PLAN ANUAL DE LECTURA 2022-23

Page 1

PLAN ANUAL

LECTURA

DE
CURSO 2022-23 CEIP MALLÓN
2 ÍNDICE: INTRODUCIÓN 1. PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA……………………………………………………..3 2. OBXECTIVOS……………………………………………………………………………………..5 3. ORGANIZACIÓN…………………………………………………………………………………..5 4. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “A MÚSICAMÓVENOS”……………………..6 5. LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN………………………………………………………8 6. SECCIÓNS…………………………………………………………………………………………10 7. RUTINAS DE LECTURA…………………………………………………………………………10 8. RECURSOS HUMANOS…………………………………………………………………………11 9. ACTIVIDADES………………………………………………………………………………….....12 10.LER EN FAMILIA……………………………………………………………………………..…..14 11.AVALIACIÓN………………………………………………………………………………………15

Neste curso escolar o Equipo de biblioteca estará formado pol@s seguintes mestres/as:

Natalia Silva Docabo (Coordinadora)

Equipo de apoio á biblioteca:

Josefa Pérez Pinal (Apoio Infantil)

Graciela Domínguez Cambra (Titora 2º primaria).

Mª Belén Pérez Arosa (Titora

primaria).

Sergio Pereira Ginet (Titor 4º primaria).

1. PROTOCOLO DO USO DA BIBLIOTECA NO CEIP MALLÓN Curso 2022 23

A aplicación deste protocolo estará sempre ligada as necesidades do centro e o que diten as autoridades sanitarias.

PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓNS.

· As diferentes aulas/titorías poderán coller fondos emprestados para a biblioteca de aula. Os titores e diferentes especialistas cubrirán un modelo de préstamo/devolución en papel e os membros do Equipo de Biblioteca pasarano ao programa Meiga.

O empréstito semanal poderá realizarse cos libros da biblioteca ou ben, da biblioteca de aula. Será xestionado polo titor/a correspondente.

· Cada titora ou titor realizará o préstamo e devolución dos fondos do seu alumnado anotándoos no Meiga ou na folla de rexistro proporcionada polo Equipo de biblioteca.

· Os Mestres que desexen algún libro para os seus proxectos de aula poderán solicitalo ao equipo da biblioteca .

As mochilas viaxeiras continuarán a funcionar durante este curso, saíndo en empréstito os mércores e sendo devoltas os luns. Os titores/as serán os encargados de establecer as quendas para que todo o alumnado poida desfrutalas ao longo do curso.

Nas mochilas viaxeiras de Infantil incluirase un caderno viaxeiro, no que as familias plasmarán diferentes opinións, debuxos, fotos, etc., de xeito libre.

3

ACTIVIDADES

·

O equipo de biblioteca propoñerá actividades, recomendacións, concursos, noticias ... voluntarias e relacionadas coa lectura, que exporá nun lugar visible e reservado en cada aula para este tipo de comunicación da biblioteca. Ademais invitarase a participar nas distintas actividades a toda a comunidade escolar publicando todo no blog da biblioteca http://bibliodemallon.blogspot.com/

·

A biblioteca coordinará o PDI do centro, aportando fondos bibliográficos, propostas de actividades, organizando e dándolle visibilidade aos diferentes materiais elaborados a través de diferentes medios como: páxina web, blog, abalarmóbil, etc.

Este ano levaremos a cabo un proxecto a nivel de centro “A música móvenos”, a través do que se traballarán aspectos relacionados coa música: evolución ao longo da historia, a música en diferentes continentes e países, curiosidades, instrumentos, xéneros musicais, etc.

A Biblioteca Escolar debe ser un dos principais eixes dinamizadortes do centro, polo que dende ela partirán diversas actividades e propostas como:

 Mochilas viaxeiras, Hora de Ler, PDI, As familias tamén contan, etc., todas elas co obxectivo común de fomentar o pracer pola lectura.

Empréstitos ás aulas, dramatizacións das lecturas, recitais poéticos, concursos, contos, actividades en relación ao PDI,…, nas que se potencian as competencias básicas.

