Page 1

O VERBO O verbo é o eixo da frase xa que todas as restantes palabras se agrupan ao seu redor. Incluso cando non está expreso, temos que sobreentendelo para que a frase teña sentido. Pode mesmo por si só constituír unha frase: Fala! Formalmente está constituído por un tema e un sufixo flexional. O tema, á súa vez, está composto por unha raíz e unha vogal temática; e o sufixo flexional está formado polas desinencias modo-temporais e de número persoa:

Raíz CantPorta o significado léxico. (Lexema).

TEMA Vogal temática -aÉ o morfema que clasifica o verbo en tres conxugacións: a-1ª; e-2ª; i-3ª.

SUFIXO FLEXIONAL Modo-tempo Número-persoa -ba-mos É o morfema que indica Expresa a persoa o modo e o tempo de gramatical suxeito da calquera forma verbal. acción verbal.

A VOZ indica se o suxeito realiza ou recibe a acción expresada por unha forma verbal. No primeiro caso trátase da voz activa (el mira), no segundo da pasiva (el é mirado). O MODO é a postura que adopta o falante ante o enunciado predicativo. Os modos indican, pois, de que maneira encara o que fala a significación do verbo: o indicativo como real, o subxuntivo como desexo e o imperativo como mandato. O TEMPO indica se a acción verbal se realiza nun momento presente (canto), pasado (cantei) ou futuro (cantarei). O ASPECTO expresa se unha acción está terminada, ou se se está realizando. Trátase no primeiro caso do aspecto perfectivo (cantei), e no segundo caso do aspecto imperfectivo (canto). O NÚMERO E A PERSOA indican quen é o suxeito ou suxeitos que realizan a acción expresada polo verbo.

CLASES DE VERBOS REGULARES: O seu tema non sofre cambios na súa conxugación: amar, coller, partir...

IRREGULARES: O seu tema sofre cambios na súa conxugación: guiar,

SEGUNDO A FORMA

poñer, dicir...

DEFECTIVOS: Aqueles que carecen dalgunha forma ou flexión: acaecer, ocorrer, atinxir...

IMPERSOAIS: Ao careceren de suxeito soamente se poden conxugar na 3ª persoa do singular: nevar, chover, orballar...

SEGUNDO A SÚA SIGNIFICACIÓN

PRONOMINAIS: Cando a función do

PREDICATIVOS: Indican acción,

obxecto directo está desempeñada por un pronome que coincide na persoa coa do suxeito.

COPULATIVOS: Indican estado

estado ou paixón (o home camiña)

(o home é forte). Son o lazo de unión entre o suxeito e o predicado. Son o ser e o estar.

REFLEXIVOS: a acción recae ou se reflicte sobre o mesmo suxeito que a realiza: eu lávome. RECÍPROCOS: teñen por suxeito axente dúas ou máis persoas, cousas ou animais que exercen unha acción sobre os outros ao mesmo tempo que a reciben deles: María e eu saudámonos.

TRANSITIVOS: Indican que a acción recae sobre unha persoa ou cousa (María estudou a lección). INTRANSITIVOS: A acción permanece no suxeito e resulta completa sen necesidade dun obxecto directo (Castelao naceu en Rianxo).


O VERBO. Paradigmas regulares (hipervínculo para consultares na rede) No blog “galegodaestación” están as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego onde podes consultar os paradigmas dos verbos irregulares.

Análise morfolóxica dos verbos regulares: 1.ª conxugación: andar Presente de indicativo Raíz VT MT NP and o and a s and a and a mos and a des and a n

2.ª conxugación: bater Presente de indicativo Raíz VT MT NP bat o bat e s bat e bat e mos bat e des bat e n

3.ª conxugación: vivir Presente de indicativo Raíz VT MT NP viv o viv e s viv e viv i mos viv i des viv e n

Copretérito de indicativo Raíz VT MT NP and a ba and a ba s and a ba and a ba mos and a ba des and a ba n Pretérito de indicativo Raíz VT MT NP and e i and a ches and o dou and a mos and a stes and a ron Antepretérito de indicativo Raíz VT MT NP and a ra and a ra s and a ra and a ra mos and a ra des and a ra n Pospretérito de indicativo Raíz VT MT NP and a ría and a ría s and a ría and a ria mos and a ria des and a ría n

