TRABALLANDO NA NUBE E PLE

Page 1

TRABALLANDO NA NUBE E PLE Foro de dúbidas e consulta do tema 2. Primeira semana de curso superada e xa toca ir a polo seguinte módulo: Traballando na nube e PLE. No primeiro módulo víamos que para cada Sistema Operativo tiñamos "literalmente" infinidade de apps á nosa disposición. O obxectivo deste segundo módulo é presentar, coñecer e desenvolver o concepto de PLE como marco onde poder encaixar todas aquelas solucións que adoptemos para a aula, sexan ou non apps. O PLE será unha ferramenta que nos permita organizar e poñer orde no noso modelo de traballo para a aula e poderemos facelo empregando só ferramentas para dispositivos móbiles. Ánimo e adiante! FOLLA DE RUTA: 1. Introdución / 2. ¿Qué é un PLE? / 3. Aplicacións Ofimáticas e de productividade / 4. Ferramentas para deseñar un PLE / 5. Deseñando un PLE para a aula / 6. Conclusións 7. Ampliando a biblioteca.

2.1 CONSTRUÍNDO O NOSO PLE. MOBILE LEARNING.

1


2


3


4


5


6


2.2 APLICACIONS OFIMÁTICAS E DE ALMACENAMENTO en Android e iOS. En artigos anteriores víamos que era Android e como instalar aplicacións neste sistema operativo destinado a dispositivos móbiles como Smartphones ou Tablets. A continuación veremos que aplicacións temos dispoñibles na categoría de Ofimática, o que nos permitirá levar a nosa oficina ou escritorio no móbil. Este conxunto de aplicacións nos permitirán trasladar a potencia na edición e lectura de documentos dun ordenador de escritorio ao noso dispositivo móbil. Existen numerosas aplicacións dentro desta categoría polo que para facer unha selección, analizaremos se son gratuítas, a súa utilidade práctica, prestacións, facilidade de uso, o número de usuarios que as usan, a súa compatibilidade con outros sistemas operativos móbiles como iOS e o resultado da nosa propia experiencia de uso. A selección tamén se orientará cara a un posible uso das aplicacións nos eidos educativo e da pequena e mediana empresa, pero ademais cómpre ter en conta o uso persoal que cada un poida darlles na súa vida diaria. Moitas das aplicacións que veremos a continuación teñen o seu equivalente programa de escritorio ou aplicación Web 2.0, que neste caso permitiranos funcionalidades ampliadas como traballo colaborativo ou almacenamento na nube.

7


Evernote. Esta aplicación permítenos realizar anotacións nunha versión supervitaminada da típica aplicación de notas que vén integrada en Android. Con Evernote podemos tomar notas en formato de texto enriquecido, coma nun editor de texto de escritorio, pero ademais a través de fotos, gravacións de audio, como marcadores de páxinas web ou textos manuscritos directamente sobre a pantalla do dispositivo. As notas almacenaranse na conta que teñamos creada en Evernote e poderemos acceder a elas dende outros dispositivos. É moi completa e permítenos agrupar as notas por cadernos e asignarlles etiquetas, o que nos permitirá recuperalas de xeito doado a posteriori. Como inconvenientes poderíamos poñerlle o limitado espazo dispoñible na súa versión gratuíta e que a interface para a aplicación de escritorio podería mellorarse. Polo demais, resulta unha das aplicacións para tomar notas máis completas. Máis información: Sitio web de Evernote

Google Drive. Se Evernote era para notas, Google Drive permitiranos crear, consultar e almacenar documentos máis complexos como follas de cálculo, presentacións, diagramas, notas, debuxos, formularios, táboas ou documentos de texto. Permítenos traballo colaborativo, con varias persoas editando un documento á vez, pero tamén acceder ao documento dende a web ou da súa aplicación Android. Ademais podemos compartir un documento só para a súa lectura enviando unha ligazón a outra persoa. O editor de cada tipo de documento resulta moi completo, chegando a equipararse con aplicacións de escritorio moi potentes doutras suites ofimáticas de pago ou de software libre, como as que víamos fai pouco no artigo: Suites Ofimáticas Libres: OpenOffice, LibreOffice e Callibra. Máis información: Sitio web de Google Drive

