Page 1

PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

PLAN DE ACOLLIDA

1. Introdución:

A incorporación dun alumno ou alumna que procede do estranxeiro adoita ir precedida de connotacións especiais que non se dan no caso da incorporación doutro tipo de alumnado. A súa chegada é cada día máis frecuente e variada, co que se fai necesario establecer medidas de atención específica axeitadas ás súas necesidades, e unha delas consiste en axustar a acollida que se lles vai dispensar. Para elo se leva a cabo este Plan de Acollida, onde se expoñen algunhas medidas e pautas orientativas para propiciar a axeitada integración e desenvolvemento do alumnado.

2. Xustificación do Plan:

Este é un CEIP para o que se vai realizar un plan de acollida. Nel pretendese reflectir as liñas prioritarias de actuación para os alumnos estranxeiros que chegan o centro. Recordar que en Educación Infantil e Primaria cada grupo terá un profesor titor que impartirá a maioría das áreas polo que a relación é máis intensa, e as actividades estarán incardinadas na actividade docente. Para levar a cabo esta actuación revisaríamos o PEC, xa que é alí de onde deben quedar establecidos os criterios, tanto pedagóxicos como organizativos, para a atención a estes alumnos, así como os contidos e accións para educar a tódolos alumnos no respecto a diversidade existente no centro. Por outro lado estas medidas quedarían reflectidas no Plan de Acción Titorial, xa que como indica a orden 20 de febreiro de 2004, o PAT debe recoller actuacións especificamente deseñadas que incluirán o PLAN DE ACOLLIDA e o seguimento do proceso de integración escolar por parte do profesor titor.

C.E.I.P. Sal Lence

1


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

3. Normativa legal vixente na Comunidade Autónoma de Galicia e estatal:

Orde do 20 de Febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ó alumnado procedente do estranxeiro. (Ver Anexo 1).

LEI ORGANICA 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (LOE). Nesta introdúcese a nomenclatura de “alumnos de incorporación tardía no sistema educativo español”.

4. Obxectivos:

- Colaborar como centro, na posta en práctica dunha boa acollida do alumnado e o profesorado de nova incorporación á escola.

- Favorecer, entre todos, unha adaptación progresiva e axeitada ó centro escolar do alumnado e profesorado novo.

- Axudar a que o alumnado e os pais estean informados do funcionamento e organización do centro educativo, así como de outros aspectos relacionados coa educación (sistema educativo, becas, material escolar,…).

- Fomentar actitudes de respecto e tolerancia en relación a todos os alumnos/as e facilitar o proceso da súa integración na comunidade educativa.

C.E.I.P. Sal Lence

2


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

5. Características do alumnado estranxeiro:

Partindo de que este alumnado forma parte dun colectivo moi heteroxéneo en canto á nacionalidade de orixe, nivel de escolarización,… podemos indicar unha serie de características comúns:

-Poden amosar dificultades escolares en relación a tres factores: A idade coa que chegan a noso país. O nivel de escolarización previa. O nivel de dominio do noso idioma. -

A

estas

dificultades

pódense

engadir

situacións

socio-económicas

desfavorecidas : inestabilidade do emprego,…

- Pode existir absentismo escolar.

- Posible falla de motivación cara ó estudo que pode estar relacionada con:

A falla de identificación coa cultura que se reflexa no currículo e na vida do centro.

A falla de atención e/ou as baixas expectativas educativas dos pais.

Un ambiente educativo moi pobre nas familias.

Falla de integración social, con relacións moi pobres fora do entorno escolar. - Escasa relación co centro por parte das familias destes alumnos.

C.E.I.P. Sal Lence

3


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

5.1 Adquisición da lingua

Co termo adquisición da linguaxe faise referencia ao proceso vinculado ao nacemento e desenvolvemento da aprendizaxe da lingua materna. Co de aprendizaxe da linguaxe alúdese ao proceso levado a cabo

mediante a

instrución e que se produce dun modo consciente, a diferenza do primeiro que é intuitivo e non consciente.

