Poesia de supermercado (issu)

Page 1


sempre quixen ser caixeira de supermercado de pequena xogabamos ás tendas diante da miña casa sempre quixen ser caixeira de supermercado raiabamos arxila vermella que atopabamos polo chan (era o pemento) e buscabamos por mica por entre a terra un bo anaco de mica era un tesouro tan brillante coma un diamante inda que non fora para sempre e se desfixera en láminas a mica, era máis cara (que o pemento) facíamos comidiñas con terra e auga da fonte do campo de arriba revolviamos cun pauciño os cartos eran pedras


o mostrador estaba alí un muriño que había a 30 metros da miña casa era perfecto para nós parecía feito para nós á nosa altura limpabamos todo coidadosamente antes de comezar colocabamos a mica o pemento unhas herbiñas as pedras o que fora despois faciamos como que varriamos cunha escoba invisíbel faciamos teatro sen querer sobreactuabamos sen coñecer esa palabra

debiamos de ser o mellor espectáculo do mundo


sempre quixen ser caixeira de supermercado cando xa tiñamos máis de sete anos (ou así) e facía sol faciamos pulseiras con calquera trangallada faciamos lazos para o pelo (horrorosos) con lana e un tubo de papel do váter faciamos que sei eu o que e poñiamos un posto alí diante da miña casa cunha mesiña e unhas cadeiras vendiamos cousas inservíbeis aos nosos veciños e os nosos veciños mercaban cousas inservíbeis só para xogar con nos

a miña nai morría coa vergonza, supoño

pero nós aprendiamos o que eran os cartos cando os cartos non son pedras


sabiamos o traballo que custaba conseguilos porque eramos a fábrica de tecer eramos a distribuidora que leva o material á tenda eramos as arquitectas do espazo deseñabamos a estratexia de venda eramos tamén as vendedoras de a pe e incluso chegabamos a pedir por favor á xente que pasaba que que nos mercara algo controlabamos o proceso de cabo a rabo non era máis que un xogo, evidentemente máis era o paraíso era a felicidade atopala tan preto da miña casa sacar 100 pesetas 200 pesetas eu que sei ir mercar chuches ou aforrar xogar a ser grande cando aínda se podía xogar


a ser grande sempre quixen ser caixeira de supermercado -quere bolsa? -si, ponme dúas -temos o melón de oferta -non me interesa, gracias -de nada. son 17,84 -aquí tes 20 euros -a súa volta, grazas! sempre cun sorriso cando iamos á coruña ao big-supermarket a fin de semana eu era feliz entre aqueles corredores que semellaban cidades con tantas cousas como unha nena de vila non podía ver xamais pasear pola zona das neveiras onde cada iogur era unha fiestra pequeniña onde inventar historias paseando en bólido de supermercado un carriño enorme que tiraba sempre para a dereita


ou para a esquerda, non me lembro pasear gozando das vistas de todas esas cousas correr e perderse dos pais porque sempre hai algo máis interesante no corredor de diante que no teu apañarse co tráfico dos hipermercados en fin de semana un tráfico non sinalizado un tráfico normalmente cordial aparcar o carriño preguntar a outros condutores -sabes onde está o leite -ao fondo á dereita -gracias! cando vin por primeira vez na coruña a maquiniña que le os códigos de barras pareceume que eu debía de vivir no pleistoceno en rianxo


os supermercados non tiñan aparatiños así pero a min dábame igual se había maquiniña ou non: seguía querendo ser caixeira de supermercado ter uniforme de caixeira e o sorriso constante iamos á coruña cando non había autopista sequera tardabamos un mundo -cando chegamos? quero pis! abrían os domingos as cidades da compra cotiá e chegabamos de volta co maleteiro cheo de cousas e cansos a rabiar por ter estado a mercar todo o día a mellor fin de semana do mes habitada no país das marabillas onde parece que hai de todo onde se vive a ficción de que nada se acaba nunca onde señoritas de saia curta pasean en patíns para ofrecer un servizo rápido ao consumidor para ofrecer vistas de cus perfectos


