Patrimonio inmoble costeiro galego

Page 1

1 PATRIMONIO INMOBLE COSTEIRO GALEGO Toni García∗

A Galicia actual concentra a meirande parte da súa poboación e actividade económica na costa, esta modificación na importancia dos asentamentos costeiros e da ocupación do seu territorio fronte á Galicia interior fíxose nun curto espacio de tempo, e continua facéndose de xeito continuado. As transformacións e alteracións que estes trocos producen nos conxuntos e inmobles costeiros debe facernos reformular a condición de patrimonio vivido que ate o de agora reciben moitos dos elementos clasificados como patrimoniabeis, que prendían conta de un valor que nos amosaba o xeito de vida dos homes do mar a traverso das construccións que utilizaban, pero que hoxe en moitos casos e por desgracia, temos que consideralos un patrimonio desaparecido ou arqueolóxico. Documentado nalgúns casos, só a traverso de esa documentación podemos xa reconstruílos espacios que albergaban sen que exista cando menos un exemplo protexido e visitabel que reste para que no futuro podamos comprender mellor eses lugares da nosa memoria colectiva. Dende as diferentes variantes dos asentamentos e dos tipos de casas mariñeiras que albergaban, contando coas edificacións que permitiron a explotación do mar e a elaboración dos seus productos, como os muíños de mareas, as salgadeiras, carpinterías de ribeira, almacéns, secadoiros, ate peiraos e varadoiros, o grao de transformación e desaparición do patrimonio inmoble corre en paralelo á urbanización das nosas costas. Xunto a ese patrimonio popular herdado engádese outro máis novo, todavia menos reivindicado e estudiado, o que conforman as construccións industriais, moitas hoxe abandonadas, coma as primeiras conserveiras, as serrarías, forxas, estaleiros, factorías baleeiras, cetarias, lonxas, fábricas e instalacións portuarias. A vivenda que é a máis intima das arquitecturas que usamos, facía parte nas nosas costas de uns asentamentos, vilas e aldeas, escollidos pola necesidade da existencia de portos naturais que fosen seguros para as actividades da pesca e o acubillo dos barcos, ao tempo que ofrecesen protección aos seus habitantes e as vivendas fronte a rudeza dos ventos e o clima atlántico. Diferenciados dos asentamentos de terra dentro pola maior agrupación das súas vivendas, a estreiteza das fachadas e das rúas que corren paralelas á costa. Xorden da necesidade dos campesiños que non posuían terras ou dos habitantes da costa na procura de un complemento á súa alimentación, e máis tarde pola extensión do comercio dos productos do mar. Estas vilas e aldeas conservadas ate o último tercio do século XX en equilibrio fronte á natureza que explotan, son hoxe en día lugares fondamente transformados onde resulta moi difícil senón imposíbel atopar algún exemplo da súa arquitectura popular, e o que é máis triste, téñense desenrolado sen modelo algún, sen protección nin respecto a unha planificación, o que propicia que sobre as vellas estructuras parcelarias de rueiros estreitos creados para dar servicio ás pobres necesidades de unhas pequenas vivendas mariñeiras, se edifiquen agora novas construccións de varios pisos que destrúen o seu conxunto, introducindo problemas de habitabilidade, de mobilidade no seu interior, e de perda da calidade de vida dos seus veciños.

Antonio García Fernández, é arquitecto con a especialidade en Urbanismo pola E.T.S.A.-A Coruña e Lille-Regions Nord-Francia, é Master en Deseño Urbano pola TUDelft-Holanda, Delegado de España do CYTED, red XIV-E, para a mellora da vivenda e os asentamentos rurais Iberoamericanos, e Profesor da Escola de Arquitectura CESUGA da UCD-University College Dublín (Irlanda). correo- sdq29@yahoo.es, dirección profesional: Rúa General San Martín, nº5-baixo. 15008. A Coruña.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Patrimonio inmoble costeiro galego by Toni Garcia - Issuu