En ambos procesos, o aprendiz irá pasando por sucesivas etapas de construción creativa que se constitúen en verdadeiras gramáticas intermedias de aproximación á lingua correcta, producíndose estas tanto na lingua materna, como na apresa, aínda que entre o proceso de adquisición da primeira lingua e o de aprendizaxe da segunda preséntanse algunhas diferenzas? (Orientacións para o ensino do español a inmigrantes e refuxiados, Ministerio de Educación e Cultura, 1999), diferenzas que é necesario ter en conta á hora do ensino da segunda lingua:

- Os nenos que adquiren a lingua materna logran con éxito o seu total dominio. Os que aprenden a segunda, non sempre o logran. - Todos os nenos que adquiren a primeira lingua ou materna pasan basicamente polas mesmas etapas. Isto non ocorre cos que aprenden a segunda lingua, na que as diferenzas son moi notables e os resultados entre os suxeitos moi variables, dependendo moito das características intelectuais e psicolóxicas individuais dos suxeitos, así como do contexto no que se desenvolven. Estes aspectos non teñen tanta relevancia cando se trata da lingua materna..

Diversos estudios mostraron que canto menor sexa a idade do neno máis fácil, mellor e máis rápida será a adquisición da segunda lingua. Outra razón igualmente importante son as evidencias mostradas polas investigacións dos anos 70, especialmente de Lenneberg, sobre o período crítico.

Estas

sinalan

que

é

posible

a

adquisición

da

segunda

lingua dun modo natural se isto prodúcese antes da puberdade. Pasada esa idade, é preciso falar de aprendizaxe, o que implica a utilización doutros

C.E.I.P. Sal Lence

4


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

mecanismos de aprendizaxe. Isto explicaría a gran variabilidade de adquisición duns suxeitos a outros.

Como adquiren a segunda lingua os nenos ata os 8 anos

A maioría de autores sinalan que ata os 8 anos os nenos adquiren a segunda lingua dun modo moi similar ao da lingua materna, pasando polas mesmas etapas: A etapa de produción na aprendizaxe da segunda lingua é máis rápida e segura que na aprendizaxe da lingua materna debido a que a adquisición da primeira lingua serve de exercicio previo e a razóns de tipo madurativo, que dotan dunha maior capacidade lingüística, especialmente a partir dos catro anos.

Desde o punto de vista morfolóxico os erros son escasos. Na sintaxe, a maior parte das oracións están ben formadas. E na fonética, non se producen erros de pronunciación. No terreo da morfosintaxis, a construción do esquema oracional iníciase desde as ETAPAS:

*A etapa silenciosa, onde a produción é moi escasa. *A etapa holofrásica, ou dunha soa frase. *A de produción , de progreso acelerado e certeiro..chamadas categorías léxicas (nomes e verbos), para pasar a outras máis funcionais (determinantes, flexión verbal, conxuncións...).

Tamén é de destacar nesta etapa a capacidade dos nenos para seleccionar os datos pertinentes das oracións que oen, poñendo atención só naquelas categorías que necesitan ir aprendendo para construír progresivamente o esquema

da

oración.

En suma, os procesos que se poñen en marcha para a adquisición da segunda lingua son intuitivos e innatos, ou dito doutro xeito, o único que os nenos necesitan é oír falar aos seus semellantes. (Orientacións para o ensino do español para inmigrantes e refuxiados, Ministerio de Educación e Cultura).

C.E.I.P. Sal Lence

5


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

Do dito ata este momento pódese deducir que a adquisición da segunda lingua a idades moi temperás, a partir dos 3 anos, dáse de modo natural se os nenos escoitan e practican esa segunda lingua o tempo suficiente no ambiente familiar ou escolar. Isto non exclúe que a partir dos 7 ou 8 anos non sexa necesario prestar axuda a estes alumnos para a aprendizaxe da lectura e da escritura, instrumentais que, en ningún caso, nin na lingua materna nin na segunda lingua, son innatas.

Como aprenden a lingua os nenos/as maiores de 8 anos

A partir dos 8 anos, danse outros procesos distintos na adquisición da segunda lingua. Nestas idades prodúcense uns trazos diferenciais:

- Non adoita existir o período silencioso, xa que as necesidades de comunicación apreman. Os alumnos lánzanse a falar, aínda que produzan un gran número de erros. Devanditos erros adoitan corrixirse e non tenden a fosilizarse. - Prodúcese unha gran variedade de procesos duns individuos a outros. Nalgúns casos danse avances moi rápidos. Noutros, os avances son moito máis lentos. Os seus gramáticas intermedias adoitan empezar a ser bastante

inestables,

da

lingua

-

súa A

esta

facéndose

materna,

idade

tamén

polo

notar

considerablemente

chamado

parece

terse

fenómeno perdido

a

da

a

influencia

transferencia.

capacidade

para

seleccionar os datos das oracións que se oen, provocándose un alto número de erros.

