Page 1

APUNTAMENTOS BÁSICOS DE SINTAXE A

sintaxe

encárgase das construcións (frases, oracións) que resultan de combinar diversas unidades

morfolóxicas; das relacións que se establecen entre elas (coordinación e subordinación) e das funcións que unhas unidades desempeñan no interior doutras (suxeito, predicado, núcleo, modificador...). As frases son sintagmas directamente constituídos por palabras que se agrupan como unidades de función para formar oracións. A oración é a unidade sintáctica de máis alto nivel na que a través dun verbo atribúense propiedades ou establécense relacións entre termos. Toda oración debe contar cun verbo que ordena e condiciona a súa estrutura interna. Na oración simple todas as funcións oracionais, fóra da do verbo, están desempeñadas por unidades de rango inmediatamente inferior, as frases, que poden precisar ou non de preposición. A unión de dúas ou máis oracións simples por medio de conxuncións coordinantes dá lugar a unha oración composta por

coordinación. Nas oracións compostas por subordinación ou oracións complexas hai algunha función cumprida por unha oración (oración dependente). Os elementos constituíntes da frase están interrelacionados e desempeñan diversas funcións:  O núcleo (N), o elemento esencial que pode desempeñar el só a función de toda a frase.  O modificador (Mod.), é un elemento dependente que pode ir directamente subordinado ao núcleo (mod. directo) ou unido a el mediante unha preposición (Mod. indirecto). Complementan semanticamente o núcleo achegando precisións de tipo cuantitativo, clasificador, denotador de estado, circunstancial, etc.  O determinante (Det.), é un elemento gramatical que vai xeralmente antes do núcleo e serve para definilo, anticipalo e precisar o seu significado cuantificándoo, identificándoo...

FN Det.

N.

Mod. directo

art.

subst.

adx.

A

frota

galega

Mod. indirecto prep.+ subst. de

arrastre

Segundo a categoría gramatical da palabra que desempeñe a función de núcleo existen as seguintes clases de frases:  Frase verbal (FV), ten como núcleo o verbo. (Chegou con retraso)  Frase nominal (FN), ten como núcleo un substantivo ou un pronome. (Un barco de pesca)  Frase adxectiva (FAdx), ten como núcleo un adxectivo. (moi grande)  Frase adverbial (FAdv), ten como núcleo un adverbio ou unha locución adverbial. (lonxe do porto)  Frase preposicional (FPrep), o seu núcleo formal é unha preposición, (de Betanzos) 1


As funcións sintácticas (valor que adquire unha unidade lingüística no interior dunha estrutura) que se poden cumprir dentro da oración son as seguintes:  Suxeito (Sux). É o constituínte que mantén relacións de concordancia co verbo e sobre o que se predica algo. (Xosé vive en Sada).  Determinante (Det): artigos, demostrativos, posesivos, indefinidos, numerais. Os rapaces.  Complemento do nome (CN): cando a frase que complementa o nome é unha FPrep ou FAdv. Os rapaces de Betanzos. Río abaixo.  Aposición (Apos): cando a frase que complementa o nome é unha FN. Sada, vila mariñeira.  Adxacente (Adx): cando a frase que complementa o nome é un SAdx. Os inesquecibles acontecementos.  Predicado (P). É a función nuclear da oración, a única esixible en todos os esquemas sintácticos. Está conformado por un verbo. (Xosé vive en Sada)  Cando o predicado está constituído por un verbo con significado pleno ou predicativo fálase de construcións e oracións predicativas, denominándose tradicionalmente predicado verbal. Poden presentar calquera complemento agás o atributo. (Xosé contou un conto fantástico)  Cando o predicado está constituído por un verbo copulativo (ser, estar ou outros que poden aparecer descargados do seu contido semántico como parecer, facerse, ficar, atoparse, poñerse, andar...) fálase de construcións ou oracións atributivas, denominándose tradicionalmente predicado nominal. Poden levar atributo e complemento circunstancial. (O instituto está frío polas mañás) As funcións sintácticas que poden desempeñar os complementos do verbo son estas: 