 Motivación, ambientación e decoración de espazos con exposición de fondos para as diversas conmemoracións e temáticas traballadas ao longo do curso escolar.

 Proposta e organización de encontros con autores/as, ilustradores/as, artistas, etc. Para proporcionar un escenario atractivo, cada curso a BE propón unha temática ou centro de interese concreto que servirá de fío condutor á nosa práctica pedagóxica. Ademais das actividades propostas para o alumnado, profesorado e familias tamén se levan a cabo outras actividades imprescindibles para o correcto funcionamento da nosa BE como: catalogación de novos fondos, expurgos, selección e compra de novos fondos, xestión e organización, formación de usuarios e colaboradores, exposición e difusión de fondos, guías de lectura...

A memoria do PLAMBE do curso pasado foi aprobada polo que para este curso 2022 23 seguiremos en dito programa.

4

OBXECTIVOS.

cabo

actividades

iniciativas

formen

marcha actividades

espertar no alumnado

a biblioteca

dos alumn@s.

visión crítica da sociedade.

diferentes

pracer pola lectura.

básicas.

hora de dinamizar a vida do centro.

os cambios necesarios e deseñar actividades que vaian cara un modelo de biblioteca inclusiva.

3. ORGANIZACIÓN.

Con respecto á organización, referida ás actividades de lectura, podemos diferenciar:

ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS:

Os espazos a empregar para a lectura serán variados dependendo da actividade que se realice en cada momento. Tendo isto en conta, podemos dicir que os lugares máis relevantes para este fin serán:

A biblioteca: Neste espazo realízanse lecturas na hora semanal de biblioteca, tanto individuais como compartidas. Tamén se traballa cos cartafoles de formación de usuarios e educación documental. Ademais, na hora semanal de biblioteca que ten asignada cada curso, traballarase no Proxecto Documental Integrado a nivel de centro, este ano: “A música móvenos”, que estará relacionado coas expresións musicais en diferentes épocas e lugares do mundo e no que o tipo de actividades a realizar serán: busca de información en soporte dixital e impreso, actividades de tratamento da información recollida, posta en común en pequeno e gran grupo, elaboración de materiais coa información obtida, elaboración de materiais audiovisuais, etc.

As aulas: Ademais das actividades propias dunha aula que implican lectura, tamén hai que destacar que se levará a cabo (de xeito innegociable) o tempo diario de lectura na aula. Este tipo de lecturas realizarase co mestre que corresponda en cada momento, todos os días durante os 30 minutos posteriores ao recreo.

No recuncho para as familias: Volverase a poñer en marcha dito recurso. Buscarase unha nova ubicación para este espazo.

No patio: Trátase de “Bibliopatio” e consiste nun carriño cheo de libros que se baixa ao patio de Infantil os días que vai bo tempo, para quen o estime oportuno poida facer uso deles durante o tempo de lecer.

Noutros lugares: Coa celebración de diferentes conmemoracións como: Samaín, Día do Libro, Letras Galegas, etc., as actividades de lectura pódense levar a cabo en espazos como: salón de usos múltiples, recibidor, patio de recreo, ximnasio, etc.

5 2.
 Levar a
actividades que permitan desenvolver a competencia lectora
 Programar
que contribúan ao fomento da lectura.  Propoñer
que
ao alumnado cara unha
 Poñer en
coas que se traballen as
competencias
 Contribuír a
o
 Facer que
teña un papel fundamental á
 Realizar

DE TEMPOS:

Agás a media hora diaria de lectura, o resto de tempos dedicados á lectura serán flexibles e variarán dependendo da actividade que se teña que realizar en cada momento.

4. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “A MÚSICA MÓVENOS”

Xustificación.

Tomando como referencia a Rosa Piquín, os PDI son pequenos traballos de investigación que levan consigo un papel moi activo na aprendizaxe e desenvolvemento de competencias no tratamento e comunicación da información, nos que o alumnado traballa directamente coa documentación (libros, xornais, internet, …), aprendendo a aprender e traballar autonomamente.

