APLICACIÓNS ESPECÍFICAS: DESEÑANDO O PLE DA AULA

Page 1

APLICACIÓNS ESPECÍFICAS: DESEÑANDO O PLE DA AULA 6.1 COMO BUSCAR APPS EDUCATIVAS. Presentación: A maneira máis directa de atopar e instalar apps é a través das tendas de aplicacións ou Stores dispoñibles, segundo cada sistema operativo móbil. Ademais destas tendas específicas existen tendas abertas para diferentes sistemas e sitios especializados na recopilación e busca de apps exclusivamente educativas. Tanto Android como iOS compiten en todos os campos, incluído o da Educación, en establecer un mercado de apps e impoñer o seu modelo, a través de solucións adaptadas para escolas que inclúen os dispositivos e paquetes de aplicacións. Para permitir un modelo BYOD e que se poidan empregar outros dispositivos como notebooks, cómpre fuxir destes modelos tan comerciais. Habería que buscar apps educativas que a ser posible dispoñan dunha alternativa web. Se ben, certas apps específicas para móbiles non dispoñen de web pero a súa funcionalidade educativa pode ser moi valiosa, polo que poderíamos adoptalas para a realización de actividades específicas para unha determinada materia. Aínda así, neses casos cómpre tentar sempre que cubran como mínimo os dous sistemas operativos principais (Android e iOS) para non limitar as solucións adoptadas. Este sería o xeito de evitar a segregación tecnolóxica na aula. Presentación sobre como buscar apps educativas

1


2


3


4


5


6


7


8


9


BUSCADORES DE APPS EDUCATIVAS A continuación veremos as principais alternativas para atopar apps educativas, mirando de clasificalas polo número de apps que se inclúen, plataformas (Android, iOS, Web, etc) para as que indica se está dipoñible a app, idioma en que se atopa o buscador, filtros de busca para clasificar as apps, e temática do sitio ou buscador

Google Play

App Store

Núm. de Apps. Moi alto.

Núm. de Apps. Moi alto.

Plataformas. iOS.

Plataformas. Android.

Idioma da web. Multi-idioma, incluído español.

Idioma da web. Multi-idioma, incluído español.

Filtros de busca. Categoría de Educación.

Filtros de busca. Categoría de Educación, máis descargadas e máis vendidas.

Temática das apps. Xeral.

Temática das apps. Xeral.

Sitio web oficial de App Store Educación.

Sitio web oficial de Google Play. . 10


Proxecto Guappis

EduApps •

Núm. de Apps. Medio.

Plataformas. Android/iOS.

Núm. de Apps. Alto.

Idioma da web. Español.

Plataformas. iOS.

Idioma da web. Español.

Filtros de busca. Sistema operativo, Contido, Tipo, Capacidades e Etapa Educativa.

Filtros de busca. Curso, Materia, Bloque e Currículo.

Temática das apps. Xeral.

Temática das apps. Xeral.

Valor engadido. Exemplos de uso educativo da app.

Sitio web oficial de EduApps.

Sitio web oficial de Proxecto Guappis.

11


Appcrawlr

Edshelf

Núm. de Apps. Alto.

Núm. de Apps. Alto.

Plataformas. Android/iOS/Windows Phone.

Plataformas. Android/iOS/Web/etc.

Idioma da web. Inglés.

Idioma da web. Inglés.

Filtros de busca. Prezo, Plataforma, Tema e Categoría.

Filtros de busca. Prezo, Idade, Materia, Plataforma e Categoría.

Temática das apps. Xeral.

Temática das apps. Xeral.

Valor engadido. Permite filtrar por aspectos como a que axuda (mellorar vocabulario, aprender novas palabras, etc), Audiencia e outras Características

Sitio web oficial de Edshelf.

Sitio web oficial de Appcrawlr.

12


Educational App Store

Applicaditos

Núm. de Apps. Medio.

Núm. de Apps. Baixo.

Plataformas. Android/iOS/Windows Phone.

Plataformas. Android/iOS.

Idioma da web. Inglés.

Idioma da web. Español.

Filtros de busca. Prezo, Categoría e Idade.

Filtros de busca. Plataforma, Dispositivo, Área.

Temática das apps. Xeral.

Temática das apps. Apps para nenos/as de 3 a 8 anos.

Sitio web oficial de Educational App Store.

Sitio web oficial de Applicaditos.

13


Moms whith apps

Appolearning

• Núm. de Apps. Baixo.

Núm. de Apps. Baixo.

• Plataformas. Android/iOS.

Plataformas. Android/iOS/Kindle/Windows Phone.

• Idioma da web. Inglés.

