Issuu on Google+

IES “San Paio” - TUI Biblioteca - Club de Lectura “Pedra do Acordo”


Notas preliminares (para reflexionar)

1

O 21 de febreiro de 1952 en Bangladesh un grupo de estudantes demandaba que o Bangla, a súa lingua materna, fose recoñecida como lingua oficial. Para dispersalos, a policía cargou conta eles e deu morte a varios mozos: Abdus Salam, Abul Barkat, Rafiq Uddin Ahmed, Shafiur Rahman... En lembranza destes feitos a 30 Conferencia Xeral da Unesco (17 de novembro de 1999) proclamou por unanimidade o 21 de febreiro como Día da Lingua Materna1.

Desde a orixe do mundo talvez teñan desaparecido unhas trinta mil linguas.

Das case sete mil linguas vivas na actualidade (só unhas setenta son orixinarias de Europa), utilizadas nuns 228 países (só na India fálanse ate mil setecentas linguas ou unhas catrocentas en Nixeria), unhas tres mil corren perigo de extinción.

Considérase lingua en perigo de extinción aquela falada por menos de cen mil persoas.

Unha decena de linguas desaparecen cada ano.

Case a metade das linguas vivas actuais non son transmitidas de pais a fillos, esta situación pode definirse como lingüicidio.

Moitas linguas pérdense porque os seus falantes deixan de usalas e adoptan outras linguas que consideran de máis prestixio e importancia cultural, económica, social ou política.

Cara finais do presente século XXI calcúlase que só sobrevirán unhas seiscentas linguas (pouco máis do 10% das actuais). Cando falamos de especies en perigo de extinción estamos a referirnos a un 5% das aves e a un 10% dos mamíferos actuais, cando falamos de linguas en perigo de extinción estamos a falar do 80-90% das linguas actuais!

A perda dunha lingua supón o desarraigamento cultural dos seus falantes; coa desaparición dunha lingua pérdese unha peculiar visión do mundo.

Máís información en:

Textos pola Lingua

http://es.wikipedia.org/wiki/Movimiento_por_la_Lengua_Bengal%C3%AD.

2

21 febreiro 2014


A Carta Europea das Linguas Minoritarias ou Rexionais2 é un acordo ratificado en Estrasburgo o 5 de novembro do ano 1992 polos estados membros do consello de Europa para a defensa e promoción de todas as linguas de Europa que carecen de carácter de oficialidade ou que aínda sendo oficiais en algún dos asinantes, entre eles o Estado Español, non o son noutros ou aínda sendo oficiais no asinante están en manifesta debilidade. Quedan excluídos expresamente nesta Carta Europea os dialectos das linguas oficiais e os idiomas dos inmigrantes e obriga aos países asinantes a cumprila. Nunha palabra que o Estado Español, non a Xunta nin outro tipo de administración, obrígase a defender e potenciar as linguas minoritarias presentes en España.

• O futuro da túa lingua materna depende de ti. • Que o galego perdure mil primaveras máis depende de ti. • Celebra o día da lingua materna falándoa todo o ano!

2

http://www.galizacig.com/normaliza/lexislacion_linguistica/carta_europea_das_linguas_rexionais_ou_minoritarias. pdf

Textos pola Lingua

3

21 febreiro 2014


Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO3 (...) A protección e a promoción das linguas maternas son esenciais para a cidadanía mundial e para lograr un auténtico entendemento mutuo. Entender e falar varias linguas facilita a comprensión da riqueza de interaccións culturais do noso mundo. O recoñecemento das linguas locais permite a un maior número de persoas facer oír a súa voz e participar activamente no destino colectivo. De aí que a UNESCO faga todo o posible por contribuír á coexistencia harmoniosa das 7.000 linguas que se falan no mundo. Este ano facemos especial fincapé en «As linguas locais» para a cidadanía mundial: a ciencia en primeiro plano», co fin de mostrar ata que punto as linguas garanten o acceso ao saber, á súa transmisión e á súa pluralidade. Contrariamente á crenza común, as linguas locais son totalmente capaces de transmitir as materias científicas máis modernas, as matemáticas, a física e a tecnoloxía. Recoñecer esas linguas supón tamén abrir a porta a múltiples saberes tradicionais científicos a miúdo ignorados e enriquecer os nosos coñecementos. As linguas locais constitúen a maior parte das linguas que se falan no noso planeta no ámbito científico. Son tamén as máis ameazadas. Coa exclusión das linguas, os seus falantes vense privados do seu dereito humano fundamental ao coñecemento científico. Non obstante, o achegamento dos pobos na «aldea mundial» fai moito máis necesario o traballo de comprensión e de diálogo das culturas. Hoxe en día, a norma mundial é o emprego de tres linguas como mínimo, a saber: unha lingua local, unha lingua de gran comunicación e unha lingua internacional para comunicarse tanto no plano local coma no mundial. Esta diversidade lingüística e cultural é quizais a nosa maior oportunidade de cara ao futuro: para a creatividade, a innovación e a inclusión. Non a desaproveitemos. (...) Irina Bokova

3

https://www.un.org/es/events/motherlanguageday/2014/unesco_message.shtml

Textos pola Lingua

4

21 febreiro 2014


Declaración sobre os dereitos das persoas pertencentes a minorías nacionais ou étnicas, relixiosas e lingüísticas4 Aprobada pola Asemblea Xeral na súa resolución 47/135 do 18 de decembro de 1992