Complemento de obxecto directo (CD ou OD). Complementa de maneira inmediata o significado do verbo. (Xosé contou un conto fantástico)

Complemento de obxecto indirecto (CI ou OI). Preséntase tradicionalmente como a persoa ou cousa que recibe o beneficio ou dano da acción verbal. Leva unha preposición esixida polo verbo. (Xosé contoulles un conto fantástico aos rapaces)

Complemento circunstancial (CC). Son complementos que indican as circunstancias en que se desenvolve a acción ou proceso, e por esa razón é posible que haxa máis dun en cada oración. Denomínanse consonte a súa función semántica: de lugar, de tempo, de modo, de compañía, de causa, etc. (Xosé contoulles un conto fantástico aos rapaces onte pola mañá)

Complemento preposicional (CPrep). Tamén coñecido como complemento de réxime (CRéx) ou suplemento (Sup). Como o CD complementa de maneira inmediata o significado do verbo, pero leva sempre unha preposición esixida polo verbo e non é pronominalizable (non pode ser substituído polos clíticos) e tampouco se converte en suxeito paciente da construción pasiva. (Xosé ía falando dos seus fillos. Ía falando deles)

Atributo (Atr). É un constituínte obrigado das construcións con verbos copulativos. (Xosé está contento)

2


Complemento predicativo (CPvo). Trátase dun complemento semellante ao atributo pero que se dá en oracións con predicado verbal e que ten unha dupla función como modificador do núcleo da FN que funciona como suxeito ou como CD e mais como complemento verbal, moi próximo ao CC de modo. Pode ser, polo tanto, complemento predicativo de suxeito, ou complemento predicativo do complemento directo. Lupe chegou anoxada (CPvo de Sux), Comprei un coche moi barato (CPvo de CD). Non se pode pronominalizar. (Véxote un pouco contrariado. Cheguei canso. Atopeina moi cambiada. Quedou como se lle botaran fariña por riba. Os taxistas agardaban pacientes na porta)

Complemento axente (CAx.). É exclusivo da construción pasiva; dado que o suxeito é paciente, este complemento opcional permite expresar quen realiza a acción. Sempre é desempeñado por unha FN introducida polas preposicións por ou, en contadas ocasións, de. (Esa ponte foi construída polos romanos. É un feito coñecido de todos.)

A ORACIÓN É a unidade gramatical de referencia arredor da cal xira a análise sintáctica. A súa característica máis salientable é que nela se produce a predicación ( proceso lingüístico mediante o cal se di algo acerca dalgún asunto), polo que en toda oración é imprescindible a presenza dunha forma verbal que funcione como predicado. Outro constituínte da oración é o suxeito, cuxo núcleo concorda en número e persoa co verbo que é o núcleo da oración.

IMPERSOAIS (Carecen de suxeito)

 Naturais. Expresan fenómenos naturais (chover, nevar, lostregar, ventear...) (Está a nevar)  Gramaticais. Son construcións gramaticalizadas coa terceira persoa do singular dos verbos ir, haber, facer, ser. (Houbo moitos feridos. Vai moito frío. É cedo)  Eventuais. Constrúense coa terceira persoa do plural de calquera verbo en contextos determinados. (Din que non hai clase. Petan na porta)  Reflexas ou impersoais activas. Levan o pronome se como marca de impersonalidade. (Estase ben aquí. Fálase de suspender a excursión) Hai que ter moito coidado e non confundirmos estas oracións impersoais coas pasivas reflexas, que teñen suxeito e nas que o pronome se funciona como marca da voz pasiva. O verbo vai en terceira persoa, do singular ou do plural. (Alúgase apartamento. Alúganse apartamentos)

Segundo a natureza do predicado

ATRIBUTIVAS

PREDICATIVAS

(Constrúense con predicado nominal: Xosé está contento.) arecen de suxeito)