Idioma da web. Inglés.

• Filtros de busca. Plataforma, Área educativa.

Filtros de busca. Plataforma, Idade e Materia.

• Temática das apps. Xeral.

Temática das apps. Só para nenos/as de infantil e primaria.

• Valor engadido. Análise moi en detalle das apps, perante rúbrica e cualificación, así como unha descrición dos enfoques educativos que se lle poden dar.

Valor engadido. Indicación do nivel de seguridade das apps (evitar compras online ou acceder a redes sociais) e posibilidade de funcionamento sen Internet.

Sitio web oficial de Appolearning.

Sitio web oficial de Moms whith apps.

14


Appyautism

Special Needs Apps

Núm. de Apps. Baixo.

Núm. de Apps. Medio.

Plataformas. Android/iOS/Web/Windows Phone/Consolas.

Plataformas. Android/iOS.

Idioma da web. Español/Inglés.

Idioma da web. Inglés.

Filtros de busca. Plataforma, Categoría, Idiomas, Prezo, Idade e Existencia de evidencias científicas.

Filtros de busca. Plataforma, Categoría.

Temática das apps. Apps destinadas a persoas con TEA.

Temática das apps. Apps destinadas a persoas con necesidades educativas especiais.

Sitio web oficial de Appyautism.

Sitio web oficial de Special Needs Apps.

15


Atrappo

F-Droid

Núm. de Apps. Baixo.

Núm. de Apps. Alto.

Plataformas. Android.

Plataformas. Android/iOS/Windows Phone.

Idioma da web. Inglés.

Idioma da web. Multi-idioma, incluído español.

Filtros de busca. Categoría.

Filtros de busca. Plataforma, Categoría.

Temática das apps. Xeral.

Temática das apps. Xeral.

Valor engadido. Só apps de código aberto (Software libre).

Sitio web oficial de Atrappo.

Sitio web oficial de F-Droid.

OUTROS RECURSOS PARA ATOPAR APPS EDUCATIVAS •

Amazon Educación. Recopilación de apps de temática xeral, permitindo buscar por idioma, temática, prezo e valoración. Amazon Educación.

Apps Mama. Recopilación de apps para nenos/as. Sitio web: Apps mama.

Crea y aprende con Laura. Recopilación moi completa de sitios para obter apps educativas. Sitio web: Directorio de sitios para atopar apps educativas. 16


6.2. EXEMPLOS DE APPS ESPECIFICAS POR MATERIAS OU NIVEIS EDUCATIVOS. 6.2,1, APLICACIÓNS DEPORTIVAS PARA EDUCACIÓN FÍSICA EN ANDROID (Parte I) / Colección de APPS para Educación Física. En Android dispoñemos dunha serie de aplicacións que nos poden resultar útiles como complemento ao realizar actividades deportivas ou durante a clase de Educación Física. Estas aplicacións permitirannos empregar os nosos dispositivos móbiles como ferramentas de medición e monitorización da actividade, empregalas como asistentes para a adquisición de hábitos saudables, como utilidades complementarias en deportes específicos ou simplemente para ocio e entretemento.

Aplicacións de monitorización deportiva para Educación Física: En artigos anteriores víamos que era Android, como instalar aplicacións en Android e algunhas das aplicacións imprescindibles dentro da categoría de Ofimática. Outro grupo de aplicacións destacadas son aquelas que podemos incluír na categoría de Deportes ou Educación Física. Grazas a estas aplicacións o noso dispositivo móbil pódese converter nun complemento ou gadget durante a realización dalgunha práctica deportiva. Neste uso concreto obteremos unha maior utilidade en Smartphones que en Tablets, debido ao seu tamaño, sendo ademais necesario dispoñer dunha funda ou brazalete deportivo que nos permita levalo posto de xeito cómodo mentres realizamos o exercicio. As funcións principais de monitorización comúns á maioría de aplicacións, pasan pola localización e seguimento vía GPS, ademais de calcular velocidade, ritmos medios por tramos, así como estimacións de calorías queimadas e outros elementos relacionados coa saúde.

Runtastic

/

Máis información e descarga: Sitio web oficial de Runtastic

Esta aplicación monitoriza a actividade deportiva permitíndonos ver os nosos progresos: tempo, distancia, velocidade, ritmo, calorías, altitude, etc... Permítenos poñer obxectivos aos nosos adestramentos, compartir os logros a través das redes sociais (Google+, Facebook ou Twitter), obter gráficos con información sobre altitude, ritmo medio por tramo, velocidade e ritmo cardíaco. Ten outras mini-aplicacións específicas para deportes concretos como ciclismo de estrada ou montaña, flexións, abdominais e outras aplicacións asociadas para exercicios concretos. Actualmente atopamos rexistrados na súa base de datos preto de 50 deportes ou exercicios. Coa funcionalidade Runtastic Earth View podes ver os adestramentos en 3D, incluíndo montañas, monumentos ou outros edificios, se tes instalado Google Earth. Permite exportación de datos en formatos GPX e KML (para Google Earth). É gratuíta cunha versión Premiun para o móbil e Gold para a web con características ampliadas. Vídeo presentación de Runtastic .