A Asemblea Xeral (...) Proclama a presente Declaración sobre os dereitos das persoas pertencentes a minorías nacionais ou étnicas, relixiosas e lingüísticas, Artigo 1 1. Os Estados protexerán a existencia e a identidade nacional ou étnica, cultural, relixiosa e lingüística das minorías dentro dos seus territorios respectivos e fomentarán as condicións para a promoción desa identidade. 2. Os Estados adoptarán medidas apropiadas, lexislativas e doutro tipo, para lograr eses obxectivos. Artigo 2 1. As persoas pertencentes a minorías nacionais ou étnicas, relixiosas e lingüísticas (a partir deste momento denominadas persoas pertencentes a minorías) terán dereito a gozar da súa propia cultura, a profesar e practicar a súa propia relixión, e a utilizar o seu propio idioma, en privado e en público, libremente e sen inxerencia nin discriminación de ningún tipo. 2. As persoas pertencentes a minorías terán o dereito de participar efectivamente na vida cultural, relixiosa, social, económica e pública. 3. As persoas pertencentes a minorías terán o dereito de participar efectivamente nas decisións que se adopten a nivel nacional e, cando proceda, a nivel rexional respecto da minoría á que pertenzan ou das rexións en que vivan, de todo xeito que non sexa incompatible coa lexislación nacional. 4

http://www2.ohchr.org/spanish/law/minorias.htm

Textos pola Lingua

5

21 febreiro 2014


4. As persoas pertencentes a minorías terán o dereito de establecer e manter as súas propias asociacións. 5. As persoas pertencentes a minorías terán dereito a establecer e manter, sen discriminación de ningún tipo, contactos libres e pacíficos con outros membros do seu grupo e con persoas pertencentes a outras minorías, así como contactos transfronteirizos con cidadáns doutros Estados cos que estean relacionados por vínculos nacionais ou étnicos, relixiosos ou lingüísticos. Artigo 3 1. As persoas pertencentes a minorías poderán exercer os seus dereitos, incluídos os que se enuncian na presente Declaración, individualmente así como en comunidade cos demais membros do seu grupo, sen discriminación ningunha. 2. As persoas pertencentes a minorías non sufrirán ningunha desvantaxe como resultado do exercicio ou da falta de exercicio dos dereitos enunciados na presente Declaración. Artigo 4 1. Os Estados adoptarán as medidas necesarias para garantir que as persoas pertencentes a minorías poidan exercer plena e eficazmente todos os seus dereitos humanos e liberdades fundamentais sen discriminación ningunha e en plena igualdade ante a lei. 2. Os Estados adoptarán medidas para crear condicións favorables co fin de que as persoas pertencentes a minorías poidan expresar as súas características e desenvolver a súa cultura, idioma, relixión, tradicións e costumes, salvo nos casos en que determinadas prácticas violen a lexislación nacional e sexan contrarias ás normas internacionais. 3. Os Estados deberán adoptar medidas apropiadas de modo que, sempre que sexa posible, as persoas pertencentes a minorías poidan ter oportunidades axeitadas de aprender o seu idioma materno ou de recibir instrución no seu idioma materno. 4. Os Estados deberán adoptar, cando sexa apropiado, medidas na esfera da educación, co fin de promover o coñecemento da historia, as tradicións, o idioma e a cultura das minorías que existen no seu territorio. As persoas pertencentes a minorías deberán ter oportunidades axeitadas de adquirir coñecementos sobre a sociedade no seu conxunto. 5. Os Estados deberán examinar medidas apropiadas de modo que as persoas pertencentes a minorías poidan participar plenamente no progreso e o desenvolvemento económicos do seu país. Textos pola Lingua

6

21 febreiro 2014


Artigo 5 1. As políticas e programas nacionais planificaranse e executarán tendo debidamente en conta os intereses lexítimos das persoas pertencentes a minorías. 2. Os programas de cooperación e asistencia entre Estados deberán planificarse e executarse tendo debidamente en conta os intereses lexítimos das persoas pertencentes a minorías. Artigo 6 Os Estados deberán cooperar nas cuestións relativas ás persoas pertencentes a minorías, entre outras cousas, o intercambio de información e de experiencia, co fin de promover a comprensión e a confianza mutuas. Artigo 7 Os Estados deberán cooperar co fin de promover o respecto polos dereitos enunciados na presente Declaración. Artigo 8 1. Ningunha das disposicións da presente Declaración impedirá o cumprimento das obrigas internacionais dos Estados en relación coas persoas pertencentes a minorías. En particular, os Estados cumprirán de boa fe as obrigas e os compromisos contraídos en virtude dos tratados e acordos internacionais en que sexan partes. 2. O exercicio dos dereitos enunciados na presente Declaración entenderase sen prexuízo do desfrute por todas as persoas dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais recoñecidos universalmente. 3. As medidas adoptadas polos Estados co fin de garantir o desfrute efectivo dos dereitos enunciados na presente Declaración non deberán ser consideradas prima facie contrarias ao principio de igualdade enunciado na Declaración Universal de Dereitos Humanos. Artigo 9 Os organismos especializados e demais organizacións do sistema das Nacións Unidas contribuirán á plena realización dos dereitos e principios enunciados na presente Declaración, nas súas respectivas esferas de competencia.

Textos pola Lingua

7

21 febreiro 2014


A NOSA LINGUA I Galegos, amade a vosa língua, porque ela é un rico tesouro oculto! Amádea, faládea, cultivádea; desenterrade o tesouro que garda o gigante alarbio da tiranía. II Fonte de fraternidade universal, únenos cos pobos de raza afin, co'os que teñen os mesmos verbes e a mesma historia, co'os que se espallaron pol-os mares en linda coroa. Fonte de fraternidade, a nosa língua será base para unha grande Iberia. Fonte de fraternidade, fará que as ideias e sentimentos humáns fluyan e batan nos nosos espritos dende a remota e legendaria India â Africa exhuberante e areosa e as selvas e planicies de América. Noso esprito, como un deus antigo, terá duas caras e ollará dous mundos. III Alma nosa eres tí, língua que fuches creada na nosa historia, modo divino de expresión saído das entranas do pobo galego. Ou! ven a nós, lirismo arrecedente, agarimo das cántigas! Ou! ven a nós, lirismo exquisito dos cancioneiros! Vós donas, falade de aquel geito no que, como ningunhas, fúchedes loubadas! ¿Onde en Iberia puxeron os poetas n'os vosos beizos mais belos cantos de amores? ¿Onde se cantou mais íntimamente a Nai das nais, a Nai María? ¡Donas galegas, falade galego! IV ¡Amade a nosa língua, os entusiastas da nosa grandeza nacional! O rey cercou a Sevilla; as naos soben o río e ja chegan enfeitadas de froles. Briosas van as naves de Chariño, o almirante poeta das saudosas barcarolas; rompen as cadeias que pechan o Gaudalquivir as primeiras a vanguardia. E os galegos saúdan a Sevilla como sua e a fala do noroeste resoa a primeira nas veigas sempre fecundas dos laranjals e das prateadas oliveiras! V Galegos, amade, cultivade o rico tesouro da nosa língua. So falando-a seredes libres, ja que o home sen raza é unha abstracción. ¡Orgullo de raza eu vos pido! Ser libres e selo como homes, como raza e como individuo. E lembrádevos que dí Goethe: "So aquel que soubo conquerir cada día a sua libertade e dino de ser libre". VI Palabra, tí que tes as aas cor de iris no ceu, vai d'alma en alma, petando a porta e dicindo: "espertade galegos, os tempos son chegados". (Publicado en A Nosa Terra, A Coruña, 20 de abril do 1918)5