(Constrúense con predicado verbal)

Activas    

(Levan o verbo en voz activa. Abordaron o barco) Transitivas. Levan OD (Atopei a Marta) Intransitivas. Non levan OD. (Cheguei tarde) Reflexivas. O Sux. e o OD son o mesmo. (Lávome) Recíprocas. Varios suxeitos realizan unha mesma acción. O Sux. é tamén OD ou OI da acción verbal. (Os amigos escríbense cartas)

Pasivas (Levan o verbo en voz pasiva. O barco foi abordado. Os ladróns foron detidos pola policía)

3


Segundo a actitude do falante fronte ao contido informativo da oración distinguimos as seguintes modalidades oracionais: Afirmativas

Negativas

En xeral, o seu enunciado é compatible co adverbio si.

En xeral, o enunciado é compatible co adverbio non.

Aseverativa Declarativa ou enunciativa. Informa obxectivamente dun feito como real.

Interrogativa Formula unha pregunta orientada a ter unha resposta verbal.

Desiderativa

Imperativa

Exclamativa

Dubitativa

Optativa. Manifesta un desexo.

Expresa unha orde, mandato ou rogo.

Manifesta subxectivamente un sentimento ou impresión do emisor.

Expresa unha dúbida.

ORACIÓNS SIMPLES

Son aquelas que non conteñen no seu interior outras oracións, é dicir, as que conteñen un só predicado. (Compramos un armario. Xa chegaron os veraneantes á praia)

ORACIÓNS COMPOSTAS Aquelas que integran no seu interior outras oracións, isto é, as que conteñen máis dun predicado. Poden ser de dous tipos:

COMPOSTAS POR COORDINACIÓN

COMPOSTAS POR SUBORDINACIÓN OU COMPLEXAS

Constan de varias oracións que se coordinan entre si –mediante nexos ou sen elesformando unha oración coordinada. Todas están ao mesmo nivel xerárquico, xa que ningunha depende sintacticamente doutra.  Copulativas. Teñen un valor puramente aditivo. Unidas polas conxuncións copulativas e, nin. (Antía baila e Lucía canta. Nin Antía baila nin Lucía canta)  Disxuntivas. Teñen un valor de exclusión. Oracións unidas pola conxunción ou. (Vés ou quedas?)  Distributivas. Teñen un valor de alternancia non excluínte. Introducidas por elementos correlativos uns..., outros...; ben..., ben... (Unhas veces ri, outras veces chora)  Adversativas. Son grupos oracionais que constan de dúas oracións das que a segunda introduce unha matización ao expresado pola primeira. Os nexos que se empregan son as conxuncións mais, e mais, pero, aínda que... (Cruzamos o río e mais non nos mollamos. Non é unha escola, senón unha farmacia)

Engloban outras oracións dependentes dalgún elemento ou desempeñando no seu interior unha función complementaria subordinada. (Díxome que lle gustaba o seu peiteado. Xa chegaron os veraneantes que veñen á praia). Segundo a función que unha oración subordinada desempeñe no interior doutra, pódese falar de:  Oracións subordinadas substantivas. Poden ir introducidas pola conxunción que, pola conxunción se, por un pronome ou adverbio relativo ou sen ningún tipo de nexo. Desempeñan as funcións propias dun substantivo.  Oracións subordinadas adxectivas. Desempeñan a función propia dos adxectivos, é dicir, modificador do núcleo da FN. O grupo máis importante coñécese como oracións de relativo por iren introducidas por un deses pronomes. En ocasións os nexos son os adverbios relativos onde, como, canto. Hai dúas clases de oracións de relativo: especificativas e explicativas.  Oracións subordinadas adverbiais. Tamén denominadas oracións subordinadas circunstanciais. Distínguense entre adverbiais propias (de modo, de lugar, de tempo), comparativas e adverbiais impropias (consecutivas, causais, condicionais, concesivas, finais).