.Endomondo

/

Máis información e descarga: Sitio web oficial de Endomondo.

Trátase dunha aplicación moi semellante á anterior, que permite rexistrar todo tipo de deportes aeróbicos pero tamén anaeróbicos como levantamento de pesas, rexistrando preto de 50 deportes. Respecto á anterior, presenta a novidade de permitir definir quendas de adestramento. Ademais das características comúns a estas aplicacións como seguimento en mapas ou interacción en redes sociais, permite visualizar a frecuencia cardíaca e a humidade relativa, destacando sobre todo polo envío de información a través de sons sobre a monitorización do exercicio pero tamén recibindo palabras de ánimo en modo voz a partir de comentarios dos nosos contactos en las redes sociais. Permite exportación de datos en formatos GPX e TCX. É gratuíta cunha versión Premiun para o móbil e Lounge para a web con características ampliadas Vídeo presentación de Endomondo 17


/

Strava

Máis información e descarga: Sitio web oficial de Strava.

Strava é unha aplicación que en principio só permite rexistrar os resultados a corredores e ciclistas, sendo dúas aplicacións específicas, unha para cada deporte. Os resultados que obtén son os típicos de velocidade, ritmo medio, frecuencia cardíaca, etc… Temos un perfil que nos permite formar parte da rede social de Strava, facendo amigos e amosando as nosas estadísticas dos últimos meses, rexistros persoais e marcas. Ademais podemos formar clubs, a modo de grupos de usuarios, pero quizais a opción máis destacada sexa a creación de segmentos ou tramos. Estes segmentos son como etapas ou circuítos, como pode ser subir a un porto de montaña, que podemos gardar en modo privado ou público. Podendo consultar os segmentos de outros usuarios a modo de reto, obtendo unha clasificación mundial dos tempos para cada tramo, o que pode darlle un compoñente lúdico e motivador moi interesante a esta ferramenta. Vídeo presentación de Strava

RunKeeper, Google My Tracks, Moves, e moitas máis... Moves

/

AndAndo

Estas aplicacións seguen o formato das anteriores pero presentan características máis limitadas ou interfaces máis doadas o que fai que se adapten mellor para usuarios ou deportistas ocasionais. Se por exemplo unha persoa só vai a camiñar pódelle resultar máis cómodo empregar unha aplicación deste tipo. Por exemplo, aplicacións como Moves ou AndAndo, esta última española, fan un seguimento de actividades diarias, máis semellantes a podómetros, para rexistrar os nosos movementos ao longo do día. Moves inclúe unha funcionalidade moi curiosa como é a de realizar un seguimento das actividades diarias para representalas despois a modo de liña de tempo.

RunKeeper

/

Moves

AndAndo

RunKeeper

Google My Tracks

Google My Tracks

Outras aplicacións como RunKeeper ou Google My Tracks ofrecen funcionalidades moi similares a Runtastic ou Endomondo, pero realmente quédanse algo curtas ao comparalas con elas, como ter rexistrados menos deportes ou presentar menos datos de monitorización, aínda que acostuman incluír algunha característica que as diferenza, como a representación de mapas en modelos 3D ou a integración con outras aplicacións de terceiros ou gadgets externos.

18


Noom Weight

/

Máis información e descarga: Sitio web oficial de Noom Weight.

Noom é unha aplicación que monitoriza tamén as actividades deportivas que realizamos pero co obxectivo último de axudarte a perder ou controlar o peso. Toma como punto de partida os teus datos básicos: idade, altura, solicita e mantén un historial de peso ao longo do tempo, datos que evidentemente inserimos a man sendo medidos por outros medios. A partires destes datos e o peso desexado indica un límite de calorías para cada día, que debes cumprir se queres chegar ao teu peso obxectivo. Debe rexistrarse cada comida para sumar as calorías correspondentes cunha base de datos de alimentos predefinida que nos indica as calorías estimadas para diferentes cantidades de alimentos. A isto resta a nosa actividade diaria, rexistrando as nosas actividades e exercicios diarios, estimando as calorías queimadas en cada unha delas. Periodicamente exerce de adestrador, motivando os progresos que realicemos ou avisándonos de que temos que analizar os nosos hábitos. Tamén ofrécenos pequenas suxestións e textos periódicos cada día, en ocasións como mini-obxectivos diarios, con hábitos saudables, como tomar varias pezas de froita ao día ou camiñar mil pasos. Para reforzar todo isto, puntúanos ao conseguir estes mini-obxectivos, realizar actividades ou rexistrar cada comida. Cos puntos imos subindo de niveis motivando o noso esforzo e indicándonos así que estamos a realizar un grande traballo. Vídeo presentación de Noom