Son investigacións nas que o alumnado, ademais de investigar sobre un tema ou problema concreto, familiarízase cos mecanismos de busca de información e traballo intelectual empregando os recursos documentais existentes no centro e sobre todo na BE.

Algúns dos aspectos con máis relevancia do traballo por proxectos son as aprendizaxes significativas e o traballo colaborativo, que sentan algunhas das bases máis importantes no desenvolvemento persoal para a vida adulta, fomentando a adquisición de competencias básicas fundamentais como: Aprender a aprender e Autonomía e iniciativa persoal.

O proxecto a traballar no centro este ano xirará sobre aspectos relacionados coa música.

Dende a biblioteca faranse propostas para traballar nas diferentes aulas, ademais de prestar axuda, de ser necesario, para a montaxe final dos materiais elaborados na clase: dar un formato atractivo, encadernar, dixitalizar, montaxe de vídeo, etc.

Ademais de todo o anteriormente dito xestionaranse diferentes visitas e obradoiros relacionados coa temática ao longo do curso.

Este curso escollemos a música como fío condutor do proxecto anual do centro. A través da música iremos percorrendo camiños arredor do mundo, tecendo fíos entre culturas e incluso viaxando no tempo séculos atrás. A música é como unha chave máxica que abre ata os corazóns que están máis

6  ORGANIZACIÓN

pechados.

María Augusta von Trapp

Obxectivos xerais.

-

Atopar puntos de encontro entre a música e a literatura.

Coñecer as familias de instrumentos e valorar diferentes peculiaridades xeográficas.

- Coñecer os principais estilos musicais a través de diferentes épocas da historia.

Identificar as emocións que transmiten diferentes pezas musicais.

Coñecer e valorar a música como medio de comunicación.

Traballar de maneira cooperativa.

Compartir os nosos descubrimentos, aprendizaxes, investigacións, …, co resto da comunidade educativa a través dos pequenos traballos de investigación realizados.

Facer participes do proxecto ás familias e facilitar a súa participación no mesmo.

Valorar os libros e a música como fonte de información, coñecemento, motivación e pracer. Elaborar materiais en diferentes soportes en relación ao proxecto.

Aprender a utilizar diferentes estratexias para a busca e tratamento da información.

Empregar as TACs como unha ferramenta para compartir coñecementos.

Participar activamente en todas as actividades do centro.

Espertar o pracer pola lectura.

5. LIÑAS PRIORITARIAS

5.1. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN

7

-

Catalogación os novos fondos adquiridos.

Realización de expurgas.

Elaboración dun cartafol cos números de usuario de: alumnado, aulas e mestres.

Establecemento de quendas para a Brigada de Biblioteca (voluntarios de 5º e 6º de primaria).

Elaboración de listaxes con materiais de interese para a adquisición pola biblioteca.

Selección de libros para o recuncho das familias.

Xestión das visitas de familiares na hora semanal de biblioteca.

-

Deseño de actividades nas que se traballe o tratamento da información e preparación de materiais diversos coa información obtida.

Realización de diferentes traballos relacionados co PDI a través de proxectos audiovisuais, concursos, etc.

5.2. DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA A SÚA INTEGRACIÓN NO TRATAMENTO DO CURRÍCULO E ASÚACONTRIBUCIÓN Á ALFABETIZACIÓN MÚLTIPLE E AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS DO ALUMNADO

Organización e colaboración nas diferentes actividades de tipo cultural que se leven a cabo no colexio.

Elaboración de materiais diversos para as diferentes conmemoracións.

Elaboración de materiais relacionados coa temática do proxecto do centro.

Posta en marcha de actividades de animación á lectura (contacontos, teatro, monicreques, …).

Produción de materiais propios en diferentes formatos (contos, bandas deseñadas, vídeo, adaptacións dramatizadas, etc.).

Actualización periódica do blogue da biblioteca.

- Dotación de fondos para seguir a ampliar os fondos da sección de consulta.

Posta en marcha da utilización da plataforma dixital E LBE.2.

