Page 1

AHMED' ABD AL MU'TI HEGAZI

ALI AHMAD SAID

AMAL DUNQUL

ISABEL BARRIEL

RAMÓN CABANILLAS

JORGE CARRERA ANDRADE

MARTA DACOSTA

ÁNGELA FIGUERA

JUAN GELMAN

HASSAN EL-OUAZZANI

YOLANDA LÓPEZ LÓPEZ

MUHAMMAD AL MAGUT

MUHAMMAD AZIZ AL-HABABI

MUIN BASISU

MUIN BASISU

DIANA VARELA PUÑAL

WILLIAM ERNEST HENLEY

ADNAN AL-SAYEGH

INGEBORG BACHMANN

JOSÉ AGUSTÍN GOYTISOLO


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

ADNAN AL-SAYEGH (Iraq, 1955) Agamenón Do po da batalla, volve co corazón ferido e dous brazos de tambores e ouro. Soñando cos doces labios de Clytemnestra que entón, se derretían noite tras noite, nos labios do seu amante Aiguitus. Cando abriu a porta viu nos seus viscosos labios miles de cadáveres que abandonou atrás no campo da batalla, e lembrou que esquecera deixar o seu cadáver alí.

AHMED' ABD AL MU'TI HEGAZI (Exipto, 1935) Sempre en busca Eu cruzo as rúas e o espazo e a multitude Cego a todos os lumes Eu levanto por todos lados o amor e o odio Ah! canto odio a indiferenza Arrisco a cabeza por dicir unha palabra Por unha risa liberadora Por un único sorriso Estremézome coa noite repentina Sen esperanza de salvación (...) http://www.letraslibres.com/revista/poemas/cuatro-poetas-arabes

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

2

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

ALI AHMAD SAID, Adonis (Siria ,1930) A bala Unha bala xira engraxada co resplandor da civilización, perfora o rostro da aurora -cada instante repítese esta escena os presentes renovan o trago da vida, animan sen pano, escuridade nin descanso: a escena é a historia e o actor a civilización. http://files.bibliotecadepoesiacontemporanea.webnode.es/200000071-1ac951bc31/Poes %C3%ADa%20%C3%81rabe.pdf

AMAL DUNQUL (Exipto,1940-1983) O FUTURO TESTAMENTO XÉNESE Capítulo Terceiro Dixen: Que haxa amor na terra, pero non o houbo. Dixen: Que o río se disolva no mar, o mar na nube, a nube en seca e a seca en fertilidade. E xermine pan para soster os corazóns famentos e herba para os rabaños da terra, sombra para os exiliados no deserto da tristura. Vin ao fillo de Adán erixindo os seus cercados en torno á plantación de Deus, contratando gardiáns, vendendo pan e auga aos seus irmáns e muxindo as escuálidas vacas. Dixen: Que haxa amor na terra, pero non o houbo. O amor só o posuíron os que puideron pagalo. ... E Deus viu que iso non era bo.

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

3

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

Dixen: Que haxa xustiza na terra: ollo por ollo e dente por dente. Dixen: Devorará o lobo ao lobo e o año ao año? Non poñas a espada nos pescozos de nenos e anciáns. Vin ao fillo de Adán matando ao fillo de Adán, incendiando as cidades, espetando o seu puñal no ventre das preñadas, botando os dedos dos seus fillos aos cabalos como penso, decorando o banquete da vitoria con vermellos labios laiantes. A xustiza morrera e rexía a lei do rifle. Os seus fillos eran crucificados nas prazas ou aforcados nos recantos. Dixen: Que haxa xustiza na terra, pero non a houbo. A xustiza só a posuíron seres sentados en tronos de cranios con sudarios como manteis. E Deus viu que iso non era bo. Dixen: Que haxa razón na terra coa súa voz equilibrada. Dixen: Construirán os paxaros os seus niños nas bocas das serpes? Vivirán os vermes entre as chamas? Pintarase o bufo os ollos con kohol? Sementará o sal quen espera o trigo, co transcorrer do tempo? Vin ao fillo de Adán tolear: tronzando as árbores, chuspindo no pozo, botando aceite ao río, vivindo nunha casa cunha bomba escondida baixo a porta, acollendo escorpións á calor do seu peito, legando aos seus descendentes a súa fe, o seu nome e a camisa de combate. A razón converteuse nun mendigo exiliado, apedrado por nenos, arrestado por gardiáns de fronteiras, coa identidade patriótica anulada polos gobernos e o nome incluído nas listas dos que odian o seu país. Dixen: Que haxa razón na terra, pero non a houbo. A razón caeu nun ciclo de exilio e prisión ata que toleou. E Deus viu que iso non era bo. http://www.poesiaarabe.com/amal_dunqul.htm

