23 poemas dos 23 anos

Page 1

23 poemas dos 23 anos by sther f. carrodeguas


algo moi pequeno pode cambialo todo iso é a vida

se só podes pensar que (non) deberías (x) daquela (non) deberías

(x)


penso só existe o que penso o mundo NON me importa só existe o mundo é o ÚNICO no que podo pensar [o que penso: non me importa mais penso porque tampouco podo non pensar]


facio (I) eu, eles


exilio cruzámonos polas rúas fai tempo que as súas facianas soan na miña cabeza porén, xa non os coñezo, xa non os entendo, só os recoñezo, nada máis é un mundo estraño preferiría non ter que recoñecelos, pensar que non os coñezo porque non os coñezo, que non os entendo porque non falan a miña lingua, e non porque non entendo o que pensan


a XENTE chama realidade a calquera cousa a gota da billa que che esperta das túas ensoñacións non pode ser a puta realidade


o grande exame odio a todos os que van pola vida facéndome O Exame; sei que non é algo persoal, mais fode actúan pra ver como reacciono ao meu modo de ver expresa afán de cualificación por outro lado, implica que creen que poden xulgarme é evidente cada un pode pensar o que queira, de min e de todo o demais. sacar conclusións dun exame sorpresa paréceme, en calquera caso, ineficaz eu digo: como todo o mundo, amoso de min mesma o que me parece: se quero que me coñezas, xa me encargo de dicirche como son se che gusta poñerme a zancadilla pra ver se caio, é posible que vexas como caio: non debes esquecer que vexas o que vexas o cú non me doe porque eu sigo sendo a mesma, só que tí non me coñeces


que vida correteo polo parque mentres sinto as miradas da xente que pensa vaia tola! correteo como cando nena cando aínda non me importaba correr cando ninguén me miraba se corría cando non sabía eu que se podía mirar raro por iso agora míranme raro só por correr! cren que estou tola e eu río soa correndo polo parque e eles venme, correndo, rindo e daquela estou máis tola, tola de remate agarran aos seus nenos apártanos de min cando se me achegan porque os nenos non entenden e failles gracia una moza bailando entre as follas -mais unha moza así é perigosa coidado, señores moi perigosae eu so salto, ao millor porque estou contenta ou porque teño un ritmo colado no meu cerebro ou porque me apetece, que carallo


(recoñezo que ás veces, só ás veces, salto por foder; por facerlles ver algo raro. porque é tan sinxelo sorprender a esa xente... e sorprenderme a min é xa tan difícil!)


parcheando con billetes sentirá acaso algo semellante o que me ve? eu sinto náuseas ao velos pasear cos seus nenos cos seus cans cos seus coches cos seus amigos presumindo dos seus nenos dos seus cans dos seus coches dos seus amigos porque quizais non poden presumir deles mesmos mais si do que levan atado á man son unha morea de nadas con moitos cartos persoas invisibles que saen á luz do dólar deses billetes verdes que non son nada que non serven para nada mais que para cubrir o buraco que deixan as súas carencias de alma de corpo de mente e aínda incluso de corazón


existe xente con moita cabeza e pouca conciencia que o foden todo dispois, tamén hai xente con conciencia ou cando menos que nacen con ela. a maioría pérdena na costa arriba, porque pesa de máis. os grandes fillos de puta ansían só subir. gústalles o VÉRTIGO que se sinte e se non tiran lastre, deben desistir tamén hai xente que non quere subir ou máis ben, que sinte que non pode ou que non debe


facio (II) eu, elo


a arte hoxe todo o mundo pregunta que é a arte algúns incluso cren que cando digas algo vas estar de acordo co que teñen na cachola a arte é isto e dispois aquilo mais pode que sexa agora algo que desexarías volver sentir ata o aborrecemento


faísca por moita leña que xuntes pra unha fogueira se non hai faísca, non hai lume. non se trata de materia prima, senón de combustión da materia prima tamén a vida precisa un pouquiño de faísca pra ARDER precísase a faísca dunha conversa, dun ollar a do romanticismo, a do humor, a da paixón non ter faísca é certamente unha triste enfermidade é unha mágoa (tamén unha sorte) que non se venda aínda en chisqueiriños bic de colores


metรกfora da vida e o cigarro un cigarro na man. algo que se consume e se volve unha nada noxenta de respirar algo que gastas por caladas. que che sobra o resto do tempo telo na man por ter. por aguantar ata a prรณxima calada de repente sentes que queima, que non poderรกs aguantar unha calada mรกs e mรกtalo


monotonía a monotonía -como todosó existe na mente así que esixo á miña cabeza que deixe de pensar que entre catro paredes o único que se sinte é monotonía, porque é mentira. o único que se sinte é o que se ten aí arriba, e se non hai nada novo, non é culpa das paredes, me parece


memoria a memoria é unha ferramenta indispensable pero millorable no só porque ás veces nos traizoe con erros intrascendentes, senón sobre todo porque continuamente nos limita impedíndonos accións porque sabemos que, de facelas, as recordaríamos mañá


a nada é unha prohibición. unha asasina de paixóns, de revolucións nacemos xa con ela incrustada: é o primeiro coñecemento: que hai sensacións que nos teñen que ser prohibidas. que é millor non saber da súa existencia, inda que nos foran levar ao paraíso



facio (III) eu, el


o amor non debe de ser algo tan importante cando o pode facer todo o mundo (sabedorĂ­a popular)


caer na trampa quererse ata un punto insoportable de rutina: crelo todo sen prantearse nada; evitando todo razoamento


parchís como non queríamos falar xogabamos ao parchís como non tíñamos nada de que falar xogabamos ao parchís como non nos atreviamos a preguntar todo o que nos gustaría saber xogabamos ao parchís coma se nos divertira ríndonos, incluso de nós mesmos, da nosa propia imaxe xogando ao parchís no salón no chan na alfombra sos xuntos


aprendín: a frase quérote é un instante


el: ĂŠ una idea por desgracia non se pode atopar unha idea dentro dun corpo.


postfacio Non viviríamos se non fora pola casualidade e a curiosidade. Nacemos gracias a unha casualidade inaudita, e vivimos dispois gracias a una curiosidade inaudita. A vida, en sí, ten unha grande porcentaxe de estupidez. De feito, a curiosidade, que fai sobrevivir á humanidade, é a responsable da maioría dos actos estúpidos que se cometen. Evidentemente, boa parte destes actos nacen dunha casualidade, mais isto interésame doutro modo. Atráeme sen embargo ultimamente todo o que ten que ver coa estupidez curiosa. Exemplo estúpido: a ciencia -casualidade: que a newton lle caia unha mazá -curiosidade: descubrir por qué Exemplo estúpido: o sexo -casualidade: cruzarte con alguén que che atrae -curiosidade: deitarte con el Exemplo estúpido: a literatura -casualidade: que este texto chegara aos teus ollos -curiosidade: lelo ata o final


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.