Test de Cooper O Test de Cooper consiste en realizar un test do nivel físico a partir dunha medición de referencia inicial durante doce minutos. En función do resultado desta proba amosa estimacións para carreiras de maior distancia. Actualmente incorpora tres deportes: natación, ciclismo e correr. Os resultados inclúen a VO2Max estimada (cantidade máxima de osíxeno que o organismo pode absorber, transportar e consumir por unidade de tempo determinado) e o tempo estimado para as seguintes carreiras: unha milla (aproximadamente quilómetro e medio), 5 quilómetros, 10 quilómetros ou un maratón. Capturas da aplicación Test de Cooper

19


A MODO DE RESUMO NUN TABOLEIRO DE PINTEREST Por último, inclúese a modo de resumo un taboleiro de Pinterest onde se amosan estas e outras aplicacións da categoría Android - Educación Física coa ligazón á súa páxina na tenda de Google Play Store ou sitio web oficial para facilitar a súa instalación ou obter máis información.

6.2,2, Colección de APPS para resolver problemas de matemáticas e Ciencias. Selección das apps máis completas para resolver problemas de Matemáticas e Ciencias Ampliando as nosas coleccións de apps educativas para dispositivos móbiles hoxe traemos unha pequena selección de aplicacións útiles para o campo das matemáticas, aínda que tamén poden ter utilidade noutras áreas como cálculo, ciencias, química ou física. Neste caso polo nivel de dificultade e o tipo de ecuacións a resolver polas apps o seu uso estaría destinado ás ensinanzas de secundaria, bacharelato, ciclos formativos e ensinanzas universitarias. 20


Mathway Mathway é unha aplicación que nos permite realizar cálculos básicos e resolución de ecuacións simples. A app en si, é unha forma de facilitar o uso doservizo web de resolución de ecuacións Mathway, permitindo traballar coas áreas de matemática básica, álxebra, xeometría, trigonometría, estatísticas, matemáticas finitas e mesmo química, incluíndo unha táboa periódica de elementos. O editor é moi visual representando por exemplo de forma moi clara as figuras trigonométricas e as gráficas. Ademais, podemos incorporar elementos co teclado directamente ou ben empregando as barras de ferramentas. A continuación ofrécenos toda unha serie de preguntas predefinidas dependendo da área na que estemos traballando. Para amosar a resolución paso a paso require de rexistro. Dispoñible para Android, iOS e a través da web. Máis información: Sitio web de Mathway Algúns exemplos máis da app de Mathway

yHomework

Photomath

Unha app que empregan moito os estudantes sobre todo porque resulta moi doada de empregar é yHomework. Neste caso simplemente se escribe na app a ecuación a resolver e se preme no botón "Solve!" obtendo directamente o resultado. Actualmente soporta problemas de álxebra básica, simplificación, ecuación dunha incógnita, de dúas, polinomios. A solución amósase paso a paso indicando os métodos de resolución e con explicacións engadidas. Os resultados obtidos pódense compartir en redes sociais con compañeiros/as. Nas últimas versións incorpora tamén a posibilidade de facer representacións gráficas. Dispoñible para Android e iOS.

Photomath é unha aplicación que nos permite capturar ecuacións coa cámara do móbil ou tablet para resolvelas instantaneamente. Ven sendo como quitar unha foto da ecuación dende un libro, folla, ou caderno de anotacións obtendo o resultado. O escaneado recoñece os símbolos e caracteres, evidentemente inflúe a letra e o estado do medio físico onde se atope a ecuación. Unha característica importante é que amosa paso a paso como vai resolvendo a ecuación, tal e como sería o proceso de resolución humano. Actualmente soporta expresións aritméticas, fraccións e decimais, raíces e potencias e ecuacións lineais simples. Actualmente a app está dispoñible para iOS, Windows Phone e Android. Aplicacións similares en Android a modo de alternativas son Capture Math e Automath.

Máis información: Sitio web de yHomework .