a maridos aburridos xa non quero ser caixeira de supermercado todo cambia, na vida, todo cambia


micropoema resentido leite cacao abelĂĄs e azucre non che sae nocilla dĂ­gocho eu



cinismo de supermercado nestlé trafica con armamento (segundo di un meil en power-point) por iso -el(que odia a guerra que odia ver imaxes de guerra que non soporta a agresividade no mundo que non é quen de matar sequera unha mosca por moi pesada que se poña) xa non lles da cartos a eses cabróns (por se acaso) nin un peso máis cos seus cartos non se xoga a matar xente por iso -elcando pasea polo supermercado agarra o chocolate de paquetiño vermello


e arrampla con el do estante para o seu peto directamente: sen pasar pola casetiña de saída e sen lles dar un puto peso a eses cabróns así -elpode gozar do exquisito e inconfundíbel sabor e cremosidade do chocolate extrafino que máis lle gusta sen que a súa puta conciencia social lle amargue o doce


pan

vente

trigo

que

o

quente

estou

oitro

quente

ven

vente

pan

outro

o oito

migo

vence

esquece

trigo

o

o

migo

medo

outro

eu

trigo

e

o

vou

comigo

ven

oitro

abrir

o

o

oito

forno

cotrigo

o ven

comigo

sesenta

millo

cotrigo

e

e

oito

trillo

ven

e nove co

gosto m-oito

pan

pan

pecha

do

quente

de

os

pan

millo

ollos

quente

de

e

trillo

abre o


de

lixeiras

mirarte

no

millo

pequeneiras

ollarte

chan

de

coma

cos

no

trillo

ti

ollos

chan

pechados

no

de tresillo

eu

de

grande

chaise long porrĂłn

de

pom

mais

pom

chan os

ao

meus

chou

os

ven

teus de

sexa

mans

onde sexa tanto

vente coma o

comillo

e

pan

cotrillo

falo

con

comigo

de mĂĄis

buracos

contigo

cala!

buracos

mi

calo

de

ma

pan

me

ten ten tenme nas

que

de

mo

tĂşas

so

man

muuuuuu

mans

quero

de

verte

chan

chas


chas

pola

o

a

chas

porta

forno

mente

carras

grande

quente

non

chĂĄs

mente sinte

ven

do

vente

forno

que

sente! mente?

quero

do

verte

pan

mente non

de aparece! entra-entre

a nun corpo

millo

non

de

mente

trillo

o o

corpo

entre

do

corpo

na

entre

pan

non

mente

entre

quente

mente

entre

acabado

entre!

de facer

o o

corpo

so

corpo

non

entre

para

non

mente

vosĂŠ

vosĂŠ

mente


o

chin

con

corpo

pun

leite

é

carras

con

a

chás!

limón

mente

con quero

mel

te e

ou

o-te

café?

o-ti

coca-cola?

con

non mente

bolacha non ven vente

pra mollar

quero

quero-te

te

a-ti

comigo

a-ta

cotrigo

a-to

ca

a

a-tu

espiga

ti

a-te

co

a vosé

pan paran

quero

pan

te


micropoema de amor son unha pi単a (!) colada por ti



honey eu quixen namorarte a ti porque namorar aos que se deixan namorar non ten o mais mínimo misterio un día cando todo se fora xa ao carallo díxenche eu non estou namorada de ti xamais o estiven flipaches pensaras que si ficaches fodido porque crías que te quería eu non te quería xamais te quixen so quería que ti me quixeras por orgullo, quizais e porque era bonito xogar a algo ao que quixera xogar toda a vida unha ilusión dende pequena ter mozo e collernos da man e ir ao supermarket a mercar espárragos que veñan do perú, por favor