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

4

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

INGEBORG BACHMANN (Austria, 1926-1973) Tras este diluvio quero a pomba e unicamente á pomba vela salvada de novo. Eu afundiríame neste mar! se ela non voase, se ela non trouxese a última hora a folla. http://conestacasybramante.wordpress.com/2010/01/09/tras-el-diluvio/

ISABEL BARRIEL (Barcelona, 1953) PAZ Os canóns, de neve. As pistolas, de auga. Os soldados, de chumbo. Que todas as batallas que as guerra e os medos sexan a partir de agora caducados pesadelos. Os canóns, de neve. As pistolas, de auga. Os soldados, de chumbo. http://www.slideshare.net/Salvia/poesia-per-la-pau-poesa-por-la-paz

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

5

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

RAMÓN CABANILLAS (Cambados, 1876-1959) A Peste, a Fame e a Guerra fixeron trato coa Morte para valeirar a terra; mais a Vida foi máis forte. A Intrusa dóuse tal xeito e tal presa no segar, que un río de sangue, a eito, embermellóu terra e mar. Pro perdéu a fouce e fío, a Morte entróu en canseira e o sangue podre do río afogóuna na esterqueira. A Vida chea de dores, inda cuberta de loitos siguéu abrochando frores ¡ e enchendo a terra de froitos!

PAX

Virán os días craros do místico Nadal que anunciaron as voces proféticas de Ossián. A espada sanguiñenta será ferro de arar e enchérase de rosas a roseira da Paz. Os que levóu a fame ós eidos tornarán e queceránse as almas no lume do fogar. Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

6

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

Virán os días craros e bicando ós irmáns o Cristo irá de novo sobre as ágoas do mar. Morta a Besta que o mundo enchéu de solimán, ten de baixar da outura a pomba do Grial. E os anxes e as caustras a unha cantarán: ¡Groria, a Dios no outo ceo! ¡Paz ós homes no chan! (de Da miña zanfona)

http://www.galiciaespallada.com.ar/cabanillaszanfona.htm

PAZ É a man da paz a santa man que enxoita bágoas do dor en sangue da ferida, reconforto da alma esmorecida polos estragos da mundana loita. É a man da paz a santa man recoita que acolle a ovella no breñal perdida e pondo os lobos irtos en fuxida verte a mel do consolo encol da coita. (...)

(de Samos)

http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Sa++++++2&id_edicion=Sa+++++ +2001&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DSa%2B%2B%2B%2B%2B %2B2%26alias%3DRam%25F3n%2BCabanillas%22+class%3D%22nombreObraPaxina %22%3ESamos%3C%2Fa%3E&alias=Ram%F3n+Cabanillas&formato=texto