Máis información: Sitio web de Photomath

21


GeoGebra App para empregar o software libre de Geogebra e os seus recursos en tablets e smartphones de pantalla ou resolución altas. Trátase dun software moi utilizado para o que xa existe un grande repositorio de recursos dispoñibles, adaptados a diferentes niveles educativos que se poden descargar e utilizar libremente. A app o que fai é achegar este software aos dispositivos móbiles. Outro rasgo distintivo é que se atopa dispoñible en múltiples idiomas, a diferenza das outras apps analizadas. Este software permite representar graficamente diferentes tipos de funcións, e problemas de xeometría, álxebra, cálculo, gráficos 3D, follas de cálculo e estatística. Así mesmo, dispón dun cartafol de documentación moi completo. Está dispoñible para Android, iOS, Windows Phone, en contorno web e como software de escritorio para Linux, Windows e Mac

.

Máis información: Sitio web de GeoGebra

6.2,1, Colección de APPS para Química e Ciencias. /

Selección de apps para Química e Ciencias

Na área de Química dispoñemos de moitas apps que nos axudan no traballo diario da aula. As apps máis típicas acostuman a ser calculadoras e táboas periódicas, que como xa vimos o máis normal é que sexan apps dependentes do sistema operativo en cuestión, sendo exclusivas para Android ou iOS. A maiores, dispoñemos doutras apps máis lúdicas, que nos deixarán experimentar con reaccións, como goREACT, xogar a formar moléculas, como Chemdrops, ou enciclopedias de compostos como Yoformulo.

22


goREACT O Museo de Ciencia e Industria de Chicago tráenos esta app onde teremos á nosa disposición unha táboa periódica completa. A maiores da información da táboa podemos "xogar" cos distintos elementos de forma que arrastrándoos á "área de reacción" da pantalla podemos comprobar de forma virtual que reacción farían. A modo de titorial de introdución, a propia app ofrecerá unha serie de reaccións para comezar. Dispón de aproximadamente 300 reaccións con imaxes e vídeos que ilustran os seus resultados. Aínda que polo tamaño da táboa está máis ben orientada ao seu uso en tablets, tamén pode empregarse dende smartphones. Premendo sobre calquera dos 118 elementos poderemos ver unha imaxe e algún feito divertido sobre el. A única pega é que só está dispoñible en inglés. Dispoñible para: Android e iOS

Chemdrops Unha app para aprender química que fai uso da gamificación, ao estar deseñada como se fora un xogo de tipo arcade. Trátase de ir facendo combinacións de átomos para formar moléculas o máis rápido posible para superar nivel a nivel. Unha app moi sinxela, apta para calquera nivel. É unha divertida forma de aprender xogando, como antes, un posible inconvinte é que só se atopa dispoñible en inglés. Dispoñible para: Android e iOS

23


Yoformulo Esta app está máis orientada a estudantes de secundaria e bacharelato. Resultará útil para aprender a nomear e formular os compostos químicos inorgánicos máis comúns. A partir da súa base de datos pódense buscar os elementos polo seu nome ou fórmula (por exemplo: "Ácido sulfúrico" ou "H2SO4") para a continuación obter detalles acerca da súa nomenclatura e unha explicación de como se forma a partires das formas tradicional ou sistemática. A base de datos recolle actualmente 5.000 compostos. Nesta ocasión a app si estará dispoñible en español, contando ademais cunha versión PRO, de pago, que por 1,79€ adicionais proporcionaranos un conxunto de exercicios autoavaliables. Cabe destacar que a versión gratuíta permite buscar sen problemas todos os compostos, a única limitación será o acceso a eses test de autoavaliación. Dispoñible para: Web, Android e iOS

Anexo: Recursos complementarios (opcional) •

Revista gratuíta online Mobile Learning: Smartphones e Tablets en educación de Gabit.

Apps educativas para Android recomendadas polo Ministerio de Educación.

Chuletario de apps educativas, selección por materias e competencias feita nun blog docente.

Aplicacións educativas Android para docentes, selección por materias ou temáticas en Yoprofesor.

Selección de apps para mLearning e PLE móbil, no sitio Persoas que aprenden.

Selección de apps por competencias clave (I) e Selección (II), no sitio Persoas que aprenden.

Selección de apps de software libre en F-Droid, artigo de Bitelia.

21 apps de productividade, exemplo de selección de apps en infografía.

50 apps para monitorizar TODO na vida, infografía para reflexiona (en inglés).

Selección de apps educativas para Tecnoloxía, en Symbaloo.

Selección de apps para Música e Plástica, en Symbaloo.

Selección de apps para Educación Infantil, en Symbaloo.

Selección de apps para Matemáticas, en Symbaloo.

24


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.