A diferenza do alumnado máis novo (3-8 anos), neste tramo de idade comeza a ter importancia o idioma materno do que proveñan: canta maior similitude coa segunda lingua , menor dificultade para aprendela, e á inversa. Este aspecto carece de importancia cando se trata de nenos máis pequenos (Orientacións para o ensino do español a inmigrantes e refuxiados, Ministerio de Educación e Cultura, 1999).

C.E.I.P. Sal Lence

6


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

Por todas estas razóns, nestas idades ( a partires de 8 anos) os alumnos non poderán aprender a segunda lingua só por si mesmos. Necesitan a axuda dos titores, que haberán de telas en conta e desenvolver unha serie de exercicios pautados, en progresiva orde de dificultade...co fin de axudarlles a corrixir os erros que seguramente cometerán.

Para ensinar a segunda lingua hai que ter en conta o contexto no que se vai desenvolver o alumno/a, así cabe sinalar que se desenvolverá dentro de un contexto escolar, lúdico e social. Partindo disto pódense ter en conta os seguintes temas a tratar:

1.- Os meus compañeiros e eu. 2.- Os saúdos. 3.- A clase e os seus obxectos. 4.- O corpo. 5.- Os vestidos. 6.- A saúde e a enfermidade. 7.- A casa: as súas habitacións e mobles. 8.- A familia 9.- Alimentos e bebidas 10.- Os obxectos da mesa durante as comidas. 11.- O tempo: horarios, días da semana, meses do ano, estacións... 12.- A rúa. 13.- De compras: o mercado, as tendas, os produtos... 14.- A cidade, o pobo. 15.- O campo: os animais, plantas, árbores e flores.

C.E.I.P. Sal Lence

7


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

6. Pautas xerais de actuación

Actividades Iniciais:

-Toma de contacto co centro: 

Matriculación por parte da familia:

Documentación necesaria para realizar a matrícula.

Información sobre o sistema educativo, elaborado en varios idiomas para o alumnado de orixe estranxeiro.

Folleto

informativo

sobre

“Escolarización

do

alumnado

procedente do estranxeiro”, elaborado, así mesmo, en varios idiomas e que se pode ver no CD “El Esapañol como segunda lengua” 

Información escrita ás familias sobre as cuestións da organización do centro: material escolar, horarios, normas de convivencia, asistencia, avaliación, hora de atención ós pais, …

Coñecemento das instalacións máis representativas do centro: a aula, a biblioteca, salón de actos, aula de ordenadores, patios de recreo, secretaría, xefatura de estudos e dirección,…

-Recollida de datos e comunicación coas familias: 

Despois da escolarización do alumno/a, poderase aproveitar para recoller información máis precisa sobre a súa procedencia, lingua, escolarización previa, resultados escolares,… de xeito que axude a concretar as súas necesidades educativas (ANEXO 2: Modelo de “Ficha de Recollida Inicial de Información” e tamén se poden ver outros modelos nos CD`s “Acogida y atención del alumnado inmigrante” e “El español como segunda lengua”, neste último veñen fichas de recollida de información en preto de 20 idiomas).

Entrega dunha carpeta coa documentación básica:

C.E.I.P. Sal Lence

8


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

-Calendario escolar, períodos de vacacións, días festivos. -Horario do centro. Horario do seu grupo de referencia co nome do profesorado, da aula, das asignaturas,… Entrega dun plano sinxelo do centro. Normas de funcionamento interno do centro: Puntualidade. Asistencia. Xustificación de faltas. Normas de convivencia. Faltas leves, graves e sancións correspondentes. Criterios de avaliación e promoción.

-Itinerario de escolarización: 

Escolarización do alumno/a no curso que lle corresponde por

idade.

Escolarizase,

segundo

os

criterios

contemplados na orde do 20 de febreiro de 2004, con caracter xeral de acordo co procedemento xeral de admisión (Orde do 16 de marzo de 2001). O curso no que se incorporará inicialmente determinarase tomando en consideración a súa idade así como o nivel máis axeitado para dar resposta ás súas necesidades educativas, pero en ningún caso se producirá a incorporación do alumno nun curso inferior ós dous anteriores ó que lle correspondería por idade. 

Avaliación inicial por parte do Titor/a para determinar as súas necesidades educativas (ANEXO 3: Modelos de informe de E.I. e E.P.).

Si se apreciaran necesidades educativas especiais, o departamento de orientación realizará unha avaliación psicopedagóxica.

C.E.I.P. Sal Lence

9


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

A partir deste momento adoptaranse, se procede, as medidas de atención específica que sexan as máis axeitadas para cada alumno/a concreto:  Medidas de carácter curricular que se establecen con carácter xeral para a atención á diversidade: 

Reforzo educativo.