5.3. EN RELACIÓN COA FORMACIÓN DE USUARIOS E ADQUISICIÓN DA COMPETENCIAINFORMACIONAL

8

-

Posta en marcha e formación aos membros da Brigada de Biblioteca. (Voluntarios de 5º e 6º de primaria).

Realización de sesións formativas trimestrais.

Realización de actividades de investigación e produción de materiais audiovisuais de animación á lectura.

Realización de pequenos traballos de investigación na rede.

Promoción de actividades que impliquen a busca e transformación de información; tanto de temas de clase como doutros relacionados co proxecto “A música móvenos”.

-

Utilización de diferentes ferramentas (procesadores de texto, apps diversas, editores de ima xe e vídeo, chroma key, etc.) para a elaboración de traballos finais coa información obtida.

5.4. EN RELACIÓN CO FOMENTO DA LECTURA E CO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTORDE CENTRO

-

Fomento do servizo de empréstito tanto en Infantil como en Primaria.

Posta en marcha das mochilas viaxeiras.

Realización de diferentes contacontos.

Realización da Hora de Ler.

-

Preparación co alumnado de: contos, cancións baseadas en contos, poemas e pequenas pezas teatrais, lecturas compartidas, etc.

Organización e planificación das visitas de familiares aos diferentes cursos na hora semanal de biblioteca.

Realización de obradoiros con diferentes autores e ilustradores.

5.5. EN RELACIÓN COS AVANCES CARAAUNHABIBLIOTECAINCLUSIVA

Revisión dos fondos existentes para que todos teñan o distintivo correspondente da CDU adaptada.

Valoración de diferentes fondos adaptados ou de temática inclusiva para a súa incorporación á biblioteca.

9

Elaboración de diferentes materiais adaptados para o alumnado que o necesite.

5.6. OUTRAS ACTUACIÓNS

- Participación en actividades de interese que xurdan ao longo do curso: exposicións, concursos, visitas de artistas da contorna, actividades propostas polo Concello, certames literarios, Letras Galegas, etc.

5.7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

A través das enquisas online ás familias, o alumnado e o claustro avaliarán o grado de implicación nas actividades propostas ao longo do curso e o Equipo de Biblioteca analizará e extraerá as conclusións deste instrumento de avaliación.

5.8. PERSOA DESIGNADA COMO RESPONSABLE/DINAMIZADORA DA BIBLIOTECAESCOLAR. EQUIPO DE APOIO E HORARIO PREVISTO

A persoa coordinadora disporá polo menos de 2 horas para realización e organización das diferentes tarefas.

O equipo de apoio terá que dispor de horario para a organización e dinamización da biblioteca.

Na medida do posible, sería moi efectivo que o equipo de biblioteca poidera coincidir nalgunha hora para a preparación de exposicións, contacontos,…

É moi importante que o equipo esté composto por Mestres de diferentes niveis.

6. SECCIÓNS

Con respecto a este punto cabe destacar que os fondos existentes no colexio están centralizados na biblioteca, onde se rexistran todos e realízase o empréstito aos diferentes alumn@s, aulas e departamentos.

10

No caso das aulas de Infantil e Primaria, hai que dicir que dende hai tres cursos están a funcionar as bibliotecas de aula. Os titores levan emprestados diferentes lotes de libros para as aulas durante todo o curso e deixan rexistro por escrito nunha folla de empréstito na biblioteca.

No caso dalgúns departamentos como o de Inglés ou Relixión, os fondos existentes están nas respectivas aulas e rexistrados no programa MEIGA.

7. RUTINAS DE LECTURA

No tocante ás rutinas de lectura hai que destacar dous tipos principais:

Hora de Ler: Na media hora diaria de lectura que se realiza nas aulas teñen cabida diferentes maneiras de proceder, quedando a elección dos titores ou mestres que estean nese momento con cada grupo de alumn@s. Así pois, dentro desta rutina danse diferentes modalidades de lectura, dependendo do curso e do momento: lectura individual, por parellas, en gran grupo, en voz alta, etc.