5

Johán Vicente Viqueira, Escolma de traballos, Publicacións da RAG., A Coruña, 1974

Textos pola Lingua

8

21 febreiro 2014


O amor á lingua materna... (...) O amor á lingua materna é unha forma de fidelidade ao sentimento da patria. Como todos os pobos fieles ao seu esprito, temos os galegos o deber de conservar o tesouro do noso idioma, non soio polos seus propios merecementos senón tamén pola súa virtude ecuménica. O xenio creador do escultor Asorey produxo unha obra maestra que pode servir de símbolo dise deber. Unha moza aldeá —todos a tedes contemprado—leva nos seus brazos, con agarimo maternal unha xuvenquiña, como si quixera amparala descontra a morte nemiga. E hai nos ollos da moza unha sombra de pesadelo, de tristura. Galicia é a moza, e a xuvenquiña o seu idioma. Galicia ama o seu idioma e deféndeo con anceio de libralo de que poda perderse na feira das incomprensións e consumarse o seu sacrificio. Non hai demasía en chamar tesouro a un idioma. Castelao tén dito istas graves e sentenciosas palabras: «Noso idioma é unha obra de arte... Creóuna o xenio inviolable do noso povo e labrouna o amor, a door e a ledicia de moitísimas xeneracións. Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte» 6.

O galego, unha lingua extensa e útil Un informe da Unesco alertaba non hai moito tempo sobre a situación do galego e a posibilidade da súa desaparición futura, xuntamente con outras moitas linguas do mundo. Fica claro que a evolución das sociedades modernas está a pór en perigo a diversidade cultural e lingüística que enriquece a humanidade no seu conxunto e que, con efeito, moitas linguas corren un perigo real de desaparición nun prazo máis ou menos longo de tempo. Cada lingua que morre é unha perda irreparábel para o patrimonio universal e perante esa posibilidade todas as sociedades afectadas e todos os organismos internacionais de defensa dese patrimonio deberían reaxir de forma adecuada. Mais o galego, polas súas especiais características, non debería estar entre esas linguas en perigo. A nós, como galegos e galegas, correspóndenos a responsabilidade e a obriga moral de que tal cousa non ocorra. Porén, tamén temos de ser nós os primeiros convencidos do valor e da utilidade da nosa lingua, pois, se tal convencimento faltar, dificilmente se poderá loitar contra as actuais inercias uniformadoras. 6

Sebastián Martínez-Risco, Presencia da lingua galega, Edicións do Castro, A Coruña, 1973, pp. 41-42.

Textos pola Lingua

9

21 febreiro 2014


O sistema lingüístico galego-portugués.O galego é unha lingua romance orixinariamente falada na área noroccidental da Península Ibérica. Pódese considerar conformada arredor do século IX d. C. como consecuencia da evolución do latín vulgar traído a ese territorio polos soldados romanos entre os séculos II e I a. C.; recebe esa denominación por ter aparecido na Gallaecia, nome da provincia romana que designaba un territorio moito máis amplo do que a Galiza de hoxe, pois estendíase polo dominio das actuais provincias españolas de Asturias, León e Zamora, para alén de comprender todo o norte de Portugal. Esta é a razón por que o galego aínda se fala agora fóra dos límites administrativos das catro provincias galegas (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra). O Condado Portucalense, núcleo sobre que se formou arredor da cidade de Porto o Portugal actual e orixinariamente galego, vai conseguir primeiro a autonomía e posteriormente, durante o século XII, a independencia da Gallaecia, a ampliar así os seus dominios cara ao sul como consecuencia da Reconquista. Desta forma a lingua galega, con influencia das falas mozárabes, foise estendendo tamén por toda a franxa atlántica como lingua do novo reino independente de Portugal, que acabará por fixar a súa capital en Lisboa. Ao se transformar Portugal a fins da Idade Media e comezos da Idade Moderna en grande potencia colonizadora, esa lingua vai ser levada polos descobridores, conquistadores e colonizadores lusos a diferentes continentes, a se converter desa forma nunha das máis faladas no mundo. Tres son os grandes períodos en que se divide a historia da lingua galega na Galiza: o galego antigo, o galego medio e o galego moderno. O galego antigo ou galego-portugués medieval comprende desde a súa aparición na época medieval até fins da Idade Media (século XV); o galego medio abranxe os séculos XVI, XVII e XVIII, chamados séculos escuros pola práctica desaparición do galego como lingua escrita; e o galego moderno, que abranxe desde o século XIX, o século do Rexurdimento literario, até á actualidade. En canto Portugal amplía os seus límites cara ao sul e consolida a súa plena soberanía na Baixa Idade Media, o reino da Galiza vai ficar cada vez máis submetido a Castela. Este feito provocará que paulatinamente se vaian consagrando dúas modalidades do primitivo galego, a que conserva o nome orixinario de 'galego' como fala da Galiza (e dos territorios españois limítrofes), cada vez máis dependente de Castela e que se vai ver posteriormente subordinada e interferida polo castelán, e a que toma a denominación política de 'portugués' por ser a lingua oficial de Portugal e dos seus territorios de ultramar. Aínda que a división política da primitiva Galiza en dúas metades, iniciada a fins do século XI, non rompe a unidade lingüística, pois a lingua continúa a ser substancialmente a mesma a ambos os lados do Miño (portanto tamén cando Portugal leva a cabo a súa empresa colonizadora), porén os condicionamentos políticos e xeográficos configuraron tres subsistemas, dentro do complexo lingüístico ou sistema común galego-portugués, con tres variedades ou normas cultas fundamentais -galego, portugués e brasileiro-, para alén doutros subestándares que en cada unha se puideren estabelecer. O sistema lingüístico galego-portugués constitúe, pois, unha unidade dentro da diversidade, pois esta non impede a intercomunicación nen rompe a súa unidade Textos pola Lingua