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

7

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

JORGE CARRERA ANDRADE (Ecuador, 1903-1978) Hombre Planetario XIX Vendrá un día más puro que los otros: estallará la paz sobre la tierra como un sol de cristal. Un fulgor nuevo envolverá las cosas. Los hombres cantarán en los caminos, libres ya de la muerte solapada. El trigo crecerá sobre los restos de la armas destruidas y nadie verterá la sangre de su hermano. El mundo será entonces de las fuentes y las espigas, que impondrán su imperio de abundancia y frescura sin fronteras. Los ancianos tan sólo, en el domingo de su vida apacible, esperarán la muerte, la muerte natural, fin de jornada, paisaje más hermoso que el poniente. http://www.poemas-del-alma.com/jorge-carrera-andrade-vendra-un-dia-mas-puro-que.htm

MARTA DACOSTA (Vigo, 1966) Un poema de sangue non se fai nun minuto, coma guerra que estoupa, enxéndrase nos anos, cada dorido golpe arrinca do granito das nosas mans, as liñas que denuncian palabras. Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

8

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

Cada palabra un golpe e cada letra sangue, cada paso na fronte un século de ira, cada morte de home, esperanza prometida con base no vento que lle levou a fala. E estes os alicerces da débil poesía; estes os cimentos en que non construímos nada; para que estas vigas de pesados cadáveres, para que ser fillos de guerras acabadas. (de Crear o mar en Compostela)

http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/04/02/marta-dacosta/

ÁNGELA FIGUERA (Bilbao, 1902-1984) No quiero No quiero que los besos se paguen ni la sangre se venda ni se compre la brisa ni se alquile el aliento. No quiero que el trigo se queme y el pan se escatime. No quiero que haya frío en las casas, que haya miedo en las calles, que haya rabia en los ojos.

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

9

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

No quiero que en los labios se encierren mentiras, que en las arcas se encierren millones, que en la cárcel se encierre a los buenos. No quiero que el labriego trabaje sin agua que el marino navegue sin brújula, que en la fábrica no haya azucenas, que en la mina no vean la aurora, que en la escuela no ría el maestro. No quiero que las madres no tengan perfumes, que las mozas no tengan amores, que los padres no tengan tabaco, que a los niños les pongan los Reyes camisetas de punto y cuadernos. No quiero que la tierra se parta en porciones, que en el mar se establezcan dominios, que en el aire se agiten banderas que en los trajes se pongan señales. No quiero que mi hijo desfile, que los hijos de madre desfilen con fusil y con muerte en el hombro; que jamás se disparen fusiles que jamás se fabriquen fusiles. No quiero que me manden Fulano y Mengano, que me fisgue el vecino de enfrente, que me pongan carteles y sellos que decreten lo que es poesía.

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

10

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

No quiero amar en secreto, llorar en secreto cantar en secreto. No quiero que me tapen la boca cuando digo NO QUIERO... http://amediavoz.com/figuera.htm#NO%20QUIERO

JUAN GELMAN (Arxentina, 1930-2014) Hechos mientras el dictador o burócrata de turno hablaba en defensa del desorden constituido del régimen él tomó un endecasílabo o verso nacido del encuentro entre una piedra y un fulgor de otoño afuera seguía la lucha de clases/el capitalismo brutal/el duro trabajo/la estupidez/ la represión/la muerte/las sirenas policiales cortando la noche/él tomó el endecasílabo y con mano hábil lo abrió en dos cargando de un lado más belleza y más belleza del otro/cerró el endecasílabo/puso el dedo en la palabra inicial/apretó la palabra inicial apuntando al dictador o burócrata salió el endecasílabo/siguió el discurso/siguió la lucha de clases/el capitalismo brutal/el duro trabajo/la estupidez/la represión/la muerte/las sirenas policiales cortando la noche

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

11

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

este hecho explica que ningún endecasílabo derribó hasta ahora a ningún dictador o burócrata aunque sea un pequeño dictador o un pequeño burócrata/y también explica que un verso puede nacer del encuentro entre una piedra y un fulgor de otoño o del encuentro entre la lluvia y un barco y de otros encuentros que nadie sabría predecir/o sea los nacimientos/ casamientos/ los disparos de la belleza incesante. http://crebas.blogaliza.org/2014/01/21/poemas-lxx-%C2%ABhechos%C2%BB-de-juan-gelman/

