Biblioxornal nº 63

Page 1

Número 63

1º TRIMESTRE 2021

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

LECTURAS de GUERRA e PAZ

ABDEL-QADIR, Ghazi, Las piedras que hablan, Edelvives, 2002, 144 pp.

e cristiá.

Kamal é un neno palestino que sofre a ocupación israelí das terras onde vive coa súa familia. Acosados polo exército con continuos toques de queda, asaltos e prohibicións, os mozos da rexión rebélanse utilizando a única arma que teñen a man: as pedras. Con todo, Kamal (neto de xudía e palestino) sabe que a convivencia é posible e tentará buscar unha solución pacífica ao conflito, baseada na aceptación da realidade e a mestura das tres culturas: musulmá, xudía

AGUR MEABE, Miren, Un año en el faro, Lóguez Ediciones, 2008, 124 pp. A guerra civil española acaba de comezar cando Jon chega á casa do seu tío o fareiro. Pasará un ano alí, ano no que verá cambiar a súa vida e a súa contorna. Coñecerá o amor e o odio, a amizade e a traizón, as grandezas e as miserias do ser humano, así como o sufrimento e a esperanza do seu pobo.

CARBALLEIRA, Paula, DANOWSK, Sonja, O principio, Kalandraka, 2020, 36 pp.

Álbum que reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precariedade, a fortaleza ante o drama humano. Paula Carballeira é capaz de poetizar sobre os efectos crueis e devastadores dunha guerra mentres as ilustracións de Sonja Danowski trasladan aos lectores ata as mesmas ruínas dos bombardeos. Esta obra sensible e tenra é tamén unha homenaxe ao libro como ferramenta pacífica, ás bibliotecas como faros luminosos de sabedoría que se apagan alí onde se instaura a violencia, á palabra oral como alimento da alma. https://issuu.com/kalandraka.com/docs/el-principio-c/2


P á x i n a

2

N ú m e r o

6 3 –

GALLAZ, Christophe, Rosa Blanca,

1 º

t ri m e s tr e

2 0 2 1

Lóguez Ediciones,

1987, 32 pp. Álbum ilustrado que nos presenta a realidade cotiá da II Guerra mundial sen innecesarios sensacionalismos. Rosa Branca foi o nome dunha organización de resistencia alemá durante a Segunda Guerra Mundial, algúns de cuxos membros foron executados polos nazis. Rosa Branca é, por tanto, o nome simbólico desa nena que un día segue as pegadas dun camión cargado de persoas e descobre un campo de concentración nazi. As ilustracións (de Roberto Innocenti) que acompañan ao texto, reproducen distintos modos de ver a guerra: a visión ilusa do heroísmo, a vista esquiva da complicidade, a mirada altiva do poder, a observación crúa da realidade, os ollos cegos do medo... https://youtu.be/h1YeRfRr0fI

GELING, Yan, Las flores de la guerra, Alfaguara, 2012, 256 pp. Unha historia de medo e violencia, pero tamén de amor, paixóns ingobernables, amizade e compaixón, que Zhang Yimou levou ao cinema En 1937 o exército nipón entrou en Nanjing pola brava. A guerra atrapou a Shujuan e outras doce estudantes no faio da parroquia Santa María Magdalena, ao coidado do pai Engelmann. Mais hai algo que sacode o seu mundo con máis forza que o son dos disparos. Cando a misteriosa e sedutora Zhao Yumo chega á fronte dun grupo de prostitutas en busca de refuxio, as nenas e os clérigos teñen que enfrontarse ás súas propias encrucilladas: onde está a xustiza?, que os distingue desas mulleres?, como defenderse da crueldade? Comeza a lectura: https://www.tagusbooks.com/leer? isbn=9788420412368&li=1&idsource=3001

GRUß, Karin, La zapatilla roja, Ló-

guez Ediciones, 2014, 32 pp. Primeiro álbum de Karin Gruß, realizado baixo as impresións producidas polos enfrontamentos na franxa de Gaza. Kenan é un mozo normal. O que máis lle gusta é xogar ao baloncesto cos seus amigos. Afíxose a ver, ao seu arredor, as casas destruídas pola guerra. Kenan vive nun país enfrontado co seu veciño. Nun desprazamento para disputar un partido, o mozo é ferido cando o autobús no que viaxa é alcanzado polos disparos… https://issuu.com/loguezediciones/docs/lazapatillaroja_issuu


N ú m e r o

6 3 –

1 º

t ri m e s tr e

2 0 2 1

P á x i n a

3

HOBSBAWM, Eric, Guerra y Paz en el siglo XXI, Planeta, 2013, 208 pp. O autor analiza de xeito crítico pero esperanzado os grandes problemas a que nos enfrontamos na actualidade: da guerra, a paz e as posibilidades dunha orde mundial, do proxecto imperial dos Estados Unidos e de como “un grupo de políticos tolos pretenden implantar a súa propia versión da supremacía mundial”, dos efectos dunha globalización que acentúa as disparidades no mundo, da crise da estadonación, das inmigracións, o racismo e a xenofobia, dos perigos que nacen do medo irracional ao terror político ou das dificultades de manter a orde pública nun mundo violento no que circulan 125 millóns de rifles de asalto.

LLORCA, Francisco, HORMIGA, Elena, Pequeños grandes gestos por la tolerancia, Alba Editorial, 2016, 32 pp. Once historias reais que demostraron a importancia do respecto por aquelas persoas con ideas e comportamentos distintos aos da maioría: xestos como o de Bárbara Henry, unha mestra que desafiou a segregación racial en USA para garantir o dereito á educación de Ruby Bridges (unha das primeiras nenas afroamericanas en asistir a unha escola pública en USA); o de Paul Rusesabagina que, durante o xenocidio de Ruanda, utilizou o seu influencia e contactos como xerente provisional do Hotel des Mille Collines para protexer a máis de 1200 persoas, entre Tutsis e Hutus moderados, dos masacres perpetrados polas milicias; o de Malalai Joya, unha activista afgá que loita para que as nenas do seu país poidan acceder á educación...