10

21 febreiro 2014


estrutural básica e historicamente foi interpretado como conformador dunha mesma comunidade lingüística coas naturais variantes internas. A partir da evidente constatación de que as comunidades lingüísticas non coinciden necesariamente coas comunidades políticas, a comunidade lingüística galego-portuguesa comprende dentro da Península Ibérica o galego e o portugués, a se incluíren tamén dentro dela as illas Açores e Madeira. Á parte de ser unha das comunidades lingüísticas de Europa, tamén o galego-portugués está presente noutros tres continentes: América (Brasil), África (Guiné, Cabo Verde, Angola, Moçambique, S. Tomé e Príncipe) e Asia (Diu e Damao na India, Goa e Macau na China). Debido principalmente á grande extensión territorial e poboacional do subsistema brasileiro, con que o galego garda unha especial proximidade, hoxe a comunidade de expresión galego-portuguesa ten perto de 200 millóns de falantes, sendo en consecuencia unha das máis numerosas do mundo.

A singularidade do galego entre as linguas peninsulares e europeas.Á parte da súa proxección europea e universal, o galego é hoxe, xunto co castelán, a lingua oficial de Galiza, comunidade autónoma inserida dentro do estado español que comprende as provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, con aproximadamente 2.800.000 habitantes, dos que o 97% entende o galego e o 86% sabe falalo. Fóra dos límites administrativos de Galiza, o galego tamén se fala na franxa occidental de Asturias, en 18 concellos da Terra Navia-Eo que suman case 45.000 habitantes; en 19 concellos na zona dos Ancares e do Bierzo na provincia de León, con 31.000 habitantes aproximadamente; e en 4 concellos das Portelas e no lugar de Calabor, na provincia de Zamora, con arredor de 1.500 habitantes. Por outra parte, no recanto norocccidental da provincia de Cáceres, en Estremadura, fálanse maioritariamente tres variedades do antigo galego-portugués nos concellos de Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello, con aproximadamente 5.000 habitantes, sen nos esquecermos do portugués de Alamedilla, de Cedillo e da franxa de Alcántara e de Olivenza, localidades fronteirizas situadas en territorio español. Como acontece co galego, nengunha das linguas peninsulares se circunscrebe territorialmente á comunidade sociopolítica que lle dá nome. O basco constitúe un caso singular pola súa orixe prelatina e fálase nas comunidades autónomas do País Basco e Navarra, así como na parte norte do País Basco francés. As outras linguas peninsulares son todas romances e xeráronse no norte, estendéndose cara ao sul por efeitos da Reconquista. Así, o catalán está dividido en sete territorios distribuídos en catro estados diferentes: Andorra, L'Alguer (Italia), Cataluña, Valencia, a Franxa de Poente e as Illas Baleares (España) e a Cataluña Norte (Franza). O castelán naceu en Cantabria e foi estendéndose en forma de cuña invertida pola ampla franxa central e sul da península, sendo tamén levado a territorios de ultramar polos conquistadores e colonizadores para hoxe ser lingua falada en moitos países do centro e do sul de América. O asturiano tamén se estende polo norte e oeste da provincia de León e mesmo posúe unha variante (o mirandés) no norte de Portugal. O galego, xerado na Gallaecia histórica, fálase en Galiza e en partes das comunidades autónomas españolas limítrofes, prolongándose tamén cara ao sul por toda a franxa atlántica peninsular, de modo que como o mallorquino é unha variante do catalán e o andaluz do castelán, así tamén o portugués é unha modalidade de galego. A singularidade deste consiste en que, ao ficar subordinado ao castelán no seu proprio territorio de orixe, Textos pola Lingua

11

21 febreiro 2014


foi a modalidade portuguesa a que alcanzou relevancia e proxección internacional. A respeito do basco e do catalán, o galego ten a avantaxe de ser unha das linguas máis estendidas polo mundo e falada en catro continentes, mais apresenta o inconveniente de aparecer solapada polo portugués, variante de que inclusive moitos dos galegofalantes non se senten próximos por evidentes prexuízos históricos e por circunstancias de natureza política. O centro irradiador dese 'galego' internacional deixou de ser a Galiza para se situar en Portugal ou no Brasil. Perdeu tamén o galego, frente ao catalán e ao basco, a estima de boa parte da clases sociais acomodadas, mais, por contra, conserva unha maior masa relativa de falantes (86% da poboación, frente ao 68% do catalán e o 27% do basco). A peculiaridade, pois, do galego, frente ás outras linguas peninsulares cooficiais no estado español, consiste en ser unha das once linguas oficiais da Unión Europea e tamén lingua oficial noutros estados de varios continentes, mais co nome de portugués con que socialmente o galego non é polo común identificado internamente, e en posuír unha superior porcentaxe de falantes rexidos por uns poderes socioeconómicos e políticos que historicamente non apoiaron a causa do idioma proprio. Segundo o anteriormente dito, o galego constitúe un caso particular dentro das linguas europeas non oficiais dos estados. Non encaixa propriamente sob os rótulos de 'lingua minoritaria', 'lingua menos estendida' ou 'lingua menos usada' por dúas razóns: pertence a un dos sistemas lingüísticos, o galego-portugués, máis utilizados en todo o mundo; e como variedade específica dentro dese sistema, o galego aínda é a lingua maioritariamente falada polos habitantes de Galiza: o 68.6% da poboación ten como lingua habitual o galego, frente ao 31.4% que ten o castelán como tal. Porén, aínda a nos situarmos neses parámetros europeus, dentro das chamadas 36 linguas rexionais ou minoritarias faladas por 20.000.000 de persoas dos actuais quince estados membros da Unión Europea, segundo o informe do Euromosaic, só seis superan o millón de falantes, ocupando o galego a segunda posición, con 2.420.000 falantes, despois do catalán (7.200.000) e seguido do alemán falado en Franza, Italia e Bélxica (2.220.000), o occitano (2.100.000), o sardo (1.300.000) e o gaélico irlandés (1.240.000). Alén disto, o galego reúne outra serie de características que lle conferen unha posición especial dentro desa Europa multilingüe. Por un lado, é unha lingua cunha rica tradición escrita desde o momento mesmo da incorporación dos romances á literatura, convertida na época medieval en lingua lírica peninsular, mesmo utilizada ocasionalmente por algún poeta europeu extrapeninsular e moi vinculada, através do Camiño de Santiago, ao florecimento cultural da Europa medieval. Goza así mesmo de estatuto legal de lingua oficial en Galiza, xuntamente co español, e tamén ten protección oficial na comunidade de Castela-León, superando en número de falantes as linguas oficiais dalgúns estados europeus (esloveno ou estonio, por exemplo). Na época medieval foi, durante 700 anos, a lingua exclusiva de Galiza e nos 500 anos posteriores continuou a ser a lingua da inmensa maioría da poboación, apesar de o castelán ser imposto como lingua do poder. Na actualidade posúe unha importante nómina de escritores e textos literarios de grande cualidade. Por outra parte, apesar de certas discrepancias sobretodo ortográficas, nos últimos tempos déronse pasos moi importantes na conformación dun modelo común de lingua maioritariamente aceitado. Así mesmo, produciuse un avanzo considerábel dos estudos filolóxicos sobre o galego, que actualmente posúe uns recursos técnicos comparábeis coas demais linguas romances (dicionarios, gramáticas, atlas lingüístico e estudos dialectolóxicos, historias da lingua, terminoloxía, etc.). Textos pola Lingua