JOSÉ AGUSTÍN GOYTISOLO (Barcelona, 1928-1999) LA GUERRA De pronto, el aire se abatió, encendido, cayó, como una espada, sobre la tierra. ¡Oh, sí, recuerdo los clamores! Entre el humo y la sangre, miré los muros de la patria mía, como ciego miré por todas partes, buscando un pecho, una palabra, algo, donde esconder el llanto. Y encontré sólo muerte, ruina y muerte bajo el cielo vacío. (de Años decisivos)

http://www.poesiacastellana.es/poema.php?id=La+guerra&poeta=Goytisolo%2C+Jos%E9+Agust %EDn

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

12

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

HASSAN EL-OUAZZANI (Marrocos, 1970) (...) Fago guerras para volverme un heroe Invento outras para ser un mártir(...) (de Samurai)

http://files.bibliotecadepoesiacontemporanea.webnode.es/200000071-1ac951bc31/Poes %C3%ADa%20%C3%81rabe.pdf

YOLANDA LÓPEZ LÓPEZ (Ourense, 1976) SEGREDO DE SUMARIO Arestora repudio iso que chaman civilización. O documento da barbarie Que Walter Benjamín bautizou. Invento retrógrado de mentes Imperando na violencia irracional, No pragmatismo perverso adoecendo pestes. A Operación Cóndor, Liberia, Haití, Colombia, A invasión de Armenia, Os presos do cruel Guantánamo, O xenocidio de Sudán, Serra Leoa, Uganda tinxida de masacre, Katmandú mutilada, A inocencia feita escrava, Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

13

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

Nueva Delhi, Etiopía, A matanza sombría en Srebrenica, O suxo ouro do Congo ensanguentado, Os kurdos, os saharauís marxinados, Gaza, Cisjordania, Bagdad, Beirut, A identidade secuestrada, Hassan II dende o púlpito da vergoña, Das tropas fachendosas, da ebria Vitoria que amordaza, Porque o voso pudor arrecende A rancia pólvora homicida. Adopto a postura inconformista De revolucionaria inadaptada No muro no que escacho e me atranco… Mais érgome combativa. O sangue percorre incertezas que fago leis certas, Resistencias que triunfan Na escuridade de olladas baleiras Enchéndome…coma o mercurio tóxico Que asasina na Bahía de Minamata, Ou Chernóbil enchoupada coas bágoas acres da besta nuclear. A materia deforma cavidades Na ventosa de insignificancias, No cerebro do animal inerte, Nos ollos do látego enfermizo Intoxicado polo necio culpable. E a sádica industria… Fumigando inocentes Coa gadaña envelenada de Satán. http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2013/04/13/yolanda-lopez-lopez/ Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

14

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

MUHAMMAD AL MAGUT (Siria, 1934) ARDEN AS PALABRAS Poesía, inmortal cadáver, abúrresme. Líbano arde, Brinca como egua ferida ao bordo do deserto Mentres eu busco unha rapaza robusta Para rozala no autobús, A un home de trazos árabes Para derrubalo en calquera sitio. O meu país derrúbase, Treme nu cal cachorro de león Mentres eu busco un recanto retirado E a unha aldeá desesperada para seducila. Deusa da poesía Que penetras no meu corazón cal coitelo Cando penso que compoño poemas A unha rapaza descoñecida, A un país mudo Que come e dorme con calquera. Podo rir ata que o sangue Flúa polos meus labios. Eu son a flor letal, A aguia que golpea a súa presa sen piedade. Árabes, Montañas de fariña e pracer, Campos de balas cegas, queredes un poema sobre Palestina, sobre conquista e sangue? Eu son un home estraño: Teño o peito de chuvia E nos meus ollos ausentes Hai catro nacións feridas buscando a súa morte.