Dropbox. Esta aplicación permítenos sincronizar arquivos na nube cos equipos onde a teñamos instalada, desta forma teremos os mesmos arquivos nos cartafoles que teñamos integrados no servizo. Nun móbil ou tableta podemos configurala para realizar copias de seguridade das nosas fotos e documentos, de xeito que estes se envíen directamente ao servidor de Dropbox. A súa maior aplicación práctica será o almacenamento na nube e o intercambio de arquivos entre varias persoas. Cómpre destacar os varios Gb que nos ofrece de forma gratuíta e que podemos ampliar convidando amigos a utilizalo ou facéndonos fans en Facebook, por exemplo. Ademais inclúe opcións de seguridade que permiten encriptar a información no noso dispositivo móbil para casos de extravío ou roubo. Máis información: Sitio web de Dropbox

Feedly. Lector de novas ou RSS que nos permite subscribirnos a webs ou blogs que vaian publicando entradas periodicamente. Desta forma infórmanos de todas as novas publicacións destes sitios aos que estamos subscritos sen necesidade de ir entrando neles dun en un e vendo se hai algo novo. Como nos presenta primeiro un titular e unha pequena descrición de cada entrada, podemos consultar as páxinas moi rápido, descartando aqueles contidos que non nos interesen. Ademais permítennos gardar as entradas para ler con calma máis adiante. Como tamén é un servizo web 2.0, podemos acceder tanto ao lector como ás webs gardadas dende outros dispositivos ou o noso equipo de escritorio. Máis información: Sitio web de Feedly

8


Flipboard. Lector de revistas dixitais cun funcionamento similar a Feedly, aínda que neste caso está máis orientado cara dispositivos móbiles. O formato que nos presenta sería parecido ao dos artigos dunha revista, ofrecendo tamén un titular e un resumo, de xeito que ao acceder ao contido temos a opción de consultar unha seguinte versión ampliada ou a definitiva na web do autor de dito contido. Podemos subscribirnos a múltiples revistas, pero a diferenza de Feedly, non nos mostra que contidos son novos cada vez que accedemos. A funcionalidade de lectura é tamén bastante rápida, se ben ten o inconveniente de que vai creando unha copia no dispositivo dos artigos vistos a modo de backup, isto fai que ocupe bastante espazo pasado un tempo e haxa que eliminar estes arquivos temporais manualmente. Outra diferenza con Feedly é que cada usuario pode crear a súa propia revista, polo que podemos subscribirnos ademais de a sitios ou blogs, a revistas doutros usuarios ou usuarias que teñan os nosos mesmos gustos ou preferencias e ver as súas publicacións. Máis información: Sitio web de Flipboard

FBReader. Lector de ebooks en múltiples formatos, dende Pdf a Epub, Fb2, Mobi ou Html, o que nos permitirá ler calquera tipo de libros no noso dispositivo móbil. Ademais das súas versións para móbil, este programa o temos dispoñible en Linux e Windows, polo que podemos recorrer a el dende calquera contorno. Como outros lectores de ebooks, adapta o texto do libro electrónico á pantalla do dispositivo en que estea instalado. Permite diferentes opcións de configuración como definir o tamaño do texto, a cor de texto e fondo ou como pasar de páxina. Como nota a lembrar, apuntar que para descargar ebooks gratuítos podemos empregar o directorio xa publicado en Gabit:Directorio de sitios para descargar ebooks libres gratis. Máis información: Sitio web de FBReader

Pocket. É unha aplicación para gardar marcadores do estilo “ler despois”. Moitas veces estamos navegando e vemos unha páxina interesante que queremos consultar con máis calma cando teñamos tempo, ou interésanos deixala gardada para sempre. En vez de poñela como favorita podemos almacenala con esta aplicación e como é un servizo na nube, tela así dispoñible despois dende calquera outro dispositivo. Permítenos un sistema de etiquetado moi rápido que nos permite localizar despois o contido de xeito doado, así como outros marcadores similares coa mesma etiqueta. Non só podemos gardar contidos dun navegador, senón que tamén podemos almacenar os contidos doutras aplicacións como Flipboard ou Feedly, o que a converte nun complemento ideal para agrupar os nosos favoritos nunha única aplicación. Máis información: Sitio web de Pocket