12

21 febreiro 2014


En conclusión, o galego dentro do conxunto das linguas da Europa comunitaria debe ser definido como unha das súas linguas oficiais que no territorio onde se formou -Galizaperdeu a condición de lingua normal por un proceso histórico de colonización castelá e hoxe está inmersa nunha difícil procura da normalización dos seus usos sociais. O galego é, pois, unha lingua maioritaria non normalizada socialmente no seu proprio territorio.

Algunhas reflexións sobre o presente e o porvir do galego.A lingua galega na actualidade áchase nun ponto crítico, nunha encrucillada de cuxa saída vai depender o seu porvir. Por unha parte, dispón dunhas condicións de partida envexábeis por calquer lingua en situación de inferioridade a respeito doutra lingua oficial do estado, pois pertence a un sistema lingüístico de proxección internacional, é entendida pola práctica totalidade da poboación (97%), fálaa a inmensa maioría (86%), non apresenta graves problemas para a fácil incorporación de novos falantes pola proximidade ao castelán, non existe en Galiza unha poboación de procedencia foránea significativa, goza cada vez de máis prestixio social sobretodo en ámbitos vinculados á cultura e suscita a adhesión afectiva da maioría social. Mais, por outra parte, apresenta tamén síntomas preocupantes a respeito do seu futuro, principalmente porque é cada vez menos falado pola xente nova, que se adhere sentimentalmente a el mais non o utiliza habitualmente. Alén disto, o galego aínda non acaba de penetrar en ámbitos sociais de especial relevancia (mundo da empresa, igrexa, etc.), non se cumpre a lexislación existente en materia de lingua tanto no ámbito do ensino como no da administración, non existe un verdadeiro programa de normalización lingüística por parte do poder político con vontade decidida de o levar a cabo, faltan meios de comunicación que aposten polo uso do galego, Galiza vive de costas a Portugal e ao mundo de expresión galego-portuguesa, as autoridades competentes aínda non se decidiron a aprobar unha norma de consenso que poña fin ás disputas normativas, etc. Estes son, entre outros, algúns dos obstáculos que ao galego se lle apresentan na actualidade. De se superaren, a nosa lingua poderá situarse nunha posición de privilexio tanto dentro da península como en Europa e, desde esa situación, poderá ver reforzada tamén a súa condición de lingua natural e propria de Galiza. Mais, volvendo ao inicio, deberemos ser nós mesmos os primeiros convencidos da súa capacidade e da súa rendibilidade, mesmo económica, pois unha lingua é o maior patrimonio dun pobo. O pobo galego, segundo moi ben dixeron algúns dos nosos ilustres devanceiros como Murguía ou Castelao, é posuidor dunha lingua extensa e útil que, para alén de nos identificar e singularizar frente ás tendencias uniformadoras, tamén nos vincula espiritual e afectivamente con outros pobos do mundo e nos permite comunicarnos con moitos millóns de persoas que viven alén das nosas fronteiras espalladas por diferentes continentes. Xosé Ramón Freixeiro Mato (2002)7

7

http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Ogaunlie1&id_edicion=Ogaunlie1001&cabecera=%3Ca+href%3D %22ficha_obra.jsp%3Fid%3DOgaunlie1%26alias%3D%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EO+galego %2C+unha+lingua+extensa+e+%FAtil%3C%2Fa%3E&alias=&frase=lingua%20galega, %20galego&operadorBooleano=or&tipoBusca=palabra&formato=texto