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

15

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

Estaba famento, Escoitando a triste música E dando voltas na cama cal verme de seda Cando saltou a primeira faísca. Deserto: ti mentes. Para quen é esta morte púrpura e a flor recollida baixo a ponte? Para quen son estas tumbas inclinadas baixo as estrelas, esta area que nos dás cada ano cal cárcere ou poema? Onte regresou este heroe de labios delgados Acompañado polo vento, os tristes canóns E a súa longa lanza brillando como puñais nus. Dádelle un ancián ou unha prostituta, Dádelle estas estrelas e as areas xudías. Alí No medio da fronte Onde centos de palabras agonizan Quero a bala de graza. Irmáns, Esquecín os vosos trazos, Aqueles sedutores ollos. Meu Deus! Catro continentes feridos no meu peito. Cría que conquistaría o mundo Cos meus ollos azuis e a miña mirada poética. Líbano: muller branca baixo a auga, Montañas de peitos e poutas. Berra, mudo, Alza os brazos Ata que estalen as axilas E sígueme. Eu son o barco baleiro, O vento cuberto de campás. Sobre os rostros das nais e os cativos, Sobre os versos e metros decadentes Verterei fontes de mel, Escribirei sobre árbores ou zapatos, Rosas ou rapaces. Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

16

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

Afástate, desgraza, Fermoso rapaz encurvado. Os meus dedos son longos como agullas E os meus ollos son dous heroes feridos. Dende hoxe non haberá versos. Cando te derruben, Líbano, E remátense as noites de poesía e frivolidade Dispararei a bala na miña gorxa. de Tristura á luz da lúa (Huzn fi daw al-qamar) o

http://www.poesiaarabe.com/magut.htm

MUHAMMAD AZIZ AL-HABABI (Marrocos, 1922-1993) Para cando? A noite séguenos. Noite sen fin, tebras da fame, tebras sen lúa que alucina os nosos pálidos rostros. Berros de blasfemia, furan a blindada face do ceo sen eco. Berros salvaxes. Berros de rabia que a miseria arranca das nosas gorxas en chamas. Para cando as espigas da nosa terra e a dozura do noso ceo? Para cando o sol no corazón? Veremos un día, o día, Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

17

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

como todo o mundo? Todo o mundo busca a paz. Nós preferimos estar en querela coa morte que nos sega sen consideracións nin piedade por teorías infinitas, todos os días sen tregua.

http://plazapoetica.wordpress.com/2011/08/28/%C2%BFpara-cuando/

MUIN BASISU (Gaza, 1927-1984) TRES MUROS PARA A SALA DE TORTURA Ao abrente Eu resistirei... Mentres haxa no muro unha páxina en branco e non se derretan os dedos da miña man. Aquí, alguén pulsa unha mensaxe a través do muro. Os nosos fíos convertéronse nas nosas veas, as veas destes muros. Todo o noso sangue se derrama nas veas destes muros... Unha mensaxe a través do muro: Eles pecharon unha cela, mataron un prisioneiro, abriron outra cela e levaron un prisioneiro... http://www.poesiaarabe.com/muin_basisu.htm Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

18

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

NADA EL HAYE (Líbano,1959) O MEU AMOR Que aquel que desexa un bico colla unha flor Que o que busca unha aperta obteña un campo Que o que oculta un segredo acenda un cirio Que o que chora unha bágoa ofreza un corazón Que o que debuxa un horizonte voe aínda máis lonxe Que o que alcanza unha estrela conquiste o ceo Que o que toca o lume sexa atravesado por lóstregos Cantado polos reiseñores E levado polos xílgaros E que as follas da árbore acaricien a súa sombra Porque o meu amor é máis forte que a miña paciencia O seu pobo invade as miñas verbas E as súas fronteiras Son a miña alma. http://www.poesiaarabe.com/nada_el_haye.htm

