Page 1

Καβάφης


Ιθάκη Σα βγεις στον πηγαιμό για την Ιθάκη, να εύχεσαι νάναι μακρύς ο δρόμος, γεμάτος περιπέτειες, γεμάτος γνώσεις. Τους Λαιστρυγόνας και τους Κύκλωπας, τον θυμωμένο Ποσειδώνα μη φοβάσαι, τέτοια στον δρόμο σου ποτέ σου δεν θα βρείς, αν μέν' η σκέψις σου υψηλή, αν εκλεκτή συγκίνησις το πνεύμα και το σώμα σου αγγίζει. Τους Λαιστρυγόνας και τους Κύκλωπας, τον άγριο Ποσειδώνα δεν θα συναντήσεις, αν δεν τους κουβανείς μες στην ψυχή σου, αν η ψυχή σου δεν τους στήνει εμπρός σου. Να εύχεσαι νάναι μακρύς ο δρόμος. Πολλά τα καλοκαιρινά πρωϊά να είναι που με τι ευχαρίστησι, με τι χαρά θα μπαίνεις σε λιμένας πρωτοειδωμένους· να σταματήσεις σ' εμπορεία Φοινικικά, και τες καλές πραγμάτειες ν' αποκτήσεις, σεντέφια και κοράλλια, κεχριμπάρια κ' έβενους, και ηδονικά μυρωδικά κάθε λογής, όσο μπορείς πιο άφθονα ηδονικά μυρωδικά· σε πόλεις Αιγυπτιακές πολλές να πας, να μάθεις και να μάθεις απ' τους σπουδασμένους. Πάντα στον νου σου νάχεις την Ιθάκη. Το φθάσιμον εκεί είν' ο προορισμός σου. Αλλά μη βιάζεις το ταξίδι διόλου. Καλλίτερα χρόνια πολλά να διαρκέσει· και γέρος πια ν' αράξεις στο νησί, πλούσιος με όσα κέρδισες στον δρόμο, μη προσδοκώντας πλούτη να σε δώσει η Ιθάκη. Η Ιθάκη σ' έδωσε το ωραίο ταξίδι. Χωρίς αυτήν δεν θάβγαινες στον δρόμο. Αλλο δεν έχει να σε δώσει πια. Κι αν πτωχική την βρεις, η Ιθάκη δεν σε γέλασε. Ετσι σοφός που έγινες, με τόση πείρα, ήδη θα το κατάλαβες η Ιθάκες τι σημαίνουν. Κωνσταντίνοs Καβάφης (1911)


Itaca Se vas emprender a viaxe cara Itaca pide que o teu camiño sexa longo, cheo de aventuras, cheo de coñecementos. aos Lestrigóns ou Cíclopes, ou ao alporizado Posidón non temas, tales cousas non atoparás xamais no teu camiño, se o teu alto pensamento, se unha elevada emoción tocan o teu espírito e o teu corpo. cos Lestrigóns e os Cíclopes , co fero Posidón non toparás, se non os levas dentro da túa alma, se a túa alma non os pon diante de ti. Pide que o camiño sexa longo. Que haxa moitas mañás de verán nas que con pracer, con alegría chegues a portos que ves por primeira vez. detente nos emporios fenicios e adquire fermosas mercancías nácaras e corais, ámbares e ébanos, e perfumes deliciosos de todo tipo. canto poidas en abundantes e pracenteiros perfumes. visita moitas cidades exipcias e aprende e aprende dos seus sabios. Ten sempre a Itaca na túa mente. A chegada alí é o teu destino. Pero non apures a viaxe de ningún xeito. Mellor que dure moitos anos e que, vello xa, fondees na illa, rico con canto gañases no camiño, non agardando as riquezas que te dará Itaca. Itaca deuche unha fermosa viaxe. sen ela non emprenderías o camiño. Pero non terá nada máis que darte Anque a atopes pobre, Itaca non te enganará. Así sabio como te fixeches, con tal coñecemento, xa comprenderás o que significan as Itacas. Constantino Cavafis (1911)


Constantino Cavafis naceu en Alexandría, en 1863, no seno dunha familia de ricos comerciantes gregos (orixinarios de Istambul). A ruína da súa familia a causa da prematura morte do pai condiciona primeiro a súa estancia en Londres, donde adquirirá una sólida educación inglesa, e o seu ingreso no Ministerio de Regos exipcio despois. Durante certo tempo repartirá os seus días entre ese emprego, algunhas horas como corredor de comercio e a noite de bares y bordeis de Alexandría. En 1901 visita Grecia por primeira vez, onde lle son publicados os primeiros poemas. En 1907 regresa a Alexandría, donde forma parte dun grupo de escritores partidarios do demótico (“lingua do pobo” enfrontada á “kathareusa” ou purista). Morre nesta cidade en 1933. A súa poesía estivo influída nos seus comezos polo parnasianismo e simbolismo. Na súa madurez creativa, sobre todo nos poemas de tema erótico, Cavafis, analiza a vida interior e sentimentos cunha linguaxe elegante e refinada.

Viaxe a Itaca, Kavafis  

Viaxe a Itaca, poema de C. Kavafis

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you