Adaptacións curriculares.

Flexibilización da idade de escolarización.

 Medidas de carácter organizativo que teñen un carácter

xeral

de

agrupamentos

flexibles

e

temporais que son específicas para o alumnado procedente do estranxeiro (ANEXO 4):  Grupos de adquisición das linguas.  Grupos

de

adaptación

da

competencia

curricular.  Outras medidas, se procede, que se consideren indicadas para lograr unha integración o máis axeitada posible, tendo en conta, ó mesmo tempo,

que a normalización é o

proceso que axuda a acadar mellor aquela.

- Por último, o Titor/a comunicará ás familias os resultados da avaliación e as medidas a adoptar de cara a cada alumno/a. - Asimesmo, poderá aproveitar a entrevista para informar ás familias sobre outros servizos existentes no barrio e na cidade que poden necesitar coñecer: Centros de Servizos Sociais, ONXs, Asociacións, axudas para tramitar a documentación,…

O primeiro día de clase: Como sabemos todos, este día é moi importante para todos, alumnos/as e profesores/as que chegan a un novo colexio.

C.E.I.P. Sal Lence

10


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

Por iso é importante preparar a súa acollida, tendo en conta os seguintes aspectos:  Preparación da acollida por parte do titor/a e os seus alumnos.  Recepción do alumno/a e da persoa que lle acompaña, por parte dunha persoa do centro que lle coñeza para levala a súa aula.  Unha vez na aula, o titor/a, como referente principal, presentará ó novo alumno/a ó seus compañeiros, facilitando a relación entre todos e apoiando ó novo alumno/a para que se integre o máis pronto posible.  Si se considera, o profesor podería elixir, temporalmente, a un compañeiro titor/a para que acompañe e axude ó novo alumno/a a coñecer e adaptarse o antes posible(ANEXO 5). As funcións do compañeiro/a titor/a poderían se as seguintes: o Facilitar a integración do alumnado, evitando o seu illamento inicial ou nos tempos do recreo. o Presentalo a outros compañeiros/as, profesores/as, … o Axudarlle nas dificultades iniciais de comunicación, si as ten. o Axudarlle a entender as tarefas escolares que debe realizar. o Informarlle sobre horarios, materiais escolares, dependencias do centro ,… o Comunicar ó titor/a as dificultades que amose o alumno.

Partindo da consideración de que cada titor/a realizará as actividades que considere máis axeitadas na súa aula, para lograr a adaptación dos alumnos novos, en concreto, dos de orixe estranxeiro poderá ter en conta algúns aspectos importantes:

-Ambientación das aulas e do centro, con motivos variados que lembren a cada un dos países de orixe dos alumnos que chegan de fora.

- Actividades que faciliten a avaliación inicial, como presentar as propostas en diversos formatos (visuais, esquemas gráficos, debuxos, vídeos, atlas,

C.E.I.P. Sal Lence

11


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

materiais manipulativos para matemáticas,… co fin de que os alumnos novos amosen o que saben, a través de distintos materiais. - Ademais poderíase incorporar á aula unha ambientación que facilite as aprendizaxes: Rótulos, nomes das cousas, imaxes, murais, mapas,.. dos temas de estudo. -Actividades de xogos, presentacións de murais, traballos con soporte visual, representacións,… -Información sobre o país e/ou países de procedencia do alumnado: costumes relixión cultura,… -Utilizar na aula algunhas referencias de linguas estranxeiras: saúdos, despedidas, frases feitas,… -Ver e comentar cintas de vídeo (documentais, películas,…) sobre outras culturas, etnias e países de orixe. -Programar semanas culturais adicadas ó coñecemento mutuo das distintas culturas que conviven no centro: artesanía, gastronomía, folclore, costumes, música, contos, pintura,…

Pódense consultar posibles actividades a desenvolver no centro nas aulas de Educación Infantil e Educación Primaria no material que se sinala na bibliografía e que se atopa no Departamento de Orientación, onde hai multitude de actividades, fichas de vocabulario, etc.

C.E.I.P. Sal Lence

12


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

7. METODOLOXÍA A UTILIZAR

Necesidade de utilizar unha metodoloxía audiovisual e funcional, que deixe un

tempo,

entendendo

o esta

necesario,

para

principalmente

a

como

aprendizaxe

oral

un

de

sistema

da

lingua,

comunicación.