porque os da china teñen moita merda bótanlle moitos pesticidas ou non sei que carallo a min dos pesticidas dos espárragos non che me importaba nada antes de ti porque eu non podía saber se había máis na china ou no perú e xamais me preguntara de onde carallo viñan os putos espárragos que merco en botes de cristal a un euro e dez céntimos no puto supermarket o mellor sería ir ao mercado, claro ao de abastos, por exemplo en santiago de compostela que bonito! e falar coas verdureiras esas vellas simpáticas do carallo ou mellor aínda ser... como se di... macrobiónico! se ser macrobiónico non fose outra moda mais de merda, claro


honey xa non estás na miña historia fuches nada máis que un secundario e eu unha extra case sen frase na túa vida porén quería recordarche que como che dixen aquel día me fodía que foderas con calquera porque fodendo tamén comigo e con tantas outras máis resultaba eu ser unha calquera non non unha ramera unha calquera unha máis eu non gosto de ser unha máis xamais gostei


laranxa e media

unha laranxa unha mazá

a laranxa que sabe perfectamente que unha mazá non pode ser a súa media laranxa

“de todas maneiras (pensa a laranxa) eu son unha laranxa non son media laranxa eu xa teño en min mesma dúas medias laranxas estou completa redondiña a punto”

a laranxa mira pra a mazá


e unha mazá red delicious ben fermosa coa pel suave brillante máis que brillante extra-brillante tan brillante que se lle nota de lonxe que non é natural que esta bernizada con berniz para mazás, evidentemente

(por exemplo frutcoat sgl-1 un recubrimento para froitos a base de ceras e resinas en dispersión acuosa formulado en base á normativa vixente un berniz que ao tempo que abrillanta a superficie reduce a pérdida de peso durante a almacenaxe mantendo a frescura mellorando a aparencia e regulando a respiración e transpiración da froita)


trátase un berniz comestíbel para os humanos un berniz que, digamos, non mata seres humanos -en pequenas doses-

pero a quen lle importa á laranxa non, dende logo, ela tamén pasara pola máquina de gas etileno para ter a pel máis laranxa que as laranxas (e ao fin e ao cabo quen no século 21 non vai un pouco ao solarium pra sentirse fermoso/a)

a nosa laranxa tamén pasara por unha abrillantadora unha abrillantadora de cepillo de andar a dar voltas e voltas e marearse ate o infinito e máis aló ata ficar ben limpa

(os donos da empresa decidiran que darlles brillo con berniz xa era demasiado)


non estivera nada mal aquel túnel de beleza (solarium pra laranxas e cepillo abrillantador) nada pero que nada mal un luxo ideal para unha laranxa presumida como a nosa que quedou marabillosa esplendorosa fermosa lustrosa

máis se miramos no interior da laranxa darémonos conta de que alí se encontra o mellor dela: unha laranxa sen glute sen graxas saturadas sen colesterol ningún sen lactosa sen trazas de froitos secos


unha laranxa sinxelamente laranxa perfectamente comestíbel a pesar de non levar data da consumo preferente estampado na pel, coma os ovos nin data de caducidade por ningures (ao cabo, meus, un non é tan parvo como para comer unha laranxa cando xa non é laranxa cando non é mais que algo coma un melocotón podre con pelo verde por todas partes)

en suma, unha laranxa que podemos dicir: perfecta

de feito resultaba perfectamente desexábel ate para o consumidor máis esixente pero... estaría perfectamente desexábel para unha mazá red delicious?


-ah - entroulle o pánico! quizais a unha mazá como aquela non lle gustara unha froita coma ela... con celulite?

mais ela sentíase verdadeiramente sensual e interesante -claro que lle gusto! –pensou (como vedes, estamos a falar dunha laranxa segura de si mesma, unha laranxa capaz de namorar a calquera froita fresca)

pero a ela non lle gustaba unha froita fresca calquera non estaba namorada ate as pebidiñas da nosa red delicious

e o único que desexaba dende que entrara no supermercado non era ser mercada por ninguén para ver mundo non o único que desexaba era retrincar coa súa mazá favorita aquela red delicious que lle poñía a pel de polo


