As fasquias das conserveiras

Page 1

1 AS FASQUÍAS DAS CONSERVEIRAS Toni García∗

Falar de arquitectura, do espacio que encerra e das súas formas, é unha oportunidade para acercármonos ao entorno do que fai parte, ao territorio que nola fai comprensíbel, e aos habitantes que a constrúen e lle dan uso. Falar da arquitectura dos espacios de transformación e conserva do peixe, é voltar a percorrer os lugares onde se desenrolou o noso pasado marítimo industrial para explicalos como parte da nosa memoria histórica, como un ben patrimoniabel que hoxe esta falto de valoración e protección, como entorno e edificios singulares que explican un espacio social, económico e cultural, aquel dos mariñeiros e habitantes das costas e rías galegas. Algo que se advirte con claridade ao contemplar en conxunto as ruínas e as construccións marítimas anteriores a 1950 adicadas á conserva do peixe, é a unidade social e productiva que se constituía no entorno das Rías. Da costa de Lugo a Pontevedra, arredor da actividade pesqueira e axudado pola falla de comunicacións por terra, existiu unha cadea productiva que escomezaba río arriba ate a súa desembocadura, e remataba nos portos das Vilas máis importantes como Vigo, A Coruña ou Vilagarcía de Arousa, para voltar a percorrer o camiño inverso levando e traendo bens básicos, materias primas e transformadas. Un espacio definido polos límites de ríos e rías, enchido de edificacións industriais de usos distintos e dependentes entre si da conserva do peixe, ás que as leis do mercado levaron ao abandono e á transformación. Serrarías, forxas, carpinterías de ribeira, ou salgadeiras, son algúns dos tipos constructivos que albergaron oficios que agora absorben estaleiros e conserveiras entre outros. Dos primeiros almacéns establecidos en Galicia no século XVIII para a conserva da sardiña, feitos con madeiras e con escasos medios, non contamos con exemplos, a súa intemporalidade e fraxilidade foi substituída na segunda década do s.XIX polas edificacións de mamposteria, cachote de pedra ou sillares das salgadeiras, que son hoxe as ruínas e edificios máis vellos dos que posuímos exemplos. As salgadeiras foron ate escomezos do s.XX e coa entrada da mecanización na transformación, conservación e enlatado do peixe, o edificio principal de unha incipiente industria adicada en exclusiva á conserva da sardiña. Os espacios das labores de salgado e prensado ocupaban por veces os baixos das casas, noutras a parte posterior dela, e en casos menos frecuentes un edificio illado ben situado, sito a pé da costa cun peirao propio, ou na praia, e posuían en común unha planta rectangular distribuída en tres seccións diferenciadas: a Chanca, o Claro e o Morto. A CHANCA, era a parte da fábrica construída polos lagares nos que se salgaba a sardiña. O CLARO ou patio non está cuberto, a diferencia da chanca e do morto. O chan está enlousado e inclinado cara ó centro, polo que discorre unha gabia de pedra, esta únese á saída da fábrica con outra de maior amplitude que vai dar ao mar. O MORTO, era a parte da fábrica destinada ao prensado da sardiña; ao fondo desta sitúanse as pozas para o saín e a morca. Agás estes espacios comúns a tódalas salgadeiras, existía un depósito de sal, AFONIL, sito ao remate da chanca. Por veces nun dos testeiros da fábrica erguían un volume que ben podía adicarse a DESPACHO do dono, ou tamén acoller o uso de CASA-CUARTO que podía incluír un despacho. O MORTO e a CHANCA atopábanse ∗

Antonio García Fernández, é arquitecto con a especialidade en Urbanismo pola E.T.S.A.-A Coruña e Lille-Regions Nord-Francia, é Master en Deseño Urbano pola TUDelft-Holanda, Delegado de España do CYTED, red XIV-E, para a mellora da vivenda e os asentamentos rurais Iberoamericanos, e Profesor da Escola de Arquitectura CESUGA da UCD-University College Dublín (Irlanda). correo- sdq29@yahoo.es, dirección profesional: Rúa General San Martín, nº5-baixo. 15008. A Coruña.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.