Mobles anónimos

Page 1

MOBLES ANÓNIMOS -

DEPARTAMENTO DE MADEIRA


VerĂłnica - FĂ­sica

Herdanza familiar


241 PRIVÈ POLTRONA

Estrutura principal e pés de aluminio brillante con cinchas visibles combinadas co pel a elixir. O asento, apoiado sobre cinchas, é de espuma de poliuretano sen CFCs e espuma viscoelástica especial para manter a forma orixinal. Os respaldos e reposabrazos presentan estrutura de aceiro, espuma de poliuretano e acolchado de poliéster. O reposabrazos horizontal dereito ou esquerdo, que serve como soporte e mesita, pode ser fixo ou axustar á altura.

"Subversivo, ético, ecolóxico, político, humorístico... así é como vexo o meu deber como diseñador". Philippe Patrick Starck (París, 18 de xaneiro de 1949) é un deseñador industrial, inventor, creador, arquitecto, director artístico recoñecido mundialmente pola funcionalidade e a estética dos seus deseños. Ten multitude de obras de arquitectura, amoblamento e deseño. Renovou os apartamentos privados do presidente francés François Mitterand no Palais de l'Elysée e ocupouse do deseño dos interiores do Teatriz e do Ramses en Madrid.


María del Puerto - Madeira

Pitillera do bisavó de María da época da guerra cívil en Cuba. O home traballaba nun enxeño azucarero que era unha facenda colonial española con instalacións para procesar cana de azucre co obxecto de obter azucre, ron, alcohol e outros produtos.


Louis Vuitton Malletier é unha empresa francesa de marroquinería de luxo especializada en artigos de viaxe, fundada en 1854 por Louis Vuitton. O anagrama LV aparece na maior parte dos seus produtos que vende a través de boutiques independentes (posúe 445 tendas en 62 países), departamentos en almacéns de alta gama e a través da sección de comercio electrónico no seu sitio web. Desde a entrada de Marc Jacobs na compañía fai tamén coleccións de prêt-à-porter e complementos. Durante seis anos consecutivos, entre 2006 e 2012, Louis Vuitton foi considerada como a marca de luxo máis valiosa do mundo.


Fernando – Madeira

Mesiñas de noite dun pazo de Brión. Mercadas nun anticuario de Sarria.


Mesiña de noite e mesiña auxiliar, dúas nun. Night/Bed Table

Trátase dun moble no que se integran unha mesiña de noite e unha pequena mesa auxiliar que chega xusta a alcanzar a cama e que foi deseñado pola holandesa Maria Cichy.

Consta de dúas partes unidas pero ao mesmo tempo independentes. Por unha banda temos o moble fixo, a base poderiamos dicir, que sería a mesiña tradicional. Ten catro patas e representaría a parte fixa da estrutura. Encaixada nela atopamos a mesa auxiliar, a parte móbil. Podemos extraela facilmente xa que se desliza grazas a unha rodas que permanecen escondidas baixo a estrutura, e a unhas pequenas asas laterais de aceiro.


Fernando - Madeira

Comprada por internet, esta cómoda pertenceu á familia Domeq, gandeiros e bodegueiros de Xerez da Fronteira. Era dunha casa-pazo de O Porto de Santa María que era onde tiñan as bodegas do viño de xerez.


Cómoda da firma Ágatha Ruiz de la Prada.

399,00€

Taboleiro melaminado - MDF lacado. 3 amplos caixóns. Medidas: 95 cm. (ancho) x 51 cm. (fondo) x 85 cm. (alto).

Ágatha Ruiz de la Prada e Sentmenat (Madrid 1960) é unha deseñadora de modas e empresaria. A parte de crear liñas de roupa, entrou no negocio dos zapatos, perfumes, reloxos, revestimentos cerámicos, roupa para o fogar, papelería e mobles decorados, vestiario teatral, roupa para bonecas, uniformes, medias, lentes, tapicería, disfraces, adornos para cociña e ata etiquetas para botellas de viño. Publicou libros propios, deseñando portadas de libros e discos.


Belén - Música Ao rematar a Guerra Civil, un alto mando do exército franquista (de orixe asturiana) decidiu instalar a súa residencia nunha aldea do centro de Galicia. Expropiáronse terreos a labregos e construíuse un “chalet” (que é como se coñece aínda hoxe a propiedade). O mobiliario foi requisado en varios pazos asturianos pertencentes a familias republicanas que foron represaliadas ao rematar a contenda. Aos poucos anos, a familia sufriu un revés (a única filla morreu nun desafortunado accidente de autobús) e decidiron venderlle a propiedade a un veciño da aldea emigrado en Venezuela, e voltar a Asturias. No ano 1958 estivo vivindo durante un tempo o avogado do ditador venezolano Marcos Pérez Jiménez (ao ser este expulsado do poder e verse obrigado ao exilio). Actualmente, a casa está deshabitada. -Cama e mesiñas de noite. -Lámpada: construída nunha soa peza (incluída a cadea). -Banco e mesa auxiliar tallada en caoba?


O Chineiro pertencía a unha persoa que traballou de secretario nos concellos de Arzúa e Vilardevós (Ourense). De maneira casual, o dono actual descubriu un falso fondo nun dos seus caixóns nos que poder agochar papeis, cartos ou algún obxecto pequeno.