Textos pola Lingua

13

21 febreiro 2014


Supervivencia ou suicidio Hai un tipo de psicopatoloxía chamada TLP (Trastorno Límite da Personalidade), máis coñecida no seu nome inglés, Borderline. Os enfermos desta grave doenza relaciónanse moi mal co resto da xente, o seu senso de identidade é moi feble e, dunha maneira reiterada, tenden á autodestrucción, é dicir, ao suicidio. Velaí tendes o que lle pasa ao galego e aos galegos. Somos, cultural e antropoloxicamente falando, borderline. Relacionámonos moi mal entre nós, o noso senso de identidade é delgadísimo e sen dúbida, tendemos á autodestrucción. É como se nos molestase ser pobo; é como se non quixeramos ser nós. Que estamos mal da cabeza non precisa moitas argumentacións. Somos o único pobo do que teño noticia con este temperamento suicida ao respecto do propio. Dito máis en fino e como máis científico: seguimos a perder falantes e o galego non consegue converterse nunha lingua de prestixio social. Non o vivimos coma normal. Pero a explicación é sinxela: o borderline non vive nada coma normal. Ao borderline cústalle aturar a vida. Por iso digo aquí e agora que cómpre que tomemos unha decisión de vez, insisto, sobre todo, polo cansazo enorme que supón vivir, falar e escribir nunha lingua (dentro do país propio desa lingua, isto é importante lembralo) ao mesmo tempo que temos que dar explicacións de por que o facemos, ao mesmo tempo que temos que andar a xustificar por que educamos ao nosos fillos en galego, ao mesmo tempo que temos que argumentar sobre a nosa teimosía en facer literatura en galego, co ben que nos iría (falo de vendas, claro) facéndoo en castelán, ao mesmo tempo que... Cansazo. Fastío. E, sobre todo datos: as consellerías gastan e gastan cartos en campañas de normalización que de nada, absolutamente de nada, semellan valer. E lamento ser tan politicamente incorrecto. E asumo que me odien a partires de agora por dicir estas verdades (os borderline somos así: directos, duros, definitivos), pero o certo é que cada ano gástanse máis e máis cartos en campañas e cada ano constatamos que hai menos e menos falantes... en especial (e isto é para preocuparse moito) entre a mocidade... en especial (e isto é para preocuparse aínda máis ) entre a mocidade urbana. como soa. A situación é extrema e na medida en que está tan radicalizado a traxedia e o problema (que unha cultura vaia esmorecendo de vagar, coa colaboración consciente dos seus membros, é sen dúbida unha traxedia e un problema), cómpre tirar cara algún lado. A inmobilidade é canceríxena. Hai que sandar ou morrer. Se optamos, como parece que vimos facendo desde sempre, pero moi en especial desde que o galego xa non é oficialmente perseguido, e hai ensino en galego (é dicir, desde a democracia), polo suicidio, daquela, non hai nada que facer. Cómpre con que nos deixemos levar, e pragmáticos e intelixentes nos esquezamos do idioma e aprendamos inglés e chinés, que os cartiños virán por aí. Pero, se pola contra, optamos pola supervivencia, daquela, hai que radicalizarse. Hai que radicalizarse, ademais, dunha maneira absoluta. Porque a situación é crítica cómpre que as posibles solucións sexan Textos pola Lingua

14

21 febreiro 2014


igual de extremas. Direino cunha metáfora para non soar tan duro: hai que anegar toda a sociedade de galego, pero anegala absolutamente, galeguizala ata os máximos posibles, anegala da lingua nosa ata que sexa imposible notar a súa presenza. Porque a día de hoxe, como a situación é anormal, en canto se inicia calquera campaña en plan "fala galego, que bonito", nótase un mundo a artificialidade, é dicir, que é, precisamente, campaña. Hai que esquecerse de bilingüismos harmónicos e de diglosias. Hai que deixar de falar de convivencia lingüística entre os dous idiomas unha vez constatado o feito de que a tal convivencia está levando, entre outras cousas, á desaparición dunha delas, é dicir, que conviven mal. Haberá que poñer o galego en todas partes, todo o tempo e sen dubidalo. A política de porcentaxes, como ata agora levamos, non é máis cá unha sutil forma de suicidio colectivo. Ou algo así ou a morte. A situación é dramática. A vida é dramática sempre para un borderline. A realidade é difícil de entender para un borderline (como non imos estar toliños vivindo nun país que se chama de dúas maneiras -Galiza/Galicia- metáfora perfecta da nosa esquizofrenia cultural). Pero hai terapias. Outra cousa é que non nos apeteza curarnos. Francisco Castro, A Nosa Terra, 17 de maio 20078

Os comedores de patacas (con grelos) Un programa malo a rabiar de televisión dicíanos que "somos o que comemos". O espazo en cuestión non vale un peso, pero a frase, desde logo, é sabia. Teño que recoñecer que desde Sócrates, non lera nada máis profundo. Daquela, e dado que das frases sabias sempre se aprende algo, reflexionemos un chisco sobre o que comemos os galegos e sobre todo, sobre o que comiamos ?-en pasado- os galegos. É dicir, sobre o que eramos. O topicazo di: Galicia = lacón con grelos. Xa que logo, o alimento que máis e mellor nos definiría, desde un punto de vista histórico-gastronómico-antropolóxico sería precisamente ese, o lacón con grelos. Nomeadamente, máis que o lacón (isto haino noutros moitos sitios) os grelos, xa sabedes: esas cousas verdes que fan as avoas cando imos velas un día ao mes (tamén está, que conste, nos programas de cociña da tele). Sen embargo, a realidade móstranos (e non é preciso ser un experto nutricionista para 8

http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Suousu++1&id_edicion=Suousu++1001&cabecera=%3Ca+href%3D %22ficha_obra.jsp%3Fid%3DSuousu%2B%2B1%26alias%3D%22+class%3D%22nombreObraPaxina %22%3ESupervivencia+ou+suicidio%3C%2Fa%3E&alias=&frase=lingua%20galega, %20galego&operadorBooleano=or&tipoBusca=palabra&formato=texto

Textos pola Lingua

15

21 febreiro 2014


decatarse) que estamos deixando de comer grelos, que estamos abandonando ese producto tan de Noso. De feito, a meirande parte da xente nova, se lle das a escoller entre un bo prato de grelos amargos con patacas e aceite de oliva (estou a redactar este artigo á hora de comer, non podedes nin imaxinar todo o que estou sufrindo co ataque de lareca que me están a provocar a redacción destas gástricas liñas), se lles das a escoller, dicía, un bo prato de grelos con patacas e aceite de oliva, ou unha hamburguesa maxiburguerchistomeito, daquela meu, non teñen dúbidas, tíranse de cabeza á hamburguesa chistomeito esa. É dicir: que os mozos e as mozas prefiren montes e moreas de calorías innecesarias, graxas das malas, colesterol por un tubo... mais iso si, todo instantáneo e barato; sen embargo, os grelos, que son fibra, ricos en vitamina C, ferro, calcio, potasio, ácido fólico... os grelos, que son todo virtudes, son marxinados diante do invento cárnico ianqui. Se eramos o que comiamos, daquela, xa non somos. Caemos rendidos diante da macdonalización (e a cocacolonización, como dixo, xenial, Celso Emilio Ferreiro). Agora, onde dixen grelos, vós poñede galego. Somos o que comemos, si. Pero tamén somos o que falamos. Ou o que calamos e non falamos. O galego somos nós. E se o sacamos da nosa, digamos, dieta sentimental (e comunicativa, e social, e económica e todo o que queirades), dalgunha maneira, deixamos de ser. Volvamos un intre máis aos grelos. Hai unha empresa que anda a vender por aí grelos deshidratados. Cólleos, deshidrátaos a baixa temperatura e despois envásaos para vendelos. Son grelos, si. Pero non son grelos, ti xa me entendes. Son grelos daquela maneira. Son, en realidade, unha momia de grelos. Teñen aparencia de algo vivo. Pero están mortos mortiños. Coma o leite en po. Coma o iogur de fresa, que non sabe a fresa. Coma o queixo de Burgos, ese baleiro branco. A metáfora do grelo, xa que logo, como conserva, como algo conservado (ao baleiro) váleme para falar da miña lingua. O grelo convertido en conserva. O galego convertido en conserva. Suponse que si, que hai que conservalo, que non debe morrer (agora falo da lingua), que hai, xa que logo e redundando, que mantelo vivo. Mais, sen embargo, a nosa práctica como pobo é o da deshidratación e a conservación da lingua pero nun envase (e unha lingua deshidratada.... pois xa me diredes), é dicir e como moito, en Días das Letras de Dubidosa Efectividade e en Eventos Así de Grandes relacionados coa fala de Breogán. E o camiño non pode ser ese. Porque nada diso serve para nada. E daquela o que cómpre é Textos pola Lingua