Copretérito de indicativo Raíz VT MT NP bat í a bat í a s bat í a bat í a mos bat í a des bat í a n Pretérito de indicativo Raíz VT MT NP bat í n bat i ches bat e u bat e mos bat e stes bat e ron Antepretérito de indicativo Raíz VT MT NP bat e ra bat e ra s bat e ra bat e ra mos bat e ra des bat e ra n Pospretérito de indicativo Raíz VT MT NP bat e ría bat e ría s bat e ría bat e ria mos bat e ria des bat e ría n

Copretérito de indicativo Raíz VT MT NP viv í a viv í a s viv í a viv í a mos viv í a des viv í a n Pretérito de indicativo Raíz VT MT NP viv í n viv i ches viv i u viv i mos viv i stes viv i ron Antepretérito de indicativo Raíz VT MT NP viv i ra viv i ra s viv i ra viv i ra mos viv i ra des viv i ra n Pospretérito de indicativo Raíz VT MT NP viv i ría viv i ría s viv i ría viv i ria mos viv i ria des viv i ría n


Futuro de indicativo Raíz VT MT NP and a re i and a rá s and a rá and a re mos and a re des and a rá n

Raíz and and and and and and

Presente de subxuntivo VT MT NP e e s e e mos e des e n

Futuro de indicativo Raíz VT MT NP bat e re i bat e rá s bat e rá bat e re mos bat e re des bat e rá n

Raíz bat bat bat bat bat bat

Presente de subxuntivo VT MT NP a a s a a mos a des a n

Futuro de indicativo Raíz VT MT NP viv i re i viv i rá s viv i rá viv i re mos viv i re des viv i rá n

Raíz viv viv viv viv viv viv

Presente de subxuntivo VT MT NP a a s a a mos a des a n

Pretérito de subxuntivo Raíz VT MT NP and a se and a se s and a se and á se mos and á se des and a se n

Pretérito de subxuntivo Raíz VT MT NP bat e se bat e se s bat e se bat é se mos bat é se des bat e se n

Pretérito de subxuntivo Raíz VT MT NP viv i se viv i se s viv i se viv í se mos viv í se des viv i se n

Futuro de subxuntivo Raíz VT MT NP and a r and a r es and a r and a r mos and a r des and a r en

Futuro de subxuntivo Raíz VT MT NP bat e r bat e r es bat e r bat e r mos bat e r des bat e r en

Futuro de subxuntivo Raíz VT MT NP viv i r viv i r es viv i r viv i r mos viv i r des viv i r en

Raíz and and

Imperativo VT MT a a -

Raíz bat bat

Imperativo VT MT e e -

Raíz viv viv

Imperativo VT MT e i -

Raíz and and and and and and

Infinitivo VT MT r r r r r r

Raíz bat bat bat bat bat bat

Infinitivo VT MT r r r r r r

Raíz viv viv viv viv viv viv

Infinitivo VT MT r r r r r r

a a a a a a

NP de

NP es mos des en

e e e e e e

NP de

NP es mos des en

i i i i i i

NP de

NP es mos des en


Raíz and

Xerundio VT MT a ndo

Raíz and

Participio VT MT a do

NP -

NP -

Raíz bat

Xerundio VT MT e ndo

Raíz bat

Participio VT MT i do

NP -

NP -

Raíz viv

Xerundio VT MT i ndo

Raíz viv

Participio VT MT i do

NP -

NP -

Usos e valores dos tempos verbais Presente de indicativo: Coincidencia co momento actual. 

Acción coincidente co momento da enunciación: Xosé está comendo leituga.

Habitual (acción frecuente): Laura vai ao instituto cada mañá.

Permanente (valor intemporal, verdades permanentes): A auga ferve a 100º.

Histórico ou narrativo: A guerra civil iníciase no 1936.

Prospectivo (certeza no futuro): Maña temos o exame de gramática.

Mandato (imperativo): Baixas o volume da radio agora.

Copretérito de indicativo: Coincidencia cun momento do pasado (un adverbio ou outro verbo). 

Coincidencia cun tempo pasado: Cando cheguei elas marchaban para a casa.

Acción habitual: Antes bebían viño e agora convertéronse en abstemios.

