Revista 2018

Page 1


Como cada curso pomos nas vosas mans un novo exemplar de “A NOSA REVISTA”. É unha publicación en lingua galega feita polos alumn@s e mestr@s do colexio que pretende axudar a normalización no uso do galego no contexto escolar e familiar. Como sempre aquí podedes ver fotos,actividades e traballos feitos polos nenos e nenas de todos cursos, dende 3 anos ata 6º.

os

Aproveitando que dende a biblioteca traballouse nun Proxecto Documental Integrado sobre as EMOCIÓNS E A CONVIVENCIA ESCOLAR, que pensamos resultou moi interesante e motivador para os rapaces e rapazas do colexio, a maioría das nosas celebracións xiraron o redor deste tema.

Fixemos moitas actividades e aínda que é difícil dar conta de todas elas, o intentaremos!!!


Unha das festas máis terroríficas é a do “SAMAIN

!!!!!.

Como todos os anos por estas datas preparamos o Samaín na escola.No mes de outubro celebramos o Samaín coa tradicional merenda terrorífica, exposición de cabazas e o festival no que os diferentes cursos presentaron os materiais elaborados na biblioteca para conmemorar esta festa.

Aquí temos alguna destas cabazas!!!!Moi to arte!!!!!




O MAGOSTO

O pasado novembro celebramos o magosto. Houbo castañas e chourizos; e unha chea de xogos populares. Pasámolo moi ben!!!

CANDO ESTÁN ASADAS AS CASTAÑAS AS METEMOS NUN CUCURUCHO E AS COMEMOS.


TAMÉN

COMEMOS

CHOURIZOS

ASADOS

E FACEMOS XOGOS POPULARES NO PATIO DO COLEXIO.


CASTAÑAS

O

MAGOSTO


25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA XÉNERO En 1993, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a “Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller”, na que se definiu a “violencia contra a muller” como: “Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real, un daño físico,sexual ou psicolóxico, incluidas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbitraria da liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública o una vida privada.”

O 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero. Dende o colexio apóiase a conmemoración deste día no que os actos han ser coherentes coa finalidade: desterrar o machismo da nosa sociedade, a través da educación e a "tolerancia 0" coas actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan. Ao longo da semana do 20 ao 24 de novembro,os alumnos/as de 5º e 6º de primaria elaboraron un mural para alertar sobre a violencia machista nosos días.Este mural é un reflexo dun proxecto que continúa porque queremos que os nosos alumnos/as estean sensibilizados coa problemática existente e traballamos neste tema durante todo o curso.


Este ano polo

NADAL

fixemos un belén moi moderno, baseado no tema

favorito deste curso: as emocións. Decoramos a árbore, preparamos as nosas famosas galletas para a chocolatada que nos preparou a ANPA e como todos os anos tivemos o festival e a visita de PAPÁ NOEL.

EN DECEMBRO

CELEBRAMOS

O

NADAL


a ALGUNHAS DAS NOSAS OBRAS E ACTIVIDADES

1ยบ Torneo de Axedrez


6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

¿QUÉ PASOU QUE O MUNDO TROCOU AS CORES NO MEDIO DA ESCURIDADE? Esa foi a primeira pregunta da nosa clase de nenos de 5 anos cando descubrimos a luz uva, a parte de quedar abraiados, tivemos que pasar as nosas lanternas por todos os espazos da nosa aula e a nosa roupa. E por suposto, experimentamos con todas as cores fosforescentes que encontramos.

Esta clase é coma unha selva ¿será porque temos que cruzar un corredor cheo de feras na “Selva da

Tropipaz”?. Aínda que poidamos parecer un pouco tolos gústanos aprender cousas raras e diferentes por iso, decidimos meternos de cheo nos traballos sobre luz negra, a que nós chamamos uva. Tamén buscamos información sobre cousas que brillan na escuridade e, desde ese intre, aparecen os lucecús nas nosas vidas. A simple vista son bechos un pouco feuchos pero gardan dentro deles algo único e máxico sendo seres únicos. Tamén buscamos moitos contos sobre eles,“A luz de Lucía” ensinounos que sempre temos que brillar con luz propia e non deixar que ninguén nos apague .

Sabiamos tantas cousas deles que non poidemos evitar querer un de mascota así que, fixemos un ”Taller de creación de lucecús”, e quedaron moi xeitosiños.


Por suposto despois de todo o curso facendo pesquisas e experiencias coa luz e as sombras, tivemos que preparar unha obra de teatro con luz negra”Celeste a estrela mariña”, para a nosa graduación porque xa non somos pequenos, en breve, estaremos en primaria(“ide gardando folgos mestres que imos rachar coa pana”).