pasaron 3 días no supermercado a mirarse a desexarse a soñar con xuntarse no contedor do lixo ou con facer macedonia na mesma cunca

tres - intensos – días

e cando xa ía pechar de novo o supermercado a red delicious tivo a mala sorte de ser mercada e digo mala sorte non so porque se tivo que separar do seu amor laranxa senón porque foi mercada por un ex-presidente do goberno si-si parece raro pero hai ex-presindetes do goberno que van ao supermercado non vou dicir quen foi


nin sequera o partido político ao que pertencía pero resulta evidente que non era de esquerda unida nin de unión progreso y democracia nin de convergencia i unió nin de amaiur nin do partido nacionalista vasco nin do bloque nacionalista galego nin de esquerra republicana de catalunya nin de iniciativa per catalunya verds nin de unión do povo navarro nin de coalición canaria nin de foro asturias nin de esquerra unida i alternativa nin de chunta aragonesista nin de coalició compromís nin de nueva canarias nin de geroa bai nin do partido aragonés:


nin de centro canario nacionalista nin do partido andalucista nin da plataforma andaluza - foro ciudadano nin do partido regionalista por andalucía oriental nin do partido hortofrutícola anzaluz nin de convergencia andaluza nin da agrupación y unión para el progreso de almería nin de pueblo nacionalista de andalusí nin de convocatoria regionalista por andalucía nin do partido republicano independiente solidario andaluz nin de compromiso con aragón nin da federación de independientes de aragón nin de tierra aragonesa nin do partido ciudadanos unidos de aragón nin de la voz independiente de aragón nin do partido nacionalista canario nin de alternativa sí se puede nin de compromiso por gran canaria nin de alternativa nacionalista canaria


nin de sentido común en canarias nin do partido progresista majorero nin de movimiento patriótico canario nin do partido comunista del pueblo canario nin de agrupación herreña independiente nin de movimiento por la unidad del pueblo canario nin de unidad del pueblo nin de centro socialdemócrata canario nin do partido regionalista de cantabria nin do partido castellano nin de unión de ciudadanos independientes de toledo nin de unidad castellana nin de unión del pueblo leonés nin do partido regionalista de castilla y león nin de el partido de castilla y león - candidatura independiente nin do partido autonomista leonés-unidad leonesista nin da agrupación de electores independientespor zamora-unión del pueblo

zamorano nin de coalición si por salamanca


nin de iniciativa por el desarrollo de soria nin do partido de el bierzo nin de ciudadanos de burgos por castilla la vieja nin do partido regionalista del país leonés nin de civiqus nin de unidad regionalista de castilla y león nin do partido independientes por san andrés nin de iniciativa merindades de castilla nin de segovia de izquierdas nin do partido regionalista de el bierzo

nin de ciudadanos - partido de la ciudadanía nin da candidatura d'unitat popular nin de plataforma per catalunya nin de solidaritat catalana per la independència nin de pirates de catalunya nin do partit republicà d'esquerra nin de reagrupament independentista nin de els verds nin de des de baix


nin da coordinadora reusenca independent nin do partit comunista del poble de catalunya nin de alternativa de govern nin de pagesos per la dignitat rural catalana nin de gent nostra nin do partit per catalunya nin de unión demócrata ceutí nin do partido socialista del pueblo de ceuta nin do partido democrático y social de ceuta nin de unión por leganés nin do partido castellano nin do partido independiente vecinos de valdemoro nin de iniciativa del poble valencià nin de els verds - esquerra ecologista del país valencià nin de els verds del país valencià nin de esquerra republicana del país valencià nin de units x valéncia nin de esquerra nacionalista valenciana nin de república valenciana/partit valencianista europeu


nin de unió valenciana nin de extremadura unida nin de coalición extremeña nin de socialistas independientes de extremadura nin de independientes por extremadura nin de unión del pueblo extremeño nin de convergencia por extremadura nin de anova-irmandade nacionalista nin de espazo ecosocialista galego nin de compromiso por galicia nin de terra galega nin de democracia ourensana nin do partido da terra nin de piratas de galicia nin de unión coruñesa nin de converxencia xxi nin de nós-unidade popular nin de galicia unida nin de converxencia galega