16

21 febreiro 2014


poñerse a falar, é dicir, a comer da lingua de nós coma se nos gustase tanto coma as comidas de fóra. Porque a nosa fala non é máis bonita cá outras. Pero tampouco máis fea. E a nosa lingua non é mellor cá outras. Pero tampouco peor. Mais, se fica só convertida en conserva macrobiótica crioxenizada ou como sexa, non dubides, meu, miña, que espicha fixo. E tampouco dubides, miña, meu, amigo ou amiga comedor ou comedora de grelos ou de grelas, que fas moito máis ti polo galego falándoo a diario con normalidade, que o que mil Campañas Laudatorias da Fala de Nós que se poidan encetar desde as institucións. Fixo máis Shin Chan polo idioma que mil iniciativas cheas de boa intención e escasa imaxinación. Daquela, e por seguir abusando da figura greleira: que se decides comer os grelos hidratados, recén collidos do nabo (un apunte técnico: o grelo é a folla da planta do nabo), manténdoos xa que logo, vivos, verdes, frescos, non momificados, mellor que deshidratados, "conservados", presurizados, compactados, aluminizados... daquela, o galego seguirá vivo. Porque o galego non pode ser un fósil palentoloxizado que só sacamos a que lle dea o aire de cando en vez e de maneira ritual. As linguas, ademais, é que non serven para iso. As linguas están para comunicarse, para ser usadas. Non para que pseudovivan no cortello académico da formalidade máis insulsa. Os grelos ben cociñados e ben aliñados saben a gloria. Normal que os romanos quixeran pasar por aquí e quedar a vivir un par de séculos. As palabras, deshidratadas non poden saber igual. E así soan algúns galegos rituais de políticos, da xente dos medios... igualiños aos grelos artificiais e de plástico. Somos o que comemos. Somos o que falamos. Somos o que amamos. Xa que logo non podo rematar estas letras senón é cunha declaración, na miña lingua, de amor: Amo os grelos. Francisco Castro9

Pieter Brueghel “o Vello” (1525-1569), A torre de Babel

9

http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Oscodepa2&id_edicion=Oscodepa2001&cabecera= %3Ca+href%3D %22ficha_obra.jsp%3Fid%3DOscodepa2%26alias%3D%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EOs+comedores+de+patacas+ %28con+grelos%29%3C%2Fa%3E&alias=&frase=lingua%20galega, %20galego&operadorBooleano=or&tipoBusca=palabra&formato=texto

Textos pola Lingua

17

21 febreiro 2014


A FALA10 Nobre e harmoniosa fala de Breogán, fala boa, de fortes e grandes sen rival; ti do celta aos ouvidos sempre soando estás como soan os pinos na costa de Froxán; ti nos eidos da Celtia e co tempo serás un lábaro, sagrado que ao triunfo guiará, fala nobre, harmoniosa, ¡fala de Breogán! Ti, sinal misterioso dos teus fillos serás que polo mundo dispersos e sen abrigo van; e a aqueles que foran nunha pasada edá defensores dos eidos contra o duro román e que aínda cobizan da terra a libertá, nun pobo nobre e forte, valente, axuntarás, ¡oh, fala harmoniosa, fala de Breogán!

FALADE GALLEGO11 Miniñas da Cruña, d' amabre despejo, de falas graciosas e pasos ligeiros, deixá de Castilla os duros acentos: falade, miniñas, falade gallego. Cand’ é que vos ouzo, a patria esquecendo, falar esas duras palabras de ferro, non sei o que sufro, non sei o que peno: falade, miniñas, falade gallego. Mas cando falades nos patrios acentos, envoltos no voso angélico alento, parece que escuito un canto do ceo: falade, miniñas, falade gallego.

Serás épica tuba e forte sen rival, que chamarás aos fillos que aló do Miño están, os bos fillos do Luso, apartados irmáns de nós por un destino envexoso e fatal. Cos robustos acentos, grandes, os chamarás, ¡verbo do gran Camoens, fala de Breogán! 10

PONDAL, Eduardo, Poesía galega completa II Poemas Impresos, edición de Manuel Ferreiro, Sotelo Blanco Edicións, Santiago de Compostela, 2001

11

PONDAL, Eduardo, ib.

Textos pola Lingua

18

21 febreiro 2014


A lingua tiveran... A lingua tiveran por lingua d'escravos; esqueceran os patrios acentos, suidosos e brandos. Dos propios acentos tiveran vergonza; de cautivos falaran palabras, de servos e ilotas. Deixaran os doces acentos jocundos por estrañas palabras de servos, ignaros e escuros. A nai, afrigida da escura miseria, os propios tomara por gente estrangeira, e espantada escuitara dos fillos a plática serva. Eduardo Pondal (poema 78)12

XV En Santiago canta o Galo, loce o Facho na Coruña e en Ourense, Vigo e Lugo dase nova testemuña. A enseña da democracia ten o brasón en galego e na fábrica e nas aulas soa a língua dos antergos. Mozos sabios e patriotas ordenan a lingua nosa; fana culta e ordenada, fana lóxica e fermosa. Entra a lingua nas escolas e se inda non é señora ten dereitos proclamados, anque ten máis a de fóra.