9


Pinterest. é unha rede social que permite aos usuarios crear taboleiros de contidos, a partir de imaxes ou ligazóns. Desta forma podemos revisar os contidos dos nosos taboleiros ou os doutros usuarios de forma moi áxil e visual. Ao ver un taboleiro, aparece cada contido, marcador, ou “pin” cunha imaxe descritiva, o que nos axuda moito a identificar cada un dentro da súa colección. Esta funcionalidade resulta moi proveitosa para crear páxinas de produtos ou de recursos educativos, sendo válida en proxectos de marketing ou educativos. Resulta unha web moi doada e intuitiva de empregar, o que fai que creza a gran velocidade no tocante a número de usuarios. A posibilidade de facer taboleiros privados, fai que nos serva tamén como un sistema de bookmarking ou de almacenamento de ligazóns para o noso propio uso ou en proxectos colaborativos.

¿Como funciona? Ao acceder a un taboleiro vemos a diferente información destacada coa súa imaxe nos diferentes "pins" ou marcadores: - Premendo sobre cada marcador ou "pin" accederemos ao sitio web onde aparece, vendo así a información ampliada: - Facer "pin" para gardar un contido é moi sinxelo. Moitos sitios web incorporan botóns para facelo, pero tamén podemos engadilos dende un dos nosos taboleiros ou cun botón que se pode instalar en calquera navegador. Gabit dispón do seu propio taboleiro de Pinterest, convidámoste a seguirnos!.

Séguenos en Pinterest

10


2.3.- ESCRITORIOS VIRTUAIS NA NUBE. Os escritorios virtuais son ferramentas que nos permiten acceder a un mesmo escritorio dende diferentes dispositivos, aloxándoo na nube. Aínda que hai solucións específicas para equipos de escritorio, temos tamén solucións xenéricas que nos van a permitir incluir aplicacións e servizos da Web 2.0, de xeito que aquelas aplicacións que empreguemos máis a miúdo estarán sempre accesibles. Ademais de como lanzador de aplicacións os escritorios virtuais teñen unha utilidade moi clara en educación dentro da elaboración e deseño de Entornos Virtuais de Aprendizaxe ou PLE. Grazas á elaboración de escritorios virtuais que representen modelos de PLE, podemos resumir e organizar este enfoque metodolóxico. As ferramentas para deseñar un PLE máis intuitivas son: Symbaloo, Netvibes e Pearltrees, que veremos a continuación.

Symbaloo Esta ferramenta permítenos definir un escritorio virtual a partir dunha serie de lanzadores ou accesos directos a sitios, aplicacións e servizos web. Grazas a que este escritorio se almacena na nube podemos acceder a el a través do noso ordenador de escritorio ou dispositivos móbiles, dispoñendo dunha app que nos facilita este acceso. Podemos crear múltiples escritorios ou webmix e personalizar cada un deles, segundo a súa orientación educativa, incorporando os elementos máis axeitados en cada ocasión.

Manual de introducción a Symbalao

/

Referencias:

• Sitio web oficial de Symbaloo e Symbaloo Edu • Exemplos de escritorios na Galería de Symbaloo. • Artigo de Educ@contic sobre Como organizar favoritos con Symbaloo (inclúe exemplos e ideas didácticas).

11


12


13


14


ORGANIZA TUS FAVORITOS con Symbaloo:

http://www.educacontic.es/blog/organiza-tus-favoritos-con-symbaloo

Symbaloo es una herramienta muy práctica para organizar y clasificar nuestras páginas web preferidas. Con esta aplicación podemos crear un escritorio virtual muy completo y funcional, con diferentes secciones según la temática de los enlaces que queremos tener disponibles. Crear un escritorio virtual es una labor que a todos los docentes nos interesa porque nos facilita mucho el acceso a la información y, en el caso de Symbaloo, también se lo facilita a nuestros alumnos ya que su interfaz en clara e intuitiva. Podemos compartir nuestro escritorio o hacerlo privado según nuestros intereses y también podemos utilizar la versión "EDU" de la herramienta utilizada cada día por más docentes como PLE.