MATTINGLEY, Christobel, Asmir no quiere pistolas, Santillana, 2017, 176 pp.

Asmir, un neno musulmán que vive en Saraievo, é testemuña da crueldade e do despropósito da guerra dos Balcáns. Grazas á súa tía Melita, Asmir, o seu irmán pequeno, a súa nai e a súa avoa poderán refuxiarse na capital de Serbia. En Belgrado, non están seguros e iniciarán unha nova fuxida cara a Austria. Grazas a uns amigos vieneses, a familia logrará sobrevivir nesta cidade. O paso dos días trae novos refuxiados á casa, pero non acaba de chegar Muris, o pai de Asmir, que segue en Saraievo. Asmir soña con reunirse co seu pai e non entende nin as causas nin as consecuencias da guerra. Só unha cousa ten clara: non quere pistolas.

REVERTE, Javier, Cuentos de trinchera y retaguardia, Ediciones del Viento, 2020, 229 pp. Segundo o seu autor varios dos contos que se inclúen nesta obra teñen a súa orixe en pequenas historias persoais acontecidas durante a nosa guerra civil, “que me foron contadas polos meus maiores ou polos meus amigos. Por mor diso, unha boa parte transcorre en Madrid e nas frontes madrileñas da contenda. Outros contos entresaqueinos de relatos máis amplos ou son produto da miña imaxinación. Mesturar todo iso resultou un empeño literario fascinante” e conclúe: “non son historias de bos e malos, senón de vítimas dunha catástrofe histórica que arrastrou a todo un pobo a unha das máis crueis matanzas do século XX”


P á x i n a

4

N ú m e r o

6 3 –

1 º

t ri m e s tr e

2 0 2 1

ROTH, Philiph, Pastoral americana, Faktoría K, 2013, 472 pp.

Seymour Levov, o Sueco, atleta mítico na escola secundaria, afectuoso pai de familia, traballador infatigable e acomodado herdeiro da fábrica do seu pai, chega á maioría de idade na América do Norte próspera e triunfante da posguerra. Só quere facer as cousas ben e levar unha vida tranquila. Pero a historia é máis forte que el e arrástrao sen remedio cando a súa filla Merry participa nun acto violento contra a guerra de Vietnam. As devastadoras consecuencias afastarán ao Sueco de calquera esperanza de felicidade ou coherencia espiritual.

SUTCLIFFE, William, Cuando pasé al otro lado del muro, Alfaguara, 2013, 344 pp. Unha historia sobre a lealdade, a identidade e a xustiza. O adolescente Joshua vive en Amarías, unha cidade rodeada por un gran muro vixiado por soldados. A Joshua dixéronlle que o muro é o único que o separa e que o mantén a salvo dos brutais asasinos que viven alén. Un día, buscando unha pelota de fútbol que perdeu, descobre un túnel que o leva ao outro lado do muro. Joshua sabe que nunca terá outra oportunidade para descubrir o que alí hai, sospeita que non lle contaron a verdade. Se segue adiante, todo o que sabe sobre o mundo farase cachizas, pero non pode dar marcha atrás... Unha historia intelixente sobre a lealdade, a identidade e a xustiza. Le un fragmento: https://www.megustaleer.com/libros/cuando-pas-al-otrolado-del-muro/MES-065335/fragmento

VANDER ZEE, Ruth, INNOCENTI, A historia de Erika, Kalandraka, 2020 , 32 pp Erika descoñece a súa data exacta de nacemento, non sabe cal é o seu verdadeiro nome, nin sequera sabe o lugar onde naceu. O único que sabe é que os seus pais biolóxicos lanzárona desde un tren sen retorno, un tren que os levaría aos campos de exterminio nazis. A nena salvouse grazas ao xesto de extrema desesperación e esperanza dos seus pais, e á benevolencia e o afecto da señora que a coidou desde o momento en que atopou a esa pequena criatura, abandonada, á beira dos raís do tren. Para a nosa protagonista é imposible esquecerse das súas orixes, e faise innumerables preguntas sobre as condicións de vida da súa familia durante a reclusión, ou sobre os últimos instantes en brazos dos seus pais nun tren que os levaba a algún lugar descoñecido de Alemaña…Cara a unha morte atroz. https://youtu.be/8Ih6yBZDqJI

VUILLARD, Éric, A batalla de Occidente, Faktoría K, 2019, 168

pp. Unha novela en clave histórica e política sobre a cerna da Gran Guerra en Europa: unha carnicería sen precedentes preludio da absoluta barbarie que acabou provocando a caída de varios imperios e que levou a todo un continente ata o bordo do abismo. Vuillard describe os inicios da Batalla de Occidente, as ambicións dos estrategas militares, as trincheiras convertidas en xigantescos cemiterios, as chairas cubertas polo gas mostaza, as cidades arrasadas, a orixe dos campos de prisioneiros... O relato de momentos íntimos protagonizados polos que sufriron a contenda, coa descrición de escenas épicas e conmovedoras, forman un detallado mosaico da Gran Guerra en Europa. Unha Europa que entraba na Modernidade baixo o ruído doscanóns e das bombas Neste escenario naceron as grandes fortunas capitalistas, pero tamén a primeira revolución socialista. https://issuu.com/kalandraka.com/docs/a-batalla-de-occidente-g