nin do partido riojano nin de coalición por melilla nin do partido populares en libertad nin do partido de los demócratas de melilla nin de bildu nin de aralar nin do partido nacionalista vasco nin de batzarre nin de representación cannábica de navarra nin de iniciativa por navarra nin de derecha navarra y española nin de convergencia de demócratas de navarra nin de herri batasuna nin de aralar nin de eusko alkartasuna nin de alternatiba nin de ezker batua-berdeak nin deherri batasuna nin do partido carlista de euskalherria


nin de compromisu por asturies nin dos independientes de asturias nin de andecha astur nin de unión renovadora asturiana nin da agrupación de electores auseva red nin do partido da terra eo-navia nin de equo nin do partido animalista contra el maltrato animal nin de escaños en blanco nin de por un mundo más justo nin do partido comunista de los pueblos de españa nin do anticapitalistas nin de unificación comunista de españa nin do partido humanista nin de españa 2000 nin de solidaridad y autogestión internacionalista nin dos republicanos nin de hartos.org nin do partido pirata


nin de falange española de las jons nin de centro democrático liberal nin do partido de la libertad individual nin do partido obrero socialista internacionalista nin de democracia nacional nin de ciudadanos de centro democrático nin de partido familia y vida nin de muerte al sistema nin de demos el cambio nin de foro centro y democracia nin do partido para la regeneración de la democracia en españa nin do partido de internet nin do partido gay, lésbico, bisexual, transexual y heterosexual / todos somos

iguales nin de alternativa motor y deportes nin do partido democrático y constitucional nin de los verdes-grupo verde nin de higiene democrática nin do partido social demócrata


nin do movimiento social republicano nin de alternativa española nin de falange auténtica nin de alianza nacional nin do partido de los no-fumadores nin de frente español nin de centro democrático y social nin do partido de las libertades civiles nin do partido liberal del empleo y la vivienda estatal nin do partido centristas nin do partido unionista estado de españa nin da comunión tradicionalista carlista nin do partido de alianza iberoamericana europea nin da asamblea de votación electrónica nin do movimiento falangista de españa nin de unión ciudadana por la democracia nin do partido nacional republicano nin de unión española nin de democracia participativa


o expresidente do goberno que mercou a nosa red delicious como dicía non era de ningún destes partidos máis que nada porque ningún deles conseguiu xuntar xamais os cartos suficientes para ter de seu un presidente do goberno

a nosa laranxa era perfecta, si pero... de que lle servira? non puido facer nada por evitar a ruptura e agora só lle quedaba rezar para que polo menos algún consumidor decidira levala de paseo ou facer zume con ela no que afogar as súas propias penas


pero nin iso outro día máis ninguén a quixo mercar

foi rexeitada sen motivo era fermosa fermosísima perfecta

o que pasa é que era igual ca todas todas exactamente iguais idénticas todas perfectas ate o aborrecemento

tan igualiñas que xa non te tes que preocupar de escoller xa non te divirtes revolvendo entre as laranxas para escoller as mellores e non te podes cabrear contigo mesmo cando chegas a casa e te decatas de que colliches unha medio podre


-como podo ser tan parva!? pois agora isto é imposíbel

non podes buscar unha coa manchiña, que non a hai nin unha que non brille tanto que non sexa tan presumida que non a hai

hai unhas estritas normas de calidade estética para a entrada de laranxas no supermercado (por sorte, aos humanos, déixannos entrar a todos) pero ás laranxas non e miles, milleiros, millóns, billóns de laranxas imperfectas (coma todos nos) fican tiradas no chan sen que ninguén as colla sequera da plantación laranxas rexeitadas por nacer cun lunariño de nada cunha estría na pel por nacer cunha cor máis amareliña do “normal” por nacer máis grande que o resto


por nacer máis pequena que o resto dilapidadas odiadas desprezadas polos supermercados abandonadas no chan para facer abono