XVI Xa se fala nos lugares onde lle era antes vedado, inda que hai quen a discute porque hai moito desleigado. Inda hai pais que son contrarios a que a aprendan os seus fillos sexa porque non o pensan ou que os movan catro pillos. Este noso antigo idioma é unha lingua de cultura e é vergoña pra un galego non falala con soltura. "O galego que non fala na lingua da súa terra, nin sabe o que ten de seu, nin é merecente dela".

12 PONDAL, Eduardo, Poesía galega completa. Vol. I: Queixumes dos pinos. Edición de Manuel Ferreiro, Sotelo Blanco Edicións, Santiago de Compostela, 1995 Textos pola Lingua

19

21 febreiro 2014


XVII Así falaba un poeta noutro tempo deste asunto, e agora vai sendo hora de poñerlle á historia punto. Esta historia é diferente doutros romances de cegos; non se sabe inda o remate, pois depende dos galegos. Nenos, homes e mulleres desta terra adormentada, rematouse xa o romance, e escomenza a pandeirada: ARRIBA LINGUA GALEGA, QUE SE MORRE A NOSA FALA NON HAI POBO NIN HAI TERRA! Darío Xohán Cabana13

Canción pra cando se escoita falar castrapo Ollade esa antroidada: son galegos, xente do pobo, sinxela e moi normal. Olládeos, como un fato de borregos, falando o seu castrapo "tipical". Esprésanse nunha estrana xerigonza, van falando un idioma que non hai. E sinten fondo reparo, gran vergonza, en falar, como é debido, a fala nai. Ollade ós moi paletos e cretinos ladrando o seu castrapo por aí, intentando ser lidos, cultos, finos imitando ós "castizos" de Madrí. Eles, probes, non poden ser culpados polo seu idioma, tristeiro i anormal. A culpa é de quen di: "Sede educados, que falar galego está moi mal..." Manuel María14

13

CABANA, Darío Xohán, Romance da historia da lingua galega, 1988

14

Manuel María, Obra poética completa I (1950-1979), Espiral Maior, A Coruña, 2001

Textos pola Lingua

20

21 febreiro 2014


NOITE VELLA (ANO 2100) No Medulio espectral, ignoto e místico reúnese a periódica asemblea dos esqueletos cívicos da Estantiga poeta. Acoden a escoitar as verbas doces d as que foron noutrora vivo templo; agardan en silencio que rematen os últimos acordes para oír as palabras, que non poden pronunciar - metafísico alimento na periódica vez que se pronuncian; e comeza a soar a mensaxe do Président da Xunta: -"Cidadáns de Galicia, como é costume vello nesta terra hoxe vouvos falar na lingua anterga e darvos a mensaxe de Aninovo..." Na lúgubre asemblea cruza un vento espectral de desacougo. ¡Ai, o cántico aquel, sublime e tráxico da lingua de roibén e rosicleres dos crepúsculos púrpura, do glauco rechouchío dos paxaros, das palabras eupátridas e músicas!

15

Salouca Rosalía acariñando o cravo que a traspasa; berra Curros con rabia, sen voz, o seu degoiro en sete tríades, Pondal, fidalgo e mudo soña xestas barís para Os Eoas, sentado nun curruncho rega Breixo sen lágrimas as follas das camariñas fósiles; Celso Emilio esmorece, pois non pode xa máis dicir Moraima; Suso Rábade evoca o troupeleo dos cabalos noitébregos na Matria, queima Alonso Montero con lóstregos de furia as tristes páxinas daquel informe tráxico e profético... O discurso do Président galego resoa apocalíptico no inútil cumio do Medulio céltico. -"...e xa cumprido o vello requisito quérovos desexar Paz e Alegría. ¡Happy New Year!" Miguel Anxo Mouriño15

MOURIÑO, Miguel Anxo Mouriño, Versos primos, Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, Vigo, 2007, páx. 21

Textos pola Lingua

21

21 febreiro 2014


Poema 3 PORQUE NON É SÓ O IDIOMA O QUE ESTÁ AMEAZADO SENÓN A NOSA PROPIA CAPACIDADE LINGÜÍSTICA, sexa cal sexa o idioma que falemos A LINGUA É PRODUCCIÓN, a lingua produce, produce COMUNICACIÓN PRODUCE PENSAMENTO, PRODUCE CAPACIDADE POÉTICA, produce ganancia e beneficio, PRODÚCENOS como HUMANOS, prodúcenos como FELICIDADE A lingua é PRODUCCIÓN, de aí os intentos do CAPITAL por PRIVATIZAR a lingua, por deixarnos SEN PALABRAS _____________________________ A LINGUA, calquera LINGUA NO CAPITAL, tende ao esvaecemento, tende a converterse en algo que se consume. En algo que xa non PRODUCIMOS os falantes, senón que o CAPITAL, no seu intento de privatizarnos, PRODUCE PARA NÓS _____________________________ No CAPITAL os creadores da Lingua, os falantes, pasan a ser CONSUMIDORES; a Lingua, calquera Lingua no Capital, pasa a ser un producto de consumo, o mesmo que calquera outra MERCADORÍA _____________________________ LINGUA-SERVIDUME LINGÜÍSTICA KAPITAL-KILLER ASASINA (con Paco Sampedro) (m-Talá) Chus Pato (2007)16

16

https://sites.google.com/site/chuspatoantoloxia/

Textos pola Lingua

22

21 febreiro 2014


Índice de textos Notas preliminares (para reflexionar)...................................................................................................2 Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO...........................................................................................4 Declaración sobre os dereitos das persoas pertencentes a minorías nacionais ou étnicas, relixiosas e lingüísticas............................................................................................................................................5 A NOSA LINGUA...............................................................................................................................8 O amor á lingua materna......................................................................................................................9 O galego, unha lingua extensa e útil.....................................................................................................9 Supervivencia ou suicidio...................................................................................................................14 Os comedores de patacas (con grelos)................................................................................................15 A FALA..............................................................................................................................................18 FALADE GALLEGO.........................................................................................................................18 A lingua tiveran..................................................................................................................................19 XV......................................................................................................................................................19 XVI.....................................................................................................................................................19 XVII....................................................................................................................................................20 Canción pra cando se escoita falar castrapo.......................................................................................20 Poema 3 .............................................................................................................................................22

Textos pola Lingua

23

21 febreiro 2014


Textos pola Lingua

24

21 febreiro 2014


Textos pola lingua 2014