Revista 2016

Page 1


Aproveitando o proxecto que se fixo dende a biblioteca,�A CIENCIA, OS INVENTOS E OS INVENTORES-AS�, os rapaces/as traballaron

dende

diferentes perspectivas este tema. Tanto os mestr@s como as familias, e por suposto alumn@s, aprendemos unha chea de cousas!!!


O máis importante deste proxecto foron os propios inventos deles e o interese e entusiasmo que mostraron os rapaces e as rapazas dende Infantil ata 6º polos “milagres da ciencia”. Pasárono moi ben cos experimentos!

PILA VOLTAICA

“ENCIENDE UN LED”

MOTOR ELÉCTRICO

CASA FLOTANTE

TELESCOPIO – RELOXO DE AREA

CARRO

FORNO SOLAR


Unha das festas máis terroríficas é a do “SAMAIN”. Pasamoosss moito medo!!!!!. Como todos os anos por estas datas preparamos o Samaín na escola. O xoves día 29 de outubro celebramos o Samaín coa tradicional merenda terrorífica, exposición de cabazas e o festival no que os diferentes cursos presentaron os materiais elaborados na biblioteca para conmemorar esta festa. Aquí temos a exposición de cabazas, todas son moi moi terroríficas!!!

¡Esta foi a programación do festival de samaín!


Na biblioteca, prepararon unha serie de materiais e actividades cos diferentes cursos para celebrar o Samaín. Os alumn@s de Infantil fixeron o "Libro dos medos" onde cada un fixo un debuxo cos personaxes ou cousas que lle daban medo.

Os alumn@s de 1º e 2º de Primaria elaboraron este libro para conmemorar a festa do Samaín. Trátase dun libro no que se recollen os debuxos feitos polos cativos tomando como referencia a silueta dunha cabaza. Utilizando a súa imaxinación os nen@s debuxaron diferentes personaxes e cousas relacionadas co Samaín: gatos negros, bruxas, demos, morcegos, etc.


No caso de 3º e 4º de Primaria elaboraron un libro de adiviñas terroríficas coas adiviñas que crearon e ilustraron na biblioteca.

Os alumn@s de 5º de Primaria inventaron un rap E FIXERON UNHA COREOGRAFIA para celebrar o Samaín. POR OUTRA BANDA, os de 6º contaron ao resto os orixes da celebración do Samaín, ademais de contar a historia de Jack O'Lantern.


E os nen@s de 1º e 2º traballaron nestas castañas escribindo nelas refráns populares. Moi bonito!!!

Aquí temos un mural que fixeron os nen@s de 3º e 4º.Quedoulles precioso!!


O pasado 13 de novembro celebramos o magosto. Houbo castañas. Chourizos e unha chea de xogos populares. Pasámolo moi ben!!!

CHOURIPÁN

4º EDUCACIÓN INFATIL

5º EDUCACIÓN INFANTIL

6º EDUCACIÓN INFANTIL

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

A CADEIRA

A CADEIRA


NON CAE…

PARACAÍDAS

MURAL DO MAGOSTO – 6º EDUCACIÓN PRIMARIA


Este ano polo NADAL fixemos un belĂŠn moi moderno, baseado no tema favorito deste curso: inventos. Decoramos a ĂĄrbore, preparamos as nosas famosas galletas para a chocolatada que nos preparou a ANPA e como todos os anos tivemos o festival e a visita de PAPĂ NOEL.


PREPARAMOS GALLETAS!!!


CANTAMOS E BAILAMOS NO FESTIVAL


1º - 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA


VISITA DE PAPÁ NOEL


O ENTROIDO Este ano estivo inspirado no tema que estivemos a traballar dende a “Biblioteca”: “Ciencia, inventos e inventores/as”. Os nenos e nenas disfrazáronse de diversos inventos.Os de Infantil de bombillas ,os de 1º de calculadoras,os de 2º de fregona,de 3ºde submarino,os de 4º de reloxo,os de 5º de móbil e os de 6º de cóete. O pasamos moi ben e despois desfilamos polo patio diante das nais,país e mestres/as. Tamén degustamos postres típicos destas festas que trouxeron as familias e que estaban boísimos:filloas,orellas,flores,chulas,…



Celebración Letras Galegas 2016 O venres celebramos o día das letras galegas, o cal tivemos que retrasar xa que algúns dos nosos compañeir@s estaban de intercambio en Manchester.Este 17 de maio de 2016 foi dedicado ao escritor Manuel María. Este ano quixemos celebrar os MAIOS e recuperar unha tradición que noutras partes de Galicia está moi presente e deste xeito homenaxear tamén a este home que naceu nunha familia labrega e estivo moi ligado a terra toda a súa vida. Manuel María, poeta, narrador e dramaturgo recoñecido tivo unha extensa obra e un profundo compromiso político co nacionalismo galego. Publicou, entre outros, varios libros de literatura infantil como “ Os soños na gaiola: (versos pra nenos)”.Ao estar os poemas musicados aos máis pequenos gustáronlle moito e os cantamos arredor do maio. Algunhas nenas de 6º contáronnos a vida de Manuel María e presentaron o pequeno recital de poesías e as cancións que prepararon para celebrar o maio. Os alumnos de 1º e 2º de primaria escolleron o poema "A fala" e nolo recitaron en conxunto. Os de 3º e 4º curso decidíronse por o poema “O lume novo”, os de 5º e os de 6º recitáronnos “Galiza.”