as laranxas non nacen todas iguais e moitas laranxas morren tristemente so por ter nacido neste maldito sistema capitalista do carallo sen que ninguén lles preguntara onde querían nacer (coma a todos nós por outra parte)

laranxas mártires do sistema dispostas a morrer pola causa mais que nada porque non teñen pes para correr e non lles queda máis remedio que morrer alí aburridas e tristes


sen que apenas ninguén saiba da súa existencia que tristura para unha laranxa que quixera prosperar e acabar na sección de froita deluxe de el corte inglés

pero nosa laranxa señores e señoras pasara todos os malditos controis de calidade e nin así conseguiu prosperar o suficiente non chegou a bo porto meus non conseguiu sequera bicar ao seu amor e por riba ninguén a mercou e cando chegou a nova remesa de laranxas perfectas foi desprazada non intentaron sequera colocala nun lugar visíbel para que a mercaran de primeira non a puxeron nunha bandexa de prolipopileno con outras tres froitas envellecidas todo a un euro: non


foi retirada vilmente do mercado sen a máis mínima compaixón: xa sabedes ao que me refiro era vella perfecta pero vella levaba no supermercado xa tres días

non non era tan vella tratábase dunha xubilación anticipada errada prematura pronto de máis cando a laranxa podía servir perfectamente para o que serven as laranxas pra facer un bo zume de pola mañá


pero rematou nun contedor ás portas do supermercado a cousa é que a laranxa estaba enfadada co mundo e decidiu abalanzarse sen remedio sobre a primeira froita que lle pasara por diante

non era a súa mazá (que estaba na casa dun ex-presidente do goberno como xa sabemos) nin sequera era outra red delicious era unha mísera granny smith pero non lle importou o caso era que estaba fodendo por fin que estaba feliz refregándose cunha mazá perfecta, verde, aceda, brillante (bernizada, evidentemente) unha mazá aínda fresca


pero rexeitada polos consumidores -como a nosa laranxae desprezada polos traballadores substituída prematuramente o cal lle da polo cu agora mesmo porque está fodendo e cando un está fodendo esquécese de todo

a nosa granny smith está feliz ela atopou neste contedor non só a súa media laranxa senón dúas medias laranxas para ela soa

dúas medias laranxas coas que foder no contedor

as dúas froitas déixanse levar mestúranse os seus zumes os seus aromas a laranxa fica medio bernizada embadurnada


porcallenta pero feliz feliz feliz feliz!!!!!!!!!!

soñan con deixarse podrecer arrexuntadas abarregadas aconchegadas sen papeis tanto lles da parella de feito de feito sexual

son nada máis que unha de tantas parellas soñando cousas bonitas no seu primeiro foder sen decatarse de que nada é tan sinxelo como nos semella mentres realizamos o acto sexual por vez primeira -mais esa e outra historia-


neste intre de felicidade froital chega unha freegan

un freegan é alguén que se alimenta das cousas que se tiran ás portas dos supermercados

atención, é un punto importante da historia:

ten que quedar claro que un freegan non é un pobre un homless un calquera non é alguén que se quedou no paro e non ten cartos para comer e decide remexer entre o lixo non-non un freegan é unha persoa que por ideoloxía vai ao supermercado cando pecha o supermercado pero antes de que pasen os camións do lixo


nese intervalo de tempo quilos e quilos de comida que tiran os traballadores dos supermercado estĂĄ dentro dos contedores (como as nosas protagonistas)

hai tanta comida que poderiamos darlle de comer con iso a todos os polĂ­ticos de espaĂąa e aforrarnos unha boa parte dos seus salarios

a nosa freegan colle unha morea de cousas, do contedor: croissants iogures a punto de caducar pan a esgalla para conxelar grelos unha berenxena medio podre tres cuartos kg de carne, aproximadamente peixe