CÓMO UTILIZARLA Nos registramos en Symbaloo con los datos que habitualmente se solicitan. Accedemos a nuestra cuenta y veremos tres páginas o "webmix" que salen por defecto: Escritorio, Noticias y Feeds. Para añadir nuevos webmix hacemos clic en el botón "Añadir un webmix" situado en la parte superior de la página. Para completar el escritorio y los webmix con los enlaces que nos interesan hacemos clic en cualquiera de los cuadros para añadir un bloque. Podemos crear un bloque nuevo y diseñarlo escribiendo la URL, seleccionando el color, etc. o podemos añadir uno ya existente. También podemos eliminar los bloques que aparecen por defecto poniendo el cursor sobre el bloque, dando a botón derecho y borrar. Todos los bloques se pueden trasladar fácilmente arrastrándolos con el ratón, de esta manera podemos diseñar el webmix como más nos guste. También podemos cambiar el fondo del webmix o su nombre desde el botón "modificar el webmix" situado a la izquierda. Una vez terminado el trabajo en Symbaloo podemos compartir individualmente el escritorio y cada webmix desde la sección "Enviar a mis amistades". Veremos la URL, el icono del código de embebido, la opción de enviarlo por correo electrónico y las casillas para publicarlo en Twitter y Facebook. También podemos configurar nuestro Symbaloo como privado desde "Dejar de publicar". UTILIDADES DIDÁCTICAS ▪

Recopilar recursos y organizarlos temáticamente para ofrecer a nuestros alumnos en clase: Selección de vídeo, de páginas web, de juegos interactivos, de actividades online, artículos relacionados con nuestra materia, etc.

Realizar y proponer trabajos de búsqueda y clasificación de recursos y materiales de clase con imágenes de Internet, vídeos de diferentes plataformas, presentaciones, etc.

Elaborar una página de inicio de Internet con las páginas web utilizadas en el trabajo diario, tanto para uso personal del docente como para los ordenadores del aula. Elaborar páginas de favoritos. EJEMPLOS

Symbaloo con recursos para infantil sobre Dragones. / Symbaloo sobre la Prehistoria. / Recopilación de juegos y recursos musicales

15


Netvibes

Outra ferramenta para crear escritorios virtuais personalizados. Ademais de lanzadores, nos permite engadir widgets ou mini-ventaniñas con páxinas web, blogs, diarios e revistas dixitais, a wikipedia, notas, o tempo, mini-buscadores, correo electrónico, e moitos máis. Neste caso teremos que acceder sempre a través dun navegador web, pero isto tamén nos dará integración total. Referencias: Sitio web oficial de Netvibes Guía para comezar.

Pearltress

Unha das alternativas máis doadas e intuitivas. Permite agregar ligazóns a sitios web, subir ficheiros, imaxes ou engadir notas. Déixanos agrupar os elementos en coleccións e compartilos en redes sociais, permitíndonos tamén traballar de xeito colaborativo. En versións anteriores permitía crear árbores cos diferentes elementos pero recentemente mudou a interfaz de xeito que agora é máis intuitiva para o seu uso dende dispositivos móbiles, pero non deixa organizar as relacións entre nodos como árbore conceptual. Referencias: Sitio web oficial de Pearltrees. Guía para comezar.

MARCADORES SOCIAIS: DIIGO E DELICIOUS A maioría dos navegadores permítennos gardar unha lista dos sitios que visitamos, coñecida como marcadores ou "Favoritos". A idea é que se estamos nun sitio poidamos gardar a súa URL ou enderezo web e despois dende a lista podamos acceder ao sitio cun simple clic de xeito doado. Esta lista de sitios web queda almacenada no navegador en cuestión, polo que se accedemos dende outro navegador noutro equipo non a teremos dispoñible. Os servizos de marcadores sociais aparecen co obxectivo de que teñamos sempre accesible esa lista de páxinas web, gardándoa na nube. Deste xeito accederemos ao servizo para obter os marcadores e podemos facelo dende calquera navegador e dispositivo. Ademais estes servizos nos ofrecen funcionalidades a maiores como compartir esas listas de marcadores con outras persoas ou colaborar para crealas e mantelas. Naquelas ligazóns que sexan públicas poderán facerse estatísticas sobre as más visitadas, e facer buscas dos contidos, por exemplo a través de etiquetas daqueles sitios máis consultados. 16