Así, os contidos das primeiras unidades deberían ser: Só orais. -Frases sinxelas en estilo directo. -Manexando poucos verbos (ser, estar, chamarse, mais algúns verbos que implican certas instrucións: repite, dei, contesta, pregunta...) Cada Unidade Didáctica, co apoio audiovisual necesario, podería estar estruturada do seguinte xeito: --Partindo --Utilización

sempre dos

dun

Diálogo

fenómenos

nunha

gramaticais

determinada de

xeito

situación. funcional,

partindo das estruturas gramaticais extraídas do diálogo. -Logo

dun

primeiro

momento

de

aprendizaxe

oral

durante

varias

unidades didácticas. ir introducindo a aprendizaxe da escritura mediante o Ditado de palabras e frases curtas xa coñecidas. -Lectura de Textos con palabras coñecidas, ligados ás situacións e personaxes do diálogo.

C.E.I.P. Sal Lence

13


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

8. Avaliación:

O Plan de Acollida avaliarase en relación a súa posta en marcha e ó seu desenvolvemento. Instrumentos a empregar: - Os instrumentos máis utilizados, en xeral, son os cuestionarios e as enquisas. - As preguntas estarán relacionadas cós seguintes aspectos do Plan: 

Sobre o grao de sensibilización da comunidade educativa en relación ós aspectos da educación intercultural.

Sobre as accións formativas realizadas polo profesorado do centro en relación a esta temática.

Sobre a información recibida polas familias e a súa participación no Plan.

Sobre a realización da avaliación inicial, a utilización de instrumentos axeitados e a implicacións dos equipos de ciclo e o departamento de orientación.

Sobre os agrupamentos e as modalidades de apoio, a elaboración das adaptacións curriculares e as medidas de reforzo educativo.

Sobre o papel do resto do alumnado respecto da integración do alumnado novo estranxeiro na vida do centro.

Sobre as prácticas educativas postas en marcha e o seu funcionamento: titoría, actividades,…

Sobre as melloras que hai que incluír de cara a un futuro no Plan de Acollida.

- En relación ós destinatarios, poderá elaborarse un cuestionario para as familias, outro para o profesorado e outro para o alumnado., tendo en conta a idade.

C.E.I.P. Sal Lence

14


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

Bibliografía: - CEFORE (2004): El Español como segunda lengua. A Coruña. CEFORE Dentro deste CD hai un apartade que é “El español para ti”, que ten numerosas actividades secuenciadas en bloques. Os bloques que trata son os que seguen (en castelán): 1. Bienvenidos al golegio. a. Presentación, saludos y despedidas. b. El colegio. c. El cuerpo. d. La ropa. e. La familia.

2. Nos vamos a casa a. ¿Dónde vivimos? b. ¿Qué comemos? 3. Salimos al entorno a. La calle. b. Las tiendas. c. Nos divertimos. d. Como viajamos. e. Los oficios. f. El campo.

- CEFORE (2005): Pautas para a elaboración do Plan de Acollida do Alumnado inmigrante. A Coruña.

- VARIOS (2004): Acogida y atención del alumnado inmigrante. Sevilla. Junta de Andalucía.

- VARIOS (2005): Plan de Acollida. Orientacións para a súa elaboración. A Coruña. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa. Consellería de Emigración.

- VARIOS : Diccionario español árabe.

C.E.I.P. Sal Lence

15


PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA AO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL

Este dicionario serve para utilizar para traballar o vocabulario, aínda que nos sexa en árabe no que fale o alumno/a, xa que veñen láminas por campos semánticos con vocabulario relacionado coas mesmas, con e sen apoio da escritura. - VIANA e ORTE (2004): AMIGOS. Español lengua extranjera. Madrid: Dylar. Neste trátanse as seguientes unidades: 1. Me llamo...Irina. 2. Esta es mi clase. 3. ¿Que bonito es mi colegio! 4. Un día de clase. 5. El cuerpo. 6. Que bien estoy. 7. Te presento a mi familia. 8. Mi casa. 9. El barrio donde vivo. 10. Voy de compras. 11. Vamos al zoo. 12. Vamos a jugar. En cada unidade trabállanse : -

contidos comunicativos (saudar, presentarse, etc.)

-

estruturas lingüísticas.

-

Conceptos básicos.

-

Lecto-escritura: vogais, consoantes, a palabra, a sílaba, frase, etc.

C.E.I.P. Sal Lence

16

PLAN DE ACOLLIDA  

A incorporación dun alumno ou alumna que procede do estranxeiro adoita ir dispensar. Para elo se leva a cabo este Plan de Acollida, onde se...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you