(dálle un pouco de noxo comer peixe do contedor pero qué carallo! é proteína da boa) un par de quilos de bananas cos que facer marmelada de banana con chocolate etc

pero o que nos interesa colle unha mazá granny smith a nosa mazá granny smith que fica en coitus interruptus pois a nosa freegan adora as mazás granny smith pero non gosta das laranxas porque lle dan acidez (polas mañás)

maldita freegan non ves que a laranxa e a mazá estaban felices


fodendo comezando unha nova vida en parella e tiñan trazas de chegar ben lonxe xuntas ate o vertedoiro e máis aló maldita e noxenta humana con ideoloxía claramente esquerdista que pretende salvar ao mundo pero que mundo, por favor! que mundo! como vas salvar o mundo! salvarás o teu peto, como moito! si, toda esta comida íase tirar pero por favor! facía falta romper o amor eterno da miña historia só por non malgastar unha puta mazá?

non podías deixala alí?


a esa mesma hora as 22.30 da noite (aproximadamente) o ex-presidente do goberno agarda pola súa muller (a ex-primeira dama) en pelota picada e cunha mazá red delicious (a nosa mazá red delicious) vermella e brillante ate fartar na cabeza

era este que vos vou explicar o xogo erótico que máis lle gustaba:

adoraba de ver á súa muller co disfrace de guillermina tell coa bésta de ventosa entre as man a lanzarlle frechas de amor mentres el escapa pola enorme casa adiante


en pelotas meneando a ferramenta e agarrando a mazá

unha mazá que despois morden entre os dous ñam ñam ñam

ben, os corpos xa non eran os mesmos de cando eran novos pero inda se conservaban bastante ben

o ex-presidente estaba no medio da saliña poñendo posturas absurdas fronte ao espello movendo os beizos para resultar irresistíbel coa red delicious na cachola


a ex-primeira dama entrou pola porta cunha amiga de toda a vida

no chan estaba o disfrace de guillermina tell e a bésta de xoguete

no medio da sala o seu marido en pelota picada cunha mazá na cabeza que caeu ao chan do susto: plof

o ridículo foi enorme

o noso protagonista liscou para a habitación a taparse púxose un chándal os tenis de correr (uns nike de puta madre) colleu a mazá


saíu pola porta: non dixo ren tirou a puta mazá no primeiro contedor que atopou

a media noite cando os camións do lixo percorrían o barrio o ex-presidente xa se reconciliara coa súa muller e xogaban a guillermina tell cunha pera

era o ex-presidente desta vez o que ía disfrazado de guillermina coa minisaia e o escote da camisa no ombro


paro vaiamos ao gran ou mellor á froita porque é ben sabido que cando dúas froitas están destinadas... están destinadas

e ás 00.00 en punto o camión do lixo percorría as rúas do barrio si, xa recollera á nosa pequena e infeliz laranxa ás portas do supermercado e agora estaba diante da casa do ex-presidente diante do contedor de diante da casa do ex-presidente a piques de meter para dentro xunto con toda a merda do barrio á nosa red delicious que non estaba para nada delicious dende que se tivera que rebozar con todo o que alí dentro había


non lle importou para nada á nosa laranxa o amor é así: cego e incluso insensíbel á peste e neste apestoso ambiente por fin se xuntaron

á mazá non lle importou para nada que a laranxa tivera perdido a virxindade con aquela granny smith da que non sabemos nada

despois de todo estamos no maldito século 21 somos modernos non adoramos a virxindade case adoramos máis a experiencia, non si?

e ademais, como podería pensar a nosa laranxa que volvería ver ao seu amor?


non lles importou nada e a mazá, coa emoción incluso se esqueceu do trauma que lle causara a imaxe do ex-presidente do goberno en pelotas

agora eran elas a laranxa e a mazá as que eran dúas pelotas rebozándose de amor fluxos froitais caricias de pel bernices varios: si, estaban na orxía que cada noite se monta nos camións do lixo pero so tiñan ollos a unha para a outra

podrecerían xuntas que final feliz digno dunha historia de jolibú e non dun poema de autora coma este


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.