De cortesía: Quería un pouco de auga, por favor.

Futuro (dende o pasado): Hai xa un mes que me dixo que marchaba.

Pretérito de indicativo: Un feito pasado máis ou menos afastado (non precisa referente). 

Anterior ao momento da enunciación: Onte comemos unha caldeirada de pescada.

Valor imperativo (mandato): Tes que estudar, así que xa acabaches de merendar.

Pretérito do futuro (acción futura que se realizará axiña): Cando vaias coller as cereixas xa as comeron os paxaros.

Antepretérito de indicativo: Un feito pasado con relación a outro tamén pasado -non con respecto ao momento actual. 

Retrospección no pasado: Cando empezaches a falar xa marcharamos da sala.

Cortesía: Quixera saber o seu nome.


Desiderativo (acción que debería estar realizada no pasado): Quen puidera namorala!

Futuro de indicativo: Feito que aínda non sucedeu no momento actual e aínda está por vir. 

Incerteza, posibilidade: De aquí a Sada haberá uns doce quilómetros.

Prospección ou previsión: Semella que mañá non choverá.

Obrigatoriedade: Faredes o que eu diga.

Cortesía: Amañaranmo antes do serán?

Retrospectivo: Despois da chuvia sairá o sol.

Pospretérito de indicativo: Condicional ou futuro hipotético. Feito futuro con relación a un tempo pasado, hipótese... 

Prospección ou previsión desde o pasado: Días despois veríanse de novo.

Probabilidade, incerteza no pasado: No feirón habería unhas cincocentas persoas.

Cortesía: Podería darme un café?

Retrospectiva: O rapaz sería envexado durante moito tempo.

Presente de subxuntivo: Expresa accións non reais referidas ao presente e ao futuro. 

Desexo, maldición ou exclamación: Mala chispa te coma! O Demo te leve!

Dúbida: Non sei se coma hoxe sardiñas.

Imperativo, mandato: Non collades máis ameixas.

Pretérito de subxuntivo: Expresa accións non reais referidas a un tempo anterior, posterior ou simultáneo: Mandou que se achegase por alí. Se non te puxeses serio non faría nunca o seu labor. Non parece que viñesen moi tranquilos. 

Desexo: Quen fose pomba para poder voar.

Futuro de subxuntivo: Unha acción futura non real que é posible que se realice. É un tempo de uso culto e literario; a lingua habitual substitúeo por presente ou pretérito de subxuntivo: Cando viñeres por casa, veralo. Sexa o que for, dimo canto antes. Onde vires moito fume, nunca te vaias quentar. (Refrán) As nais que traballaren e tiveren fillos menores de cinco anos, poderán reclamar a axuda. (Linguaxe xurídica). Imperativo: Expresa ordes, peticións, consellos... Sae de aí inmediatamente! Consuma produtos galegos. AS FORMAS NOMINAIS. Non expresan tempo nin modo e achéganse a outras clases de palabras (substantivo, adxectivo e adverbio). O Infinitivo (=substantivo). De forma xeral, expresa a acción verbal en potencia, sen ter en conta se se está a realizar ou non, aínda que é unha forma que se achega ao presente . O seu protestar non ten fin. Xa está a chorar. Con


preposición a ten valor de xerundio e indica acción en proceso: Está a chover. Precedido de preposición e conxugado, pode ter valor de hipótese, posibilidade, probabilidade .... e a estrutura na que se integra equivale a unha oración condicional: De chegardes cedo, agardade por nós (= Se chegades cedo, ...). O xerundio (=adverbio). Modifica adverbialmente o verbo principal, expresando, unha circunstancia a el referida. A acción está vista na súa realización. Precedido de en: acción sucedida inmediatamente antes que a do verbo principal. Sempre vén asubiando polo camiño. En chegando a ese cruce, colle a man dereita.(= Cando chegues a ese cruce, colle a man dereita). O participio (=adxectivo). Pode funcionar como un adxectivo perdendo case o seu carácter verbal. Ten o valor de acción rematada, máis relacionada co pasado. Teño lido moitas obras de Castelao.