A media hora de lectura diaria seguirá a ser despois do recreo.

Lectura na hora semanal de biblioteca: Aínda que, como é obvio, a meirande parte das actividades que se realizan na biblioteca durante o ano levan implícitas a lectura, a modo de: busca de información, revisión dos materiais producidos, preparación de contacontos e dramatización de historias, etc., tamén teñen cabida momentos para a lectura libre, sexa individual ou en grupo.

8. ITINERARIOS LECTORES

Convén destacar que ao inicio do 2º trimestre o alumnado de Primaria (2º a 6º) le na clase os libros asignados no itinerario lector, para despois realizar actividades relacionadas coa lectura de cada libro.

9. RECURSOS HUMANOS

No que respecta ás persoas que interveñen nas actividades para o fomento da lectura podemos destacar tres grupos fundamentais:

11

O Equipo de Biblioteca: A labor do Equipo de Biblioteca é fundamental á hora de fomentar os hábitos lectores no alumnado. Así pois, as diferentes iniciativas que se deciden levar a cabo dende este equipo teñen esta labor como premisa.

Realmente todo o que se fai dende a biblioteca persigue, entre outras cousas, o fin de espertar o pracer pola lectura nos cativ@s.

As actividades deseñadas para esta finalidade recóllense detalladamente no punto 8 deste Plan Anual de Lectura.

Os titores e mestres: Os titores e mestres tamén teñen un papel primordial neste sentido. Dende a biblioteca soamente se solicita que se respecte a media hora diaria de lectura e son eles os que teñen a liberdade e responsabilidade de levar a cabo as accións que vexan adecuadas para cada grupo de alumnos ao longo do curso.

Aínda así, cabe destacar tamén que dende o Equipo de Biblioteca se lle proporcionará asesoramento de ser necesario.

As familias: Independentemente das características de cada fogar e da relevancia que se lle dá á lectura en cada un deles, hai que destacar que nos dous últimos cursos dende o Equipo de biblioteca estase a traballar para involucralos na tarefa de conseguir fomentar a lectura entre os seus fill@s.

Entre as accións que se levan a cabo dende a biblioteca no presente curso serán:

familias tamén contan”: Onde lle daremos a opción, aos familiares que o desexen, de visitar ao grupo dos seus fillos na hora semanal de biblioteca para levar a cabo diferentes actividades como: contar un conto ou historia, facer algún obradoiro, actividades relacionadas co proxecto, etc.

O recuncho para as familias: Buscaremos unha nova ubicación para este recuncho.

10.ACTIVIDADES

Na seguinte táboa detállase a temporalización das actividades que se levarán a cabo neste curso:

1º TRIMESTRE

do Plan Anual de Lectura.

dun cartafol cos números de lectores: por cursos, de mestres e de aulas.

de visitas á biblioteca cos diferentes

SETEMBRO

organización e planificación do proxecto:A música móvenos.

12 
 “As
 Elaboración
 Elaboración
 Realización
cursos.  Deseño,

OUTUBRO

Realización de expurgas.

Recatalogación de fondos que non se rexistraron

CDU adaptada.

de empréstitos para as bibliotecas de aula.

Reorganización dos espazos da biblioteca.

do blogue da biblioteca.

Comezo dos empréstitos ao alumando.

Apertura da biblioteca polas tardes.

Deseño das diferentes propostas para os cursos en relación ao proxecto.

Fase de presentación do PDI deste ano aos diferentes cursos.

Busca de información sobre o PDI.

Comezo das actividades relacionadas co proxecto cos diferentes cursos.

Preparación das mochilas viaxeiras.

Xestión das solicitudes de participación das familias.

Elaboración de propostas para a conmemoración do día das Bibliotecas Escolares.

Posta en funcionamento das mochilas viaxeiras.

Dar formato aos materiais do proxecto que se vaian recibindo das clases.

NOVEMBRO

da Brigada de voluntari@s da biblioteca (5º e 6º primaria).

DECEMBRO

Continuación das actividades relacionadas co proxecto cos diferentes cursos.

Reunión de seguimento do equipo.

