Page 1

JERÓNIMO SAL LENCE

CRONOLOXÍA e BIOGRAFÍA


CRONOLOXÍA 1883 22 de febreiro

Nace en San Cibrao de Recesende -Castroverde (Lugo).

1904 23 de setembro

Obtén a Licenciatura na Facultade de Santiago de Compostela Ingreso por oposición no Corpo de Sanidade Militar co grao de Oficial médico alumno.

1905 28 de febreiro

Médico segundo

1907 Herdanza tuberculosa e profilaxis da tuberculosis hereditaria [Manuscrito] : memoria do doctorado presentada por Jeronimo Sal Lence medico militar. 1908 11 de marzo

Médico primeiro (Capitán médico).

15 de maio

Cásase na igrexa de San Nicolás da Coruña con Josefina Hervada García.

24 de maio

Nace o seu fillo Jerónimo Sal-Lence Hervada na Coruña.

18 de xullo

Nomeamento Comandante médico e xefe da clínica de oftalmoloxía do Hospital Militar da Coruña e profesor dos cursos de dita especialidade para xefes e oficiais médicos.

1910

1911

1920

1921 21 de novembro Destinado a Ceuta.


1924 Segunda viaxe de estudos e investigación científica por Suiza(Berna,Basilea, Lucerna, Zurich). 1925 3 de xuño

Inauguración de Policlínica Gratuita na que traballará.

1 de abril

Pasa á reserva voluntaria.

28 de xaneiro

O seu fillo obtén praza de alumno interno no Clínico de Santiago. Médico en Policlínica Gratuita. Establece consulta privada.

1928

1930

10 de xuño 1931 6 de xuño

Petición de que Antonio Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo e Sigüenza sexan proclamados candidatos ás Cortes.

12 de outubro

Colaboración e apoio no desenvolvemento do Estatuto de Autonomía.

15 de xaneiro 3 de febreiro

Inauguración de Unión Radio Galicia en Compostela. Conferencia radiofónica: Servicio de Radiodifusión e autonomía galega. Nomeamento de médico oculista no Sanatorio Marítimo de Oza. Conferenciante nas Xornadas Médicas Galegas. Carta de Ramón Suárez Picallo a Casares Quiroga na que menciona a Sal Lence como un dos promotores da súa candidatura. O seu fillo Jerónimo Sal-Lence Hervada nomeamento alférez médico alumno. Destino na Coruña (J. Sal-Lence Hervada)

1932

1933

13 de maio 12 de agosto 31 de agosto 1 outubro. 31 de outubro


1935 25 de marzo

Destino en Melilla (J. Sal-Lence Hervada).

26 de febreiro 12 de xullo 1 de agosto 27 de outubro

Destinado o seu fillo ao Hospital Militar da Coruña. Falece o seu pai D. Serafín Sal Otero. Mobilizado como comandante médico con perda do destino no sanatorio de Oza. Falece o seu fillo: Jerónimo Sal-Lence Hervada en Oviedo.

1 de marzo

Causa baixa no exercito. Reserva voluntaria.

17 de setembro

Discurso de inaguración do Grupo Escolar: “Teniente médico Sal Lence”, na actualidade, CEIP Sal Lence.

1936

1940

1948 Contencioso pola súa praza no Sanatorio de Oza, presentado contra o ministerio da Gobernación. 1953 Danlle a razón no contencioso pola praza no Sanatorio de Oza. 1960 19 de xuño

Falece na Coruña.