O infinitivo persoal ou conxugado O infinitivo conxugado (ou persoal) fórmase mediante o morfema –R e mais os morfemas de número e persoa: coll-e-rcoll-e-r-es coll-e-r coll-e-r-mos coll-e-r-des coll-e-r-en

and-a-rand-a-r-es and-a-r and-a-r-mos and-a-r-des and-a-r-en

part-i-rpart-i-r-es part-i-r part-i-r-mos part-i-r-des part-i-r-en

O emprego da forma conxugada vén motivado pola intención de resaltar o suxeito da acción gramatical, ás veces necesariamente para evitar ambigüidades. O uso da forma invariable presenta a acción en xeral, sen destacar especialmente a persoa que a realiza: Este é un bo sitio para montarmos a tenda. Este é un bo sitio para montar a tenda. Emprégase a forma conxugada: a) cando o infinitivo ten un suxeito (expreso ou que se quere facer patente) distinto ao do verbo da oración dominante: ao chegaren os primeiros fríos o vello péchase na casa; b) se ten o mesmo suxeito que o verbo principal pero vai antes ca el e precedido dunha preposición: para lembráreste despois, anótao; c) cando ten o mesmo suxeito que o verbo da oración dominante e vai posposto a el, pero a suficiente distancia como para que se poida perder a noción de cal é o suxeito: seguide pola estrada principal da costa para verdes mellor todo; d) con verbos pronominais ou reflexivos: metéreste no que non che importa acabará por che traer problemas.

As perífrases verbais Chamamos perífrase verbal ao conxunto de dous verbos formando unha unidade: os dous constitúen un único predicado e o seu significado é conxunto, non a suma do de cada un dos dous verbos. A súa estrutura é a seguinte:


VERBO AUXILIAR

(ELEMENTO DE RELACIÓN)

-forma persoal -perde o significado léxico -aporta o significado gramatical

preposición conxunción

VERBO AUXILIADO

-forma nominal -aporta o significado léxico

Principais perífrases verbais: TEMPORAIS: futuridade en xeral ou inminencia IR + INFINITIVO HABER (DE) + INFINITIVO ESTAR A/PARA + INFINITIVO QUERER + INFINITIVO

vainos dicir o de sempre han (de) ver do que somos capaces están a dar as doce parece que quere chover

MODAIS: acción obrigatoria ou hipotética HABER (DE/QUE) + INFINITIVO TER QUE/DE + INFINITIVO DEBER (DE) + INFINITIVO PODER + INFINITIVO

hai que fuxir de contado tendes que seguir un bo anaco máis deberon (de) avisalo os veciños pode ter razón no que di

ASPECTUAIS IMPERFECTIVAS: acción no seu desenvolvemento ESTAR + XERUNDIO ANDAR + XERUNDIO LEVAR + XERUNDIO SEGUIR + XERUNDIO IR + XERUNDIO VIR + XERUNDIO SER A + INFINITIVO

está durmindo anda traballando en Santiago leva moito tempo escribindo esa novela o monte segue ardendo a comida vai estando véñoo reclamando dende hai anos todos eran a preguntar o que pasaba

ASPECTUAIS PERFECTIVAS: acción como un proceso rematado ACABAR DE + INF. VIR DE + INF. DEIXAR (SE) DE + INF. DAR + PARTICIPIO LEVAR + PARTICIPIO TER + PARTICIPIO IR + PARTICIPIO

Non acaba de tranquilizarse non lle fales de doenzas que vén de pasar unha boa deixa de burlarte non demos atopado a cas leva esperado ben por elas xa terá durmido cando cheguemos dentro dun ano xa a casa vai acabada

ASPECTUAIS INCOATIVAS: acción no inicio do seu proceso COMEZAR A + INF. BOTAR (SE) A + INF. POÑER (SE) A + INF. DAR EN + INF. ROMPER A + INF. SOLTARSE A + INF.

comezou a escurecer botouse a correr púxose a berrar deu en rir ás gargalladas por fin rompeu a falar soltouse a chover e chegamos pingando

ASPECTUAIS TERMINATIVAS: acción no final do seu proceso CHEGAR A + INF. VIR (A) + INF. ACABAR POR + INF.

non creo que chegue a romper con el os feitos viñéronme (a) dar a razón acabarás por non lle facer caso

ASPECTUAIS REITERATIVAS: acción que se repite TER + PARTICIPIO VOLVER + INFINITIVO

temos coincidido no autobús volveulle dar unha recaída


ESQUEMA DAS PERÍFRASES VERBAIS TEMPORAIS Posterioridade xeral ou inmediata. Auxiliar + infinitivo

FUTURIDADE XERAL

FUTURIDADE INMEDIATA

INCOATIVAS Comezo da acción

PERÍFRASES VERBAIS Dous verbos: forma persoal + forma nominal. (auxiliar) elemento de relación (auxiliado) auxiliar: valor gramatical (MT, NP)

ASPECTUAIS Proceso interno da acción: inicio, rematada, reiterada, non rematada ou no seu remate.