Henry Van de Velde (Amberes, 1863), arquitecto, deseñador industrial e pintor belga que traballou en varios países europeos é considerado xunto a Victor Horta e Paul Hankar un dos fundadores do Modernismo en Bélxica. Máis tarde evolucionou cara ao Racionalismo mostrándose partidario da ausencia de ornamentación. Dirixiu desde 1902 o Weimar Kunstergewerblicher Institute (escola de artes e oficios), que se converteu en 1919 na Bauhaus de Gropius.Pensaba que todas as artes debían supeditarse ás artes decorativas, xa que mellorando a contorna do home, o home melloraba. Por ese motivo deseñaba ata o último detalle dos seus espazos, compoñendo as súas obras na súa totalidade, a través dunha liña construtiva e utilitaria.


Susana – Grego


Este colgadoiro pertenceu aos meus avós maternos, pero cando penso nel é só imaxe de miña avoa Julia a que me vén a cabeza. Estaba na casa na que viviron durante medio século, nun chalé urbano na rúa Emilia Pardo Bazán, en Ourense, que foi quedando afogado por outras edificacións máis modernas a partir dos anos 70 do século pasado. Nese chalé pasei a miña infancia, xogando cos meus irmáns e curmáns na súa pequena horta, xa sen cultivar, no patio, no xardín e no soto, que cheo de trastes e roupas vellas era un auténtico paraíso para un fato de nenos que se criaron sen videoxogos nin móbiles e con moi escasa tele. Os netos, cando iamos xogar cada día, entrabamos polo patio traseiro ou pola cociña, sobre todo se estaba a avoa e nos daba ás agachadas aquel biscoito que moitas veces lle saía embecerrado. O colgadoiro estaba na entrada seria da casa, por onde pasaban as visitas e os pensionistas que viñan cobrar a paga, xa que meu avó era habilitado de clases pasivas. Nel o avó Jesús deixaba a súa gabardina, o seu abrigo e o

imprescindible sombreiro. Aínda

recordo a sensación de triunfo cando descubrín que medrara e era quen de verme no espello poñéndome na punta dos pés. A principios dos anos 80 do pasado século, meus avós mudáronse a un piso máis céntrico, con ascensor e calefacción. Levaron moitos dos mobles que tiñan, pero o colgadoiro quedou alí, no chalé que, segundo o plan urbanístico da cidade, ía ser expropiado. Antes de que a casa fose demolida, rescatámolo e veu a parar a un piso da miña nai en Compostela, no que viviamos meus irmáns e mais eu, xa rematando os estudos, alá polo 1988. Cos meus primeiros soldos de profesora, xa no 89, cambiei os ganchos orixinais, que estaban rotos, polos actuais. Esta foi a única reparación que se fixo no moble. Cando me mudei no 2006 ao meu actual piso, no barrio compostelán da Pontepedriña, non dubidei en traer a percha comigo. É o moble máis antigo da miña casa. Durante moito tempo tivemos pendurado no colgadoiro un chapeu de meu avó, que, a modo de esconxuro, gardaba a casa de pérfidos visitantes.

Susana Losada


ONA Colgadoiro de pared de contrachapado acabado en madeira ou lacado en diferentes cores

Deseño de Montse Padrós e Carlos Riart -

206,91€

Nada en Badalona. Deseño de interiores e deseño industrial. Galardonada en 1992, polo perchero ONA e polas lámpadas PARELLADA. Carles Riart (Barcelona) foi galardonado co Premio Nacional de Deseño 2011 como recoñecemento a toda a súa carreira.


Susana – Grego

Herdanza familiar


ARMARIO

Este armario está na casa familiar do meu home, en Albarellos de Monterrei, en Ourense. Está no dormitorio principal que, mentres viviu, ocupou miña sogra, quen sempre lle chamou “o armario de lúas”. É complicado entender por que se lle chama lúa aos cristais dos coches e aos espellos dos armarios.

Parece ser que este armario foi o escaso herdo que lles quedou dun tío solteiro da familia paterna e precisamente a disputa por esta herdanza fixo que deixasen de falarse cunha parte dos curmáns, alcumados os Tenentes, xa que un deles fóra tenente durante e despois da guerra.

Contábame a tía paterna e madriña do meu home que os Tenentes foran uns aproveitados porque quedaron co mellor, un montón de mobles preciosos que conseguira xuntar o defunto tío Antonio, que tiña un bo capital. Alá foron para os Tenentes chineiros, camas con cabeceiras talladas, cómodas de madeira de nogueira e cerdeira… mentres que para a familia do meu home, os Rolos, só lles tocou este armario.

Descoñezo a madeira da que está feito o moble e outros detalles da súa construción, pero si coñezo o motivo tallado na parte superior. Á falta de escudo familiar, a talla pretendía sinalar ao xeito da heráldica quen era o propietario. Así podemos ver un cordeiro, Manso, recostado sobre un canón, Guerra, que viñan sendo os apelidos do tío Antonio; coroados polo monograma de Xesucristo, JHS, e unha cruz, que non podían faltar nunha casa decente dun país católico.

Susana Losada


SPÄNST Armario, antracita 199€ Maja Ganszyniec (nada en 1981 Silesia de Polonia), graduada no Design Product Royal College of Art (2008) e na Academia de Belas Artes en Cracovia (2005). Actualmente dirixe STUDIO GANSZYNIEC enfocándose en mobles e deseño industrial, en busca de produtos innovadores, belos e intuitivos. Practica un deseño que é á vez responsable e visionario.


MOBLES ANÓNIMOS -

DEPARTAMENTO DE MADEIRA



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.