BIOGRAFÍA Jerónimo Sal Lence (San Cibrao de Recesende - Castroverde, Lugo; 22 de febreiro de 1883 – A Coruña; 19 de xuño de 1960) fillo de Serafín Sal y Otero e de Filomena Lence Ferreiro. Médico oftalmólogo. Graduouse de bacharelato en Lugo e estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela obtendo a licenciatura no ano 1904. O 23 de setembro dese mesmo ano ingresou por oposición no Corpo da Sanidade Militar. Especializado en oftalmoloxía foi un experto en cataratas. Completa a súa formación no Instituto Oftálmico Nacional e na Clínica Oftalmolóxica del Buen Suceso en Madrid, centros no que formou a súa personalidade como oculista ampliando os seus coñecementos durante dous anos ao lado dos seus mestres os Drs. Santa Cruz, Castresana e Márquez, chegando este último a consideralo un dos seus mellores auxiliares. O 15 de maio de 1910 casa na igrexa de San Nicolás con Josefina Hervada García. Tiveron un fillo Jerónimo Sal-Lence Hervada. Jerónimo Sal Lence exerceu predominantemente no Hospital Militar de A Coruña, ao cal foi destinado en 1919, si ben realizou diferentes comisións de servizo no Grupo de Hospitales de Ceuta (1921); como xefe do Equipo Quirúrxico(novembro de 1921 a xuño 1922); e no Hospital Militar de Tetuán (1928). Nestes anos pasou por distintos graos militares: oficial médico alumno, médico segundo, médico primeiro (capitán médico) e comandante médico. Estivo destinado en Marrocos. Cando rematou a Guerra de Africa pediu o retiro. No ano 1928, pasou á reserva. De volta a Galicia, no ano 1930, establece consulta privada na Coruña, ao mesmo tempo colabora na entidade benéfica Policlínica Gratuíta. No ámbito civil participou na organización das Xornadas Médicas Galegas de 1929 e 1930, en diferentes reunións científicas como a IV sesión da XVI Asamblea da Sociedade Española de Oftalmoloxía Hispano Americana en 1930 e as 5ª e 6ª sesións da XXIV Asamblea da Sociedade Española de Oftalmoloxía Hispano Americana celebradas na Toxa en1943, como recolle o diario La Vanguardia de 13 de setembro de 1943. En 1933 obtivo por oposición a praza de oculista do Sanatorio Nacional de Oza na Coruña. Doctorouse en Medicina e foi membro da Sociedade Oftalmolóxica Hispano Americana.


Realizou diferentes viaxes de estudos e investigación científica a Francia (París, Burdeos), Alemaña, Austria, Italia, Suiza (Berna, Basilea, Lucerna, Zurich) e Mónaco, coa asistencia aos principais hospitais deses países. Foi académico numerario da Real Academia de Medicina de Galicia e Asturias, participaba nos seus cursos e foi iniciador e director das Xornadas Galegas celebradas na Coruña coma homenaxe os médicos galegos Novoa Santos e Gómez Ulla. Publicou varios libros e numerosos traballos en “Galicia Clínica” onde durante algúns meses iniciou o seu “Diccionario Oftalmológico”. Ao longo do seu exercicio durante máis de 33 anos, colaborou en diversos congresos nacionais e internacionais, publicou máis de 500 artículos e monografías en xornais e revistas nacionais e extranxeiras, casi todos eles en relación coa Oftalmoloxía. Namorado de Galicia costeou proxectos para mellorar a rede de camiños, estradas e ferrocarril. Realizou numerosas publicacións sobre diversos problemas de Galicia (potenciación do camiño de Santiago, a solicitude para a creación dunha residencia de estudantes en Santiago, a fundación dun centro de Estudos Galegos e a canalización do Aforro Galego a fin de favorecer o progreso económico). Seguidor do Partido Galeguista, colaborou coa Real Academia Galega, axudou a redactar o Estatuto de Autonomía e participou na difusión da radio. Para lembrar ao seu fillo, falecido nun accidente aéreo durante a Guerra Civil, doou un inmoble e o seu terreo ao Concello de A Coruña para construír un centro educativo. Este foi inagurado o 17 de setembro de 1940 co nome de Grupo Escolar Teniente médico Sal Lence, na actualidade, CEIP Sal Lence.

Jerónimo Sal Lence no seu libro «Enfermedades de la vista». A Coruña. 1914.

Cronoloxía e biografía  
Cronoloxía e biografía  
Advertisement