IMPERFECTIVAS Accións non rematadas, no seu desenvolvemento.

auxiliado: significado léxico PERFECTIVAS Accións rematadas.

É o núcleo do predicado Ten unidade semántica

REITERATIVAS Repetición da acción. TERMINATIVAS Proximidade ao remate da acción.

MODAIS Actitude do emisor ante a acción.

OBRIGATIVAS Obriga ou necesidade da acción.

HIPOTÉTICAS Acción insegura, probable.

Ir + infinitivo (Ides coller o autobús das oito) Haber (de) + infinitivo (Has de facer o que dixeches) Estar (a/para) + infinitivo ( O inverno está a chegar).Se o verbo está en pretérito indica unha acción que estivo a punto de suceder: (A avoa estivo para morrer). Andar (para) + infinitivo (Corren para gañar a carreira) Querer + infinitivo (Queremos comer antes da noite) Haber (en pret. ou antepret.) (de) + infinitivo: acción que está a piques de se levar a cabo. (Houben de morrer afogado) Botar(se) a + infinitivo (Botouse a andar) Romper a + infinitivo (Rompeu a chorar) Pegar a + infinitivo (peguei a berrar) Comezar/principiar/empezar a + infinitivo (Comezou a comer) Pórse a + infinitivo (Púxose a correr) Dar en + infinitivo (Deu en falar en voz alta) Soltarse a + infinitivo (Soltouse a falar) Tirar a + infinitivo (Tirou a correr para a casa) Estar + xerundio (Está comendo dende que chegou) Estar a + infinitivo (Está a comer dende que chegou Andar + xerundio (Anda xogando todo o día) Andar a + infinitivo (Anda a xogar todo o día) Continuar / seguir + xerundio ( a + infinitivo) (continuidade dun proceso anterior no tempo ( Segue traendo -a traerlambonadas. Levar + xerundio (Levo correndo dúas semanas) Levar a + infinitivo (Levo a correr dúas semanas) Ir + xerundio (gradual e progresivo) (foi baixando pouco a pouco Vir + xerundio (Veño camiñando dende hai uns días) Ser a + infinitivo (Todos eran a berrarlle) Ter + participio (Teríao feito) Reiterativo (Téñoo feito). Levar + participio (Levo comidos moitos grelos) reiteración? Dar + participio (Non dou feito os deberes) Acabar/rematar/terminar de + infinitivo (Acaba de comer todo) Deixar(se) de + infinitivo) (Deixou de protestar) Vir de + infinitivo (Veño de camiñar dous quilómetros) Volver (a) + infinitivo (Volveu a cantar unha vez máis) Tornar a + infinitivo (Ninguén tornou a saber nada dela) Chegar a + infinitivo (Chegou a comer todo o prato) Chegar a + infinitivo (Chegou a comer todo o prato) Acabar/rematar/terminar por + infinitivo (Acabaron por deixarte) Acabar/rematar/terminar + xerundio (Terminou comendo o doce) Haber (de) + infinitivo (Has de estudar pola noite) Haber que + infinitivo (Hai que lelo durante 30 minutos) Ter de + infinitivo (Tiña de acompañarte ao médico) Ter que + infinitivo (Tiña que acompañarte ao médico) Deber + infinitivo (Debes marchar cedo) (Pode ser tamén hipótese) Deber (de) + infinitivo (Debe (de) ter quince anos) Poder + infinitivo (Aínda pode coller o autobús) Haber + infinitivo (Han estar en Lugo)

O verbo  

Clasificación, morfoloxía dos verbos regulares, usos e valores dos tempos verbais, o infinitivo conxugado e as perífrases verbais.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you