4


* Os responsables anunciaron a noticia

e

a

xente

reaccionou indignada

Oración composta coordinada copulativa O1

O2

Sux. (FN)

Det. (art.)

Pred. V. (FV)

N (Subs.)

N (V)

Nexo (Conx. Cop.) CD (FN)

Sux. (FN)

Pred. V. (FV)

Det. (art.) N (Subst.)

N (V)

CPvo. (FAdx.)

Det. (art.) N (Subs.)

Os

responsables

anunciaron

a

N (adx.)

noticia

e

a

xente

reaccionou

indignada

* Uns permanecían calados diante do televisor, outros confiaban no castigo dos responsables Oración composta coordinada distributiva O1 Sux. (FN)

N (Pron.)

O2

Pred. V. (FV)

N (V)

Atr.(FAdx.) N (adx.)

Sux. (FN)

CCL (Prep.+ FN)

Pred. V. (FV)

N (Pron.)

N (V)

Loc.Prep. Det. (art.) N (Subs.)

CPrep.(Prep.+ FN) Prep. Det.(art.) N (subs.) Mod (prep.+ FN) Prep.Det. (art.) N (Subs.)

Uns

permanecían calados diante do (de+o)

* Que

marchases

de

viaxe

televisor, outros

foi

confiaban

unha

no

castigo

decisión

dos

responsables

moi

atinada

(suxeito omitido: ti) Oración composta ou complexa subordinada substantiva en función de suxeito

Sux. (Oración Subordinada substantiva)

Nexo

Pred. V. (FV) N (V)

marchases

N (V)

CCM (Prep.+ FN) Prep.

Que

Pred. N. (FV)

de

Atr.(FN) Det.(Art.Ind.)

N (Subs.)

N (Subs.)

viaxe

foi

unha

decisión

Mod.(FAdx.) Cuant.(Adv)

N (Adx)

moi

atinada

5


* O traballo

que

desenvolveu

durante

a súa vida proporcionoulle dignas e merecidas homenaxes

(suxeito omitido: el/ela) Sux. (FN) Det.(Art.) N (Subs.)

Pred. V. (FV)

Mod. (Oración subordinada adxectiva)

CD (Pron. Rel.)

N (V)

N (V)

CI(pron.)

CCT (Prep.+ FN)

CD (FN)

Mod.(Adx.) Nx Mod.(Adx.) N (Subs.)

Prep. Det.(art.) Det. (pos.) N (subs.)

O

traballo

que

desenvolveu durante a

súa

vida

proporcionoulle

dignas e merecidas homenaxes

Oración composta ou complexa, subordinada adxectival.

* Aclimataron

a

casa

conforme

lles

recomendara

a

arquitecta

(suxeito omitido: eles/elas) Pred. V. (FV) N (V)

CD (FN) Det.(Art.) N (Subs.)

Aclimataron

a

casa

CCM (Oración Subordinada Adverbial de Modo) Nx

Pred. V (FV)

Sux. (FN)

CI (Pron.)

N (V)

lles

recomendara

conforme

Det. (art.) N (Subs.)

a

arquitecta

Oración composta ou complexa, subordinada adverbial de modo.

* Aprobarán

as reformas,

aínda que

(suxeito omitido: eles/elas) Oración Principal Pred. V. (FV) N (V)

os expertos

non

foron consultados

Nx

CD (FN)

as

reformas,

Consellería

Oración Subordinada Adverbial Concesiva Sux.(FN)

Pred. V (FV)

Det.(Art.) N (Subs.) CCN(Adv.)

N (V)

Det.(art.) N (Subs.)

Aprobarán

pola

CAx. (Prep.+FN) prep. Det.(art.) N (Subs.)

aínda que

os expertos

non

foron consultados

pola

Consellería

Oración composta ou complexa, subordinada adverbial concesiva.

6

Apuntamentos básicos de sintaxe  

Primeiro achegamento á sintaxe

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you