2º TRIMESTRE

Elaboración de materiais diversos sobre o proxecto.

Posta en marcha da plataforma E LBE2.

XANEIRO

Sesións de formación para os axudantes da biblioteca.

FEBREIRO

MARZO

Achegamento de propostas para o festival do Entroido seguindo a temática do Proxecto.

Organización e planificación das actividades a realizar na semana do Día do Libro.

Elaboración de materiais e preparación de actividades para o Día do Libro.

de seguimento do equipo.

3º TRIMESTRE

13 
conforme á
 Realización
 Actualización
 Formación
 Reunión

ABRIL

MAIO

o

de formación para os axudantes da biblioteca.

materias

en relación

materiais e preparación de actividades

actividades e do festival do Día do

para as familias, alumnado.

PLAMBE.

XUÑO

de gráficas estatísticas cos datos obtidos

enquisas.

Memoria do PLAMBE.

Memoria

PLAMBE.

As seguintes actividades lévanse a cabo ao longo de todo o curso.

dos fondos empregando unha CDU adaptada.

Empréstito na hora semanal de biblioteca e nos recreos.

Formación dos integrantes da Brigada de biblioteca nos recreos.

Actualización periódica do blogue da biblioteca.

Catalogación de novos fondos adquiridos.

das visitas dos familiares

biblioteca.

As actividades a realizar poderán modificarse ao longo do curso e nalgúns casos suprimilas ou cambialas por outras que nos parezan máis apropiadas atendendo ao transcorrer do curso.

11.LER EN FAMILIA

Con respecto ás actividades deseñadas polo Equipo de Biblioteca para a implicación das familias podemos destacar dúas iniciativas fundamentais:

As familias tamén contan:

Dende a biblioteca brindamos a oportunidade ás familias de que veñan visitarnos na hora semanal de biblioteca.

14
 Sesións
 Posta en común dos
elaborados
ao proxecto.  Elaboración de
para
Día do Libro.  Organización das
Libro.
 Elaboración das enquisas
 Elaboración da Memoria do
 Reunión de seguimento do equipo.
 Confección
nas
 Elaboración da
 Envío da
do
*
 Recatalogación
 Xestión
á

Os familiares que deciden vir de xeito voluntario preparan diferentes sesións para o alumnado, como poden ser: contacontos, falar dunha profesión, diferentes obradoiros, iniciativas relacionados co proxecto, etc.

O recuncho para as familias: Volverase a poñer en marcha dito recuncho, no que as familias poderán consultar e levar emprestados diferentes materiais para ler en familia.

12.AVALIACIÓN

Para a avaliación da consecución dos obxectivos propostos no Plan Anual de Lectura e do Proxecto Lector de Centro, empregaremos as seguintes ferramentas:

Enquisas de avaliación:

O Equipo de Biblioteca elaborará enquisas para as familias, os mestres e o alumnado, na que se recollerán diferentes aspectos que nos sexan útiles para a nosa práctica diaria, como por exemplo: aceptación por parte da comunidade educativa das actividades que parten da biblioteca, hábitos lectores, preferencias dos alumnos, etc.

Reunións trimestrais de seguimento:

O Equipo de biblioteca, ademais das reunións semanais, reunirase unha vez por trimestre para ver o resultado das actividades levadas a cabo durante ese trimestre e facer as modificacións oportunas de ser o caso.

Datos do programa MEIGA:

Tamén se recollerán datos estatísticos en MEIGA como: libros máis emprestados, preferencias dos lectores, movementos de fondos nas bibliotecas de aula, etc.

A propia experiencia do día a día: Esta é, sen dubida, a ferramenta que máis información nos permite recoller. Xa que na maioría das veces, o que se planifica sobre o papel, non funciona na práctica ou, simplemente, non encaixa nos tempos que se previran.

Así pois, a observación, as experiencias e as sensacións obtidas de cada iniciativa ou actividade nos permitirán facer os cambios oportunos para intentar sacarlle o maior proveito á nosa actividade diaria na biblioteca.

15
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.