centro de material da campaña da DGT a favor do emprego do casco no caso dos motociclistas.

e loitar por conseguir que se chegue coa rede xeral a todas as parroquias: “É unha necesidade indiscutible que temos que priorizar sobre calquera outra investimento municipal”.

Con respecto ao emprego, insiste na importancia de dotar ao municipio de chan empresarial de calidade e competitivo, ben comunicado, que permita captar investimentos externos e sendo necesario, para iso, axilizar a VAC Tui-A Guarda. Tamén, e por outra banda, hase de axudar e facer un seguimento exhaustivo ás persoas desempregadas, especialmente aos colectivos de máis difícil inserción no mercado de traballo. Na área de Benestar Social, e ante a redución de axudas por parte da Administración Autonómica, Pablo Baquero, considera que hai que incrementar os esforzos municipais para atender as necesidades básicas da poboación. Finalmente, considera que o espírito de Centristas debe seguir sendo o de catalizador e garante de investimentos, tanto da Deputación, como da Xunta, do Estado, e mesmo de Fondos Europeos e, neste sentido, anticipou que calquera pacto, no futuro, dependerá de proxectos e obxectivos concretos que permitan dotar a Tomiño das infraestruturas necesarias para o pleno desenvolvemento de todo o seu gran potencial. Baquero tamén asumirá a partir de agora, tal e como quedou aprobado na propia Asemblea, o liderado do Grupo Municipal, converténdose oficialmente no seu portavoz.

Música, fotografía, parque infantil, e actividades de rúa no Nadal de Tomiño A Concellería de Cultura elaborou un amplo programa. Xornal21 / redacción tomiño

A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal organiza nestas datas de Nadal programa de actividades para todos os públicos co gallo destas festas. Ao abeiro desta programación a primeira actividade foi a inauguración da exposición fotográfica “Lendas dunha meiga: o mundo a través dos seus ollos” de Paula Fernández Nóvoa que ata finais de decembro se poderá visitar no Auditorio de Goián. Por outra parte a música será protagonista nos concertos previstos para o sábado 18 ás 20h a cargo de Camerata Viguesa, e o 6 de xaneiro coa Orquestra Clásica de Vigo.

Non faltará nestas actividades o Parque Infantil Tomilandia que tivo gran éxito en anos anteriores. Nesta ocasión vaise celebrar o domingo, 26 de decembro, no Pavillón Municipal de Tomiño. Haberá distintas atraccións con monitores de forma totalmente gratuíta. Tamén haberá unha serie de actividades de animación de rúa que comezarán o día 22 con Papá Noel Zancudo e Mamá Noel, Alicia no país das Marabillas, boneco de neve e trasno branco, Mickey e Minnie, Trasnos de Nadal, Yetti Zancudo e Carteiro e Paxe Real. Toda esta programación culminará o mércores, 5 de xaneiro, coa Cabalgata de Reis, que percorrerá as rúas do centro de Tomiño, coa presenza dos Reis Magos Melchor, Gaspar e Baltasar e a súa comitiva que irá repartindo caramelos e agasallos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.