A PÉ DE PISTA
CONCURSO NACIONAL DA RAZA FRISONA 2023. XIXÓN (ASTURIAS)
En Vaca.tv
Llinde Ariel Jordan, vaca gran campiona nacional e vaca adulta campiona nacional
Llinde Ariel Jordan fai historia no Nacional con catro vitorias consecutivas O exemplar Llinde Ariel Jordan logrou un fito histórico no 43.º Concurso Nacional da Raza Frisona, que se celebrou o 23 e o 24 de setembro en Xixón (Asturias), ao renovar unha vez máis o seu título de vaca gran campiona nacional. Pola súa parte, Venturo Happen Rosani, de Casa Venturo (Asturias), sobresaíu nas seccións de xatas e xovencas.
O
recinto feiral Luis Adaro de Xixón, en Asturias, foi o escenario principal da cuadraxésimo terceira edición do Concurso Nacional da Raza Frisona, organizado pola Confederación de Asociacións de Frisona Española (Conafe). O certame tivo lugar durante a Feira Monográfica do Campo e as Industrias Agrícolas, Gandeiras, Forestais e Pesqueiras de Asturias, Agropec, a última fin de semana de setembro. O xuíz encargado de valorar os exemplares era, nesta ocasión, o asturiano Paulino Badiola, da gandería Badiola, que adoita competir cada ano neste encontro con varios dos seus animais.
Sobre as 9:30 horas do sábado os exemplares máis novos comezaron a saír a pista. A gandería Casa Venturo, de Asturias, conseguiu destacar na xornada coa súa xata Venturo Happen Rosani, que obtivo o título de campiona nacional de xatas e xovencas. Oyambre Kandela Moovin Red, unha xovenca da granxa cántabra SAT Cabo Oyambre, resultou gañadora do campionato nacional de xatas e xovencas roxas. A comunidade galega tamén brillou nestas primeiras seccións do día, máis concretamente nas de mellor rabaño e mellor criador nacional de xatas e xovencas: SAT Rey de Miñotelo, de Lugo, fíxose
coa primeira posición en ambas as categorías. Esa mesma tarde chegou a quenda das vacas e, ao final do día, Llinde Ariel Jordan, da cántabra SAT Ceceño, venceu no concurso outro ano máis ao ser proclamada polo xuíz Paulino Badiola como vaca gran campiona nacional, logo de nomeala previamente vaca adulta campiona nacional. Así mesmo, o premio de vaca roxa campiona nacional supuxo outra vitoria para Galicia, especificamente para a explotación lucense Casa Cid, co seu exemplar Ferreiro Rocio Jordy Red Roja que, a maiores, conquistou o podio na sección de vaca intermedia campiona. Ponderosa
Holsteins (Lleida) presentou o mellor rabaño nacional de vacas e logrou, de igual xeito, o título de mellor criador nacional de vacas. O evento rematou coa decisión da mellor autonomía: o xuíz Badiola recoñeceu en primeira posición a Cataluña e, en segunda, a Cantabria.
OS MELLORES MANEXADORES DA FIN DE SEMANA O domingo pola mañá levouse a cabo o XXII Campionato Nacional de Manexadores, co que rematou o 43.º Concurso Nacional da Raza Frisona. Claudia López, da gandería López Fontela y Otros (A Coruña), resultou a gañadora da categoría infantil. Na júnior, María Otero, da granxa Fontixón (Lugo), resaltou por encima dos demais participantes. Finalmente, na sénior, Llorenç Bosch, de Son Quart (Menorca), alzouse coa vitoria.
54 | Vaca Pinta n.º 41 | 10.2023
vp041_apedepista_nacionalfrisona23_galego.indd 54
26/10/2023 13:39:25