Diigo. Diigo é unha das ferramentas de marcación social máis utilizadas. Permítenos xestionar listas de ligazóns ou marcadores, escollendo se as compartimos de forma pública, con outros usuarios/as ou as mantemos de forma privada, de xeito que só podemos velas nós. Cada marcador se gardará cunha serie de termos ou palabras clave, que facilitan a súa organización e a busca de información. Ademais de marcadores permiten almacenar outros documentos, imaxes e notas. Como ferramenta educativa, a través de Diigo poden facerse listas de marcadores para a aula de forma que as poidan manter todos os estudantes colaborativamente. Ademais podemos seleccionar páxinas web para a clase e enviarlles a lista directamente a todos os estudantes o que nos facilita o filtrado e selección da información na rede. Por outra banda, permítenos facer comentarios nas páxinas marcadas como favoritos, que aparecen a modo de post-it e descatar partes do texto como se fora cun rotulador marcador, cambiando a cor de fondo. Grazas a estas dúas funcións, o educador pode marcar nas páxinas aqueles puntos que considera máis relevantes para os seus estudantes, e estes realizar tarefas de xeito colaborativo sobre as páxinas marcadas.

Como noutras aplicacións, ao ser un servizo ou aplicación Web 2.0 podemos acceder a través da web dende calquera dispositivo e navegador, pero tamén dispón de extensións e plugins para os navegadores máis utilizados e aplicacións nativas para Android e iOS, de xeito que faciliten o uso deste servizo. Sitio web oficial de Diigo.

17


Delicious Nunha liña moi similar a Diigo, Delicious tamén nos permite manter os nosos marcadores na nube, e xestionalos de forma social, en colaboración con outros usuarios.Fai un maior fincapé no etiquetado, que ten moita máis presenza neste servizo, permitindo por exemplo facer buscas por combinacións de etiquetas. A esta organización das etiquetas a denominan Folksonomía. De feito categoriza o sitio en tres seccións: Marcadores, Xente e Etiquetas. Outras opcións interesantes deste servizo son: •

- A posibilidade crear ligazóns amigables, por exemplo, acortadas ou personalizadas.

- Canles RSS a medida, de xeito que se permiten subscricións a un usuario/a ou etiqueta específico.

- Widgets para presentar as listas de marcadores noutras webs como por exemplo nun blog, a modo de listas de etiquetas ou ligazóns (blogrolls e tagrolls). Como noutras aplicacións, ao ser un servizo ou aplicación Web 2.0 podemos acceder a través da web dende calquera dispositivo e navegador, pero tamén dispón de extensións e plugins para os navegadores máis utilizados e aplicacións nativas para Android e iOS, que facilitan o uso deste servizo. Sitio web oficial de Delicious.

COMO FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA DENDE O MÓBIL OU TABLET. Facer unha captura de pantalla co móbil ou tablet é moi doado. Na maioría de dispositivos só hai que premer dous botóns a un tempo, o problema é que eses dous botóns varían segundo o dispositivo. Se por exemplo tes un Iphone ou un Samsung, tes que premer á vez o botón de encendido (1) e o botón central na parte de abaixo do dispositivo (botón Inicio ou "Home") (2).. Para outros móbiles Android, hai que premer á vez o botón de encendido e o de baixar o volume. Para algúns móbiles Samsung, pódese facer unha captura de pantalla deslizando a man sobre a pantalla de esquerda a dereita. Se todo vai ben, agardando un pouco a pantalla iluminarase como cando se saca unha fotografía, incluso con son. A imaxe se gardará no cartafol de imaxes do dispositivo e poderemos acceder a ela, por exemplo dende a app de Galería.

ANEXO: RECURSOS COMPLEMENTARIOS (OPCIONAL) •

Webinar: Entornos personais de aprendizaxe, por Jordi Adell.

Revisión en Bitelia de Editores de documentos colaborativos online.

Artículo de Appleweblog sobre Ferramentas ofimáticas en iOS.

Posibilidades de Evernote, de José Alfocea.

Taboleiro en Pinterest con ferramentas ofimáticas e de produtividade. 18


Artigo de Aulatic: Dropbox para el aula.

Artigo de Inevery Crea: ¿Como utilizar Google Drive en el aula?

Ebook gratuíto de Carlos Reyes con Ideas para empregar Evernote no ensino.

Manual de Symbaloo.

Artigo de Educ@contic sobre Como organizar favoritos con Symbaloo (inclúe exemplos e ideas didácticas).

Manual básico de Netvibes e Symbaloo, de Javier Prieto.

Como funciona Pearltrees (vídeo en inglés con subtítulos tamén en inglés

19


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.