Os nen@s de 1º e 2ºcantáronnos a canción “Ai ven o maio” e tamén “As campás”. Os de infantil entusiasmáronse co “caracol,caracoleiro.”Os de 3º, o arco da


OUTRAS CELEBRACIÓNS O DÍA DE ROSALÍA Este ano sumámonos a convocatoria da ASOCIACIÓN DE ESCRITORES/AS EN LINGUA GALEGA(AELG) de enviar unha postal cun deseño

elaborar e alusivo ao

Día de Rosalía Castro,e cun

verso ou

estrofa e cun debuxo en torno

a súa

figura.Expuxéronse os debuxos

na escola

e logo,algúns cursos, enviaron a súas casas coa axuda inestimábel da

postal a oficina de

correos de Nigrán .O carteiro veu a escola e explicounos todo o traballo que teñen para nos levar o correo todos os días as nosas casa e recolleu as nosas

postais para envialas ao seu destino.

.


O sábado 30 de xaneiro celébrase o "Día Escolar da Non Violencia e da Paz", por iso, durante toda esta semana estamos a realizar diferentes actividades. Como xa vos comentamos, ó longo desta semana estivemos organizando diferentes actividades relacionadas ca celebración do día da Paz. Unha delas foi a creación do "Rincón da Paz", no cal toda a comunidade pode participar enchéndoo daquelas cousas que persoalmente reflictan a paz. Así é como nos está quedando:


CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO 2016 O 28 de abril, celebramos o día do libro; tivemos que retrasar a celebración xa que, como sabedes, algúns dos nosos compañeiros estaban a facer de anfitrións. Pero o que conta é celebrar e aquí está un pouquiño do que fixemos co profe Sergio !

Durante semanas os diferentes cursos prepararon diversas actividades para conmemorar este día. Tivemos contos, cancións, poesías, títeres, teatro, etc.

"Son esquimó" 1º Educación Primaria


Como colofón final recibimos a María da Pontragha, que nos deleitou cos seus contos e cancións.

OUTRAS ACTIVIDADES,SAIDAS E VISITAS Fomos con outras escolas do Val Miñor a ver a película de “Maimiño” no auditorio de Baiona.Esta actividade foi proposta pola coordinadora dos EDLG da provincia de Pontevedra.Maimiño é unha película de animación infantil baseada nunha versión libre de /Polgariño /escrita por José Martí. Esta coprodución galego-cubana enxalza, no noso idioma, os valores da amizade, a solidariedade e a xustiza social. Nós tamén nos sumamos á iniciativa do CEE Juan María e bailamos todos "Baixo un mesmo sol".


Fíxose unha curtametraxe de animación co alumnado de 3º de primaria coa que participamos no concurso da CRTVG, OQO Editora e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.Titúlase: “A PARTES IGUAIS”.


A PRIMAVERA XA CHEGOU! E o que estaban argallando os alumnos de 4º de infantil e os de 6º de primaria era, nin máis nin menos que, darlle ó cole un ambiente máis primaveral. Espectacular a súa labor, fixeron unha incrible

representación dunha das obras de Romero Britto.


O INTERCAMBIO Un ano máis, os nosos alumnos viaxaron a Manchester e os nenos/as de Manchester viñeron a Mallón. Aprenderon e divertíronse xuntos!!


“AS PEGADAS DO GALEGO" Deixámosvos unha mostra do traballo realizado conxuntamente infantil e 1º e 2º de educación primaria. Nen@s e mestr@s manchamos as mans polo galego. mellor foi o ben que o pasamos!


VISITAMOS O AEROPORTO DE VIGO.FOMOS 1ยบ,2ยบ e3ยบ.


A proposta do ENDL e das titoras os nen@s de 1ºtraballaron e prepararon na casa e na aula algúns dos “ANIMAIS DE GALICIA” e os de 6º estudaron e fixeron estas orixinais representacións dos animais, E AQUÍ O TEMOS!!!


Este ano dende a

biblioteca partiron unha chea de actividades relacionadas coas

diferentes conmemoracións e celebracións que celebramos no colexio. Seguimos a contar coa presenza das familias na biblioteca, que realizan actividades de

animación á lectura e diferentes obradoiros e experiencias.

Entre as moitas actividades que realizamos na biblioteca durante o curso, este ano hai

Proxecto Documental Integrado

que destacar a posta en marcha dun no que os alumn@s puideron achegarse á ciencia dunha maneira lúdica.

Podedes ver todo o que fixemos no blog da biblioteca do CEIP Mallón:

bibliodemallon.blogspot.com


R/M

CEIP MALLÓN 2015-2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.