DIANA VARELA PUÑAL (Ponteceso, 1981) LADAÍÑA POLA SALVACIÓN III Non nego a dificultade da loita, o veleno do rancor, as balas do engano, as patadas do interese, as mentiras-caricias, a carouta nos bicos, deixan unhas cicatrices na cara que non hai maneira de agochar. Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

19

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

Pero nada diso son eu, se me reclaman, alá me irei á batalla e miles de aceites e incensos purificaranme de novo a mirada, e non serei un deses noxentos armarios que gardan cousas podrecidas. Non serei cómplice da dor, non se quedará en min, levedando, arrastrándome polos pés, anexionándome o peito, feríndome a intelixencia. A transparencia da luz, liberadora, equilibrante, é a máis poderosa das armas, porque delas prescinde. http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/02/09/diana-varela-punal/

Guy Breniaux, A pomba da paz http://commons.wikimedia.org/wiki/File:La_Colombe_de_la_paix.jpg?uselang=es

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

20

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

WILLIAM ERNEST HENLEY (Inglaterra, 1849–1903) INVICTUS Out of the night that covers me, Black as the Pit from pole to pole, I thank whatever gods may be For my unconquerable soul. In the fell clutch of circumstance I have not winced nor cried aloud. Under the bludgeonings of chance My head is bloody, but unbowed. Beyond this place of wrath and tears Looms but the horror of the shade, And yet the menace of the years Finds, and shall find me, unafraid. It matters not how strait the gate, How charged with punishments the scroll, I am the master of my fate; I am the captain of my soul.

INVICTUS Máis alá da noite que me cobre negra como o abismo insondable, dou grazas aos deuses que puidesen existir pola miña alma invicta. Nas azarosas poutas das circunstancias nunca me lamentei nin pestanexei. Sometido aos golpes do destino a miña cabeza está ensanguentada, pero ergueita. Máis alá deste lugar de cólera e bágoas onde xace o Horror da Sombra, a ameaza dos anos encóntrame, e encontrarame, sen medo. Non importa que estreito sexa o portal, que cargada de castigos a sentenza, son o amo do meu destino: son o capitán da miña alma.

Este poema era recitado por Nelson Mandela nos momentos peores do seu terrible cativerio nas prisións sudafricanas, cativerio resultado da súa loita contra o racismo e o apartheid.

http://www.ojosdepapel.com/Index.aspx?blog=1094

http://pixabay.com/es/soldado-la-paz-casco-hombre-perfil-156524/

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

21

IES “San Paio” - TUI


Verso a verso coa PAZ

30 xaneiro 2014

Índice de poetas ADNAN AL-SAYEGH ...................................................................................................................................2 AHMED' ABD AL MU'TI HEGAZI................................................................................................................2 ALI AHMAD SAID.........................................................................................................................................3 AMAL DUNQUL............................................................................................................................................3 INGEBORG BACHMANN.............................................................................................................................5 ISABEL BARRIEL..........................................................................................................................................5 RAMÓN CABANILLAS.................................................................................................................................6 JORGE CARRERA ANDRADE....................................................................................................................8 MARTA DACOSTA.........................................................................................................................................8 ÁNGELA FIGUERA.......................................................................................................................................9 JUAN GELMAN............................................................................................................................................11 JOSÉ AGUSTÍN GOYTISOLO.....................................................................................................................12 HASSAN EL-OUAZZANI............................................................................................................................13 YOLANDA LÓPEZ LÓPEZ .........................................................................................................................13 MUHAMMAD AL MAGUT ........................................................................................................................15 MUHAMMAD AZIZ AL-HABABI..............................................................................................................17 MUIN BASISU..............................................................................................................................................18 NADA EL HAYE...........................................................................................................................................19 DIANA VARELA PUÑAL.............................................................................................................................19 WILLIAM ERNEST HENLEY ....................................................................................................................21

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

22

IES “San Paio” - TUI

Verso a verso coa paz  

Escolma de textos de vinte poetas para celebrar a Xornada Escolar da Paz 2014

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you