O DÍA DE ROSALÍA Este ano sumámonos a convocatoria da Fundación Rosalía Castro. Queremos conmemorar o Día de Rosalía lembrando o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas Novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. No seu triunfo sobre a desventura e a pobreza, ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con case nada o ser humano é quen de sobrevivir e ademais ser feliz. Dende o colexio, unímonos a esta conmemoración e pedímosvos que o fin de semana fixérades tamén un caldo de gloria nas vosas casas e compartírades a vosa experiencia mandando fotos ou debuxos, cociñando ou gozando deste caldiño tan rico!!!! Moitas grazas pola vosa participación.


CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO 2018 No mes de abril, celebramos o día do libro; Pero o que conta é celebrar e é aquí un pouquiño do que fixemos. Durante semanas os diferentes cursos prepararon diversas actividades para conmemorar este día. Tivemos contos, cancións, poesías, títeres, teatro, etc.






O ENTROIDO Este ano estivo inspirado no tema que estivemos a traballar dende a “Biblioteca”: “As emocións”. Os nenos e nenas disfrazáronse e pasárono moi ben!!



TAMÉN COMIMOS LARPEIRADAS TÍPICAS DO ENTROIDO: ORELLAS, FLORES, FILLOAS, CHULAS……..QUE TROUXERON AS FAMILIAS E QUE ESTABAN MOI RICOS.

O ALUMNADO DE 5º E 6º GAÑA UN PREMIO NO FESTIVAL DE CURTAMETRAXES DO MUSEO DE PONTEVEDRA

Todos colaboraron para amosar o didáctico e divertido que pode ser un museo de arte coma o Sexto Edificio de Pontevedra.


INTERCAMBIO MANCHESTER- MALLÓN Os alumnos/as ingleses del St Catherine’s R.C. Primary School de Didsbury (Mánchester), xunto cos nosos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria e algúns profesores/as fixeron unha ruta en bicicleta dende o colexio ata Baiona, para conmemorar o día mundial da bici e mostrar, ao mesmo tempo, parte da comarca do Val Miñor aos estudantes de intercambio.





DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

MARÍA VICTORIA MORENO



Este ano celebramos O DÍA DAS LETRAS GALEGAS,adicado a Mª Victoria Moreno, participando no Correlingua 2018 en Vigo. Fumos ata a Praza doRei ,en Vigo, onde xuntámonos con outros colexios.Escoitamos ao alcalde e comezamos a andaina ata o Parque de Castrelos. Alí desfrutamos da música en galego e dun merecido descanso!!! Tamén houbo outras actividades: os rapaces/zas de 5º e 6º asistiron a unha representación teatral baseada na obra de Victoria Moreno: “Leonardo e os Fontaneiros”.Tamén tivemos a sorte de contar co IES Carlos Casares de Vigo,que viñeron ao noso cole e fixeron moitas actividades cos nenos/as de Infantil e 1º e 2º de primaria. Os Creadores/as da PANCARTA do Correlingua Aquí temos alguna das fotos ………


XOGOS POPULARES Como todos os anos, 4º de primaria, participou en representación do colexio nos xogos populares que se celebran entre as escolas do Val Miñor.




SEGUNDO CURSO A primeira vista pode parecer unha clase coma todas as demáis. Pero se te fixas ben, e só se te fixas ben... máis alá dun simple ollar, caerás na conta de que somos moito máis que iso. Cheos de ilusión e con moitas ganas de aprender, fomos protagonistas de moitas actividades, sen dúbida algunha, fonte de aprendizaxes e creacións. E así, coma se dun tobo se tratase, creamos un rinconciño de volta a calma, que ás veces, tamén usamos para ler e mergullarnos nalgún maravilloso conto. O incrible neno devorador de libros, o coñeces? Nos si, e pareceunos moi divertido.

Tamén descubrimos outros contos marabillosos, e animámonos a facer un pequeno teatro dun deles: Cocorico. Que si, que si! “Picotí, picotá, medio para Cocorico e medio para mamá”.

Un biscoito de chocolate enoooooorme!

E o que nos gusta o chocolate... pero tamén nos encanta a natureza, os animais e as plantas, por iso, un dos murais nos que máis traballamos, titulámolo: Animais do


mundo, e para facelo, puxemos en práctica moitas técnicas artísticas. O resultado foi marabilloso!

Tamén gardamos un anaquiño da nosa clase para as plantas, que vimos crecer día a día, acompañando a primaveira. Pronto brotaron as primeiras follas de tomates, pementos... e de pronto, un bo día, ao chegar, unha fermosa flor amarela deleitounos a mañá. Unha aguaturna!

Somos a clase de segundo, e se hai algo no que estamos de acordo, sen dúbida algunha, é que aprendimos a ser un bo equipo. Si, aínda somos pequenos e pequenas, pero grandes, moi grandes!


1º CURSO

Que ben o pasamos pintandos cos dedos o paraugas para os nen@s do colexio “Juan María”

Celebramos o entroido


1º CURSO Somos uns artístas!!!





Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.